You are on page 1of 17

Alfredo González Mijares DNI:54469382T

Jorge Cid Rejo DNI: 49710212J


Lucas Rodríguez Cancio DNI: 44658565
Nicolás Buján Castro DNI: 45952334J

1
Índice
Relevo e Clima………………………………………………………………………….. 3

Análisis demográfico …………………………………………………………………… 5

Análisis económico ………………………………………………………………………7

Morfoloxía e estructura urbana ……………………………………………………...…. 10

Problemáticas urbáns ………………………………………………………………….... 13

Conclusións …………………………………………………………………………..… 15

Bibliografía …………………………………………………………………………...… 17

2
Relevo e clima
A vila de Allariz atópase no municipio do propio nome, situada na provincia de Ourense
(Galicia, España) nas coordenadas 42°11′24″N 7°48′06″. O estares situada na cunca do río
Arnoia, o cal cruza o núcleo urbán (situado entorno aos 500 metros por riba do nivel do mar),
queda así encaixoada entre pequenos outeiros e outras elevacións do terreo un pouco máis
acuciadas e de maior tamaño a nivel local. A vila alaricana atópase situada ao sur do val do
Miño entre a Dorsal Galega que cruza a comunidade polo noroeste, os montes do xurés ao
suroeste e as serras de San Mamede e a de Queixa ao este; tendo o municipio unha poboación
total duns 6200 habitantes.

As súas principais caracteristicas naturais son o seu clima de tipo Csb según a clasificación
climatica Köpper que se corresponde cun clima mediterraneo oceánico o que nos indica que é
un clima temperado con verans e invernos suabes suaves. Tamén ten unha clara influencia do
Cfb ou oceánico temperado posto que poden darse situacións de seca no verán e de invernos
con temperaturas inferiores aos 0 grados. Aínda que estas dúas situacións veñen aminoradas
pola presenza do río Arnoia, que cruza a cidade dirección noreste-suroeste cunha lonxitude
total, dende o su nacemento ata a súa desembocadura no río Miño, de 84,5 kilómetros
facendo o río máis longo da provincia de Ourense. Este río axuda en parte a miticar os
“efectos” do clima continental do interior ou Dsa que como podemos ver no mapa delimita co
cinturon montañoso que envolve toda a contorna de Galicia separandoa de Castela a Mancha.

3
Ás beiras do río están marcadas pola abundante vexetación, caracteristica de Galicia e do seu
clíma mediterraneo-oceánico (empregando sempre a escala Köpper). Isto obsérvase polos
bosques do arredor da vila, que se caracterizan por especies arbóreas autóctonas propias das
fragas galegas como o carballo, o castiñeiro, o abedúl, o alcornoque, o fresno… Estes árbores
comparten territorio con outras especies invasoras como son o pino ou o eucalipto. Ademais
de frondosos bosques arbústicos de especies autóctonas como as xestas ou as silvas
salpicadas por exemplares de acivros e fiadores. Atopamos tamén herváceos como os fentos.
Sendo estes bosques poboados por certa variedade de fauna de gran tamaño como cervos,
corzos, xavaríls ou lobos; e por outras de menor tamaño como liebres, píntegas, certos tipos
de serpes, xunto a un gran númeo de especies de insectos e de paxaros.

4
En definitiva, a localidade de Allariz presenta os trazos típicos do interior de Galicia
influenciados en gran medida polo Macizo Galaico, menos na costa, e polos numerosos ríos
de Galicia, neste caso o río Arnoia. Contando cun clima temperado aínda que con excepcións
como posibles secas no verán ou temperaturas inferiores aos 0 graos no inverno.

Análisis demográfico
Ahora, analizaremos a evolución demográfica de Allariz, do período comprendido dende
inicios do S.XX ata a actualidade.

A principios do S.XX, Allariz contaba cunha población de aproximadamente uns 10.000


habitantes. Este gran aumento da súa poboación con respecto a anos anteriores, é debido á
súa favorable situación económica. Como vemos na gráfica, non é ata a partir dos anos 70
cando se aprecia un descenso bastante notable na población alaricana. O descenso produciuse
pola destrucción do sector industrial e as carentes políticas de fomento económico aplicado a
rexión. Sumado a isto, a súa cercania á área de Ourense, aumentou as migracións cara ela,
descendendo así a población de Allariz.

A partir dos anos 80 comezamos a ver un repunte da poboación, época coa que se
corresponde co cambio cara unha economía sostenible en Allariz.
Allariz na actualidade conta cunha densidade poblacional de 72,65 personas por Km2.

5
-Habitantes segundo o seu lugar de nacemento
Según os datos publicados polo INE procedentes do padrón municipal do ano 2020, o 43,84%
dos habitantes empadroados no Municipio de Allariz naceron en dito municipio.

-Crecemento vexetativo

Para o ano 2019, o crecemento natural de Allariz foi negativo, contando con 42 defunciones
máis que nacementos.

6
-Pirámide de poboación 2020
A media de idade dos
habitantes de Allariz é de
46,64 años, -0,03 años
menos que hace un lustro
que era de 46,67 años.

Fixándonos na pirámide podemos ver que se corresponde a un modelo demográfico propio


de un lugar desarrollado. Ao mesmo tempo apreciamos unha alta esperanza de vida, xa que
esta pirámide non se estreita excesivamente no seu cumio. A partir de esta pirámide podemos
ver como se foi reducindo a tasa de natalidade, mostrandose na pirámide con unha estreita
base que se vai ampliando según nos acercamos a idades máis adultas. Si nos focalizamos no
cumio observamos uns entrantes nos nados entre 1936 e 1940 que encaixan coa Guerra Civil
Española, provocando este descenso poblacional debido as mortes en combate, as fames,
exilios e posteriores consecuencias que provocou esta guerra. Na poboación adulta vemos uns
salintes que se corresponden aos anos comprendidos entre 1966 e 1985, provocados por un
baby-boom tardio incitado pola mellora economica, tecnoloxica, sanitaria e por suposto, o fin
da dictadura franquista.

Análisis socioeconómico

Para levar a cabo unha análise exhaustiva da economía deste concello, debemos entender os
seus precedentes históricos. Allariz fundouse no S.VI polos suevos, pero non sería ata o S.XI
cando comeza o seu esplendor económico. Alfonso VI manda construir unha fortaleza
rodeada de murallas e unha ponte de entrada a vila, o que a convertirá nun dos centros

7
neurálxicos máis importante do Reino de Galicia. Durante séculos a actividade económica da
vila estivo enfocada a producción artesanal; numerosos foron os gremios que xurdiron tales
como zapateiros, ferreiros, carpinteiros, canteiros, curtidores, tecedores, etc. Conseguiron
aproveitar o caudal do río Arnoia e empregar a súa enerxía para o funcionamento de muiños e
a instalación da fábrica de coiro. Tal foi o esplendor económico alcanzado que, a comezos do
S.XX, chegou a contar con 10.000 habitantes.

A partir dos anos 60 do século pasado, produciuse un gran declive económico e demográfico
debido a falta de infraestructuras e o déficit da aplicacion de políticas activas que impulsaran
a modernización da actividade productiva. Isto engadido a que a agricultura e a gandería eran
de autoconsumo, provocou que a actividade artesanal xa mencionada desaparecera
paulatinamente, aínda que en 1971 Allariz fose declarada como conxunto Histórico -
Artístico. A chegada da democracia non supuxo un cambio de tendencia, a falta de incentivos
e a carencia dunha forte rede empresarial e de comunicacións, provocou o éxodo consatante
da poboación cara Ourense. Así a finais dos anos 80, Allariz contaba con un sector primario
escasamente modernizado que supuña o 36% da poboación activa, seguido do 32%
pertencente o sector secundario con gran repercusión na construcción, e o restante sector
terciario concentrábase no núcleo municipal e estaba vinculado a negocios familiares.

Será a partir da década dos 90 cando se produce o rexurdimento da vila cunha forte aposta
polo desenvolvemento sostible. A partir deste intre adoptouse unha política urbanística e
territorial basada na recuperación do patrimonio arquitectónico, Histórico - Artístico,
etnográfico, agrario e forestal, a través dunha ampla normativa que abordase aspectos
urbanísticos, patrimoniais e ambientais. Deste xeito, iníciase un programa de recuperación
económica basado na mellora das condicións de vida da poboación local e no fomento de
Allariz como vila turística, ao mesmo tempo que se converte en cidade dormitorio pola súa
proximidade a Ourense. Así, mantendo esta liña innovadora, chegamos ata o presente onde
Allariz mantén como principais fontes de ingresos o sector servicios, especialmente comercio
e turismo. De feito, o seu tecido económico conta con máis de 200 establecementos
comerciais e máis de 100 no ámbito da restauración.

8
A continuación, móstrase con máis detalle as principais actividades económicas de Allariz.
- Mercado de Productos da Reserva da Biosfera. A pesar de que no Concello o sector
primario segue a ter pouca presenza, en 2013 inaugurouse este mercado no que os
productores agrogandeiros da contorna venden productos de tempada (mel, productos
da horta, pan, doces, castañas…).

- Repostería artesanal. A forte tradición artesanal fixo que se estableceran como marca
alaricana de forte prestixio, aos almendrados e ao licor. Isto ao mesmo tempo é unha
clara chamada turística.

- Artesanía. Os herdeiros dos antigos gremios, seguindo coa tradición, realizan


verdadeiras obras de arte con coito, pintura ou ourivaría celta.

- Xabón D’ Allariz. Unha iniciativa que xurde no ano 2013 a través da fundación
ANDREA na que se comercializa un xabón artesanal, autóctono e de gran calidade
feito con leite de burra.

- Outlet Allariz. O centro Outlet de Allariz, situado en pleno casco histórico da vila,
ofrece a calidade e o prestixo das principais firmas téxtiles. Entre as cales destacamos
as galegas Roberto Verino, Massimo Dutti ou Adolfo Domínguez. Isto esperta

9
curiosidade de moitos cidadáns limítrofes que optan por pasar unha tarde domingueira
na vila desfrutando das compras.

Según un informe publicado en 2019 polo SEPE, no que se mostra os datos de ocupación na
provincia de Ourense, Allariz mostra os seguintes datos:
- Número de persoas afiliadas a Seguridade Social: 1.482
- Número de persoas contratadas: 1.581
- Número de persoas demandantes de emprego: 302

Morfoloxía e estructura

A vila de Allariz, atópase situada na mitade occidental da provincia de Ourense, esta vila nos
seus inicios estaba ambientada ao redor dun castelo, rodeada por unha muralla , ao estilo
Medieval. Posteriormente este castelo foi derribado, e as súas pedras foron empregadas para a
costrución das rúas que contitúen o casco histórico actual. No extraradio de Allariz atópase
un importante polígono industrial o de Chorente. Esta pequena vila, é considerada cidade
dormitorio, debido a proximidade con Ourense. O seu auxe comeza coa explosión do turismo,
o cal e a súa fonte principal de ingresos, ainda a día de hoxe.

10
O aspecto mais destacado da vila e o seu compoñente histórico e patrimonial, declarado
Conxunto Histórico-Artístico, cuxa forma urbana reflexa o paso de diferentes épocas e
contextos. No obstante, a principal motivación surxe a partir dos grandes cambios sufridos
por Allariz nos últimos cincuenta anos, fruto de diversos factores de carácter social,
económico e político que permitiron o desenrolo dunha sociedade con novas necesidades. O
obxeto de estudo de esta Disertación é a transformación morfolóxica de Allariz, identificada
mediante unha lectura diacrónica da forma urbana da vila. Os obxetivos centráronse en
determinar os principais aspectos e factores que encadraron o contexto político, económico e
social de cada momento, para poder identificar posteriormente os elementos que
estructuraron a transformación da forma urbana e os respectivos resultados na sua
morfoloxía. Unha vez chegados a ese punto, o último obxetivo está centrado en establecer,
de forma prospectiva, varios indicadores a modo de síntesis, incidindo nos posibles camiños
que podría tomar a morfoloxía alaricana en base a os fenómenos previamente identificados..

En primeiro lugar, estableceuse un capítulo centrado na formación e configuración do texido


urbano dende a súa orixe ata 1960, cando se caracteriza a morfoloxía da vila. Posteriormente,
houbo unha division da segunda fase en dous períodos comprendidos entre 1960–1990 e
1990–2010, coa finalidade de identificar os elementos que estructuraron a transformación
morfoloxica de Allariz. O factor clave da organizacion urbanistica en Allariz, foi a
aprobacion das “Normas Subsidiarias” a nivel de “Plan Especial de Protección”, sendo

11
especialmente relevante este plan para o ámbito do casco histórico. Gracias a este plan de
actuación, Allariz, acadou espectaculares logros, obtendo miles de metros de solo adicados a
parques, edificacións de interese, oferta turística e diversos equipamentos e dotacións. Este
traballo foi recoñecido pola súa determinación e eficiencia por parte do Ministerio de Interior
e A Xunta de Galicia. Estas institucións, no marco do “Plan Cuatrienal de Vivenda”, o cal
declara conxunto historico e Área de Rehabilitacion Integrada, pretendendo efectuar un plan
de actuación global a 4 anos, cun presuposto de 1.000 millóns de pesetas (600.000€), co
obxetivo da rehabilitación do 70% das unidades catastrais e a realización dun número
importante de actuacións urbanísticas.
A financiación deste proxecto ven dada polo Ministerio de Fomento, O concello de Allariz , A Xunta
de Galicia e xestionada pola Oficina Municipal de Rehabilitación, creada para tal fin. Este convenio
tiña os seus puntos claves en varios programas :
- Rehabilitación Integral de Vivendas -
- Rehabilitación de fachadas
- Programa de actuación de calles e espacios comúns.

Falando do sistema de transportes de Allariz, encontramos que por carretera podemos


chegar a vila pola carretera nacional N-525, e por autovía a través da A-52. Conectando a
autovía coa meseta e o oeste da comunidade. A carretera nacional leva ata Santiago de
Compostela. Se falamos dos buses, a estación está ubicada na calle Emilia Pardo Bazán, a cal
ten liñas regulares con Ourense e destinos locais, habitualmente hai dos ou tres buses que van
cara a cidade. A nivel ferroviario, teríamos que ir Ourense. Dentro de Allariz, as paradas de
taxis locais, están situadas na calle Campo da Berreira.

Estación de buses Allariz.

12
Problemáticas Urbáns
Entre outros, un dos problemas, neste caso recorrente ao longo de gran parte da historia de
Allariz, relacionado coa urbanización e transformación nun núcleo urbano é a contaminación
do río; ou ben sexa de forma directa ou indirecta. Contaminación directa poden ser todas as
augas do alcantarillado que se botan ao río, lixo, residuos industriais, obxectos ou estructuras
avandonadas…. Este tipo de contaminación reduciuse en gran medida nos tempos actuais
tanto polas novas normativas ambientais coas que se pretende protexer o entorno natural
como pola desaparición de certas industrias históricas na zona que xeraban unha gran
contaminación como pode ser a coñecida industria peletera, a cal remprazou a comenzos do
século XX á industria de liño previa, na cal se curten os coiros proceso no que se empregan
certas substancias corrosibas que acababan no río. A pesar de que a contaminación directa
reduciuse debido ao cese destas actividades entre outras cousas como a aparición de plantas
de tratado de augas, nos tempos modernos sen embargo aumentou a contaminación indirecta
na zona. esta conatminación é aquela que non é producida directamente polo territorio urbano
pero si por unha consecuencia deste como poden ser neste caso derrumbamentos de paredes
rochosas no río por obras, mini centrais abandoadas ao longo do transcurso do río, pequenas
presas que hoxe carecen de calquera utilidade, a contaminación acustica e “molestias” cara á
fauna debido aos transeuntes do paseo fluvial…

Aquí podemos ver unha das minicentrais paradas e desperfectos ocasionados por obras na
beira do río

13
Aínda que falando máis propiamente de problemas xerados pola urbanización do territorio
atopámonos aqueles aos que fixo fronte a vila a principios dos anos 90 entre os que podemos
destacar como principais o deterioro e mal coidado de elementos urbanos como vivendas,
baixos comerciais, problemas de saturación de cable á hora de establecer á rede electrica,
desperfectos e descoidados nas rúas e outras zonas públicas… En resumen, Allariz tivo un
problemas de manteemento dos seus elementos urbanos feito que podemos relacionar
facilmente coas “horas baixas” vividas pola vila entre mediados dos anos 60 e os 90 anos nos
que , como ben se espuso anteriormente, a localidade perdeu case a metade da súa poboación
debido ao éxodo rural. Deste xeito ponse en manifesto un dos problemas olvidados do
crecemento urbano que é o abandono das infraestructuras tanto na contorna do propio núcleo
como poden ser instalacións indutriais ou similares ou ben no propio núcleo sendo un
exemplo perfecto o casco histórico de Allariz o cal tras un periodo de abandono , total ou
parcial dependendo do edificio e dos propietarios do mesmo, tivo que ser rehabilitado
mediante un sistema de subencións.

Museo do coiro de Allariz

Outro problema relacionado en certa medida co anterior é a necesidade dunha planificación


urbanistica; cousa que na época dourada de Allariz non se fixo o que provocou entre outras

14
cousas un agravamento do problema anterior ao por exemplo quedar restos de
infraestructuras da industria peletera ou do liño nas beiras do río ao lado do casco histórico
xunto con outras estructuras abandoadas como muiños ou certas seccións do castelo e da
muralla medieval. Isto resolveuse durante o proceso de reformas dos 90 tratado anteriormente
no que se transformou a principal actividade económica do núcleo do sector primario,
peletería, ao sector servizos, turismo.
Esta mesma focalización en trasnformar Allariz nun centro turistico tanto polo seu valor
natura como histórico tivo tamén outras consecuencias bastante beneficiosas pra a población
como pode ser unha reducción da contaminación nas zonas urbnas do río ou no mesmo casco
histórico tanto a nivel acustico, fíxose o casco histórico só peatonal eliminando deste xeito a
contaminación dos coches nesa zona como a nivel de lixo xerado polo ser human. Deste xeito
podemos valorar positivamente a labor realizada para a comversión de Allariz seguindo un
modelo de desenvolvemento sostible onde primou o respecto cara o medio e cara o pasado
histórico e a mellora da calidade de vida na vila, o que conseguiron.

Imaxe do casco histórico de Allariz

Conclusións
Como ben se puido apreciar durante todo o traballo o Allariz actual é o resultado dun
constante proceso de cambio e evolución pola propia supervivencia do núcleo urbán, xa
dende a idade media substituíndo toda a industria tecelá de liño pola peleteira e

15
posteriormente cara ó sector turístico. É de gran imporatancia resaltar á labor relizada nos 90,
as tan tratadas reformas, rehabilitacións e a reorientación da economia alaricana cara un novo
modelo baseado no sector servizos e non no secundaria; isto levou a implementación dun
modelo que nos pareceu certamente interesante xa que a pesar de ser o turismo o principal
motor económico, non é un turismo “invasor” como poderían ser as hordas de ingleses e
alemans chegando as praias da Costa do Sol ou ás illas Baleares; senón un turismo
“visitante”onde o principal reclamo é o disfrute do patrimonio local ( tanto material como
inmaterial ao desenvolver ou máis ben, revivir certas actividades artesanais como ben se
espuxo con anterioridade) da natureza(privilexiada ao contar con unha das reservas da
biosfera mais importantes de toda a rexión). Esta adopción dun sistema moito mais
respetuoso no medio e que buscaba explorar o pontencial de Allariz como vila
turística/cidade dormitorio aproveitandose e potenciando certas condicions d vila como pode
ser a tranquilidade: cortouse o casco histórico á circulación de vehículos, reducindo a
contaminació acústica, ambiental e dotando aos cidadans dun maior espacio, rehabilitou o
casco histórico…. todas ás cousa xa mencionadas. Esta potenciación trouxo efectos moi
positivos tanto cara o nivel de vida dos propios habitantes como cara o potencial turístico da
vila creando desta forma, ou mais ben, demostrando que esta forma de desenvolvemento
sostible é posibel ademais de que efectivamente erísexe como unha resposta para o
despoboamento rural. Con todo pareceunos un modelo e unha solución cara multiples
problemas bastante acertada e que debería server como exemplo para moitos outros sitios en
situcions similares de exodo rural e desaparición do texido econóico dos pequenos núcleos
urbanos nas areas rurais, non é unha solución perfecta nin universal pero polo menos esta
perfílase como unha moi solida alternativa, á vista están os resultados obtidos, pra revivir á
“España baleira” e ao mesmo tempo conservar e preservar tanto o patimonio histórico e
cultural e o medio natural.

16
Bibliografía
Gándara Pumar, F. (2010), Urbanísmo y desarrollo sostenible en Allariz. Universidad Carlos
III de Madrid.
Gutiérrez Ardoy, G. (2019), Informe del Mercado de Trabajo de Ourense. Servicio Público de
Empleo Estatal.
Concello de Allariz, https://www.allariz.gal/
Localización xeográfica:
http://elauladehistoria.blogspot.com/2015/10/el-macizo-galaico-leones.html
Información xeral: https://es.db-city.com/Espa%C3%B1a--Galicia--Orense--Allariz
Clima: http://meteo.navarra.es/definiciones/koppen.cfm
Río de Allariz: https://ourense-natural.es/yosemit/arnoya.htm
https://espanafascinante.com/lugar-para-visitar/que-ver-en-galicia/que-ver-en-ourense/que-ve
r-en-allariz/
Artículos:https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2010/08/18/concello-allariz-supera-6
000-personas-empadronadas/0003_8675331.htm
https://www.epdata.es/datos/datos-graficos-estadisticas-municipio/52/allariz/801#

17

You might also like