You are on page 1of 49

Criterios de honorarios

para os efectos exclusivos


da taxación de custas
e da xura de contas
Criterios de honorarios do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de
Compostela para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de
contas, adaptados á Lei 25/2009, do 22 decembro, que modifica a Lei de
colexios profesionais e a Lei de defensa da competencia.

O presente texto foi aprobado pola Xunta Xeral na sesión do 22.12.2008 e modificado polo
mesmo órgano na sesión do 18.01.2010 para a súa adaptación á Lei 25/2009 do 22 de decembro.
Adaptación á Lei 25/2009 e á Lei de competencia
A Lei 25/2009, do 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei
sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio (BOE núm. 308, do 23.12.2009), no
seu capítulo III modifica a Lei de colexios profesionais e, en concreto, en relación cos honorarios
profesionais modifica o seu artigo 14 do seguinte xeito:
Artigo 14 (Lei 2/1974). Prohibición de recomendación sobre honorarios
«Os colexios profesionais non poderán establecer baremos orientadores nin calquera outra orientación,
recomendación, directriz, norma ou regra sobre honorarios profesionais, salvo o establecido na
disposición adicional cuarta.»

Disposición adicional cuarta (Lei 25/2009). Valoración dos colexios para a taxación de custas
«Os colexios poderán elaborar criterios orientadores para os exclusivos efectos da taxación de custas e
de xura de contas dos avogados. Os ditos criterios serán igualmente válidos para o cálculo dos
honorarios e dereitos que correspondan para os efectos de taxación de custas na asistencia xurídica
gratuíta.»

Para lle dar cumprimento ás anteditas esixencias legais e de defensa da competencia, a Xunta Xeral
do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, na sesión do 28.01.2010, tomou o acordo de
adaptar os Criterios orientadores e custos de referencia (aprobados o 22.12.2008) á dita normativa,
polo que a partir da data deste acordo pasaron a denominarse “Criterios sobre honorarios profesionais
do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para a taxación de custas e a xura de
contas”. Estes criterios só serán de aplicación para os efectos da taxación de custas, da xura de contas
e da asistencia xurídica gratuíta.
De cara a seguir desenvolvendo o acordo da Xunta Xeral do 28.01.2010 e completar a adaptación
destes criterios á normativa vixente e ás últimas resolucións do Tribunal Supremo, a Xunta de
Goberno do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, na sesión do 01.07.2015, tomou o
seguinte acordo:
«1. Denominación. Pasará a ser a seguinte: “Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da
taxación de custas e da xura de contas”.
Os criterios serán aplicables “exclusivamente” ás taxacións de custas e ás xuras de contas. Tamén se
aplicarán cando proceda taxar honorarios en asuntos de xustiza gratuíta.
2. Deixar sen efecto todas aquelas normas que regulen directa ou indirectamente os honorarios entre
avogado e cliente, xa que nestes casos o avogado e o seu cliente teñen dereito a convir libremente a
contía dos seus honorarios. Polo tanto, introdúcense no texto anterior as seguintes modificacións:
a) Modificacións no título preliminar:
― Elimínanse todas as referencias a “finalidade orientadora” e “de referencia”.
― As cantidades orientadoras que aparecen a carón de cada norma pasarán a denominarse “contías
de referencia” e seguirán actualizándose co IPC correspondente.
― No capítulo II sobre “principios básicos”: elimínase integramente o apartado C) sobre “carácter
orientador” e “importe orientador”; no apartado D) elimínase a última oración (“En tales
supostos, o presente baremo…”); elimínase integramente o apartado E).
― O capítulo III elimínase na súa totalidade.
― No capítulo IV sobre “distribución de honorarios”, elimínase do primeiro parágrafo A) sobre
“criterios xerais” o texto “En defensa de especial determinación ou pacto”.
― Elimínanse os capítulos V e VI.
― No capítulo VII sobre “contía” engádese ao final do apartado A) o seguinte texto: “para a xura de
contas”; o apartado I) elimínase.
b) Elimínanse as seguintes partes
― Libro I, sobre “actividades e actuacións extraprocesuais”
― Libro VI, sobre “rexistro civil”
― Libro VII, sobre “xurisdición militar”
― Libro VIII, sobre “asesoría xurídica de entidades e empresas”
Ao tratarse duns criterios exclusivos para taxacións de custas e xuras de contas, non se poden regular
as actuacións citadas, polo que estes libros quedan sen efecto.»

Normativa que xustifica a existencia dos Criterios de honorarios para a taxación de custas e a
xura de contas:

― Disposición adicional cuarta da Lei 25/2009 do 22 de decembro:


«Os colexios poderán elaborar criterios orientadores para os exclusivos efectos da taxación de custas e de
xura de contas dos avogados. Os ditos criterios serán igualmente válidos para o cálculo dos honorarios e
dereitos que correspondan para os efectos de taxación de custas na asistencia xurídica gratuíta.»

― Artigo 5.o) da Lei 2/1974 de colexios profesionais:


«Corresponde aos colexios informar nos procedementos xudiciais ou administrativos nos que se discutan
honorarios profesionais.»

― Lei de axuizamento civil. Informar na taxación de custas e na xura de contas:


Artigo 242.5: Os avogados [...] fixarán os seus honorarios con suxeición, de ser o caso, ás normas
reguladoras do seu estatuto profesional.
Artigo 246: Informe preceptivo non vinculante en impugnación de taxación de custas por excesivas.
Artigo 35: Xura de contas (exclusivamente actuacións xudiciais), remisión a procedemento de taxación de
custas.
Artigo 340.2: Emitir ditame pericial sobre cuestión específica (honorarios) as persoas xurídicas (colexios)
legalmente habilitadas para iso (artigo 5.o da Lei de colexios profesionais).

Defensa do usuario ou consumidor


Para cumprir coas obrigas que a Lei de colexios profesionais lle atribúe a este colexio en materia de
atención e información aos consumidores no seu ámbito territorial e funcional, que leva consigo a
obriga de articular os mecanismos e os servizos necesarios para a atención destes, o Colexio de
Avogados de Santiago de Compostela dispón dun servizo de atención ao consumidor ou usuario, que
se encarga de tramitar e resolver as queixas ou reclamacións referidas á actividade colexial ou
profesional dos colexiados. No mesmo sentido e co obxecto de dar cumprida resposta ás previsións
legais referidas en materia de información aos consumidores, enténdese xustificada e necesaria a
existencia duns criterios sobre honorarios profesionais para os efectos concretos das taxacións de
custas e das xuras de contas dos avogados.
Resulta unha exixencia para a seguridade xurídica e a toma de decisión dos consumidores e usuarios
do sistema xudicial coñecer de antemán cales poden ser as consecuencias dun proceso. Con isto
referímonos non só ás pretensións en xogo, os gastos en que a parte pode incorrer para a defensa dos
seus dereitos, para o que ten na súa man solicitar os oportunos orzamentos e subscribir os
correspondentes contratos de servizos, senón e moi en concreto no tocante á imposición das custas á
parte cuxas pretensións sexan totalmente desestimadas. O consumidor ou usuario do servizo de
xustiza ten dereito a saber de antemán a canto poden ascender estas, para así valorar axeitadamente o
risco que asume e non verse sorprendido para o caso de condena ás custas cun importe non previsto.

Honorarios entre avogado e cliente. Liberdade de pacto


O artigo 44.1 do Estatuto xeral da avogacía española (aprobado polo Real decreto 658/2001 do 22 de
xuño) establece que o avogado «ten dereito a unha compensación económica adecuada polos servizos
prestados». A contía dos honorarios será libremente convida entre o cliente e o avogado, con respecto
ás normas deontolóxicas e sobre competencia.
O avogado pactará en total liberdade co seu cliente os honorarios profesionais na correspondente
folla de encargo profesional ou orzamento.
Sumario

Limiar ___________________________________________________________________________________ 1
Título preliminar. Regras xerais _______________________________________________________________ 2
Capítulo I. Natureza do presente baremo ________________________________________________________ 2
Capítulo II. Principios básicos_________________________________________________________________ 2
Capítulo III. (derrogado) _____________________________________________________________________ 2
Capítulo IV. Distribución de honorarios _________________________________________________________ 2
Capítulo V. (derrogado)______________________________________________________________________ 3
Capítulo VI. (derrogado) _____________________________________________________________________ 3
Capítulo VII. Contía ________________________________________________________________________ 4
Capítulo VIII. Condena ás custas ______________________________________________________________ 4
Capítulo IX. Interpretación do presente baremo ___________________________________________________ 5
Capítulo X. Derradeiro ______________________________________________________________________ 5
LIBRO I. (N 1-28) (derrogado) _______________________________________________________________ 6
LIBRO II. XURISDICIÓN CIVIL_____________________________________________________________ 7
Título I. Actuacións previas á vía xudicial _______________________________________________________ 7
Capítulo I. Actos de conciliación (N 29) _________________________________________________________ 7
Capítulo II. Dilixencias preliminares (N 30) ______________________________________________________ 7
Capítulo III. Declinatoria (N 31) _______________________________________________________________ 7
Título II. Medidas cautelares (N 32) ___________________________________________________________ 7
Título III. Xuízo ordinario ___________________________________________________________________ 8
Capítulo I. Xuízo ordinario por razón da contía (N 33)______________________________________________ 8
Capítulo II. Xuízos ordinarios por razón da materia (N 34-56)________________________________________ 8
Título IV. Xuízo verbal _____________________________________________________________________ 11
Capítulo I. Xuízo verbal por razón da contía (N 57) ________________________________________________ 11
Capítulo II. Xuízos verbais por razón da materia (N 58-67) __________________________________________ 11
Título V. Recursos _________________________________________________________________________ 12
Capítulo I. Regras xerais (N 68-69)_____________________________________________________________ 12
Capítulo II. Recursos de reposición, queixa e nulidade de actuacións (N 70)_____________________________ 12
Capítulo III. Recurso de apelación (N 71-72) _____________________________________________________ 13
Capítulo IV. Recurso extraordinario por infracción procesual (N 73) __________________________________ 13
Capítulo V. Recurso de casación (N 74-75) ______________________________________________________ 13
Capítulo VI. Recurso de anulación de laudos arbitrais (N 76) ________________________________________ 13
Capítulo VII. Procedemento para rescisión ou revisión de sentenzas firmes (N 77-78) _____________________ 13
Título VI. Procesos de execución ______________________________________________________________ 14
Capítulo I. Execución provisional (N 79-80) _____________________________________________________ 14
Capítulo II. Execución (N 81-82) ______________________________________________________________ 14
Capítulo III. Execución pecuniaria (N 83-86) _____________________________________________________ 14
Capítulo IV. Execución sobre bens hipotecados ou pignorados (N 87-88) _______________________________ 15
Capítulo V. Execución non pecuniaria (N 89-93) __________________________________________________ 15
Capítulo VI. Liquidación de danos e perdas, froitos e rendas e a rendición de contas (N 94) ________________ 15
Capítulo VII. Execución de títulos executivos estranxeiros (N 95)_____________________________________ 16
Título VII. Procesos sobre capacidade, filiación, matrimonio e menores _______________________________ 16
Capítulo I. Procesos sobre capacidade das persoas (N 96-98)_________________________________________ 16
Capítulo II. Procesos sobre filiación, paternidade e maternidade (N 99-100) _____________________________ 16
Capítulo III. Procesos sobre matrimonio e supostos asimilados (N 101-107)_____________________________ 16
Título VIII. División xudicial de patrimonios (N 108-114) __________________________________________ 17
Título IX. Procesos monitorio e cambiario_______________________________________________________ 18
Capítulo I. Proceso monitorio (N 115-116)_______________________________________________________ 18
Capítulo II. Proceso cambiario (N 117-119) ______________________________________________________ 18
Título X. Outras actuacións procesuais _________________________________________________________ 19
Capítulo I. Cuestións incidentais (N 120-128) ____________________________________________________ 19
Capítulo II. Impugnación de taxación de custas (N 129-131) _________________________________________ 20
Capítulo III. Xura de conta (N 132) ____________________________________________________________ 20
Título XI. Procesos relacionados co dereito mercantil (N 133-135) ___________________________________ 20
Título XII. Procesos universais inter vivos_______________________________________________________ 20
Capítulo I. Concurso de acredores e suspensión de pagamentos (N 136-141) ____________________________ 20
Título XIII. Asuntos relacionados coa Lei hipotecaria (N 142-145) ___________________________________ 22
Título XIV. Xurisdición voluntaria ____________________________________________________________ 22
Capítulo I. Regra xeral (N 146) ________________________________________________________________ 22
Capítulo II. Procedementos ou actuacións relativas ás persoas (N 147) _________________________________ 22
Capítulo III. Procedementos ou actuacións relacionadas con actos de última vontade (N 148) _______________ 23
Capítulo IV. Procedementos ou actuacións en relación a bens (N 149-156)______________________________ 23
Capítulo V. En negocios de comercio (N 157-160)_________________________________________________ 23
Capítulo VI. Declaración de herdeiros (N 161)____________________________________________________ 24
Capítulo VII. Procesos universais por causa de morte (N 162)________________________________________ 24
LIBRO III. XURISDICIÓN PENAL___________________________________________________________ 25
Título I. Norma xeral e asistencias (N 163-165)___________________________________________________ 25
Título II (N 166-167) _______________________________________________________________________ 25
Título III. Actuación en xuízos de faltas (N 168-172) ______________________________________________ 25
Título IV. Actuación en procedementos ordinario, abreviado e xuízo rápido por delito ____________________ 26
Capítulo I. Redacción de escritos procesuais (N 173-177) ___________________________________________ 26
Capítulo II. Asistencia a dilixencias e asistencia ao imputado (N 178-179) ______________________________ 26
Capítulo III. Estudo da causa (N 180) ___________________________________________________________ 26
Capítulo IV. Xuízo oral (N 181-188) ___________________________________________________________ 26
Capítulo V. Aspecto civil (N 189-191) __________________________________________________________ 27
Capítulo VI. Conformidade (192) ______________________________________________________________ 28
Capítulo VII (N 193) ________________________________________________________________________ 28
Título V. Actuación en procedemento da Lei do xurado ____________________________________________ 28
Capítulo I. Regras xerais (N 194-195)___________________________________________________________ 28
Capítulo II. Minutación de trámites propios deste proceso (N 196-201)_________________________________ 28
Capítulo III. Aspecto civil e conformidade (N 202-204)_____________________________________________ 29
Capítulo IV. Conformidade (N 205) ____________________________________________________________ 29
Capítulo V. Procedemento de inxuria e calumnia (N 206-208)________________________________________ 29
Título VI. Outros procedementos especiais (N 209-211) ____________________________________________ 29
Título VII. Recursos ________________________________________________________________________ 30
Capítulo I. Interposición (N 212-216) ___________________________________________________________ 30
Capítulo II. Recurso de casación (N 217) ________________________________________________________ 30
Título VIII. Execución de sentenzas (N 218-219) _________________________________________________ 30
LIBRO IV. XURISDICIÓN SOCIAL __________________________________________________________ 31
Título I. Actuacións non procesuais ____________________________________________________________ 31
Capítulo I (N 220) __________________________________________________________________________ 31
Capítulo II (N 221) _________________________________________________________________________ 31
Capítulo III (N 222-225) _____________________________________________________________________ 31
Capítulo IV. Actuacións administrativas (N 226-230) ______________________________________________ 32
Título II. Actuacións procesuais_______________________________________________________________ 33
Capítulo I. Actuacións previas á vía xurisdicional (N 231-232) _______________________________________ 33
Capítulo II. Actuacións ante a xurisdición social (N 233-251) ________________________________________ 33
LIBRO V. XURISDICIÓN CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVA __________________________________ 37
Título I. Actuacións en vía administrativa _______________________________________________________ 37
Capítulo I. Procedemento administrativo xeral (N 252-254)__________________________________________ 37
Capítulo II. Recursos administrativos (N 255-256)_________________________________________________ 37
Título II. Procedementos administrativos especiais ________________________________________________ 37
Capítulo I. Procedemento sancionador (N 257-259) ________________________________________________ 37
Capítulo II. Expropiación forzosa (N 260-264)____________________________________________________ 38
Capítulo III. Procedementos tributarios (N 265-268) _______________________________________________ 38
Capítulo IV. Procedementos urbanísticos (N 269-290)______________________________________________ 39
Capítulo V. Contratación administrativa (N291-295) _______________________________________________ 41
Capítulo VI. Estranxeiría (N 296-298) __________________________________________________________ 42
Capítulo VII. Acollemento e adopción (N 299) ___________________________________________________ 42
Título III. Procedementos contencioso-administrativos_____________________________________________ 42
Capítulo I. Proceso contencioso-administrativo en primeira ou única instancia (N 300-302)_________________ 42
Capítulo II. Recursos contra autos e sentenzas (N 303-305) __________________________________________ 42
Título IV. Execución de sentenzas (N 306-311)___________________________________________________ 43
Táboa: escala tipo _________________________________________________________________________ 44
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CRITERIOS DE HONORARIOS PARA OS EFECTOS EXCLUSIVOS


DA TAXACIÓN DE CUSTAS E DA XURA DE CONTAS

Aprobados pola Xunta Xeral na sesión do 22.12.2008


Entrada en vigor o 01.01.2009
Por acordo da Xunta Xeral do 28.01.2010 foron adaptados á Lei 25/2009

Para a confección destes criterios orientadores a Xunta de Goberno do


Colexio de Avogados de Santiago de Compostela empregou como fonte
datos obxectivos obtidos a partir dun estudo sobre os usos e prezos
medios de mercado dos servizos profesionais. Tivéronse en conta non só
as minutas presentadas polos letrados e letradas neste colexio para
resolver informes en canto á taxación de custas e á xura de contas,
senón tamén as resolucións dos tribunais neste tipo de incidentes de
fixación de honorarios.

• ÁMBITO DE APLICACIÓN: Exclusivo para a taxación de custas e a xura de contas. A


aplicación dos presentes criterios, respectando a normativa vixente en materia de libre
competencia, servirá especialmente de guía sempre que se solicite o parecer deste colexio de
avogados, nos seguintes supostos:

a) Cando non exista pacto ou orzamento escrito respecto á cuantificación dos honorarios e estes
sexan obxecto de discusión entre avogado e cliente en procedementos de xura de contas.
b) Cando a minuta pretendida polo avogado/a sexa obxecto de impugnación ante calquera
órgano xudicial en procedementos de taxación de custas ou cando sexa requirido polo
xulgado en calquera outro procedemento.
c) Cando, de acordo coa normativa vixente en materia de asistencia xurídica gratuíta, o letrado/a
teña dereito ao reintegro económico dos seus honorarios.

• ÁMBITO DE APLICACIÓN: Os presentes criterios serán de aplicación en todas aquelas


actuacións profesionais que os avogados adscritos ou non ao Ilustre Colexio de Avogados de
Santiago de Compostela desempeñen no ámbito territorial que corresponda a este colexio e para
os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas.

• LIBERDADE DE FIXACIÓN DE HONORARIOS: O avogado/a ten dereito a convir


libremente a contía dos seus honorarios con quen solicite os seus servizos, sen máis limitacións
que as indicadas polas leis de defensa da competencia e de competencia desleal, e polas normas
do Código deontolóxico.

• INCREMENTO DO IPC: As contías de referencia contidas nos presentes criterios


actualizaranse anualmente co incremento do IPC correspondente. Os devanditos incrementos
non serán aplicables ás cantidades resultantes de aplicar a escala tipo.

• ENTRADA EN VIGOR: A entrada en vigor dos devanditos criterios será o 01.01.2009 e


aplicaranse a todos aqueles procedementos ou actuacións iniciadas con posterioridade á data
indicada.

-1-
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

TÍTULO PRELIMINAR
REGRAS XERAIS

CAPÍTULO I
NATUREZA DO PRESENTE BAREMO

Este baremo de honorarios será aplicado polo Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de
Compostela nos informes dos incidentes de impugnación de honorarios por excesivos, tanto nas condenas
ás custas coma nas reclamacións de honorarios do artigo 35 da Lei de axuizamento civil (LAC), así coma
en calquera outro ditame ou opinión corporativa sobre honorarios que sexa solicitado polos tribunais.

CAPÍTULO II
PRINCIPIOS BÁSICOS

A) Ámbito de aplicación territorial.


O presente baremo será de aplicación para todas as actuacións profesionais que os avogados
adscritos, ou non, ao Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, desempeñen no ámbito
territorial deste colexio.

B) Aplicación supletoria.
O presente baremo será de aplicación en defecto de previsión ou pacto entre avogado e cliente para
procedementos de xura de contas.

C) Liberdade de fixación.
O avogado/a ten dereito a convir libremente a contía dos seus honorarios con quen solicite os seus
servizos, sen máis limitacións que as indicadas polas leis de defensa da competencia e de competencia
desleal, e polas normas do Código deontolóxico.

CAPÍTULO III
PERCEPCIÓN DE HONORARIOS

Este capítulo foi derrogado por acordo da Xunta de Goberno do 01.07.2015.

CAPÍTULO IV
DISTRIBUCIÓN DE HONORARIOS

A) Criterios xerais. Entenderanse distribuídos os honorarios como segue:

XURISDICIÓN CIVIL

Xuízo ordinario:
Fase de alegacións 60%
Audiencia previa 20%
Xuízo 20%

Xuízo verbal:
Demandante:
Fase de alegacións 50%
Vista 50%

Demandado:
Actuacións previas á vista 50%
Celebración da vista 50%

-2-
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

XURISDICIÓN PENAL

Procedementos por delito: Minutaranse de acordo coas actuacións efectivamente realizadas.

Xuízo de faltas: Minutaranse de acordo coas actuacións efectivamente realizadas.

XURISDICIÓN CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVA

Procedemento ordinario:
Fase de alegacións 60%
Fase de proba e conclusións ou vista 40%

Procedemento abreviado:
Demanda e actuacións previas ao acto do xuízo 60%
Acto do xuízo 40%

XURISDICIÓN LABORAL

Demanda e actuacións xudiciais previas ao acto do xuízo 40%


Acto do xuízo 60%

RECURSOS

Se non hai vista:


Pola preparación 10%
Pola interposición ou formalización 90%

En todo caso, o letrado da parte recorrida terá dereito ao 100% dos honorarios correspondentes, ao
redactar o escrito de oposición.

Se hai vista:
Pola interposición e demais actos previos á vista 50%
Por intervención na vista 50%

Para a distribución de honorarios en calquera outro procedemento non recollido nesta regra
aplicarase a prevista para o xuízo verbal da xurisdición civil.

B) Momento do devengo. Unha vez iniciado un período, devengarase a totalidade dos seus honorarios
correspondentes aínda que, por calquera causa, non se finalice.

C) Casos de conformidade ou asentimento. Se o demandado se conformase ao contestar a demanda, o


letrado da parte demandante percibirá o 75% do total que corresponda pola tramitación completa do
asunto.
O letrado do demandado, polo estudo previo e a súa intervención na contestación-conformidade,
percibirá o 25% deste total.

D) Casos de desistencia. Para o caso de desistencia, os honorarios serán do 60% da tramitación


completa.

CAPÍTULO V
APODERAMENTO

Este capítulo foi derrogado por acordo da Xunta de Goberno do 01.07.2015.

CAPÍTULO VI
CESAMENTOS E SUBSTITUCIÓNS

Este capítulo foi derrogado por acordo da Xunta de Goberno do 01.07.2015.

-3-
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CAPÍTULO VII
CONTÍA

Para os efectos do cálculo de honorarios, cando se determinen por aplicación de escalas ás contías
dos asuntos, seguiranse as seguintes regras:

A) Cálculo da contía. Salvo especial determinación no presente baremo, considerarase como contía do
asunto o valor real dos bens, dereitos ou intereses obxecto de litixio, aínda que este fose distinto da contía
fixada na demanda e aceptada, ou a cantidade que, en definitiva, prevalecese como contía do preito (para
a xura de contas).

B) Acumulación de accións. Nos casos de acumulación de accións, partindo do valor real indicado no
apartado anterior, seguiranse as regras do artigo 252 da LAC.
No caso de acumulación simplemente subxectiva, non terá lugar aumento da contía .

C) Acumulación de autos. Na acumulación de autos a determinación farase polas sumas das contías de
todos eles a partir da acumulación. Ata ese momento, os honorarios calcularanse tomando como base a
contía que teña cada procedemento na porcentaxe que corresponda aos períodos iniciados antes da
acumulación, segundo a regra de distribución de honorarios.

D) Ampliación de demanda e reconvención. A simple ampliación do ámbito subxectivo da demanda


con idénticas pretensións non dará lugar ao incremento das contías antes indicado.
Nos casos de ampliación obxectiva da demanda, fixaranse os honorarios en relación coa contía
total que resulte.
Igualmente se operará se houbese reconvención.

E) Colitigantes. Cando varias persoas litiguen conxuntamente baixo unha única dirección letrada, só se
devengará unha minuta.
Se a actuación profesional se realiza en beneficio dunha pluralidade de clientes con pretensións,
títulos ou causas de pedir que non sexan idénticos, poderanse incrementar os honorarios nun 10% por
cada un, sen que tal aumento deba pasar do 50%, e dividirase a cantidade resultante entre todos eles. No
suposto do artigo15 LAC incrementarase nun 50%.

F) En particular: execución forzosa. Nos procedementos de execución forzosa a base para efectos do
cálculo de honorarios virá constituída polas cantidades polas que se despacha execución.

G) En particular: tercerías de dominio. Nas tercerías de dominio a base estará constituída polo valor
do ben embargado e nas de mellor dereito polo valor do menor dos dereitos cuestionados. En calquera
dos casos, a contía non poderá exceder da que corresponda ao importe garantido polo embargo.

H) En particular: recursos. Nos recursos, tomarase como base a que tivese o asunto na primeira
instancia, salvo que se limite a impugnar uns aspectos concretos da resolución, caso en que a contía se
reduciría ao importe parcial destes. No caso de que o recurso se basee en simple diferenza económica
entre a pretensión solicitada e a recoñecida en sentenza ou resolución, tomarase como contía do recurso o
importe de tales diferenzas.

CAPÍTULO VIII
CONDENA ÁS CUSTAS

A) Cantidade esixible.
1. A cantidade que debe satisfacerlle a parte condenada ás custas a aquela que vencese no preito
será a resultante da aplicación ordinaria do presente baremo, aínda que sen computar saídas, nin
circunstancias modificadoras das que poidan terse en consideración ao minutar ao propio cliente, nin a
porcentaxe correspondente cando o letrado asume a representación.
En tales supostos considerarase como contía do asunto, salvo especial ou concreta especificación
deste baremo, a seguinte:
a) Se fose determinada, a que a cuestión tivese en autos.
b) Nos casos en que a contía figurase no procedemento como indeterminada, considerarase como
tal a de 18.000 €
2. Os apartados A e B do capítulo VII non lle serán aplicables á parte condenada ás custas.

-4-
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

B) Exención en supostos de habilitación especial. O letrado que actuase en virtude da habilitación a


que se refire o artigo 17.5 do vixente Estatuto xeral da avogacía, non devengará custas.

CAPÍTULO IX
INTERPRETACIÓN DO PRESENTE BAREMO

A) Competencia. A xunta de goberno do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago será competente para
resolver cantas dúbidas ou dificultades xurdan na interpretación do presente baremo. Poderán aumentar
ou moderar os honorarios sometidos á súa consideración ou estudo na cantidade que consideren xusta e
prudente.

B) Criterios de interpretación.
a) Aplicación analóxica do presente baremo. Tanto os letrados ao redactar as minutas, coma as
xuntas de goberno ao realizar os oportunos informes, aplicarán por analoxía o previsto neste baremo aos
supostos non considerados expresamente nelas.
b) Aplicación do Código deontolóxico. As disposicións contidas no presente baremo de honorarios
haberán de se interpretar consonte as normas reitoras da actividade profesional dos avogados e,
singularmente, co Código deontolóxico.
c) Salvo que se trate de supostos concretos ou específicos, os títulos dos artigos teñen carácter
simplemente orientador sobre o seu contido, co fin de facilitar o seu manexo.

CAPÍTULO X
DERRADEIRO
O presente baremo de honorarios foi aprobado pola Xunta Xeral na sesión do 22.12.2008.

As escalas ás que se refire o articulado deste baremo figuran como anexo ao final do libro e as súas
porcentaxes aplicaranse por tramos e excesos.

O presente baremo aplicarase a todas as actuacións iniciadas a partir do día 01.01.2009.

-5-
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

LIBRO I
ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS EXTRAPROCESUAIS

Este libro foi derrogado por acordo da Xunta de Goberno do 01.07.2015.

-6-
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

LIBRO II
XURISDICIÓN CIVIL

TÍTULO I
ACTUACIÓNS PREVIAS Á VÍA XUDICIAL

CAPÍTULO I
ACTOS DE CONCILIACIÓN

Norma 29. Intervención en actos de conciliación.

a) Redacción de demanda 150 €


b) Ademais, pola asistencia ao acto de conciliación:
1. Sen avinza. 100 €
2. Con avinza: aplicaranse as regras previstas para as transaccións. 150 €

CAPÍTULO II
DILIXENCIAS PRELIMINARES

Norma 30. Dilixencias preliminares. Pola intervención en dilixencias preliminares dos artigos 256 e
seguintes da LAC

a) Sen oposición, 10% da escala tipo sobre a contía 200 €


b) Con oposición , 25% da escala tipo sobre a contía 400 €

CAPÍTULO III
DECLINATORIA

Norma 31. Declinatoria. Pola intervención na declinatoria á que se refiren os artigos 63 e seguintes da
LAC, tanto o letrado que a propoña coma o da parte que se opoña fixarán os seus honorarios
prudencialmente, e indicarase como criterio orientador o 25% da escala. 350 €

TÍTULO II
MEDIDAS CAUTELARES

Norma 32. Procedemento para a adopción de medidas cautelares. Pola intervención na tramitación de
tal procedemento, minutarase:

a) Con oposición, orientadoramente o 25% da escala. 350 €


b) Sen oposición, o 10% da escala. 200 €

A contía que se debe tomar como base para o cálculo dos honorarios en aplicación desta norma 32 será:
1º Se se fixa a contía expresamente na petición da medida cautelar, será esta a que se deberá ter en conta
co límite da contía da demanda principal.
2º Se non se fixa a contía pero acórdase a caución, sería a contía da devandita caución.
3º Se non se fixa expresamente a contía ou non se acorda a caución, a contía será indeterminada.

-7-
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

TÍTULO III
XUÍZO ORDINARIO

CAPÍTULO I
XUÍZO ORDINARIO POR RAZÓN DA CONTÍA

Norma 33. Accións de contido pecuniario. Por toda a tramitación, incidentes e recursos, que resulte de
aplicarlle a escala tipo á contía do asunto 750 €

CAPÍTULO II
XUÍZOS ORDINARIOS POR RAZÓN DA MATERIA

Sección primeira
Actuacións relativas a dereitos honoríficos e fundamentais

Norma 34. 1º) Dereitos honoríficos da persoa. Nos xuízos relativos a dereitos honoríficos da persoa
Criterio orientador 1.200 €
2º) Tutela do dereito á honra, á intimidade e á propia imaxe, e de calquera outro dereito fundamental.
Se se solicita algunha cantidade, o 50% da escala tipo sobre a cantidade solicitada ou, no caso de estimación
da demanda, a recoñecida en sentenza 1.200 €

Sección segunda
Xuízos en relación con sociedades e impugnación de acordos sociais

Norma 35. Xuízos sobre disolución e nulidade de sociedades. Devengarase o 100% da escala tipo aplicada
sobre a contía do procedemento. 1.200 €

Norma 36. Impugnación de acordos. Nos xuízos sobre impugnación de acordos da xunta xeral, do consello
de administración ou de calquera outro órgano colexiado de administración, ou da asemblea de
obrigacionistas das sociedades, así como nos referentes a balances, e sobre redución do capital, fusión ou
escisión da sociedade, devengarase o 100% da escala tipo, sobre a contía do procedemento. 1.200 €

Sección terceira
Competencia desleal, propiedade industrial e intelectual, e publicidade

Norma 37.
Aplicarase a escala tipo á contía do procedemento nosa seguintes supostos.
a) Xuízos sobre nulidade de rexistros ou títulos; xuízos de preferencia ou tenteo e retracto de rexistros,
sobre titularidade ou sobre as súas licenzas e a súa explotación; xuízos en que se exercite acción sobre
declaración de actuación que non constitúe violación dun rexistro; xuízos sobre alcance da
rehabilitación dun rexistro; xuízos sobre indemnización de danos e perdas: 1.200 €
b) Xuízos sobre adopción de medidas para salvagardar os dereitos do titular do rexistro ou sobre
competencia desleal, incluídas a indemnización de danos e perdas, así como en calquera outro xuízo ou
actuación relativa a estes rexistros: 1.200 €
c) En xuízos sobre denegación ou suspensión realizada polo rexistrador respecto de inscrición de actos
e contratos: 1.200 €
d) Xuízos sobre o cesamento de actividade ilícita, incluídas a indemnización de danos e perdas e outras
medidas: 1.200 €
e) Xuízos sobre contratos de edición, de representación teatral e execución musical, sobre transmisión e
titularidade de dereitos de autor, participación do autor no prezo dunha obra plástica poxada e outras
cuestións propias da lei, non especificadas anteriormente: 1.200 €

-8-
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

Sección cuarta
Condicións xerais da contratación

Norma 38. Criterio xeral. Xuízos en que se exerciten as accións de cesamento, retractación e declarativa:
Criterio orientador 1.200 €

Sección quinta
Xuízos de arrendamento seguidos polo procedemento ordinario

Subsección primeira: Criterios xerais

Norma 39. Contía. Con carácter xeral, nos supostos desta sección entenderase sempre que a contía será a da
renda anual, coas correccións que en cada caso se establezan, incluídos os supostos de reclamación da
posesión do ben arrendado
Por renda anual entenderase que é a vixente no momento de interpoñer a demanda, e que nela se incluirán as
cantidades asimiladas, gastos, servizos e impostos, no caso de arrendamentos urbanos, e contribucións,
seguridade social agraria, etc., nos arrendamentos rústicos, con pagamento por conta do arrendatario.

Norma 40. Acumulación de accións. Caso de acumulación das accións de desafiuzamento por falta de
pagamento e reclamación de rendas, do artigo 438.3.3ª segundo parágrafo da LAC, ambas as accións
minutaranse independentemente, cunha redución do 30%.

Subsección segunda: xuízos en arrendamentos da LAU


Xuízos sobre resolución de contratos de arrendamento:

Norma 41. Regra xeral. Aplicarase a escala tipo de acordo cos criterios de cálculo específicos contidos nos
seguintes artigos
a) Contratos suxeitos a prórroga forzosa: aplicarase a escala tipo sobre a contía determinada polo
importe de catro anualidades de renda, a excepción dos arrendamentos de vivenda de renda que non
fose actualizada de acordo coas regras 1ª a 5ª do apartado 11, letra D, da disposición transitoria segunda
da LAU de 1994, por impedilo a regra 7ª, caso en que o importe que se deberá tomar será o de doce
anualidades de renda. 1.000 €
b) Contratos non suxeitos a prórroga forzosa: devengarase a escala tipo sobre o importe da renda anual.
Criterio orientador 1.000 €

Xuízos sobre revisión e actualización de rendas:

Norma 42. Regra xeral. Aplicarase a escala tipo, tomando como base a diferenza anual entre a renda
vixente ao inicio do proceso e a que se solicite na demanda, aplicando os seguintes factores de ponderación:
a) Se o contrato ten unha duración específica, a diferenza entre a renda vixente ao inicio do proceso e a
solicitada na demanda multiplicarase polo número de anos que falte para concluír o contrato, cun
mínimo dunha anualidade e un máximo de dez 500 €
b) Se o contrato non ten unha duración específica, a diferenza entre a renda vixente ao inicio do
proceso e a solicitada na demanda multiplicarase por dez 500 €

Norma 43. Xuízos de preferencia ou tenteo, retracto e impugnación do prezo da transmisión en


materia de arrendamentos urbanos. Aplicarase a escala tipo sobre o prezo da transmisión anunciada ou
consumada, ou prezo sinalado na sentenza se este non coincidise cos anteriores 1.200 €

Norma 44- Xuízos sobre o dereito de retorno. Aplicarase a escala tipo sobre o importe da renda anual
pretendida polo arrendador 900 €

Norma 45. Outros supostos. Para todos os demais procesos que se teñan que seguir polos trámites do xuízo
ordinario e concretamente os que versen sobre indemnizacións, autorización xudicial para execución de obras
ou execución delas, reparación, reposición ou nova instalación de elementos ou servizos, ou cuestións
análogas, a base será a do seu valor monetario, agás se a contía calculada a teor dos apartados a e b do artigo
42 fose superior, caso para o que se tomaría esta última. 500 €

-9-
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

Subsección terceira: xuízos en arrendamentos da LAR

Norma 46. Xuízos sobre resolución ou extinción do contrato. Nos xuízos sobre resolución ou extinción do
contrato de arrendamento devengarase o 80% da escala tipo, tomando como base a renda anual multiplicada
polo número de anos de antigüidade do contrato, cun mínimo de 2 e máximo de 5 500 €

Norma 47. Xuízos relativos á renda do contrato. Nos xuízos sobre determinación, revisión, redución ou
exoneración da renda: o 70% da escala tipo, sobre a renda anual multiplicada polo número de anos de
antigüidade do contrato, cun mínimo de dous e un máximo de 5 400 €

Norma 48. Xuízo de preferencia ou tenteo así como de retracto en materia de arrendamentos rústicos.
Escala tipo sobre o prezo da transmisión anunciada ou consumada, ou o sinalado na sentenza se este non
coincidise cos anteriores 1.200 €

Norma 49. Xuízos sobre adquisición forzosa da propiedade. Nos xuízos sobre adquisición forzosa da
propiedade aplicarase a escala tipo sobre a cantidade que como prezo da transmisión se fixe no procedemento
xudicial 1.200 €

Subsección cuarta: xuízos en arrendamentos da lexislación común

Norma 50. Xuízos de desafiuzamento baseados en causas distintas á falta de pagamento ou expiración
do prazo contractual. Aplicarase a escala tipo tomando como base o importe dunha anualidade de renda, de
acordo co seguinte:
a) o 75% da escala tipo se o terreo é rústico 500 €
b) o 100% da escala tipo se o terreo é urbano 800 €

Norma 51. Xuízos simplemente declarativos ou non resolutivos. Aplicarase o 40% da escala tipo tomando
como base sobre a renda anual 800 €

Subsección quinta: parzaría

Norma 52. Xuízos sobre extinción ou resolución do contrato de parzaría. Aplicarase a escala tipo sobre o
valor dos froitos ou rendementos que vén percibindo o cedente ou propietario 400 €

Sección sexta
Retractos

Norma 53. Xuízos de retracto. Aplicarase o 100% da escala tipo, tomando como base o prezo da
transmisión anunciada ou consumada, ou o sinalado na sentenza se este non coincidise cos anteriores.
Criterio orientador 1.200 €

Sección sétima
Xuízos sobre propiedade horizontal

Norma 54. Procedemento de equidade. No procedemento de equidade, regulado na Lei de propiedade


horizontal , o 100% da escala tipo. 750 €

Norma 55. Xuízos sobre privación do uso da vivenda. Nos xuízos en que se exercite a acción de
cesamento e privación do dereito de uso da vivenda ou local, prevista na Lei de propiedade horizontal,
devengarase o 25% da escala tipo, sobre a contía do procedemento. Contía orientadora 750 €

Norma 56. Outros supostos. Nos demais xuízos, incluído o procedemento do artigo 21 da LPH,
minutaranse os honorarios de acordo coas regras indicadas para o procedemento polo que se tramiten.

- 10 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

TÍTULO IV
XUÍZO VERBAL

CAPÍTULO I
XUÍZO VERBAL POR RAZÓN DA CONTÍA

Norma 57. Regra xeral. Por toda a tramitación, con independencia de saídas, incidentes e recursos, o que lle
resulte de aplicar a escala tipo á contía do asunto. 500 €

CAPÍTULO II
XUÍZOS VERBAIS POR RAZÓN DA MATERIA

Sección primeira
Xuízos de arrendamento

Subsección primeira: Desafiuzamentos por falta de pagamento e extinción por expiración do prazo en
arrendamentos da LAU, LAR e da lexislación común

Norma 58. Regra xeral. Con carácter xeral, a contía virá determinada polo importe dunha anualidade de
renda. Non obstante, no suposto de que a sentenza admitise a demanda ou declarase enervada a acción de
desafiuzamento e as cantidades debidas ou pagadas fosen distintas a unha anualidade, tomarase como base o
importe das cantidades que se endebedaren no momento de presentar a demanda.

Norma 59. Acumulación de accións. De acumularse as accións de desafiuzamento por falta de pagamento e
reclamación de rendas (artigo 438.3.3ª. LAC), minutaranse por separado cada unha das accións de acordo
coas disposicións que as regulan cunha redución, en cada caso, do 30%.

Norma 60. Xuízos de desafiuzamento por falta de pagamento da renda ou cantidades asimiladas.
Minutarase consonte os seguintes supostos:
a) Sen oposición: aplicarase o 50% da escala tipo.
Vivenda e terreo rústico 400 €
Uso distinto do de vivenda 500 €

b) Con oposición: o 75% da escala tipo:


Vivenda e terreo rústico 500 €
Uso distinto do de vivenda 600 €

Norma 61. Xuízos sobre extinción do contrato de arrendamento por vencemento do prazo estipulado
ou previsto legalmente. Aplicarase o 80% da escala tipo tomando como base o importe da renda anual.
Criterio orientador 800 €

Subsección segunda: parzaría

Norma 62. Xuízos sobre extinción ou resolución do contrato de parzaría. Aplicarase a escala tipo sobre o
valor dos froitos ou rendementos que vén percibindo o cedente ou propietario 800 €

Sección segunda
Xuízos por precario

Norma 63. Xuízos de desafiuzamento por precario. Aplicarase a escala tipo ao valor do terreo ocupado no
caso de predio rústico, e á cuarta parte do valor, cando se trate de predios, sen que se poida atribuír aos
inmobles un valor inferior ao que conste no catastro. 800 €

- 11 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

Sección terceira
Procesos sumarios

Subsección primeira: Accións de natureza posesoria

Norma 64. Accións de natureza posesoria. Nas accións a que se refiren os apartados 4, 5 6 e 7 do artigo
250 da LAC, aplicarase a escala tipo ao 100%, tomando como base os valores establecidos na norma 63.
Criterio orientador 1.200 €

Subsección segunda: Venda a prazos de bens mobles e arrendamentos financeiros

Norma 65. Procedementos sumarios do artigo 250, apartados 10 e 11 LAC. Nos procedementos a que se
refire tal artigo, aplicarase a escala tipo ao 100% 500 €

Sección cuarta
Alimentos e réxime de visitas dos avós

Norma 66. A) Xuízos sobre alimentos. Aplicarase a escala tipo ao 50%, tomando como base unha
anualidade da cantidade outorgada en sentenza:
-se é por tempo determinado fíxase unha cantidade orientadora de 500 €
-se é por tempo indefinido fíxase unha cantidade orientadora de 1.000 €

B) Xuízos sobre o establecemento do réxime de visitas a favor dos avós.


a) sen oposición 500 €
b) con oposición 1.000 €

Sección Quinta
Procesos sobre o exercicio do dereito de rectificación

Norma 67. Procesos relativos ao dereito de rectificación. Nos procesos sobre exercicio do dereito de
rectificación. 800 €

TÍTULO V
RECURSOS

CAPÍTULO I
REGRAS XERAIS

Norma 68. Substitución de letrado. Se o letrado que intervén no recurso é distinto do que actuou na
primeira instancia, procederase como se determina nas regras xerais, sobre cesamentos e substitucións.
Enténdese que non hai cambio de avogado cando o novo letrado actúe por encarga ou substitución persoal do
letrado nomeado polo cliente, cando a intervención deste sexa difícil ou imposible (caso de enfermidade ou
outros supostos excepcionais ou similares).

Norma 69. Condena ás custas. Os incrementos da norma anterior non serán repercutibles en condena ás
custas

CAPÍTULO II
RECURSOS DE REPOSICIÓN, QUEIXA E NULIDADE DE ACTUACIÓNS

Norma 70. Reposición, queixa e nulidade de actuacións. Os honorarios fixaranse discrecionalmente,


sen que en ningún caso poidan exceder do 10% dos que se devenguen na totalidade do asunto principal
en tal instancia. 250 €

- 12 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CAPÍTULO III
RECURSO DE APELACIÓN

Norma 71. Recursos de apelación contra sentenzas. O letrado terá dereito a percibir unha cantidade non
superior ao 60% dos honorarios da primeira instancia de formalizarse por escrito, e do 75% de haber vista. 300 €

Norma 72. Recursos de apelación contra autos. Non poderán superar o 40% dos honorarios de primeira
instancia, e os que poñan fin ao xuízo facendo imposible a súa continuación, o 60% 250 €

CAPÍTULO IV
RECURSO EXTRAORDINARIO POR INFRACCIÓN PROCESUAL

Norma 73. Recurso por infracción procesual. No procedemento ante o TSXG, a que se refiren os artigos
468 e seguintes da LAC, aplicarase a escala tipo, tomando como contía e criterio orientador os do asunto
principal. 600 €

CAPÍTULO V
RECURSO DE CASACIÓN

Norma 74. Preparación. Pola confección do escrito de preparación do recurso, procederase prudentemente
segundo a importancia do asunto 600 €

Norma 75. Interposición. Aplicarase o 85% da escala tipo sobre o interese económico debatido no recurso,
se o letrado minutante fose o mesmo que interveu nas instancias; no caso contrario, minutarase o 100%. Tal
incremento non poderá repercutirse en custas. Criterio orientador 2.500 €

De celebrarse vista, os honorarios resultantes poderán incrementarse ata un 20%.


Se o recurso non fose admitido ou se declarase deserto, o letrado da parte recorrida só poderá percibir ata o
15% da cantidade que resulte; os honorarios graduaranse en función de se se formulasen ou non alegacións
para opoñerse á admisión.

CAPÍTULO VI
RECURSO DE ANULACIÓN DE LAUDOS ARBITRAIS

Norma 76. Recursos de anulación contra laudos arbitrais. Aplicarase a norma relativa aos recursos de
apelación contra sentenzas.

CAPÍTULO VII
PROCEDEMENTO PARA RESCISIÓN OU REVISIÓN DE SENTENZAS FIRMES

Norma 77. Procedemento de rescisión de sentenzas. No procedemento para a rescisión de sentenzas firmes
regulado nos artigos 501 e seguintes da LAC, aplicaranse as regras do xuízo ordinario, tomando como contía
e criterio orientador os do asunto principal.

Norma 78. Procedemento de revisión de sentenzas. No procedemento para a revisión de sentenzas firmes
regulado nos artigos 509 e seguintes da LAC, aplicaranse as regras do xuízo verbal, tomando como contía e
criterio orientador os do asunto principal.

- 13 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

TÍTULO VI
PROCESOS DE EXECUCIÓN

CAPÍTULO I
EXECUCIÓN PROVISIONAL

Norma 79. Regra xeral. Para o cálculo de honorarios relativos aos procedementos de execución provisional,
aplicaranse as regras relativas á execución ordinaria.

Norma 80. Revogación de sentenza no suposto de execución provisional previa. Aplicaranse as mesmas
regras da execución ordinaria e, se é o caso, as de execución de sentenza con condena a facer, non facer ou
entregar, e sen prexuízo do incidente de restitución de danos e perdas, froitos e rendas, que se minutará de
xeito separado. 200 €

CAPÍTULO II
EXECUCIÓN

Sección primeira
Execución de resolucións xudiciais

Norma 81. Regra xeral. As demandas executivas que se fundamenten en calquera dos títulos sinalados
nos números 1, 2 ,3 e 9 do parágrafo 2 do artigo 517 da LAC, é dicir, en sentenzas de condena firme,
laudos ou decisións arbitrais firmes ou en resolucións xudiciais que aproben ou homologuen transaccións
e acordos logrados no proceso, e as demais resolucións xudiciais e documentos que, por disposición desta
ou outra lei, leven aparellada execución.
a) Sen oposición: O 20% da escala tipo. Criterio orientador 180 €
b) Con oposición: O 50% da escala tipo. Criterio orientador 360 €
A base do cálculo será a contía pola que se despachou execución, incluíndo xuros e custas orzamentadas.

Execución doutros títulos

Norma 82. Regra xeral. As demandas executivas que se fundamenten en títulos distintos da norma
anterior (os sinalados nos números 4,5,6,7 e 8 do parágrafo 2 do artigo 517 da LAC):
a) Sen oposición: O 75% da escala tipo. Criterio orientador 360 €
b) Con oposición: O 100% da escala tipo. Criterio orientador 600 €
A base do cálculo será a contía pola que se despachou execución, incluíndo xuros e custas orzamentadas.

CAPÍTULO III
EXECUCIÓN PECUNIARIA

Norma 83. Regra xeral. Os honorarios correspondentes a este capítulo devengaranse con independencia
dos que procedan polas actuacións executivas ás que se refire o capítulo I e II deste título VI.

Norma 84. Suposto 1º. Se o executado pagase no acto do requirimento ou antes do despacho de
execución, despois de que o acredor a promovese. Aplicarase a escala tipo ao 10% sobre a cantidade
reclamada en concepto de principal e xuros devengados á data da presentación da demanda executiva.
Criterio orientador 150 €

Norma 85. Suposto 2º. Se se pagase despois do despacho de execución, pero antes da realización dos
bens embargados, ou se embargasen retribucións periódicas ou cantidades líquidas: escala tipo ao 30%
sobre a cantidade pola que se despachou a execución. Criterio orientador 300 €

Norma 86. Suposto 3º. De chegarse á realización dos bens embargados: escala tipo ao 50% sobre a
cantidade pola que se despachou execución. Criterio orientador 500 €

- 14 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CAPÍTULO IV
EXECUCIÓN SOBRE BENS HIPOTECADOS OU PIGNORADOS

Norma 87. As demandas executivas que se fundamenten en títulos de crédito garantidos con
prenda ou hipoteca: A base do cálculo será a contía pola que se despachou execución.
a) Sen oposición: O 75% da escala tipo. Cantidade orientadora 360 €
b) Con oposición: O 100% da escala tipo. Cantidade orientadora 600 €
c) No suposto de que o debedor fixese uso da facultade que lle concede o artigo 693.3 da LAC,
aplicarase a escala tipo ao 30%. Cantidade orientadora. 600 €

Norma 88. Sen prexuízo das cantidades devengadas como consecuencia das actuacións a que se refire a
norma anterior:
a) Se o executado pagase antes da solicitude de poxa, o 10% da escala tipo. Criterio orientador 300 €
b) Entre ese momento e antes da realización da poxa, o 20% da escala tipo. Criterio orientador 500 €
c) Despois de realizada a poxa, o 50% da escala tipo. Criterio orientador 750 €

CAPÍTULO V
EXECUCIÓN NON PECUNIARIA

Norma 89. Regra xeral. Con carácter xeral, a escala tipo aplicarase sobre a contía do litixio, salvo que
por resolución xudicial sexa establecida outra distinta, que sería en tal caso a que servise de base.
Os honorarios correspondentes a este capítulo devengaranse con independencia dos que procedan polas
actuacións executivas ás que se refire o capítulo I e II deste título VI.

Norma 90. En calquera dos supostos de execución non pecuniaria, se o executado cumpre antes do
despacho de execución, despois de que o acredor a promovese, aplicarase a escala tipo ao 20%. Criterio
orientador 180 €.

Norma 91. Suposto especial no caso de condena a entregar. Nas condenas á entrega de cousas, se esta
se efectúa despois do prazo establecido polo xulgado e antes de que este poña o executante en posesión
da cousa, aplicarase a escala tipo ao 25% cun criterio orientador de 250 €.

Norma 92. Outros supostos especiais. Na execución por obrigas de facer ou non facer e de publicación do
artigo 701 da LAC, de cumprirse despois do prazo establecido polo tribunal, ou se satisfai ou afianza a
cantidade en que se valora o custo de tal obriga: escala tipo ao 25%. Criterio orientador 250 €

Norma 93. Procedemento completo. Se houbese que proseguir a execución ata a finalización do
procedemento: escala tipo ao 50% 350 €

CAPÍTULO VI
LIQUIDACIÓN DE DANOS E PERDAS, FROITOS E RENDAS E A RENDICIÓN DE CONTAS

Norma 94. Regra xeral. Cando na execución forzosa deba determinarse o equivalente pecuniario dunha
prestación non pecuniaria, sen prexuízo dos honorarios que xa se devengasen de acordo coas normas que
procedan conforme ao capítulo anterior, ou cando teña que fixar a cantidade debida en concepto de danos e
perdas ou de froitos, rendas, utilidades ou produtos de calquera clase ou determinar o saldo resultante da
rendición de contas dunha administración:

a) Caso de conformidade coa relación de danos e perdas e do seu importe, ou a liquidación de froitos e
rendas, ou a rendición de contas, aplicarase a norma 83 e as demais que procedan da execución
pecuniaria.

b) Cando nestes supostos se produza a oposición do debedor ou, de ser o caso, do acredor, para fixar os
honorarios empregaranse os criterios correspondentes ao xuízo verbal.

- 15 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CAPÍTULO VII
EXECUCIÓN DE TÍTULOS EXECUTIVOS ESTRANXEIROS

Norma 95. Aplicaranse as mesmas regras anteriores, cun incremento dun 25%.

TÍTULO VII
PROCESOS SOBRE CAPACIDADE, FILIACIÓN, MATRIMONIO E MENORES

CAPÍTULO I
PROCESOS SOBRE CAPACIDADE DAS PERSOAS

PROCEDEMENTO DA INCAPACITACIÓN OU REINTEGRACIÓN DA CAPACIDADE

Norma 96. Procedemento da incapacitación ou reintegración da capacidade:


Polo proceso sobre a incapacitación, reintegración da capacidade e modificación do alcance da
incapacitación así como a prodigalidade sen medidas. Por toda a tramitación ata sentenza. Criterio
orientador 1.800 €

Norma 97. Internamento:


A) No caso de que se produza un internamento non voluntario por razón de trastorno psíquico,
como consecuencia do proceso os honorarios do apartado anterior poderán incrementarse nun 25%.
B) Cando o procedemento sexa unicamente para solicitar un internamento forzoso, sen
incapacidade. Criterio orientador 1.000 €

Norma 98.Impugnación de resolucións administrativas sobre adopción:


A impugnación en vía civil ordinaria de resolucións administrativas sobre adopción. Criterio orientador 1.500 €

CAPÍTULO II
PROCESOS SOBRE FILIACIÓN, PATERNIDADE E MATERNIDADE

Norma 99. Xuízos sobre determinación ou impugnación da paternidade:


Nos procesos sobre determinación legal ou impugnación de filiación, paternidade ou maternidade.
Criterio orientador 2.000 €

Norma 100. Solicitude complementaria de prestación alimenticia


No caso de que se pidan, ademais, prestación de alimentos, minutarase de acordo co previsto para o xuízo
verbal correspondente, cunha redución do 25%. Cantidade orientadora 600 €

CAPÍTULO III
PROCESOS SOBRE MATRIMONIO E SUPOSTOS ASIMILADOS

Norma 101. Os criterios establecidos neste capítulo serán de aplicación tanto para o letrado do cónxuxe
demandante como, se é o caso, para o demandado.

MEDIDAS PROVISIONAIS

Norma 102. Previas, simultáneas ou coetáneas:


Pola intervención nas medidas provisionais previas ou derivadas da admisión da demanda de nulidade,
separación ou divorcio.
Solicitude 400 €
Comparecencia 600 €

Norma 103. Modificación de medidas definitivas:


A tramitación completa do procedemento de modificación de tales medidas. Criterio orientador 1.500 €

- 16 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

Se se discutisen unicamente as cantidades diferentes en concepto de pensión alimenticia ou


compensatoria, a base para aplicar a escala será o importe correspondente a tres anualidades da diferenza
discutida. Criterio orientador 1.000 €
De mutuo acordo, redución dun 30%.

Norma 104. Execución de medidas: Resultarán de aplicación as normas sobre execución, sobre
resolucións xudiciais.

SEPARACIÓN E DIVORCIO

Nestes honorarios enténdese excluída a liquidación da sociedade de gananciais.

Norma 105. Mutuo acordo:


Por redacción do convenio regulador simple que inclúa prestacións económicas inferiores a 7200€ anuais.
Criterio orientador 800 €
Por redacción do convenio regulador que inclúa cláusulas complexas ou que establecese prestacións
iguais ou superiores a 7.200 € anuais, aplicarase a escala tipo ao 100% sobre unha anualidade das
prestacións pola total tramitación do procedemento xudicial ata sentenza, ademais do que corresponda
pola redacción do convenio. Criterio orientador 1.000 €

Norma 106. Contencioso:

Pola tramitación do proceso, (sen incluír incidentes e recursos), ata que recaia sentenza. Criterio
orientador 2.000 €
Cando a contía de todas as prestacións estimadas en sentenza sexa igual ou supere a cantidade de 7.200 €
anuais, a cantidade aconsellable poderá acumularse co resultado de aplicar a escala tipo ao 100% sobre
unha anualidade destas.
O letrado do obrigado ao pagamento minutará aplicando a escala tipo ao 80% sobre a base do apartado
anterior.
Se, unha vez iniciado un procedemento contencioso, se cambiase a tramitación, por chegaren os
cónxuxes a un acordo, o letrado percibirá os honorarios que correspondan en cada fase do contencioso,
máis os honorarios correspondentes á redacción do convenio de mutuo acordo.
Reconvención: nos xuízos contenciosos con reconvención incrementarase nun 30%.

Norma 107. Nulidade:

Xuízo sobre nulidade de matrimonio. Criterio orientador 1.800 €

Eficacia civil das resolucións dos tribunais eclesiásticos. Criterio orientador 1.200 €

Exequator. Criterio orientador 1.200 €

TÍTULO VIII
DIVISIÓN XUDICIAL DE PATRIMONIOS

Norma 108. División de herdanzas. Na división de herdanzas aplicarase a escala tipo sobre o interese
real que o cliente represente na herdanza obxecto de partición. Criterio orientador 2.000 €

Norma 109. Contador-partidor. O contador-partidor minutará o 30% do que resulte de aplicar a escala
tipo ao valor real da herdanza obxecto de partición. Criterio orientador 2.000 €

Norma 110. Se a partición do dirimente fose impugnada e, por consecuencia desta impugnación
procedese a formulación de novo caderno, procederase como segue:
a) Se entre ambas as dúas formulacións se observasen meramente diferenzas de criterio, en termos
tales que calquera delas puidese ser defendible, como nos casos en que non se aprecien na primeira
formulación erros graves sobre materia de aplicación das normas particionais o dirimente percibirá
o 30% do establecido para a formulación do primeiro caderno.

- 17 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

b) Nos demais supostos, o dirimente non terá dereito á remuneración de honorarios pola segunda
formulación, que quedasen absorbidos na remuneración da primeira.

Norma 111. Formalización polos trámites do xuízo verbal. Cando, por terse formalizada a oposición á
que se refire o artigo 787.5 da LAC, se continúe o procedemento polos trámites do xuízo verbal,
aplicaranse as regras propias deste procedemento tomando como base o interese económico obxecto de
oposición, cunha redución do 50%. Criterio orientador 500 €

Norma 112. Formación de inventario, intervención e administración dos bens hereditarios:

a) Cando se suscite controversia sobre a inclusión ou exclusión dun ou máis bens, aplicarase o
criterio do artigo anterior, tomando como base o valor do ben ou bens discutidos.500€
b) Nos supostos de intervención dos bens hereditarios e da súa administración, as actuacións que
teñan lugar minutaranse en atención ás circunstancias aplicándose, como regra orientadora, a
escala tipo ao 20% sobre o valor ou interese real que ao cliente corresponda. Criterio orientador 500 €

Norma 113. Liquidación do réxime económico-matrimonial. Pola intervención profesional na


liquidación do réxime económico matrimonial devengarase o 50% do que resulte de aplicar a escala tipo
sobre o valor ou interese real do cliente 500 €
Non obstante o anterior, cando a vivenda conxugal habitual ou o seu enxoval fose o único ben inventariado
ou representase máis do 70% do patrimonio, a minuta reducirase nun 50%.

Norma 114.

1. Suposto de oposición. No caso de oposición a liquidación do réxime económico matrimonial,


minutarase de acordo co establecido na norma 111.

TÍTULO IX
PROCESOS MONITORIO E CAMBIARIO

CAPÍTULO I
PROCESO MONITORIO

Norma 115. Formulación de demanda ou oposición.


- Pola formulación da papeleta ou demanda aplicarase a escala tipo ao 50%. Cantidade orientadora 200 €
- Pola oposición. Escala tipo ao 20%. Cantidade orientadora 200 €

Norma 116. Procedemento subseguinte. Ao procedemento que deba de tramitarse en caso de oposición,
aplicaranse as regras propias do proceso polo que deba instruírse.

CAPÍTULO II
PROCESO CAMBIARIO

Norma 117. Primeiro suposto: pagamento sen oposición. Cando non exista oposición á demanda, se o
demandado pagase no prazo establecido no artigo 821 LAC, devengarase o 50% da escala tipo sobre a
cantidade pola que se despache execución. Se pagase despois de transcorrido ese prazo, aplicarase a
escala tipo ao 75% sobre a mesma base.

Norma 118. Segundo suposto: oposición. Cando exista oposición a escala tipo aplicarase, para o letrado
do actor, sobre o principal reclamado, e para o do executado, sobre a cantidade pola que se despache
execución. Criterio orientador 800 €

Norma 119. Outros supostos: remisión. Para o non incluído nos apartados anteriores, aplicaranse as
regras previstas para o proceso de execución.

- 18 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

TÍTULO X
OUTRAS ACTUACIÓNS PROCESUAIS

CAPÍTULO I
CUESTIÓNS INCIDENTAIS

Sección primeira
Cuestións incidentais nos artigos 387 a 393 da LAC

Norma 120. Con contía determinada ou propia. Aplicarase o 50% da escala tipo sobre a base da contía
da materia incidental, sen que exceda do 25% do que corresponda ao proceso principal. 300 €

Norma 121. Contía indeterminada. As que carezan en si mesmas de contía ou se susciten respecto a
presupostos e requisitos procesuais, minutaranse prudencialmente, sen que exceda do 25% do que
corresponda ao proceso principal.

Sección segunda
Outras incidencias con regulación en distintos preceptos da LAC

Norma 122. Acumulación de procesos. Nos incidentes que se susciten sobre acumulación de distintos
procesos, minutarase do seguinte modo:
a) Ante o mesmo tribunal
Xuízo ordinario e especiais 300 €
Xuízo verbal 150 €
b) Ante distintos tribunais 250 €

Norma 123. Impugnación do valor probatorio de documentos nos supostos a que se refiren os
artigos 320 e 326 LAC. Con aplicación das regras xerais do título preliminar 300 €

Norma 124. Cuestións incidentais sobre determinados casos de terminación anticipada do proceso.
Pola intervención en actuacións sobre terminación do proceso por satisfacción extraprocesual ou carencia
sobrevida de obxecto 300 €

Norma 125. Incidentes de recusación. Nos incidentes que se presenten sobre recusación, minutarase do
seguinte modo
a) De maxistrados, xuíces e secretarios xudiciais: 500 €
b) De oficiais, auxiliares e axentes ao servizo da Administración de xustiza: 300 €
c) De peritos xudiciais: 300 €

Norma 126. Reconstrución de actuacións procesuais. Intervención letrada no expediente de


reconstrución de actuacións. 400 €

Norma 127. Incidentes de nulidade.


a) Nos regrados no artigo 227 LAC 250 €
Non obstante, os honorarios poderán incrementar a cantidade prudentemente ponderando a
transcendencia real ou efectiva do que sexa obxecto do incidente.
b) Os regrados no artigo 228 LAC minutaranse xirando o 25% da escala tipo sobre a base da contía
do proceso a que se refiran. 300 €

Norma 128. Procedemento sobre asistencia xurídica gratuíta. Procedemento previsto no artigo 20 da
Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, sobre asistencia xurídica gratuíta. 350 €

- 19 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CAPÍTULO II
IMPUGNACIÓN DE TAXACIÓNS DAS CUSTAS

Norma 129. Impugnación pola consideración de honorarios excesivos.

a) Custas impostas ao impugnante: cando a resolución que poña fin ao incidente lle impoña as custas ao
impugnante, aplicarase o 30% da escala tipo, tomando como base a minuta impugnada 250 €

b) Custas impostas ao impugnado: cando a resolución que poña fin ao incidente lle impoña as custas ao
letrado ao que se lle impugna a minuta, aplicarase a escala tipo ao 10% servindo de base a cantidade en
que se teña rebaixado a minuta pola resolución xudicial.

Norma 130. Impugnación pola consideración de indebidos ou non incluídos. Minutarase o 100% da
escala tipo tomando como base minutable o importe da partida ou partidas impugnadas. 250 €

Norma 131. Impugnación por ambas as consideracións. Se a impugnación fose polo dobre concepto
de indebidos e excesivos, os anteriores apartados aplicaranse separadamente sen que proceda a
acumulación de contías.

CAPÍTULO III
XURA DE CONTA

Norma 132. Procedemento especial e sumario sobre reclamación de conta do procurador ou minuta
de letrado ao cliente propio, regulado no artigo 35 LAC. Aplicarase o 20% da escala tipo, tomando
como base minutable o importe da conta do procurador ou da minuta de honorarios de letrado. 250 €

TÍTULO XI
PROCESOS RELACIONADOS CO DEREITO MERCANTIL

Norma 133. Convocatoria xudicial da xunta xeral. Nas actuacións relativas á convocatoria xudicial da
xunta xeral, haberá de distinguirse:
a) o letrado promovedor devengará: 800 €
b) o secretario designado xudicialmente devengará: 800 €
c) o presidente designado xudicialmente devengará: 900 €

Norma 134. Nomeamento xudicial de auditor. Actuacións para nomeamento xudicial de auditor e
interventor co obxecto de revisar contas: fixaranse discrecionalmente os honorarios 800 €

Norma 135. Procedemento sobre roubo, furto ou extravío de documentos de crédito e efectos ao
portador. Aplicaranse as seguintes porcentaxes da escala tipo, tomando como base o valor do que se
reclame, coas seguintes cantidades orientadoras
a) Sen oposición: o 30% da escala tipo 300 €
b) Con oposición: o 50% da escala tipo 350 €

TÍTULO XII
PROCESOS UNIVERSAIS INTER VIVOS

CAPÍTULO I
CONCURSO DE ACREDORES E SUSPENSIÓN DE PAGAMENTOS

Norma 136. CONCURSO VOLUNTARIO


1. LETRADO DO DEBEDOR
Tomando como base a contía do pasivo, minutarase o 100% da escala tipo por toda a intervención
profesional ata o final do procedemento, salvo que a fase de liquidación sexa motivada polo
incumprimento do convenio; os honorarios distribuiranse como segue:

- 20 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

a) Fase común: 50%


b) Fase de convenio: 25%
c) Fase de liquidación: 15%
d) Fase de cualificación: 10%

Para o calculo do pasivo, seguirase o importe íntegro da masa do pasivo determinada na lista de acredores
definitivamente aprobada; para o caso de que fose necesaria a determinación de honorarios con
anterioridade á devandita aprobación seguirase o importe total da relación de acredores presentada coa
solicitude de declaración de concurso de acredores.

2. LETRADO DO ACREDOR
Tomando como base a contía do crédito do cliente, minutarase a escala tipo ao 25% por toda a
intervención profesional ata o final do procedemento, salvo que a fase de liquidación sexa motivada polo
incumprimento do convenio; os honorarios distribuiranse con iguais criterios que para o letrado do
debedor.

Para o caso de que o importe do pasivo sexa igual ou superior a 6.000.000 €, a escala tipo aplicarase ao
30%.

Norma 137. CONCURSO NECESARIO


1. LETRADO DO DEBEDOR
Sen oposición ou con conformidade, minutarase o 20% dos honorarios fixados para os casos de concurso
voluntario.

No caso de oposición, minutarase o 75% dos honorarios fixados para os casos de concurso voluntario.

2. LETRADO DO ACREDOR
Percibirán iguais honorarios que para o caso do concurso voluntario; salvo o letrado do primeiro instante
do concurso, para o que se calcularán do seguinte xeito:

2.1. Se tales honorarios constitúen un crédito contra a masa, poderase tomar como base a contía do pasivo
e aplicarase a escala ao 25% se non houber oposición e ata un 75% de existir oposición.

2.2. Se o obrigado ao pagamento é o propio primeiro acredor instante, poderanse aplicar as mesmas
porcentaxes que para o caso anterior, pero fixando como contía o importe do crédito dese primeiro
acredor, incrementado ata nun 100% sempre que a cantidade non supere a así obtida por aplicación do
apartado anterior.

Norma 138
No caso de cualificación culpable con esixencia de posible responsabilidade persoal, os honorarios
correspondentes á fase de cualificación poderán incrementarse ata o 30% da escala.

No caso de que un mesmo letrado, na peza de cualificación leve a defensa letrada de, ademais da
debedora, de persoas distintas a esta, poderá minutar a estas de forma independente os seus honorarios ao
30% da escala, tomando como contía o importe da responsabilidade civil solicitada.

Norma 139
Os incidentes previstos na Lei concursal e os xuízos que poidan dimanar do concurso minutaranse de
conformidade coas normas propias dos incidentes ou do tipo do xuízo de que se trate, tomando como
base a súa contía, ou no caso de que non se poida determinar esta como indeterminada. Fíxanse como
límites de contía para o letrado do acredor o importe do crédito que representa na masa de acredores e,
para o letrado do debedor, o 10% da masa do pasivo determinada na lista de acredores que figura coa
solicitude do concurso ou a definitiva se xa estivese aprobada.

- 21 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

Os incidentes e expedientes laborais minutaranse de acordo coas normas orientadas de honorarios en


materia laboral.

Norma 140
Recursos conforme ás normas xerais para os procesos civís.

Norma 141
Concurso territorial, tomaranse en consideración as normas anteriores e fixarase como contía a masa do
devandito concurso, sen prexuízo da contía do concurso principal.

No caso de procesos concursais ou insolvencias transfronteirizas, aplicarase un incremento dos


honorarios aquí fixados con criterios de prudencia e ponderación en razón do incremento de tempo e
traballo que iso supoña.

TÍTULO XIII
ASUNTOS RELACIONADOS COA LEI HIPOTECARIA

Norma 142. Procesos derivados do artigo 41 LH. Rexeranse polo disposto para o proceso de execución,
aplicándose a escala tipo ao 100%. Cantidade orientadora 950 €

Norma 143. Expediente de dominio. Minutarase o 60% da escala tipo, sobre o valor real dos bens. 450 €

Norma 144. Actas de notoriedade. Minutarase o 20% da mesma cantidade. Cantidade orientadora. 400 €

Norma 145. Outros expedientes da Lei hipotecaria. Minutarase segundo a súa importancia económica e
transcendencia, prudentemente. Cantidade orientadora. 300 €

TÍTULO XIV
XURISDICIÓN VOLUNTARIA

CAPÍTULO I
REGRA XERAL

Norma 146. Oposición. Se se fixese oposición a calquera acto de xurisdición voluntaria e este se
convertese en contencioso, graduaranse os honorarios aplicando o baremo na parte que corresponda ao
xuízo polo que se instrúa, sen prexuízo dos que proceda percibir polo período de xurisdición voluntaria.

CAPÍTULO II
PROCEDEMENTOS OU ACTUACIÓNS RELATIVAS ÁS PERSOAS

Norma 147. Regra xeral. Como cantidade orientadora tomarase, con carácter xeral 500 €

- 22 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CAPÍTULO III
PROCEDEMENTOS OU ACTUACIÓNS RELACIONADAS CON ACTOS DE ÚLTIMA
VONTADE

Norma 148. Regra xeral. Como cantidade orientadora tomarase, con carácter xeral 600 €

CAPÍTULO IV
PROCEDEMENTOS OU ACTUACIÓNS EN RELACIÓN A BENS

Norma 149. Autorización xudicial para o alleamento de bens de menores e incapacitados. Pola
tramitación do expediente ata que recaia auto que resolva a petición, devengarase o 15% da escala tipo
sobre o valor dos bens. Criterio orientador. 500 €

Norma 150. Valoración e poxa. De se proceder á valoración e poxa dos bens, a cantidade resultante
incrementarase en 200 €

Norma 151. Autorización xudicial para transixir os dereitos de menores e incapacitados ou para
hipotecar ou gravar bens destes. Aplicarase o 10% da escala tipo sobre o valor dos dereitos ou bens.
Criterio orientador 500 €

Norma 152. Aprobación xudicial de actos ou negocios xurídicos en que estean interesados menores
ou incapacitados. Aplicarase o 10% da escala tipo. 500 €

Norma 153. Poxas voluntarias xudiciais. Incluído o prego de condicións, devengarase o 10% da escala
sobre o tipo de licitación. Criterio orientador. 300 €

Norma 154. Posesión xudicial cando non proceda o interdicto de adquirir. Devengarase o 10% da
escala tipo sobre o valor real do ben. Criterio orientador. 600 €

Norma 155. Deslinde e derrega.


a) De se levar a cabo: devengarase o 20% da escala sobre o valor dos predios do cliente. Criterio
orientador 500 €
b) Noutro caso, fixaranse os honorarios discrecionalmente. 500 €

Norma 156. Consignación xudicial en pagamento. Aplicarase o 10% da escala, sobre a cantidade
correspondente. Criterio orientador 250 €

CAPÍTULO V
EN NEGOCIOS DE COMERCIO

Norma 157. Intervención no depósito e recoñecemento de efectos mercantís. Devengarase o 15% da


escala. Criterio orientador 350 €

Norma 158. Poxa de efectos depositados. De se poxar en efectos depositados, os anteriores honorarios
incrementaranse en 200 €.

Norma 159. Actuacións relativas ao dereito marítimo. Intervención en cualificación das avarías e
liquidación da grosa e contribución a ela, así como descarga, abandono de intervención de efectos
mercantís e da fianza de cargamento, e alleamento e apoderamento de efectos comerciais en casos
urxentes e de recomposición de naves; devengarase o 15% da escala tipo. 350 €

Norma 160. Outras actuacións. Nomeamento de coadministrador por mal uso de facultades polo
administrador e exhibición da contabilidade e documentos en sociedades regulares colectivas.
Aplicaranse as regras xerais do título preliminar. 500 €

- 23 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CAPÍTULO VI
DECLARACIÓN DE HERDEIROS

Norma 161. Expediente de declaración de herdeiros. Atenderase a circunstancias tales como número
de herdeiros, distancia do grao de parentesco con respecto ao causante, etc. Criterio orientador 600 €

CAPÍTULO VII
PROCESOS UNIVERSAIS POR CAUSA DE MORTE

Norma 162. Prevención do abintestato. Calcularanse os honorarios en atención ás circunstancias


concorrentes de acordo coas regras do título preliminar, e servirá, nos casos más ordinarios, como regra
de prudencia, a suma de 400 €

- 24 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

LIBRO III
XURISDICIÓN PENAL

TÍTULO I

NORMA XERAL

Norma 163. No suposto no que unha causa penal se inicie por un tipo de procedemento e, seguidamente,
este sexa modificado, aplicarase a cada actuación a norma correspondente ao tipo de procedemento no
que tiver lugar.

ASISTENCIAS

Norma 164. Asistencias a detidos.


a) Se a asistencia tivese lugar en horas xudiciais hábiles (entre as 9:00 h e as 20:00 h) 180 €
b) Se a asistencia tivese lugar en horas distintas das indicadas no artigo anterior, así como en días
non laborables 200 €
c) Para a segunda asistencia e sucesivas reduciranse nun 50% as cantidades sinaladas nos apartados
a) e b).

Norma 165. Regra xeral. A norma anterior aplicarase calquera que sexa a dependencia en que se atope o
detido: en comisarías e dependencias dos corpos e forzas de seguridade do estado, xulgado, etc.

TÍTULO II

Norma 166. Solicitude e intervención na orde de protección. Criterio orientador 200 €

Se a orde de protección vai acompañada de medidas de carácter civil, para o cálculo de honorarios
teranse en conta, ademais, as normas previstas para as medidas provisionais civís.

Norma 167. Comparecencia prevista no artigo 544 bis da LACrim 150 €

TÍTULO III
ACTUACIÓN EN XUÍZOS DE FALTAS

Norma 168. Actuacións anteriores ao acto do xuízo. Polas actuacións levadas a cabo anteriores ao acto
oral (redacción de denuncias ou outros escritos, asistencia a comparecencias, dilixencias, estudo das
actuacións, etc.) aplicarase o 60% do que resulte para as actuacións da mesma clase levadas a cabo en
dilixencias dos asuntos por delito.

Norma 169. Acción penal. No caso de que no acto do xuízo se xulguen unicamente cuestións de índole
penal, o letrado da acusación e o da defensa minutará discrecional e prudentemente segundo as regras do
título preliminar 300 €

Norma 170. Acción civil. No caso de que no acto do xuízo se exercite a acción civil derivada da falta, o
letrado da acusación e o da defensa aplicarán os artigos establecidos para os procedementos por delito.

Norma 171. Suspensión do xuízo unha vez iniciado o acto. Ademais do que se deixa establecido, se o
xuízo se desenvolvese en varias sesións, o letrado percibirá por cada sesión do acto oral que exceda dun
incremento do 10% sobre la acción penal 100 €

Norma 172. Suspensión da realización do xuízo. Percibirase por cada sesión suspendida dentro do día
sinalado antes de iniciarse o acto un incremento do 10% sobre o que corresponda minutar pola acción
penal. Criterio orientador 100 €

- 25 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

TÍTULO IV
ACTUACIÓN EN PROCEDEMENTOS ORDINARIO, ABREVIADO E XUIZO RÁPIDO POR
DELITO

CAPÍTULO I
REDACCIÓN DE ESCRITOS PROCESUAIS

Norma 173. Redacción de escrito de denuncia.


a) Redacción de denuncia sinxela, limitada á exposición de feitos que non revistan complexidade.
Criterio orientador 180 €
b) Redacción de denuncia con exposición de feitos que entrañen certa complexidade ou con
proposición de probas. Criterio orientador 300 €

Norma 174. Redacción de escrito de querela.


a) Redacción de querela sinxela, limitada á exposición de feitos que non revistan complexidade 400 €
b) Redacción de querela con exposición de feitos que entrañen certa complexidade ou con
proposición de probas 700 €

Norma 175. Redacción de escrito que propón probas ou no que se fai calquera outro pedimento
ou alegación. 120 €

Norma 176. Pezas xebradas e outras incidencias do procedemento. Redacción de escritos sobre
cambio de situación persoal do inculpado ou de liberdade provisional, prestación, redución, elevación ou
cancelación de fianzas ou caucións, embargos e administración de bens, responsabilidade de terceiros,
asignación de pensión provisional ou prestación de asistencia médica e outras similares. 150 €

Norma 177. Redacción de escrito de cualificación provisional e proposición de probas para o acto
oral: O 25% do que se fixa para o xuízo oral. 220 €

CAPÍTULO II
ASISTENCIA A DILIXENCIAS E ASISTENCIA AO IMPUTADO

Norma 178. Asistencia a dilixencias e actuacións na sede do xulgado. Na xeneralidade das actuacións
en que deba asistir o letrado. 200 €

Norma 179. Asistencia a dilixencias e actuacións fóra do xulgado. Con independencia da saída, que se
minutará á parte. 200 €

CAPÍTULO III
ESTUDO DA CAUSA

Norma 180. Estudo da causa. Minutarase tendo en conta as dificultades xurídicas, as de feito do asunto
e a súa laboriosidade, así como as demais regras do título preliminar 200 €

CAPÍTULO IV
XUÍZO ORAL

Sección primeira
Regras xerais

Norma 181. Concurso de delitos e pluralidade de penas. Delito continuado.


a) Se, por tratarse de máis dun delito, as penas solicitadas polas partes acusadoras fosen máis
dunha, calcularanse os honorarios de acordo cos que correspondan respecto da pena máis grave;
incrementaranse nun 15% por cada un dos delitos restantes.
b) No suposto de delito continuado, o incremento será do 20%.

- 26 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

Norma 182. Pluralidade de acusados. Se o defensor asumise a defensa conxunta de máis dun inculpado
na mesma causa, procederase como segue:
a) Se os inculpados o fosen polo mesmo delito, a minuta que puidese corresponderlles
incrementarase nun 15% por cada un deles, cun incremento máximo do 100%.
b) Se os defendidos fosen acusados de distintos delitos, dentro da mesma causa, percibirá de cada
un deles a cantidade que resulte de aplicar a cada caso, individualizando as regras anteriores.
Iguais regras observará o letrado acusador no suposto de soster a acusación contra varios.

Norma 183. Suspensión da vista. Se a vista se suspendese antes de comezar o acto oral, dentro dos
cinco días anteriores ao sinalamento, os honorarios incrementaranse nun 5% sobre o que corresponda
minutar pola acción penal. Por cada suspensión que se produza despois de iniciado o acto ou por cada
sesión posterior á primeira, o aumento será do 10%.

Sección segunda
Honorarios do letrado da acusación particular

Norma 184. Honorarios do letrado da acusación particular, cando tamén acuse o ministerio fiscal:
a) Suposto en que a sentenza coincida coa petición de pena máis alta formulada polo ministerio
fiscal:
- Penas graves 2.400 €
- Penas menos graves 1.800 €
- Penas leves 1.200 €
b) No suposto de que a sentenza sexa absolutoria, percibirase o 50% das sumas previstas no
apartado a); e se a pena é menor que a solicitada polo fiscal, percibirase o 70% de tales sumas.
c) Suposto de que a sentenza sexa superior á petición máis alta solicitada polo ministerio fiscal ou
coincida coa petición formulada pola acusación particular: incrementaranse as sumas indicadas no
apartado a) nun 30%.

Norma 185. Honorarios do letrado da acusación particular, nos asuntos en que non acuse o
ministerio fiscal: Aplicarase a escala establecida na letra a) da norma 184, partindo do solicitado en
conclusións definitivas, en canto sexa acollido en sentenza, en cuxo caso os devanditos honorarios serán
incrementados nun 30%. 600 €

No suposto de que a sentenza sexa absolutoria (partindo do solicitado en conclusións definitivas)


aplicarase a escala establecida na letra a) da norma 184 cunha redución do 50%

Sección terceira
Honorarios do letrado da defensa

Norma 186. Primeiro suposto. No suposto de que se desestime integramente o solicitado polo letrado da
defensa, aplicaranse as cantidades recollidas na norma 184.a) cunha minoración dun 30% .

Norma 187. Segundo suposto. No suposto de que a pena contida na parte dispositiva da sentenza sexa
inferior á menor das solicitadas polas partes acusadoras e/ou se estimase algunha das pretensións
solicitadas pola defensa, aplicaranse as cantidades previstas na norma 184.a) cun incremento dun 30%.

Norma 188. Terceiro suposto. No suposto de decisión absolutoria, aplicaranse as cantidades previstas
na norma 184.a) cun incremento dun 50%.

CAPÍTULO V
ASPECTO CIVIL

Norma 189. Incremento. Se ademais do aspecto penal se discutisen no proceso as responsabilidades


civís derivadas da infracción penal declarada en sentenza, os honorarios indicados incrementaranse
consonte as regras contidas no presente capítulo.

Norma 190. Honorarios do letrado da acusación particular ou privada. O que resulte de aplicar o
75% da escala tipo sobre a cantidade estimada en sentenza.

- 27 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

Norma 191. Honorarios do letrado da defensa. Minutará da seguinte forma:


a) Acción civil estimada integra ou parcialmente: 30% da escala tipo, tomando como base a
cantidade estimada en sentenza.
b) Acción civil desestimada integramente: aplicarase a escala tipo ao 75% sobre a cantidade
solicitada polo ministerio fiscal ou, por falta deste, pola acusación particular.

CAPÍTULO VI
CONFORMIDADE

Norma 192. Conformidade. Nos supostos en que exista conformidade coa pena ou co aspecto civil, así
como nos casos de acordos sobre aquela, aplicarase unha redución de ata o 25% dos honorarios que
correspondan segundo os artigos anteriores.

CAPÍTULO VII

Norma 193. Xuízos rápidos por delito realizados con conformidade ante o xulgado de instrución.
Minutarase conforme ás normas previstas nos capítulos IV e V para o acto do xuízo oral, cunha redución
do 40% da contía resultante e tendo en conta a pena solicitada inicialmente polo ministerio fiscal.

Minutaranse polos seus capítulos específicos os actos de instrución previos á realización do xuízo rápido.

TÍTULO V
ACTUACIÓN EN PROCEDEMENTO DA LEI DO XURADO

CAPÍTULO I
REGRAS XERAIS

Norma 194. Aplicación analóxica. Serán de aplicación as regras fixadas para a instrución do
procedemento ordinario e o abreviado, e canto sexan compatibles.

Norma 195. Se o xuízo se realiza en varias sesións, o letrado percibirá por cada sesión do acto oral que
exceda dunha un incremento do 15% da cantidade fixada pola intervención no xuízo.

CAPÍTULO II
MINUTACIÓN DE TRÁMITES PROPIOS DESTE PROCESO

Norma 196. Realización do traslado de imputación e acusación. Polo estudo e a redacción do escrito
correspondente 300 €

Norma 197. Escrito de acusación ou defensa. Redacción do escrito de acusación para instar a apertura
de xuízo oral, que formula conclusións provisionais e solicita testemuño de particulares ou redacción do
escrito de defensa, que formula conclusións provisionais e solicita testemuño de particulares. 400 €

Norma 198. Asistencia á audiencia preliminar sobre procedencia de xuízo oral. 250 €

Norma 199. Elección e recusación de candidatos ao xurado. Pola intervención neste trámite,
minutarase ponderando as incidencias que se produzan 150 €

Norma 200. Constitución do tribunal e recusación dos membros do xurado. Pola intervención
neste trámite, minutarase ponderando as incidencias que se produzan. 400 €

Norma 201. Acto do xuízo. Por intervención no acto do xuízo, con alegacións previas, como acusación
ou defensa, informe e lectura do veredicto: aplicarase o establecido para os procedementos do xuízo
ordinario e abreviado, incrementando o resultante nun 30%.

- 28 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CAPÍTULO III
ASPECTO CIVIL E CONFORMIDADE

Norma 202. Incremento. Se ademais do aspecto penal se discutisen no proceso as responsabilidades


civís derivadas da infracción penal declarada en sentenza, os honorarios indicados incrementaranse de
acordo coas regras contidas no presente capítulo.

Norma 203. Honorarios do letrado da acusación particular ou privada. O que resulte de aplicar o
75% da escala tipo sobre a cantidade estimada en sentenza.

Norma 204. Honorarios do letrado da defensa. Minutarase do seguinte xeito:


a) Acción civil estimada íntegra ou parcialmente: 30% da escala tipo, tomando como base a
cantidade estimada en sentenza.
b) Acción civil desestimada integramente: aplicarase a escala tipo ao 75% sobre a cantidade
solicitada polo ministerio fiscal ou, a falta deste, pola acusación particular e a que resulte da
sentenza.

CAPÍTULO IV
CONFORMIDADE

Norma 205. Conformidade. Nos supostos en que exista conformidade coa pena ou co aspecto civil, así
como en casos de acordos sobre aquela, aplicarase unha redución de ata o 25% dos honorarios que
correspondan segundo as regras anteriores.

CAPÍTULO V
PROCEDEMENTO DE INXURIA E CALUMNIA

Norma 206. Asistencia ao acto de xuízo. Asistencia e intervención no xuízo verbal, cando se trate de
inxurias inferidas verbalmente 250 €

Norma 207. Instrución da causa. Aplicaranse as regras dos capítulos I, II e III do título III.

Norma 208. Inxurias e outro tipo de inxurias. Aplicaranse as regras dos capítulos I, II e III do título
IV.

TÍTULO VI
OUTROS PROCEDEMENTOS ESPECIAIS

Norma 209. Antexuízo regulamentado polos artigos 757 e ss. da LACrim. Pola querela e demais
actuacións será de aplicación o que dispón este baremo para os procedementos ordinarios, incrementando
o resultante nun 50%.

Norma 210. Procedemento para a extradición. Polos escritos a que dea lugar o exercicio das accións
civís reservadas 360 €

Norma 211. Procedemento para a concesión de indultos e polos escritos de alegación en solicitude
de graza. Minutarase prudencialmente de acordo coa entidade do asunto 500 €

- 29 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

TÍTULO VII
RECURSOS

CAPÍTULO I
INTERPOSICIÓN

Norma 212. Recurso de apelación contra sentenzas. Pola redacción de escrito de formalización de
recurso de apelación, devengarase o 60% da primeira instancia, e o 75% se hai vista. 300 €

Norma 213. Recurso de reforma. Redacción de escrito de recurso de reforma contra autos de adopción
de medidas, de procesamento e subsidiarios de apelación: minutarase discrecionalmente, atendendo á
complexidade das cuestións debatidas 250 €

Norma 214. Recurso contra outras decisións de simple trámite. Pola redacción de escritos de recurso
contra tales decisións minutarase discrecionalmente 100 €

Norma 215. Recurso contra resolucións que afecten ao fondo do asunto, á continuación do xuízo ou
á situación persoal do cliente. Pola redacción de escritos de recurso en tales cuestións minutarase
discrecionalmente, atendendo á complexidade ou transcendencia das cuestións debatidas. Criterio
orientador 250 €

Norma 216. Redacción de escrito de liberdade provisional ou habeas corpus 250 €

CAPÍTULO II
RECURSO DE CASACIÓN

Norma 217. Recurso de Casación.


a) Pola preparación do recurso de casación ante a Audiencia Provincial ou ante o Tribunal Superior
de Xustiza as cantidades orientadoras serán as seguintes:
-Por infracción de lei, cantidade orientadora 250 €
-Por quebrantamento de forma 300 €
-Por ambos os motivos 450 €

b) Pola redacción do escrito de interposición do recurso de casación, atenderase a maior ou menor


transcendencia e gravidade das cuestións en xogo e a dificultade e complexidade dos motivos
debatidos, partindo das seguintes cantidades orientadoras.

-Por infracción de lei, cantidade orientadora 1.500 €


-Por quebrantamento de forma1 500 €
-Por ambos os motivos 2.400 €

c) Pola instrución e impugnación dos recursos de casación facturarase cos mesmos criterios
previstos para a interposición; deberá insistirse na necesidade de ponderar a transcendencia e
complexidade do traballo desenvolto para determinar a minutación procedente en cada caso
partindo das cantidades orientadoras.

Pola preparación e asistencia á vista do recurso de casación , cantidade orientadora 1.500 €

TÍTULO VIII
EXECUCIÓN DE SENTENZAS

Norma 218. Criterios de cálculo. Os honorarios graduaranse conforme ás regras xerais contidas no
título preliminar, e prevese a título orientador un 30% do devengado da primeira instancia.

Norma 219. En especial: sentenzas de contido indemnizador. Sen prexuízo do establecido na norma
anterior, na execución das sentenzas de contido indemnizador poderán terse en conta as regras da
execución das sentenzas civís, con contías que se aplicarán cunha redución do 50% sempre que a
intervención sexa relevante para a consecución do resultado.

- 30 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

LIBRO IV
XURISDICIÓN SOCIAL
TÍTULO I
ACTUACIÓNS NON PROCESUAIS

CAPÍTULO I

Norma 220. Negociación colectiva.


- Estudo, asesoramento e intervención na redacción e elaboración de convenios colectivos, así como
todas as dilixencias precisas:
- Se o convenio é de empresa e afecta a menos de 50 traballadores: 1.000 €
- Se o convenio é de empresa e afecta a 50 ou máis traballadores: a cantidade anterior
incrementarase nun 5% por cada 10 traballadores.
- Se o convenio é de ámbito provincial: 3.500 €
- Se o convenio é de ámbito autonómico ou interprovincial: 5.500 €
- Se o convenio é de ámbito nacional: 7.250 €

Se o letrado se encarga en exclusiva da redacción completa do convenio colectivo, as cantidades


estableceranse prudencialmente, atendendo á complexidade e alcance do discutido, sendo de aplicación
as anteriores cantidades, que se incrementarán nun 50%.
Por cada sesión ou reunión, incluída a asistencia a reunións co cliente ou deliberantes, á que asista o
letrado, a partir da segunda: 200 €

- Estudo e asesoramento en conflitos colectivos de traballo, folgas laborais, e peches de empresas,


incluíndo procedementos administrativos e sindicais, elaboración e redacción de documentos, xestións en
organismos, acordos, etc., establecerase prudencialmente, atendendo á complexidade e alcance do
discutido, como criterio orientador o 50% das cantidades establecidas no apartado anterior.

- Estudo e asesoramento en conflitos individuais discutidos en convenios colectivos, as cantidades


estableceranse prudencialmente atendendo á complexidade e alcance do discutido 300 €

CAPÍTULO II

Norma 221. Sociedades laborais e cooperativas.

- Para a constitución de sociedades laborais e cooperativas aplicarase a norma das sociedades, do número
15. O informe previo de viabilidade de constitución e lexislación aplicable, sobre axudas e beneficios que
poidan obterse, de carácter social, fiscal, etc., minutarase á parte, atendendo á complexidade do asunto.
Criterio orientador 1.000 €

- Informes sobre a situación laboral de empresa xa constituída, atendendo á complexidade do asunto, para
empresa de menos de 25 traballadores. 400 €

Por cada 10 traballadores máis, incrementarase a cantidade nun 15%.

CAPÍTULO III

Norma 222. Contratos de traballo.

- Regra xeral. Para minutar por este concepto poderase optar por aplicar analoxicamente o que este
baremo establece para a contratación civil. En tal suposto, a referencia cuantitativa será a dun ano de
retribución do traballador contratado.

- Pola redacción de contratos de traballo:


a) contrato individual con cláusulas sinxelas 150 €
b) contrato individual con cláusulas complexas 300 €
c) contrato colectivo (modelo para empresa) 600 €

- 31 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

d) cubrir o contrato individual en modelo oficial sen cláusulas complexas 120 €


e) cubrir o contrato individual en modelo oficial con cláusulas complexas 240 €

Norma 223. Expedientes disciplinarios.

- Informe previo 200 €

- A redacción do prego de cargos, comunicación da falta e sanción ao traballador, minutarase de acordo


coa importancia deste, do seguinte xeito:
a) falta leve 150 €
b) falta grave 200 €
c) falta moi grave 400 €

- Se o expediente se instruíse a representantes dos traballadores, os honorarios incrementaranse nun 50%.

Norma 224. Expedientes de regulación de emprego.

a) - Por traslado de centro de traballo 300 €


- Por redución de xornada 300 €
- Por suspensión de contrato 300 €

b) Por extinción de contrato, minutarase atendendo á indemnización legalmente establecida,


conforme ao 50% da escala tipo. 600 €

As cantidades veranse incrementadas na cantidade de 60 € por cada traballador afectado, contando a


partir do segundo.

Norma 225. Expedientes de mobilidade xeográfica, por cada traballador 350 €

CAPÍTULO IV
ACTUACIÓNS ADMINISTRATIVAS

Norma 226. Norma xeral:


Para o que non sexa regulado especialmente no presente capítulo, seguiranse as regras establecidas no
libro V.

Norma 227. Inspección de traballo.


Pola redacción dos escritos de denuncia ante a inspección de traballo, minutarase de acordo coa
importancia e complexidade do asunto examinado, 200 €
Pola intervención e asesoramento na visita de inspección e presentación da documentación requirida,
minutarase de acordo coa importancia e complexidade do asunto examinado, 200 €
Por cada comparecencia adicional ante a inspección, 150 €

Norma 228. Actas de liquidación, actas de infracción e recarga de prestacións por falta de medidas
de seguridade. Polo expediente administrativo completo que xere cada un deles, aplicarase a escala tipo
ao 50%, tomando como base respectivamente: a contía da sanción imposta nas actas de infracción, a
liquidación xirada nas de liquidación e o capital custo nas recargas de prestacións. 300 €

Por actuacións puntuais no procedemento aplicaranse as regras establecidas no libro V, en función da


actividade realizada.

Norma 229. Prevención de riscos laborais. Como norma xeral aplicaranse as regras do apartado
anterior. Por actuacións puntuais no procedemento aplicaranse as regras establecidas no libro V, en
función da actividade realizada. Por asesoramento en materia de prevención de riscos laborais, consultas,
emisión de informes ou ditames, aplicaranse as normas do capítulo I do libro I.

- 32 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

Norma 230. Prestacións de seguridade social pola tramitación de prestacións:

Estudo e solicitude de prestación, sen reclamación previa. Cantidade orientadora 300 €

A aplicación de lexislación comunitaria ou de convenios internacionais de seguridade social habilita para


incrementar os honorarios percibidos nun 25%.

TÍTULO II
ACTUACIÓNS PROCESUAIS

CAPÍTULO I
ACTUACIÓNS PREVIAS Á VÍA XURISDICIONAL

Norma 231. Reclamación previa en vía administrativa.

a) Se a petición fose estimada nesta instancia, minutarase:


1. Se é unha prestación, tomando como base unha anualidade da pensión recoñecida, aplicarase á
cantidade resultante a escala tipo ao 100%. 300 €
2. Se se tratase de reclamación por despedimento, aplicarase a escala tipo ao 50%, tomando como base
a indemnización e salarios de trámite resultantes a que houber lugar, independentemente de que se
producise ou non a readmisión. 300 €
3. A calquera outra cuestión cuantificable economicamente, aplicaráselle a escala tipo ao 50%.
Criterio orientador 300 €
4. Se non pode cuantificarse economicamente, minutarase de acordo coa importancia e complexidade
do asunto examinado. 300 €
b) Se a reclamación previa fose desestimada, 300 €

Norma 232. Conciliación previa.

Redacción. Pola redacción da papeleta de conciliación, 150 €


Asistencia á conciliación.
a) Se a conciliación remata con avinza, minutarase:
1. Se se tratase de reclamación por despedimento, aplicarase a escala tipo ao 50%, tomando como base
a indemnización e salarios de trámite resultantes a que houber lugar, independentemente de que se
producise ou non a readmisión. 250 €
2. A calquera outra cuestión cuantificable economicamente, aplicaráselle a escala tipo ao 50%.
Cantidade orientadora 250 €
3. Se non pode cuantificarse economicamente, minutarase de acordo coa importancia e a complexidade
do asunto examinado 250 €
b) Se a conciliación remata sen avinza, 250 €

CAPÍTULO II
ACTUACIÓNS ANTE A XURISDICIÓN SOCIAL

Norma 233. Regras xerais.


- Por toda a tramitación o letrado aplicará a escala tipo. 400 €
- Por cada suposto de suspensión do acto de xuízo. 100 €
- Por actuacións ante tribunais situados fóra do territorio nacional poderanse incrementar os honorarios
nun 100%, á parte de desprazamento e demais conceptos minutables.
- A aplicación de lexislación comunitaria ou d e convenios internacionais de seguridade social habilita
para incrementar os honorarios percibidos nun 25%.

- 33 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

PROCESOS EN PRIMEIRA OU ÚNICA INSTANCIA

Norma 234. Reclamacións en materia de seguridade social:

a) Reclamacións sobre prestacións periódicas de seguridade social, prestacións fixas ou a prezo


determinado: Aplicarase a escala tipo tomando como base, respectivamente, o importe de cinco
anualidades da prestación solicitada, a cantidade fixa ou a cantidade a prezo acordado reclamada, sempre
e cando resulte estimada 400 €

b) Outras reclamacións ante a seguridade social ou entidades xestoras: valorarase a repercusión ou


transcendencia para o cliente da estimación ou desestimación da demanda 400 €

Se se tratase do letrado da empresa e esta é chamada a xuízo para constituír a relación xurídico procesual
pero sen reclamación de responsabilidade empresarial, aplicarase a regra xeral deste capítulo.

c) Procesos de oficio da Seguridade Social ou iniciados a instancia de entidades xestoras, aplicarase a


escala tipo 400 €

Norma 235. Procesos de eleccións sindicais. Minutarase segundo a transcendencia a proba practicada, a
duración do procedemento e o número de traballadores afectados, 500 €

Norma 236.

a) Reclamacións por despedimento e extincións de contrato.


1. Letrado da empresa: aplicarase a escala tipo, tomando como base a indemnización por
despedimento de 45 días de salario por ano de servizo máis os salarios de trámite a que houber
lugar, independentemente de que se estime ou non a demanda. 400 €
2. Letrado do traballador: aplicarase a escala tipo, tomando como base todas as cantidades
estimadas en sentenza, 400 €

b) Despedimentos colectivos: pola intervención en procesos sobre despedimentos colectivos fundados


en causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, a base do cálculo será:
1. Se é letrado da empresa:
-Sentenza desestimatoria da demanda. Tomarase como base 45 días de salario por ano de
servizo e por traballador afectado, cunha redución na base do 5% por cada traballador afectado.

-Sentenza estimatoria da demanda. Tomarase como base 20 días de salario por ano de servizo e
traballador afectado, cunha redución na base do 5% por cada traballador afectado.

2. Se é letrado dos traballadores:


-Sentenza desestimatoria da demanda.Tomarase como base 20 días de salario por ano de servizo
e traballador afectado, cunha redución na base do 5% por cada traballador afectado.

-Sentenza estimatoria. Tomarase como base 45 días de salario por ano de servizo e traballador
afectado, cunha redución na base do 5% por cada traballador afectado 400 €

c) Extinción do contrato por causas obxectivas:


1. Se é letrado da empresa:
-Sentenza confirmatoria da extinción. Base de 45 días de salario por ano de servizo multiplicado
pola antigüidade do traballador.
-Sentenza estimatoria: Base de 20 días de salario por ano de servizo multiplicado pola
antigüidade do traballador. Criterio orientador 400 €

2. Se é letrado do traballador:
-Sentenza confirmatoria da extinción. Base de 20 días de salario por ano de servizo multiplicado
pola antigüidade do traballador. 400€

-Sentenza estimatoria: Base de 45 días de salario por ano de servizo multiplicado pola
antigüidade do traballador, máis salarios de tramitación recoñecidos. Criterio orientador 400 €

- 34 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

d) Extinción do contrato por vontade do traballador:


Aplicarase a norma do apartado anterior, en función do resultado favorable ou desfavorable para
traballador e empresa. 400 €

Norma 237. Procesos en reclamación de cantidades. Aplicarase a escala tipo ás cantidades reclamadas
e estimadas en sentenza. 400 €

Norma 238. Procesos de reclamación de responsabilidade empresarial por falta de medidas de


seguridade.
1. Se é letrado da empresa:
-Pretensión desestimada. Cantidade reclamada aplicando a escala tipo.
-Pretensión estimada. Cantidade reclamada aplicando a escala ao 50%. 400 €
2. Se é letrado do traballador:
-Pretensión desestimada. Cantidade reclamada aplicando a escala ao 50%.
-Pretensión estimada. Cantidade reclamada aplicando a escala tipo 400 €

Norma 239. Procesos por sancións disciplinarias distintas ao despedimento.


Minutarase, segundo a transcendencia e complexidade da cuestión obxecto de debate, a proba practicada
Criterio orientador 400 €

Norma 240. Procesos en materia de vacacións. Tomarase como base de cálculo o salario de dous meses
do/s traballador/es afectado/s 400 €

Norma 241. Procesos relativos a permisos por lactación ou redución de xornada por motivos
familiares. Minutarase, segundo a transcendencia e complexidade da cuestión obxecto de debate, a proba
practicada,Criterio orientador 500 €

Norma 242. Procesos sobre recoñecemento da relación laboral por tempo indefinido ou declaración
de fixeza.
a) Se a sentenza é estimatoria e o letrado é o representante do traballador, calcularase cunha base de
tres anos de salario do actor e a escala tipo ao 60%. 400 €
O letrado da empresa minutará en función da complexidade da cuestión obxecto de debate.
Criterio orientador 400 €
b) Se a sentenza é desestimatoria e se trata do letrado da empresa, a base sería a usada no apartado
anterior, escala tipo ao 80% 400 €
O letrado do traballador minutará en función da complexidade da cuestión obxecto de debate.
Criterio orientador 400 €

Norma 243. Procesos de tutela de dereitos fundamentais. O letrado que consiga unha sentenza
estimatoria para o seu cliente percibirá a cantidade de 800 €. Se a sentenza é desestimatoria a contía será
de 400 €.
Valorarase a transcendencia e complexidade da cuestión obxecto de debate. En todo caso, incrementarase
a minuta coa cantidade que resulte de aplicar a escala tipo ao importe indemnizatorio que se declare en
sentenza, de ser o caso.

Norma 244. Audiencia ao rebelde. Por toda a tramitación o letrado devengará un 25% do que resulte en
instancia. Criterio orientador 400 €

RECURSOS

Norma 245. Regras xerais. Remisión. Serán de aplicación as regras xerais relativas á xurisdición civil,
no que non se regule a continuación.

Norma 246. Recursos de reposición, súplica e queixa. Os honorarios percibidos serán os


correspondentes ao 25% correspondentes á instancia. 200 €

Norma 247. Recurso de suplicación.


a) Anuncio do recurso. 150 €
b) Formalización do recurso:

- 35 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

-Se a sentenza resultante fose estimatoria do recurso, minutarase a primeira instancia coma se se
vencese nesta; deste xeito, o recurso minutarase no 50% do que resulte en primeira instancia.
-Se a sentenza resultante fose desestimatoria do recurso, percibirase o 40% do que corresponda á
primeira instancia 300 €
c) Impugnación do recurso:
-Se a sentenza resultante fose confirmatoria da sentenza recorrida, minutarase no 50% do que
resulte en primeira instancia
-Se a sentenza resultante fose estimatoria do recurso, percibirase o 40% do que corresponda á
primeira instancia, calculada coma se fose vencido nesta 300 €

Norma 248. Recurso de casación.


a) Preparación. Valorarase a transcendencia e complexidade da cuestión obxecto de debate. Cantidade
orientadora. 600 €

b) Interposición:
• Se se trata dos mesmos letrados que dirixiron a fase procesual poderán devengar ata un 70% dos
honorarios da primeira instancia. Cantidade orientadora 1.200 €
• Se se trata dun profesional que non interveu nesta, o 90% dos honorarios para a primeira
instancia. Tal incremento non poderá repercutirse en custas. Cantidade orientadora 1.200 €

EXECUCIÓNS LABORAIS. O FOGASA

Norma 249. Escrito de solicitude de execución: 150 €


-Execución de sentenzas de despedimento: incidente de non readmisión ou readmisión irregular.
-Letrado do traballador: de se ditar un auto que sinale unha indemnización, esta será a base e
aplicarase a escala tipo ao 40% 200 €
Se se desestima o incidente 200 €
-Letrado da empresa: de se desestimar o incidente, a base será a indemnización solicitada, escala
tipo ao 40% 200 €
Se se estima o incidente 200 €

Norma 250. Execución de cantidades líquidas: aplicarase o 10% da escala tipo tomando como base as
cantidades efectivamente realizadas. 200 €

Norma 251. Actuación ante o Fondo de Garantía Salarial (FOGASA). Se como consecuencia das
actuacións en execución de sentenzas resultase a insolvencia da empresa e para o cobramento das
cantidades fose necesario reclamar ante o FOGASA a correspondente solicitude de pagamento das
cantidades obxecto de sentenza, minutarase, por todo o procedemento ante o devandito organismo, o 15%
da escala tipo, tomando como base a cantidade que efectivamente aboe o FOGASA. 200 €

- 36 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

LIBRO V
XURISDICIÓN CONTENCIOSO ADMINISTRATIVA

TÍTULO I
ACTUACIÓNS EN VÍA ADMINISTRATIVA

CAPÍTULO I
PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO XERAL

Norma 252. Criterio xeral. Enténdese que os honorarios previstos para un procedemento comprenden
todos os seus actos, escritos e actuacións propias. Se a intervención do letrado non abranguese todos os
trámites do expediente, minutarase cada escrito ou actuación individualmente, sen que a minuta total
poida superar á do procedemento completo.

Norma 253. Intervención profesional en expediente administrativo completo ata a súa resolución.
Minutarase:
a.- Con contía determinada: o 40% da escala tipo. Se da resolución se obtivese un especial
beneficio económico para o cliente, poderase optar por aplicar o 60% da escala tipo.

b.- Con contía indeterminada: Aconséllase unha cantidade de 400 €.

Norma 254. Só para os efectos da norma establecida do criterio xeral, os escritos redactados polo
avogado minutaranse do seguinte xeito:

a.- Escritos de mero trámite ou de solicitude sinxela 150 €


b.- Escritos con alegacións de feito ou de dereito 250 €

CAPÍTULO II
RECURSOS ADMINISTRATIVOS

Norma 255. Recursos administrativos e reclamacións previas á vía xudicial. Criterio orientador 300 €

Norma 256. Se o recurso ou reclamación previa fose estimado total ou parcialmente e se puidese
cuantificar o beneficio obtido, poderase aplicar ao beneficio a escala tipo ao 60%, e se non fose estimada,
o 10%.

TÍTULO II
PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS ESPECIAIS

CAPÍTULO I
PROCEDEMENTO SANCIONADOR

Norma 257. Sancións pecuniarias de calquera tipo. Por todo o procedemento, aplicarase sobre a multa
proposta o 40% da escala tipo. Cantidade orientadora 300 €

Norma 258. Sancións non pecuniarias. Aconséllanse unhas cantidades:

Faltas leves 400 €


Faltas graves 500 €
Faltas moi graves 700 €

Norma 259. Expedientes disciplinarios a funcionarios e demais traballadores da administración.

a.- Falta leve 400 €


b.- Falta grave 500 €
c.- Falta moi grave que non leve aparellada a separación do servizo 700 €
d.- Falta moi grave que leve aparellada a separación do servizo 1.200 €

- 37 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CAPÍTULO II
EXPROPIACIÓN FORZOSA

Norma 260. Actuacións previas. Polas alegacións anteriores á acta previa á ocupación referentes:
a) A titularidade dos terreos 250 €
b) As circunstancias legais ou materiais dos bens obxecto de expropiación, aplicarase o 50% da
escala tipo sobre o seu valor de mercado destes. (artigo 15 e seguintes LEF)

Norma 261. Acta previa e acta de ocupación. Pola intervención e comparecencia na acta previa á
ocupación ou acta de ocupación; minutarase á parte a saída e demais conceptos independentes. Cantidade
orientadora 250 €

Norma 262. Intervención en fase de prezo xusto.

a) Se o prezo xusto se acada de mutuo acordo, aplicarase o 30% da escala tipo, tomando como base
a valoración obtida; aconséllase unha cantidade orientadora de 500 €

b) A intervención profesional na peza separada de prezo xusto, que inclúe a formulación de folla de
aprecio, escrito de alegacións e demais actuacións normais ata esgotar a vía administrativa,
devengará o 100% da escala tipo, tomando como base a diferenza entre a cantidade ofrecida pola
Administración e a que se obteña en vía administrativa; o 50% da escala tipo, tomando como base a
diferenza entre o prezo ofrecido pola Administración e o solicitado polo expropiado, aconséllase
unha cantidade orientadora de 800 €

Norma 263. En especial: pagamento en especie. No caso de que o prezo xusto sexa aboado en especie,
este taxarase por referencia ao valor medio de mercado.

Norma 264. Reversión. Cando se solicite a reversión dun ben expropiado, minutarase o 40% da escala
tipo sobre o valor do ben obxecto de reversión, agás que se obteña un prezo inferior ao solicitado pola
Administración, minutarase o 60% da escala tipo sobre esa diferenza. Cantidade orientadora 800 €

CAPÍTULO III
PROCEDEMENTOS TRIBUTARIOS

Norma 265. EXACCIÓN DE IMPOSTOS. Pola actuación ante órganos da Facenda estatal, autonómica,
provincial ou local, a propósito de calquera imposto, arbitrio ou taxa, declaracións de alta, modificación
ou baixa fiscal, de persoas físicas ou xurídicas, etc., aconséllase unha cantidade orientadora 200 €

Norma 266. Polas declaracións e autoliquidacións de calquera imposto, aconséllase unha cantidade
orientadora 750 €

Norma 267. ACTAS DE INSPECCIÓN FISCAL. Pola intervención letrada ante a Inspección Fiscal para
a comprobación ou rectificación de declaracións, aconséllase, por cada actuación, unha cantidade
orientadora 500 €

Minutarase á parte o expediente sancionador se o houber, consonte as normas establecidas no capítulo I


do presente título.

Norma 268. RECURSOS. Aplicaranse as regras establecidas no capítulo II do presente título.

- 38 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CAPÍTULO IV

PROCEDEMENTOS URBANÍSTICOS
ACTUACIÓNS EN MATERIA URBANÍSTICA

Sección primeira
Planeamento urbanístico

Norma 269. Plans xerais e proxectos de ordenación do medio rural. Pola dirección coordinada de
plans xerais ou proxectos de ordenación do medio rural, que comprendan a asistencia legal e intervención
na súa tramitación ata obter resolución administrativa, devengarase do seguinte xeito: en concellos de ata
5.000 habitantes: 12.000 €; en concellos de ata 25.000 habitantes: 24.000 €; e nos concellos de máis de
25.000 habitantes: 60.000 €. Minutarase á parte a contestación ás alegacións formuladas durante o
período de información pública, tomando como cantidade orientadora a de 80 € por alegación, así como a
asistencia a reunións e actuacións ante a Administración.

Norma 270. Plans parciais e especiais. Pola dirección coordinada de plans parciais e plans especiais,
que comprendan a asistencia legal e a intervención na súa tramitación ata obter resolución administrativa:
aplícase a norma anterior. Cantidade orientadora 9.000 €

Norma 271. Plans especiais con contido de especial protección. Pola intervención na dirección de
plans especiais nos que se aplique normativa en materia de protección do patrimonio histórico artístico,
ambiental ou paisaxístico, que comprendan a asistencia legal e intervención na súa tramitación ata obter
resolución administrativa: aplícase a norma anterior. Cantidade orientadora 12.000€

Cando o letrado interveña nos procedementos anteriores por conta dos particulares afectados por estes
instrumentos de planeamento, na defensa dos seus intereses, minutarase:
a) Se a contía é determinada, o 40% da escala tipo. Se o cliente obtén un especial beneficio
económico, o letrado poderá aplicar o 60% da escala tipo. Cantidade orientadora 1. 500 €
b) Se a contía é indeterminada, aplícanse as regras xerais do título preliminar. Cantidade
orientadora 1.000 €

Sección segunda
Xestión urbanística

Norma 272. Regra xeral. Como norma de carácter xeral, os honorarios que se establecen nesta sección
deben entenderse con carácter acumulativo, de tal forma que os que se devenguen pola intervención nun
expediente completo de xestión urbanística virán dados pola suma dos que correspondan ás diferentes
fases do procedemento.

Norma 273. Servizos prestados a particulares. Cando o letrado leve un particular ou conxunto de
particulares atinxidos por un sistema de actuación, sen dirixir o procedemento, terase en conta o interese
real de cliente 1.000 €

Norma 274. Expedientes de delimitación. Asesoramento legal nos expedientes de delimitación de


polígonos: aplicarase o 20% da escala tipo sobre o valor de mercado dos terreos incluídos no polígono na
data de aprobación inicial do expediente. Cantidade orientadora 800 €

Norma 275. Regularización de lindes. Cando o procedemento de delimitación teña unicamente por
obxecto a regularización de lindes co fin de conseguir predios resultantes aptos para a súa edificación ou
urbanización, aplicarase o 20% da escala tipo sobre o valor de mercado dos terreos incluídos no polígono
na data de aprobación inicial do expediente. Cantidade orientadora 800 €

Subsección primeira
Sistema de compensación

Norma 276. Comisión xestora. Asesoramento legal na organización da comisión xestora de


compensación e elaboración e tramitación dos estatutos e bases de actuación ata que recaia resolución
administrativa: aplicarase o 10% da escala tipo sobre o valor de mercado dos terreos incluídos no
polígono na data en que se aprobe a delimitación do polígono. Cantidade orientadora 3.500 €

- 39 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

Norma 277. Constitución da xunta de compensación. Asesoramento legal na constitución da xunta de


compensación, con recollida, ordenación e estudo de títulos; a redacción da minuta da escritura de
constitución da Xunta; tramitación subseguinte ata obter a inscrición da xunta no Rexistro de Entidades
Urbanísticas Colaboradoras e, en xeral, a asistencia letrada desde a aprobación dos estatutos e bases de
compensación ata a referida inscrición: aplicarase o 10% da escala tipo sobre o valor de marcado dos
terreos incluídos no polígono na data de aprobación definitiva dos estatutos e bases de actuación.
Cantidade orientadora 5.000 €

Norma 278. Inscrición da xunta e demais actuacións ata a liquidación. Actuacións relativas á
inscrición da xunta no rexistro de entidades urbanísticas colaboradoras aplicarase o 5% da escala tipo
sobre o valor de mercado dos terreos incluídos no polígono na data de aprobación definitiva dos estatutos
e bases de actuación 2.500 €

O asesoramento legal á xunta de compensación en todas as súas actuacións dende a inscrición da mesa no
rexistro de entidades urbanísticas ata a súa liquidación (asembleas, reunións, etc.) así como a defensa da
xunta ante os tribunais de xustiza de calquera xurisdición, minutarase de forma separada, conforme ás
normas que resulten de aplicación.

Norma 279. Para o caso de que o letrado defenda ou represente a un ou varios dos propietarios dos
predios afectos ao polígono, aplicaranse ás distintas fases do procedemento as normas anteriores, aínda
que se tomará como base o valor de mercado dos terreos dos seus clientes.

Norma 280. Proxecto de compensación. Asesoramento legal na elaboración do proxecto de


compensación, que comprende a recollida, ordenación e estudo da documentación necesaria, e a súa
tramitación ata obter resolución administrativa: aplicarase o 15% da escala tipo sobre o valor de mercado
dos terreos incluídos no ámbito do proxecto de compensación na data en que se aprobe a delimitación do
polígono ou unidade reparcelable. Cantidade orientadora 9.000 €

Subsección segunda
Sistema de concerto

Norma 281. Aplicaranse as regras anteriores, aínda que cunha minoración do 50%

Subsección terceira
Sistema de cooperación

Norma 282. Por asesoramento legal na execución de plans de urbanismo polo sistema de cooperación e,
en concreto, aplicaranse as regras previstas para o sistema de compensación.

Subsección cuarta
Sistema de expropiación

Norma 283. Expropiacións urbanísticas.


a) Cando o letrado leve o asesoramento externo da administración actuante, aplicaranse as regras
previstas para o sistema de compensación en canto fosen aplicables.
b) Cando o letrado leve o asesoramento dun particular afectado por un expediente de expropiación
urbanística, aplicaranse as regras previstas nas normas do capítulo II, do título II das normas para a
expropiación forzosa.

Sección terceira
Disciplina urbanística

Norma 284. Licenza de obra. Pola intervención letrada nos expedientes de solicitude de licenzas de
obra, aplicarase o 10% da escala tipo sobre o valor asignado en proxecto ao inmoble para o que se solicita
a licenza. Cantidade orientadora 600 €

- 40 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

Norma 285. Licenza de apertura. Pola intervención letrada nos expedientes de solicitude de licenza de
apertura, minutarase de acordo cos criterios xerais contidos no título preliminar, segundo os seguintes
supostos:
a) Actividades clasificadas (RAMINP): Cantidade orientadora 1.000 €
b) Actividades inocuas: Cantidade orientadora 600 €

Norma 286. Licenza de primeira ocupación. Intervención letrada nos expedientes de solicitude de
licenza de primeira ocupación: aplicarase o 10% da escala tipo sobre o valor asignado en proxecto ao
inmoble para o que se solicita a licenza. Cantidade orientadora 600 €

Norma 287. Ruína urbanística. Intervención en expedientes de declaración de ruína e expedientes para
demolición e ulterior reconstrución de edificios: sobre o valor de mercado do inmoble, excluído o valor
do soar, na da de terminación do expediente aplicarase:
a) Sen oposición: o 20% da escala tipo. Cantidade orientadora 800 €
b) Con oposición: o 40% da escala tipo, tomando como base o interese económico da parte que
formula a oposición. Cantidade orientadora 200 €

Norma 288. Expedientes de reposición da legalidade urbanística. Aplicarase o 40% da escala tipo
sobre o valor de mercado do inmoble ou parte do concernido

Norma 289. Expedientes sancionadores por infraccións urbanísticas. Aplicaranse as regras


correspondentes ao procedemento administrativo sancionador xeral. Cantidade orientadora 600 €

Norma 290. Expediente para a inclusión ou exclusión de predios no Rexistro Municipal de Soares e
Inmobles de Edificación Forzosa, aplicarase o 20% da escala tipo sobre o valor de mercado do soar.
Cantidade orientadora 600 €

CAPÍTULO V
CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA

EXPEDIENTES SOBRE CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA, CONCESIÓNS


ADMINISTRATIVAS, MINAS, AUGAS, E EXPLOTACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS

Norma 291. Regra xeral. Polo asesoramento ou dirección letrada en expedientes de contratación e
demais a que se refire este capítulo, no non previsto nel, aplicarase por analoxía o previsto para a
contratación civil, e minutarase de forma independente as entrevistas con autoridades ou outros
profesionais e as regras xerais do título preliminar.

Norma 292. Intervención en expedientes de poxa, concurso e concurso-poxa. A base estará


constituída polo tipo de licitación
Impugnación de proxecto: escala tipo ao 10%. Cantidade orientadora 400 €
Preparación da documentación para concorrer á licitación: escala tipo ao 5%. Cantidade orientadora 200 €
Alegacións no acto de apertura de plicas cando o permita o procedemento, escritos de alegacións: escala
tipo ao 20%. Cantidades orientadora 400 €

Norma 293. Augas, minas, costas, servizos públicos e outros procedementos especiais.
Cando se recoñezan accións ou dereitos de contía determinada: escala tipo ao 40%. Cantidade orientadora 400 €
Si a contía fose indeterminada: título preliminar

Norma 294. Concesións


Conforme ao disposto para arrendamentos tomando como base o canon. Cantidade orientadora 400 €

Norma 295. Contrato e convenios


a) Tramitación preparatoria da adxudicación. Cantidades orientadora 400 €
b) Redacción de contratos e convenios: normas de contratos privados. Cantidade orientadora 400 €
c) Ius variandi, revisión de prezos e cada unha das cuestións formuladas en relación coa fianza así
como os efectos e extincións: procedementos diferentes en virtude do que se produciu. Cantidade
orientadora 400 €

- 41 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

CAPÍTULO VI
ESTRANXEIRÍA

Norma 296. Tramitación e obtención do permiso de residencia e traballo de estranxeiros, dependendo da


complexidade e actuacións profesionais que haxa que desenvolver ante as autoridades administrativas e
policiais. Aconséllase unha cantidade orientadora 500 €

Norma 297. En materia de entrada, permanencia e saída de estranxeiros en España, minutaranse por
separado os escritos de alegacións e os recursos a que haxa lugar, consonte as normas establecidas nos
capítulos I e II do título I deste libro V.

Norma 298. Actuacións e recursos en materia de dereito de asilo en España e homologación da


condición de refuxiado, minutarase por separado os escritos de alegacións e os recursos a que haxa lugar,
consonte as normas establecidas nos capítulos I e II do título I deste libro V.

CAPÍTULO VII
ACOLLEMENTO E ADOPCIÓN

Norma 299. Pola tramitación completa ante as Autoridades Administrativas competentes en materia de
acollemento e adopción, minutarase consonte as normas establecidas para o procedemento administrativo
xeral, previstas nos capítulos I e II, do Título I do presente libro.

TÍTULO III
PROCEDEMENTOS CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVOS

CAPÍTULO I
PROCESO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO EN PRIMEIRA OU ÚNICA INSTANCIA

Norma 300. Procedemento abreviado. Por toda a tramitación, incluíndo a vista:


a.- Contía determinada: aplicarase a escala tipo. Cantidade orientadora 600 €
b.- Contía indeterminada. (segundo o establecido no título preliminar, capítulo VIII, apartados A) e
B). Aconséllase unha cantidade orientadora 600 €

Norma 301. Procedemento ordinario.


a.- Contía determinada: aplicarase a escala tipo. Cantidade orientadora 800 €
b.- Contía indeterminada. (segundo o establecido no título preliminar, capítulo VIII, apartados A) e
B). Aconséllase unha cantidade orientadora 1.000 €

Norma 302. Incidentes e pezas separadas. Polos incidentes tramitados no seo de procedemento
devengarase un 20% da escala tipo, tomando como contía a do procedemento principal. Cantidade
orientadora 300 €

CAPÍTULO II
RECURSOS CONTRA AUTOS E SENTENZAS

Norma 303. No non previsto neste capítulo, seranlle de aplicación aos recursos nesta vía xurisdicional as
regras relativas aos recursos na vía xurisdicional civil.

Norma 304. RECURSO DE APELACIÓN. Minutarase o 60 % dos honorarios correspondentes á


primeira instancia. Cantidade orientadora 300 €

Norma 305. RECURSO DE SÚPLICA. Para os recursos de súplica que se produzan no seo do proceso
principal contencioso-administrativo ordinario, devengarase o 20% dos honorarios correspondentes a
este. Cantidade orientadora 250 €

- 42 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

TÍTULO IV
EXECUCIÓN DE SENTENZAS

Norma 306. Regra xeral. Nas execucións forzosas de sentenzas devengarase conforme ao establecido
para a xurisdición civil.

Norma 307. Expropiación de dereitos recoñecidos en sentencia firme. No suposto de expropiación de


dereitos e intereses recoñecidos en sentenza firme, consonte o artigo 105 LXCA, a contía tomada en
consideración será a obtida finalmente na indemnización a que haxa lugar. Cantidade orientadora 300 €

Norma 308. En especial: incidente na execución previsto no artigo 103.5 LXCA. Se conforme ao
artigo 103.5 LXCA se impugnase algunha actividade administrativa contraria aos pronunciamentos da
parte dispositiva da sentenza e o xuíz ou tribunal, ademais de anulala acordase unha indemnización por
danos e perdas, minutarase independentemente dos honorarios devengados pola execución, segundo a
cantidade que resulte de aplicar o 40% da escala tipo sobre a contía desa indemnización Cantidade
orientadora 300 €

Norma 309. En especial: incidente na execución previsto no artigo 109 LXCA. Polo incidente de
execución parcial de sentenza a que se refire o artigo 109 LXCA devengarase o 30% dos honorarios do
preito principal, tanto no suposto de formularse demanda incidental coma de formularse alegacións en
oposición a ela, sempre coa discrecionalidade que aconselle a importancia do traballo realizado.
Cantidade orientadora 300 €

Norma 310. En especial: incidente de extensión dos efectos dunha sentenza consonte o artigo 110
LXCA. Polo incidente de extensión dos efectos dunha sentenza segundo o artigo 110 LXCA,
devengarase o 60% dos honorarios que terían correspondido polo procedemento contencioso-
administrativo, tomando como base a contía do interese defendido. Cantidade orientadora 500 €

Norma 311. Incidentes de inexecución de sentenzas: aplicarase a escala tipo ao 30% sobre o interese
real obxecto do incidente. Cantidade orientadora 800 €

- 43 -
Criterios de honorarios para os efectos exclusivos da taxación de custas e da xura de contas ICA de Santiago

TÁBOA: ESCALA TIPO

Desde BASE Ata 125% 120% 110% 80% 75% 70% 60% 50% 40% 30% 25% 20% 15% 10% 5%
€ € Importe
% Acumulado
Base tipo
De 0 a 300 *25% 75 94 90 83 60 56 53 45 38 30 23 19 15 11 8 4
De 301 a 600 *22% 141 176 169 155 113 106 99 85 71 56 42 35 28 21 14 7
De 601 a 3.000 *16% 525 656 630 578 420 394 368 315 263 210 158 131 105 79 53 26
De 3.001 a 6.000 *14% 945 1.181 1134 1.040 756 709 662 567 473 378 284 236 189 142 95 47
De 6.001 a 12.000 *12% 1.665 2.081 1998 1.832 1.332 1.249 1.166 999 833 666 500 416 333 250 167 83
De 12.001 a 24.000 *11% 2.985 3.731 3582 3.284 2.388 2.239 2.090 1.791 1.493 1.194 896 746 597 448 299 149
De 24.001 a 48.000 *9% 5.145 6.431 6.174 5.660 4.116 3.859 3.602 3.087 2.573 2.058 1.544 1.286 1.029 772 515 257
De 48.001 a 90.000 *8% 8.505 10.631 10.206 9.356 6.804 6.379 5.954 5.103 4.253 3.402 2.552 2.126 1.701 1.276 851 425
De 90.001 a 300.000 *8% 25.305 31.631 30.366 27.836 20.244 18.979 17.714 15.183 12.653 10.122 7.592 6.326 5.061 3.796 2.531 1.265
De 300.001 a 600.000 *6% 43.305 54.131 51.966 47.636 34.644 32.479 30.314 25.983 21.653 17.322 12.992 10.826 8.661 6.496 4.331 2.165
De 600.001 a 1.200.000 *5% 73.305 91.631 87.966 80.636 58.644 54.979 51.314 43.983 36.653 29.322 21.992 18.326 14.661 10.996 7.331 3.665
De 1.200.001 a 1.800.000 *4% 97.305 121.631 116.766 107.036 77.844 72.979 68.114 58.383 48.653 38.922 29.192 24.326 19.461 14.596 9.731 4.865
De 1.800.001 a 2.400.000 *4% 121.305 151.631 145.566 133.436 97.044 90.979 84.914 72.783 60.653 48.522 36.392 30.326 24.261 18.196 12.131 6.065
De 2.400.001 a 3.000.000 *4% 145.305 181.631 174.366 159.836 116.244 108.979 101.714 87.183 72.653 58.122 43.592 36.326 29.061 21.796 14.531 7.265
De 3.000.001 a 3.600.000 *3% 163.305 204.131 195.966 179.636 130.644 122.479 114.314 97.983 81.653 65.322 48.992 40.826 32.661 24.496 16.331 8.165
De 3.600.001 a 4.200.000 *3% 181.305 226.631 217.566 199.436 145.044 135.979 126.914 108.783 90.653 72.522 54.392 45.326 36.261 27.196 18.131 9.065
De 4.200.001 a 4.800.000 *3% 199.305 249.131 239.166 219.236 159.444 149.479 139.514 119.583 99.653 79.722 59.792 49.826 39.861 29.896 19.931 9.965
De 4.800.001 a 5.400.000 *3% 217.305 271.631 260.766 239.036 173.844 162.979 152.114 130.383 108.653 86.922 65.192 54.326 43.461 32.596 21.731 10.865
De 5.400.001 a 6.000.000 *3% 235.305 294.131 282.366 258.836 188.244 176.479 164.714 141.183 117.653 94.122 70.592 58.826 47.061 35.296 23.531 11.765
De 6.000.001 en adiante 1,50%

- 44 -

You might also like