You are on page 1of 1

COMENTARIO CRÍTICO GALEGO

SANTIAGO PAZ MARTÍNEZ 2 BACHºB

No texto proposto, a autora María Reimóndez, aborda o tema do


machismo.
Para empezar, o tema do machismo é recurrente e esta moi presente na
actualidade. Non hai máis que ver as noticias do telediario e tamén nos
tweets que manda a xente opinando sobre o tema.
Por una banda, o machismo segue a ser unha conduta recurrente nos
homes de hoxe en día. Formas de actuar e conductas que ata fai pouco
considerábanse ou eran asumidas como unha normalidade tanto por
parte da muller como por parte do home debido á educación recibida,
hoxe en día son un maltrato para á muller. Moita xente aproveita as redes
sociais para insultar, faltar ou facer un comentario de mal gusto cara ás
mulleres.
Por outra banda, porén, a sociedade foi cambiando con respecto ao papel
que xoga a muller hoxe en día, de tal xeito que moitas actividades e
profesións que eran desenvolvidas exclusivamente por homes, estanse a
realizar por mulleres e o mesmo está ocurrendo con respecto a outras
desenvolvidas exclusivamente por mulleres. Dende os governos estanse
facendo campañas de educación para cambiar a mentalidade e a cultura
machista da sociedade.
Para concluír dicir que a educación que recibamos tanto por parte das
familias como nas escolas, son moi importantes para mudarmos a
mentalidade da sociedade acerca do machismo, xa que son as que máis
poden influir no desenvolvemento dunha persoa. É importante tamén
facer visible esas condutas machistas e denuncialas.

You might also like