You are on page 1of 17

F.

OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS
Os fenómenos migratorios afectan á maioría dos países do
planeta, xa sexa como emisores ou como receptores de
pobaoción. As desigualdades, as crises económicas, as
guerras,… aceleraron as migracións masivas nos últimos
anos.
F.1.- Repasando:
- Que son os movementos migratorios?
- Que diferenza existe entre os emigrantes e os inmigrantes?
- Que é o saldo migratorio? Como pode ser?
F.2.- Diferenza entre emigración interior e exterior.

A rapidez coa que hoxe en


día circula a información
sobre a existencia de
mellores oportunidades
noutros países estimula o
desexo de marchar!!.
►As principais causas que motivaron desde sempre os movementos migratorios son:
- Sociais: persecucións relixiosas, políticas, guerras, discriminación étnica…
- Económicas: falta de traballo, melloras salariais, busca dunha vida mellor…
- Naturais: secas, inundacións, terremotos, furacáns, tsunamis…

Millóns de persoas viven na Os refuxiados climáticos son Os refuxiados políticos son


extrema pobreza. O 1% da persoas forzadas a aban- persoas que foxen da guerra
poboación mundial posúe donar os seus fogares polas e conflitos que están a
case a metade da riqueza crises nas colleitas de millo, castigar os seus países, como
global, mentres que o 71% arroz, trigo… ou pola falta é o caso dos palestinos,
só posúe o 3% !! de auga potable!! sirios, iraquís, afganos...

F.3.- Fai un esquema que represente as causas dos movementos migratorios.


► Desde a última década do século XX o desequilibrio económico é o
principal causante da aparición de correntes migratorias masivas
entre os países ricos (caracterizados pola estabilidade demográfica e o
benestar), e os países pobres (de forte crecemento demográfico e con
graves carencias).
F.4.- Cal é o principal motivo que explica a saída en masa de persoas dunhas rexións a
outras do planeta nas últimas décadas?
F.5.- Fíxate no
mapa e contesta:
a) Que representa
o mapa? Que
recursos utiliza
para dar a infor-
mación?
b) Indica cales son
as principais zonas
de inmigración e
de emigración de
cada continente.
G.- ESPAÑA: PAÍS DE EMIGRANTES, PAÍS DE INMIGRANTES
G.1.- ESPAÑA, UN PAÍS DE EMIGRANTES NO PASADO
►As causas que explican a emigración dos españois no pasado son moitas,
pero a razón máis importante foi a necesidade de atopar traballo e fuxir da
pobreza.
► A orixe da emigración española a América remóntase ao
descubrimento do novo continente, pero non foi ata a segunda metade do
século XIX cando esta emigración se fai masiva, debido a que os barcos de
vapor permitiron transportar máis persoas e realizar viaxes menos
arriscadas. A emigración transoceánica continuou durante os primeiros
anos do século XX, pero ese fluxo diminuíu entre a Primeira e a Segunda
Guerra Mundial, debido á inseguridade e á crise económica que
provocaron os conflitos bélicos. A mediados do s.XX recuperouse a saída
de emigrantes, pero nun número moito menor que a principios do século.

Entre 1891 e 1915 emigraron de España 800000 persoas, das cales


650000 foron a América Latina. Arxentina, Cuba, Venezuela…
acolleron aos españois (sobre todo galegos, asturianos e canarios) que
chegaron buscando un traballo na agricultura de plantación, na
industria, no comercio, na construción de grandes infraestruturas…
Na imaxe, emigrantes españois que participaron na construción do
Canal de Panamá (1904-1914).
► A mediados do século XX iniciouse un importante movemento
migratorio cara aos países ricos e industrializados de Europa de man
de obra pouco cualificada . A crise económica iniciada en 1973 supuxo o
fin desta emigración exterior e mesmo provocou a volta a España dunha
parte dos emigrantes; o motivo foi o aumento do paro en Euopa, que
levou aos gobernos a ditar leis que restrinxían a inmigración.
Entre 1959 e 1973 emigraron máis dun millón de españois cara
a Europa. Andaluces e galegos, seguidos en menor número por
castelán-leoneses, valencianos, estremeños… buscaron unha
nova vida en países como Alemaña, Suíza ou Francia, que
estaban en pleno desenvolvemento industrial e necesitaban man
de obra. Os xoves españois desempeñaron os traballos menos
cualificados e peor retribuídos na minaría, na construción,
industria, servizo doméstico… Na imaxe, despedida dunha
familia na estación antes de viaxar cara a Alemaña.
► En España a emigración interior iniciouse a finais do século XIX,
especialmente cara a Cataluña e País Vasco, porque foron os primeiros lugares
onde se desenvolveu a industria. O transvase de poboación entre o campo e a
cidade, denominado éxodo rural, debeuse ao aumento da poboación, á falta
de terras dos xornaleiros agrícolas e á mecanización do campo.
A partir de 1950 o éxodo rural intensificouse, miles de españois procedentes das provincias
rurais do interior peninsular emigraron cara ás cidades máis industrializadas de Barcelona,
Madrid, Valencia e Bilbao e ás zonas turísticas do Mediterráneo e das Illas Baleares e
Canarias. Tamén nese período se rexistraron fluxos migratorios dentro de cada provincia,
desde as zonas rurais cara ás cidades, especialmente á capital.
A emigración masiva xerou problemas de avellentamento e o despoboamento das rexións
de saída, pois emigrou maioritariamente a poboación nova, en idade traballar e ter fillos.
Mentres, as rexións de acollida dispoñían de man de obra barata, pero medraban
precipitadamente, o que supuxo a aparición de suburbios nas cidades, onde os emigrantes
vivían en condicións precarias (falta de luz e auga corrente, sen rede de sumidoiros...)

Entre 1950 e 1980 uns 5,4 millóns de


españois cambiaron de provincia, se
se contabilizan as migracións
intraprovinciais esa cifra sería
probablemente o dobre. Na imaxe,
emigrantes aragoneses camiño de
Barcelona.
Desde 1975 o éxodo rural decaeu debido á crise
económica derivada do aumento do prezo do
petróleo. As rexións tradicionalmente emigratorias
reduciron as saídas cara ás zonas máis afectadas
pola crise industrial e mesmo se converteron en
inmigratorias polo retorno dos emigrantes xubilados,
parados… Na imaxe, cola de parados ante a oficina
do INEM na década de 1980.
G.1.1.- Cal foi a principal razón que provocou a emigración en España no
pasado?
G.1.2.- Fai un esquema, cadro, resumo... dos movementos migratorios
exteriores que sufriu España no pasado. Non esquezas indicar cando e por que
foron máis importantes eses movementos, cando comezan a diminuír, a que
países emigraron os españois e de que parte de España procedían, en que
traballaron…
G.1.3.- Fai un esquema, cadro, resumo... dos movementos migratorios
interiores que sufriu España no pasado. Non esquezas indicar como se
denominan eses movementos, a que se deberon, cando foron máis importantes,
cales foron as rexións de acollida e de que parte de España procedían os
emigrantes, cales foron as consecuencias para as rexións de saída e acollida,
cando comezan a diminuír, …
G.1.4.- Investiga se na túa familia ou entre os teus Pois me
n
coñecidos hai alguén que teña emigrado desde o seu cafetiño tres me tomo o
lugar de nacemento a outra localidade galega, fóra de a miña vouche conta
historia r
Galicia ou de España no pasado e fai un comentario a Suíza : emigr
c on ei
da súa experiencia (quen foi, cando e a onde emigrou, 15 anos.
..
cales eran as condicións de traballo, onde vivía…).
G.2.- A EMIGRACIÓN EXTERIOR ESPAÑOLA MÁIS RECENTE
► A recuperación tras a crise industrial de 1975 e o desenvolvemento
económico de España fixo que a emigración exterior española fose
descendendo nas últimas décadas do século XX. Pero podería dicirse que a
historia se repite, pois España volveu a convertirse nun país de emigrantes a
partir do ano 2008, cando unha nova crise económica levou a moitos españois
a abandonar o país e buscar novas oportunidades no
estranxeiro; pero agora a maioría son persoas novas Sabías que?
con importante cualificación profesional (máis do 75% A “fuga de cerebros” é a
son titulados universitarios) que emigran fuxindo do emigración de profesionais e
paro e buscando un traballo acorde cos seus estudos. científicos con formación académica
►Afortunadamente, nos últimos anos comezou a universitaria fóra do seu país,
reducirse o número de españois que abandonan o país impulsados principalmente pola falta
e na actualidade o saldo migratorio dos españois co de oportunidades nas súas áreas de
exterior é positivo!!! investigación ou por motivos econó-
micos. Estas saídas fan que o país de
orixe perda a inversión en educación
superior desas persoas e que non
poida aproveitar a produtividade
deses profesionais.
No caso dos datos da emigración a
países de América Latina como Ecuador,
Colombia... trátase de persoas que
volven aos seus países de orixe tras
terse nacionalizado como españois, fan
esa viaxe de volta xunto cos seus fillos
nados en España.

G.2.1.- Explica os motivos que levaron tras o ano 2008 á emigración dos españois fóra do país.
G.2.2.- A emigración actual española parécese á emigración do pasado? Por que? En que
se diferencian?
G.2.3.- Que países acollen aos emigrantes españois?
G.2.4.- Investiga se na túa familia ou entre os teus
coñecidos hai alguén que teña emigrado recentemente fóra
de España e fai un comentario da súa experiencia (quen é,
cando emigrou, a onde, que estudos ten, como é a súa
vida…).
I.3.- A INMIGRACIÓN ESTRANXEIRA EN ESPAÑA
► O crecemento económico, especialmente a partir da década de 1990,
converteu a España nun país receptor de inmigrantes. A finais da primeira
década do século XXI a cifra de inmigrantes en España era superior xa aos
5,5 millóns de persoas, o que supoñía máis do 12% da poboación (nese
momento España presentaba unha das maiores taxas de inmigración do mundo).
Pero a situación cambiou tras a crise económica iniciada no ano 2008, o desemprego provocou
a progresiva diminución das entradas de persoas estranxeiras e ocasionou o retorno de moitos
inmigrantes ao seu país de orixe ou a emigración a outros destinos, no ano 2015 a cifra de
inmigrantes era de 4,7 millóns, o que supoñía un 10,1% da poboación.
A partir do ano 2016, co inicio da recuperación económica, o saldo migratorio volve a ser
positivo, o que compensa o crecemento natural negativo!!! A 1 de xaneiro do ano 2020 o número
de inmigrantes estranxeiros, segundo as cifras dadas polo INE, é superior aos 5,2 millóns de
persoas, o que supón algo máis do 11% da poboación.
► A orixe e motivos dos inmigrantes chegados a España é moi variada:
- Uns poucos son persoas de idade avanzada, procedentes de
Europa Occidental e do Norte, que deciden pasar a súa xubilación en
zonas de clima máis suave que o dos seus países de orixe, como é o
caso dos ingleses, alemáns… que se asentan nas Illas Canarias ou na
costa mediterránea.
- Algúns son persoas moi cualificadas: traballadores de empresas
multinacionais, investigadores, deportistas de elite, persoal das
embaixadas, estudantes… que, en moitas ocasións, chegan doutros
países da Unión Europea e residen temporalmente en España.
En xeral son ben recibidos pola poboación española e non teñen problemas de
integración.
- Pero os principais fluxos migratorios están causados pola falta de traballo e a busca
dunha vida mellor:
- A dirección dalgúns deses movementos vén determinada pola
proximidade xeográfica, o Estreito de Xibraltar ou as Illas
Canarias son as rutas elixidas por moitos inmigrantes africanos
para chegar a España. Parte desa emigración é legal, pero outra
intenta entrar da forma que sexa, mesmo arriscando a vida.
- Noutros casos a dirección do movemento vén marcada por lazos históricos e culturais,
como os que vinculan a España cos emigrantes procedentes de Latinoamérica.
- Tamén chegan na busca de traballo inmigrantes dos países do Leste de Europa, como é
o caso de romaneses, búlgaros…, proceden de países que forman parte da Unión Europea,
pero cun desenvolvemento económico menor.
- Nos últimos anos está a ser importante a chegada de refuxiados políticos,
que foxen dos conflitos armados ou a violencia que sofren nos seus países,
como é o caso dos sirios, palestinos, iraquís... Tamén estarían incluídas
neste grupo as persoas perseguidas por motivos étnicos ou relixiosos.
Os protagonistas destas migracións non son sempre
ben recibidos pola poboación española e, en ocasións,
teñen importantes problemas de integración.
► A poboación estranxeira en España non se distribúe de forma homoxénea. Adoita
concentrarse nas áreas de maior dinamismo económico do país porque alí é máis fácil
atopar emprego. É o caso das grandes cidades como Madrid, Barcelona ou Valencia, as zonas
turísticas da costa mediterránea e os dous arquipélagos e as zonas de agricultura intensiva,
como a da horta levantina.
División por sectores dos traballadores
estranxeiros en España, 2015
►As principais consecuencias dos movementos migratorios son:

CONSECUENCIAS DAS MIGRACIÓNS


ECONÓMICAS - Parte dos inmigrantes son persoas cunha alta cualificación
profesional ou académica, cuxa formación se fixo no país de orixe. Isto
beneficia laboralmente ao país receptor á vez que empobrece ao emisor.
- Os inmigrantes incrementan a oferta de man de obra, son xeralmente persoas
novas, dispostas a traballar nas ocupacións máis diversas. Contribúen cos seus
impostos a reactivar a economía española, á vez que son un importante
colectivo consumidor.
- A emigración axuda a aliviar a presión nos países de orixe, pois baixa o
número de persoas que buscan emprego. Ademais unha parte considerable dos
aforros que conseguen reunir son enviados aos seus familiares, esa entrada de
divisas axuda ao desenvolvemento dos seus países.
SOCIO - CULTURAIS - Os inmigrantes soen ser poboación nova que adoita ter unha mentalidade
máis natalista, de maneira que contribúen ao aumento da taxa de natalidade e
alivian o problema de avellentamento que sofre España.
- Os inmigrantes que entran legalmente teñen permiso de residencia e traballo,
pero os inmigrantes “sen papeis” poden atoparse cunha grave explotación
laboral, sometidos a longas xornadas de traballo por escasos salarios, sen
garantías e con poucas prestacións sociais.
- A inmigración achega diversidade cultural, pero, en ocasións, a súa presenza
pode dar lugar a problemas de integración e xenofobia, que crean conflitos e
ameazan a natural convivencia.
G.3.1.- Cando e por que empeza España a convertirse nun país de
acollida de inmigrantes?
G.3.2.- Que cambios supuxo a situación de crise iniciada no ano 2008
na chegada de inmigrantes a España?
G.3.3.- Que porcentaxe da poboación total de España representa a
inmigración? Que países son os que aportan un maior número de
inmigrantes ao noso país?
G.3.4- Fai un esquema que recolla a distinta orixe e motivos que
teñen os inmigrantes chegados a España.
G.3.5- Que rexións españolas acollen un maior número de
inmigrantes estranxeiros? En que traballan eses inmigrantes?
G.3.6.- Completa un cadro seguindo o modelo, para indicar as consecuencias positivas ou
negativas que teñen as migracións internacionais para España e os países de orixe.

PAÍS DE ORIXE ESPAÑA


CONSECUENCIAS
DAS MIGRACIÓNS
POSITIVAS NEGATIVAS POSITIVAS NEGATIVAS

ECONÓMICAS

SOCIOCULTURAIS

G.3.7.- Busca algunha noticia de prensa relacionada coa chegada ou a presenza de


inmigrantes estranxeiros en España e incorpóraa ao teu traballo. Non esquezas sinalar o
xornal no que atopaches a noticia e a data!

You might also like