You are on page 1of 3

COMENTARIO DO MAPA SOBRE

ÁREASINDUSTRIALES ACTUAIS
ENESPAÑA

Estamos diante dun mapa temático que amosa a localización das áreas
industriais españolas nos tempos actuais. Podemos caracterizalo como mapa
corocromático, pois as diferentes provincias están sinaladas con cores variadas,
segundo o tipo de área industrial do que esteamos a falar (a excepción atopámola en
Zaragoza, onde só se destaca como “área ou eixo en expansión” a zona que se
corresponde co val do Ebro).

A lenda destaca catro tipo de áreas: con cor vermella, as “áreas industriais
desenvolvidas”; con cor laranxa, as “áreas ou eixos en expansión”; con color
laranxa claro, as “áreas ou eixos en declive”; por último, en cor celeste, as “áreas de
industrialización inducida e escasa”.

O mapa inclúe tamén símbolos proporcionais, referidos ao tamaño do


emprego (se ben a lenda é incompleta ao respecto). Non inclúe fonte de
procedencia nin data.

Definimos como área industrial aquela na que hai unha concentración de


empresas por enriba da media nacional. Esta concentración pode deberse a
factores clásicos de localización industrial (proximidade a materias primas e fontes
de enerxía, ao mercado, á man de obra) ou a novos factores de localización como o
acceso á innovación e formación (presenza de man de obra cualificada, maiores
investimentos en I+D+i), as vantaxes comparativas que cada territorio poida aportar,
as políticas industriais adoptadas polos diferentes organismos públicos, etc.

Observando o mapa podemos localizar diferentes áreas industriais. En primeiro


lugar as áreas industriais desenvolvidas establecidas nos espazos centrais das
aglomeracións metropolitanas de Madrid e Barcelona. Estas zonas sufriron a perda
de tecido industrial pola reconversión e a difusión industrial, mais reviviron coa
implantación de sectores high-tech e coas sedes sociais das grandes empresas, dando
lugar a unha crecente terciarización da súa industria e economía en xeral. A presenza
de man de obra cualificada e maiores investimentos en I+D+i facilitan a creación de
parques tecnolóxicos e maior produtividade.

En segundo lugar, as áreas e eixos industriais en expansión localízanse en


dous eixos:
 Eixo do val do Ebro (que engloba A Rioxa, Navarra e a parte central da
provincia de Zaragoza).
 Eixo do Mediterráneo (que inclúe Cataluña, Comunidade Valenciana e
Murcia).

Son zonas onde se implantan as industrias polas recentes tendencias difusoras e


polo desenvolvemento dunha industrialización endóxena. Estes eixos nacionais atraen
diversas industrias nacionais e EMNs (empresas multinacionais), mais tamén están
relacionadas con cidades de antiga tradición industrial e coa industria rural, tan
significativa nas pequenas localidades levantinas. Ambos eixos forman o “Y”
mediterráneo, unha área de expansión económica en España a diferentes niveis. A nivel
rexional, destacan outros eixos como o de Madrid-Castela A Mancha e Tordesillas-
Palencia-Valladolid.

Nestas áreas podemos diferenciar as coroas metropolitanas e as franxas


periurbanas, onde se instalan industrias en declive, mais tamén tradicionais, novas ou
deslocalizadas desde as áreas centrais co obxecto de reducir custes. Son industrias
pequenas, con escaso capital, traballo pouco cualificado, subcontratas, etc. Tamén hai
empresas innovadoras nos parques tecnolóxicos. Por último, algunhas áreas rurais
recibiron a instalación de industrias xeralmente de producións tradicionais aproveitando
os recursos da contorna.

En terceiro lugar, as áreas e eixos industriais en declive correspóndense coa


cornixa cantábrica e certos emprazamentos como Ferrol e a baía de Cádiz -lugares
nos que a crise do sector naval durante o período de reconversión industrial eliminou
boa parte dos empregos-, así como os vales cataláns especializados na produción
téxtil. Unha dura reconversión nos anos 1980, dada a súa especialización en sectores
maduros, veu acompañada dunha escasa reindustrialización por mor dun mercado
laboral pouco cualificado e reivindicativo, así como o deterioro medioambiental e un
crecemento urbano desorganizado. En consecuencia, o declive demográfico e a perda
de competitividade afectaron a estas áreas, se ben o País Vasco -de gran proximidade
a Europa- constitúe un exemplo de revitalización industrial.

Por último, as áreas de industrialización inducida e escasa hai que localizalas no


resto do territorio español. Son zonas caracterizadas pola existencia de algunha grande
empresa industrial, mais con predominio de industrias pequenas, tradicionais e
dispersas.

Nas áreas de industrialización inducida –Aragón, Castela e León e


Andalucía- creáronse algúns enclaves industriais cando se acometeron políticas de
promoción industrial na época do desarrollismo (Zaragoza, Valladolid, Sevilla-Cádiz-
Huelva) que concentraron investimentos, produción e emprego, mais non difundiron a
industria cara a áreas próximas.

As áreas de industrialización escasa son Castela- A Mancha, Estremadura,


Baleares e Canarias; nelas pode haber algunha grande industria puntual, mais
predominan as pequenas e medianas empresas, pouco competitivas e pertencentes a
sectores tradicionais.

En conclusión, cabe constatar a existencia de desequilibrios industriais


rexionais. Entre 1990 e 2007 perderon traballadores as provincias máis
industrializadas, as afectadas polo declive e as máis terciarizadas, e gañaron
traballadores aquelas provincias receptoras de industrias desde provincias
próximas ou onde se crearon novas PeMES ou innovaron as tradicionais. Entre 2008
e 2015, a ocupación descendeu pola crise. Os desequilibrios increméntanse pola
necesidade de tecnoloxía e innovación, pois esta concéntrase nas grandes
aglomeracións de Madrid e Cataluña.

You might also like