You are on page 1of 36

Tema 1: conceptos básicos

PIB e balanza de pagos

Hugo Campos Romero (hugo.campos.romero@usc.es)

Estructura Económica Mundial I


Contido
• PIB • Balanza de pagos
▪ Fluxo circular da renda ▪ Definición e características
▪ Valor engadido bruto
▪ As contas na balanza de
▪ Definición de PIB e limitacións
pagos
como indicador
o A conta corrente
▪ Métodos de estimación do PIB
o A conta de capital
▪ Outros agregados económicos
▪ Distribución da renda o A conta financeira

▪ A condición de equilibrio

▪ A balanza de pagos e outras


magnitudes
O PIB e outros agregados
Fluxo circular da renda: economía pechada
• Tres formas de aproximarse á
renda:
▪ 1- Valor de bens e servizos finais
ofrecidos polas empresas e
administracións

▪ 2- Gasto realizado polos fogares e as


administracións no mercado de bens

▪ 3- Rendas que financian o gasto dos


fogares e das administracións

Fonte: Alonso (2017), p. 24


Fluxo circular da renda: economía aberta
• Alteracións na aproximación
á renda:
▪ 1- Valor de bens e servizos
ofrecidos: hai que engadir as
exportacións

▪ 2- Gasto realizado: hai que


engadir as importacións

▪ 3- Rendas obtidas por factores


produtivos residentes: hai que
engadir rendas obtidas por
factores nacionais no
estranxeiro e rendas pagadas a

Fonte: Alonso (2017), p. 25


factores estranxeiros na nación
Valor engadido bruto

• Nos esquemas anteriores non se incorpora un elemento


importante para o proceso produtivo: os insumos ou inputs
intermedios.

• No valor do ben ou servizo final incorpórase o valor individual


de cada insumo, polo cal vamos a diferenciar entre o valor
da produción efectiva ou total (VPT) e o valor engadido bruto
(VAB).
Valor engadido bruto
𝑉𝐴𝐵 = 𝑉𝑃𝑇 − 𝐶𝐼 = 𝑅𝐴 + 𝐸𝐵𝐸
• Onde CI é custe dos inputs, RA é a remuneración dos
asalariados e EBE é o excedente bruto de explotación
(remuneración do capital: maquinaria, alugueres, intereses,
etc.). (A remuneración dos factores tamén se coñece como rendas primarias)

• Non confundir custe con valor:


Para a produción dunha mesa de 100€ empréganse 20€ de madeira
e 5€ de enerxía. A canto ascende o VPT e o VAB?
Criterios de valoración (I)
• As magnitudes económicas que vamos a ver poden
traballarse con tres criterios:
▪ Prezos básicos: valor dos bens e servizos producidos que
incorpora as retribucións dos factores e impostos sobre
produción netos de subvencións.

▪ Prezos de produtor: ao anterior engádense outros impostos


sobre produtos e importacións, pero non o imposto sobre o valor
(IVE).

▪ Prezos de mercado: ao anterior engádeselle o IVE e os marxes


de distribución e transporte. É o que pagamos na tenda.
Criterios de valoración (II)
• Tamén hai que diferenciar as variables reais e as nominais.

▪ Variables nominais ou a prezos correntes: os datos expresan o


valor que teñen en cada momento do tempo. Inclúense, polo
tanto, posibles cambios no prezo (inflación).

▪ Variables reais ou a prezos constantes: cando non interesan os


cambios nos prezos, podemos tomar un ano base empregado
como referencia, e descontar os efectos da evolución nos prezos.
Analizamos si una variable aumenta ou decrece en relación ao
valor que tiña no ano base.
O PIB
• Defínese como o valor de todos os bens e servizos finais producidos no
interior dunha economía polos factores produtivos que operan nun
territorio nun período de tempo determinado.

• Problemas do PIB:
▪ É unha variable fluxo que non considera os recursos de fondo.
▪ Non se asigna un valor en función da finalidade.
▪ Non se incorporan actividades que ocorren fora do fluxo económica,
como o coidado dos fillos ou do fogar. Tampouco se recollen (ou non
se recollen ben) actividades ilegais.
▪ O PIB per cápita adoitase empregar como referencia da renda dunha
persoa dun país, o que é cuestionable.
▪ Existen marxes de erro de ata o 20% no seu cálculo.
Métodos de estimación do PIB
• Método 1: vía da demanda agregada
𝑃𝐼𝐵𝑝𝑚 = 𝐶𝐹 + 𝐹𝐵𝐶 + 𝑋 − 𝑀
𝐹𝐵𝐶→ adquisición de bens de carácter duradeiro
𝑋 − 𝑀→ exportacións menos importacións

• Método 2: vía da oferta


𝑃𝐼𝐵𝑝𝑚
= 𝑉𝐴𝐵𝑝𝑏 𝑝𝑟𝑖𝑚𝑎𝑟𝑖𝑜 + 𝑉𝐴𝐵𝑝𝑏 𝑠𝑒𝑐𝑢𝑛𝑑𝑎𝑟𝑖𝑜 + 𝑉𝐴𝐵𝑝𝑏 𝑡𝑒𝑟𝑐𝑖𝑎𝑟𝑖𝑜 + 𝑰𝒎𝒑𝒐𝒔𝒕𝒐𝒔 𝒔𝒐𝒃𝒓𝒆 𝒑𝒓𝒐𝒅𝒖𝒄𝒕𝒐𝒔
− (𝑺𝒖𝒃𝒗𝒆𝒏𝒄𝒊ó𝒏𝒔 𝒔𝒐𝒃𝒓𝒆 𝒑𝒓𝒐𝒅𝒖𝒄𝒕𝒐𝒔)

• Método 3: vía da renda


𝑃𝐼𝐵𝑝𝑚 = (𝑅𝐴) + (𝐸𝐵𝐸) + (𝐼𝑚𝑝𝑜𝑠𝑡𝑜𝑠 𝑝𝑟𝑜𝑑𝑢𝑐𝑐𝑖ó𝑛 𝑒 𝑖𝑚𝑝𝑜𝑟𝑡𝑎𝑐𝑖ó𝑛𝑠) − (𝑆𝑢𝑏𝑣𝑒𝑛𝑐𝑖ó𝑛𝑠 𝑝𝑟𝑜𝑑𝑢𝑐𝑐𝑖ó𝑛 𝑒 𝑖𝑚𝑝𝑜𝑟𝑡𝑎𝑐𝑖ó𝑛𝑠)
Fonte: INE
Fonte: INE
Fonte: INE
Fonte: INE
Outros agregados (I)
• O produto nacional bruto
Hai que agregarlle ao PIB as rendas primarias netas (RPN, remuneración de
factores)
𝑃𝑁𝐵𝑝𝑚 = 𝑃𝐼𝐵𝑝𝑚 + 𝑅𝑃𝑁
As RPN son a diferenza entre as rendas primarias cobradas por residentes en
no resto do mundo e as pagadas a non residentes no país.

• O produto interior neto e o produto nacional neto


Para pasar a termos netos basta con subtraer o consumo de capital fixo
(obsolescencia, desgaste, imprevistos,...)
𝑃𝐼𝑁𝑝𝑚 = 𝑃𝐼𝐵𝑝𝑚 − 𝐶𝐶𝐹
𝑃𝑁𝑁𝑝𝑚 𝑜 𝑅𝑁𝑁𝑝𝑚 = 𝑃𝑁𝐵𝑝𝑚 − 𝐶𝐶𝐹
Outros agregados (II)
• A renda nacional bruta e neta dispoñible
Esta magnitude informa sobre a capacidade de gasto da economía. Obtense
a partir do produto bruto ou neto nacional, agregándolle as transferencias
correntes netas do exterior (rendas secundarias)
𝑅𝑁𝐵𝐷𝑝𝑚 = 𝑃𝑁𝐵𝑝𝑚 + 𝑇𝐶𝑁
𝑅𝑁𝑁𝐷𝑝𝑚 = 𝑃𝑁𝑁𝑝𝑚 + 𝑇𝐶𝑁
As TCN son a diferenza entre as transferencias correntes recibidas e as
enviadas.
Outros agregados (III)
• O aforro nacional bruto
A capacidade de gasto dunha economía (RNBD) pode destinarse a consumo ou a
aforro. Se coñecemos o consumo final, o aforro obtense de forma sinxela
𝐴𝑁𝐵 = 𝑅𝑁𝐵𝐷𝑝𝑚 − 𝐶𝐹
O aforrado pode empregarse para realizar inversións, é dicir, á FBC. ¿É si
investimos máis do que temos aforrado? Veremos aumentados os nosos pasivos,
haberá déficit.

Nunha economía, ademais dos aforros, é posible recibir recursos do estranxeiro


para inversións; tamén pode suceder que decidamos investir os nosos aforros
noutro país. Temos que considerar as transferencias netas de capital (TNCp)
𝑆𝑖 𝐴𝑁𝐵 + 𝑇𝑁𝐶𝑝 > 𝐹𝐵𝐶 → 𝑡𝑒𝑚𝑜𝑠 𝑐𝑎𝑝𝑎𝑐𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑑𝑒 𝑓𝑖𝑛𝑎𝑛𝑐𝑖𝑎𝑐𝑖ó𝑛
→ 𝑎𝑢𝑚𝑒𝑛𝑡𝑎𝑚𝑜𝑠 𝑎𝑐𝑡𝑖𝑣𝑜𝑠 𝑜𝑢 𝑚𝑖𝑛𝑜𝑟𝑎𝑚𝑜𝑠 𝑝𝑎𝑠𝑖𝑣𝑜𝑠
𝑆𝑖 𝐴𝑁𝐵 + 𝑇𝑁𝐶𝑝 < 𝐹𝐵𝐶 → 𝑡𝑒𝑚𝑜𝑠 𝑛𝑒𝑐𝑒𝑠𝑖𝑑𝑎𝑑𝑒 𝑑𝑒 𝑓𝑖𝑛𝑎𝑛𝑐𝑖𝑎𝑐𝑖ó𝑛
→ 𝑎𝑢𝑚𝑒𝑛𝑡𝑎𝑚𝑜𝑠 𝑝𝑎𝑠𝑖𝑣𝑜𝑠 𝑜𝑢 𝑚𝑖𝑛𝑜𝑟𝑎𝑚𝑜𝑠 𝑎𝑐𝑡𝑖𝑣𝑜𝑠
Distribución da renda
• É o PIB per cápita un bo indicador do nivel de renda da
poboación dun país?

• Se queremos analizar o nivel de renda da poboación dun país


para comparar o poder adquisitivo dos cidadáns de distintos
países, primeiro temos que ver como é a distribución da renda.

• Para facelo, dispoñemos de diversas ferramentas, como a curva


de Lorenz e o índice de Gini (IG)
σ𝑛−1
𝑖=1 (𝑝𝑖 − 𝑞𝑖 )
𝐼𝐺 = ; 0 ≤ 𝐼𝐺 ≤ 1
σ𝑛−1 𝑝
𝑖=1 𝑖
• Sendo p e q estratos de poboación e renda.
Curva de Lorenz

Fonte: EXPANSIÓN, 2017 https://bit.ly/2uAN5h8


A balanza de pagos
Definición e relación cos agregados económicos
Balanza de pagos
• É un documento contable que ofrece un rexistro sistemático
das transaccións económicas ocorridas durante un período de
tempo determinado entre os residentes dun país e os
residentes do resto do mundo.

▪ Adóptase o criterio de partida dobre: anótanse ingresos e pagos,


variacións de activo e variacións de pasivo.
▪ Empréganse varias sub-balanzas diferenciadas polo tipo de
transacción: non se mesturan as importacións cas compras de
accións.
▪ Recóllense todas as transaccións entre residentes e non
residentes, sexan mercantís ou non (transferencias).
Contas da balanza de pagos
• Na balanza de pagos as transaccións entre residentes e non
residentes recóllense en diferentes sub-balanza,
denominadas contas, que a súa vez están divididas en varias
sub-balanzas.
• Esta clasificación permite anotar as transaccións en función
da súa natureza.
• Hai tres contas na balanza de pagos
▪ A conta corrente
▪ A conta de capital
▪ A conta financeira
A conta corrente
• Nela anótase un ingreso cando se reciben cartos e un pago
cando se envían.
• Formada por catro sub-balanzas
▪ Balanza comercial: recolle as exportacións e as importacións de
bens.
▪ Balanza de servizos: recolle as exportacións e as importacións
de servizos.
▪ Balanza de rendas primarias: recolle a retribución de factores
nacionais no estranxeiro e o pago a factores estranxeiros no
país.
▪ Balanza de rendas secundarias: recolle as transferencias
enviadas e recibidas.
A conta corrente: exemplo

Concepto Ingresos Pagos Saldo


Mercaderías 1000 1500 -500
Servizos 5000 3500 1500
Rendas (primarias) 700 600 100
Transferencias correntes 300 500 -200
Balanza corrente 7000 6100 900
A conta de capital
• Non confundir esta conta ca financeira: non se recollen fluxo
de capitais para investimentos.

• Esta conta, que funciona como a corrente (anotando ingresos


e pagos), recolle as seguintes operacións:
▪ Transferencias de capital que afectan a activos fixos ou
patrimoniais (doazón dun edificio).
▪ Operacións sobre activos non financeiros non producidos:
compravenda de solo e de elementos do subsolo.

• En xeral, é unha conta pouco relevante en relación as


demais.
A conta financeira
• Recóllense as transaccións sobre activos e pasivos
financeiros (movementos de capitais, de accións, de créditos,
de bonos, etc.)

• Anótanse variacións do activo e do pasivo:


▪ Todas as operacións que incrementen o activo anótanse cun
valor positivo na variación neta de activos (VNA). As operacións
que o minoren anótanse na VNA con valor negativo.
▪ Todas as operacións que incrementen o pasivo anótanse cun
valor positivo na variación neta de pasivos (VNP). As operacións
que o minoren anótanse na VNP cun valor negativo.
A conta financeira: sub-balanzas
• Está formada por catro sub-balanzas
▪ Investimento directo: inversión que en última instancia implica a creación
dunha empresa ou a posesión do 10% ou máis do seu capital social.
Reflicte investimentos a longo prazo.
▪ Investimento en carteira: recolle a inversión en títulos cotizables sempre
que non se acade o 10% do capital social algunha entidade.
▪ Outras formas de investimento: recolle os demais movementos de capital:
concesión de préstamos e créditos. Tamén recolle os movementos nos
depósitos bancarios.
▪ Variación de activos líquidos en reserva: activos con recoñecemento
internacional (ouro), dereitos de xiro especiais, a posición de reserva no
FMI e os depósitos de moedas convertibles de outros países (divisas).
o A variación de reservas só se anota na variación neta de activos, cun valor
positivo cando aumenta e negativo cando minora.
A conta financeira: anotacións
• Mentres que na conta corrente e na de capital anotamos un ingreso
cando recibimos cartos e un pago cando enviamos cartos, a conta
financeira funciona doutro xeito.

• Anotamos un valor positivo na VNA cando aumentan os activos, e un


valor negativo cando minoran. A compra de accións incrementa o
VNA e a súa venda redúceo.

• Anotamos un valor positivo na VNP cando aumentan os pasivos, e un


valor negativo cando minoran. Si pedimos un préstamo, anotamos
un valor positivo na VNP, a medida que o amortizamos, anotamos
valores negativos na VNP (estamos reducindo a nosa débeda).
A conta financeira: exemplo

Balanza/concepto VNA VNP Saldo (VNA-VNP)


1. Inversións directas -3000
Do país no exterior 2000
Do exterior no país 5000
2. Inversións en carteira 1500
Do país no exterior 3000
Do exterior no país 1500
3. Outros investimentos -250
Créditos comerciais 150
Préstamos 300
Depósitos bancarios 100
4. Activos de reserva -900 -900
Balanza financeira -2650
Equilibrio na balanza de pagos
• Como documento contable, a balanza de pagos está equilibrada (pero cada
conta pode ter déficit e superávit).

• Denominamos SCC ao saldo da conta corrente, SCK ao saldo da conta de


capital, SCF ao saldo da conta financeira e VR á variación de reservas.

• Debe cumprirse a seguinte condición de equilibrio


𝑆𝐶𝐶 + 𝑆𝐶𝐾 − 𝑆𝐶𝐹 − 𝑉𝑅 = 0
𝑆𝐶𝐶 + 𝑆𝐶𝐾 = 𝑆𝐶𝐹 + 𝑉𝑅

• Na práctica, ocorre que SCC+SCK non é equivalente a SCF+VR debido a fallos


na recollida de datos. Por iso, hai unha conta especial para garantir a condición
de equilibrio: “erros e omisións”. Cando SCC+SCK>SCF+VR, erros e omisións
é negativo, en caso contrario, positivo.
Balanza de pagos e outras magnitudes (I)
• Hai varias formas de analizar o déficit ou superávit da conta corrente na
balanza de pagos

• Recordemos que o PIB se obtén como:


𝑃𝐼𝐵 = 𝐶𝐹 + 𝐹𝐵𝐶 + 𝑋 − 𝑀

• Por outra banda, o saldo da conta corrente é:


𝑆𝐶𝐶 = 𝑋 − 𝑀 + 𝑅𝑃𝑁 + 𝑅𝑆𝑁

• Podemos pasar de PIB a PNB engadindo as RPN:


𝑃𝑁𝐵 = 𝑃𝐼𝐵 + 𝑅𝑃𝑁

• Podemos pasar do PNB á RNBD engadindo ao PNB as RSN:


𝑅𝑁𝐵𝐷 = 𝑃𝑁𝐵 + 𝑅𝑆𝑁 = 𝑃𝐼𝐵 + 𝑅𝑃𝑁 + 𝑅𝑆𝑁 = 𝐶𝐹 + 𝐹𝐵𝐶 + 𝑺𝑪𝑪 = 𝐶𝐹 + 𝐹𝐵𝐶 + 𝑿 − 𝑴 + 𝑹𝑷𝑵 + 𝑹𝑺𝑵
Balanza de pagos e outras magnitudes (II)
• Ao consumo final máis á FBC podemos chamarlle gasto nacional (GN), así:
𝑅𝑁𝐵𝐷 = 𝐺𝑁 + 𝑋 − 𝑀 + 𝑅𝑃𝑁 + 𝑅𝑆𝑁
𝑆𝐶𝐶 = 𝑅𝑁𝐷𝐵 − 𝐺𝑁 = 𝑋 − 𝑀 + 𝑅𝑃𝑁 + 𝑅𝑆𝑁
• Atendendo a esta relación, se o gasto interno supera a capacidade de gasto
nacional, teremos un déficit na conta corrente; en caso contrario, teremos un
superávit.

• Por outra banda, tamén sabemos que a diferenza entre a RNBD e o CF nos
informa sobre o nivel de aforro, polo tanto:
𝑆𝐶𝐶 = 𝐴𝑁𝐵 − 𝐹𝐵𝐶 = 𝑋 − 𝑀 + 𝑅𝑃𝑁 + 𝑅𝑆𝑁

• Nesta segunda relación temos que se o aforro nacional bruto non é suficiente
para financiar a FBC, teremos un déficit no saldo da conta corrente.
Balanza de pagos e outras magnitudes (III)
• O consumo final pode dividirse en consumo privado (CPR) e gasto público
(CPU). Ademais, incorporamos os impostos (T) por ser os ingresos do sector
público.
𝑅𝑁𝐵𝐷 − 𝑇 = 𝐶𝑃𝑅 + 𝐹𝐵𝐶 + 𝐶𝑃𝑈 − 𝑇 + 𝑋 − 𝑀 + 𝑅𝑃𝑁 + 𝑅𝑆𝑁
• Agora podemos distinguir entre aforro privado (APR) e público (APU):
𝐴𝑃𝑅 = 𝑅𝑁𝐵𝐷 − 𝑇 − 𝐶𝑃𝑅; 𝐴𝑃𝑈 = 𝑇 − 𝐶𝑃𝑈
𝑆𝐶𝐶 = 𝐴𝑃𝑅 + 𝐴𝑃𝑈 − 𝐹𝐵𝐶 = 𝑋 − 𝑀 + 𝑅𝑃𝑁 + 𝑅𝑆𝑁

• A FBC tamén se pode dividir da mesma forma, en privada (IPR) e pública


(IPU). Substituíndo e reordenando, temos:
𝑆𝐶𝐶 = 𝐴𝑃𝑅 − 𝐼𝑃𝑅 + 𝐴𝑃𝑈 − 𝐼𝑃𝑈 = 𝑋 − 𝑀 + 𝑅𝑃𝑁 + 𝑅𝑆𝑁

• Atendendo a esta relación, teremos un déficit se a inversión e superior ao


aforro, podendo distinguir as orixes do déficit.
Balanza de pagos e outras magnitudes (IV)
• Por último, recordemos a condición de equilibrio
𝑆𝐶𝐶 + 𝑆𝐶𝐾 = 𝑆𝐶𝐹 + 𝑉𝑅

• Polo tanto, un déficit do saldo da conta corrente que non se logre cubrir cun
saldo positivo da conta de capital, implicará a necesidade de financiarse con
recursos do exterior ou a necesidade de reducir as reservas internacionais.
𝑆𝐶𝐶 + 𝑆𝐶𝐾 = 𝑋 − 𝑀 + 𝑅𝑃𝑁 + 𝑅𝑆𝑁 + 𝑆𝐶𝐾 = 𝑆𝐶𝐹 + 𝑉𝑅 = 𝑉𝑁𝐴 − 𝑉𝑁𝑃 = 𝑂𝐹𝑁

• OFN son as operacións financeiras netas ou o aforro financeiro neto. De ser


negativo o saldo da SCC+SCK, o país verá aumentada a súa posición debedora
fronte o resto do mundo ou verá reducida a súa posición acredora. En caso de
superávit, ocorre o oposto: ou aumenta a posición acredora ou minora a
posición debedora.

You might also like