You are on page 1of 2

Teñen o valor de dicirnos que o Estado xa non pode seguir cubrindo os custos

das medidas do estado do benestar: Seguridade Social, sanidade e ensinanza


públicas… .
Pero como pode ser que hoxe en día non haxa cartos para manter e prolongar
estas conquistas, tendo en conta que a produción de riqueza aumentou de forma
considerábel despois da Liberación, un período en que Europa estaba arruinada? Pode
ser porque o poder do diñeiro, ao cal combatía a Resistencia, nunca antes foi tan grande,
insolente e egoísta, cos seus propios servidores situados nas máis altas esferas do
Estado. Os bancos, que agora están privatizados, preocúpanse sobre todo polos seus
dividendos e polos elevadísimos salarios dos seus directivos, e non polo interese xeral.
A brecha entre os máis pobres e os máis ricos nunca foi tan grande; e a carreira polos
cartos, a competición, nunca se fomentou tanto.
A razón de base da Resistencia era a indignación. Nós, os veteranos dos
movementos de resistencia e das forzas combatentes da Francia Libre, facemos un
chamamento ás novas xeracións para revitalizaren e transmitiren o herdo da Resistencia
e os seus ideais. Nós dicímoslles: tomade o relevo, indignádevos!

Fragmento de Indignádevo, de Stéphane Hessel, Indignádevos (tradución de Manuel


Rivas)

1. Indica cal é o tema do texto.

O tema é son os sentimentos de inxustiza e carraxe producidos por mor dos recortes na
cuestións sociais máis básicas.

2. Fai un esquema coas ideas principais e secundarias do texto.

1. Posibilidade de recortes nos servizos públicos no futuro.


- 1.1 Incremento da xeración de riqueza.
- 1.2 A corrupción moral do diñeiro.
- 1.3 Privatización do sector bancario.
- 1.4 Crecemento da desigualdade entre clases sociais.
- 1.5 Apelación directa ás novas xereacións.

3. Sinala a estrutura do texto, indicando os núcleos de contido de cada parte.

É un texto de carácter argumentativo xa que teñe como finalidade provocar unha reposta
no receptor a través da exposición dunha tese e unha serie de argumentos. Podemos
segmentar o texto segundo o seu contido en tres apartados distintos:

Introdución ou presentación da tese , (liña 1-2) : nestas liñas amosase a incredulidade e


irritación ante a suposta e repentina fin do estado de benestar.

Argumentación da tese, ( liña 3-10): exponse a paradoxa na redución do gasto público e


o aumento da riqueza e a división constante entre clases socias por mor do poder
corruptor do diñeiro.
Conclusión : finaliza cunha apelación directa aos xóvenes para continuar coa loita e non
deixar que nos arrebaten dereitos.

4. Indica o significado que teñen no texto as palabras e expresións subliñadas. Non


son
válidas as respostas só con sinónimos.

Valor ( substantivo ) : actitude do que fala u obra con atrevemento ou descaro.

Insolente: ( adxectivo ) : de naturaleza irrespetuosa , que actúa de forma despectiva e


sen empatía.

Altas esferas: grupos socias que concentran a maioría do poder.

Brecha : condición de desigualdade de oportunidades e privilexios ente clases sociais.

5. Expón de maneira argumentada a túa opinión sobre o papel da mocidade na


defensa dos dereitos e liberdades conquistados pola clase traballadora (250
palabras)

Dende o meu punto de vista a xuventude debe de emprender unha serie de accións polos
dereitos laborais dende unha idade temprana:
En primeiro lugar creo que deberíamos coñecer e agradecerlles a todas esas persoas que
rebeláronse contra a explotación , reclamando dereitos que agora semellan básicos coma
un horario asequible ou mesmo as vacacións.

Asemesmo , considero que é de vital importancia que a mocidade acuda as folgas


laboráis ,xa que de non ser así , algúns poderían pensar que carecen de relevancia e
verse tentados a suprimir ese dereito inalienable.

Ademais deberíamos traballar pola ampliación dos permisos xa que en moitos casos
son escasos ou mesmo inexistentes .Por exemplo a día de hoxe os permisos de
maternidade e paternidade ronda aos dous ou tres meses , anteriormente era moito
menor , e penso que na primeira etapa do neno é de vital importancia a presencia dos
dous proxenitores. Tamén debemos rexeitar ante calquera redución nas pensións ,xa que
esa xente son os nosos avós ,que estiveron traballando durante toda a súa vida e
mesmo ,se queremos chegar a disfrutar desas prestacións

Por último opino que o modelo laboral a seguir son as condicións dun posto
público ,coa xornada de oito horas , un soldo estable todos os meses, e, a ser posible un
contrato de duración indefinida , denunciando todas as prácticas ilegais que se atopen,

En definitiva , estimo necesarias estas medidas laboráis se queremos ter un emprego


digno compatible coa vida social ou familiar, e , sendo asemesmo conscente de que os
xefes tamén teñen que gañar, creo que podemos alcanzar unha situación na que todos
saímos realmente gañando , e non só uns ou outros.

You might also like