You are on page 1of 5

DOG Núm.

10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4707

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación


do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da
delimitación do solo do núcleo rural de Vilariño Frío, no concello de Montederramo.

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de


Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se
aproba o seu regulamento, faise pública a aprobación da delimitación do solo do núcleo rural
de Vilariño Frío, no concello de Montederramo, mediante Resolución do 19 de decembro de
2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, que figura como anexo.

Unha vez inscrita a devandita delimitación no Rexistro de Ordenación do Territorio e


Planeamento Urbanístico de Galicia, a documentación íntegra del, incluído o extracto
ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón: https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-
planeamento-urbanistico-de-galicia

Así mesmo, o informe ambiental estratéxico e a demais documentación do procede-


mento de avaliación ambiental do referido plan poderá ser consultada na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/plans-e-programas-por-tipoloxia?p_p_id=aaeTipology_WAR_
aae&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_
col_count=1&_aaeTipology_WAR_aae__spage=%2Fportlet_action%2Faae%2FdetallePro
xecto%3Fid%3D2192&_aaeTipology_WAR_aae_id=2192
CVE-DOG: c6qbkqt5-lwb2-yxk6-z7d6-zfgmwpovu6q4

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2022

María Encarnación Rivas Díaz


Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO
Resolución da aprobación definitiva da delimitación do solo
do núcleo rural de Vilariño Frío, no concello de Montederramo

O Concello de Montederramo remite novamente o expediente de referencia para a súa


aprobación definitiva, conforme o disposto no artigo 78.2.c) da Lei 2/2016, do 10 de febrei-
ro, do solo de Galicia (LSG).

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4708

Unha vez analizada a documentación achegada e vista a proposta subscrita pola Sub-
dirección Xeral de Urbanismo, resultan:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Montederramo non conta con planeamento xeral, polo que son de
aplicación as normas da LSG e as determinacións do Plan básico autonómico, aprobado
definitivamente o 26.7.2018.

I.2. A tramitación ata o momento da modificación puntual foi a seguinte:

• O 11.7.2019, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático ditou re-


solución, publicada no DOG do 30.7.2019, resolveu non someter ao procedemento de
avaliación ambiental estratéxica ordinaria a delimitación de núcleo rural, e acompaña os
informes correspondentes ás consultas previas da Dirección Xeral de Ordenación do Terri-
torio e Urbanismo, do Instituto de Estudos do Territorio, da Dirección Xeral do Patrimonio
Cultural, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal e da Axencia Galega
de Infraestruturas (AXI).

• O Concello someteu a delimitación a información pública durante dous meses, median-


te anuncios nos diarios La Voz de Galicia do 24.9.2019 e La Región do 25.9.2019, e no
DOG do 26.9.2019. Non se presentou ningunha alegación.

• Consta o informe xurídico municipal, do 15.10.2019.

• O Pleno municipal do 15.10.2019 aprobou inicialmente a delimitación do núcleo rural.


CVE-DOG: c6qbkqt5-lwb2-yxk6-z7d6-zfgmwpovu6q4

• Consta o informe técnico municipal, do 23.10.2019.

• O acordo de aprobación inicial foilles notificado individualmente ou mediante o BOE


aos titulares catastrais do ámbito. Presentáronse dúas reclamacións referentes á titularida-
de de dúas parcelas, sen que afectasen o documento de delimitación do núcleo.

• Consta o informe xurídico municipal, do 6.7.2020.

• O Pleno municipal do 6.7.2020 acordou aprobar provisionalmente a delimitación.

• O 30.7.2020, o Servizo de Urbanismo de Ourense dita requirimento ao Concello e sina-


la que non consta a solicitude dos informes sectoriais preceptivos e que a documentación
debe adaptarse ás normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4709

• Consta o informe favorable do 26.11.2020 da Deputación Provincial, con condicións.

• Constan o informe desfavorable do 10.12.2020 e favorable condicionado do 21.6.2021


da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

• Consta o informe favorable do 4.1.2021 da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural,


condicionado á incorporación dunha serie de medidas.

• Consta o informe técnico municipal do 24.6.2021.

• O Pleno municipal do 2.7.2021 acordou de novo aprobar provisionalmente a delimita-


ción do solo do núcleo rural.

• O 6.8.2021, o Servizo de Urbanismo de Ourense ditou novo requirimento ao Concello


en que sinalaba que non consta a solicitude de determinados informes sectoriais precepti-
vos e que o documento aprobado provisionalmente debe estar debidamente dilixenciado e
adaptado ás normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

• Consta o informe favorable do 22.8.2021 da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior,


no cal se sinala que non é necesario o informe da Comisión Galega de Protección Civil.

• Consta o informe do 21.9.2021 da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas.

• Consta o informe favorable do 19.11.2021 da Área de Fomento da Delegación do Go-


berno.
CVE-DOG: c6qbkqt5-lwb2-yxk6-z7d6-zfgmwpovu6q4

• Consta o informe favorable do 22.11.2021 da Dirección Xeral de Telecomunicacións e


Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual.

• Consta o informe favorable condicionado do 8.2.2022 da Confederación Hidrográfica


do Miño-Sil.

• O 31.5.2022, o Servizo de Urbanismo de Ourense ditou un novo requirimento que si-


nalaba unha serie de consideracións de carácter administrativo e de contido documental.

• O Pleno municipal do 30.9.2022 acordou de novo aprobar provisionalmente a delimita-


ción do solo do núcleo rural coas modificacións realizadas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4710

II. Análise e consideracións.

II.1. O ámbito acada 99.812,20 m2 situados arredor do núcleo de Vilariño Frío. Desta
superficie, 47.592,80 m2 corresponden a solo que se categoriza como solo de núcleo rural
tradicional, dividido en dúas zonas, unha arredor da estrada provincial OU-0604 e outra
no entroncamento coa estrada autonómica OU-536. O resto, 52.219,40 m2, categorízase
como solo de núcleo rural común.

II.2. O obxecto do proxecto é a delimitación do solo do núcleo rural de Vilariño Frío,


conforme o establecido no artigo 78 da LSG, tendo en conta os requisitos establecidos no
artigo 23 e as determinacións previstas no artigo 55 da mesma lei, para regularizar urba-
nisticamente as edificacións existentes, definir as liñas estratéxicas para o seu desenvolve-
mento, a conservación da morfoloxía das estruturas rurais e a preservación do medio rural.

II.3. As aliñacións grafadas no plano de ordenación 03PORF_a, ordenación dos núcleos


rurais, onde existen muros tradicionais, coincide cos muros tradicionais grafados no plano
de información 02PINF_I, modelo de asentamento poboacional. Ademais, nos planos de
información engádese o plano 02PINF_k, plano catastral, que recolle o parcelario catastral
no ámbito de actuación e na súa contorna.

II.4. No punto 9, elementos ou ámbitos catalogados obxecto de protección, da parte I


(memoria informativa), recolleranse os mesmos bens catalogados que os que figuran nas
fichas do catálogo, dado que ao tratarse dunha delimitación de solo de núcleo rural unica-
mente se deben recoller como bens catalogados os que estean situados dentro da delimi-
CVE-DOG: c6qbkqt5-lwb2-yxk6-z7d6-zfgmwpovu6q4

tación do núcleo e aqueles cuxa contorna de protección afecte parte do núcleo.

II.5. O informe favorable da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio para


a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico está condicionado á obtención da concesión
A/32/28563 para un volume anual mínimo de 5.256 m3/año, polo que, previamente ao ou-
torgamento de novas licenzas de edificación, deberá acadarse a citada concesión.

II.6. O documento que se achega para a aprobación definitiva foi aprobado no Pleno do
30.9.2022 e dispón dun selo de secretaría, pero non consta a oportuna dilixencia municipal
que deixe constancia visible da condición do documento de acordo co establecido no arti-
go 22 das normas técnicas do planeamento urbanístico de Galicia (NTP).

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4711

O código de barras de validación do documento non pode ocultar información nos pla-
nos. Asemade, debe achegarse a documentación en soporte vectorial xeorreferenciado
segundo exixe a disposición transitoria segunda das ditas normas.

III. Resolución.

Visto canto antecede e en virtude do establecido no artigo 78.2.c) da Lei 2/2016, do 10


de febreiro, do solo de Galicia,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a delimitación do solo do núcleo rural Vilariño Frío, no con-


cello de Montederramo, condicionado á emenda das deficiencias sinaladas nos puntos II.4
a II.6.

O Concello deberá facer as oportunas correccións e elaborar un documento refundido


seguindo o establecido no artigo 62 da LSG, que deberá ser elevado de novo ante esta
DXOTU para a súa verificación formal e dilixencia.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e


o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento
da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
inscribirá de oficio esta delimitación de solo de núcleo rural no Rexistro de Planeamento
Urbanístico de Galicia.

3. Notificar o Concello e publicar a aprobación no Diario Oficial de Galicia, de confor-


CVE-DOG: c6qbkqt5-lwb2-yxk6-z7d6-zfgmwpovu6q4

midade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se


aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

4. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro,


e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá
publicar a normativa da delimitación do solo do núcleo rural aprobada no Boletín Oficial da
provincia, unha vez inscrita esta no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

5. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tri-


bunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o
día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da
Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like