You are on page 1of 3

1.1.1 Tarefa 1.1. Normativa laboral e principios de aplicación.

Enunciado

 A UE establece mediante unha directiva que os estados membros deben acadar a plena
igualdade de homes e mulleres nas relacións laborais. ¿É de aplicación esa directiva no
Estado Español?. ¿Que debe facer o goberno español?.
 ¿Pódese dicir que o dereito trata igual a ambas partes na relación laboral?. ¿Porqué?.
 O artigo 3.3 do ET di que os “conflitos orixinados entre os preceptos de dúas ou mais
normas laborais, resolveranse mediante a aplicación do mais favorable para o traballador
apreciado no seu conxunto e en computo anual”. ¿Que significa esta frase?. Pon un
exemplo
 Un traballador ten estipulado no seu contrato unhas vacacións de 35 días. A empresa
chegado o momento indícalle que as vacacións serán de 30 días naturais, segundo
establece o E.T. ¿Que dereito terá o traballador?.¿En base a que principio?.
 A empresa TEXTIL SA pasa por unha mala situación económica e acorda cos seus
traballadores a renuncia a metade das vacacións e da paga extraordinaria de xullo. ¿É
posible facer efectivo o acordado, posto que todos os traballadores manifestan a súa
conformidade?. ¿En base a que principio?.

Solución

Si é de aplicación
Adoptar as reformas lexislativas que sexan necesarias para acadar eses obxectivos
 ¿Pódese dicir que o dereito trata igual a ambas partes na relación laboral?. ¿Porqué?.
Non é correcto
Ambas partes non acoden ó contrato en igualdade de condicións. O empresario ten unha
posición de dominio no contrato fronte ó traballador. O dereito laboral da dereitos ós
traballadores que estes poden invocar nas relacións laborais ante o empresario. Con este
establecemento de dereitos a favor do traballador o que fai o dereito laboral é igualar o
poder das dúas partes na relación laboral.
 O artigo 3.3 do ET di que os “conflitos orixinados entre os preceptos de dúas ou mais
normas laborais, resolveranse mediante a aplicación do mais favorable para o traballador
apreciado no seu conxunto e en computo anual”. ¿Que significa esta frase?. Pon un
exemplo
Cando existan dúas normas diferentes que entren en contradición acerca dun dereito dos
traballadores aplicarase a norma que lles sexa mais favorable, que lles dea mais dereitos.
Un exemplo sería que teña estipulado un salario de 1.600 euros mensuais no seu
contrato e que o convenio estableza para a súa categoría profesional un salario de 1.400
euros. O traballador ten dereito a cobrar os 1.600 euros establecidos no seu contrato por
aplicación da norma mais favorable.

Páxina 1 de 3
 Un traballador ten estipulado no seu contrato unhas vacacións de 35 días. A empresa
chegado o momento indícalle que as vacacións serán de 30 días naturais, segundo
establece o E.T. ¿Que dereito terá o traballador?.¿En base a que principio?.
Ten dereito a 35 días.
No artigo 3.3 do ET establecese que no caso de diferenza entre dúas normas debe
aplicarse a mais favorable ó traballador
 A empresa TEXTIL SA pasa por unha mala situación económica e acorda cos seus
traballadores a renuncia a metade das vacacións e da paga extraordinaria de xullo. ¿É
posible facer efectivo o acordado, posto que todos os traballadores manifestan a súa
conformidade?. ¿En base a que principio?.
Non é posible.
O ET no seu artigo 38.1 establece 30 días naturais de vacacións para o traballador e no
seu artigo 31 establece o dereito a 2 pagas extraordinarias. Sendo estes dereitos
irrenunciables segundo o establecido no artigo 3.5 do ET.

Autoavaliación

Enunciado

 Francisco ten un contrato de traballo que especifica un salario mensual de 800 € e tres
pagas extras ó ano de igual importe. O seu convenio colectivo indica que as pagas extras
serán dúas. ¿Que norma se aplicará a Francisco?. ¿En base a que principio?.
 Dolores traballa nunha pequena empresa que está en dificultades económicas. O
empresario propón ós traballadores que renuncien a un día de descanso semanal para
facilitar a recuperación da empresa. ¿Pode obrigar a Dolores a aceptar a proposta?.
¿Porqué?. ¿Poderíase por en práctica a proposta si Dolores estivese de acordo?.
¿Porqué?.
 Francisco Leroi traballa nunha empresa con categoría de oficial 1ª. No convenio para o
ano 2018 figura unha retribución bruta de 1500 € pero cobra 1800 € porque a empresa
acordou concederlle unha gratificación de 300€ por ser xefe dun grupo de empregados.
¿Cal é o importe que lle corresponde cobrar?. ¿En base a que principio?.
 Unha empresa pacta cun traballador, en contrato, a realización de 1 hora extraordinaria
todos os días laborais do ano. ¿É posible este acordo?. De ser posible, ¿cal sería o
importe que cobraría o traballador por cada hora extraordinaria?.

Aplicarase o contrato, que establece 3 pagas.
En base ó principio de norma mais favorable recollido no artigo 3.3 do ET
 Dolores traballa nunha pequena empresa que está en dificultades económicas. O
empresario propón ós traballadores que renuncien a un día de descanso semanal para
facilitar a recuperación da empresa. ¿Pode obrigar a Dolores a aceptar a proposta?.
¿Porqué?. ¿Poderíase por en práctica a proposta si Dolores estivese de acordo?.
¿Porqué?.
Non pode obrigala.

Páxina 2 de 3
O descanso semanal é un dereito recoñecido no ET, artigo 37, ó que o traballador non
pode renunciar de ningunha forma, segundo o principio de irrenunciabilidade de dereitos
recollido no artigo 3.5
Tampouco poden ser reducidos os días de descanso semanal vía convenio colectivo ou
contrato de traballo porque neste caso sería de aplicación o principio de xerarquía
normativa, artigo 3.2, que da prioridade ó establecido no ET.
 Francisco Leroi traballa nunha empresa con categoría de oficial 1ª. No convenio para o
ano 2018 figura unha retribución bruta de 1500 € pero cobra 1800 € porque a empresa
acordou concederlle unha gratificación de 300€ por ser xefe dun grupo de empregados.
¿Cal é o importe que lle corresponde cobrar?. ¿En base a que principio?.
Cobrará 1.800 euros.
É de aplicación o principio de norma mais favorable, artigo 3.3 do ET. Só no hipotético
caso de que cambiase o seu posto de traballo podería cobrar menos do estipulado no
contrato, pero estariamos ante unha modificación nas condicións laborais.
 Unha empresa pacta cun traballador, en contrato, a realización de 1 hora extraordinaria
todos os días laborais do ano. ¿É posible este acordo?. De ser posible, ¿cal sería o
importe que cobraría o traballador por cada hora extraordinaria?.
Non é posible.
As horas extraordinarias están reguladas no artigo 35.2 do ET. Segundo este artigo o
número máximo de horas extraordinarias non pode superar as 80 anuais.
Neste caso serían moitas mais. Só no caso de que as horas extras fosen compensadas con
días de descanso podería ser posible, en determinadas circunstancias, que non se
deducen do enunciado.
O importe non pode ser inferior ó valor dunha hora normal.

Páxina 3 de 3

You might also like