You are on page 1of 19

Ikaskuntza

-egoerak
4
Responde

Economía e sociedade estas


preguntas!

EMPEZAMOS!

º�

Que é África e onde se encontra? Utiliza estas palabras para definilo:


hemisferio – continente – ecuador – sur

empobrecido. Que puido


A pesar de ser rico en materias primas, África é un continente
obrecido”?
pasar? Que diferenza encontras nos adxectivos “pobre” e “emp

Tendo en conta a información que nos ofrece o vídeo Onde cres que se vende e se consome
e o que podes deducir do propio termo, que cres que o peixe que as multinacionais europeas
é u­­nha empresa multinacional? extraen dos mares africanos?

Coñecías a realidade que se expón no vídeo? Que vos parece que se


produzan situacións coma estas? Que relación lle encontrades coa
economía? Comentade e debatede todo o que vos chame a atención.

28
Imos aprender! º�

1
Chegar a 2
acordos.
Que son os
bens e
servizos.

3
Quen
interveñen na
economía e como
contribúe

4
á sociedade.

A publicidade,
o consumo e a
responsabilidade

5
das
empresas.

Solucionar
problemas con
xustiza, desde o
punto de vista da
empatía.

6
Recoñecer a
necesidade e
a existencia de
accións comúns
que logran o
benestar
de todos.

O NOSO Organizade un mercado!


RETO
Intercambiar obxectos é u­­nha forma estupenda
de practicar o consumo responsable.

29
Imos alá!

En que consiste a economía?


As nosas necesidades, o seu custo e o beneficio que obtemos
º1 Relaciona estes termos coas seguintes imaxes.

1.º produción – 2.º distribución – 3.º consumo

Estas tres situacións cotiás teñen que ver coa economía, aínda que non cho
pareza a simple vista. E tamén coa forma na que as persoas obtemos bens e
servizos cos que cubrir as nosas necesidades.

O pan é un BEN. É FÍSICO e VISIBLE.

O comedor do colexio é un SERVIZO. APROVEITÁMONOS del.

º2 Pon un exemplo dun ben e dun servizo que cubra algu­­nha necesidade túa.

As persoas temos necesidades: alimentación, vestido, educación… Para satisfa-


celas, prodúcense bens, como a comida, a roupa, os libros..., e tamén servizos,
como os comercios, os hospitais, os colexios...
Para satisfacer estas necesidades, na maioría das economías do mundo os
bens e servizos intercámbianse por diñeiro.

O traballo tamén se intercambia por diñeiro


º3 Que é o traballo? Como o relacionarías coas necesidades humanas?

O traballo consiste nas horas que dedican as persoas a producir bens e servi-
zos. E poden facelo de forma independente ou a través de empresas.

Cando traballan de forma independente, son Cando traballan a través doutras empresas, é
os propios traballadores quen venden o seu a propia empresa quen vende o produto ou
produto ou servizo. E conseguen así o seu sa- servizo que os traballadores realizaron e, a
lario directamente do comprador. cambio, a empresa págalles un salario .

30 Mercado de bens e servizos


De que depende o prezo dos bens e servizos

Taller
Imaxina que es panadeira nunha pequena aldea da
montaña. Este inverno nevou moitísimo, as estradas están
colapsadas e non chegan as furgonetas de reparto.
O teu traballo complícase! Debes seguir ofrecendo os teus
produtos, pero tamén tes que ser prudente e dosificar a
cantidade de fariña para preparar o pan.
Tes dúas opcións: facer o teu pan con menos fariña e poder
vendelo durante máis tempo, ou seguir facendo o pan coa
mesma cantidade de fariña incluso arriscándote a quedar
sen ela antes. Nos dous casos tes que valorar a calidade do
teu pan e o beneficio que poderás obter.

º4 Aprendo a pensar. Por grupos, imaxinade que sodes a


panadeira e acordade u­­nha das opcións: seguir facendo
º�
o pan con máis ou menos fariña. E, despois, formuláde-
vos estas preguntas desde a opción que escollestes.

• Poderías facer a mesma cantidade de pan?


• Modificarías o seu prezo? Por que?
• Como influiría isto nos teus clientes? Cres que se-
guirían comprándoche o pan ou buscaríano nou-
tras panadarías?
• Canto tempo poderías manter esta situación?

º5 Cando rematedes, recompilade todas as vosas respos-


tas e explicade ao resto da clase como acaba a historia.

º6 Le esta oración e pensa, sobre o exemplo que acabades


de ver, cal é o produto ofertado e cal é a súa demanda.

O prezo dun produto depende da cantidade dese pro-


duto que hai no mercado, é dicir, a oferta, e de cantas
persoas o queren, é dicir, a demanda.

º7 Cando un produto escasea, como ocorre co pan, dise que


hai pouca oferta. Se, ademais, moitas persoas queren ese
produto, sobe a súa demanda. Como cres que inflúe isto
no prezo do produto ofertado?

Mercado de bens e servizos 31


Quen son os protagonistas da economía?
Os axentes económicos
º1 Observa este esquema sobre a economía. Quen cres que son os protago-
nistas de todas estas relacións?
A. O traballo, os salarios e os produtos.
B. O Estado, as empresas e as familias.
C. Os servizos públicos.

ESTADO

cos Serv
bli izos
s pú púb
vizo lico
stos

Pago
impo
Ser

de
Venden o seu traballo
impos
e
Pago d

Pagan salarios tos

EMPRESAS FAMILIAS
Pagan prez
o de produ tos

Venden o s pr o d u tos

• CREAMOS XUNTOS. Redactade as ideas deste esquema para que vos sir-
va de explicación de cales son as relacións que se establecen entre os tres
axentes económicos.

º2 Le este texto. Quen é o Estado neste exemplo? E as familias? Pon logo un Podes
exemplo de empresa. consultar
de novo o
esquema para
axudarte!
España recada diñeiro dos traballadores e consumidores e
tamén das empresas. A cambio, ofrece servizos públicos. Os
traballadores e consumidores venden o seu traballo ás em-
presas e estas páganlles salarios. Ademais, as empresas ven-
den os seus produtos a traballadores e consumidores e estes
pagan o prezo deses produtos.

32 Os axentes económicos
A mediación do Estado na economía
º3 Ponte no lugar do dono du­­nha empresa e logo no du­­nha familia, pensando
en ambos casos na súa economía. Cal cres que é o obxectivo do empresa-
rio? E o das familias?

O Estado é o encargado de establecer as normas coas que se regulan o com-


portamento das empresas e o consumo das familias. Así mesmo, u­­nha das súas
funcións económicas consiste precisamente en facilitar axudas económicas,
humanas ou materiais ás familias e ás empresas.

Taller
En grupos de tres, cada membro representará
PASO 1 un dos axentes económicos.

Imaxinade que xorde un conflito entre familias


PASO 2 e empresa, por exemplo, o prezo da luz subiu
moito e as familias non poden asumir un gasto
tan alto. O representante do Estado ten que
mediar entre os axentes.
Debatede entre os tres axentes económicos que
PASO 3 solucións se vos ocorren que poderían darse ao conflito.
O representante do Estado terá que escoller a que crea
máis conveniente e establecela como norma.

º4 TRABALLAMOS POR QUENDAS. Respondede estas cuestións.


Non podedes pasar á seguinte sen rematar a anterior.
a. Facede u­­nha lista das solucións que se vos ocorreron.
b. Indicade a quen beneficiaba máis cada u­­nha das solucións.
c. Escribide u­­nha conclusión explicando por que o Estado optou
pola solución definitiva e que gañan e que perden cada un dos
axentes económicos. De que cousa,
que trate
o tema,
che parece
importante
U­­nha parte pouco visible da economía falar na casa?

Ademais do traballo produtivo e remunerado, que é o que vimos ata agora,


existe outro tipo de traballo que, nalgu­­nhas ocasións, non está remunerado: o
relacionado co coidado de persoas e as tarefas domésticas.
Este traballo de coidados inclúe actividades como lavar a roupa, preparar a comi-
da, facer a cama, criar un fillo ou coidar un familiar mentres está enfermo, etc.

º5 Aprendo a pensar. Facede u­­nha chuvia de ideas na que pensedes que con-
secuencias tería sobre a economía se ninguén se encargase de levar a cabo
º�
estas tarefas.

º6 A quen coñeces que faga traballo de coidados? No seu caso, é traballo re-
munerado ou non? Explica en que consiste o seu traballo.

Os axentes económicos 33
Que son os impostos?
O diñeiro que contribúe á sociedade
º1 Entre todos, facede u­­nha lista de cinco servizos que recibides polos que
non paguedes nada no momento que facedes uso deles.

De onde sae o
diñeiro para pagar
a sanidade ou a
educación pública?
E o traballo nos
xacementos históricos?

E o soldo du­­nha bombeira


ou du­­nha xuíza?

Todo iso custa diñeiro! E é o Estado quen se encarga de pagalo, a través da


contribución económica que fan tanto as empresas como as familias.

º2 Como cres que se chama ese diñeiro que recada o Estado?


A. Traballo B. Salario C. Imposto

Un imposto é un diñeiro que se lle paga ao Estado. En ocasións eses impostos


páganse en función das posibilidades económicas de cada un, de modo que
quen máis bens ten, maior cantidade de impostos debe achegar.

º3 Imaxina dúas nenas. Cada u­­nha naceu nun destes barrios. Cres que por na-
cer nun sitio ou noutro as súas vidas poden ser distintas? Por que?

Non todo o mundo ten a sorte de nacer nun fogar con recursos. Por iso existen os
impostos. A súa función é redistribuír a riqueza e corrixir desi­gualdades.

34 O valor social dos impostos


Hai moitas formas de contribuír!

Taller
Como compañeiros, tedes un deber solidario que vos relaciona
e compromete co resto da clase. Esa solidariedade é fundamental
para a convivencia e o benestar físico e emocional de todos os que
formades o voso grupo.
Por iso é necesario que aprendades a valorar a importancia da
recadación de impostos como ferramenta para redistribuír
a riqueza e corrixir as desigualdades.

º4 Creade a vosa propia axencia de control e recadación para a clase.

Pensade entre todos varias situacións de necesidade e


PASO 1 reparto desigual que se poidan producir na vosa clase.
Poden ser necesidades relacionadas con material escolar,
con axuda para o estudo e as actividades, cos xogos do
patio, etc.

1 Se alguén perde o seu afialapis, pode utilizar o da caixa.


2 ●●●

Buscade u­­nha caixa e colocádea nun lugar seguro da


PASO 2 clase. Teredes que consensuar entre todos u­­nha persoa
que se encargue de custodiar a caixa.

Cada membro do grupo meterá nela un valor, en función


PASO 3 do que poida achegar. Se non é un ben material, pode ser
un papel coa explicación do servizo.

Cada vez que un compañeiro da clase teña u­­nha


PASO 4 necesidade das que recollestes na lista e entre todos
consideredes que é xusto o uso da caixa, poderá facelo.

º5 Reflexionade entre todos. Que desigualdades vos gustaría corrixir? Can- Usaches a túa
to credes que usaredes a caixa? Podedes comprobalo semanalmente. creatividade
para aprender
º6 Pensade nu­­nha localidade na que non existisen os impostos e deba- hoxe?
tede na clase estas preguntas.
a. Existirían colexios? Quen podería ir a eses colexios?
b. Como funcionarían os servizos médicos da localidade? Atendería-
se a todo o mundo?
c. Habería policía? Todo o mundo estaría seguro nesa cidade?
d. Como serían as rúas, as beirarrúas, os espazos públicos?
e. Habería papeleiras e contedores de lixo polas rúas? Quen recolle-
ría a lixo?

O valor social dos impostos 35


Cal é a responsabilidade das empresas?
O impacto social das empresas na economía e na vida

NOTICIA

Só 90 compañías,
responsables do 60 %
Hai empresas que extraen
recursos fósiles para convertelos do cambio climático
en combustibles como o carbón, o 
petróleo ou o gas.

E consumimos moito
Logo eses combustibles estes recursos! Desde que
utilízanse, por exemplo, espertamos ata que imos
para a produción de durmir, facemos uso deles.
plástico ou insecticidas
para as colleitas.

Regular a temperatura das nosas casas ou da nosa clase, conservar alimentos,


iluminarnos durante a noite ou en estancias a escuras, os desprazamentos dia-
rios que facemos…
Estes son algúns exemplos de accións da nosa vida cotiá que poden depender
do carbón, o petróleo e o gas.

ionado calefacció
aire acondic n

frigorífico

rte
luz eléctric transpo
a

º1 PENSAMOS XUNTOS. En grupos, pensade en todas as cousas que fan po-


sible as vosas vidas e que dependen do carbón, do petróleo e do gas. Como
sería a vosa vida se non dispuxésedes de todo isto?

As empresas non só son organizacións económicas, senón tamén sociais. Por


iso adquiren responsabilidades coa sociedade, cos traballadores, co medio
ambiente...
As empresas axudan ao enriquecemento da sociedade, pois ofrecen produtos,
xeran emprego e pagan impostos. Tamén axudan ao desenvolvemento laboral
dos seus traballadores, fórmaos e ten que respectar os seus dereitos.

36 A responsabilidade social das empresas


As empresas deben asumir que o impacto das súas actividades na vida das per-
soas é moi grande e que a súa responsabilidade social é moi alta.
Responsabilidade co medio ambiente. Para Responsabilidade coa sociedade. As empre-
que as empresas cumpran con esta respon- sas deben favorecer o desenvolvemento das
sabilidade deben desenvolver formas de afo- persoas que viven cerca sen ser un obs­táculo
rro enerxético para contaminar menos, apro- no seu día a día. Por exemplo, non poden abu-
veitar ao máximo os recursos que utilizan, sar da subministración eléctrica du­­nha locali-
reciclar e reutilizar materiais, e non inducir ao dade e deixar sen servizo os seus veciños. Nin
consumo innecesario. cortar u­­nha estrada só para a súa actividade.

Responsabilidade cos consumidores. As em- Responsabilidade cos traballadores. As em-


presas deben satisfacer as necesidades dos presas funcionan grazas ao traballo dos seus
consumidores. Por iso, deben conseguir u­­nha empregados. Por iso é importante que lles
boa calidade nos seus produtos e servizos, ofrezan aos seus traballadores boas condi-
para que o consumidor saiba o que compra cións laborais: un salario digno, poder gozar
con transparencia e así quede satisfeito. de vacacións, un trato cordial, facilidades
para conciliar a súa vida persoal...

º2 Con que tipo de responsabilidade están cumprindo estas Axudaches


empresas? a alguén
diferente hoxe?
• Empresa A: Contribúe ao comercio de proximidade.
• Empresa B: Utiliza enerxía eólica e solar na súa produ-
ción.
• Empresa C: Organiza u­­nha carreira solidaria para recadar
fondos e construír un parque público.

º3 En parellas, inventade u­­nha empresa. Pensade a que se


vai dedicar, poñédelle un nome e explicade como se vai
comportar en relación coa súa responsabilidade medioam-
biental, comunitaria, de mercado e laboral.

A responsabilidade social das empresas 37


Para que serve a publicidade?
A necesidade de reflexionar antes do impulso

Taller
Diferenciar a simple vista un anuncio é fácil. Pero antes de deixarnos
levar polo que quere transmitirnos é moi importante analizalo ben.

Busca nun espazo publicitario un anuncio dirixido ao


PASO 1 público da túa idade e analízao obxectivamente. De que
se trata? Que produto anuncia? Que di o texto
ou slogan? Que personaxes ou elementos aparecen?

Despois, analízao desde un punto de vista subxectivo.


PASO 2 Podes formularte algu­­nhas destas preguntas.

comprases
Que argumentos utiliza para convencerte
o pe ns as qu e te sentirías se
C om che fai sentir?
de que é bo que o compres?
o produto? Que

?
Por que escolliches o teu anuncio Que necesidade estarías satisfa
cendo?
Que te atra eu del ? De verdade tes que cubrir esa
necesidade?

Tratade de buscar algún aspecto enganoso ou ofensivo,


PASO 3 se o houbese, nos anuncios. Por que volo parece?

º1 TRABALLAMOS POR QUENDAS. Escollede un dos anuncios e rein-


ventádeo: pensade a mensaxe, buscade as imaxes e facede a com-
posición final. Tedes que convencer o consumidor coa máxima
transparencia. Credes que o anuncio consegue o mesmo efecto?

A publicidade é u­­nha forma de comunicar unha mensaxe,


persuadir: conseguir que
xa sexa de forma audiovisual ou escrita, co obxectivo de
u­­nha persoa actúe dun
persuadir o consumidor para que compre un produto ou modo concreto.
servizo.

º2 Cal cres que é o obxectivo deste anuncio? Por que pen-


sas que é necesario realizar un anuncio deste tipo?

Con que tipo


de actividades
gozas
e aprendes?

38 Publicidade e consumo
Que é o consumo responsable?
A publicidade anima os consumidores a comprar os produtos
que ofrecen. Pero, ás veces, tamén trata de educar, informar ou
difundir ideas para actuar du­­nha determinada maneira.

º3 Sabes o que ocorre cando consumimos máis do que nece-


sitamos? Compróbao neste vídeo e responde as cues-
º�
tións.
a. Despois de ver o vídeo, elaborade en grupos u­­nha lista
coas consecuencias que ten consumir produtos tan ra-
pidamente.
b. Que podemos facer para evitar o consumismo?
c. O día 15 de marzo celébrase o Día Mundial do Consumo
Responsable. Por que cres que é necesario celebrar este
día?

º4 Como poderías converter estas accións en accións de


consumo responsable?

Consumo de Compra impulsiva


produtos envasados de xoguetes

Uso de bolsas Utilización de


de plástico produtos dun só uso

º5 Elabora a túa propia definición de consumidor responsa-


ble a partir desta afirmación.

Consumir é adquirir bens e servizos.

O consumo responsable é un tipo de consumo orientado a mi-


nimizar o impacto ambiental e conseguir un maior beneficio
para a sociedade.

º6 CREAMOS XUNTOS. Que dificultades encontrades á hora


de consumir de forma responsable? Elaborade a vosa pro-
pia tese con argumentos a favor e en contra, e concluíde a
vosa exposición con esta afirmación:

Sempre é mellor consumir responsablemente!

Podes utilizar o modelo para escribir un texto


argumentativo. Ten en conta como moves as mans
º� mentres expós os teus argumentos!

Publicidade e consumo 39
O NOSO Organizade un mercado
RETO de intercambio!

Intercambiamos obxectos para


practicar o consumo responsable
O troco é u­­nha das primeiras actividades sociais que
levaron a cabo os humanos. A evolución deste intercambio de
bens deu lugar á aparición do diñeiro, e así se crearon os primei-
ros mercados. Hoxe en día, intercambiar obxectos pode ser u­­nha
ocasión única para practicar un consumo responsable.

PASO 1
Pensade onde celebralo, que día e en que horario.
Entre todos, planificade un tempo para facer a busca
de obxectos que teñades na casa e poidades achegar.
Concretade u­­nha data para levar todas as cousas.
Tamén é interesante que establezades un destino É importante
para os produtos que finalmente non se intercambien: que contes coa
pensade u­­nha alternativa para doalos a un lugar onde autorización dos teus
poidan ser útiles. familiares antes de
levar algún obxecto
da casa.

PASO 2
Selecciona obxectos en bo estado que xa non utilices.
Podedes achegar roupa, libros, xoguetes, material
deportivo, obxectos de decoración, cómics, pósteres…
Todo o que encontres pola casa que aínda poida ser útil
para alguén e ao que ti xa non lle esteas dando uso!

PASO 3
Preparade os vosos postos. O día acordado para a
realización do mercado, dispoñede as mesas formando
un semicírculo, deixando espazo no medio da aula para
movervos por todas as mesas. Logo colocade os vosos
obxectos sobre u­­nha mesa, que será o voso escaparate,
e deixade u­­nha tarxeta co voso nome ao lado. Así, se
alguén ve un obxecto que lle interese, poderá localizarte
para negociar un intercambio.

40
PASO 4 Podes intercambiar
tantos obxectos como
Pasea polo mercado. Bota unha ollada para ver se queiras con tantas
encontras algo que che interese. Se ves algo que persoas como queiras.
che gusta, intenta intercambialo por algún dos
teus artigos. Lembra que en ningún caso podedes
utilizar diñeiro; o valor monetario non é o máis
importante agora.

PASO 5
Pechade o mercado e reflexionade sobre
a actividade. Recollede os artigos que non lo
Sería interesante face
encontraron dono e deixádeos listos para a do o
extensivo a to
doazón. Logo, iniciade un pequeno coloquio no colexio e organizar
que repasedes como transcorreu a actividade. un macromercado de
Aquí tedes algu­­nhas cuestións que podedes intercambio?
recoller nun documento a modo de conclusións.

Foi un momento para Como resolvestes os casos nos


pasalo ben e mostrar a vo que a alguén lle interesaba un
sa
xenerosidade ou, polo co produto, pero non encontraba
ntrario,
xerou conflitos e tensións outra cousa pola que
entre
vós? intercambialo?

Necesitamos todas as cousas que posuímos? Cantas podemos utilizar?

Como che foi o reto?


º1 Completa esta táboa para avaliar como fixeches o reto.
º�
Conseguín… Sen axuda Con axuda Aínda non
1. Tomar parte na organización previa do ●●● ●●● ●●●
mercado.
2. Traer obxectos nas condicións que nos ●●● ●●● ●●●
comprometemos.
3. Presentar un escaparate coidado ●●● ●●● ●●●
e limpo.
4. Conseguir intercambios interesantes ●●● ●●● ●●●
para ambas partes.
5. Cambiar a nosa forma de consumir. ●●● ●●● ●●●

º2 Que alternativas ao modelo de consumo “comprar - usar – tirar” descubri-


ches?

41
En resumo
Mercados de bens e servizos
• A economía está presente na vida de todas as persoas, xa que temos u­­nha
serie de necesidades que satisfacer. Esas necesidades cubrímolas coa ob-
tención de diferentes produtos, que poden ser bens ou servizos.
• Os bens e servizos están influenciados pola oferta e a demanda que haxa
deses produtos.
• Oferta: os bens e servizos dispoñibles no mercado.
• Demanda: a necesidade real de determinados bens e servizos.

Os axentes económicos
• Os axentes económicos da economía son o Estado, as empresas e as fa-
milias.
• O Estado recada diñeiro das familias e tamén das empresas. A cambio,
ofrece servizos públicos. As familias venden o seu traballo ás empresas e
estas páganlles salarios. Ademais, as empresas venden os seus produtos
ás familias e estas pagan o prezo deses produtos.

O valor social dos impostos


• Un imposto é un diñeiro que se paga ao Estado. Algúns impostos páganse
en función das posibilidades económicas de cada un.
• A súa función é redistribuír a riqueza e corrixir desigualdades.

A responsabilidade social das empresas


• As empresas teñen un impacto na economía e na vida das persoas moi
grande. Por iso a súa responsabilidade social é moi alta.
• A responsabilidade das empresas ten que ver co seu impacto no medio
ambiente, na sociedade, no mercado e cos seus traballadores.

Publicidade e consumo
• A publicidade é u­­nha forma de comunicar unha mensaxe co obxectivo de
informar sobre un ben ou servizo, e así persuadir o consumidor para que o
compre.
• Consumir é adquirir bens e servizos.
• O consumo responsable é un tipo de consumo orientado a minimizar o
impacto ambiental e conseguir un maior beneficio para a sociedade.

42
Repasamos
º1 Copia e completa este esquema. Poderás repasar os contidos traballa-
dos e resolver as seguintes actividades.

BENS E ●●●.

de

A PRODUCIÓN A DISTRIBUCIÓN O ●●●.

Fórmana todas as
actividades relacionadas con

A ECONOMÍA

nela interveñen

Encárgase de recadar
●●● e mediar entre os
axentes ●●●.
ESTADO

os Serv
pú blic izos
púb
izos lico
Pago
stos

v s
impo

de
Ser

impo

Venden o seu traballo


e
Pago d

stos

Pagan salarios

EMPRESAS FAMILIAS
Pa gan pr e
zo do s prod utos

Ve nde n o s p r o d u to s

Teñen un grande
impacto na economía Deben consumir
e por iso a súa ●●● bens e servizos de
é moi alta. maneira ●●●.

43
Repasamos
º2 Busca no dicionario os seguintes conceptos.

ben servizo oferta produto economía demanda

º3 Cal é a forma máis habitual na que se intercambian bens e servizos?

º4 Corrixe as seguintes oracións sobre os axentes económicos.


• O Estado axuda as familias e as empresas pagándolles impostos.
• As empresas son as encargadas de lles ofrecer os servizos públicos ás
familias.
• As familias véndenlles os seus produtos ás empresas, mentres que as
empresas lles venden as súas horas de traballo ás familias.
• O Estado págalles salarios ás familias.

º5 Que cousas se pagan cos impostos?

O soldo dos profesores dun As obras de reparación da


colexio público. subministración de auga.

As entradas do cine du­­nha O soldo das traballadoras du­­nha


familia. fábrica.

º6 Escribe un exemplo de cada un dos tipos de responsabilidade social das


empresas co que poidas explicar en que consiste.

EMPRESA RESPONSABLE
Co medio Coa comunidade Coas traballadoras
Co mercado
ambiente na que se encontra e cos traballadores
●●● ●●● ●●● ●●●

º7 Cal é a relación que existe entre os anuncios, a publicidade e o consu-


mo? Cales son as consecuencias de non xestionar correctamente a nosa
forma de consumir?

44
Amplía o teu horizonte
º8 Elixe un adulto, le con el este texto e facédevos as seguintes preguntas.
º�
"Os nenos, convertidos en consumidores dixitais sen dereitos recoñecidos" é
un artigo do xornal dixital Heraldo publicado no ano 2021.
Nel, un especialista en infancia integrante do Comité dos Dereitos da
Infancia da ONU recolle información sobre os dereitos de nenas
e nenos coma vós dentro do mundo dixital.
Cando calquera persoa, dá igual a idade que teña, interactúa con internet,
queda rexistrada un montón de información que, aínda que inicialmente
só ten un fin puramente comercial, co tempo acaba xerando un perfil desa
persoa: os seus gustos, o seu estado de saúde física ou emocional, as súas
preferencias á hora de vestir ou quen son as súas amizades.
Os menores e adolescentes están desprotexidos ante este abuso, porque
non hai ningún país que establecese u­­nhas normas que as empresas deban
cumprir para evitar esa subministración de información.

• Cres que os nenos e nenas corredes algún tipo de perigo cando facedes
uso de tecnoloxías?
• Que dereitos da infancia cres que deberían ser protexidos cando usas in-
ternet?
• Cales cres que poderían ser as consecuencias de que toda a información
almacenada sobre un menor que utiliza internet chegue anos máis tarde a
u­­nha empresa que o quixese contratar?
• Que medidas se che ocorren que se poderían levar a cabo para evitar es-
tas situacións?

En que consiste o lavado verde?


Aínda que a maioría das empresas cumpren
coa súa responsabilidade social, é evidente
que non sempre todas o conseguen. De feito,
hai algu­­nhas empresas que nunca chegarán a
ser respectuosas co medio ambiente pola
propia natureza da súa actividade.

º9 De que maneiras pode contribuír coa so-


ciedade u­­nha empresa que se dedica á ob-
tención de madeira para fabricar papel?

º10 Busca e investiga o significado do termo


greenwashing e explica coas túas pro-
pias palabras en que consiste.

º� As miñas competencias º� Autoavaliación

45

You might also like