You are on page 1of 3

ENTREGA UD 4

NOME E APELIDOS:

CUESTIÓNS TEÓRICAS

1. Ordena as seguintes normas seguindo o principio de xerarquía normativa: Lei orgánica, Real
Decreto, convenio colectivo, directiva comunitaria, convenio da OIT, costume laboral.

2. Indica a diferenza entre un regulamento comunitario e unha directiva.

3. En que se diferenza unha lei orgánica dunha lei ordinaria?

4. As últimas reformas laborais publicáronse con forma de Real Decreto-Lei . Cal é a diferenza
entre o Real Decreto Lexislativo e o Real Decreto Lei?

5. Que principios serven para interpretar as normas?

6. Explica en que consiste o principio de norma máis favorable.

7. Explica as características que dan lugar á existencia dunha relación laboral.

8. Cales son os poderes do empresario?

9. Cal é a finalidade do intento de conciliación previa ao proceso laboral?

10. Pode un traballador renunciar a días de vacacións?

11. Que é o principio “in dubio pro operario” e de que maneira inflúe na interpretación das
normas laborais.
SUPOSTOS PRÁCTICOS

1. Lucía Álvarez, traballadora da xestoría Martínez consultou o artigo 37 do Estatuto dos


Traballadores, o cal establece un descanso semanal de un día e medio ininterrompido. Aínda así,
no convenio colectivo aplicable ás empresas do seu sector está recollido que este descanso é de 48
ininterrompidas. Que descanso semanal lle corresponde? Razoa a túa resposta.

2. Carlos Andrade traballa para Gráficas Know SA como debuxante proxectista dende hai 2 anos.
No seu contrato estableceuse unha cláusula pola cal se lle recoñecía un complemento salarial
específico por titulación de 50€ ao mes. Aínda así, no convenio colectivo que se asinou este ano
non se recolle este complemento. É válida a cláusula do contrato? Por que?

3. Ante a situación de conflitividade laboral na que se atopa a empresa Cerramar, a dirección


plantexou reducir a incidencia das folgas futuras planeadas polos traballadores. Debido a isto,
consultou co Departamento de RRHH a posibilidade de incluír nos contratos novos unha cláusula
na cal os traballadores se comprometen a non ir a folga máis de 2 días ao ano. Que cres que
contestarán no Departamento de RRHH? Razoa a túa resposta.

4. Centre.com é unha empresa de informática dedicada a creación de páxinas web. Nos últimos
meses, debido á crise económica baixaron os pedidos dos seus clientes entrando en situación de
perdas. A empresa baralla varias solucións unha delas é que os traballadores non cobren os
salarios ata que a situación non mellore. É correcta a solución?

5. Clasifica as seguintes relacións segundo sexan laborais, laborais especiais ou non laborais:

a) Un xogador profesional de baloncesto que está contratado polo equipo profesional da súa
cidade.
b) Unha xubilada que traballa no banco de alimentos da súa cidade.
c) Un administrativo que traballa nunha empresa de servizos contables.
d) Un mecánico que é o dono do taller no que traballa.
e) Un trapecista que traballa no Circo do Sol.
f) Unha doutora que traballa na súa consulta particular.
g) Unha enfermeira que traballa nunha clínica privada.
h) Un administrativo que traballa no centro de saúde de atención primaria da Seguridade
Social.
i) i)Unha persoa que realiza tarefas básicas de electricidade para o seu veciño que ten
mobilidade reducida.
6. Na cociña do restaurante “O bo comer” desapareceu un robot de cociña valorado en 700€. O
empresario sospeita dos empregados polo que se plantexa abrir os armarios dos traballadores. En
que condicións se pode realizar este rexistro? Que dereitos protexidos se enfrontan neste caso?

7. Carlos Ramos traballa nun taller de reparación de vehículos. O mes pasado ao estacionar o seu
automóbil particular deuse un pequeno golpe cun borde da beirarrúa. Por esta razón, levouno ao
seu traballo para reparalo, pero non llo comunicou ao seu xefe. O empresario decide sancionalo
con tres días de salario por “Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a
xornada laboral, así como o emprego para uso propios de ferramentas da empresa” (Art. 53 do
convenio colectivo aplicable). Se Carlos decide recorrer a sanción, como cres que será declarada
pola sentencia?

8. Unha empregada dunha oficina foi pillada in fraganti roubando diñeiro do bolso dun
compañeiro nas súas horas de traballo.

a) Que podería facer a empresa?


b) Que requisitos serán necesarios para sancionar á traballadora?

You might also like