You are on page 1of 6

A POBOACIÓN DO MUNDO

A demografía é a ciencia que estuda as características da poboación dun lugar


determinado en nun período de tempo concreto.

POBOACIÓN TOTAL DO MUNDO: arredor de 7 mil millóns.


PAÍSES MÁIS POBOADOS DO MUNDO:
China: en Asia
India: en Asia
Estados Unidos: en América
Indonesia: en Asia
Brasil: en América

Para coñecer, analizar se a poboación dun país aumenta ou diminúe temos que
analizar os seguintes indicadores demográficos:

 NATALIDADE: é o número de nacementos que se producen nun territorio ao


longo dun ano. Mídese pola taxa bruta de natalidade (Tbn) e calcúlase do
seguinte xeito:

Actualmente os países cunha maior Tbn atópanse nos continentes Asiático e


Africano.

 MORTALIDADE: é o número de persoas que morren nun territorio ao


longo dun ano. Mídese pola taxa bruta de mortalidade e calcúlase do
seguinte xeito:

Dentro da mortalidade temos que diferenciar a mortalidade infantil, é dicir, o


número de nenos menores dun ano que morren nun determinado territorio ao
longo dun ano. Actualmente as maiores taxas de mortalidade danse nos países
máis subdesenvolvidos, debido sobre todo a mala alimentación, a falta de
hixiene, a falta de avances médicos, etc.
 A ESPERANZA DE VIDA: é o número medio de anos que se espera que viva
unha persoa. A maior esperanza de vida está nos países desenvolvidos.
 CRECEMENTO NATURAL OU VEXETATIVO: é o resultado de restar os
nacementos menos as defuncións, e grazas a el sabemos se a poboación
dunha zona aumenta ou diminúe.

OS MOVEMENTOS MIGRATORIOS

Os movementos migratorios son os desprazamentos que realizan as persoas e


que supoñen un cambio de residencia. Distinguimos entre:

- Emigración: é a saída das persoas dun lugar para vivir noutro.


- Inmigración: é a chegada, a entrada das persoas nun territorio para vivir
nel.

Para determinar se un país entran máis persoas das que saen e calcúlase o
SALDO MIGRATORIO, que é a diferenza entre os emigrantes e os inmigrantes.

Os movementos migratorios poden ser de varios tipos:

1. Segundo a súa duración: poden ser Definitivos ( cando a persoa non


regresa ao lugar de orixe ) ou Temporales ( cando a persoa volta despois
dun tempo ao seu lugar de orixe. )

2. Segundo o seu destino: poden ser interiores ou nacionais (cando se


desprazan dentro do mesmo país) e exteriores ou internacionais (cando o
desprazamento se produce entre diferentes países). Se estes países se
atopan no mesmo continente decimos que é unha MIGRACIÓN
CONTINENTAL e se os países se encontran en diferentes continentes
decimos que é unha MIGRACIÓN INTERCONTINENTAL. Temos que
diferenciar dentro das migracións interiores os MOVEMENTOS
PENDULARES, que son os desprazamentos que diariamente fai unha persoa
dende o seu lugar de residencia ata o seu lugar de traballo ou de estudo.

3. Segundo o seu MOTIVO ou CAUSA, as migracións poden ser voluntarias


(cando unha persoa marcha voluntariamente do seu lugar de residencia) ou
forzadas (cando unha persoa é obrigada a marchar, por causas económicas
en búsqueda de traballo, por causas naturais ou por causas políticas).

CAUSAS DAS MIGRACIÓNS OU MOVEMENTOS MIGRATORIOS:

As principais causas son:

1) Socioeconómicas; cando as persoas buscan un traballo mellor; tamén


poden buscar unha mellor vivenda, unha mellor sanidade, educación, etc.

2) Naturais; cando se producen desastres naturais (terremotos, inundacións,


furacáns, etc) que obrigan as persoas a marchar do seu lugar de
residencia.

3) Políticas; cando unha persoa se ve obrigada a marchar do seu país por


cuestións políticas, relixiosas por guerras, etc.

AS TENDENCIAS DAS MIGRACIÓNS NA ACTUALIDADE:

A metade dos emigrantes internacionais que abandonan o seu país de orixe


cada ano teñen como destino os países desenvolvidos, como Estados Unidos,
Canadá, Australia, países europeos ou Arabia Saudita.

Nos continentes en desenvolvemento, como África, a súa poboación urbana


medrou grazas ás migracións internas do medio rural, que se dirixen cara ás
grandes urbes.

Estes movementos migratorios cara as cidades nos países en desenvolvemento


provocaron a construcción de vivendas para os inmigrantes. Xurdiron barrios
marxinais con problemas de salubridade en que viven os inmigrantes.

AS CONSECUENCIAS DAS MIGRACIÓNS:

 Consecuencias nas zonas emisoras: ten efectos negativos porque a


poboación envellece ao emigrar as persoas máis novas. Ten efectos
positivos porque alivia os problemas de desemprego e a presión sobre os
recursos. Ademais, os emigrantes adoitan enviar diñeiro aos familiares
que deixaron no seu lugar de orixe.

 Consecuencias nas zonas de recepción/receptoras: ten efectos positivos


porque a chegada da poboación nova e adulta aumenta a natalidade,
rexuvenece a poboación e fai crecer a poboación activa. No aspecto social
e cultural, danse efectos positivos porque incrementa a diversidade
cultural da sociedade. Ten efectos negativos, poden xurdir fenómenos de
marxinación, rexeitamento e xenofobia.

A DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN MUNDIAL:

Para medir como se distribúe a poboación utilízanse dúas técnicas:

 Contar o número de habitantes: estes datos proporciónanos os censos de


habitantes, que realizan na maioría de países cada dez anos.

 Calcular a densidade de poboación de cada territorio. A densidade de


poboación relaciona a poboación absoluta coa superficie do territorio
que ocupa.

FACTORES DA DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN:

 Físicos: as zonas con climas temperados, formas de relevo favorables para


as comunicación e terras fértiles con acceso á auga potable ofrecen
maiores recursos e favorecen a vida humana. As zonas de clima extremo
moi caloroso ou moi frío, moi seco, como os desertos, ou excesivamente
chuvioso, como as selvas, están pouco poboadas. Igual ca as que teñen
poucas zonas fértiles, como as montañas.

 Demográficos

 Económicos e sociais: o dinamismo económico, as condicións laborais, a


oferta de servizos, a calidade de vida, etc, fan que unhas zonas sexan máis
atractivas para a poboación ca outras.
PIRÁMIDES DE POBOACIÓN:

A pirámide de poboación é un gráfico de barras que representa a estrutura da


poboación dun lugar por sexos e grupos de idade nun momento determinado.
As partes dunha pirámide son as seguintes:

- No eixe vertical anótanse as idades, en intervalos de 5 anos.


- Á esquerda sitúanse os datos da poboación masculina.
- Á dereita sitúanse os datos da poboación femenina.
- No eixe horizontal márcanse os valores, sobre o total da poboación.

Cando eu faga unha pirámide de poboación terei que ter en conta a forma da
pirámide. Distínguense tres formas:

 Pirámide progresiva, triangular ou de Pagode; ten a base ancha e o cumio


estreito.
 Pirámide regresiva, en forma de urna que ten a base moi estreita e o
cumio máis ancho/saído.

PREGUNTAS RELATIVAS A UNHA PIRÁMIDE DE POBOACIÓN:

1. Define pirámide de poboación.


2. Nacen máis nenos ou nenas?
3. En que grupo de idades se igualan ou as mulleres superan aos homes?
4. Que significa que nunha pirámide de poboación as barras sobresaian e
outras entren? (entrantes e saíntes)
5. Que forma ten a pirámide que debuxaches?
6. Como é a esperanza de vida?
7. Como é a natalidade e a mortalidade?
8. Con que país se pode corresponder a pirámide debuxada? Un país
desenvolvido ou subdesenvolvido?
9. Como cres que son as previsións de futuro, é dicir, nun futuro de
poboación, aumentará ou diminuirá?
10. Indica os tres grupos de idade que se diferencian nunha pirámide e os
intervalos de idade de cada grupo.

You might also like