You are on page 1of 3

NOVA ECONOMÍA E TECNOLOXÍA

T2. ECONOMÍA E TECNOLOXÍA


Actualmente, a tecnoloxía é a maior fonte de dinamismo do sistema capitalista mundial.
A tecnoloxía é unha variable relevante para a análise de diversas cuestións entre as que se
encontran explicar el crecemento económico e as diferentes taxas de crecemento, os fluxos e o
aproveitamento do comercio internacional, a división internacional do traballo, a evolución dos
salarios e tempo de ocio, fluxos de inversión, a transnacionalización da actividade económica,
analizar o desenvolvemento das economías mundiais e o medio ambiente.

2.1.A tecnoloxía no pensamento económico


A variable tecnolóxica relacionase coa súa aportación ao crecemento económico e coa súa
incidencia na explicación do comercio internacional.
Os clásicos non incorporaron de forma clara a tecnoloxía e o cambio técnico como elementos
impulsores da produtividade, senón que falaron de outras variables que impulsaban a
produtividade, que eran facilitadas polo avance tecnolóxico. Ademais, o progreso tecnolóxico
retrasaría a chegada do estado estacionario da economía.
Marx pon á ciencia e a tecnoloxía como elementos centrais da elevación da produtividade dos
recursos, presentando o sistema capitalista como incentivador cara o cambio tecnolóxico
aforrador de costes. A ciencia e a necesidade da técnica interactuan para explicar o crecemento
da produtividade dos recursos e a maior capacidade para dominar o medio natural e lograr os
seus fins. As necesidades tecnolóxicas da industria e o logro dunha base que permitiu aplicar o
coñecemento científico aos problemas da produción industrial.
Os neoclásicos ven a tecnoloxía como un coñecemento dado, estático e dispoñible para todos
os axentes en todo momento. Polo tanto, o progreso técnico é independente da acumulación
de capital e a tecnoloxía e allea ao aparello produtivo e é perfectamente coñecida por todos os
axentes. A elección de distintas técnicas depende dos prezos dos factores produtivos. Solow
falaba de que parte do crecemento debía atribuírse ao aumento de inputs de produción, sendo
o crecemento da súa produtividade a que impulsou o crecemento. Isto implicaba que había un
compoñente non explicado, o ‘residuo’ ou cambio técnico. Máis tarde endoxenizase a
tecnoloxía, no sentido de que é o resultado da actividade deliberada dos axentes económicos.
Schumpeter estudou a innovación e o cambio tecnolóxico como factores claves no
desenvolvemento económico. A tecnoloxía e a innovación xeran procesos de destrución
creadora nos que as vantaxes outorgan posicións monopolisticas , que proporciona
oportunidades de introducir innovacións adicionais, impulsando o desenvolvemento
económico. Desta forma, a tecnoloxía endoxenizase ao proceso produtivo e implica que a
verdadeira competencia non é en prezos senón na propia tecnoloxía.
Hoxe en día a tecnoloxía é o factor da produción máis importante. O progreso tecnolóxico é o
fundamento último dos incrementos de produción, o que implica unha cantidade cada vez
maior de salarios e de beneficios e, polo tanto, de nivel de vida en termos de renda per capita.
A elevada produtividade reduce costes de produción dos bens existentes e engade novos
sectores e produtos, polo que non so aumentas salarios e tempo de ocio, senón que tamén os
bens dispoñibles para satisfacer necesidades.
2.2.A tecnoloxía na historia
O desenvolvemento tecnolóxico foi lento ata 1820. A partir de entón, o avance tecnolóxico
acelerou e o fixo en sucesivas ‘ondas tecnolóxicas’ (carbón, vapor, ferrocarril [finais s.XVIII-XIX];
electricidade-petróleo [finais s.XIX-prinicpios s.XX]; electrónica, internet [finais s.XX-actualidade]) que
relacionamos coas revolucións industriais.
A partir de 1980 , e a pasear da chegada da ‘nova economía’ asociada á introdución das
tecnoloxías da información e as comunicacións, o desenvolvemento tecnolóxico parece que
avanzou máis lentamente ou, polo menos, esta revolución tecnolóxica parece que non
apareceu nas estatísticas macroeconómicas.

2.3.Tecnoloxía e organización do traballo


·Taylorismo (finais s. XIX) Introduce no proceso produtivo a chamada ‘dirección científica do
traballo’. Taylor convirte as tarefas complexas nunha sucesión de traballos sinxelos, concibidos
dende a dirección. Incrementa a produtividade ao reducir os tempos mortos no traballo.
Destrúe a lóxica previa da produción artesanal e establece unha nova relación de forzas a favor
da dirección empresarial.

·Fordismo (anos ’20) Introduce a cadea de montaxe. Unha cinta transportadora aforra os tempos
derivados da circulación manual das pezas. A cinta de montaxe ‘obrigou’ a estandarización do
mecanizado de partes e pezas. Así, nace a fábrica nacionalizada que permite enormes
ganancias de produtividade e unha produción en masa. O logro do estado de benestar estivo
acompañado cun incremento do consumo masivo, o que permitiu e alentou a produción en
masa do modelo fordista. A produción masiva xeraba economías de escala que determinaban
caídas nos costes. Á vez, xeralizouse un aumento do salario diario, para que os traballadores
puideran comprar os produtos, co que aumentaba a demanda, a produción e se xeraban novas
economías de escala. O Fordismo implicou completa articulación entre o proceso de produción
e o patrón de consumo. Ao mesmo tempo, isto supuxo unha caída na importancia dos
traballadores no proceso produtivo.
·Toyotismo. Recupera a creatividade e o ‘saber facer’ en todos os estadios da produción, co que
o traballo pasa a ser un eslavón mais na xeración e difusión da tecnoloxía e a incorporación de
innovacións. Recuperase o protagonismo da pequena e mediana empresa (maior flexibilidade
na adaptación á cambiante demanda). Incídese na diferenciación de produtos. Orientan a
organización do traballo cara a xestión das empresas en rede (tarefas se diversifican,
descentralización da toma de decisións, desdibuxanse as xerarquías e aumenta a autonomía,
mobilidade e responsabilidade dos traballadores no proceso empresarial).
Na actualidade conviven os distintos modelos de organización do traballo.

2.4.Tecnoloxía na actualidade
A globalización tamén alcanzou os procesos de creación, transmisión e difusión de tecnoloxía.
A xeración tecnolóxica asociase, xeralmente, con actividades de investigación e
desenvolvemento (I+D), mecanismo básico de xeración de coñecemento e tecnoloxía orientado
á mellora do proceso produtivo ou da súa organización.

A I+D comprende dúas actividades básicas: a investigación básica, que persegue determinar
novos conceptos ou principios científicos xenéricos, e a investigación aplicada, que busca
utilidade práctica dos coñecementos adquiridos na investigación básica. Nestas actividades
están implicados tanto axentes públicos coma privados, tanto grandes coma pequenos e tanto
nacionais como estranxeiros.
Se ben é certo que o elemento impulsor principal na xeración da tecnoloxía provén dos avances
científicos, isto é ,está fora do aparato produtivo empresarial, hoxe en dia o proceso é
concibido como non lineal, de forma interactiva, con múltiples retroalimentacións ao longo de
todo o proceso de xeración e difusión da tecnoloxía, sendo complexo e rico e relacionado cás
actividades conxuntas de todos os axentes.
Vemos unha relación directa entre esforzos de creación tecnolóxica e resultados, polo que os
principais protagonistas son países desenvolvidos. Altas taxas de intensidade da I+D e elevada
presencia de investigadores no mercado de traballo parecen ser correspondidas con resultados
‘exitosos’ medidos en termos de patentes e proporción de exportacións de alta tecnoloxía no
comercio de cada pais.
Un aspecto de crecente importancia na xeración e difusión da tecnoloxía é a colaboración entre
os grandes involucrados, con especial intensidade na colaboración internacional, de forma que,
cada vez máis, a xeración de tecnoloxía adquire dimensións globais. A difusión das TICs
provocou a necesidade de colaborar, xa que quizais as redes xeradas tendan a converterse en
posicións monopolistiocas no futuro.
O proceso de difusión é basicamente empresarial. O comercio internacional, a prestación de
servizos avanzados e os acordos de cooperación tecnolóxica internacional son as formas
principais de difusión internacional de tecnoloxía. Unha proporción moi importante destes
mecanismos realízanse entre filiais de empresas multinacionais.
A crecente importancia da tecnoloxía e a innovación na produtividade e competitividade de
países e empresas tiveron consecuencias no mercado de traballo: o crecemento do emprego
nos sectores de alta tecnoloxía foi máis rápido ca no resto de sectores. A relación entre cambio
tecnolóxico e emprego e controvertida. A pesar da intensa creación de postos de traballo en
alta tecnoloxía, o proceso de innovación tecnolóxica, cando incide sobre os procesos
produtivos, tende a aforrar man de obra, incrementando a produtividade pero xerando
desemprego. A elevación do benestar material que supón o avance tecnolóxico distribúese
inequitativamente na economía mundial, o que, sen dubida, é unha das causas fundamentais
dos movementos migratorios internacionais.

You might also like