You are on page 1of 31

O SINDICALISMO

GALEGO NA
TRANSICIÓN

PABLO GUIMERÁNS SANJORGE


MAGALÍ RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
ADRIÁN PIÑÓN DOMÍNGUEZ
YOLANDA VIEIRO CEBEIRO

1
ÍNDICE

INTRODUCIÓN: A TRANSICIÓN EN GALICIA páx. 3

O SINDICALISMO OBREIRO EN GALICIA páx. 9


O sindicalismo nacionalista páx. 9
O sindicalismo estatal en Galicia páx. 22

O SINDICALISMO LABREGO EN GALICIA páx. 25

O MOVEMENTO ESTUDANTIL EN GALICIA páx. 28

BIBLIOGRAFÍA páx. 31

2
INTRODUCIÓN. A TRANSICIÓN EN GALICIA

É difícil enmarcar o período histórico coñecido como a Transición dentro dunha cronoloxía
exacta. Pese a que comunmente se delimita se delimita esta etapa coa morte de Franco ao inicio e
coa entrada en vigor da Constitución en 1978 ao final, ou tamén coa saída do poder da UCD en
1982, neste traballo usaremos unha cronoloxía moito máis aberta, posto que, pese a incidencia
directa que tiveron os cruciais feitos políticos naqueles anos, a historia dos sindicatos en Galicia
móvese dentro dunha dinámica moito máis ampla que se necesita explicar sen facer recortes
respecto a unha cronoloxía. Porén, podemos establecer o inicio do noso traballo en 1982, cando
xorde o Frente Obreiro da UPG e ERGA como organización estudantil dentro dun contexto político
de debilitamento do réxime, con conflitos laborais en Ferrol e Vigo e cando en decembro de 1973 se
comete o atentado mortal contra o xefe de goberno Luís Carrero Blanco.

A transición en Galicia ten moitos puntos en común coa que ocorreu no resto do Estado,
mais tamén unha dinámica propia nun territorio que conta cunha forza nacionalista de gran
importancia en canto á formación de organizacións e movementos político-sociais se refire. A
existencia dunha estrutura socioeconómica propia será outro factor determinante no devir destes
decisivos anos no noso territorio.

ECONOMÍA E SOCIEDADE NOS ANOS 70 E 80.

O Plano de Estabilización de 1959 marca a división entre o primeiro franquismo e o


desenvolventismo dos anos 60 e 70, con taxas de crecemento no estado español dun 7% anual, só
superado por Xapón nese período. Este acusado crecemento será menor en Galicia que nas rexións
turísticas do Mediterráneo e os polos industriais, pero traerá cambios estruturais como son o
acelerado éxodo rural (a ocupación no agro pasa dun 61% en 1960 a un aínda importante 50% no
1975) á unha industria en lento crecemento ou á emigración en Europa. A crise dos anos setenta e
oitenta marcará profundamente a transición política en España e tamén en Galicia, onde o
crecemento industrial se detén coa crise do petróleo e do modelo económico en xeral, incapaz de
adaptarse ás necesidades da democracia e do Mercado Común, o que provocará unha fonda
reconversión tanto no agro como no sector industrial galego

Na democracia asistimos a unha recuperación de sectores tradicionais como o marítimo e á


crise dos sectores xerados durante o franquismo (as hidroeléctricas galegas, absorbidas polo Estado,

3
ou os grandes estaleiros como ASTANO, que chegou a perder 3.600 empregados). Nos anos 80
asistimos ao auxe da confección e a aparición de multinacionais galegas. En xeral, os anos 70 e 80
foron para Galicia anos de mudanza na estrutura produtiva, que se concentrou no sector servizos
tras o freo da industria de 1974, tamén unha modernización serodia na agricultura, que provoca
unha redución do emprego agrario espectacular. A concentración da poboación no litoral e a mellora
das comunicacións por estrada (aínda deficientes polo mal estado de conservación e por unha
orografía pouco favorable), así como a converxencia das taxas de escolarización coa que existen en
Europa ou o crecemento do gasto público son outros dos puntos a destacar nesta etapa. Porén,
Galicia continuaba cun subdesenvolvemento que o afastaba da Europa do último cuarto do século
XX.

As novas modas afectarán tamén aos valores e costumes da sociedade galega dos 70. As
barbas e melenas, as minisaias, etc.. irán asociadas a unha nova moral máis tolerante e aberta que se
conforma totalmente incompatible coa xa agonizante ditadura. Nacerá a Nova Canción Galega e
grupos como Voces Ceibes, mentras que música de fóra das nosas fronteiras como a New Wave e
Tecno-Punk empezará a deixarse oir a principios dos oitenta en locais de Vigo, cidade que pronto
será coñecida polo seu dinamismo musical, xunto con Madrid, dentro do marco da Movida. Paralelo
a isto encontrámonos un novo panorama no mundo literario con creadores atraídos polas claves
primitivistas e neoexpresionistas alleos ao debate político. Atlántica e os traballos de Menchu
Lamas, Antón Patiño, Lamazares, Xosé Freixanes ou Ánxel Huete representan neste eido o genius
loci galego. No marco da autonomía e coa posta en marcha da Xunta de Galicia, algunhas
institucións públicas empezarían a desenvolver programas dinamizadores para o sector artístico.

O ANTIFRANQUISMO EN GALICIA

A mediados dos anos 60 empezarán a posicionarse e organizarse na clandestinidade os


primeiros movementos de oposición ao franquismo. O PCE, que dispuña dun importante prestixio
en Galicia desde os anos da loita guerrilleira contra o franquismo. avanzara no recoñecemento
dunha certa «rexionalización», máis teórica que real, impulsada polo histórico militante ourensán
Santiago Álvarez, que culminaría coa creación en París do Partido Comunista de Galicia (PCG) en
1968, do que este é elixido secretario xeral. Os conflitos laborais de Ferrol e Vigo en 1972,
demostraron a súa nada insignificante capacidade de mobilización, como sucedeu tamén coas
protestas estudantís que evidenciaban a substitución dos antigos dirixentes do SEU por novos
líderes vinculados a organizacións cristiás e marxistas nas que exercía unha gran influencia. Con

4
todo, as divisións internas, produto de trasladar a Galicia os grandes debates e as profundas
discrepancias existentes no seo do comunismo estatal, non tardaron en aflorar, agravadas polo feito
de que non todo o partido abrazou con igual entusiasmo a defensa do marco autonómico. Quizá por
iso o PCG non foi capaz de adaptar o seu discurso nin a súa praxe á realidade política galega, non
logrando superar a marxinalidade nin sequera cando en 1981 conseguiu o seu primeiro escano na
Cámara autonómica. En canto aos Partido Socialista Obrero Español e a UGT, cómpre sinalar que
en Galicia tiñan unha presencia meramente tesmemuñal, polo menos ata o congreso de 1974 na
localidade francesa de Suresnes.

En canto ao nacionalismo galego, o máis destacable é a intensa fractura que se produce no


seu seo como consecuencia da recepción dos postulados marxistas e da influencia exercida polos
movementos de liberación nacional dos países sometidos a dominación colonial. Nacen así o
Partido Socialista de Galicia (PSG) e a Unión do Pobo Galego (UPG). O primeiro é fundado en
agosto de 1963 por homes como M. Orxales Pita, S. Rei, M. Caamaño, S. García Bodaño e X. L.
Rodríguez Pardo, atraendo a algúns galeguistas históricos (F. Fernández del Riego, L. Viñas
Cortegoso, A. Losada...) e a mozos universitarios, a maioría formados na Compostela dos anos
cincuenta (X. M. Beiras Torrado, R. Lugrís, Ou. Refoxo, T. Barro...). Inicialmente o PSG constrúe o
seu programa en base aos principios de federalismo, socialismo e democracia, pero a partir de
1966-67 sofre un acusado proceso de radicalización que lle leva a defender a necesidade de
constituír unha fronte socialista que encadrase ás masas populares de Galicia, mantendo,
inicialmente, unha certa indefinición no plano nacional. En 1974 aprobará uns novos principios
políticos entre os que destacan o obxectivo de avanzar cara a unha sociedade socialista por vías
revolucionarias, a definición explícita de Galicia como unha nación sometida a un marco de
relacións colonialistas nos planos económico, cultural e político, a defensa do dereito de
autodeterminación e a súa disposición para converterse nun movemento de masas no que a clase
traballadora desempeñaría o papel de vangarda revolucionaria. Paralelamente, incrementa os seus
contactos con outras forzas socialistas do Estado, participando nas reunións da Conferencia
Socialista Ibérica de París (xuño e setembro de 1974) e na Federación de Partidos Socialistas.

En xullo de 1964 fúndase a UPG, impulsada, entre outros, por Bautista Álvarez, C. E.
Ferreiro e X. L. Méndez Ferrín; a súa creación representa un intento de conciliar a tradición
histórica encarnada polo galeguismo do exilio e a bagaxe ideolóxica achegado polo marxismo-
leninismo, os movementos de liberación nacional e os novos postulados eclesiásticos resultantes do
Vaticano II. Nacionalismo e socialismo fúndense ao unísono nos seus «Dez Principios Mínimos»

5
obrigándolle a competir co PSG e o PCG polo mesmo espazo político, xa de seu moi reducido en
Galicia como resultado da necesaria clarificación que as forzas de oposición ao franquismo
houberon de realizar en torno ao problema da articulación política do Estado. A identificación entre
«franquismo» e «nacionalismo español» foi, en efecto, un pesado lastre para aqueles sectores que,
desde unha posición máis ou menos liberal e de esquerdas, preferisen un modelo con concesións
limitadas á descentralización política. No caso de Galicia isto traduciuse na asunción, por parte
dalgunhas forzas de ámbito estatal, de gran parte das reivindicacións políticas e culturais do
nacionalismo. Así, o PSOE, situouse no seu Congreso de 1974 a favor do recoñecemento do dereito
de autodeterminación das nacionalidades ibéricas, e outro tanto fixo o PCE un ano máis tarde.

O CAMIÑO CARA A DEMOCRACIA

En Galicia, a diferenza do sucedido nas outras dúas nacionalidades históricas, as forzas de


oposición democrática non foron capaces de articular unha plataforma conxunta ao redor da defensa
da autonomía por encima de calquera outra consideración partidista. Os sectores galeguistas de
centro-dereita que viramos nacer no tardofranquismo fracasaron no seu intento de agruparse nunha
formación ao estilo de CiU e o PNV, polo que acabaron desaparecendo ou absorbidos polas
diferentes forzas estatais. Así, o Partido Popular de Galicia (PPG) definiuse como galeguista,
federalista e de ideoloxía humanista e comunitaria.

O PCG, emblema da oposición non nacionalista, favoreceu a integración das forzas estatais
na Xunta Democrática (marzo de 1975) e máis tarde na Táboa Democrática de Galicia (xullo de
1976), que integraba até nove organizacións políticas e sindicais. Mentres, a UPG, o seu principal
rival, inspirou a creación do Consello de Forzas .Políticas de Galicia, no que entraron, ademais da
organización marxista-leninista, o PSG, o Partido Carlista (PC), o Movemento Comunista de
Galicia (MCG) e o Partido Galego Social Demócrata (PGSD). No mes de abril de 1976 deron a
coñecer as súas «Bases Constitucionais pra participación dá nación galega nun Pacto Federal», nas
que se reclamaba o dereito de autodeterminación de Galicia e a formación dun goberno transitorio
que exercese o poder político durante o proceso constituínte.

A Táboa e o Consello tiñan, pois, grandes diferenzas de estratexia. A primeira defendía a


reforma democrática e o establecemento dun goberno autónomo transitorio tomando como punto
de partida o deseño político-institucional do Estatuto de 1936. En cambio, o Consello era partidario
da apertura dun proceso constituínte galego e do inmediato exercicio do dereito de

6
autodeterminación como punto de partida para un novo deseño territorial do Estado de base federal.
O seu radicalismo situárono nunha situación de completo illamento político que explica a súa
definitiva ruptura. A crise do Consello culminou coa expulsión da UPG dos sectores partidarios
dunha liña máis pluralista en oposición ao monolitismo da dirección; os disidentes fundaron a
UPG-liña proletaria, futuro Partido Galego do Proletariado (PGP) e o seu apéndice, Galicia Ceibe.
Previamente, a AN-PG tamén se escindise por mor da saída, en abril de 1976, dun grupo de
independentes descontentos co control absoluto que a UPG exercía no seu interior.

Pola súa banda, os partidos de ámbito estatal tamén se esforzaban por ampliar as súas bases
de apoio en Galicia. A UCD e Alianza Popular, careceron dunha organización rexional forte e
consolidada, e tiveron que aglutinar forzas políticas de moi distinta natureza e grao de
implantación. Non entanto, a diferenza dos centristas, onde en xeral, existía un liderado provincial
claro, AP houbo de facer fronte a constantes tensións derivadas de loitas de poder que Fraga debía
arbitrar con maior ou menor eficacia.

Os socialistas do PSOE contaban cunha escasa implantación en Galicia, xa que nas vésperas
do cambio democrático apenas conseguira crear unha mínima organización, sendo ademais notoria
a súa carencia de cadros políticos, o que, en gran parte, viuse paliado pola atracción que exerceu
sobre significados militantes politicamente formados no nacionalismo de esquerda, xa que moitos
deles proviñan do Colectivo Socialista excindido do PSG.

Nas eleccións de xuño de 1977 a UCD foi a formación máis votada cun 53,8% dos votos e
un total de 20 escanos, seguida de AP con 4 escanos; e o PSOE con 3 escanos. O PCG quedouse
fóra do parlamento, ao igual que o nacionalismo, que obtivo uns resultados pirricos que non lle
permitiron acadar representación parlamentaria. A UPG, que concorrera aos comicios coligada coa
AN-PG no Bloque Nacional-Popular Galego (BN-PG) e coas «Bases Constitucionais» como
programa, alcanzou o 2% dos votos emitidos, pouco máis de vinte e tres mil votos; o PSG, que se
presentou en solitario, obtivo o 2,4%. A desfeita electoral provocou unha profunda crise no seo do
nacionalismo. Un reducido grupo de militantes da UPG encabezado por Camilo Nogueira formará o
Partido Obreiro Galego (que evoluirá a Esquerda Galega), mentres que no PSG a desfeita electoral
provocou un momentáneo apartamento de Xosé Manuel Beiras da dirección do partido, así como un
transvase de militantes ao PSOE.

7
OS PRIMEIROS PASOS CARA A AUTONOMÍA

O 25 de xullo de 1977, baixo a presidencia do senador de designación real Antonio Rosón


Pérez, constituíuse en Santiago a Asemblea de Parlamentarios de Galicia, encargada de elaborar un
proxecto de réxime preautonómico que foi aprobado por unanimidade de todos os grupos
representados. O 4 de decembro, máis de medio millón de cidadáns saían ás rúas convocados polas
principais forzas políticas (excepto a UPG) en demanda dun Estatuto. O executivo prometía á
comisión parlamentaria a decisión de avanzar no proceso estatutario, organizando unha Xunta pre-
autonómica baixo a direción de Antonio Rosón, que tivo que facer fronte a oposicións internas e do
BN-PG, que se negaba a cooperar rexeitando todo o proceso.

A principios de 1978 comezaba o proceso de redacción do anteproxecto do Estatuto, xa


respaldado pola Constitución aprobada nese mesmo ano. En decembro estableceríase a chamada
Comisión dos 16 controlada polos partidos estatais, que entregaba un documento no que se definía a
Galicia como nacionalidade histórica e no que se falaba do poder galego. As forzas nacionalistas e
de esquerda considerarían, non obstante, este texto como pouco ambicioso e de segundo orde en
relación cos Estatutos de Cataluña e País Vasco, convocándose desta forma multitudinarias
manifestacións en decembro de 1979. A tramitación do texto quedaría paralizada durante nove
meses.

O Pacto do Hostal (29 de setembro do 1980) permite o impulso definitivo para o proceso
autonómico, quedando fixado o día de ratificación do Estatuto para o 21 de decembro. A campaña
electoral polo “Si” será defendido por UCD, o PSOE, CD, PCG, o PG, a USG-PSOE, o Partido
Carlista de Galicia e o Partido Comunista Unificado, mentras que defenderon o “Non” o BN-PG, o
PSG, o MCG, a liga Comunista Revolucionaria, o Partido Socialista dos Traballadores e Fuerza
Nueva. O BN-PG e o PSG desenvolveron unha activa campaña organizada conxuntamente en
coherencia coa política de alianzas ensaiada desde meses atrás, mentres o POG esforzábase máis
por popularizar a recentemente creada Esquerda Galega (EG).

Os resultados finais demostrarían o escaso entusiasmo que levantou o proceso, xa que de


máis de 2 millóns de persoas chamadas ás urnas só votaron 614.000 1. Co 73% dos votos a favor,
aprobouse un Estatuto que aínda tería que esperar a ser asinado polo Rei e polo Presidente de
Goberno, Calvo Sotelo, en abril de 1981.

1 http://www.congreso.es/consti/elecciones/referendos/ref_gali.htm

8
As primeiras eleccións ao Parlamento de Galicia desenvolveríanse en outubro de 1981
inmersas nun clima de gran axitación xeral. Coa participación do 46% dos electores, a Alianza
Popular de G. Fernandez Albor consegue ser a forza máis votada, seguida moi de cerca pola UCD.
Os nacionalistas do BNPG-PSG conseguirían 3 escanos, mentres que a Esquerda Galega acada un
asiento para Camilo Nogueira, ao igual que o PCG de Anxo Guerreiro. Porén os deputados do
BNPG serían expulsados en 1982 ao non aceptar a Constitución Española.

O SINDICALISMO OBREIRO EN GALICIA

O SINDICALISMO NACIONALISTA

A Frente Obreira da UPG

Estamos a inicios dos anos 70, anos de conflitividade social, cunha clase obreira nova,
disposta a loitar polos seus dereitos e pola mellora das súas condicións laborais. A nivel político a
UPG profunda na vía da súa definición como partido comunista, de clase e patriótico, e toma a
decisión de introducirse no movemento obreiro e sentar as bases organizativas que permitan á clase
obreira galega incorporarse ao proceso de liberación nacional e social da Galiza, aportando todo o
seu potencial revolucionario. Crease a Frente Obreira da UPG, tendo como un dos seus principais
impulsores o dirixente do Moncho Reboiras.

A principios do ano 72, a Frente Obreira da UPG toma contactos con dous colectivos de
traballadores, Galicia Socialista (GS) e Organización Obreira (OO). O primeiro, GS, era un grupo
de traballadores da comarca de Vigo. O segundo, OO, era unha organización criada no ano 71 por
sectores escindidos de Comisións Obreiras e das Xuventudes Comunistas. Estes contactos danse
nun ano álxido de loita do proletariado galego, aguilloado polos tráxicos acontecementos do 10 de
Marzo en Ferrol. A morte na Ponte das Pías de dous traballadores, Daniel e Amador, por disparos da
policía contra unha manifestación de traballadores de Bazán na que reclamaban a sinatura dun
convenio propio para a factoría de Ferrol, conmociona toda Galicia e desata unha oleada de
manifestacións, folgas e actos de protesta por todo o país, especialmente nas zonas máis
industrializadas (Ferrol, Vigo e A Coruña) e nos centros de ensino superior (especialmente a
Universidade de Compostela), o que trouxo consigo unha forte represión con numerosas persoas

9
detidas e ducias de despedidos nas empresas. Esta conflitividade ten continuidade especialmente na
comarca de Vigo, con loitas importantes durante o mes de Maio, con especial incidencia no sector
naval, e no mes de setembro, en solidariedade cos traballadores de Citroën, en folga pola xornada
das 44 horas semanais e a libranza da tarde dos sábados, con preto de 25.000 traballadores en folga,
manifestacións, etc. e que rematou con centos de traballadores despedidos e numerosos detidos.

Durante toda esta conflitividade, dáse xa un proceso de colaboración importante entre OO,
GS e a Frente Obreira da UPG (constituída formalmente no mes de Agosto) o que posibilitou rachar
coa liderado en solitario que, tanto no terreo organizativo como ideolóxico, tiña até daquela CCOO
dentro do movemento obreiro galego, aparecendo aos ollos dos traballadores unha alternativa
sindical nova e exclusivamente galega. Este traballo en común das tres organizacións rematou coa
incorporación á Frente Obreira da UPG de moitos dos integrantes de GS e de varios de OO,
mentres que o resto dos membros de esta última terminaron integrándose de novo en organizacións
españolistas.

A existencia desta conflitividade laboral, a participación nela, xunto coas novas


incorporacións, deron o pulo necesario á F.O. da UPG para, durante o ano 73, lanzarse a crear nas
cidades xermolos sindicais, de ideario nacionalista, con órganos de expresión específicos: Xerme (A
Coruña), Adiante (Vigo), Ferramenta (Ferrol), Galego (Compostela), Obradoiro (Ourense). Neste
ano celébranse as primeiras reunións nacionais da F.O. da UPG.

Dentro de esa estratexia de organizar e elaborar alternativas propias para os traballadores


galegos de todos os sectores, a UPG promove, no ano 74, a creación dun sindicato específico do
sector do ensino, a Unión de Traballadores do Ensino de Galicia (UTEG). No ano seguinte, no mes
de Maio do 75, constitúese o Sindicato Obreiro Galego (SOG), a partir dos xermolos sindicais
nacionalistas que estaban a funcionar na maioría das cidades, converténdose na punta de lanza do
sindicalismo nacionalista no movemento obreiro. O 12 de agosto deste ano, prodúcese en Ferrol o
asasinato, por disparos da policía, de Moncho Reboiras, dirixente da UPG e peza moi importante en
todo o proceso de constitución dos sindicatos nacionalistas. Este suceso, xunto coa represión
policial levada a cabo polo Estado español contra os militantes da UPG, paralizan durante todo este
ano o proceso de expansión e organización do sindicalismo nacionalista.

O sindicalismo nacionalista galego durante a transición.

10
O sindicalismo nacionalista galego, naceu daquelas persoas que tiñan unha conciencia de
que Galicia era unha nación asoballada e que era necesario liberala dese colonialismo mediante
unha unión de clase. É moi destacable o papel que tivo a UPG en todo isto, xa que o berce do
sindicalismo nacionalista está na súa Fronte Obreira.

No mes de Abril de 1975, no terceiro informe do cumio executivo da Fronte Obreira da


UPG expóñense os “estatutos provisionais do sindicato galego” baseados no centralismo
democrático e na cooptación interna á dirección.

Nese ano, os documentos das forzas sindicais galegas, reflicten duras críticas a Comisións
Obreiras, pola pretensión deste sindicato de agrupar a todos os traballadores nun único sindicato de
clase. Os postulados dos nacionalistas e a creación dun sindicato galego de clase.
Outro feito moi destacable, nestes primeiros anos da Transición en Galicia foi o nacemento
da AN-PG no exilio portugués, nacendo como unha organización aglutinadora do nacionalismo
galego, e que propiciou os movementos de masas que defendían unha postura galega, entre os seus
campos de actuación tamén estaba o sindicalismo, o cal tivo un novo medio de expansión grazas a
AN-PG.

Podemos dicir que nestes primeiros momentos da transición, o sindicalismo galego


centrouse mais en intentar crear unha organización unificada, e que non se preocupou tanto da
acción de traballo que ia levar nas plantas de produción. Tentan chegar dunha maneira asumible a
masa traballadora, de forma que intentan que os seus voceiros sexan o mais sinxelos posible, e que
traten unicamente de temas sindicais.

O sindicalismo galego trata de facer ver que a loita das reivindicacións inmediatas, serve
tamén para dar sentido as reivindicacións mais transcendentais, xa que así podían demostrar que a
sobreexplotación a que se viu sometida a clase obreira galega, era causa do colonialismo que sufría
a nación galega.

Consolidación do Sindicato Obreiro Galego (SOG)


Logo da morte de Franco, o sindicalismo nacionalista galego era unha das formas de
oposición mais destacables no país, así cabe destacar exemplos de loitas como as que se deron nas
Encrobas (Cerceda) ou o rexeitamento a posta en marcha dunha central nuclear en Xove.

11
Xa en 1976, presentouse a UTEG, como sindicato único e apartidario na loita por un ensino
nacional, científico e popular. O SOG indica terse constituído na primavera anterior e insiste na
estratexia sindical galega partido da situación colonial que vive o pais e na necesidade da creación
de postos de traballo na terra para frear a emigración que vivía a poboación galega. Nestes
momentos séguese a reclamar a creación dun congreso sindical galego, así se reitera nas
conclusións do primeira asemblea xeral que se celebrou preto de Vigo.

As conclusións da primeira asemblea xeral, constitúen un documento, que sentara


precedentes no futuro do sindicalismo galego, e que quere adiantarse a prevista pluralidade sindical.
Nesa primeira asemblea do Sindicato Obreiro Galego, asistiron representantes das Comisións
Mariñeiras (CC.MM) das Comisións Labregas (CC.LL.) e da Unión de Traballadores do Ensino de
Galicia (UTEG). En dita asemblea analizouse a situación política e definíronse os principios
básicos do SOG. Onde destaca nas conclusións as que se chegaron nesa primeira asemblea a
necesidade de conformar unha Central Sindical Galega.

Xa nestes intres o sindicalismo galego medraba de forma considerable, participando nas


mobilizacións que se levan a cabo nas Pontes, con algún dos seus afiliados empoleirados da
cheminea da central térmica, ou nas folgas da construción, que tiveron especial forza nas provincias
de Lugo e A Coruña. Por outra banda o pluralismo que se daba xa entre o sindicalismo en Galicia
era xa unha realidade, así o SOG sobrepasaba as CCOO nalgúns casos e contiña a CSUT, tamén
rexurdían neste ano 1976 a UGT e a CNT. A causa deste pluralismo palpable dentro do esquema
sindical galego, a SOG xa manifesta que a central sindical galega única esta ben como principio
teórico pero xa non é unha alternativa factible o corto ou medio prazo.

Tamén se pon de manifesto en diversos documentos, como existen en Galicia unha serie de
organización irmáns, que coinciden plenamente coas perspectivas da SOG, o que se materializa na
Asemblea Popular - Nacional Galega.

A constitución da ING
Rematando o ano 1976, o SOG vese nunha encrucillada, xa que se producen escisións
dentro da AN-PG e renacen outros partidos como o PSG, de tal xeito que concibe que ten que ser
unha plataforma mais ampla, xa que o modelo organizativo do que dispoñía podíase volver ineficaz
debido o desenrolo que estaba tomando o sindicalismo galego. Así mesmo pídeselle os militantes
do SOG que tomen mais iniciativas e un esforzo maior pola organización. Fomentase a apertura de

12
locais sindicais, impulsase a formación dos seus militantes e deciden converter “eixo” nunha
publicación mensual.

Neses últimos meses do 76, de fortes mobilizacións, o SOG fai unha serie de peticións que
estende a todo a sociedade, como son as esixencias de amnistía, liberdades e dereitos nacionais,
convócanse manifestacións multitudinarias, e o mundo sindical estaba involucrado en conflitos moi
significativos.

Xa no ano 1977 estaba definido o novo marco institucional, o que facía que a ruptura
democrática se alongara cada vez mais da súa realización, ás eleccións xerais de 1977 o
nacionalismo galego concorreu por separado, o que supuxo un fracaso electoral. Ademais o
nacionalismo sufriu algún cisma, facendo aparecer novos partidos. Polo tanto o nacionalismo debeu
variar a súa estratexia sindical, deixando polo camiño escisións ou novas agrupacións que xurdían
das novas correntes.

A decisión de converter o SOG en central sindical, anunciouse en xaneiro de 1977, uníndose


con outros sindicatos sectoriais nacionalistas galegos, como UTEG, UTBG, UTSG, SGTM, co que
compartían un proxecto de unidade sindical e de liberación da clase obreira. Na primavera - verán
dese mesmo ano, aínda denominándose SOG, impulsaba e conseguía a constitución de sindicatos
sectoriais na construción, metal, transporte ou comercio. En xuño do 77 toda proxección exterior do
SOG xa incluía as iniciais da intersindical galega (ING).

En xullo foi convocada a segunda asemblea do SOG, coa intención de que precedera o
congreso que daría paso á ING. Nese momento sepárase a SOG da AN-PG, o que lle deu plena
autonomía, definíndose como un sindicato combativo, nacionalista e de clase. Desta forma podían
integrarse na formación persoas que non estiveran comprometidas co nacionalismo político, pero
que coincidisen na necesidade dun sindicato propio e combativo. Algunha destas decisións trouxo
consigo as primeiras expulsións e a primeira escisión que sufriu o sindicalismo galego.

O domingo 25 de setembro de 1977 celebrouse en Vigo unha numerosa asemblea de


delegados, aprobándose por amplísima maioría uns estatutos que converterían a SOG na ING, un
sector minoritario quixo manter a súa postura recollendo sinaturas nas asembleas locais, pero
finalmente, varios sindicalistas de Ferrol e Vigo foron expulsados.

13
O primeiro congreso da intersindical nacional galega, celebrouse en Nigrán e nos seus
estatutos di que a ING nace coa fin de agrupar ós sindicatos nacionais galegos, o que se poderán
unir outros sindicatos galegos, e reiteran os principios que rexían o funcionamento e os principios
que tiña a SOG. Comezaba a loita contra os pactos da Moncloa.

Do Pacto da Moncloa á unificación INTG-CSG


Ó longo do ano 1977, a totalidade do nacionalismo tivo que proceder a recomposición das
súas liñas de actuación conforme se formalizaba a substitución das estruturas da ditadura polas
democráticas. Pospúxose indefinidamente a pretensión de conformar unha central sindical única
galega, e procedeuse a integrar os sindicatos sectoriais no seo dunha central sindical nacionalista, a
ING.

Dende mediados do ano 1976, cun forte impulso da UPG, tentábase construír unha
alternativa que fixera viable a supervivencia do nacionalismo galego, xa que neses momentos o
pluralismo no sindicalismo era xa unha realidade. Con todo a construción da central sindical non se
pode ver como un mero movemento táctico, senón que constituía un movemento para converterse
nunha verdadeira organización de masas, e autónoma.

Hai que resaltar que segundo algúns autores, a pluralidade sindical que existía no estado
español, podía responder a dúas vertentes, por un lado a ideolóxica e por outro a unha vertente
nacionalista, no caso galego estaban mais que xustificadas as dúas vertentes, no caso da vertente
nacionalista non era unha excepción dentro do estado, xa que en lugares como o País Vasco ou
Canarias existían sindicatos de carácter nacionalista.

Cabe destacar a diferenza de linguaxe que existía nos seus discursos entre o sindicalismo
nacionalista e o estatal, xa que mentres que para os últimos, facían un exercicio de realismo
negociador, para os primeiros isto non era mais que reformismo do réxime anterior e burocratismo
carente de sentido, así os sindicalistas nacionalistas apostaban con gran énfase pola loita, para
conseguir os seus obxectivos.

Tamén había diferenzas entre o sindicalismo nacionalista e o estatal na forma de ver os


novos cambios que se estaban a dar no marco político do estado español. Por exemplo os sindicatos
estatais vían prioritario fortalecer o novo estado democrático como un marco común de liberdade,

14
mentres que os sindicalistas nacionalistas consideraban a lei de reforma política como a maneira de
encubrir unha nova ditadura, so que agora democrático-burguesa.

Outra das premisas básicas que aparece constantemente nos discursos nacionalistas e a
situación de dependencia que vive Galicia, xa que debido ó colonialismo español, que non deixa
desenrolar un marco produtivo propio, producíase unha gran emigración cara outros lugares, causa
que se achaca a esa situación de dependencia.

Nestes primeiros momentos de andaina que vive a democracia no estado español, o


sindicalismo nacionalista galego, vaise abrindo camiño, nos sectores que os sindicatos estatais non
aproveitan, xa que estes buscan uns afiliados fieis e non combaten as inxustizas dos mais
desfavorecidos, como por exemplo os problemas que se producían nas pequenas e medianas
empresas, que eran a gran parte do tecido empresarial galego, xa que segundo argumentan debido a
situación de dependencia que vivía Galicia naqueles intres, fai que non existira unha burguesía
desenrolada, nin sectores que responderan nin beneficiaran ó país.

Convén recordar que en 1977 no sector da construción non existían nóminas, e noutros
como e o sector madeireiro, antes de 1978, a maioría dos seus traballadores estaban sen asegurar,
sen vacacións e en condicións inhumanas segundo recoñecían os propios patróns das empresas.

No ano 1977 a ING comezaba a debuxar o novo contido estratéxico do seu concepto de
unidade sindical galega, xa que se vía que ía ser imposible a creación dunha central sindical galega
única, comézase a actuar de tal xeito que se considera que o proletariado galego so ten como opción
para mellorar a súa situación, a esta organización sindical galega e nacionalista.

O modelo de acción sindical


Cando facemos unha análise do proceso de relación e intercambio que tivo lugar entre a
transición política e a transición sindical debemos ter en conta as circunstancias nas que deu
comezo este proceso e que marcaron o recoñecemento do feito sindical por parte do Estado
emerxente.

O movemento sindical aparece no comezo da transición cunha capacidade de mobilización a


prol de reivindicacións inmediatas e dun novo tipo de sindicalismo. Unha parte deste movemento

15
vai asociar a consolidación do novo sindicalismo reivindicado coa existencia dun cambio
correlativo no ámbito político. Iso vaise traducir no apoio que organizacións como CCOO e UGT
lle outorgaron ao proceso de Reforma e que permitiu o tránsito dende o réxime franquista cara un
novo sistema político.

Nesta época de cambios a meirande parte dos novos actores políticos acordaron asumir como
modelo de estado o mesmo que os do seu contorno europeo: o modelo democrático, que lle concede
ao sindicalismo o estatus de actor social recoñecido non só no ámbito das relacións entre
traballadores e empresarios senón tamén no das súas relacións co propio Estado.

Así, unha vez iniciado o proceso de transición, o Estado non debía limitarse a recoñecer a
liberdade e autonomía dos sindicatos senón que debía promocionar positiva e expresamente o
fenómeno sindical.

Así pois, o estado promocionou e contribuíu a moderar o sindicalismo estatal por tres vías
distintas:
– A través de normas reguladoras da actividade sindical e das relacións laborais no seu
conxunto.
– Por medio de contribucións diversas aos seus recursos materiais.
– A través da práctica das relacións directas con este Estado.

Respecto a elaboración de leis e normas, o Estado non opera en abstracto, senón que sabe
perfectamente que os sindicatos de maior representatividade son CCOO e UGT polo que o contido
normativo e o resultado directo ou indirecto das formulacións destas dúas confederacións sindicais.

Do dito ata aquí podemos deducir que o sindicalismo nacionalista non fixo parte do proceso de
intercambio político que se estableceu entre o Estado e as dúas centrais estatais. Que a ING fose
excluída da procura de acordos foi en primeiro lugar polo súa “limitación” territorial. Ademais o seu
proxecto sindical non recollías posibilidade da conciliación nin da coxestión. Para a ING o concepto
de loita de clases estaba plenamente vixente e o único modelo sindical aceptábel era aquel que serve
como instrumento de loita para a defensa dos intereses dos traballadores polo que resulta
impensable que estivesen de acordo co Estado e o seu compromiso con CCOO e UGT xa que para
eles constituía un grave atentado contra as condicións de vida dos traballadores galegos.

16
Pactos e leis
Para o sindicalismo nacionalista un asunto primordial foi o de definir un modelo de actuación
diferenciado do que defendían CCOO e UGT, o que supoñía alterar o modelo de transición sindical.
Esta iniciativa mereceu críticas dalgúns dirixentes estatais, ademais a ING rematou por verse
suxeita nunha dinámica perversa que lle era allea: incentivada pola deterioración do sector
industrial galego, pola perda de empregos e as súas consecuencias sociais mentres era obxecto das
acusacións de irresponsabilidade e aventureirismo que lle dirixían dende CCOO e UGT.

Paradoxalmente, neste momento foi cando a ING fortaleceu o seu proxecto político. Así en
1977 celebrou o 1º Congreso da Central Nacionalista no que se aprobou un programa
anticolonialista e anticapitalista. Ademais seguía na liña do rexeitamento da alternativa autonomista
e da defensa do modelo confederal recollido nas Bases Constitucionais.

Ademais, a ING dotouse dunha estrutura organizativa que personalizou por primeira vez na
figura dun secretario xeral. Pero, en cambio, non dispoñía máis que dunha infraestrutura básica
para acometer unha labor sindical continuada. Isto solventábase con voluntariado e moita loita
persoal por parte dos afiliados.

Así, o gran reto o que se enfrontou a ING non foi outro que a procura da súa cuota de
lexitimidade entre os traballadores galegos, algo necesario para acadar o recoñecemento formal
tanto do Estado como do sindicalismo español.

Na procura deste recoñecemento valeuse de dous instrumentos fundamentais:


1) O modelo sindical baseado na mobilización, no asemblearismo e no rexeitamento da
conciliación.
2) Nas eleccións sindicais de 1978 e 1980, malia as discrepancias ideolóxicas coas normativas
regularizadoras 2

A ING apostaba pola ofensiva sindical a pesar de que eran momentos nos que dende CCOO e
UGT se apostaba por frear as mobilizacións como unha contribución á repercusión económica e a

2 Sobre todo dende a aprobación do Estatuto dos traballadores de 1980

17
construción democrática.

As xornadas de loita convocadas en solitario pola ING entre xaneiro e novembro de 1987
permitíronlle evidenciar que non se trataba dunha alternativa testemuñal e tamén serviron para
articular unha resposta política do nacionalismo fronte ó illamento procedente do entramado
xurídico-político estatal que se concentraba na ilegalización da UPG e da AN-PG e no Proxecto de
Constitución que negaba a soberanía política de Galicia. Os resultados prácticos destas xornadas de
folga non fixeron máis que confirmar o grao de consolidación territorial e sectorial que tiña acadado
a ING durante o último ano. Hai que salientar que os paros tiveron maior repercusión nas vilas que
nas cidades, e nas pequenas e medianas empresas antes que nas grandes industrias.

Estas xornadas, aínda que teñen puntos comúns insírense nunhas circunstancias específicas.
1) As xornadas do 27 de Xaneiro: foi unha resposta directa contra a política de pactos sociais e
tivo un seguimento homoxéneo por toda Galicia.
2) As xornadas do 27 de Xuño: tivo como eixo reivindicativo a defensa dos postos de traballo
na terra. A ING clamaba contra os seus efectos máis dramáticos con peches de empresas e
regulacións dos cadros de persoal. Ademais, nesta época son as negociacións dos que serán
coñecidos como Pactos da Castellana e a piques de rematar as primeiras eleccións sindicais para o
sindicalismo nacionalista era importante garantir a supervivencia do modelo de actuación. Por isto
esta convocatoria para o 27 de xuño, a portas dunha convocatoria doutros sectores para o 10 de
Xullo en Ferrol para facerlle fronte a crise da construción naval. Así a ING poñía como exemplo os
traballadores de Ascón de Vigo que levaban meses en folga contra o Estatuto de Autonomía.

Agora vamos analizar as impresións que tivo a ING dos pactos da Moncloa 3, este sindicalismo
nacionalista consideraba que a única beneficiaria do pacto fora a burguesía imperialista española e
CCOO e UGT estaban a favor destes pactos. Maior achegamento existía na localización dos
damnificados, para a ING e a UGT este pacto diminuíra na metade o poder adquisitivo dos
traballadores galegos e favorecera as regulacións dos cadros de persoal... Pero esta coincidencia non
facilitaba o entendemento nin a estratexias entre as centrais estatais e a ING.

A nacionalización do labor sindical


Formular a hipótese de que o sindicalismo galego puidese formar parte dun intercambio (que tiña
que levarse a cabo entre o Estado e o movemento sindical central) era unha quimera xa que non

3 Entre o estado e CCOO e UGT

18
compartía nin o modelo socioeconómico, nin o sistema político e, ademais, cuestionaba a
organización territorial do estado. Polo tanto, a súa será unha posición en contra case sempre.

Para a ING os eixos básicos do seu discurso sindical serán innegociables: auto- organización dos
traballadores galegos, anticapitalismo e anticolonialismo. Cando se define sobre o consenso e o
pacto social que ofertan os sindicatos estatais non dubida en argumentar que hai que entendelos
como manifestacións da domesticación e do pactismo que empregan para salvagardar os privilexios.

Esta posición de confrontación tróuxolle custes evidentes como a súa marxinación no reparto do
Patrimonio Sindical4, que era moi importante para determinar o futuro do sindicalismo en Galicia.
Así e ante o reparto inxusto, en abril de 19795 hai ocupacións de inmobles por toda Galicia.

Ademais do problema patrimonial, o sindicalismo galego carecía de recoñecemento institucional


( por exemplo, non contou con representación na IMAC, INEM ... E, aínda máis grave, logo da
aprobación da Lei de negociación Colectiva víase as portas da exclusión no que respectaba á
negociación dos salarios e das condicións de traballo.

Para a ING a verdadeira intención dos estatalistas era a de monopolizar os convenios colectivos
para que os nacionalistas non puidesen defender os intereses dos traballadores no seu ámbito de
actuación. Así, se CCOO e UGT se convertían na única vía de canalización e dirección dos conflitos
laborais que se produciron no país, o modelo de autoorganización sindical tería os días contados.

En consecuencia, a ING debía reaxir con enerxía ante esa situación de bloqueo. Para facelo botou
man do seu diagnóstico da realidade socioeconómica no que se confirmaba a persistencia na
desigualdade salarial e no ritmo de creación de emprego respecto doutras partes do Estado.
Tratábase de reivindicar un modelo de negociación colectiva que se axeitase ás necesidades da clase
obreira galega.

Respecto os pactos, a pretensión da ING era dobre: por un lado rachar cos topes salariais e coa
temporalidade bianual dos convenios pero, pola outra, quebrar a unidade de acción entre CCOO e
UGT e atraer a aqueles sectores que pulaban por un verdadeiro proxecto de clase. Esta iniciativa
tivo froitos importantes.
4 Dende mediados de 1978 a ING levou a cabo campañas para que o Patrimonio acumulado pola antiga CNS non
recaese en CCOO e UGT.
5 O goberno cedelle inmobles a UGT en Galicia

19
No tocante a crise a ING tentou darlle unha dimensión nacional e impulsou a Coordenadora de
Empresas en crise que non tivo éxito. Así e todo, onde a crise golpeaba con máis forza foi mudando
a dinámica reivindicativa. A convocatoria de folga en 1980 permitiu ollar como o nacionalismo
prestaba o seu apoio a unha demostración unitaria, co convencemento de que esta mobilización tiña
un contido diferente xa que era unha clara medida de presión o Goberno.

Queda a cuestión relativa á negociación colectiva. A principios do ano 1979 comezase a perfilar
un xiro táctico baixo a presión da “Lei de Negociación colectiva” a ING reclamou que había que
promover convenios provinciais fronte os convenios estatais para defender os intereses dos
traballadores galegos. A consecución dun marco galego de relacións laborais pasou a ser un
instrumento táctico central na actividade sindical que desenvolveu a ING. Pero o gran salto neste
ámbito produciuse en decembro de 1979 cando se comezan as negociacións para o asinamento dun
convenio galego de construción a través dun comité que se alongou ata mediados de 1980 do que
formaban parte CCOO, CTG e ING que finalmente fíxose inviábel polas discrepancias das partes.

Con todo, durante o ano 1980, a ING seguiu a darlle azos a esa proposta, primeiro no sector do
aglomerado, que deixou de ter convenio estatal para telo provincial, e por ultimo na rama do
automóbil

A unificación do sindicalismo galego

Xa como ING o sindicalismo nacionalista enfrontou as eleccións sindicais de 1978, nas que
superou os mil delegados, dato significativo da introdución social e da capacidade organizativa que
tiña acadado nos últimos anos, así como, do atinado da decisión de constituír unha central sindical
galega. O proceso de expansión do sindicalismo nacionalista ten continuidade coa fusión coa CTG
(Confederación de Traballadores de Galicia). Esta organización sindical é froito do novo
posicionamento cara presupostos nacionalistas dunha parte importante dos militantes da CSUT na
Galiza (Central Sindical Unitaria de Trabajadores). A pesar das dúbidas que provocaba o camiñar
cara a un proceso de fusión coa CTG, pois moitos dirixentes da mesma foran antinacionalistas, pero
tamén era certo que nos últimos tempos había bastantes coincidencias na acción sindical de ámbalas
dúas centrais, e por outra banda o PTE, após a fusión coa ORT, e a mesma CSUT, estaban nun
proceso de disgregación e dende o punto de vista dos sindicalistas galegos non se podían permitir o
luxo que todo ese corpo sindical fose parar as opcións españolistas. A UPG levou este debate á ING,

20
manifestándose a favor de iniciar un proceso transparente de negociación e conversas coa CTG, que
rematou co acordo, tomado en asemblea celebrada en Outubro de 1980 na Coruña, de confluír
nunha única central sindical, a ING-CTG. No mes de febreiro de 1981 a dirección da ING-CGT
acorda pasar a chamarse Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG), a cal celebra o
seu primeiro congreso en Xaneiro de 1982, en Panxón (Nigrán). Durante este congreso ten lugar o
primeiro conflito forte, nesta nova etapa, no seo do sindicalismo nacionalista. O sector escindido o
ano anterior da UPG e da AN-PG, aliase co sector procedente da CTG e intentan gañar a maioría e a
dirección do sindicato á UPG. O proceso resúltalles fallido e teñen que conformarse con ficar en
minoría, aínda que cun peso importante nos organismos. Estábanse a pór as bases do que ia ser unha
pelexa constante para gañar a dirección da central sindical e que rematou nos graves
acontecementos de 1985.

Paralelamente a este proceso pero de forma independente, tanto o Partido Obreiro Galego
(POG) e Esquerda Galega (EG) como o Partido Socialista Galego (PSG), con escasa presenza
ambos os dous no movemento obreiro, con militantes espallados tanto nas organizacións sindicais
nacionalistas como nas españolistas, estaban a tentar crear os seus propios proxectos sindicais. O
POG/EG seguía a manter o Sindicato Galego de Traballadores de Hostalería (SGTH, 1977), o
Sindicato Galego de Traballadores da Administración Pública (SGTAP, 1977) e o Sindicato Galego
da Sanidade (SGS, 1977). Así mesmo, da man do PSG, aparece a Confederación Sindical Galega
(CSG), creada con sindicalistas que proviñan, fundamentalmente, da USO, a cal celebra o seu
congreso constituinte, no mes de Setembro de 1980, en Vigo.

A nova situación de correlación de forzas no seo da INTG, na que a UPG segue a ter o
control da dirección da central pero non por moita diferenza, anima ao sector en minoría, así como
o PSG e o POG, até daquela reticentes a integrarse nunha única central sindical nacionalista, a
acelerar o proceso de unificación de todo o sindicalismo galego. O PSG e o POG podían, por vez
primeira na súa historia, ter un peso importante na dirección do sindicalismo nacionalista. No mes
de Setembro de 1982, en Compostela, ten lugar a asemblea de unificación da INTG e a CSG,
pasando a denominarse INTERSINDICAL (INTG-CSG). Neste ano 1982 celébranse de novo
eleccións sindicais e a INTG acada a condición de central sindical máis representativa a nivel do
Estado, conxuntamente con CCOO, UGT e ELA, pois superou os 1.500 delegados, máis de 15%
dos delegados electos en Galicia.

21
O SINDICALISMO ESTATAL

CCOO
Foi ao Partido Comunista de España a quen lle correspondeu case en exclusiva o protagonismo
da loita antifranquista ao longo de tres décadas (1940-1970), e tamén lle debemos o rexurdir do
sindicalismo en España e en Galicia co nacemento e consolidación de Comisiones Obreras. As
CCOO recollían traballadores de diferentes tendencias ou independentes, pero se mantiveron e
consolidaron pola actividade dos militantes comunistas que as artellaron co seu traballo socio-
político e os elementos teóricos que emanaban do seu partido.

As Comisiones Obreras, inicialmente de fábrica ou empresa pero coordenadas entre si e


eficaces no seu labor sindical “paralegal”, acrecentaron en representantes nas eleccións sindicais do
1966, convocaron a súa primeira asemblea española en 1967 e foron ilegalizadas en decembro dese
ano, mais, dende a clandestinidade, protagonizaron en Galicia fortes mobilizacións, destacando as
producidas contra un masivo despedimento en Obras Civiles de Bazán (Ferrol), o peche da PEBSA
(A Coruña), de PYSBE (Ferrol), pola mellora das condicións laborais en Álvarez de Vigo,
expandidndo asemade CCOO a Lugo, Ourense, Monforte, Viveiro... En 1968, o seu grande
crecemento conduciu as CCOO a editar o primeiro número de Galicia Obreira, a estruturar en
Ferrol, Vigo e A Coruña as “Comisiones Obreras Juveniles”, formular reivindicacións que
trascendían do laboral ao político, e constituír o seu primeiro secretariado galego cara a Iª Asemblea
das CCOO de Galicia en setembro do 1970, celebrada, claro está, na clandestinidade.

Nunha xeira de forte conflictividade (ao longo do alo 1970 houbo en Galicia case que mil
seiscentas folgas, destacando as de Astano, Barreras e Vulcano polas horas extras, PEBSA da
Coruña, a de 37 días en Peninsular Maderera de Ferrol...), foron convocadas eleccións sindicais no
marco da nova “Ley Sindical” de 1971, normativa que na práctica nada ou pouco cambiaba, pois
mantiña a estrutura única do sindicato vertical. En pleno Estado de Excepción o secretariado das
Comisiones Obreras desbotou o boicoteo a esas eleccións como demandaban os afiliados máis
radicais (rapaces con militancia nas “Juventudes Comunistas” do PCE e nas “Comisiones Obreras
Juveniles”, que en Vigo se agruparon en “Organización Obreira” [OO] nos primeiros meses do ano
1972) e optaron pola participación, acadando unha representación amplamente maioritaria dos
traballadores. Nos anos sesenta e nos primeiros anos setenta do pasado século, sobrepóndose os
seus militantes ás detencións, cárcere ou sancións laborais, a única alternativa sindical

22
verdadeiramente existente en Galicia eran as Comisións Obreiras. En 1972 prodúcese a folga e
manifestación de 10 de marzo en Ferrol, que se saldou coa morte dos obreiros Amador Rey e Daniel
Niebla e vinte feridos por disparos da policía. Nun informe policial de 1972 faise un balance sobre
a situación da oposición sindical na ría de Ferrol nos seis anos anteriores:

“Desde 1966 las Comisiones Obreras, dependientes del P.C. de España, y creadas con
la expresa finalidad de enfrentarse en el orden laboral al sistema sindical español, y en
el plano político, incardinadas en el aparato directivo del Partido, para luchar contra el
Estado y la Revolución Nacional, venían trabajando en la ciudad (...) Miembros
avanzados del P.C., dirigentes de aquellas Comisiones obreras, fueron poniendo en el
Ferrol del Caudillo las bases para la subversión, meta final de todas sus actividades”6

A isto sumouse a posterior folga xeral en Vigo, que mantivo paralizada a cidade durante varias
semanas. Estes dous feitos marcaron un punto de inflexión ascendente na curva de crecemento do
movemento obreiro en Galicia, como demostra, entre outros indicios, a proliferación da prensa
obreira clandestina.

Esta situación prolongase ata finais do ano 1973, momento a partir do cal as CC.OO. de Galicia
recuperan e amplían a súa influencia entre os traballadores. Con iso manteñen a sua posición
hexemónica na oposición sindical.

UGT
En 1974 - 1975 empezou a resurrección da socialista Unión General de Trabajadores (UGT)
que, no ronsel do rápido crecemento político do PSOE nos anos seguintes, chegará a ser, xa en
plena democracia, unha das grandes centrais sindicais de Galicia.

Da banda do nacionalismo, a UPG ata 1972 considerou que CCOO debían ser o sindicato de
clase de todos os traballadores galegos. Pero a partir de 1973 cambiou radicalmente de actitude e no
sucesivo negouse en todo momento a actuar sindicalmente en centrais de ámbito estatal, por
entender que a fronte de liberación nacional, que debía abranguer todas as dimensións dos
movementos sociais, tiña que manter unhas fronteiras de separación ríxidas con respecto a calquera
organización non exclusivamente galega. En consecuencia, debía procurar a creación duns
sindicatos nacionalistas que fosen a alternativa nacional galega a CCOO e UGT. E empezou a

6. Legado Vicente Álvarez, Dirección General de Seguridad. Boletín informativo número 18 (18
de mayo de 1972).

23
crealos naqueles sectores de empregados públicos e white collars onde tiña algo máis de
implantación. Nesta onda fundou en 1974 a Unión de Traballadores do Ensino de Galicia (UTEG),
ao que seguirían iniciativas similares na sanidade (UTSG), na banca (UTBG) e outros sectores. En
maio de 1975, a súa Fronte Obreira dará paso por fin ao Sindicato Obreiro Galego (SOG). Non
obstante, e despois, estes gromos sindicais nacionalistas non foron quen de competir realmente con
CCOO durante a transición.

A CNT
En 1956, Víctor Francisco Cáceres, traballador do estaleiro vigués “Vulcano”, foi quen de
proseguir o traballo sindical na cidade e contactar coa vella militancia e co exilio francés, dando
unha precaria continuidade á CRG ata que en 1976, co devalo do réxime franquista, vellos e novos
cenetistas procedentes das principais cidades galegas, acordaron en Vigo a definitiva normalización
da central obreira anarcosindicalista no noso país.

O 6 maio de 1977 a Confederación Nacional do Traballo foi legalizada, o que contribuíu o seu
desenrolo. A CNT, última organización sindical en ser legalizada, confirmou nesta etapa o seu
clasicismo revolucionario: rexeitaba os contactos ou componendas co estado ou co empresario na
cúspide. Durante estes meses declinouse unha invitación para dialogar co ministro de Relacións
Sindicais e outra para participar na OIT (Organización Internacional do Traballo) polo seu carácter
intergubernamental e antiobreiro a todas luces.

O 15 de xaneiro de 1978 a CNT organizou unha manifestación en Barcelona contra a firma dos
Pactos da Moncloa7 e as eleccións sindicais. Na mesma xuntáronse sobre 10.000 traballadores que
seguían opoñéndose a ese pacto social e que era proba evidente da gran capacidade de convocatoria
que tiña a CNT naqueles momentos.

O período entre 1979 e 1983 estivo marcado polas escisións que sufriu a anarcosindical,
produto da postura mantida por parte dos sectores minoritarios en favor de participar nas eleccións
sindicais a comités de empresa.

7. Firmados entre o Goberno de España, presidido por Adolfo Suárez e os principais partidos políticos con
representación parlamentaria no Congreso dos Deputados. Os pactos supuxeron a imposición definitiva da reforma
política sobre a ruptura co franquismo.

24
A Confederación Nacional do Traballo retomara as súas esencias, pero non sen pagar un alto
prezo: unha ruptura sindical, unha considerable pérdida de militantes e unha sensación de
desencanto que tardaría en superar.

O SINDICALISMO LABREGO EN GALICIA

As Comisións Labregas ( CCLL ) nacen en 1973 creadas dende a UPG e “tuteladas” polos
CALL (Comités de Axuda á Loita Labrega), unha organización de funcionarios/as, estudiantes,
curas, mestres/as, ...que na práctica exercía a dirección. Este nacemento e aprobeitado pola UPG
para desenvolver a súa estratexia e espallar o nacionalismo mediante a penetración social do mesmo
nos diferentes ámbitos da sociedade.

Evolución do SLG-CCLL
Co principal obxectivo de sintetizar a evolución marcada polo CCLL ó longo desta etapa,
vamos dividir en dous períodos a súa actuación, posto que esta estivo influenciada por factores
contextuais que determinaron a existencia, ou non, de oportunidades políticas para a toma de
decisións e o seu repertorio de mobilización.
A primeira etapa abarcaría dende o ano 1973 ata o 1977, data na que as Comisións Labregas foron
legalizadas; o segundo período, comprendería entre o 1977 e o 1989,cando se presenta un novo
proxecto sindical e se aproban novos estatutos, simboloxía denominación.

a) Período 1973-1977
Como se explicou anteriormente, as Comisións Labregas, que teñen as súas raíces nos
Comités de Axuda á Loita Labrega (CALL), nacen no ano 1973, en plena clandestinidade, debido ó
réxime de represión franquista vixente por aquel entón.

Mais esta situación non lle impediu actuar na defensa dos intereses dos labregos e labregas
galegos, e a campaña emprendida contra a Cota Empresarial é un exemplo moi significativo.Sen
embargo, a nula apertura do sistema político español e a consecuente prohibición de realizar
mobilizacións masivas e asembleas públicas, reducíalle o seu repertorio de actuación,
principalmente, á presentación de escritos ó Goberno Civil ou ás empresas, pequenas
manifestacións, e ó chamamento á desobediencia civil, pedindo, por exemplo, que non se pagara a
Cota Empresarial. Por este motivo, en novembro do 1973 sae, de maneira clandestina ante a censura

25
do réxime, o primeiro voceiro das CCLL, e no 1975 edítase unha táboa reivindicativa onde se pide,
entre outras cousas, a anulación da Cota.

Son significativos desta etapa, os intentos de creación dunha identidade propia do


movemento. Pois, por unha banda, no momento en que se orixinan as Comisións Labregas, estas
intentan diferenciarse das “Hermandades de Labradores” argumentando a necesidade de
establecerse como “unha organización totalmente labrega e democrática que defenda os nosos
intereses contra as empresas capitalistas que nos asoballan, temos que organizar un auténtico
Movemento Agrario Galego”. E por outra banda, dous anos máis tarde, as CCLL anuncian a
intención de integrar os labregos nun sindicato único labrego e declaran a súa independencia a
respeto de grupos políticos, aínda que no 1976 adhírense á Asemblea Nacional-Popular Galega
(AN-PG).

Tamén hai que destacar a importancia que tiveron os medios de comunicación (neste caso a
prensa escrita clandestina) e a alfabetización (as Comisións Labregas fixeron campaña en defensa
das escolas no rural) como factores para chamar á unión a aquelas persoas vinculadas ó movemento.

b) Período 1977- 1989


No ano 1977 as CCLL, no marco dunha campaña en defensa da liberdade sindical, propoñen
a creación dun Sindicato Labrego Galego, único, democrático, independente e solidario, o cal
consegue a súa legalización no mes de xuño, pasando a denominarse Comisións Labregas –
Sindicato Labrego Galego.

Durante estes doce anos, as mobilizacións son intensas e os problemas non deixan de
incrementarse. Os baixos prezos da pataca, dos becerros e do leite, os intentos de expropiacións de
terras para a creación de encoros (As Encrobas, Campobecerros, Navia de Suarna…), a intención de
crear unha Central Nuclear en Xove, a Lei de Montes, as importacións de leite en pó, a previsible
entrada na CEE e, en definitiva, a Política Agraria do Goberno e da Xunta, só resulta eficaz para a
convocatoria de masivas e históricas tractoradas, manifestacións e concentracións.

Pero hai que destacar, de maneira moi relevante, as continuas loitas contra a Cota
Empresarial, e , máis tarde, o rexeitamento das CCLL-SLG á entrada do Estado Español na CEE.
Por unha banda, a loita contra a Cota Empresarial neste período mostra o incansable esforzo e a
loita permanente dos labregos e labregas galegos por non someterse ás inxustizas, ata o punto de

26
que o Goberno vese forzado a prometer a retirada da mesma, e promúlgase un Decreto no que se
recoñece a necesidade de cambiar o sistema de Cota Empresarial, pero o Sindicato decide convocar
novas manifestacións debido ás fortes presións por parte do Goberno contra os labregos que non
pagaran a Cota. Tras máis mobilizacións, Facenda bloquea as contas bancarias de ditos labregos, ó
que se responde con máis mobilizacións, e finalmente Facenda anuncia a posibilidade de pago
fraccionado. Sen embargo, o Goberno estatal segue presionando para cobrar a Cota, e o Sindicato
convoca de novo numerosas mobilizacións, pero o Goberno non cede e a situación dos labregos que
non pagaron é insostible.

Por outra banda, no ano 1980 xa se prevé a entrada do Estado Español na CEE, á que o
Sindicato amosa a súa oposición ó considerar os efectos negativos que podería xerar a aplicación da
PAC no agro galego. Ante esta situación empréndense negociacións co Ministro de Agricultura,
mais non se obteñen respostas favorables para o sector agrogandeiro, polo que no 1984 esíxese un
Plan de Política Agraria Galega fronte á CEE e espállanse produtos agrarios por toda a Praza do
Obradoiro a modo de protesta. Tan só un ano máis tarde comeza a sentirse a imposición das Cotas
lácteas, e as CCLL-SLG acoden a Bruxelas, en protesta polas mesmas, xunto con outros sindicatos
do Norte da Península Ibérica. Posteriormente, as mobilizacións continúan, e terá lugar a
manifestación labrega máis grande da historia de Galicia pedindo que non se apliquen as cotas, ó
mesmo tempo que se fai un chamamento á desobediencia civil para non facer as declaracións do
leite. O Goberno vese obrigado a actuar e asina unhas cotas provisorias que o Sindicato recorre.

Nesta etapa, coas CCLL-SLG xa legalizadas, apréciase a intensa mobilización de labregos e


labregas ante os graves problemas dos diversos sectores, ós que responden, de maneira masiva, cun
repertorio de acción moito máis extenso que no período anterior, chamando igualmente á
desobediencia civil en varias ocasións e convocando numerosas concentracións, manifestacións e
tractoradas, aínda que tamén se introduciron novas formas de protesta colectiva como a celebrada
no Obradoiro ou as destilas públicas de augardente.

Pero tamén hai que destacar que a nova situación de entrada na CEE, obrigou ás CCLL-
SLG, e, en definitiva, ós labregos e labregas galegos, a ter que negociar co Estado como axente
mediador na solución dos problemas que lles afectan e que están xa máis relacionados coas
directrices de organizacións supranacionais e coa estrutura económica capitalista, dificultándose,
deste xeito, e aínda máis, as relacións entre os diversos actores para a procura de solucións
satisfactorias ós conflitos mencionados.

27
Como consecuencia desta complexidade que adoptan os problemas que afectan ós labregos e
labregas galegos, as CCLL-SLG foron tecendo unha rede de alianzas con campesiños e labregos
doutras partes do mundo que loitan pola defensa duns intereses comúns. Así, durante estes anos, as
CCLL-SLG participaron en manifestacións conxuntas con sindicatos da cornixa cantábrica, en
Bruxelas; asistiron a reunións coa Coordinadora Campesiña Europea (CPE), xunto con máis
sindicatos do Estado Español e Portugal; e organizaron a visita dos representantes da CPE a Galicia,
que manifestaron o seu apoio á loita labrega.

O MOVEMENTO ESTUDANTIL EN GALICIA

A presenza do movemento antifranquista organizado na universidade era aínda moi reducido


na Galicia dos anos sesenta. En 1961 fundarase en Madrid a Federación Universitaria Democrática
Española (FUDE) por membros do Partido Comunista e outras organizacións para combater dentro
das universidades a presenza do franquista Sindicato de Estudiantes Universitarios (SEU). Estes
tiveran un notábel éxito sobre todo na etapa de 1963-1965, facendo que o SEU se disolvese nese
último ano. Porén, a situación en Galicia era totalmente diferente, onde en 1965 se formaba, tras a
desaparición do SEU, a Asociación Profesional de Estudiantes sen ningún tipo de boicot por parte
dos estudantes progresistas, que segundo Víctor Santidrián8 non serían máis que dous militantes
clandestinos na Universidade de Santiago; Luís Cochón do PCE e Luís González Foz da UPG.
Mentras a dominante Juventud de Estudiantes Católicos gañaba as eleccións das APE, os ecos de
fóra conseguían que unhas catrocentas persoas se reunisen nun recital de Raimon en Filosofía. A
situación desta moderada etapa 1965-1967 cambiará de forma brusca un ano máis tarde.

O movemento universitario apareceu repentinamente organizado nos sucesos de marzo-abril


de 1968 en Santiago de Compostela, anticipándose ao famoso maio francés. O que comezou sendo
un conflito puramente académico pronto derivou nunha loita política encabezada sobre todo por
militantes do PCE como Vicente Álvarez Areces. Até o 17 de abril a cidade viviu atónita unha
guerra aberta con folgas, sentadas, asembleas, cargas policiais... que fortalecería para sempre un
movemento universitario que se conformará nese mesmo ano no Sindicato Democrático de
Estudantes Universitarios de Galicia, con presenza do PCG e UPG. A deriva cara o radicalismo e a
conflitividade en aumento será un agravante para o réxime, que tivo que facer fronte a partir do
curso 1969-1970 a unha sucesión de manifestacións e folgas violentas continuas a favor das

8 A GRAN HISTORIA DE GALICIA, XIV VOL. I, páx. 49

28
liberdades políticas, de amnistía e de solidariedade co movemento obreiro. No 1972 unha parte do
profesorado, como Ramón López Suevos, Manuela Fraguela, Xosé Manuel Beiras, Francisco
Candela e José Ángel García de Cortázar empezou a poñerse do lado dos estudantes, actos de
rebeldía que serían castigados con expedientes e expulsións por parte do reitorado, algo que será
contestado por unha carta aberta denunciando a represión e asinada por 3000 persoas.

En decembro de 1972 fúndase ERGA (Estudantes Revolucionarios Galegos) partindo de


militantes e achegados á UPG encabezados por Manuel Mera (recén chegado da Arxentina, onde
tivera experiencia na organización universitaria), e en resposta a represión aos estudantes, marcada
nese momento polo asasinato de José María Fuentes, estudante de medicina, por un inspector da
Brigada Político Social. Aos poucos meses de formarse, ERGA contaba xa con media centena de
militantes, entre os que se contaban cadros actuais da UPG e doutras formacións como Alfredo
Suarez Canal, Elvira Souto, Chus Pato ou Anselmo López Carreira. ERGA lánzase a organizar
masivamente o estudantado partindo dun programa no que se define a Galicia como nación
colonizada e na que os estudantes son un grupo social cun papel revolucionario na loita de
liberación nacional e social que consideran precisa. Desta forma ERGA saltará na loita contra o
decreto polas catro convocatorias, contra a suba das taxas académicas, pola normalización do
idioma, e xa na democracia participando activamente en todas cantas movilizacións se deron no
país (cos gandeiros pola cota empresarial e o prezo do leite, cos sindicatos na loita contra os Pactos
da Moncloa, nas celebracións do 10 de marzo e 1º de maio, contra a implantación de industrias
contaminantes como a Nuclear de Xove, etc...). Por outra banda o Partido Comunista de Galicia
crea a súa propia Organización Universitaria, con actividade durante toda a transición.

No curso 1973-1974 asistimos a feitos cruciais na etapa final do franquismo como son o
atentado contra Carrero Blanco e a elección de Arias Navarro como Presidente do Goberno, feitos
que tiveron pouca repercusión directa no movemento estudantil, xa que aquel ano o curso non
empezaría ata xaneiro. A execución do anarquista Salvador Puig Antich o 2 de marzo si foi un
motivo de loita na universidade galega, así como o 25 de abril en Portugal, que se converteu nun
motivo de estímulo máis na loita pola democracia, como se veu de demostrar na folga xeral
convocada o 9 de maio en todas as universidades.

Coa morte de Franco e a ilusión depositada nunha ruptura democrática a mobilización do


estudantado galego vai acadar unha importante expansión, sobre todo entre o nacionalismo. O
estudantado vaise amosar especialmente receptivo a participar en conflitos de carácter xeral como

29
as manifestacións do 25 de xullo ou as convocadas por sindicatos como a ING ou as Comisións
Labregas. As mobilizacións propiamente académicas terán un carácter máis marcado pola dinámica
dos centros, pero si haberá loitas comúns pola derrogación dos Estatutos de Centros ou da LAU. En
xaneiro de 1978 ERGA celebra o seu I Congreso Nacional con cerca de 1000 delegados, pero aínda
en situación de ilegalidade (ata 1987 non se legaliza).

Coa fundación do BNG en 1982, ERGA pasa a ser un colectivo máis da fronte. A UPG
reconsiderou a necesidade de reorientar o traballo no seo do estudantado coa creación dunha nova
organización estudantil de base ampla que atraese ao nacionalismo a estudantes independentes.
Nacen así os Comités Abertos de Facultade (CAF) no curso 1983-1984. ERGA deixará paso a
Galiza Nova en 1988.

30
BIBLIOGRAFÍA

• A Gran Historia de Galicia:

1. Século XX. Unha economía: Dúas sociedades. Tomo XIII. Vol. 2. Atraso económico
nunha sociedade destruída.
2. A Galicia Autónoma (Dende a Transición). Tomo XIV. Vol. 1. A Transición en
Galicia.
3. A Galicia Autónoma (Dende a Transición). Tomo XIV. Vol. 2. Os primeiros pasos da
Autonomía.

• O Sindicalismo Nacionalista Galego. 1972 – 1982.


Bernardo Máiz Vázquez, Bieito Alonso

• Luís Tilve, un sindicalista na Transición Política


Roxelio Pérez Poza

• La construcción del movimiento sindical en sistemas Políticos Autoritarios: las


Comisiones Obreras de Galicia (1966 – 1975).
Pedro Lago Peñas

• Relanzamiento de la CNT (1975- 1979).


Juan Gómez Casas

• Solidariedade Obreira: órgano da CNT da Galiza.

• Os partidos políticos en Galicia.


X.M., Rivera Otero, X.L., Barreiro Rivas, F., Jiménez Sánchez

• Arquivo de Terra e Tempo.


1. Nº 130. Xullo – Agosto 2004

31

You might also like