You are on page 1of 8

O RECIBO DE SALARIOS: A NÓMINA

A nómina ou recibo de salarios é o documento que se entrega ao traballad@r coa liquidación do seu salario.

ESTRUTURA DO RECIBO DE SALARIOS OU NÓMINA


As nóminas teñen 4 partes ben diferenciadas:

▪ Encabezado

▪ Devengos

▪ Deducións

▪ Determinación das bases de cotización á seguridade social, e a base do IRPF

ENCABEZADO

Nesta parte da nómina deberán vir recollidos os datos da empresa e d@ traballad@r. É moi importante
coñecer o grupo de cotización da persoa traballadora.

Período de liquidación: Nesta apartado poñeremos o número de días naturais que ten o mes que se
liquida (28,30 ou 31) se o traballador recibe unha remuneración diaria. Nos casos que sexa mensual o total
de días SEMPRE serán 30 días

1
UD 8: O SALARIO

DEVENGOS

Son todas as cantidades que recibe o traballador antes das deducións e retencións que lle corresponden.
Está composto polas percepcións salariais e as non salariais.

1.PERCEPCIÓNS SALARIAIS:
Son as cantidades recibidas polo traballo realizado e cotizan á seguridade social. Podemos
distinguir:
➢ Salario base: é a parte da retribución fixada por unidade de tempo ou de obra establecida para
cada categoría profesional nos convenios ou no contrato.
➢ Complementos salariais: súmanse ao salario base en función de determinadas circunstancias:
▪ Persoais: establécese por circunstancias persoais do traballador que non foran
valoradas no salario base (antigüidade, coñecementos especiais, idiomas…)

2
FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

▪ Polo posto de traballo: percíbense polas características especiais do


posto(penosidade, toxicidade, perigosidade,traballo a quendas,nocturnidade, residencia
,responsabilidade ,dispoñibilidade...
● Pola cantidade ou calidade do traballo: percíbense por realizar unha maior
cantidade de traballo ou alcanzar un nivel de calidade superior ao norma
(incentivos, asistencia, puntualidade, asiduidade…)
● Polos resultados da empresa: normalmente é unha paga máis que está en
función dos resultados económicos da empresa: paga de beneficios
● Horas extraordinarias
● Gratificacións extraordinarias (pagas extras)
● Salario en especie (non máis do 30% do salario)

2.PERCEPCIÓNS NON SALARIAIS


Non son considerado salario e as veces non cotizan á Seguridade Social, salvo cando excedan os límites
establecidos. Son cantidades que non se perciben polo traballo realizado,senón por motivos diferentes
❑ Indemnizacións ou suplidos: son cantidades aboadas aos traballadores polos gastos realizados
por estes como consecuencia da actividade laboral: percepcións para a adquisición de prendas de
traballo, percepción para a adquisición de ferramentas, quebranto de moeda (errores nos cobros e
pagos e perdas involuntarias), gastos de locomoción (desprazamentos), dietas de viaxe (comidas
ou pernoctas), plus de distancia e de transporte urbano
❑ Prestacións e indemnizacións da Seguridade social: son cantidades que a empresa paga ao
traballador e polas que, posteriormente, o INSS lle compensará nas súas cotizacións á Seguridade
Social (incapacidade temporal...)
❑ Indemnizacións por traslados, suspensións e despedimentos
❑ Outras percepcións non salariais:
Indemnizacións por falecemento, percepcións por matrimonio…

(A) TOTAL DEVENGADO: É O RESULTADO DA SUMA DE TODAS AS PERCEPCIÓNS (SALARIAIS E


NON SALARIAIS)

3
UD 8: O SALARIO

DEDUCIÓNS
O empresario está obrigado a efectuar deducións ao traballador:

1. APORTACIÓN D@ TRABALLAD@R ÁS COTIZACIÓNS Á SEGURIDADE SOCIAL E CONCEPTOS DE


RECAUDACIÓN CONXUNTA

As persoas traballadores están obrigados a cotizar á Seguridade Social. O importe será o resultado
de aplicar uns tipos de cotización, á base de cotización correspondente (calcúlanse na última parte
da nómina: DETERMINACIÓN DAS BASES DE COTIZACIÓN)
As cotizacións a Seguridade Social para o traballador son as seguintes:
● Por continxencias comúns: as cotas aportadas servirán para atender as continxencias de
enfermidade común, accidentes non laborais, pensión de xubilación, maternidade. Tamén
dende o 2023 inclúese o MEI (mecanismo de equidade interxeracional)
● Desemprego: serve para cubrir os períodos de desemprego do traballador

4
FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

● Formación profesional: cubre a formación e reciclaxe do traballador


● Horas extraordinarias: é a cotización polas horas que exceden a xornada laboral pactada

TOTAL APORTACIÓNS: Suma de todas as deduccións anteriores

O empresario cotiza ademais á Seguridade social por outros dous conceptos


● FOGASA: fondo de garantía salarial
● Continxencias profesionais: para cubrir situacións derivadas de accidentes de traballo ou
enfermidades profesionais

2. IMPOSTO DA RENDA DAS PERSOAS FÍSICAS (RETENCIÓN MENSUAL)

O empresario deduce do salario do traballador unha cantidade mensual que posteriormente


ingresará en Facenda. Esta cantidade servirá como entrega “a conta” da liquidación final que
realizará cando presente a declaración do IRPF.

3. OUTRAS DEDUCIÓNS (SÓ SE PRODUCEN NO CASO DOS SEGUINTES SUPOSTOS)

● POR ANTICIPOS: neste apartado faranse constar as cantidades que o traballador recibiu
anticipadamente a conta do traballo realizado
● VALOR DOS PRODUTOS EN ESPECIE: Deducirase a valoración dos produtos en especie que
o traballador reciba nese mes
● OUTRAS DEDUCIÓNS: deducións sindicais, por embargo xudicial, por indemnización de
danos…

(B) TOTAL A DEDUCIR: SUMA DE TODAS AS DEDUCCIÓNS ANTERIORES

LÍQUIDO A PERCIBIR (A-B) = TOTAL DEVENGADO - TOTAL A DEDUCIR

5
UD 8: O SALARIO

DETERMINACIÓN DAS BASES

Para calcular as deduccións é preciso primeiro coñecer as bases de cotización sobre as que aplicaremos os
tipos

PASOS PARA CALCULAR AS BASES DE COTIZACIÓN:


1. BASE DE COTIZACIÓN POR CONTINXENCIAS COMÚNS: (BCC)
a. Importe da remuneración mensual: Sumar todas as percepcións salariais que recibe o
traballador (salario base e complementos, exceptuando as horas extras) . Tamén se
incluirían as percepcións non salariais nas cantidades computables (cadro páx 8)
b. Importe da prorrata de pagas extraordinarias: Sería a parte de paga extra que corresponde
a cada mes. Calcúlase dividindo entre 12 o importe total das pagas extras que se perciben
no ano. Ex dúas pagas de 1.800 € cada unha: prorrata: (1800x2) /12= 300€ de prorrata

TOTAL BCC (base continxencias comúns): Sumar os dous resultados anteriores (a + b)


Comprobar se a base resultante está entre a base mínima e máxima da súa categoría. (ver no
cadro de cotizacións do 2023 que está na pax 7)

6
FORMACIÓN E ORIENTACIÓN LABORAL

2. BASE DE COTIZACIÓN DE CONTINXENCIAS PROFESIONAIS, E CONCEPTOS DE RECAUDACIÓN


CONXUNTA (AT Y EP, DESEMPREGO, FORMACIÓN PROFESIONAL, FOGASA)
TOTAL BCP = BCC (calculada anteriormente) + HORAS EXTRAS
Comprobamos se a base resultante está entre o tope mínimo e o tope máximo permitido

3. BASE COTIZACIÓN ADICIONAL POR HORAS EXTRAS


A base de cotización por este concepto estará formada polo importe total das horas extraordinarias

4. BASE SUXEITA A RETENCIÓN DO IRPF


Esta base corresponde normalmente co TOTAL DEVENGADO da nómina,. Debemos excluir dese
importe os gastos de locomoción e manutención que estean exentos, no caso de que os houbera

7
UD 8: O SALARIO

PERCEPCIÓNS NON SALARIAIS: CONCEPTOS incluídos e excluídos na base de cotización


CONCEPTO IMPORTE IMPORTE
EXENTO COMPUTABLE
Gastos de Importe O exceso destas
Gastos de estancia
manutención e xustificado cantidades
estancia (dietas) En España 53,34 €/día
Pasa a noite
En municipio No estranxeiro 91,35 €/día
distinto do lugar Gastos de En España 26,67 €/día
de traballo e do manutención Non pasa a No estranxeiro 48,08 €/día
que sexa a súa noite Persoal de En España 36,06 €/día
residencia voo No estranxeiro 66,11 €/día
Importe do
Segundo factura ou documento equivalente (transporte público) gasto ----
xustificado

Gastos de 0,26 €/Km


locomoción percorrido e
O exceso dese
Sen xustificar o importe gastos de
importe
peaxe e
aparcadoiro

Plus de trasporte urbano e de distancia ___ Importe íntegro


Quebranto de moeda, indemnizacións por desgaste de útiles ou ferramentas e adquisición
___ Importe íntegro
e mantemento de prendas de traballo
O que exceda do
Indemnización por falecemento, traslados, suspensións importe previsto na norma ou
convenio
Contía
establecida no
ET ou na que
regula a
Indemnizacións por despedimentos ou cese O exceso
execución de
ST (non a
establecida nos
convenios)

Percepcións por matrimonio ---- O importe

Melloras das prestacións da seguridade social distintas á incapacidade temporal ----- O importe
Prestacións da seguridade social O importe ---
Gastos de estudos do traballador esixidos polo traballo O importe ----

Utilización de bens destinados a servizos sociais e culturais do persoal ----- O importe

Entrega gratuíta ou por prezo inferior ao de mercado de accións ou


Asignacións
participacións da propia empresa ou de outras empresas do grupo de ---- O importe
asistenciais
sociedades
Primas de contrato de seguro para enfermidade común do traballador
---- O importe
(máis cónxuxe e descendentes)
Entrega de produtos a prezos rebaixados en cantinas ou comedores de
----- O importe
empresa ou economatos sociais

You might also like