You are on page 1of 2

DOG Núm.

90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27781

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases


reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes
técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda
salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia
no exercicio de 2022 (código de procedemento TR807J).

BDNS (Identif.): 624279.

De conformidade co previsto nos artigos 20.8.a) e 17.3.b) da Lei 38/2003, do 17 de no-


vembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo
pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.
es/bdnstrans/index).

Primeiro.  Beneficiarias

As asociacións empresariais intersectoriais no ámbito da Comunidade Autónoma de


Galicia constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 2 de agosto, sobre regulación do dereito
de asociación sindical.

As organizacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Ga-


licia, constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Segundo.  Obxecto.
CVE-DOG: 0d3pmj78-0st4-n6w3-foo9-s3n9qnuar5f6

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria
para o ano 2022 da concesión de subvencións, pola Consellería de Emprego e Igualdade,
Dirección Xeral de Relacións Laborais, mediante o réxime de concorrencia competitiva co
fin de subvencionar a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de
igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial (código de procedemento
TR807J).

Terceiro.  Bases reguladoras

Orde do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas
destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27782

laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede a súa convocatoria na


Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2022 (código de procedemento TR807J).

Cuarto.  Importe

Contase cun orzamento de 400.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria


2022.11.03.324A.480.6, código de proxecto 2019 00016 que se distribuirá do seguinte xei-
to: o 50 % para as asociacións empresarias e o 50 % restante para as organizacións sin-
dicais intersectoriais.

Quinta.  Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte
á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza


Conselleira de Emprego e Igualdade
CVE-DOG: 0d3pmj78-0st4-n6w3-foo9-s3n9qnuar5f6

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like