You are on page 1of 21

A.

- A actividade económica No mundo, un de


cada catro nen@s
A actividade económica é o conxunto de tarefas ou actuacións ten problemas de
realizadas polos seres humanos destinadas á produción de bens e crecemento por
servizos cos que atender as súas necesidades. unha insuficiente
As necesidades humanas básicas ou primarias, como o alimento, o alimentación!!
vestido, a vivenda…, son fundamentais ou imprescindibles para o
benestar das persoas. As necesidades non básicas ou secundarias,
como un automóbil, un ordenador,… poden ser importantes, pois
aumentan o noso benestar, pero non son imprescindibles.

As necesidades básicas son universais,


pero a desigualdade económica impide
que todas as persoas as teñan cubertas!!
Por iso, rematar coa pobreza se ten
convertido no primeiro obxectivo da
Axenda 2030 da ONU.
Os medios de comunicación e as redes
sociais poden alterar as nosas
necesidades. A importancia das marcas
publicitarias e a continua actualización dos
produtos está a transformarnos
en simples consumidores!!!

A.1.- Que é a actividade económica?


A.2.- Explica a diferenza entre necesidades primarias e necesidades secundarias.
A.3.- Clasifica as seguintes necesidades, segundo sexan primarias ou secundarias:
Alimentarse, comprar un automóbil, visitar un museo, realizar unha viaxe,
vestirse, ir ao cine, dispoñer dunha vivenda.
Os bens son os produtos ou servizos cos que as
Os bens materiais son
persoas satisfacemos as nosas necesidades, xa sexan
tanxibles, algo que se pode
materiais, como os alimentos, automóbiles, edificios,
“ver e tocar”, mentres que os
manufacturas… ou inmateriais ou servizos, como
servizos son intanxibles, só
educación, sanidade, xustiza...
se recibe o beneficio ou o
resultado do servizo.

A.4.- Que son os bens? Explica a


diferenza entre bens materiais e
bens inmateriais.
A actividade económica inclúe tres fases que permiten ás
persoas satisfacer as súas necesidades: a produción, a distribución
e o consumo de bens.
►A produción é o conxunto de actividades humanas que teñen
como finalidade a obtención de bens e servizos. Para obter eses
bens, utilízanse recursos naturais (vexetais, animais, minerais,
enerxéticos…) e recursos humanos (man de obra, capital,
tecnoloxía…).
A cantidade total dun ben ou A produción responsable ou sostible
servizo que os produtores e compaxina o crecemento econónomico co
produtoras ofrecen ao respecto co medio, minimizando o emprego
mercado a un prezo dado de recursos naturais, así como a xeración de
constitúe a oferta dese materiais tóxicos, residuos e emisións
produto. contaminantes. Pero esas prácticas de
produción responsable soen
incrementar o prezo
dos produtos!!!
►A distribución consiste no traslado da produción ata
o consumidor e a súa venda no mercado ou lugar de
encontro entre produtores e consumidores. Desta
actividade encárganse, principalmente, as empresas de
transporte, de publicidade, os comercios...

A cantidade total dun ben ou


servizo que as persoas están
dispostas a adquirir a un prezo
►O consumo é a utilización dos bens determinado constitúe a
proporcionados pola produción para satisfacer as demanda dese produto.
necesidades humanas. O consumo varía moito duns
países a outros, os países máis consumidores son
os desenvolvidos, pois o aumento do benestar social
da súa poboación deu lugar a unha gran demanda de
recursos, bens e servizos, especialmente para cubrir
necesidades non básicas.
O valor en diñeiro de todos os bens e
servizos producidos nun ano nun territorio
(país, comunidade autónoma, provincia…)
denomínase produto interior bruto (PIB),
que permite medir o desenvolvemento
económico e riqueza dese territorio no seu
conxunto. Se se divide o valor do PIB entre
o número dos seus habitantes obtense o PIB
per cápita, que indica a riqueza media da
poboación.
Os datos do PIB per cápita poden
ser imprecisos:
- compara a riqueza entre países sen ter
en conta que o diñeiro non vale o mesmo
en todo o mundo...
- mostra a riqueza media dos habitantes
dun territorio, pero enmascara
as diferenzas entre eles!!
A.5.- Explica cales son as fases da
actividade económica. (Podes facer unha
redacción, cadro-esquema…).
A.6.- Define os conceptos de: produción
responsable, oferta, demanda, PIB e PIB
per cápita. Ilustra.
A actividade económica inclúe unha gran cantidade de actividades, que adoitan agruparse en
tres sectores económicos:
►O sector primario agrupa as actividades dirixidas a
obter recursos directamente da natureza, como a
agricultura, a gandería, a pesca, a explotación forestal...
►O sector secundario inclúe as actividades que
transforman os recursos naturais proporcionadas polo
sector primario en produtos elaborados ou
semielaborados. Inclúe a industria, a minaría, o sector
enerxético e a construción.
►O sector terciario comprende as actividades que Entón cal é o sector
proporcionan servizos á poboación, como son os terciario alto ou
transportes, o ensino, a sanidade, o comercio, o turismo... cuaternario??
A.7.- Fai un esquema ou
cadro que recolla as carac-
terísticas dos distintos
sectores económicos. Non
esquezas os exemplos...
A importancia dos tres sectores económicos presenta
grandes contrastes mundiais. En xeral, o sector primario
ten aínda un importante peso nos países menos
desenvolvidos, e un peso reducido nas economías máis
avanzadas. O sector secundario é importante en moitos
países de desenvolvemento emerxente. Os países avanzados
teñen economías terciarizadas, pois o sector servizos
emprega á maioría da poboación ocupada e contribúe con
máis de dous terzos ao PIB nacional. O crecemento do
sector nas últimas décadas produciuse a costa do sector A.8.- Explica en que tipo
secundario, o que se explica polo de países predomina cada
proceso de robotización e sector e que se entende por
tecnificación das actividades economía terciarizada.
industriais e porque, a medida que A.9.- Busca unha gráfica
aumenta o nivel de riqueza, a na rede que mostre a
poboación demanda evolución dos sectores de
máis servizos. actividade en España.
B.- Os axentes económicos
As necesidades humanas son ilimitadas (especialmente nos países máis
desenvolvidos), pero os recursos naturais son escasos.
Por iso é necesario organizar a produción de bens e servizos e a súa distribución e
decidir que, como e para quen producir.
Esas decisións as toman os axentes económicos que son os encargados de levar a cabo a
actividade económica:

Son unidades de produción Son unidades de consumo É unha unidade de produción


e consumo
B.1.- Por que son
necesarios os axentes
As relacións entre os axentes económicos constitúen un económicos? Cales son
circuíto económico no que intercambian traballo, bens e eses axentes e como se
servizos a cambio de pagamentos. relacionan?
- Son as unidades básicas de produción de bens e servizos.
- Producir bens materiais e servizos.
- A súa función é - Distribuilos.
- Vendelos aos consumidores→ a cambio dun prezo!
- Empresa privada: obtención de beneficios.
- Obxectivo
- Empresa pública: búsqueda do benestar social.

- Tipos variados, - O tamaño: pequenas, medianas ou grandes.


clasificadas segundo: - A titularidade do capital: públicas, privadas ou mixtas.
- A organización social: particulares ou sociedades (anónimas,
limitadas ou cooperativas).
- Venden os bens e servizos que producen ás familias e ao Estado.
- No circuíto - Cos ingresos das vendas pagan os salarios ás familias polo seu
económico traballo, os impostos ao Estado e invisten en mellorar o seu proceso de
produción.
Segundo o tamaño: se Segundo a a titularidade: Segundo a organización
distingue entre empresas existen empresas públicas, social: as empresas poden
pequenas (ata 50 cando a xestión e o capital pertencer a un particular ou
empregados), empresas proceden do Estado; a unha sociedade. Estas
medianas (ata 250 empresas privadas, cando últimas poden ser
empregados) e grandes están nas mans de sociedades anónimas
empresas. particulares; e empresas (S.A.), nas que o capital se
Algunhas grandes empresas mixtas, de capital público e divide en accións;
son multinacionais, con privado. sociedades limitadas (S.L.),
implantación en varios cun limitado número de
países. socios; e cooperativas,
xestionadas colectivamente
polos socios que achegan o
capital.
B.2.-Fai un esquema ou cadro para clasificar os distintos tipos de empresas.

Ollo, a profe non está


pedindo que copies
este esquema, tes que
deseñar ti o teu!!!
B.3.-Indica se as seguintes “empresas” son públicas, privadas ou mixtas.
- Son as unidades básicas de consumo de bens e servizos.
- A súa función é gastar na adquisición de bens e servizos.

- O seu obxectivo é satisfacer as súas necesidades básicas ou non básicas.


- Venden o seu traballo ás empresas privadas e públicas no
- No circuíto mercado de traballo.
económico - Cobran un salario polo seu traballo, co que
pagan os bens e servizos que compran ás
empresas e os impostos ao Estado e, en
ocasións, aforran ou fan investimentos.
- É unha unidade de produción e consumo de bens e servizos.
- Producir, a través das súas empresas, bens materiais e servizos
- A súa función é públicos, necesarios para toda a sociedade
(educación, correos, sanidade,
transporte ferroviario...)
- Consumir bens e servizos das empresas privadas.
- Conseguir o benestar social, só secundariamente os seus
- Obxectivo
investimentos buscan a obtención de beneficios.

- No circuíto - Proporcionan ás empresas e ás familias bens e servizos


(infraestruturas, axudas, subvencións, pensións, seguros de paro ou
económico
enfermidade,…).
- Contratan traballadores públicos a
cambio dun salario e cobran impostos
ás empresas e ás familias.
B.4.-Cubre o esquema ou cadro dos axentes económicos.

AXENTES
AS EMPRESAS AS FAMILIAS O ESTADO
ECONÓMICOS

Que son?

Función?

Obxectivo?

“Papel” no
circuíto
económico?
A economía de calquera territorio funciona como un circuíto, no que os produtores e os
consumidores se relacionan mediante o intercambio nos mercados. Esas relacións entre
produtores e consumidores provocan a diario fluxos de bens e servizos, que se deprazan
duns lugares a outros mediante o emprego de transportes. Como contrapartida, prodúcese
unha corrente de fluxos monetarios.

Ese circuíto
denomínase tamén
“Fluxo circular
da economía”!!
B.5.-Completa o gráfico do Circuíto económico situando sobre cada frecha o
“concepto” que lle corresponde. Escolle cada un deses “conceptos” do listado que figura
ao pé do gráfico. Podes engadir ti algún enlance máis!!

Ten en conta que


tes que repetir
algunha das
expresións!!

- Obteñen bens e servizos, - Pagan impostos, - Pagan salarios,


- Contratan traballadores,- Pagan os bens e servizos, - Obteñen ingresos, - Venden
bens e servizos, - Reciben axudas, bens e servizos públicos, - Venden o seu traballo

You might also like