You are on page 1of 55

Paleoecoloxía das

comunidades prehistóricas
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Castro Piñeiro Uxía


Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Avaliación

A avaliación da materia realizarase do seguinte xeito:

• 70% Exame. Consiste no seguinte:


- Pregunta longa dunha temática abordada nas aulas expositivas (5 puntos)
- Dúas preguntas curtas de carácter técnico (2 puntos)
• 30% Traballo obrigatorio sobre unha das temáticas versadas nas interactivas

Contactar por correo, non por campus virtual.

Non hai saída de campo pero dependendo da concesión de axudas podería haber algunha
praza para os interesados na visita dos xacementos de Atapuerca na semana das prácticas.

Bibliografía

Butzer, K. W. (1989) Arqueología, una ecología del hombre: método y teoría para un
enfoque contextual. Barcelona, Bellaterra. (traducción da primeira edicion, é problema,
e a parte grafica deixa moito que desexar porque é un libro de bolsillo).

Renfrew, C.E., Bahn, P. (2012) Arqueología. Teorías, Métodos y Práctica. Madrid: Ed.
Akal. (8ª edicion inglesa, a mesma do ano 2020)

Schiffer, M.B. (1987). Formation processes of the archeological record. Salt Lake Citty:
Univesritu of Utah

Chaix, L. Meniel, P. (2005) Manual de arqueozoología. Barcelona, ed. Crítica.

Buxó, R. Piqué, R. (2008). Arqueobotánica: Los usos de las plantas en la Península


Ibérica. Barcelona, Ed. Ariel.

1
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

TEMA 1: O medio ambiente como sistema dinámico


Estamos ante unha imaxe dunha vista dunha cidade maia en época clásica que se chama
Uxmal, na que no século XIX estaba completamente cuberta pola xente. A seguinte é
unha imaxe dun pórtico que se atopa ao sur de Tiwanaku, que se atopa na actualidade
entre Perú e Bolivia, nas terras altas dos andes centrais e setentrionais, unha cidade onde
non hai selva, as condicións climáticas impiden a formacións de bosques e vexetacións
de carácter estepario.

Isto ten que ver con que Tiwanaku foi a formación dunha cabeza de tipo estatal que
floreceu no primeiro milenio e Uxmal foi unha das moitas cidades estado que existiron
ao longo dos primeiros doce séculos en varias etapas da nosa era, na península do
Yucatán, entre Guatemala e México. É representativo para enfocarnos nos procesos
rápidos de decadencia que experimentaron, que teñen que ver entre outras cousas cunha
crise medioambiental. Estes colapsos teñen que ver en grande medida con esas crises
climáticas, procesos de aridez concretamente, con caídas notables na acumulación de xeo,
que depende da humidade e das precipitacións.

Por outra banda a acumulación de partículas nos momentos secos e fríos se produce
habitualmente unha diminución da cobertura vexetal, do bosque e das formacións
herbáceas e arbustivas, o que implica a mobilización das placas do solo, condicionado
tamén por ventos mais fortes que fan que se levanten as capas mais superficiais e lixeiras
que se mesturan coa neve ou formando parte de depósitos en deltas por exemplo. Pero é
importante ter en conta que imos falar de paleoecoloxia, pero non exclusivamente do que
son as condicións medioambientais, senón que tamén a incidencia destes fenómenos coa
actividade humana.

O que é interesante é que no momento no que Tiwanaku entra en crise, comeza a


desenvolverse unha cultura nova, a falta de chuvias e aridez nesta zona, serve de atracción
as zonas costeiras. O factor humano é fundamental á hora de falar dunha ecoloxía
humana, as sociedades prehistóricas ou históricas nos termos de cronoloxía. Son
coetáneas da transición da alta e a baixa idade media en Europa.

Exemplos de Tiwanaku y Oxmal como proceso rápido de decadencia de crisis


medioambiental. Ambos colapsos de estas cidades están relacionados con crisis de tipo
climático, procesos de aridez. Con acumulación de partículas en momentos secos y fríos,
nos que se produce unha diminución de la cobertura vexetal, mobilizándose las capas

2
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

superficiais sobrearrastradas, con ventos máis fortes (facendo que se levanten estas capas
y que pasen a formar parte de distintos depósitos). El factor humano es fundamental a la
hora de falar dunha ecoloxía humana, de una paleoecoloxía.

As sociedades prehistóricas ou, para o caso, históricas reaccionan de diferentes xeitos aos
cambios ambientais. Hai sociedades que en determinados momentos mostran unha
capacidade de adaptación suficiente para evitar o colapso, sen entrar nun círculo de crises
climáticas. É dicir, non se pode pensar que as sociedades prehistóricas non son escravas
dos cambios medioambientais, senón que nos atopamos ante unha relación dialéctica,
ante a interacción continua coas crises climáticas (inflúen nelas, sobreviven, adáptanse...).
Non hai unha relación lineal coas crises socioclimáticas ou sociopoliticas. As veces as
sociedades humanas sobreviven, adáptanse e xogan no seu beneficio coas crises
climáticas.

O resultado ou a incidencia destas crises climáticas é diferente segundo o grao de


estabilidade dunha sociedade. As sociedades complexas a miúdo son máis fráxiles ante
estas situacións de alarma ecolóxica, mentres que as sociedades máis simples adoitan
presentar unha capacidade de resistencia maior influenciadas por unha serie de factores
externos que poden variar en pouco tempo. As entidades rectoras dunha comunidade
política e estatal son quen de arbitrar as medidas para afrontar as crises climáticas. Moche
por exemplo, unha sociedade moi avanzada na súa industria, sendo unha comunidade
costeira, entran nunha crise profunda mentres que Tiwanaku emerxe potencialmente.

Existe unha relación entre as crises sociopoliticas e as crises ambientais directamente. É


diferente según o grado de organización e estabilidade que posúe unha sociedade. As
sociedades complexas e mais sofisticadas, cunha organización mais ordenada e mellor
establecida, a miúdo son mais fráxiles diante de situacións de alarma ecolóxica ou ante
cambios dalgún dos factores de tipo sociopolitico que explican a súa situación de
predominio. Estamos nun tempo que nos permite entender moi ben esta cuestión, a
sociedade postcapitalista por exemplo, é moi sofisticada con complexas redes de
organización e cun nivel de vida moi elevado, pero hai dous factores: un sociolóxico e
outro político, como foron a Pandemia da Covid-19 sendo unha crise na distribución e na
organización social, e a Guerra de Ucraína, tendo unhas enormes consecuencias grandes
a nivel económico e político.

3
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

As sociedades historicamente mais estables son as sociedades mais simples, a


humanidade na prehistoria viviu baixo unha organización de cazadores recolectores na
que se desenvolve unha modalidade na que inflúen factores externos que poden variar e
modificarse en pouco tempo.

Sucumben as cidades estado dese período de aridez? Na medida en que esa auga no
Yucatán é un recurso moi valioso ao tratarse dunha zona caliza na que se acumulan augas
superficiais. Eses grandes pozos que se chaman cenotes, son fontes de auga fundamentais,
pero dependese das chuvias sobre todo. Agora si, esta non podería denominarse a causa
do colapso maia, foi realmente que a xente simplemente se fartou de aguantar aos que
mandaban, a crise climática incide sobre unha organización social que esta a punto de
rachar nunha crise, xa que as esixencias das elites gobernantes están forzando ao limite á
sociedade e sobre todo os estratos inferiores da sociedade. Se as chuvias non chegan, a
xente fartase dos seus dirixentes e aplican a guillotina local aos seus dirixentes ou votar
cos pés e abandonar os grandes centros, porque no fondo vivir nas cidades esixe un
investimento económico e social importante. Documentase violencia de destrución de
templos e violencia humana, pero moitos casos a crise leva a cabo a concepción de que
os xefes quedan sen xente, os centros colapsan e son abandonados, chegando a un punto
de atomizacion política e social.

Qué é a paleoecoloxía

É a rama da ecoloxía que estuda o pasado dos sistemas ecolóxicos e a súa evolución no
tempo mediante o exame de fósiles e outros proxies, unha serie de instrumentos que nos
permiten acceder á información sobre as características do clima. Por definición, a
paleoecoloxia é unha disciplina que manexa achegas moi diferentes do campo das
matemáticas, das ciencias biolóxicas, xeolóxicas… e intenta integrar e asociar nun todo
coherente os diferentes datos proporcionados polos proxies de tipo climático.

Como vemos trátase dun campo tipicamente interdisciplinar , pois, geógrafos,


geomorfólogos, paleontólogos, y paleobotánicos contribúen coa súa particular visión y
métodos.

A paleoecoloxía investiga principalmente tres cousas:


- As taxas de especiación e extinción.
- As mudanzas nos biomas e o desenvolvemento dos ecosistemas.
-Adaptación, migración e cambio nas poboacións.
4
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

O planeta Terra pódese dividir nunha serie de seccións que teñen unhas características
determinadas dende o punto de vista do clima, das poboacións animais… denominadas
biomas, determinadas partes do planeta que comparten clima, vexetación e fauna. Pero
ante todo, imos traballar baixo o termo ambiguo do ecosistema, sendo isto un conxunto
de seres vivos e carentes de vida que existen nun lugar determinado e que gardan relación
entre si.

Ecosistema: conjunto de seres vivos y carentes de vida que existen en un lugar


determinado y que guardan relación entre sí. Es una noción convencional y relativa: cada
una puede dividirse en varios menores. Los ecosistemas, a su vez, pueden conformar
unidades superiores:

Bioma: determinada parte del planeta tierra que comparte clima, vegetación y fauna.

Proxy(-es): son registros naturales de variabilidad climática, que pueden ser obtenidos a
partir de los anillos de los árboles, extracciones de hielo; polen fosilizado, elementos traza,
sedimentos oceánicos, coral y fósiles.

É unha noción convencional e relativa: cada un pode dividirse en varios menores.; por
exemplo as copas dos arbores no bosque ecuatorial, ou o solo como superficie terrestre
nun determinado bioma onde se dan uns procesos químicos concretos moi diferentes que
se dan nas capas superiores de esa capa arbórea. Un exemplo mais concreto pode
extrapolarse no corpo humano que sen ser un bioma, xunta poboacións no noso
ecosistema particular onde conviven fauna e flora. O corpo humano é un ecosistema a
escala pequena onde hai unha serie de elementos abióticos e bióticos que interaccionan
neste corpo. Á súa vez os diversos ecosistemas poden conformar unha unidade superior.

O conxunto dos elementos abióticos configuran o que se denomina biotopo. Inclúen


dende a propia superficie terrestre e a aportación enerxética que supón o sol, a formación
de nubes que xera as precipitacións, a formación de ventos, etc. E nese biotopo, temos o
que coñecemos como biocenosis, constituída por todos os seres vivos que constitúen ese
ecosistema. Están interrelacionados entre sí, dando como resultado as incidencias que
actúan sobre os vexetais e á súa vez sobre a fauna. A través dunha visión esquemática
podemos dilucir que o elemento constituínte é o ecosistema, onde se desenvolven os
compoñentes abioticos, e o clima que condicionan os elementos bióticos. Eses
compoñentes bióticos e abióticos dan lugar en elementos e características que inciden no
5
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

ecosistema como a salinidade, no caso dos abióticos, o sal é un elemento fundamental, é


un elemento necesario pero un exceso pode impedir o crecemento das vexetacións. En
cambio no caso dos bioticos, comprendemos elementos como a predación que inflúen
tamén no propio ecosistema.

A competición non se limita so aos animais, dáse no eido vexetal. Por exemplo aquí o
bosque que corresponde é un bosque de tipo caducifolio, a especie vexetal que mellor se
adapte é a que sobrevive. Se nisto engadimos a intervención humana, observamos
cambios que se poden producir na biocenose. Nunha pequena lagoa en condicións de
moita precipitación pode haber 2/4 do auga que da lugar a unha colonización de plantas
de tipo acuático ou semiacuatico, se isto se mantén, a lagoa vaise reducindo pola
expansión vexetal cara ao centro da lagoa onde se produce un cambio nese ecosistema,
transformando a lagoa nunha pradeira. Dáse pois unha competición aloxenica, se un
individuo lle prende lume ao monte, da pe a desaparición desa cobertura vexetal que dará
pe un movemento das capas superficiais. É ai onde non se dará a capacidade de
recuperación, o que fai unha transformación dun bosque a unha paisaxe de tipo arbustiva
ou de pradeira que condicionará a presenza de determinados animais diferentes que
configuraban a biocenose correspondente ao bosque.

O clima, os solos… configuran unha serie de factores que modifican e alteran o


ecosistema, o mesmo sucede a partir da predación, da sucesión, da competición, etc. A
través dunha visión esquemática dos biomas que compoñen a cortiza terrestre podemos
observar a disposición diferente.

6
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Con estes biomas, as sociedades humanas teñen que traballar. Os seres humanos estamos
adaptados e deseñados, contando cos cambios de fenotipo, a ser unha especie de sabana,
ese é o bioma orixinal humano. As sociedades humanas desenvolvemos a través da
cultura unha serie de mecanismos de adaptacion que nos permiten prosperar nun
determinado tipo de biomas, isto danos o resultado de non estar case concentrados
actualmente no bioma orixinal, senón mais ben nos biomas boreais, nas pradeiras e no
bosque mediterráneo. Se non tiveramos as adaptacións culturais actuais como a
calefacción volveríamos ao punto de partida.

Aquí entran dous principios teóricos pois; actualismo e parsimonia. Isto debemos
observalo a través dun método analítico, unha ferramenta que é a analoxía.

O actualismo foi proposto por James Hutton e Ch. Lyell a partir dos fins do s. XVIII; the
present is the key to the past, implicando que os procesos que acontecen na actualidade
no planeta son semellantes aos ocorridos en idades anteriores. Matiza esa noción do
actualismo, do que as modificacións do pasado son semellantes que observamos no tempo
presente. Os fenómenos e os procesos que se dan na actualidade e podemos observar no
presente son semellantes de natureza en escala a aqueles que aconteceron nos tempos
pretéritos.

O Principio de Parsimonia (Ockham’s razor) é o da simplicidade, non debemos ir á


procura de explicacións máis complexas cando unha simple o vai facer. O que isto
realmente significa na práctica e que debemos ir co peso da evidencia á nosa disposición.1
Non se deben xerar un numero excesivo de factores para explicar un fenómeno, senón
que debemos simplificalo ao máximo. Á hora de interpretar o pasado debemos seguir as
chaves que nos proporciona a evidencia material, a través dos proxies que se nos
proporcionan. Basease en fundamentalmente non complicar as cousas se non hai
necesidade. As teses conspiranoicas por exemplo é un exemplo do que non é o principio
de parsimonia. É unha ferramenta moi importante á que constantemente estamos
aludindo.

Hoxe en día somos conscientes de que arredor do tempo aconteceron fenómenos


traumáticos en diferentes escalas temporais e espaciais. Acontece en exemplos como as
explosións volcánicas, os efectos dramáticos que teñen a pequena escala poden ter un
gran cambio, pero estes desastres afectan a un número reducido de poboacións ou unha

1
Catastrofes en la Prehistoria – Jordi Estevez

7
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

superficie limitada. Hai algunhas explosións volcánicas que teñen unha gran incidencia
porque os seus efectos se notan a nivel global, exemplos como o Monte de Santa Helena,
o Pinatubo nunha escala entre 4 e 5 VEI, sendo isto un resultado de 10 km 3. Pero xa
falando de consecuencias aínda máis drásticas temos exemplos como o Krakatoa (6VEI)
e o Tambora de > 100 km3.

Hai en torno uns 70.000 anos, o volcán Toba en Sumatra estoupou, provocando un
inverno volcánico global de ata unha década pola cinza botada á atmosfera (800/1000
km3), unhas 100 veces máis que a erupción do Tambora, que provocara o ano sen verán
en 1816.

Algúns investigadores propoñen que se produciu un episodio de enfriamento duns 1000


anos de duracion ( baixos niveis de O-18 en núcleos de xeo coetáneos en Groenlandia).
Puido contribuír ao comezo da derradeira glaciación, aínda que non fora a causa.

Genetic bottleneck? Certos autores propoñen que o desastre ecolóxico consecutivo


reduciría a poboación de humanos só 1000-10.000 parellas, o que tería efectos na
variedade do xenoma humano actual. A aparición dos veráns curtos e a fusión da neve
coa caída das temperaturas influíu nos ecosistemas, formando cambios na fauna e na flora
e consecuentemente na especie humana que está intimamente influenciada co contacto co
medio. Os humanos modernos somo moi parecidos xenéticamente aos prehistóricos,
debido a estes bottleneck. Prodúcese pois esa variabilidade xenética entre os
descendentes.

8
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Así pois o actualismo vai a misa, é a doutrina oficial e con razón, pero somos conscientes
de que aconteceron eventos dramáticos a diferentes escalas en determinados momentos.

Tendo en conta isto, imos traballar con varios termos na disciplina da paleoecoloxía.

1. Analoxía: Uso de información derivada dun contexto, normalmente no presente,


para explicar evidencias atopadas noutro contexto, normalmente no pasado.
Cantos máis nexos atopemos entre eses dous niveis de información, máis robusta
será a analoxía deseñada.
- Formal; a semellanza entre algúns elementos en dúas situacións leva a pensar
que existirán outras semellanzas entre os dous contextos.
- Relacional, máis aplicable aos contextos antrópicos; Existencia de conexión
natural (un condicionante ambiental por exemplo) ou cultural entre os dous
contextos nos que se comparan certos elementos, ou ben mediante o método
histórico directo, asumindo que hai vínculos baseados na continuidade
cultural. Son máis fiables que as formais.

Este esquema consiste en poñer o obxecto de estudo moderno e as evidencias materiais


procedentes dun proceso prehistorico que se obteñen en observación e comparación. Isto
servenos para obter unha ligazón causal que corresponde a unha deducción (inferred).

Un exemplo desa analoxía relacional, tratase de obter información da vexetación do


pasado por un lado, e pola outra das características climáticas dun período dado do
pasado. Contamos con dous elementos, a paleovexetación e o paleoclima como premisas
9
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

de partida para interrelacionalo cos respectivos elementos do presente. Facendo unha


reconstrucción paleoclimática, poñemos de exemplo o polen.

Os grans de polen na vexetación actual forman unha chuvia polínica, que á súa vez
depende das especies existentes nas inmediacións, de tal maneira que por exemplo; na
alameda dase en gran medida pola gran afluencia de carballos, isto danos unha
aproximación ás frecuencias polínicas productoras. Por outra banda contamos co clima
actual, que o analizamos a través dunha serie de parámetros climáticos, algo tanxible que
podemos medir como a humidade, a temperatura, etc. Como utilizamos entón o polen
neste caso a efectos de reconstrucción da vexetación e do clima do pasado? Pois
interrelacionando os parametros climaticos coas frecuencias polínicas, o que
denominamos como regresión. Isto é a técnica matemática que estima a relación entre
dous elementos. Hai pois neste caso do polen, unha relación directa de que certas especies
están relacionadas co clima, desta maneiras as frecuencias polínicas amosanos unha
relacion directa cos parámetros climáticos.

Os carballos de hai 15.000 anos xa producían polen, así como as gramineas, os pinos…
Así estamos aplicando o principio do actualismo, e enfunción de maior ou menor
presencia tamén variará como hoxe en día a proporción de polen que queda concentrada
nos sedimentos arqueolóxicos, os lagos e outros ámbitos. Co estudo das frecuencias
polínicas podemos achar a paleovexetación dun espazo.

Como temos establecida esa correlación, podemos acudir a esas formulas matematicas de
transferencia para a partir desta informacion reconstruir tamen os parametros climaticos,
e desta maneira acceder ao clima do pasado.

A paleoecoloxía como corpus científico organizado é relativamente nova. Resulta clave


na configuración presente da disciplina d revolución procesual dos anos 60 na
arqueoloxía. Un elemento clave da Processual Archaeology é a necesidade da
multidisciplinariedade, tirando das aproximacións propias doutras ciencias como a
xeografía, bioloxía, sedimentaoloxía ou física e química.

As novas perspectivas como a teoría de sistemas ou os procesos de formación dos


xacementos e a tafonomía se incorporan agora, estas técnicas de estudo que nos permiten
unha reconstrucción dos ecosistemas do pasado.

10
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Vai haber tres desenvolvementos vinculados á Paleoecoloxía que incidirán notablemente


na Arqueoloxía:

1. Os avances na xeocronoloxía, permitindo precisar a datación e o ritmo dos


acontecementos.
2. O eido da orixe humana; evolución, colonización do mundo e adaptación.
3. O estudo da domesticación animal e vexetal, como un proceso continuo, máis
que un acontecemento súbito que, ao mesmo tempo, ten un impactocrecente nos
ecosistemas.

A teoría de sistemas axuda a formular modelos cos que ilustrar e mesmo analizar
interaccións complexas. Un sistema se caracteriza polas interaccións dos seus
compoñentes e o carácter non linear desas interaccións. Primeiramente proposta por von
Bertalanffy no período de entre guerras. Un sistema é un mecanismo autoregulable, a
través de interacción con axentes externos (feedback).

Composto por formas complexas de asociación como un ecosistema ou a relación entre


unha sociedade e a súa contorna pódense comprender mellor dese xeito. Outro elemento
novo, de particular incidencia no clima e as súas alternancias é a teoría do caos (o popular
efecto mariposa, proposto por Edward Lorenz nun artigo de 1972 na American
Association for the Advencement of Sciencie , titulado Predicability: Does the Flap of a
Butterfly’s Wings in Brazil set off a Tornado in Texas?): pequenas diferencias nas
condicións iniciais (redondeo decimaispor exemplo) dan resultados amplamente variables
en sistemas dinámicos, facendo a predición a longo termo case imposible. Lorenz’s
Chaos: When the present determines the future, but the approximate present does not
approximately determine the future.

Evidentemente o que somos, a través das características da sociedade, determina as


características do futuro, pero un presente de maneira aproximada non determina de
maneira aproximada o futuro, isto é importante porque en sistemas moi complexos, por
exemplo os que regulan o clima, hai unha gran multiplicidade de factores cunha gran
variedade que non se poden medir exactamente ata o ultimo decimal se poden dar
desenvolvementos caóticos e non lineais.

11
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

O estudo dos procesos formativos dos xacementos


Lewis Binford, máximo expoñente da arqueoloxóa procesual (1983): “The
archaeological record is contemporary; it exists with me today and any observation I
make about it is a contemporary observation”.

O estudo dos procesos formativos dos xacementos é unha das maiores contribucións da
arqueoloxía procesual (1960-1980), fixo máis conscientes aos investigadores das posibles
fontes de erro ou sesgo na argumentación analóxica e, ademais fixo as interpretacións
arqueolóxicas mais sólidas e convincentes.

O estudo dos factores formativos é un elemento clave que empeza a considerarse a


partires da arqueoloxía procesual. Podemos pensar que o estudo dos procesos formativos
é unha aproximación biográfica ao xacemento (contemplar os acontecementos que dan
lugar á constitución dun xacemento arqueolóxico). Esta aproximación tamén se aplica aos
obxectos. Estes non se estudan simplemente pola súa morfoloxía e dimensións, senón que
se estudan en tanto que forman parte dunha cadea operativa. O termo “cadea operativa”
ou “chaine operatoire” consiste no estudo dun obxecto considerando os pasos que van
dende a súa elaboración ata o seu abandono, transformación e recuperación en tempos
contemporáneos. (esquema dun machado).

Exemplo de formación dun xacemento: dous niveis documentados


arqueolóxicamente, o episodio rombos e o episodio cadrados. A lei
da gravidade e outros factores axuden a desprazar e mover os
obxectos. Aqueles que están na superficie (cadrados) son máis
susceptibles de ser trasladados. A dinámica de vertentes ou
pendentes despraza os artefactos e amoréaos ao pé. A continuación
do proceso remove os artefactos máis antigos e da lugar a unha
inversión estratigráfica.

Orixe e evolución das especies humanas

Outra das cuestión con moita incidencia na constitución da paleoecoloxía como disciplina
son os avances que teñen que ver ca orixe e evolución das especies humanas (volvemos
ao mapa dos biomas). A orixe da humanidade asociase a áreas máis ben abertas, a áreas
de sabana que van dende o Mar Roxo ata o sur de Mozambique ou áreas intermedias algo
máis secas como as áreas esteparias (africa setentrional). Os humanos estamos deseñados

12
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

para vivir nos trópicos, para vivir fora deles precisamos de tecnoloxía en forma de
vestimenta, dominio do lume, uso de covas e cabanas... para protexernos das inclemencias
meteorolóxicas. Os humanos prosperamos en dúas zonas: as zonas de sabana tropical
(bioma verde clariño) ou bosque estepario. A partir de determinado momento
colonizamos tamén zonas de vexetación aberta mais temperadas como por exemplo parte
das pradarías de Asia central. Volvendo ao mapa de biomas, as zonas clariñas son as máis
agradables para habitar mentres que as máis escuras presentan problemas.

Durante bastante tempo os seres humanos mantivéronse nunha banda que basicamente
estaba ocupada por esas paisaxes vexetais abertas de clima tropical ou subtropical. Só a
partires dun determinado momento, cando os humanos desenvolven unha tecnoloxía máis
sofisticada e comezan a controlar o lume, se expanden cara outras áreas de África e a
parte meridional de Eurasia. O gran salto dende o punto de vista de ocupación do globo
prodúcese hai uns 50 mil anos, é entón cando se da o salto a Australia e ás illas inmediatas.
Hai que ter en conta que para colonizar este territorio é necesario coñecer algún tipo de
sistema de navegación primitivo que permita atravesar de xeito exitoso tramos de mar
mais ou menos longos.

Hai 50 mil anos aínda quedaba baleira unha gran masa de terra, a cal non se colonizou
ata hai uns 15 ou 20 mil anos: América. Queda ese último salto, é o último gran territorio
por colonizar por parte da especie humana. O problema era que, ao contrario que con
Australia (onde se contaban con illas próximas que facilitaban a chegada así como a
existencia dun mar cálido), para chegar a América necesítase recorrer unha maior
lonxitude en augas máis frías. Necesítase unha maior tecnoloxía.

Finalmente entrarase polo extremo oriental de Siberia. O problema será entón que falamos
dun mar frío, moi tormentoso que non facilita a navegación con medio primitivos. Trátase
dunha zona extremadamente fría. Só cando se dispón de tecnoloxía desenvolvida de caza
que permita facerse co tipo de fauna que habita estes lugares e de illamento térmico -é
dicir, tecnoloxía que permita a supervivencia nestes lugares- será posible este salto.
Segundo todo isto é a ocupación de Alaska é moi posible que se producise por vía terrestre
aproveitando os momentos fríos nos que o nivel do mar está máis baixo e o estreito de
Bering (entre Siberia e Alaska) se converte nunha chaira que se pode recorrer. É entón
cando se produce esta última ocupación.

13
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Todos estes factores que comentamos son condicións de tipo climático ou xeográfico.
¿Quere isto dicir que as sociedades prehistóricas están determinadas polas características
no medio no que se desenvolven? Só ata certo punto. Non están determinadas, máis ben
están condicionadas. O que permite superar estes condicionantes medioambientais é a
cultura. É sorprendente que o último gran esforzo colonizador por parte dos seres
humanos teña lugar a partir de hai uns 50 mil anos. Os humanos anatomicamente
modernos existen hai mais de 100 mil anos. Sen embargo, ata hai varias decenas de miles
de anos, estes seres aparentemente moi semellantes a nos mantivéronse relativamente
estáticos dende o punto de vista cultural. Entramos aquí no que chamamos equilibrio
puntual ou puntuado, de como as especies se manteñen determinado tempo sen que se
produza ningún cambio no seu modo de vida e de repente ten lugar un cambio moi
significativo. No caso humano hai quen fala dunha mutación xenética relativa á linguaxe
e grazas á cal se puideron transmitir ideas máis complexos. Outros autores, como é o caso
se Steven Mithen, falan máis ben de que é posible que tivese lugar unha mutación de tipo
xenético que provocase que o cerebro humano experimentase cambios na súa
organización interna, na súa conectividade. Grazas e esta mutación áreas do cerebro
humano que antes funcionaban de xeito independente agora funcionaban dunha forma
moito máis integrada. Á súa vez isto permitiría unha explosión demográfica que faría
mais necesario o avance da ocupación de novos lugares. No que ten que ver coa ocupación
do mundo non estamos ante unha cuestión de tipo climática ou medioambiental
unicamente, senón que hai tamén un factor relacionado coas capacidades mentais e
culturais das sociedades humanas.

Na teoría do caos é moi importante o estado inicial para a partires de aí deducir o que
pode ocorrer nun proceso determinado. Pequenos cambios nese estado inicial poden ter
consecuencias moi grandes ao final dun proceso sexa do tipo que sexa: biolóxico,
climático, xeolóxico, cultural... isto é importante porque unha vez que temos todas as
masas terrestres ocupadas (excepto Antártida) o que vai acontecer é que as Américas se
van a manter practicamente illadas da evolución cultural do vello mundo durante varios
milenios. É dicir, temos dúas grandes seccións das terras emerxidas que se desenvolven
de maneira illada unha da outra: as Américas e o Vello Mundo. En principio o punto de
partida na evolución destas sociedades é moi semellante, sen embargo chegará un
momento no que o vello mundo desenvolverá unha tecnoloxía que permite rachar o
illamento e alterar a marcha e a evolución das poboacións americanas.

14
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Hai autores coma Jared Diamond que se preguntan o porqué deste desenvolvemento
diferente das sociedades. Para el isto ten que ver con condicionantes de tipo xeográfico.
Eurasia conta cun desenvolvemento lonxitudinal moi forte a diferencia das Américas, que
o ten latitudinal. Ademais temos dúas grandes masas de terra moi mal comunicadas no
caso de América: o sur e o norte, o que fai que o desenvolvemento cultural dun lado e
outro sexan bastante independentes.

Por outra banda o desenvolvemento lonxitudinal de Eurasia fai que conte con varios
corredores ecolóxicos que facilita a dispoñibilidade de agriotipos. Outro factor interesante
é a zona do próximo oriente, é a área con maior precocidade na adopción da agricultura
e a gandaría e un factor que xoga a favor disto é que aí converxen dúas rexións de tipo
bioxeográfico: a rexión etiópica e a rexión euro-siberiana.

Isto quere dicir que no próximo oriente se


dan unha gran cantidade de vexetais e
animais potencialmente domesticables. A
maioría dos principais cultivos e animais
domésticos proceden do próximo oriente. É
dicir, a distribución tan lonxitudinal dos
biomas en Eurasia vai facilitar o tránsito de
avances.

15
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

No vello mundo temos a zona de maior concentración de agriotipos de todo o globo. Un


agriotipo é un animal ou un vexetal que posúe unhas características que o fan
potencialmente utilizable ou domesticable por parte dos grupos humanos. Esa zona é o
Próximo Oriente, onde converxen dúas rexións bioxeográficas a etiópica e a eurosiberiana
como xa dixemos.

Esa situación que ten o próximo oriente de converxencia leva a que toda unha serie de
vexetais se dean nesa área. Centeo, cebada e trigo, tres dos catro primeiros cereais
domesticados danse aquí (o cuarto é o arroz). No caso dos animais atopámonos coa
coincidencia de especies como o asno, o onagro (especie de asno máis grande empregado
no mundo mesopotámico antigo) e os grandes domesticados: o gando vacún -que deriva
do uro-, a cabra, a ovella e o porco. A domesticación do cabalo é mais tardía e prodúcese
algo máis ao norte, na rexión eurosiberiana. Vemos como case todos os animais
domésticos existen e se domestican aquí. Fora desta zona hai animais como as aves de
curral, as cales se domestican no vello mundo, ou o elefante, domesticado no extremo
oriente. Fronte a isto, en norteamérica apenas contamos con exemplos a excepción da
domesticación do pavo. O único animal de carga que se domestica nas Américas,
concretamente na zona andina, é un camelo: as llamas.

Vemos como a distribución dos biomas e a maior ou menor dificultade para a vida
humana condicionou a expansión da humanidade. Sen embargo, unha vez que a
humanidade chega a todas as terras emerxidas (excepto a Antártida), os pasos que se dan
a ambos lados do atlántico de xeito bastante paralelo na creación de vidas sociais
complexas, vemos como no vello mundo se conta cunhas vantaxes de partida que van a
ser explotadas para saír do ámbito estrito do vello mundo.

O antropoceno

No ano 2000 Paul Crutzen falou do “antropoceno”. El e mais outros plantexaron a idea
de definir unha nova era xeolóxica non definida por episodios ou modificacións de tipo
estritamente xeolóxica ou biolóxica (aparición de novas especies, conformación das terras
emerxidas, insolación solar...), senón que o factor que define ao antropoceno sería a
especie humana. Deste xeito, o antropoceno definiríase por características de tipo
xeoquímico inducidas pola actividade humana. Somos realmente un fenómeno xeolóxico,
a traza da actividade humana comeza a facerse moi evidente nos ecosistemas.

16
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

A ligazón entre a actividade humana e a contorna é de tipo dinámico, é un fenómeno


complexo, de tal maneira que as consecuencias poden ser de tipo indirecto. De feito, esas
consecuencias da actividade humana poden experimentar aceleracións ou desaceleración
de procesos.

Non hai consenso acerca de definir cando comeza o antropoceno. Hai quen di que se toma
como inicio as primeiras evidencias de que o ser humano é capaz de alterar o medio ou
as consecuencias climáticas. Segundo isto temos varias opcións:

- Poderíamos situalo hai uns 50.000 anos en Australia coa chegada dos
primeiros grupos humanos procedentes de indonesia e pola cal desapareceron
todos os grandes marsupiais.
- Outros prefiren falar de hai 15.000 anos coa chegada dos primeiros grupos
humanos a América. Ten lugar a extinción dos grandes mamíferos e algúns
dos depredadores que dependían deles (ex. Tigre dentes de sable). Esta é unha
cuestión moi discutida, pois hai quen pensa que realmente os humanos non
foron tan culpables destas grandes extincións, hai quen di que faltan probas,
xa que é certo que a extinción destas grandes especies en América coincide
coa extinción doutras especias onde xa había humanos dende hai decenas de
miles de anos como pode ser Europa. Pode que teña mais que ver con un
proceso de quecemento climático no que a acción depredadora humana non
axudou (reprodución moi lenta e adaptados a climas moi concretos), pero non
sería a causa principal.
- Unha terceira opción: hai 10.000 anos. Ten lugar un proceso que supón unha
modificación cualitativa da relación entre o seres humanos e a contorna: os
inicios da domesticación. Parece razoable situar aquí o antropoceno, xa que
moitos dos problemas ou alteracións do medio ambiente derivan en último
caso da produción de alimentos a partires da domesticación. Hai outra
proposta: 1945, coas bombas atómicas. Por primeira vez unha especie posúe
a capacidade de arrasar con todo mediante o uso desa nova arma. En último
caso isto nunca tería ocorrido sen a domesticación que fai posible as
sociedades complexas e a sociedade industrial.

Non hai que pensar que esta relación dos humanos co bosque vai sempre dende o bosque
primixenio ata a súa degradación. Hai moitas outras fases nas que esa interacción entre
os humanos e o ecosistema queda en procesos de clareado do bosque sen unha
17
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

modificación significativa de especies. Non hai necesariamente unha relación lineal entre
as sociedades humanas e o bosque.

A partir de hai uns 10.000 ou 12.000 anos comeza a experimentarse coa agricultura e coa
gandeiría. Isto trae unha serie de consecuencias. Neste momento o CO2 tiña unha
tendencia a diminuír, pero dende o 6.000-7.000 anos prodúcese unha desviación e comeza
a aumentar. Isto está relacionado co feito de que se queiman grandes superficies boscosas,
aportando máis CO2 e eliminando a un gran consumidor do mesmo: as árbores. Algo
semellante sucede co gas metano. O metano hai uns 5.000 anos (3.000 a.C.) tamén
comeza a aumentar significativemente. O aumento do CO2 produce efecto invernadoiro.
O metano ten o mesmo efecto pero aínda máis potente. Isto relacionase coa xeralización
dos cultivos de arroz mediante inundación. Grandes áreas anegadas facilitan a produción
do metano, xa que se relaciona coa putrefacción. Entre o CO2 e o metano vemos dúas
trazas de tipo xeoquímico moi claras que son provocadas pola actividade humana e que
teñen a súa orixe na domesticación de especies tanto animais como vexetais.

É verdade que os eventos climáticos poden provocar migracións, perda de autoridade de


líderes, o incremento das tensións e de conflitos polo acceso a recursos escasos... e todo
isto afecta en maior medida ás sociedades mais complexas, ás sociedades urbanas, que
son sistemas complexos formados por unha serie de elementos que se contrabalancean
uns a outros. Calquera mínimo cambio vai afectar ao conxunto da sociedade. As
sociedades complexas e o control político depende de que os líderes actúen como
intermediarios entre a comunidade e os poderes que rexen dalgunha maneira a
dispoñibilidade dos recursos (o cal ten moito que ver co clima). O seu papel é asegurar a
estabilidade do conxunto do sistema, falemos do tipo de sociedade que sexa. O colapso
acadio coincide cun episodio de aridez, que nun ecosistema tan extremo pode ser letal.
Hai moitos máis exemplos.

O clima é un sistema en constante cambio e evolución. Este cambio non se produce dunha
maneira unidireccional, isto é, non vemos un proceso de enfriamento ou de quecemento
continuo ao longo duns centos de miles de anos, sen embargo, é verdade que dende
mediados do terciario (era xeolóxica anterior á nosa) hai unha tendencia de lixeiro
enfriamento a nivel global. Pero se reparamos nos momentos cálidos, vemos como nos
atopamos nun destes momentos de fase cálida (non das máis cálidas). Todo isto ten
consecuencias importantes na configuración das costas, porque segundo se modifican a
temperaturas medias anuais se aumenta ou diminúe a cantidade de xeo nos extremos norte
18
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

e sur do planeta o mar subirá ou baixará de nivel. Isto afecta á parte biolóxica sobre todo
no que aos animais se refire. Á súa vez, esa dinámica de cambios ten unha incidencia na
aparición ou desaparición de xéneros e especies de homínidos, ata que finalmente queda
tan só a actual: os humanos modernos. Esas modificacións das temperaturas afectan máis
ao hemisferio norte, que é onde se atopan a maioría das terras emerxidas, mentres que o
hemisferio sur é mar na súa maioría. A razón principal é terra quece ou enfría con moita
mais facilidade que o mar, quen actúa a xeito de termostato do planeta. Por outra banda,
a zona ecuatorial da terra vese menos afectada polas variacións de radiación solar. Estas
variacións (periodos glaciares e interglaciares) producense pola interacción de diversos
factores:

- A posición das terras emerxidas. Acentúa ou diminúe a continentalidade do


clima. Non é o mesmo que as masa de terra se concentren arredor do ecuador
como sucede no precámbrico a que se sitúen como están hoxe en día.
- A actividade volcánica. A cantidade de gases emitidos polas explosións
volcánicas poden causar enfriamentos e facilitar a entrada dun período glacial.
- Cambios moi concretos como caídas de meteoritos. O Dryas recente é un
período de enfriamento moi curto producido por isto.
- O sol. É a variable principal. En último caso as alteracións climáticas no
planeta ao longo do tempo están motivadas fundamentalmente pola súa fonte
de calor principal.

19
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

A secuencia das grandes modificacións climáticas do cuaternario establecéronse a través


o estudo dos depósitos glaciares. Pero esta división climática do período cuaternario en
catro glaciacións (Günz, Mindel, Riss e Würm) é demasiado grosa, pois a realidade é
bastante máis complexa. A realidade asemellase máis a estas tres gráficas (tº, CO2,
concentración de polvo, de partículas que se poden atopar nos sedimentos).

O interesante de estas gráficas é ver como hai un ritmo aproximado de 100.000 anos, os
grandes picos sucédense cada este tempo. Os grandes picos de baixas temperatura
coinciden coas concentracións máis baixas de CO2 á vez que baixa a cantidade de
partículas, xa que a cobertura arbórea diminúe notablemente provocando que o solo quede
exposto á meteoroloxía. Por iso os períodos fríos sempre se asocian a un aumento de
partículas nos sedimentos.

É interesante buscar o porqué de ese ciclismo, de esa regularidade de sucesión entre


períodos fríos e cálidos. Nos anos 40 propúxose unha primeira explicación que á que non
se lle deu credibilidade por parte da arqueoloxía, tamén en parte polo feito de ser
iugoslavo quen a plantexou. El definiu unha serie de ciclos de modificación ou alteración
dos movementos da terra en relación ao sol. Calquera cambio e alteración na radiación
que chega ao planeta vai a ter consecuencias importantes en relación á temperatura global.
Distinguiu tres tipos de cambios que teñen que ver:

- coa excentricidade do movemento de translación ou forma da órbita (ciclos de


100.000 anos);
- coa oblicuidade do plano de translación ou ángulo do eixo da terra (ciclos de
41.000 anos);
- e cos movementos de precesión (peonza) que determinan os equinoccios
(ciclos de 26.000 anos).

Todos estes movementos afectan fundamentalmente ao hemisferio norte máis que no sur
pola maneira en que están agora dispostas as terras emerxidas.

Durante varias décadas non se fixo caso a esta proposta pese a estar acertada. Os cambios
de temperatura global basicamente teñen que ver con estas modificacións cíclicas que
experimenta a órbita terrestre que dixo este señor. Sen embargo hai mais factores que
poden influír:

20
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

- A distribución das masas continentais da terra. É bastante asimétrica, o que da


como consecuencia que os cambios na órbita terrestre afectan moito máis ao
hemisferio norte e non ao sur, que é basicamente auga, e o mar actúa como un
termóstato e modera os cambios provocados pola subida ou baixada da
radiación solar.
- O efecto albedro. Se aumenta o xeo da superficie terrestre, reflexase
irradiación solar, inducindo ao aumento do frío
- O calos interno da terra. Sen el non habería vida, a enerxía solar non é
suficiente biolóxicamente falando. Actúa a xeito de estufa que dende o núcleo
quenta a cortiza, a través dos volcáns, o calor produce erupcións que envían
gases a atmosfera que teñen un efecto climático notable.
- A vexetación. Nos momentos fríos diminúe notablemente a cobertura arbórea
consumidora de dióxido de carbono.

*En relación co CO2, un problema que atopamos agora no hemisferio norte en


particular é que o pormafrost do ártico, un deses sacos onde está retido CO2, se
está deteriorando e afundindo. O permafrost é o solo permanentemente conxelado.

Vemos como hai diversos factores máis alá da incidencia da radiación solar que explican
estas variacións das que falabamos.

Efectos da precesión

- A mecánica orbital esixe que a duración das estacións sexa proporcional ás


áreas recorridas dos cuadrantes estacionais, por iso, cando a excentricidade é
maior, as estacións no extremo lonxano da órbita van durar moito mais
- Hoxe o outono e inverno no hemisferio norte ocorren no perihelio, a Terra
móvese na súa velocidade máxima e, polo tanto, outono e inverno son
lixeiramente máis curtos que primavera e verán: agora mesmo no hemisferio
norte o verán dura 4,66 días mais que o inverno e a primavera 2,9 días máis
que o outono. Como a procesión cambia o lugar da órbita da terra onde ocorren
os solsticios e equinoccios, no inmediato futuro os invernos do hemisferio
norte se farán mais longos e os veráns mais curtos, desencadeando o seguinte
período glacial.
- A disposición dos continentes pode reforzar .......................

21
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

A radiación solar que chega á superficie afecta fundamentalmente ás zonas temperadas


ou temperadas frías, unha latitude na que nos atopamos con moita terra, á que lle afectan
estes cambios moito máis que ao mar.

A cuestión é canto inciden estas modificacións na irradiación a efectos reais na


temperatura da terra. Ata hai varias décadas isto estudábase dun xeito bastante indirecto
(por exemplo mediante o estudo de fósiles de vexetais ou animais dos que se coñece as
súas condicións específicas para poder vivir). Sen embargo, nos últimos anos se
desenvolveron estudos paleoclimáticos baseados en estudos isotópicos moi a detalle. Un
isótopo non é mais que unha variante nun átomo. O isótopo máis pesado, o osixeno 18,
aumenta ou diminúe na hidrosfera en función da temperatura. De este xeito, a ratio de
osixeno da auga presa nos glaciares , así como osixeno absorbido nas cunchas de plantas
e animais mariños emprégase para medir as temperaturas do pasado. En mostras de xeo
polares, a medida é simple: menos osíxeno pesado na auga conxelada significa que as
temperaturas eran máis frías. Canto menos osixeno 18 se atope, as temperaturas eran máis
frías. Isto conséguese perforando os glaciares para tomar mostras en forma de columnas
de xeo, o que se coñece como as “ice coring”. Nos primeiros metros das columnas apenas
se atopan diferencias máis alá das que se poden atopar a vista microscópica, pero nas
mostras máis antigas o efecto dos materiais mesturados na auga conxelada deixan ver
diferenzas a simple vista. Ademais do osíxeno, as burbullas de aire atrapadas nas mostras
de xeo reflexan o estado do aire da atmosfera hai X anos.

O osixeno 18 estúdase na composición da auga do xeo fósil, pero temos tamén toda unha
serie de animais mariños e algas que cando forman os seus esqueletos rexistran nas súas
cunchas a proporción existente de osixeno 18 na auga cando estaban vivos. Todos estes
organismos van parar aos fondos mariños, nos que atopamos metros e metros de fondos
mariños con este tipo de sedimentos que, mediante un sistema de sondaxe, se poden
coñecer.

As cunchas ou esqueletos de pequenas plantas e animais ou corais están feitos


normalmente de carbonato de calcio ....................

O estudo do osixeno 18 nos vai a informar das variacións da temperatura do mar a través
do estudo das cunchas e da atmosfera a partir do xeo procedente da precipitación de miles
de anos atrás.

22
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Máis alá podemos atoparnos con anomalías de carácter rexional e que teñen unha
duración máis pequena. Cambios bruscos no clima global:

- Emisións de gases invernadoiro por volcáns


- Alteracións nas correntes mariñas (episodios Heinrich)
- Caída de meteoritos

Circulación termohalina nos océanos: desempeña un papel importante na duración das


eras glaciais. Augas densas, moi salgadas afúndense no atlántico norte, tirando da “cinta
transportadora” das correntes. Así, a cinta transportadora transporta a calor do Ecuador
cara os polos, e eleva as temperaturas do ártico, coartando o crecemento dos glaciares.
Achegas de auga fría da terra que rodean o Atlántico Norte pode diminuír os desactivar
esa circulación. Estes cambios poden ter lugar nunha década, é dicir, en moi pouco tempo
en termos xeolóxicos.

Esta circulación termohalina transmite unha gran cantidade de calor dende México ata
Escandinavia dando lugar a un círculo de correntes. Hai en torno uns 20.000 anos esa
circulación estaba interrompida. Posibles causas:

- Chegada de grades cantidades de xeo (auga doce) dende Grenlandia.

En definitiva, temos correntes mariñas que se poden interromper dando lugar a


consecuencias climáticas a niveis rexionais ou locais.

Os episodios Heinrich (HE)

Noméanse así polo seu descubridor Harmut Heinrich, quen en 1988 observou unha
sucesión de capas de area en seccións glaciais de columnas de sedimentos extraídas no
nordeste atlántico, que asignou a unha sucesión de períodos de fusión de icebergs a grande
escala coa conseguinte sedimentación de detritos capturados no xeo. Afectan ao
hemisferio norte pero tamén se coñecen noutras zonas do planeta. Os HEs poden durar
uns poucos séculos......

Harmut Heinrich descubriu unha serie de depósitos finos que el relacionou cos
sedimentos que os glaciares arrancan dos solos e dos substratos e que van moendo grazas
ao proceso de puido dos glaciares. Atribúeos a que en determinados momentos hai fluxos
de icebergs que transportan este tipo de sedimentos finos que, unha vez que se funden os
icebergs pasan a formar parte dos sedimentos.

23
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Este é un procedemento curioso: por unha banda estes eventos están relacionados coa
caída da temperatura, pero por outra banda, paradoxicamente eses episodios de
enfriamento poden estar provocados por subidas da temperatura. Isto pode parecer unha
contradición, pero a realidade é que temos que ter en conta as correntes termoalinas,
principalmente a procedente do golfo de México que transcorre cara as costas europeas
en dirección nordeste. Cando se producen aumentos de temperaturas, loxicamente,
prodúcese un retroceso dos xeos continentais, o que leva a que parte de ese xeo se
desprenda en forma de icebergs. Isto ten unhas consecuencias a efectos locais en toda a
Europa occidental: a afluencia seguindo a corrente do labrados deses icebergs
desprendidos dende Grenlandia poden chegar a interromper a corrente termoalina que vai
do Caribe a Europa occidental, provocando en moi pouco tempo unha caída da
temperatura nestes lugares.

Isto foi precisamente o que ocorreu no episodio de enfriamento denominado Dryas.


Pénsase que puido estar determinado pola caída ou paso moi cercano dun meteorito que
coincide co comezo de ese mesmo episodio frío. Plantéxase a posibilidade dun impacto
na zona de San Lorenzo, parte oriental do que hoxe é Canadá, preto dos EEUU. Non se
detectou un cráter propiamente dito, mais non é necesario que fose un impacto directo. É
probable que o que ocorrese máis que un impacto fose unha explosión a baixa altura que
se levou por diante unha superficie similar á provincia de Pontevedra. Para chegar a esta
conclusións baséanse no achado deste tipo de evidencias: elementos xeolóxicos como
esfeuritas, nanodiamantes, platino e outros elementos que se relacionan co impacto de
meteoritos. A idea é que este impacto puido provocar este enfriamento, o cal no caso de
Norteamérica seguramente fose acompañado de lumes e perda de cobertura vexetal. Isto,
acompañado da actividade cazadora dos humanos recén chegados puido estar tras a
extinción da megafauna americana, a cal ten unha capacidade de adaptación e
recuperación moito menos que os animais de menores dimensións.

Outro episodio no cal tamén se interrompeu a corrente do golfo foi o coñecido como o
evento do 8.200bp. neste momento falamos dun episodio de enfriamento que ademais
estivo acompañado dunha subida do nivel mariño, o cal afectou a uns lugares máis que a
outros. Un deses lugares afectados foi o Mar Negro. Ata ese momento era un gran lago
desconectado do Mar Mediterráneo. O motivo desta subida do nivel mariño (duns 1,3m)
foi o colapso do chamado graciar Laurentino, localizado ao sur da bahía de Hudson, na
fronteira entre Canadá e os EEUU. A medida que se termina o Pleistoceno, a formación

24
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

glaciar vai retrocedendo cara o norte, deixando un lago inmenso (Agassiz e Ojibway).
chega un momento no que esta muralla de xeo que reten o lago termina por derrubarse,
producindo unha enchente de enorme proporcións. Falamos de que nun período de tempo
moi curto se dispersaron mais de 100 billóns de metros cúbicos (unhas cinco veces o
volume do mar báltico actual) nese lago. Esa auga seguiu tres cursos distintos e boa parte
de esa auga fría e doce incorporouse á corrente do Labrador. Isto provoca o corte da
corrente cálida do golfo de México ademais de provocar a suba do nivel mariño.

Neste momento, en Anatolia atopámonos con civilizacións neolíticas que chegaban


probablemente ás beiras do mar negro. Como consecuencia da rotura do dique que contiña
o lago do que falabamos, ábrese a comunicación entre o mediterráneo e o mar negro, que
deixa de ser un lago e pasa a ser unha entidade marítima subsidiaria do Mediterráneo.
Como consecuencia, nun período relativamente corto asoláganse moitas zonas con
comunidades neolíticas, que serán empuxadas a ocupar outras terras situadas máis ao
oeste, dando lugar a novas culturas neolíticas en Europa central. Vemos como, pese a
todo, dende a perspectiva da Europa occidental isto foi un aliciente para que moitas xentes
instaladas nas beiras do mar do norte se viran constrinxidas a expandirse cara o oeste,
dando lugar á neolitización da Europa central e occidental. Vemos as consecuencias que
ten un episodio localizado deste tipo a nivel global, chegando a afectar a lugares moi
afastados.

En resumo, no caso desde evento, a rotura da última contención de xeo que mantiña unha
enorme superficie lacustre ten como consecuencia por unha banda o enfriamento e por
outra banda unha subida do nivel mariño, o cal ten consecuencias moi graves en lugares
como o mar do norte, que se transforma nun mar, ou nas costas do que hoxe é Bulgaria,
Romanía e Macedonia, que se atopan cun episodio de enfriamento climático e coa
inundación de enormes cantidades de superficie, dando lugar a un proceso de expansión
que da lugar novas culturas: grupos cardiais de cerámicas impresas, por exemplo.

El niño (y la Niña)

Fenómenos de moi curto alcance temporal que teñen que ver con cambios no réxime de
ventos e que á súa vez teñen incidencia na temperatura da auga mariña, cambios no
réxime de precipitacións, a dispoñibilidade de recursos en determinados lugares...
coñecese como el niño porque é mais aprezable cara a época do Nadal. Isto ten que ver
coa actividade dos ventos alíseos que normalmente se desprazan es sentido E-W, como

25
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

consecuencia da acción destes ventos a auga cálida é arrastrada nesa dirección cara
Australia e indonesia e loxicamente o sitio que deixan estas augas cálidas é ocupado por
augas frías mais profundas que ascenden (este fenómeno é coñecido como upwelling).
Estas augas dos fondos, arrastran un montón de material orgánico depositado nas
profundidades, o que fai que sexan augas especialmente ricas en nutrientes, peixes,
mamíferos mariños... e inciden tamén nas aves mariñas que agora teñen máis alimento e
se concentran en lugares costeiros e en illas. Este fenómeno caracterízase pola súa
irregularidade, pois os ciclos son entre 2 e 7 anos e a súa intensidade tamén é moi variable.

Por outra banda, La Niña alude a momentos nos que os ventos alíseos son mais intensos
do habitual, dando lugar a maior translación das augas. As súas consecuencias non son
moi catastróficas aquí, pero si se relaciona coa creación de furacáns no caribe. Como
vemos é un fenómeno que ten que ver cos cambios na presión atmosférica.

El niño ten un impacto moi forte na pesca de lugares como Perú e Ecuador, onde as súas
costas son extraordinariamente secas debido a incidencia de esa corrente fría que
estabiliza as precipitacións. Cando se da o fenómeno del niño increméntanse estas
precipitacións, que adquiren un carácter torrencial. Isto agrávase coa especial orografía
desta costa, tan próxima aos Andes, polo que os cursos de auga son especialmente rápidos
debido á gran pendente, dando lugar a grandes enchentes e inundacións nas áreas
costeiras. Este tipo de fenómenos que tiveron lugar entre os séculos VI e VII propiciaron
a desaparición da cultura Moche nestes lugares, unha cultura costeira que se viu
gravemente afectada polos efectos del Niño, o cal, sumados a uns períodos de sequía
determinaron a fin desta cultura tremendamente sofisticada (industria alfareira e cerámica
moi importante a nivel global e grande sofisticación a nivel hidráulico o que posibilitaba
a vida nestes lugares) -algo que como xa vimos ao comezo da materia, fai que este tipo
de sociedade sexan máis sensibles a este tipo de desafíos climáticos-.

TEMA 2: A Xeoarqueoloxía
Charles French diferencia en 2005 a xeoarqueoloxía da xeomorfoloxía. Sendo a
xeomorfoloxía o estudo das formas que adopta unha paisaxe determinada e os procesos
que lle outorgan esa forma. A xeoarqueoloxia combina o estudo arqueolóxico e o
xeomorfolóxico para tratar de identificar e recoñecer os procesos tanto naturais como
antrópicos que alteran esas paisaxes. O seu obxectivo é construír modelos integrados dos
sistemas humano-medioambientais, así como investigar as características (natureza,

26
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

causas, factores...) dos impactos naturais e humanos sobre o medio. As ferramentas que
emprega son: estudo estratigráfico, o procesos de formación dos xacementos e en último
caso a reconstrución das paleopaisaxes. Entender o dinamismo das paisaxes é moi
importante á hora de estudar as comunidades humanas de certa antigüidade.

Á hora de traballar, a xeoarqueoloxía fai uso de catro categorías de datos:

1. Observación de campo: cartografía de solos, xeomorfoloxía, extracción de


mostras de cortes naturais...
Cartografía:
- Mapas xeolóxicos: substrato do relevo
- Mapas xeomorfolóxicos: formas do relevo
2. Experimentos e observacións etnográficas. Hai fenómenos que se poden estudar
a unha escala temporal máis pequena e se poden facer experimentos. Exemplo:
Overton Down 1960. Cavase un foxo e ao carón deixase unha morea de terra, un
terraplén. Búscase o estudo das estruturas negativas (onde se escava) e positivas
(onde se amontoa terra) para ver a súa evolución ao longo do tempo. En corenta
anos atopáronse cambios: corremento de materiais, disimulo entre estrutura
positiva e estrutura negativa, erosión, factores que enchen o foxo... Hai moitos
xacementos prehistóricos tanto en Inglaterra como na Península Ibérica que teñen
esta estrutura, o que motivou a realización deste experimento.
Outro exemplo: Butser Farm. Tratouse de facer cabanas con gando y leiras para
cultivar co obxectivo de ver cales eran os problemas e as consecuencias de
empregar determinado tipo de materiais para os lugares de habitación, para o
traballo no campo, ata que punto os animais inciden na erosión do solo...
3. Observacións no laboratorio
Análises granulométricas dos cortes grazas ao emprego de tamices ou
peneiras. Analizase as características das areas, das graves... a diferentes
tamaños
4. Información derivada da formulación de modelos predictivos sobre o
comportamento dunha paisaxe dadas as súas características pedolóxicas (estudo
do solo) e xeolóxicas. A partir da análise dos sedimentos do fondo dun val, dun
lago, dunha terraza fluvial... Trátase de trazar a evolución dun área de territorio e
a partir dos datos obtidos nesa secuencia estratigráfica modelar a evolución dese
territorio. Son modelos que tratan reconstruír a partir dos datos actuais o que puido

27
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

ser o territorio nun momento dado, pero tamén se pode empregar ao revés, para a
partir dos rexistros actuais determinar cal vai ser a súa evolución.

É moi diferente facer unha análise arqueolóxica segundo a escala que empreguemos. Á
escala á que se aborda a análise dota de maior ou menor resolución os resultados. Escalas:

5. A nivel macro (un val, por exemplo)


6. A nivel meso (a contorna nuns 2 km)
7. A nivel micro (inmediacións dun xacemento)
8. A nivel micro dentro do solo (perfil estratigráfico do propio xacemento ou das
inmediacións)

O tipo de preguntas a facer e de datos a obter depende en gran medida da escala da análise:
dende os efectos do relevo, da xeoloxía ou do clima ( dende unha escala macro) ata os
procesos puntuais de edafoxénese (dende unha escala micro no solo).

O ciclo das rochas

A xeoarqueoloxía trata cos materiais que cobren a cortiza terrestre, a cal se compón de
rochas. A impresión que temos é que a paisaxe é inmóbil, pero non é así. A cortiza
terrestre, o substrato da paisaxe, está en constante evolución. Galicia, e en xeral a
Península (ca excepción do sueste), é unha zona bastante inerte, con pouca acción
xeolóxica en comparación con outros lugares como pode ser o Himalaya, que se está
levantando agora mesmo.

28
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Como falabamos, os materiais que compoñen a cortiza terrestre son rochas e as rochas
seguen un ciclo. O destino de toda rocha é transformarse en limos, areas, arxilas... e en
último caso volver a formar outra rocha. Deste xeito o ciclo das rochas é un feito constante
conformado polo conxunto de procesos que poden ter lugar nunha rocha ao longo do
tempo e mediante os cales esa rocha se pode transformar.

As rochas que están na superficie terrestre (ben sexa sedimentaria, metamórfica ou ígnea)
atópase exposta aos procesos xeolóxicos externos (meteorización, erosión, transporte e
sedimentación). Estes procesos tenden a destruíla e a descompoñela en sedimentos, os
cales se se da un proceso de diaxénese poden dar lugar a unha rocha sedimentaria. Estas
rochas están formadas a partir de sedimentos compactados procedentes de calquera tipo
de rocha ou mesmo de seres vivos e poderá volver a erosionarse e volver a iniciar o ciclo
(dando lugar a unha nova rocha do tipo que sexa). Se pola contra os sedimentos
depositados son sometidos a unhas determinadas condicións de presión e temperatura o
que se vai formar é unha rocha metamórfica (que inicia o seu propio ciclo). No caso de
que eses materiais sometidos a presión e temperatura cheguen a fundirse, o resultado será
a formación de magma o cal pode ascender á superficie en determinados lugares mediante
erupcións e dar lugar á aparición de rochas ígneas (plutónicas ou volcánicas segundo
como teña lugar o enfriamento dese magma). Estas mesmas rochas poderán ser
erosionadas e volver a iniciar o proceso.

Do mesmo xeito, tamén as montañas e os volcáns están destinados a desgastarse e


desaparecer como resultado da erosión e os materiais que as forman volven a iniciar o
ciclo en forma de sedimentos.

29
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Procesos xeolóxicos internos: os tipos de rochas

As rochas ígneas ou magmáticas son aquelas que se forman mediante a solidificación do


material rocho, móbil e quente coñecido como magma. Este proceso coñécese como
cristalización e resulta do enfriamento don minerais e do entrelazamento das partículas.
Este tipo de rochas tamén se forman pola acumulación e a consolidación de lava, o magma
que se enfría na superficie ao ser expulsado á superficie polos volcáns. Cando a
solidificación ten lugar na superficie ao a unha profundidade escasa a rocha resultante é
volcánica. Por outra banda, se a solidificación do magma ten lugar no seno da litosfera o
resultado é unha rocha plutónica. As rochas ígneas de tipo plutónico nunca se separan,
simplemente a erosión déixaas ao descuberto, fórmanos pequenos outeiros.

As rochas metamórficas fórmanse nas camadas profundas da terra. Os materiais


sedimentarios experimentan dous fenómenos: grandes presións e temperaturas elevadas.
Como resultado da combinación destes factores fórmanse este tipo de rochas. As rochas
metamórficas son por exemplo: a lousa ou pizarra no oriental de Galicia; na costa ou na
beira dos ríos a cuarcita. O substrato galaico está conformado fundamentalmente por dous
tipos de rochas: as plutónicas (o granito) e as metamórficas.

As rochas sedimentarias son as formadas por restos doutras rochas e minerais. Teñen un
carácter detrítico (lixo xeolóxico). As rochas sedimentarias seguen un proceso do
formación: temos un sustrato, como pode ser unha montaña, que mediante o proceso de
meteorización que erosiona a mesma da lugar a sedimentos que se desprenden. Os
materiais erosionados son transportados. Chega un momento no que eses materias se
deteñen e se depositan (sedimentación). Unha vez depositados comeza o proceso de
diaxénese e dicir unha serie de transformacións que co tempo inician o proceso de
compactación que la lugar á formación da rocha sedimentaria tras a cementación.

Dentro das rochas sedimentarias temos as propiamente detríticas, nas que esas partículas
se transportan en estado sólido. Dependendo dos procesos erosivos, da dureza do sustrato,
poden constituír sedimentos máis ou menos grosos. Por exemplo, as montañas poden
desfacerse en cachos máis ou menos grandes dependendo do tipo de materias e dan lugar
a rochas detríticas diferentes como poden ser os conglomerados feitos con materiais máis
grosos (como por exemplo as mármores); areniscas, formadas por sedimentos mais finos;
ou limos, formado por sedimentos moi finos.

30
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

As rochas sedimentarias non detríticas son aquelas que se forman por procesos químicos.
Distinguimos tres grupos fundamentais:

- Carbonatadas. Grupo moi importante porque unha vez que se forman son
relativamente brandas e moi susceptibles de disolución pola auga, dando lugar
a covas, algo moi importante dende o punto de vista arqueolóxico. Son as
calizas (carbonato cálcico). Prodúcense pola deposición do carbonato cálcico
que se atopa na auga e que en determinado momento se deposita e forma a
formación calizas, que en determinado lugar volven a ser erosionadas pola
auga -xa que o carbonato cálcico é moi soluble en auga- formando covas,
dolinas... e dando lugar ao que se coñece como as paisaxes kásrticas
(exemplo: Torcal de Antequera. Nun momento dado foi o fondo dun mar).
- Evaporitos. Menos importante desde a perspectiva arqueolóxica.
Correspondese con lugares deprimidos como os lagos salados no norte de
África, os chamados chott onde a fortísima evaporación fai que as sales se
vaian acumulando e eventualmente cristalizando.
- Organóxenas. Importantes nos últimos tempos desde a perspectiva humana,
polo tanto só importantes dende a arqueoloxía contemporánea. Son os carbóns
e o petróleo. Na prehistoria podemos falar do acibeche (un tipo de carbón que
se empregou na prehistoria para facer determinados obxectos). Carbóns que
proceden de restos vexetais e que se forman en medios pantanosos. Outras:
turba, lignitos, hulla, antracita...

31
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Características dos sedimentos

Con frecuencia o que atopamos nas sondaxes arqueolóxicas o que atopamos son
sedimentos. Estes pódense clasificar a partir da enerxía ou tipo de matriz. Distinguimos
momentos climáticos máis suaves nos que os clastos están rodeados de elementos máis
finos, momentos de gran actividade erosiva os sedimentos son mais grosos.

Normalmente os sedimentos máis finos tenden a compactarse máis. Polo que os


sedimentos tamén se clasifican polo seu tamaño, pola morfoloxía (de moi anguloso a mais
ou menos esféricos). A angulosidade ou esfericidade son indicativos dos procesos de
formación dos sedimentos. Os sedimentos angulosos falan de condicións violentas, mais
frías, de arrastre. Pola contra, os compoñentes mais redondeados falan de condicións máis
temperadas, máis fluviais.

O mesmo ocorre ao falar da organización. Os compoñentes mais heteroxéneos falan


dunha formación mais violenta, de fenómenos formativos mais bruscos, de cambios de
temperatura... mentres que si os compoñentes dos sedimentos son moi finos e
homoxéneos, nos están falando da un proceso máis paseniño, menos brusco e de
condicións climáticas mais suaves. Polo que morfoloxía, tamaño e organización dos
sedimentos dannos información de como era o momento no que os sedimentos foron
arrincados e depositados.

Outras cuestións: a cor, a disposición estratigráfica (normalmente os mais pesados e


grosos están máis abaixo) e a orientación das partículas.

Os procesos xeolóxicos externos

A superficie terrestre é alterada por unha serie de procesos xeolóxicos externos como son
a meteorización ou ataque que sofren os compoñentes rochosos do substrato e que
produce un desgaste, unha erosión. Eses materiais erosionados son transportados e acadan
unha cota na que carecen de enerxía para ser transportados e se sedimentan. Tras isto
podemos observar procesos gravitacionais, é dicir, eventos de desestabilización de
lugares e áreas sedimentarias. Eses procesos están motivados por axentes xeolóxicos
externos relacionados co clima -o axente principal-: a acción da auga, a acción do xeo e
a acción do vento (motivado por diferencias de presión entre diferentes zonas).

A erosión afecta aos materiais previamente abrandados e desorganizados pola


meteorización. Naturalmente os materiais que son erosionados moi a miúdo non quedan

32
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

no sitio, senón que son transportados. A enerxía que os despraza chega un momento no
que é insuficiente e os materiais se depositan, é dicir, se sedimentan. Por ultimo falamos
dos procesos gravitacionais, xa que a vida deses materias sedimentados non sempre
remata aí. Se se dan as circunstancias necesarias eses materiais, en sitios onde haxa
pendentes, pode haber procesos de inestabilidade desas pendentes. A pendente é un factor
moi importante para a construción ou destrución dos solos.

Todos estes procesos están motivados por uns axentes, todos eles poderían resumirse só
en un: o clima (os axentes xeolóxicos externos son a auga, o xeo e o vento, pero todos
eles dependen das condicións climáticas).

Meteorización física

Os procesos xeolóxicos externos comezan coa meteorización. A meteorización está


provocada polas características do clima nun lugar e nun momento dados. Deste xeito,
un dos tipos de meteorización que podemos atopar é a meteorización producida por
termoclastia. Isto dáse en zonas onde non hai vexetación, onde a insolación é moi forte,
falamos de zonas desérticas principalmente e moi próximas ao ecuador, nos que a
oscilación térmica pode ser fortísima entre o dia e a noite. Isto provoca a dilatación e a
contracción dos materiais rochosos e como resultado desta alternancia as rochas rompen.
A termoclastia prodúcese en condicións desérticas, fundamentalmente en desertos fríos
ou en zonas con latitudes térmicas extremas (diferenzas entre dia e noite de máis de 40
graos). Isto fai que os materiais inorgánicos sufran fenómenos de dilatación e de
contracción, dando lugar a rochas que se abren.

En canto á xelifracción é unha variante do caso anterior. Aquí a humidade penetra nas
fisuras das rochas e nos lugares onde as temperaturas nocturnas caen baixo cero, a auga
que se filtra ás rochas se transforma en xeo, aumentando o seu volume facendo un papel
de cuña e provocando roturas nas rochas. Ten lugar basicamente nas zonas árticas,
antárticas, zonas de alta montaña e desertos fríos. A humidade que se filtra nas fisuras das
rochas conxélase durante a noite e como a auga conxelada aumenta o seu volume vai
fraccionando e rompendo as rochas.

Logo temos a bioturbación. Os seres vivos, especialmente os humanos temos unha


notable capacidade disruptiva da cortiza terrestre, dos lugares que habitamos. O pisoteo
das grandes manadas de animais castigan duramente a superficie do solo, os animais que
escavan e que desprazan continuamente a superficie do solo, as raíces das árbores... A

33
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

bioturbación ten que ver co papel dos seres vivos, fundamentalmente das plantas. As
árbores frean notablemente o papel erosivo das precipitacións, as copas das árbores son
un amortiguador da potencia e da enerxía que cae en forma de chuvia ou de sarabia e que
deterioran os materias do solo. Sen embargo, por outra banda, as raíces poden separar e
abrir ocos no terreo a medida que van medrando e desfán as pedras e as superficies dos
substratos rochosos. Os animais pola súa banda son basicamente destrutivos, mediante a
realización de tobos e madrigueiras desprazan e desfán as capas do solo.

Meteorización de tipo química

En último caso están relacionados coa presencia de auga. Exemplo: disolución,


carbonatación, hidrólise e oxidación.

Exemplos de procesos de tipo químico: disolución (minerais salinos ou carbonatos


cálcicos como as calizas son moi solubles en auga), a carbonatación (os carbonatos
liberados concéntranse e dan lugar aos paisaxes karsticos), a oxidación (sobre todo en
solos antigos onde hai grandes concentracións de metais como poden ser o oxido de ferro
ou de aluminio, formando canles que separan estas concrecións e axudan ao desplacado
das rochas), a hidrólise (afecta a rochas compostas por minerais e a acción da auga acaba
por desfacer as rochas, como e o caso do granito).

34
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

A ACCIÓN DA AUGA

Os materiais meteorizados acaban formando o solo. O sustrato dunha rocha en perfecto


estado e progresivamente atacada polos diferentes axentes terminando por meteorizar ese
sustrato na súa parte superior e da lugar ao que denominamos solo. A acción da auga
facilita a profundización deste fenómeno mediante a Lixiviación.

En canto aos procesos gravitacionais, falamos sempre de zonas de pendente. Materiais


sólidos que se acaban volvendo inestables e dando lugar a derrumbamentos e
deslizamentos dos materiais. Os deslizamentos se producen en zonas de pendente onde
os materiais son ricos en arxilas. As arxilas teñen unha gran capacidade de absorción da
auga e ao tempo son materiais moi finos e livianos. Como consecuencia, en momentos de
choivas fortes en zonas de pendentes pode ter que teñamos toda unha pendente de arxilas
saturadas pola auga que se concentra nas capas inferiores, dando lugar a unha pendente
que carece de cohesión, facendo que gran parte do material se veña abaixo. Isto acontece
en condicións de climas temperados.

O sistema morfoclimático perigraciar

Areas perigraciares, e dicir, áreas inmediatas a zonas permanentemente glaciares. Estas


zonas son relativamente estables, pero as áreas inmediatas non, xa que están sometidas a
moi baixas temperaturas e carecen da cobertura do xeo. Nestes lugares, en areas arxilosas
pode suceder que a arxila absorba auga e que esta se conxele e que cando se de un proceso
de quecemento eses materiais se deslicen, dando lugar a coladas de barros ou coladas de
debris ou colubios, que se caracterizan por estar formados por bloques de pedra mais ou
menos grandes de formas angulosas. Isto ocorre nestas areas nas que debaixo da
superficie do solo existe xeo acumulado, o chamado permafrost.

O papel das augas superficiais

As terrazas se forman nos cursos baixo e medio dos rios, xa que estes buscan o nivel base
sempre, o dado polo nivel mariño. Se o nivel do mar sube, o río tende a sedimentar,
mentres que se o nivel do mar baixa o río tendera a escavar no seu propio curso dando
lugar a unha gran cantidade de escalóns, o que coñecemos como as terrazas.

O nivel mariño ao logo do tempo sube e baixa, pero as terrazas consérvanse por que entran
en xogo os movementos de tipo isostático ou a tectónica. Por exemplo: hai lugares de
Europa onde a terra nos últimos 10-15 mil anos subiu, a terra elevouse. Isto produciuse

35
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

neste caso porque esas zonas estaban cubertas de xeo e o xeo pesa moito, o que supón
millóns de toneladas gravitando sobre a terra e dando lugar a isostasia negativa
(afundimento). Cando isto comeza a cambiar, liberada a terra deste peso extra, a terra
comeza a levantarse. Neste caso, a subida da terra equilibra a subida do nivel do mar
conservando as terrazas, se isto non tivese lugar as terrazas desaparecerían anegadas no
mar dando lugar a rías. Noutros lugares, consérvanse por razóns tectónicas.

As terrazas fluviais son moi importantes xa que foron os lugares favoritos para a
habitación humana durante a prehistoria. Isto é así xa que son zonas próximas a correntes
de auga e onde os animais abundan atraídos por eses cursos de auga. Ademais, estas
terrazas a miúdo están cheas de cantos rodados, de calcita, de silex... e dicir, de materias
idóneos para a fabricación de ferramentas.

As augas subterráneas

Moitas augas pasan ao interior da cortiza terrestre onde se poden acumular en acuíferos.
As augas subterráneas relaciónanse sobre todo con sistemas karsticos. Un karst é unha
zona cuxo sustrato é calizo. As calizas son moi solubles en auga, e en condicións o
suficientemente húmidas a auga comeza a disolver esas rochas calizas e a xerar toda unha
serie de covas, onde se poden atopar sedimentos de diferente clase. En períodos fríos os
sedimentos que enchen esta cova tenden a entrar por ocos mais grandes e angulosos,
mentres que en momentos mais cálidos o sedimento que enche os pasadizos e as covas é
extremadamente fino. Simplemente mirando os depósitos dende sistemas podemos sabes
en que condicións de temperatura se formaron.

Aparte dos depósitos que enchen estas


cavidades, se producen fenómenos de
coarbonatación, nos que a auga
concentra este carbonato calcico e da
lugar a formación de estalactitas e
estalagmitas. E o que se coñece como
espeleotemas. En ultimo caso, si se lle da
bastante tempo e as condicións de
humidade se manteñen, as cavidades
previamente xeradas pola disolución da
caliza volven a ser obturadas por esas mesma calizas de xeito vertical.

36
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

O VENTO

O aire en movemento non é de seu un axente erosivo, pero en lugares onde a cobertura
vexetal e escasa ou inexistente arrastra unha gran cantidade de materiais finos que se
moven a alturas escasas, a poucos metros da superficie do terreo, de forma que a
incidencia destas partículas e particularmente forte. Imaxe exemplo: esfinxe de Giza.

As ondas da auga mariñada lugar ao que denominamos maceteiros (flower pot) en formas
moi particulares debido a acción diferencias que afecta ás zonas baixas. Imaxe exemplo:
Tailandia

A acción do vento e das augas mariñas unido á propia sedimentación tamén da lugar a
formacións espectaculares.

O XEO

Nas zonas perigraciares (areas próximas as zonas conxeladas permanentemente).

Os glaciares son como rios, desprázanse ao igual que os rios, aínda que moito mais
amodo. As linguas glaciares deixan un tipo de sedimento especifico, as morrenas. Estes
sedimentos fórmanse nos laterais, nas beiras das linguas glaciares. Os glaciares son rios
que van avanzando e arrastrando diante deles materiais. Cando retroceden van deixando
eses materiais que marcan as sucesivas liñas de retroceso, son as chamadas morrenas
terminais. Estas morrenas terminais as veces son tan grandes que forman diques que
bloquean o glacial e dan lugar a formación de lagoas. Isto e un fenómeno bastante
frecuente.

37
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

A acción erosiva do glaciar sobre as rochas da lugar as características estrías. Non é tanto
o xeo en si como os materiais que arrastra o xeo e que se deslizan a xeito de limas.

OS SOLOS

En edafoloxía o concepto solo non ten nada que ver coa concepto común de superficie
pola que camiñamos, non é meramente a cortiza. O solo e o material de terra sólida
modificado/orixinado por procesos orgánicos, físicos e químicos de xeito que pode
soportar a vida das plantas. O solo está lonxe de ser unha superficie estática, o solo é algo
dinámico. Na súa formación interveñen diversos procesos: desprazamentos
(translocatios), transformacións (transformation), achegas (additios), perdas (losses).

O solo é un sistema suxeito á evolución interna, a interacción dos elementos que o


compoñen pero tamén á incidencia de factores externos ante os cales o solo reacciona.

O grosor dun solo reflexa a velocidade e a dinámica de acumulación. É dicir, o espesor


dun solo depende do equilibrio, da interacción entre a produción do solo es as dinámicas
de ladeira. A produción de solo ten que ver coa taxa de meteorización. Temos o sustrato
que se transforma por meteorización e aporta elementos ao solo. O gradente, ou pendente,
vai incidir na dinámica de ladeira, a máis gradente a dinámica de ladeira é mais activa, de

38
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

maneira que se se dá unha dinámica de menor gradente e mais meteorización a


consecuencia será mais solo. Se estes dous factores se manteñan en equilibrio o solo
estabilízase e se nos atopamos con un maios gradente e menos meteorización como
consecuencia obtemos unha perda de solo.

Hans Jenny: o solo é un sistema aberto, as súas propiedades están relacionadas e o sistema
cambia cando as propiedades cambia. Establece a seguinte ecuación

S=f (clxoxrxpxt) --- cl- climate; o- organisms; r-relieve...

Factores de formación do solo: clima, organismos, substrato, relevo, tempo

O clima

O clima esta definido por variacións de tipo térmico ou de humidade. Segundo o clima e
mais cálido ou húmido vai a ter influencia na formación do solo. Isto e así xa que incide
no tipo de cobertura vexetal. Unha zona moi seca apenas ten cobertura vexetal, o que
impide a formación do solo, mais ven favorece a perda do mesmo. Ademais, isto incide
nas taxas do ritmo que seguen a alteración das rochas. A mais precipitación a
meteorización e a erosión serán mais rápidos.

Os organismo

Teñen un papel moi importante na formación do solo. O tipo de vexetación. Hai


poboacións vexetais que favorecen en maior medida a formación do solo, como son as
formacións de tipo arbóreo que protexen a superficie do solo da acción e do desgaste que
producen sobre este os fenómenos meteorolóxicos. Por outra banda, as cubertas de matos
e de arbustos ou de tipo pradeira, a protección e moito menor.

Ademais, os bosques son grandes produtores de materia orgánica, son grandes reservas
de carbono que acaban volvendo ao solo: madeira que se corrompe, que se podre, as
follas, as ramas...

Os seres vivos, fundamentalmente os vexetais producen ácidos húmicos que producen a


meteorización das rochas, o que significa achegas ao solo como produto desa
meteorización. As rochas poden rachar tamén contribuíndo a isto. Os animais tenden a
ser mais destrutivos do solo que os vexetais.

39
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

O sustrato

O sustrato é moi importante xa que en ultimo caso e un dos grandes produtores de material
que acaba constituíndo o solo. Estendese sustrato como a rocha nai. Neste caso incide
bastante o tipo de rocha coa que nos encontremos, se é mais dura ou mais branda. A
química, a mineraloxía e o tamaño do gran son factores determinantes. As rochas de gran
maior son mais susceptibles a formación do solo.

A topografía

Varios factores que afectan:

- O gradente: Unha ladeira moi desfavorece a formación de solo, mentres que


un lugar estable si o fai
- A elevación: as zonas elevadas están suxeitas a condicións térmicas e de
humidade máis violentas e isto non favorece a formación do solo. As
alternancias e as latitudes térmicas altas non favorecen a formación do solo
- O aspecto ou orientación da ladeira. No Hemisferio Norte as caras ao norte
están en condicións mais frías e teñen coberturas vexetais máis pobres, de
forma que isto non axuda a protexer o solo. En cambio as caras meridionais
do relevo adoitan ter máis exposición a choiva, mais vexetación... favorecendo
os procesos formativos do solo e a súa protección.
- O transporte do solo dunha ladeira depende do factor inclinación, a maior
inclinación mais transporte fora do sistema.

Os solos non son algo estático e permanente. Os solos aparecen, desaparecen, se


desprazan, evolucionan... o aumento do gradente, da pendente, é un dos factores
destrutores do solo, deteriora o proceso formativo dos solos. Tende a promocionar unha
maior erosión dos depósitos.

Dous conceptos importantes:

- Horizontes: capas que se diferencian no solo. Non son depositados, senón que
son áreas de acción química.
- Perfil: designa o conxunto dunha secuencia de horizontes nun lugar
determinado nun momento determinado

40
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Os perfiles:

A maior ou menos cantidade de horizontes dun solo depende en gran medida do paso do
tempo. Se un solo dispón de bastante tempo para evolucionar vai a dar lugar a unha
crecente diferenciación, dará lugar ao xurdimento de horizontes nos que intervén a
existencia de fenómenos de reaccións químicas e formación de minerais secundarios, de
lixiviación por infiltración de auga, de deposición e acumulación de material lixiviado
dende niveis más elevados ao chan.

O horizonte C, o da rocha nai meteorizada é o inicio de todo (o horizonte D apenas se ten


en conta, é o dea rocha nai consolidada, que mentres manteña esta forma non achega nada
á formación do solo). O outro elemento xerador dos solos é o horizonte A. No horizonte
A en circunstancias normais (fora das áreas de deserto e das zonas periglaciares), sempre
hai neste horizonte vida vexetal ou animal que está aportando material orgánico a esta
parte superior. O horizonte A fundamentalmente é material orgánico en descomposición
(horizonte húmico, de hummus). Do horizonte A fíltranse minerais cara as capas
inferiores. Do horizonte B se se dispón dunha suficiente cantidade de tempo comeza a
formarse entre o A e o C. É froito das achegas químicas da descomposición do C, da
meteorización do C e das achegas do horizonte A (material orgánico e minerais que
discorren con lixiviación).

41
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Se transcorre moito tempo nunha zona chaira estable danse solos con propiedades xéricas.
Son solos anciáns. Isto é un desastre. Os solos anciáns non valen para nada xa que debido
á intensa acción química teñen un gran contido de minerais e dificultan o mantemento da
poboación vexetal, que pasa a ser moi escasa. Ocorre por exemplo en Australia, dende o
punto de vista xeolóxico é unha terra moi vella e con grandes chairas na súa maior parte,
dificultando a actividade agrícola, xa que a vexetación é moi pobre. En contraste Galicia
non ten problema con isto. Temos toda unha serie de cadeas montañosas antigas que
ondulan a superficie. O que si ocorre aquí e que os solos son demasiado dinámicos, sobre
todo nas zonas altas, dando lugar a constantes procesos de xeración de solos e destrución
total ou parcial do mesmo xerando o que denominamos solos policíclicos.

Os solos policíclicos: o proceso descontinuo

Procesos moi dinámicos onde non transcorre demasiado tempo entre......................... isto
é un problema porque nos xacementos ao aire libre do paleolítico os perfiles do solo soen
aparecer decapitados, non hai unha continuidade. O perigo é que podemos atopar
materiais por exemplo nun horizonte 4a do paleolítico medio e inmediatamente por
debaixo materiais moitísimo mais antigos pero que están inmediatamente por debaixo.
Pódense dar tamén mesturas de materias. Ata que se empezaron a entender os procesos
de formación de solos policíclicos houbo moita confusión á hora de datar os xacementos
galegos. Hoxe prestase moita mais atención aos procesos formativos do solo.

En sitios relativamente secos ou con pendentes moi acusadas se produce unha gran
meteorización física. Sen embargo en zonas de mais humidade os integrantes dos solos
son moi finos e adoitan ter moito ferro porque inciden moito mais os procesos de
42
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

meteorización química. Son solos con un equilibrio moi xusto entre a acción biolóxica
da vexetación e a gran cantidade de precipitacións. Se desaparece a vexetación orixinal
prodúcense fenómenos de lixiviación enormes que deixan ao solo empobrecido.

En lugares fríos e con auga danse formacións de tipo pantanoso. Son solos de pantano
con unha gran achega de materia orgánica que ademais se conserva ben, tardase en
producirse a putrefacción pola gran cantidade de auga. Son zonas chairas onde se acumula
auga.

Realmente o material de orixe é a rocha, inalterada,


que pode comezar a sufrir un proceso de
meteorización propiciado por diferentes factores
(físicos, químicos, actuación das raíces...) e comeza
a xerar o solo a partires da saprolita (rocha
meteorizada que aínda reten a estrutura da rocha de
partida).

Solos antigos:

Na medida en que os solos deixan de estar en contacto co exterior pódense transformar


en solos fósiles ou paleosolos. A diferenza entre eles ven determinada máis ben pola
profundidade.

Paleosolos: solos formados en climas precedentes


(poden estar enterrados). Por exemplo o solo no cal se
coloca unha mámoa.

- Correspóndense con formacións dunares. A


acción eólica mobiliza constantemente areas
e van formando dunas que deixan solos
soterrados baixo elas.

Fósiles: paleosolos enterrados a tal profundidade que


non son afectados polos procesos pedolóxicos actuais.

43
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

- Olduvai: localízanse ao pé dos cerros testigos en niveis lacustres unha serie de


fósiles de homínidos moi antigos (australopitecus e homo habilis). Esa
formación lacustre é mais clara e atopase baixo metros de sedimentos
formados son posterioridade. Este cerro testigo sinala o antigo nivel do terreo
e é o que queda tras unha fortísima erosión que se levou por diante todo o
terreo ao seu redor. Neste lugar dáse ademais un forte proceso tectónico de
levantamento do terreo que acelerou a erosión e produciu un proceso de
aridificación moi notable. Tratábase dun lago e agora é una zona
semidesértica. este solo fósil conservouse grazas aos sedimentos depositados
enriba.

- Anthrosolos: amosan evidencias de accións intencionais da xente (terras


pretas, socalcos...)
- Terra preta do indio (terra negra en portugués). Solo detrítico moi arxiloso
típico da zona do amazonas. O que ocorre e que temos un solo moi orgánico
como consecuencia da habitación repetida de comunidades indíxenas e como
consecuencia da acumulación de lixo e outros restos de tipo orgánico. Isto
produciu unha modificación e un enriquecemento dun solo que é bastante
pobre (moi lixiviados). A cobertura vexetal aporta constantemente e de xeito
moi rápido minerais que funciona moi ben mentres se manteña a cobertura
vexetal, xa que se esta non estivese as grandes precipitacións poden chegar a
erosionar gravemente o terreo.
- Socalcos ou aterrazamentos: a agricultura de socalcos pode alterar o ritmo das
pendentes e axudar a frear a erosión, facilitando a formación de solo en lugares
de pendentes.

44
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Ex.: zona dos peares. Ao facer os socalcos permítese a formación de solos


onde se cultiva sobre todo vide.

- Non intencionado:
o Lynchet. Idade do bronce en Inglaterra. Fanse peches en moitos
lugares do sur de Inglaterra, parcélase o terreo, dando lugar a toda unha
serie de separacións que se fan a base de muros de pedra. O que pasa
en lugares de certa pendente é que co paso do tempo e co uso de
ferramentas como o arado hai unha tendencia á perdida do solo nas
zonas mais altas e a acumularse contra eses muretes que definen as
parcelacións.

o Ranker: solo de forte carácter orgánico, se atopa en zonas bastante


planas e con bastante auga onde a erosión polas correntes de auga
produce cortes. Son solos de gran contido orgánico e con vexetación
enriba que se vai acumulando. En parte é pola acción humana xa que

45
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

ten que ver cun incremento coa circulación da auga superficial, xa que
a acción antrópica se encargou de rematar coa cobertura forestal
(queda sen árbores, que absorben unha gran cantidade de auga da terra,
se estes desaparecen incrementase a circulación da mesma na
superficie).

o Depresións nas que se pode acumular auga dando lugar a lagoas


(brañas en galego). Son zonas que están parcialmente asolagadas en
boa parte de auga, manteñen unha cobertura vexetal que non pode ser
moi forte precisamente pola cantidade de auga. Esa cobertura morre e
se vai acumulando polas condicións de asolagamento non se produce
a putrefacción porque hai pouco osíxeno. Prodúcese un proceso de
carbonización (turba). Ollo, non todas as brañas teñen que ver coa
acción humana, pero esta si que acelera a súa formación.
o Praia de cabeiro. Formación dunar na que se observa unha liña escura:
un paleosolo. É unha duna fósil de cor marrón alaranxada polos óxidos.
A lixivación conduce estes materiais que se van infiltrando. Tan lugar
a petrificación dun material que era solto e que se está sementando
polas achegas de óxidos.

46
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

ÚLTIMA CLASE

Dous casos de tensión entre as sociedades e os recursos dispoñibles

- Caso dos vikingos en Groenlandia


- Caso da Illa de Pascua

Os Vikingos

No Século X chegan a Groenlandia e establécense en pequenos asentamentos, non en


grandes vilas nin cidades. Destacan dos de eles: o asentamento oriental (o mais poboado)
e o asentamento occidental. Crese que estes asentamentos chegaron a contar con 5000
habitantes (aínda que hai estimacións mais baixas). A meirande parte deles habitaban o
asentamento oriental e tan só unha pequena parte no occidental, onde os recursos eran
menores e as condición moito máis xustas. Os sitios principais localizábanse no interior
dos fiordos. En Gardar era onde estaba a sede episcopal (aínda se conservan os restos).

47
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

A finais do século X temos aos vikingos instalados en dúas rexións americanas


(asentamento suroriental e o occidental en Groenlandia). É un asentamento relativamente
importante xa que se estima que no momento de mais movemento (XII, XIII) podería
haber entorno a 5.000 habitantes, na súa maioría no asentamento oriental. Non é unha
colonización na que se instalan vilas, senón que son asentamentos en forma de casais e
granxas que tenden a localizarse no interior dos fiordos. A maior concentración de
granxas se situaba en torno a Gardar e Brattahlid, no fondo dos profundos fiordos. Aquí
son basicamente gandeiros, é unha zona de poucas posibilidades agrícolas, polo que se
depende da gandeiría e da recollida de forraxe (heno) para o mantemento do gando nos
meses de inverno. Nos meses de primavera fanse desprazamentos á costa para a caza de
focas.

En canto á economía, era moi importante a caza de morsas, non tanto pola carne, senón
polo marfil, un articulo moi aprezado na Europa medieval. Debido á ocupación árabe do
Próximo Oriente, a chegada de marfil a Europa estaba cortada e os viquingos van a
aproveitar isto para explotar eles este recurso e exportalo. En definitiva, o marfil non
forma parte da economía doméstica, é para exportar, forma parte da economía política.

Para cazar as morsas debían percorrer unha importante distancia por vía mariña ata a zona
onde se atopaban estes animais en grandes concentracións, coñecida como Diskobay.
Para chegar, necesítase organización, barcos e activos humanos que se despracen cara alá.

48
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

A economía baseábase no pastoreo e na caza. Ao desprazarse a Groenlandia, trasladan alí


o seu modo de vida. Deste xeito dependen moito da gandería (posto que nestas terras
apenas se pode cultivar). Levan animais como as vacas, as cales non están adaptadas ás
condicións climáticas destas zonas, pero como é un animal de prestixio para eles e non
renuncian a el. Co tempo, como consecuencia da precaria alimentación prodúcese unha
importante redución na talla das vacas. Tamén levan ovellas e cabras (menor importancia
social que as vacas).

En canto ao consumo de peixe apenas existen indicios, algo moi chamativo. A carne non
proven tanto dos animais domésticos (máis ben destinados á produción de lácteos e á
alimentación das elites), como da caza de focas e caribús. As focas cázanse na costa a
partir da primavera. É un tempo moi limitado, hai que aproveitar o momento de desxeo
no que se abren os fiordos para subir a cazas morsas e focas para o inverno a Diskobay.
Vemos como a economía a escala doméstica depende principalmente da gandaría, a
produción de lácteos e carne de vaca só para as elites e a carne da caza (caribús e focas).

Os asentamentos vikingos en Groenlandia eran colonias moi dependentes das conexións


con Islandia e Europa. De alí traen ferro e madeira (pois apenas hai árbores en
Groenlandia) e outris artigos de luxo para as elites e a Igrexa. O pago faise en forma de
peles e de marfil de morsas e narvales principalemente. Este comercio ten lugar en moi
pequenas cantidades e en casos de artigos de luxo.

A economía dos colonos fundamentase no pastoreo, na gandaría e na caza. É curioso que


ovellas e cabras están moito mellor adaptadas a estas condicións. E curioso xa que as
demandas alimenticias destes animais están moito mellor adaptadas á oferta de recursos
vexetais (moi limitada nestes lugares). As vacas son un elemento moito mais valorado,
un elemento de prestixio, pero que necesitan unha alimentación estabulada durante 9
meses ao ano (clave: produción do heno). Proba de que as vacas non eran a solución
idónea e que co paso do tempo experimentan unha diminución de tamaño moi grande
debido á falta de alimento (dáse unha selección inversa). Curiosamente a gandaría estaba
mais orientada a produción de produtos lácteos e a maior parte da carne ven da caza
(caribús e focas). O éxito e o mantemento da colonia vikinga dependía en gran medida da
interdependencia entre os asentamentos que estaban concentrados no fondo dos fiordos
(mais protección) e a explotación da costa na primavera mediante a caza de focas e
cérvidos. Dependencia en gran medida do comercio con Islandia e Europa, de onde
chegaban materiais como a madeira (practicamente inexistente en Grenlandia). O recurso
49
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

de exportación para adquirir estes bens era o marfil de morsas ou narvales ou mesmo
peles (menos valiosas) de morsas, osos polares... a agricultura non tiña sentido aquí. Os
colonizadores dependían dun equilibrio moi xusto entre a gandaría e a recolección de
forraxe no verán para manter sobre todo as vacas no inverno e a posibilidade de
desprazarse á costa na primavera. Ademais expedicións mais ao norte par obter o marfil,
o medio de pago para importar materias e obxectos de luxo.

Vemos como estamos ante unha sociedade de economía estable pero cun equilibrio moi
fráxil. Grande dependencia da comunicación, do comercio co exterior.

Pouco despois de instalarse en Groenlandia exploran mais alá e chegan a Terra Nova.
L’Anse aux Meadous e o único lugar en América no que se atoparon evidencias da
presencia vikinga, pero é probable que houbese mais asentamentos ao sur xa que da a
sensación de que este lugar non era máis que un lugar de paso para a realización de
expedición máis ao sur (Vinland).

No asentamento de Terra Nova practicamente non se atopou nada máis alá de estruturas,
apenas se atopou cultura material. Isto suxire que non podían prescindir dos útiles.
Remarcamos a idea do xusto equilibrio, non lles sobra nada. Da a impresión dunha
economía doméstica moi axustada.

A chegada a Groenlandia no século X coincide cun período máis cálido que vai
aproximadamente dende o ano 1000 ata o 1400 (o coñecido como período cálido
medieval). A partires do 1300 comeza a diminución, que se fai clara no 1400. E neste
momento no que o asentamento occidental é abandonado (en torno ao 1350). Non será
ata mediados do s. XV cando desapareza o asentamento oriental (o máis importante).
Unha datación por C14 dinos que o último enterramento no asentamento oriental tivo
lugar en 1435. Temos ademais algunhas referencias que falan de posible canibalismo e
aproveitamento extremo dos animais no occidental que falan de crise.

Dende este momento, os europeos non volveran a Groenlandia ata o século XVIII. E
entón cando se atopan coas ruínas destes asentamentos, as cales están bastante ben
conservadas ao tratarse dun clima frío e unha zona pouco frecuentada. A partir de aquí
comeza o misterio: ¿cal foi a razón da crise, da catástrofe?

Temos varias respostas:

50
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

- A xente instalárase aquí nun momento cálido e cando volve o frío están ao
límite da capacidade adaptativa e marchan ou morren.
- No 1300 os inuit (que se viñan expandindo dende Alaska) instálanse en
Groenlandia. Os inuit son a cultura precedente dos esquimós. Son cazadores
moi ben adaptados ás condicións árticas. Os vikingos non teñen unha boa
opinión deles (refírense a eles como “pordioseiros”). Quizás a competencia
polos recursos na zona de caza daría lugar a conflitos e incidiría na crise dos
asentamentos vikingos. Sen embargo, esta é unha cuestión moi discutida,
posto que non hai evidencias de mortes violentas.
- A combinación de factores como o enfriamento, a sobreexplotación gandeira,
a pérdida de solo (empregase a turba para teitar casas) e a tala das poucas
árbores existentesdeu lunga a unha importante diminución dos rendementos:
menos heno par as vacas, malas colleitas, o peche dos fiordos, diminución da
temporada da caza...
- Dependencia da conexión co norte de Europa. A mediados do século XIV
Europa está afectada pola epidemia de peste negra. Ten lugar unha pérdida de
poboación moi forte e a diminución de conexión coas zonas marxinais, como
o era Groenlandia.

Esta combinación de factores, en particular o frío e a mala política de explotación do


medio, combinado coa crise do comercio exterior foron factores determinantes no
abandono dos asentamentos. Esta sería a visión tradicional.

Sen embargo, nos últimos anos isto non está tan claro. Estanse a facer estudos que indican
que estas xentes foron consumindo cada vez máis proteína de orixe mariña (sabémolo
grazas a estudos do C13 e N15, que serven para obter información acerca da alimentación
dun individuo).

O enfriamento afectou a todo o hemisferio Norte e, como sabemos, os fenómenos a nivel


global teñen distintas expresións segundo as características determinadas das rexións. Hai
estudos que afirman que no tempo no que os vikingos estiveron en Groenlandia as
temperaturas apenas variaron, pero o que si variaron foron as precipitacións, que
diminuíron considerablemente. Tivo lugar un proceso de desecación acentuado con
importantes consecuencias na alimentación. Non chove o suficiente e non se ten para
alimentar os animais.

51
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

Outro factor importante foi que dende comezos do século XV o marfil de orixe africana
aparece en Europa, facendo competencia ao marfil de morsa de Groenlandia.

A idea actual é que non se pode falar dun colapso, senón dun proceso de abandono
paulatino das colonias porque xa non eran rendibles. Neste caso posiblemente teríamos
que borrar a palabra catástrofe medioambiental. Falamos dun hábitat marxinal dentro do
que é o territorio vikingo, que prospera na medida en que se dan unha serie de
características que ao cambiar as circunstancias deixa de ser próspero.

Os vikingos vanse e quedan os inuit. Temos entón outra pregunta ¿porqué non aprenden
deles? Aquí e entra de novo unha cuestión cultural. Non respondemos aos condicionantes
medioambientais dunha mesma maneira, os condicionantes medioambientais non son
determinantes. Importancia das respostas culturais aos desafíos medioambientais.

A Illa de Pascua (Rapa Nui)

O “misterio” da Illa de Pascua non é tanto o colapso senón como chegaron ata alí os
polinesios. De todos xeitos, a colonización de Pascua posiblemente tivo lugar entre o ano
1000 e o 1100, pero inscríbese nunha ocupación de illas que se remonta ao pleistoceno
¿?. Entre a ocupación de Austra-Asia e as illas dos mares do sur houbo un parón (a longa
pausa).

Colonizar o pacífico foi unha verdadeira epopea humana. É unha historia de incontables
naufraxios e fracasos en lugares que son ocupados e logo abandonados, non só de éxitos
(exemplo: Pitcairn ten evidencias de asentamentos polinesios).

52
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

O Pacífico é un océano de máis de 165M de km2 e conta cun enorme número de illas de
tamaño moi variable, pois atopamos a masas de terra como Australia e outras como a illa
ocupada máis pequena, que tan só conta con 0.5km2. As distancias son enormes: Pascua
a 3700 km de América do Sur e a 1800km dos seus veciños máis próximos, a illa de
Pitcairn. Vemos como os polinesios eran uns grandes navegantes.

No poboamento de Oceanía temos dúas grandes claves:

- As técnicas de navegación
- A domesticación de plantas e animais (a economía neolítica)

A cuestión non é chegar a un sitio, a cuestión é chegar e ser capaces de prosperar alí para
que a chegada sexa relevante. Sabemos que entre as ocupacións máis próximas e a
polinesia oriental hai unha diferencia de 1000 anos, é o que se coñece como a “longa
pausa”.

Canoas de dobre casco con balancíns capaces de transportar ata 9T de peso (animais,
víveres, plantas, xente...) e capaces de percorrer ata 200 km nun día. Os polinesios son
expertos navegantes, capaces de orientarse en calquera situación.

Dende o punto de vista organizativo non temos que ver a estas poboacións como simples.
Todo o contrario. Hai organización de tipo xefatura e con arquitecturas bastante
espectaculares (como é o caso dos moai, pero Pascua non é algo tan afastado das prácticas
doutras rexións do pacífico, onde atopamos recintos megalíticos con finalidades
cerimoniais).

Pascua é o lugar mais remoto do mundo e ademais conta cun territorio bastante limitado
(aprox. 23x12 km, uns 155km2 en total).

Hai unha certa discusión. Dise que a colonización tivo lugar en torno ao 1100 e a
construción dos moais tivo lugar entre o 1000 e o 1600. Sábese que no século XVII tivo
lugar un deterioro medioambiental que levou a conflitos entre as distintas localidades da
illa. Nese momento instaurouse unha nova relixión cun culto aos homes-paxaro e ten
lugar o derrubo dos moais. Como froito desta crise diminúe drasticamente a poboación,
que pasa de 15.000 a 2.000 no século XIX. Esta é a visión estándar.

As investigacións recentes apuntan a que isto non foi exactamente así. As evidencias de
deforestación alcanzan un máximo no século XII ou XIII, pero logo volven a reproducirse
no XVIII. Se hai deforestación de novo nos depósitos de sedimentos quere dicir que hai
53
Paleoecoloxía das comunidades prehistóricas Uxía Castro Piñeiro

bosque, a crise non puido ser total. O elemento máis característico non é só a
monumentalidade, senón a omnipresencia dos monumentos na superficie da illa. Hai mais
de 100 plataformas na illa con moais e outras 200 sen eles. En total hai mais de 300, o
que supón unha labor de extracción moi grande. Proveñen das ladeiras dun volcán que
está na parte centro-oriental da illa.

Seguramente a crise do XVI XVII se debese a un mix de circunstancias que segundo a


visión tradicional influíron no colapso:

- Sociais: a rivalidade entre xefaturas que leva a construír os moais a gran escala
o que supón un gran investimento.
- Económicos: falta de recursos típicos da Polinesia como o can, o porco ou o
coco debido a estar tan lonxe. Estes recursos tan importantes non chegaron a
Pascua. Sí chegaron galiñas e ratos, o cal tivo un importante efecto negativo
na reprodución da palmeira, xa que os ratos comen os seus froitos, impedindo
a recuperación dos bosques.
- Pobreza do solo: zona seca e fría
- Deforestación: non é tan catastrófica neste caso, pero hai que tela en conta.
Diminución dos rendementos da agricultura e construción naval.
- Unha especie de protesta de relixión que deu lugar ao derrubamento dos moais

Os últimos estudos fálannos de crise no XVII (deforestación completa, guerra entre clans,
fame e colapso poblacional) xusto antes da chegada dos primeiros europeos. Realmente
o máximo poboacional acadárase a mediados do XIV. A deforestación continua pero a
poboación permanece estable. Non hai un colapso total da cobertura boscosa. Cando
chegan os europeos é moi semellante a acadada no máximo desenvolvemento.

Segundo isto ¿qué causou o declive tras o XVII? Fundamentalmente a chegada dos
europeos. A crise non sería provocada por unha mala xestión do medio, senón que é algo
máis tardío e que ten que ver coa chegada dos europeos. Probablemente houbo crises
internas (deforestación no XVI) pero non un colapso da sociedade por mala xestión de
recursos.

Coa chegada dos europeos danse dous fenómenos que incidiron gravemente na poboación
da illa, a cal diminuíu considerablemente:en primeiro lugar as enfermidades e, en segundo
lugar o escravismo. A chegada de barcos que chegan á illa de Pascua para capturar aos
seus habitantes e facelos escravos.

54

You might also like