You are on page 1of 1

QUE RELACIÓN HAI ENTRE A CRISE DOS COIDADOS E AS DESIGUALDADES SOCIAIS

En relación con este texto, a crise dos coidados destacou porque tivo un gran rango de
alcance, afectando así ás desigualdades sociais de xénero e clases étnicas.

A antropoloxía desvelou actividades culturais que vinculan as actividades de coidado e familia


coas mulleres, e todo iso impediu situalas como cuestións sociais e políticas que afectan á
sociedade. Tamén hai que desvelar o pensamento que se creou da dependencia vinculada aos
coidados, onde cabe destacar que esto tivo un alcance amplio.

Neste tipo de crise pódese ver como o capitalismo provoca pobreza e exclusión social, ademáis
de que se privatiza a responsabilidade social na familia e aséntase o traballo non remunerado
das mulleres. Todo eso móstranos a gran desigualdade social concebida no término “crise de
coidados”.

Como conseguinte o estado de benestar construíuse tomando como referencia un modelo


normativo determinado no cal se podrían encontrar de certo modo algúns trazos de
desigualdade. Debido a isto, o estado de benestar tivo que aportar certas provisións de
servizos e bens.

Nos últimos anos producíronse cambios na formación de familia, sobre todo en relación coa
loita da muller e o seu papel na sociedade, provocando que as normas de xénero e os modelos
de familia xeneren unha gran repercusión. Por eso as familias comezaron a ser menos
convencionalistas e máis variadas.

Unha vez chegados a este punto, producíuse unha transformación na estructura tradicional.
Este cambio é protagonizado pola muller xa que deixa o rol de coidados e pasa a facerse notar
no ámbito laboral e social, desencadeando un significativo colapso.
Unha das manifestacións máis importantes desta crise é a baixa natalidade e o retraso
materno. Iso conlevou a un grave problema na estructura social e comunitaria.
Polo tanto esta crise estalla cando a presencia das mulleres aumenta no mercado e prodúcese
un incremento de situacións de dependencia vinculadas á vellez. Este autor axúdanos a
entender o concepto de desigualdade social manifestada nas repercusións de dita crise, xa que
poderiamos concluír con que a crise dos coidados relaciónase co baixo vínculo de parentesco
e comunitarios que solo se recurre a eles en caso de necesidade. Faise referencia a novas
formas de redes que fan posible que persoas que carecen de responsabilidade social poidan
colaborar en actividades de coidado.

Noelia Carnero González

You might also like