You are on page 1of 7

TEMA 18. A terra, un planeta en continuo cambio.

Os fósiles
como indicadores. O tempo xeolóxico. Explicacións históricas
ao problema dos cambios.

1. ÍNDICE (extendido)

1. INTRODUCIÓN
Dende que se orixinou a Terra, fai 4600ma, estivo sometida a profundos cambios
que deron lugar a súa conformación actual, sexan cambios xeolóxicos ou
faunísticos/florísticos. Hoxe en día, a táboa cronoestratigráfica internacional,
permite coñecer con bastante fiabilidade cando ocorreron os cambios, debido
principalmente á datación radiométrica pero axudada tamén da datación relativa.
Pero antes dos avances tecnolóxicos actuais personaxes como Lyell ou Cuvier xa
discutían como e por qué se produciran estes cambios que daban forma ao planeta.
A comezos do siglo XX Wegener propón a hipótese da deriva continental na que se
basa a aceptada actualmente tectónica de placas.

2. A TERRA: UN PLANETA EN CONTINUO CAMBIO


A Terra cambia, feito que resulta obvio cando se observan os cambios producidos
por unha erupción volcánica ou por un terremoto. Porén, a Terra está baixo os
efectos de procesos que actúan máis lentamente, como son o quecemento da
atmosfera terrestre, o retroceso dos glaciares ou a extinción de seres vivos.
Seguidamente vamos a analizar como cambiou a Terra desde que se orixinou,
fai 4600 m. a.

Hoxe en día é difícil coñecer con exactitude o que ocorreu ata os 3000-3500 ma xa
que carecemos de rochas no planeta Terra máis antigas que esta data. Ao redor
desta época a masa de partículas meteóricas foise agrupando constituíndo unha
masa esférica, masa totalmente fundida debido a calor xerada nos impactos. O
aumento da temperatura non só se debe a esta causa, senón que tamén a
desintegración de elementos radioactivos e a fricción da materia. Este aumento de
temperatura permitiu o transporte de materia no interior. Desta forma os materiais
máis densos ocuparon zonas profundas e os máis lixeiros zonas progresivamente
máis externas. Formando así as distintas capas do interior terrestre, e tamén as
capas fluídas (hidrosfera e atmosfera), capas que non existirían aos comezos e que
se foron formando debido á descomposición térmica de minerais con compoñentes
volátiles na súa estrutura. A presenza de Ferro no interior terrestre e os
movementos convectivos que se producen no núcleo deron lugar á formación do
campo magnético, que nos protexe do vento solar.

Coa formación da hidrosfera e da atmosfera reductora orixínanse as primeiras


biomoléculas, como o ARN ou outras moléculas que darán lugar, despois de
adquirir unha cuberta membranosa ás primeiras células, bacterias unicelulares que
poboaron o planeta durante moitos millóns de anos ata a formación das primeiras
células eucariotas.

Pero para poder coñecer mellor a historia da Terra é preciso crear unha escala
temporal que permita datar e ordenar os acontecementos. Non fai moitos anos
aínda non se descubrira a radioactividade, co que non se coñecían as datas
absolutas dos fenómenos e dependíase da datación relativa, que indica se un
acontecemento e anterior ou posterior a outro. Hoxe en día ambas técnicas
compleméntanse para unha maior información.

O descubrimento da idade da Terra foi un proceso laborioso, que implicou a varios


científicos e diferentes métodos, entre eles convén destacar a velocidade de
sedimentaicón, a salinidade dos océanos e os cálculos de Lord Keivin. Hoxe en día
acéptanse varias leis ou principios para poder datar as rochas e secuencialas,
como son a Lei da superposición (nunha secuencia non deformada cada estrato é
máis antigo que o que ten por arriba), principio da horizontalidade orixinal (os
sedimentos xeralmente deposítanse de forma horizontal), principio de intrusión (a
falla ou intrusión é máis recente que as rochas ás que afecta), principio de
uniformitarismo-actualismo (os axentes xeolóxicos que actuaron no pasado son os
mesmos que os actuais). Este último non é certo xa que a Terra variou moito dende
a súa formación con cambio no predominio de axentes xeolóxicos.

Para obter as datas absolutas, como por exemplo a extinción dos dinosauros fai 66
millóns de anos, utilízase a datación radiométrica, que se basea na desintegración
dalgúns núcleos (radioactividade). Denomínase pai ao isótopo radioactivo e fillos
aos isótopos que resultan da súa desintegración, e período de semidesintegración
ao tempo necesario para que se desintegren a metade dos núcleos dunha mostra
(sabendo que a velocidade de desintegración é constante e particular para cada
elemento radioactivo).

Dos moitos isótopos radioactivos existentes na natureza 5 son os máis usados para
datar rochas, entre eles destacamos o K-Ar. Que ten un períodos de
semidesintegración de 1300 millóns de anos e é un constituínte abundante de
moitos minerais comúns. Existen fontes de erro neste sistema, debido a que o
Argón é un gas e pode escapar da rede cristalina, e, ao igual que outros reloxos
radiométricos tamén está sometido aos efectos da lixiviación e meteorización. Para
evitar erros na datación utilízanse varios reloxos diferentes e compáranse os
resultados. Outro métodos radiométricos empregados son o Rubidio-Estroncio ou o
Uranio-Chumbo. Para datar a historia recente, debido ao período curto de
semidesintegración, utilízase a datación por radiocarbono.

Outros métodos de datación absoluta son o estudo de varvas glaciares, a


dendrocronoloxía e as bandas de crecemento en conchas ou esqueletos calizos
de animais.

Cabe mencionar o efecto devastador que actividades antrópicas como o uso de


combustibles fósiles está a causar en algo tan delicado como o clima global.
Debido ao aumento dos gases de efecto invernadoiro na atmosfera a temperatura
do planeta está a aumentar, co conseguinte aumento do nivel do mar influenciado
tamén polo desxeo dos casquetes polares. Alén diso, os océanos actúan como
sumidoiros de carbono, polo que se están a acidificar, perdendo especies como as
formadoras de corais tropicais. Se non se muda a situación estamos abocados a
unha extinción masiva que xa comezou e a un cambio no clima con eventos como
ciclóns ou tormentas tropicais máis frecuentes e extremos.

3. OS FÓSILES COMO INDICADORES


O emparellamento de rochas de idade similar localizadas en rexións diferentes é
tarefa da correlación. As fontes de información para obter idades relativas son os
fósiles, que son restos de animais, plantas ou marcas da súa actividade que
quedaron conservados en estratos sedimentarios. A paleontoloxía é a disciplina
que se encarga do estudo dos fósiles, sendo Cuvier o pai desta, xa que foi o
primeiro en reconstruír especies fósiles e en darlle unha explicación a súa
desaparición, mediante o catastrofismo.

Para que os restos se manteñan no tempo (folilización) son necesarias dúas


condicións xerais, un enterramento rápido e a posesión de partes duras, aínda que
existen fósiles de medusas, vermes...pero son menos comúns.

Un coetáneo de Cuvier, Smith propuxo o principio de sucesión faunística, que di


que todos os fósiles se sucederon uns aos outros nunha orde determinada e que
cada período pode ser recoñecido polo seu contido fósil. Hoxe en día utilízanse
fósiles guía, que son aqueles que a súa presenza está limitada a un curto período
de tempo xeolóxico, e un conxunto de fósiles para datar rochas con máis precisión.

Ademais os fósiles son importantes indicadores ambientais, xa que as súas


características como a dureza e o groso das cunchas indican o tipo de condicións ás
que estaban sometidos.

4. O TEMPO XEOLÓXICO
A escala de tempo xeolóxico ordena cronolóxicamente os principias
acontecementos da historia da Terra e da vida. Establece divisións e subdivisións
baseándose en cambios no rexistro fósil que puideron ser datadas con precisión por
métodos radiométricos, segundo unha doble dimensión:

● Estatrigráfica: para as rochas e a fauna que contén


● Cronolóxica: para medir o paso do tempo
A escala dos tempos xeolóxicos está composta pola combinación de :

● Unidades cronoestratigráficas
● Unidades xeocronolóxicas
● Unidades xeocronométricas.
As unidades cronoestratigráficas fan referencia a conxuntos de rochas,
estratificadas ou non, que se formaron durante un intervalo de tempo determinado.
Son unidades físicas, tanxibles. Baseadas nas variacións que se mostran no rexistro
fósil (bioestratigrafía) e esratigráfico (litoestratigrafía).

As unidades cronoestratigráficas son: eontema, eratema, sistema, serie, piso,


cronozona.

As unidades xeocronolóxicas son unidades de tempo. As unidades xeocronolóxicas


son eón, era, período, época, idade e cron.

Un período xeolóxico é unha unidade xeocronolóxica que representa o tempo


correspondente en que se formou un sistema, que é a súa unidade
cronoestratigráfica equivalente.

*As unidades xeocronolóxicas son divisións do tempo xeolóxico utilizadas na


Xeoloxía Histórica e que teñen uns límites establecidos a partir de datacións
absolutas (o establecemento destas unidades puido facerse grazas ao
desenvolvemento das técnicas de datación). A disciplina que estuda as unidades
xeocronolóxicas é a Xeocronoloxía. As unidades cronoestratigráficas, por outra
banda, son divisións estratigráficas nas que se definen conxuntos de corpos
rochosos formados durante un tempo determinado. Estas unidades foron
establecidas mediente características e eventos paleobiolóxicos e xeolóxicos, como
os cambios dos grupos de organismos predominantes, extincións masivas, cambios
climáticos e etapas oroxénicas, entre outros.

Ambos conxuntos de unidades correspóndense do seguinte modo:

Xeocronolóxicas (tempo) Cronoestratigráficas (corpos de rochas)

Eón Eonotema

Era Eratema

Período Sistema

Época Serie
Idade Piso

Crón Cronozona

Na Historia da Terra (dende fai 4600 ma ata a actualidade) distínguense segundo a


tabla cronoestratigráfica internacional (ano 2022), os eóns hádico, arcaico,
proterozoico e fanerozoico. O conxunto dos eóns hádico, arcaico e proterozoico
coñécese como Precámbrico e representa máis do 85% da historia da Terra. No
precámbrico ten lugar a formación da atmosfera primitiva, dos océanos, e aparecen
as primeiras células (primerio anaerobias heterótrofas e logo anaerobias
fotosintéticas), ao apareceren as cianobacterias comeza a liberarse osíxeno a
atmosfera, e permite a consecuente aparición de células aerobias e eucariotas coa
máxima expresión na fauna de Edicara (fai 670 ma, a finais do Proterozoico).

O Fanerozoico, divídese á súa vez nas eras Paleozoico, Mesozoico e Cenozoico. A


continuación detállanse os acontecementos máis importantes en cada era: no
Paleozoico, dividido en períodos, destacamos que no Cámbrico hai unha explosíon
de vida nos mares destacando os trilobites, xa no Silúrico aparecen os primeiros
seres vivos terrestres como plantas simples e parentes de artrópodos mariños. Ao
final do Pérmico, debido a unión dos continentes nun só, provócase unha grande
extinción, desapareceron trilobites, moitos peixes e corais.

No Mesozoico, en concreto no Triásico, sepáranse de novo os continentes e


comezan a dominar os réptiles, dándolle ao Mesozoico o nome da era dos réptiles .
No Cretácico aparecen as primeiras anxiospermas e prodúcese unha gran extinción
que remata con moitos dos habitantes desta era, principalmente coa dominación
dos réptiles.

A útlima era, o Cenozoico, coñécese co nome de idade dos mamíferos, que sofren
unha grande radiación adaptativa nos períodos Paleóxeno e Neóxeno. No período
Cuaternario caracterízase pola aparición dos seres humanos modernos ao final da
época Pleistoceno.

Na anterior descrición da escala xeolóxica tratamos dúas grandes extincións, pero


hoxe en día considéranse 5 extincións masivas, antes de nada veremos que tipos
de extincións existen:

● Extincións de fondo: ocorren aleatoriamente nos grupos de organismos e


prodúcese de forma gradual.
● Extincións masivas: provocan unha diminución brusca no número de
especies que habitan nunha determinada zona xeográfica e ocorre en
certo período de tempo.
● Extincións masivas catastróficas: suceden instantaneamente e a escala
global, diminuíndo drasticamente e biodiversidade de especies.
As extincións masivas máis destacadas son a do Ordovícico-Silúrico, mediante a cal
desapareceron máis do 60% das especies e a causa máis aceptada e a explosión
dunha supernova que causou un aumento do nivel do mar e na capa de ozono. A
seguinte extinción ocorreu no Devónico-Carbonífero, na que se extinguiron máis do
70% das especies, debido a erupción dunha pluma mantélica. A extinción do
Pérmico-Triásico é a máis devastadora, xa que provocuou a desparición do 95%
das especies mariñas e do 70% das especies terrestres. Non se saben as causas
xustas, pero puido ser por actividade volcánica ou impacto dun asteroide. A
extinción máis coñecida e recente é a do Cretácico-Paleóxeno, existen varias
terorías pero pénsase que a causa foi unha gran actividade volcánica e o impacto
dun asteroide. E rematou co 70% das especies.

Actualmente a comunidade científica considera que estamos ante a sexta extinción


masiva, debido a causas antropoxénicas que están provocando unha extinción
maior ca de fondo en moitos grupos de organismos.

5. EXPLICACIÓNS HISTÓRICAS AO PROBLEMA DOS


CAMBIOS.
Considérase a William Smith como o pai da estratigrafía xa que en 1815 elaborou
un mapa xeolóxico tendo en conta a correlación de fósiles guía. Aínda que
anteriormente Da Vinci (s. XVI) construira o primeiro perfil xeolóxico e Nicolaus
Steno (s.XVII) establece o principio de superposición. Con estes descubrimentos
era evidente que tanto a fauna como a xeoloxía cambiara ao longo do tempo.

No século XVIII, Hutton introduce o concepto de uniformismo que mantiña que os


procesos que actuaron na antigüidade continúan actuando na actualidade. E, en
contraposición a esta teoría xorde o catastrofismo, proposto por Cuvier, que
explicaba a historia xeolóxica da Terra como unha sucesión de catástrofes.

O longo do século XVIII e principios do XIX aparecen outras teorías como o


gradualismo, proposto por Lyell sostiña que procesos lentos, graduais e case
imperceptibles actuando durante anos podían producir cambios enormes.

Coñécese como xeodinámica á análise dos cambios que se rexistran na corteza do


planeta Terra. É posible distinguir entre a xeodinámica externa (que alude aos
procesos esóxenos da corteza terrestre) e a xeodinámica interna (vinculada aos
procesos endóxenos).

En canto a evolución da Terra existen dous grupos de teorías, as fixistas e as


movilistas. No caso das primieras firman que tanto os continentes como os océanos
non variaron a súa posición dende que se formou a Terra, só admiten movementos
verticais. Unha desas teorías é a do xeosinclinal, que sostiña que os sedimentos,
debido a subsidencia ao afundirse podían orixinar magmas que ao ascender
orixinarían oróxenos. Outra teoría fixista é a da oceanización, que di que grandes
masas magmáticas basálticas farían que a corteza afundise e por isostasia se
elevaran zonas contiguas. Outras teorías son as das undacións ou o
contracionismo.

Porén as teorías movislistas postulan que a oroxénse se produce como unha


consecuencia dos efectos termomecánicos causados polos movementos horizontais
da corteza, destaca a hipótese da deriva continental, a hipótese da expansión do
fondo oceánico e a tectónica de placas. Wegener, en 1912 afirmaba que os
continentes estiveran unidos nun macrocontinente, Panxea, que se fragmentou e os
fragmentos desprazáronse sobre o fondo oceánico ata a súa posición actual,
supuxo que a rotación terrestre era a responsable. En 1962, Hess, propuxo a
hipótese da expansión dos fondos oceánicos. Estudando o magnetismo das rochas,
deduciu que a corteza oceánica se creaba nas dorsais e se ía desprazando ao
alonxarse da dorsal. Nestas dorsais é de onde saía o magma e se creaba corteza
oceánica, pola contra tería que haber zonas onde se destruíse a corteza. A posta en
conxunto da teoría da deriva continental e da expansión dos fondos oceánicos deu
lugar a tectónica de placas.

6. CONCLUSIÓN
En resumen, el tiempo geológico es una herramienta esencial para comprender la
historia y los procesos de la Tierra. A través de su estudio, podemos reconstruir
eventos pasados, comprender la evolución de las especies y la formación de los
paisajes, y apreciar la dinámica y la belleza de nuestro planeta. Continuar
explorando y estudiando el tiempo geológico nos permitirá seguir desentrañando los
misterios de nuestro pasado y construir una comprensión más profunda de nuestro
presente y futuro en el contexto geológico.

You might also like