You are on page 1of 2

DOG Núm.

64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21037

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza


e Turismo

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral de Medios, pola


que se amplía o crédito destinado ás axudas económicas dirixidas a empresas
que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

O 17 de xaneiro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de


decembro de 2021, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se aproban as bases regu-
ladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non compe-
titiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en
galego e se convocan para o ano 2022, mediante tramitación anticipada de gasto (código
de procedemento PR858A).

O artigo 2 desta resolución establece a contía inicial dos créditos destinados a financiar
estas axudas con cargo á aplicación orzamentaria 04.20.461A.470.0, sen prexuízo de ulte-
riores variacións producidas como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria.

Na data actual, e coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados,
cómpre ampliar o importe do crédito asignado a esta axuda, con cargo á aplicación orza-
mentaria 04.20.151A.470.0.

Polo exposto e en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:
CVE-DOG: rvy91ji8-llq1-wjj2-kqa9-ovmvns97wv96

Artigo 1.  Ampliación de crédito

Amplíase o crédito destinado ás axudas económicas dirixidas a empresas que realicen


publicacións periódicas escritas integramente en galego en 160.000,00 euros, con cargo
á aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.0. O importe total destinado ao financiamento
destas axudas é de 200.000,00 euros.

Artigo 2.  Prazo de presentación de solicitudes

A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a


presentación de solicitudes.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21038

Artigo 3.  Réxime de recursos

Contra esta resolución poderá interpoñerse con carácter potestativo, recurso de repo-
sición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do
día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Alternativamente, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala


do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de
dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Disposición derradeira única.  Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial
de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2022

Mª del Mar Sánchez Sierra


Secretaria xeral de Medios
CVE-DOG: rvy91ji8-llq1-wjj2-kqa9-ovmvns97wv96

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like