You are on page 1of 10

TEMA-12.-A-XEODINAMICA-INTERNA.

pdf

user_4350608

Biología I

1º Bachillerato

Estudios España

Reservados todos los derechos.


No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
DIN ACTIVIDADES RESOLTAS - A XEODINÁMICA INTERNA

1.- Observa as imaxes e responde:


a) Quen postulou a teoría da deriva continental? Cando?
Alfred Wegener, en 1915.
b) Explica esta teoría.
Wegener propuxo que hai uns 300 millóns de anos tódolos continentes estiveran unidos formando unha única masa
continental ou supercontinente ao que chamou Panxea, que posteriormente se fragmentou e dispersou dando lugar aos
continentes actuais.
c) Que probas aportou Wegener para defender a súa teoría?

 Probas xeográficas. Os bordos dos continentes encaixaban como as pezas de un quebracabezas, pois observou
unha grande coincidencia entre as formas da costa dos continentes, especialmente entre Suramérica e África.
Aínda que nunha primeira aproximación o encaixe parecía moi imperfecto, se se tomaba o bordo da plataforma
continental (a parte somerxida do continente) en vez da actual liña de costa, o encaixe era practicamente
perfecto.
 Probas xeolóxicas. A idade das rochas graníticas que se encontran en África, Suramérica e a Antártida, son
coincidentes, e os seus afloramentos continúanse dun continente a outro. O mesmo ocorre con algunhas cadeas
montañosas que se continúan entre os continentes australiano e antártico. É dicir, as estruturas xeolóxicas eran
similares con rochas do mesmo tipo e idade.
 Probas paleontolóxicas. Baséanse na existencia de fósiles idénticos, da mesma idade, en continentes moi
afastados. A distribución xeográfica de especies fósiles, xa extintas, en diferentes zonas continentais afastadas
na actualidade apoian a idea de que estas zonas continentais estiveron unidas no período da historia xeolóxica
no que habitaron estes organismos. Por exemplo, o réptil acuático Mesosaurus só se atopou fosilizado en
Suramérica e no sur de África; se este animal fose quen de cruzar o Atlántico, os seus restos estarían moi
repartidos.
 Probas paleoclimáticas. Descubriuse que existían zonas da Terra nas que os climas actuais non coincidían cos
que tiveron no pasado. Existen lugares que teñen hoxe en día un clima tropical ou subtropical, pero que estaban
cubertos de xeo fai 300 millóns de años. Tamén hai rexións onde reinaban condiciones climáticas semellantes ás
que se dan nas actuais zonas tropicais, que favoreceron a formación de grandes xacementos de carbón; hoxe en
día, estes lugares atópanse, sen embargo, en climas moi fríos. Estas probas fan supoñer que os continentes se
localizaban nunha latitude máis ao sur que a que ocupan actualmente.

d) Observa as imaxes.
Imaxe a: distribución dos continentes fai 200 millóns de anos (finais do Paleozoico - inicios
do Mesozoico).

Imaxe b: distribución dos continentes a finais do Triásico, fai 180 millóns de anos, 20
millóns de anos despois de iniciarse a rotura da Panxea. Os continentes estaban
distribuídos en dúas grandes masas continentais: Laurasia, no hemisferio norte,
Gondwana, no hemisferio sur.

Imaxe c: distribución dos continentes a finais do Xurásico, 65 millóns de anos despois da


rotura da Panxea. Aquí móstrase o solo oceánico xerado dende o Triásico ata o Xurásico, é
dicir, durante un período de 45 millóns de anos.

Imaxe d: Distribución das masas continentais a finais do Cretácico, fai 65 millóns de anos,
135 millóns de anos despois da rotura da Panxea. Nesta imaxe móstrase o solo oceánico
xerado ata o Cretácico.

Imaxe e: Distribución actual dos continentes.

Responde ás seguintes cuestións:


- Como se denominou ao océano primitivo que rodeaba á Panxea fai uns 200 m.a.?
Panthalassa; foi o enorme océano global que rodeaba á Panxea ao final do Paleozoico e
o inicio do Mesozoico.
- Fai uns 180 m.a. os continentes quedaron distribuídos en 2 grandes masas
continentais. Cal delas orixinaría a maior parte das masas terrestres que forman
os actuais continentes do hemisferio norte? Laurasia.
De cal xurdiron os actuais continentes de Suramérica e África? De Gondwana.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-10120376

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
e) Cal foi o erro que cometeu Wegener e que fixo que a súa teoría non fose aceptada?
Wegener estaba no certo ao afirmar que os continentes cambiaran de posición, pero non deu explicado cal era a forza
que os empurraba e sobre que materiais escorregaban. A súa teoría foi rexeitada e ridiculizada na súa época pola
comunidade científica.
Wegener afirmaba que as forzas que movían aos continentes que eran a forza centrífuga de rotación terrestre e a
atracción gravitatoria do Sol e da Lúa; estas forzas non eran suficientes para provocar uns desprazamentos
continentais de miles de quilómetros neses anos. Tamén afirmaba que os continentes se desprazaban sobre os océanos.

2.- Cales son as dúas teorías que xurdiron despois do 1950 e que apoiaban a teoría da deriva continental? Quen

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
formulou cada unha das teorías e que explican?
- A teoría da extensión do fondo oceánico formulada por Harry Hess en 1962.
Segundo esta teoría, as dorsais son fracturas da litosfera polas que escapa o material do manto en forma de coadas de
lava basáltica que, ao solidificar, produce nova codia oceánica que empurra cara ambos lados, obrigando ao océano a
facerse cada vez máis ancho, e aos continentes a separarse. Polo tanto, a extensión do fondo oceánico é a responsable
do movemento dos continentes.

- O paleomagnetismo formulado por Vine e Matthews.


O paleomagnetismo é o rexistro que quedou nas rochas do campo
magnético terrestre, que existía no momento da súa formación. Os
minerais magnetizables que forman as rochas manteñen ese rexistro
aínda que cambie a polaridade do campo. Esta magnetización das
rochas denomínase magnetización remanente, e o seu estudo nas
rocas do fondo oceánico a un lado e a outro da dorsal deu lugar a un
esquema en bandas que proba a dinámica terrestre, en concreto, a
expansión do fondo oceánico a un lado e a outro das dorsais.

3.- O sonar, desenvolvido durante a Segunda Guerra Mundial para detectar submarinos, permitiu, unha vez
terminado o conflito, realizar mapas detallados dos fondos oceánicos. Isto levou ao descubrimento das dorsais
oceánicas. Explica que características das dorsais resultaron sorprendentes.

- As dorsais son relevos de orixe volcánica. Son aliñacións montañosas que percorren o fondo oceánico, cunha altitude
sobre as chairas abisais de entre 2000 e 3000 metros e emiten enormes volumes de lava basáltica.
- Non están cubertas de sedimentos. Nas dorsais, a ausencia de sedimentos é case total. Con todo, ao afastarse do eixe
da dorsal, o grosor de sedimentos vai en aumento.
- A idade dos basaltos oceánicos aumenta coa distancia á dorsal. As rochas situadas no eixe da dorsal son moi
recentes, mentres que as que se encontran máis lonxe teñen unha idade maior. As máis antigas son as situadas na
proximidade dos continentes, pero en ningún caso a idade dos basaltos oceánicos supera os 190 millóns de anos de
antigüidade.
- As dorsais presentan un bandeado paleomagnético simétrico. O magnetismo remanente das rochas basálticas
conserva un rexistro das inversións do campo magnético terrestre. Este rexistro forma bandas paralelas ao eixe da
dorsal e simétricas a ambos os lados dese eixe.

4.- Imaxina que viaxas nun barco de investigación que está atravesando o océano Atlántico dende as costas do
sur de África ata Arxentina:
a) En que lugar da viaxe encontrarás a capa de sedimento máis fina? Por que?
Encontraremos a capa de sedimento máis fina aos lados da dorsal oceánica atlántica pois, a
medida que nos distanciamos da dorsal e nos acercamos aos continentes, increméntase a
acumulación e o espesor dos sedimentos. Isto é debido a que a presión na dorsal empurra
aos novos materiais da codia oceánica cara ambos lados, é dicir, cara os continentes. Na
zona próxima ao continente os sedimentos acumúlanse co paso do tempo, xa que estes
sedimentos proveñen da erosión.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-10120376

Todos los planes de suscripción incluyen descargas sin publicidad con coins
b) Explica como e por que cambia a idade das rochas do fondo oceánico na travesía.
Nas dorsais oceánicas créase unha nova codia que vai empurrando simétrica e paralelamente a antiga codia oceánica
cara os lados da dorsal. As rochas máis recentes son as máis próximas á dorsal oceánica, e as máis antigas as máis
próximas ao continente. É dicir, os materiais que compoñen os fondos oceánicos van incrementando a súa idade de
xeito simétrico dende a dorsal cara o continente. As dorsais non están cubertas por sedimentos; se nos afastamos do
eixe da dorsal, o grosor de sedimentos vai en aumento.
Polo tanto, a idade das rochas increméntase dende a dorsal oceánica cara os continentes: as máis recentes serán as
rochas máis próximas á dorsal e as máis antigas as máis próximas ao continente.

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
5.- Resume a teoría da tectónica de placas.

A teoría da tectónica de placas xorde en 1968 e pódese resumir nos seguintes puntos:
 A litosfera ten un grosor medio duns 100 km. Está formada pola codia e parte do manto superior. A litosfera
está dividida nas placas litosféricas (ou placas tectónicas).
 As placas litosféricas móvense, cambian de posición e interaccionan, polas correntes de convección do
manto terrestre que “arrastran” no seu movemento a parte da litosfera que soporta. As correntes de convección
son movementos continuos que se xeran ao ascender os materiais dende a parte inferior do manto (máis
quente, pola transmisión de calor dende o núcleo); os materiais menos densos ascenden cara a parte superior
(máis fría), e, á súa vez, ao entrar en contacto coa litosfera arrefrían e fanse máis densos polo que se afunden
cara o interior do manto, xerando o movemento de convección no manto e permitindo así un fluxo de
materiais a través del.
 As zonas de contacto entre placas chámanse bordos de placas ou límites de placas. Nos límites das placas
concéntrase a maior parte da actividade xeolóxica, sendo unha proba disto a distribución dos terremotos e a
posición dos volcáns.
 Nos límites diverxentes (dorsais oceánicas), créase a litosfera, que se despraza sobre o fondo do océano ata
chegar as marxes continentais, onde pode existir un límite converxente (zona de subducción) na que a litosfera
oceánica se destrúe ao introducirse baixo a litosfera continental, comprimindo os sedimentos e dando lugar a
cadeas montañosas.
 A litosfera oceánica evoluciona de forma continua (Ciclo de Wilson).

Entre as placas litosféricas non existen ocos, polo que o movemento de calquera delas afecta tamén as placas que as rodean, e provoca
afastamento ou aproximación de continentes e, incluso, colisións entre eles. Por esta razón, os límites das placas son as zonas da Terra nas que
existe maior actividade xeolóxica. Neles orixínanse as cordilleiras e a maior parte dos terremotos e volcáns.

6.- Observa a imaxe e contesta.


a) Escribe os nomes de cada unha das principais placas litosféricas.
b) Cantos tipos de placas podemos atopar na litosfera en función da súa composición? Pon exemplos de cada
unha.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-10120376

Todos los planes de suscripción incluyen descargas sin publicidad con coins
a) A litosfera terrestre divídese en fragmentos denominados placas litosféricas que encaixan como as pezas dun
quebracabezas. As placas numeradas son:

1. Placa Norteamericana. 2. Euroasiática. 3. Cocos. 4. Nazca. 5. Antártica. 6. Pacífica. 7. Australiana. 8. Filipina. 9.


India. 10. Arábiga. 11. Africana. 12. Sudamericana.

b) Segundo a súa composición hai tres tipos de placas:


• As placas oceánicas, compostas unicamente por litosfera oceánica. A placa Pacífica, a de Cocos e a de Nazca son
deste tipo.
• As placas continentais están compostas case exclusivamente por litosfera continental. A placa Arábiga é deste tipo.
• As placas mixtas están formadas por litosfera continental e mais oceánica. É o caso da maioría das placas, como a
Euroasiática, a Suramericana, a Africana ou a Australiana.

7.- En relación ás interaccións nos bordos das placas, responde ás seguintes cuestións:
a) Como se denominan os 3 tipos de bordos ou límites das placas?

➢ Bordos diverxentes ou construtivos.


➢ Bordos converxentes ou destrutivos.
➢ Bordos transformantes ou pasivos.

b) Explica as diferenzas entre os tres tipos de bordos.

➢ Nos bordos diverxentes ou construtivos sepáranse 2 placas como consecuencia da creación de litosfera entre
elas a partir de materiais que ascenden dende o manto. Os bordos diverxentes están asociados a procesos de
vulcanismo intenso, e xeran movementos sísmicos. Existen 2 tipos de bordos diverxentes:
- As dorsais oceánicas: son relevos de miles de km de lonxitude que teñen unha depresión no medio
denominada rift. Nelas xérase nova litosfera oceánica. Están situadas no centro dos océanos, como a dorsal
atlántica.
- Os rifts intracontinentais: son depresións alongadas nas que se fractura a litosfera continental, como
consecuencia da actividade volcánica. Están situados en zonas continentais e correspóndense co primeiro
estadio de fragmentación dun continente, como o Rift Valley africano.

➢ Nos bordos transformantes ou pasivos non se crea nin se destrúe litosfera. Son fracturas da litosfera sobre as
que as placas tectónicas se desprazan unha ao lado da outra en sentidos opostos polo que se produce unha
grande actividade sísmica. Hai 2 tipos de bordos transformantes:
- As fallas que cortan transversalmente ás dorsais oceánicas.
- As fallas que conectan dous límites diferentes de placas. Un exemplo é a falla de San Andrés en
California.

➢ Nos bordos converxentes ou destrutivos as placas litosféricas chocan entre si. Neles destrúese litosfera
oceánica, que se incorpora ao manto mediante un proceso denominado subdución.
A subdución prodúcese cando ao chocar 2 placas litosféricas de diferente densidade, a máis densa afunde no
manto debaixo da de menor densidade. Este movemento xera unha fricción que da lugar a numerosos focos de
terremotos e actividade volcánica a longo do plano de Benioff (plano inclinado que seguen as rochas da
litosfera que afunde no manto). Hai 3 tipos de bordos converxentes, dependendo do tipo de placas que
converxen:
- Converxencia entre unha placa continental e unha oceánica. A placa oceánica é máis densa e subduce
baixo a continental, o que xera intensos terremotos, pregamentos e elevacións da litosfera continental. Os
relevos que se observan son fosas oceánicas (depresión alongada situada no fondos oceánicos nas que se
acadan grandes profundidades) e cordilleiras pericontinentais como os Andes.
- Converxencia entre 2 placas oceánicas. A placa máis antiga e máis densa subduce, xerando terremotos
pouco intensos e gran cantidade de magma, que dá lugar a arcos insulares (aliñacións de illas volcánicas,
como por exemplo o arquipélago de Xapón).
- Converxencia entre 2 placas continentais. Cando converxen 2 placas continentais non subducen, por ser
demasiado lixeiras para afundirse no manto. Colisionan xerando grandes cordilleiras intercontinentais como o
Himalaia ou os Alpes.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-10120376

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
c) Observa a imaxe e identifica os 3 tipos de límites das placas. Nomea as estruturas asociadas aos bordos que
aparecen representadas na imaxe e indica a que tipo de bordo pertencen. Identifica tamén as capas terrestres
representadas no debuxo.

1: Bordo transformante ou pasivo


2: Bordo diverxente ou construtivo (dorsal
oceánica)
3: Bordo converxente ou destrutivo
4: Fosa oceánica
5: Zona de subdución

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
A fosa oceánica e a zona de subdución
pertencen aos bordos converxentes ou
destrutivos.

6: Codia oceánica
7: Litosfera oceánica
8: Codia continental
9: Manto litosférico (manto superior que se
une á codia e constitúe a litosfera)
10: Litosfera continental
11: Manto superior sublitosférico

d) Con que tipo de bordo de placa están asociados os seguintes lugares ou estruturas?

Himalaia, illas Aleutianas, Andes, illas Marianas, illas Antillas (mar Caribe), Islandia, Alpes e a falla de San
Andrés

 Himalaia e Alpes. Son cordilleiras intercontinentais xeradas en bordes converxentes nos que converxen 2
placas de litosfera continental. Por exemplo o Himalaia formouse como consecuencia da colisión da placa da
India coa placa Euroasiática.
 Andes. Son cordilleiras pericontinentais orixinadas nos bordes converxentes, no que converxen unha placa
continental ( en concreto a placa Suramericana ) e unha placa oceánica (en concreto a placa de Nazca).
 Islandia. Borde diverxente, dorsal medio atlántica.
 Falla de San Andrés. Borde pasivo ou transformante con movemento lateral.
 Illas Aleutianas, illas Antillas e illas Marianas . Arcos de illas volcánicas formados nos bordes converxentes,
no que converxen 2 placas oceánicas. Por exemplo as illas Marianas orixináronse debido á converxencia da
placa Pacífica e da placa das Filipinas.

8.- Observa a seguinte imaxe:


a) Que representa a figura adxunta?

Representa o choque dunha placa oceánica (como a de Nazca), cunha placa continental (como a placa Suramericana),
que dá como resultado a creación dunha cordilleira (como
os Andes).

b) Cando se produce a rotura entre unha placa oceánica


e unha continental, comeza a subdución. Que placa é a
que subduce? Por que?

A placa que subduce nestes casos é a placa oceánica, xa que


ten unha densidade maior, o que fai que se afunda baixo a
litosfera continental, máis lixeira.

c) Nomea as partes sinaladas.

1: Codia continental
2: Manto litosférico (manto superior que se une á codia e
constitúe a litosfera)

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-10120376

Todos los planes de suscripción incluyen descargas sin publicidad con coins
3: Manto superior sublitosférico
4: Manto litosférico (manto superior que se une á codia e constitúe a litosfera)
5: Codia oceánica
6: Placa oceánica (como a placa de Nazca)
7: Prisma de acreción (rochas sedimentarias e metamórficas amoreadas contra o continente que transporta a placa que
subduce)
8: Oróxeno (cordilleira pericontinental como os Andes)

9.- Observa a seguinte imaxe:

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
a) Que representa a figura adxunta?

Unha dorsal oceánica, isto é, un bordo diverxente. É un relevo de


orixe volcánica no que o magma consolida e orixina nova codia
oceánica.

b) Nome as partes sinaladas.

1: Rift (depresión central)


2: Nova codia oceánica
3: Magma

c) Que procesos xeolóxicos ocorren neste tipo de bordos?

Os procesos xeolóxicos que ocorren nas dorsais son una actividade volcánica moi intensa e terremotos de foco pouco
profundo nas fallas transformantes.

d) A zona representada é unha fractura cun intenso vulcanismo. Por que non chega nunca a acumularse a lava
sobre a fractura producindo o seu taponamento?

As dorsais non chegan a pecharse porque son zonas de distensión, polo que os seus bordos tenden a abrirse
constantemente, facilitando dese xeito a saída do magma á superficie.

10.- O océano Atlántico é cada vez máis extenso, ensanchándose cunha media de 1 a 4 cm/año. En cambio, o
océano Pacífico vai diminuíndo a súa extensión. Explica por que.

- O océano Pacífico está afectado por zonas de subdución, onde se destrúe a litosfera oceánica, en numerosas e
extensas áreas. En consecuencia, a súa extensión diminúe.
- O océano Atlántico, polo contrario, está en expansión, como se deduce da súa estrutura, na que a dorsal ocupa
aproximadamente unha posición central, e na que se comproba que as idades das rochas van aumentando, dende 0 a
190 m. a., a medida que nos distanciamos do eixe da dorsal. Ademais, ao contrario das marxes continentais do Pacífico (nos
que se desenvolve unha fosa abisal), as marxes do Atlántico son «pasivas», o que significa que terminan bruscamente baixo o mar
nun noiro continental, a cuxos pes se estende a chaira abisal.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-10120376

Todos los planes de suscripción incluyen descargas sin publicidad con coins
11.- Completa a seguinte táboa.

ESTRUTURAS XERADAS POLA CONVERXENCIA DOS DISTINTOS


TIPOS DE LITOSFERA
BORDE DE MOVEMENTO OCEÁNICA / OCEÁNICA OCEÁNICA / CONTINENTAL /
PLACA ENTRE PLACAS CONTINENTAL CONTINENTAL
- Fosas oceánicas moi - Fosas oceánicas menos Cordilleira
Destrutivo As 2 placas profundas (como a fosa das profundas. intercontinental
ou xúntanse illas Marianas que ten - Prisma de acreción (como os Alpes ou a
converxente 11032 m). extenso. cordilleira do
- Arcos de illas volcánicas - Ofiolitas (fragmentos de Himalaia).
(como os arquipélagos de litosfera oceánica que son
Xapón e das Filipinas). arrincados e que quedan
cabalgados sobre a litosfera
continental).
- Cordilleira pericontinental
(como os Andes).
Construtivo As 2 placas Dorsal … Rifting continental
ou sepáranse
diverxente

12.- En relación coas imaxes, responde ás seguintes cuestións:


a) Que representa o conxunto das imaxes? En que consiste?

O ciclo de Wilson que é un modelo cíclico que explica a evolución das placas tectónicas no tempo. Este ciclo parte
dun continente que se fragmenta, orixina un océano e finalmente volve a pecharse, orixinando unha cordilleira.
Este modelo permite explicar como se repiten no tempo os cambios na disposición xeográfica de continentes e océanos, a
formación e destrución de relevos e a transformación de uns tipos de rochas noutros.

b) Explica o que pasa en cada un dos casos.

Debuxo 1. A codia continental fragméntase


pola presenza dun punto quente. A codia
abómbase e adelgaza ata romper, o que orixina
un val de rift ou rift continental.

Debuxo 2. Sepáranse os bloques da codia


continental e o mar entra por esa separación. Na
liña de fragmentación empeza a formarse a
litosfera oceánica. Se continúa a separación
acabará por formarse unha dorsal oceánica. O
val convértese nun mar estreito e pouco
profundo.

Debuxo 3. O océano faise máis ancho por


separación progresiva dos bloques da codia continental. O sistema de dorsais está completamente formado. Esta é a
etapa na que se atopa actualmente o océano Atlántico.

Debuxo 4. Cando a conca acada certo tamaño e é suficientemente antiga, a litosfera oceánica que é máis densa comeza
a afundirse debaixo do continente, e iníciase un proceso de subdución. Esta é a etapa na que se atopa o océano
Pacífico.

Debuxo 5. Os procesos magmáticos, metamórficos e tectónicos orixinan unha cordilleira pericontinental (como a
cordilleira dos Andes).

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-10120376

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
Debuxo 6. Se o crecemento da litosfera oceánica nas dorsais é máis lento que a súa destrución nas fosas, os
continentes aproxímanse. Cando a litosfera oceánica desaparece completamente prodúcese a colisión entre 2
continentes e a formación dunha gran cordilleira intercontinental entre ambos, como o Himalaia ou os Alpes.

c) Sinala de que fases do ciclo de Wilson son


representativas as seguintes zonas da Terra. Observa
o mapamundi e asocia cada unha delas coas letras
representadas no mesmo.

Reservados todos los derechos. No se permite la explotación económica ni la transformación de esta obra. Queda permitida la impresión en su totalidad.
 Mar Vermello: extensión do fondo oceánico e
comezo da separación continental. Letra A.
 Rexión dos grandes lagos africanos: formación
dun rift e fragmentación continental. Letra B.
 Océano Atlántico: extensión do fondo oceánico.
Letra C (imaxe da costa atlántica suramericana,
que presenta unha conca oceánica ancha).
 Región dos Andes e fosa de Perú-Chile:
formación de zonas de subdución. Letra D
 Cordilleira do Himalaia. Colisionan os
continentes (Asia e a India) e orixínase un continente único. Letra F
 Mar mediterráneo. A conca oceánica vaise estreitando, debido a un límite diverxente (borde construtivo) que
está empurrando os fragmentos continentais en sentido contrario, é dicir, cara o continente, elevándoo. Letra
E.

a64b0469ff35958ef4ab887a898bd50bdfbbe91a-10120376

Todos los planes de suscripción incluyen descargas sin publicidad con coins

You might also like