You are on page 1of 20

DOG Núm.

42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14902

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 18 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e


a convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, para a ocupación
temporal, para usos sociais e sanitarios, dos locais destinados para tal fin no
edificio da rúa Gregorio Hernández esquina avenida Peruleiro do concello da
Coruña, denominado espazo Amizar (código de procedemento FA700A).

A Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación, regula no


artigo 31 as medidas de fomento das asociacións, e determina, especificamente, que as
administracións públicas, no ámbito das súas competencias, promoverán e facilitarán o
desenvolvemento das asociacións e entidades que persigan finalidades de interese xeral,
ofrecendo a colaboración necesaria a aquelas persoas que pretendan emprender calquera
proxecto asociativo. A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude das competencias
atribuídas a esta pola Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de com-
petencias á Comunidade Autónoma galega, e no ámbito das súas atribucións, fomentará
o establecemento de mecanismos de asistencia, servizos de información e campañas de
divulgación e recoñecemento das actividades das asociacións que persigan obxectivos de
interese xeral, e poderá establecer con elas a colaboración necesaria en programas de
interese social, cultural e sanitario.

No mesmo sentido, a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, re-


gula nos artigos 255 e 256 as asociacións de veciños, e determina, especificamente, que
os concellos galegos favorecerán o desenvolvemento daquelas que se constitúan para a
defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños; que as constituídas con esta fina-
lidade terán a consideración de entidades de participación cidadá; que poderán federarse
dentro de cada municipio; que a Xunta de Galicia levará un rexistro xeral en que se ins-
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

cribirán as existentes na Comunidade Autónoma, e que a ela lle corresponde, a través da


consellería competente en materia de réxime local, prestarlles a debida asistencia e axuda.

No ano 2019 a Administración xeral da Comunidade Autónoma deu comezo ás actua-


cións necesarias para a posta á disposición do edificio situado na rúa Gregorio Hernández,
antiga delegación de sanidade no concello da Coruña, para albergar diversas dependen-
cias administrativas.

O artigo 36 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio de Galicia, establece que a


ocupación por terceiros de espazos en edificios administrativos do patrimonio da Comunida-
de Autónoma de Galicia pode admitirse, con carácter excepcional, para a explotación mar-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14903

xinal de espazos non necesarios para os servizos administrativos. O punto segundo deste
precepto establece que esta ocupación non pode entorpecer ou menoscabar a utilización do
inmoble polos órganos ou unidades aloxados nel e debe estar amparada nun título.

En consecuencia, e dado que a terceira planta do edificio non resulta necesaria para os
servizos administrativos, a Consellería de Facenda e Administración Pública regula, me-
diante a presente orde, dentro do ámbito das súas competencias, as bases reguladoras e
a convocatoria pública, en réxime de concorrencia, para a ocupación temporal, para usos
sociais e sanitarios, dos locais situados na terceira planta do Edificio Administrativo da rúa
Gregorio Hernández da Coruña.

En virtude do exposto, en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6 e 38 da


Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e
artigo 41 da Lei 5/2011, do 30 de setembro,

DISPOÑO:

Artigo 1.  Obxecto e finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria pública,
en réxime de concorrencia, para a ocupación temporal, para usos sociais e sanitarios, dos
locais que se van destinar para tal fin no Edificio Administrativo da Administración xeral da
Comunidade Autónoma na rúa Gregorio Hernández da Coruña, tamén denominado espazo
Amizar (código de procedemento FA700A).

A finalidade da orde é poder autorizar a ocupación temporal dos ditos locais, por enti-
dades sen ánimo de lucro, para usos sociais e sanitarios. Esta autorización terá carácter
gratuíto, consonte o disposto no artigo 39.5 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimo-
nio da Comunidade Autónoma de Galicia, cos dereitos e obrigas regulados ao longo da
presente orde.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

Artigo 2.  Bens obxecto da convocatoria, características e localización

1. Os bens obxecto desta convocatoria atópanse na terceira planta do Edificio Adminis-


trativo de titularidade da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, na rúa
Gregorio Hernández, 2, da cidade da Coruña, tamén denominado espazo Amizar. Referen-
cia catastral 7018016NJ4071N0001IM.

A terceira planta está dividida en locais de tres tipos:

8 locais tipo A (duns 31 m2 aproximadamente).

3 locais tipo B (duns 41 m2 aproximadamente).

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14904

1 local tipo C (duns 20 m2 aproximadamente).

Todos os locais se atopan diáfanos e independentes e entregaranse coas instalacións


de climatización, iluminación e tomas de corrente.

Porcentaxe de cada local con respecto da totalidade do edificio:

Locais asociacións 3º andar % Sobre o total do edificio


Local tipo A 0,78 %
Local tipo B 1,04 %
Local tipo C 0,51 %

Porcentaxe de ocupación de cada local con respecto á totalidade dos locais situados na
terceira planta destinados a asociacións (excluído sala de reunións e baños):

Locais asociacións 3º andar % Sobre locais asociacións


Local tipo A 7,91 %
Local tipo B 10,53 %
Local tipo C 5,13 %

2. Estes locais serán asignados aos beneficiarios que resulten das autorizacións de
ocupación, consonte o establecido no artigo 11 desta orde, en función da súa puntuación
e ata que se esgoten na súa totalidade. A distribución de locais comezará cos de maior su-
perficie en orde descendente ata cubrir a totalidade de locais dispoñibles. De atribuírse un
local que non cumpra coas expectativas do beneficiario, poderase renunciar á autorización
de conformidade co artigo 15.3.

Se, finalmente, resultan menos solicitantes que locais dispoñibles, os locais non adxudi-
cados quedarán á disposición da Xunta de Galicia.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

Artigo 3.  Procedemento de adxudicación de locais e modalidade da autorización do


uso

O procedemento para a adxudicación dos locais tramitarase mediante o réxime de con-


correncia, de acordo co establecido na Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio de
Galicia, aplicándose de forma supletoria a Lei 9/2007, do 13 de xuño, xa que é necesario
realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento
ata o esgotamento da superficie dispoñible.

O prazo inicial de duración das autorizacións de uso será de dous anos, prorrogables
anualmente ata un máximo, incluídas as prórrogas, de catro anos. Transcorrido o prazo ini-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14905

cial sen que se producise a súa prórroga, ou transcorrido o prazo anual da primeira prórro-
ga sen unha nova prórroga ou, en todo caso, transcorrido o prazo máximo, as autorizacións
quedarán extinguidas e iniciarase, se é o caso, un novo procedemento de adxudicación
dos locais que se recollen nesta orde.

Artigo 4.  Beneficiarios e requisitos

As asociacións e entidades sen ánimo de lucro poderán presentar solicitudes de xeito


individual ou de maneira conxunta mediante a súa agrupación. Tanto nun caso como nou-
tro requirirase que todas as entidades que se presentan cumpran cos requisitos que se
citan no parágrafo seguinte.

Poderán ser beneficiarios aquelas asociacións e entidades sen ánimo de lucro que cum-
pran cos seguintes requisitos:

a) Que, consonte os seus estatutos, na data da publicación desta orde, o seu domicilio
se atope no concello da Coruña, nos seus concellos limítrofes ou na súa bisbarra; tamén
se admitirán aquelas que, fóra destes casos, acrediten realizar a meirande parte da súa
actividade no municipio da Coruña, nos seus concellos limítrofes ou na súa bisbarra.

b) Que non teñan ánimo de lucro e que os seus fins sexan de interese social ou sanitario.

c) Que se atopen legalmente constituídas e inscritas no rexistro público correspondente


da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Que se atopen ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Segu-
ridade Social, e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Admi-
nistración pública da Comunidade Autónoma galega.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

e) No caso de estar obrigadas, ter depositadas as contas no rexistro público correspon-


dente. Este requisito deberá ser cumprido antes do remate do prazo de presentación de
solicitudes.

Artigo 5.  Iniciación e prazo de presentación de solicitudes

1. As asociacións e entidades que cumpran co recollido no artigo 4, que desexen dis-


poñer dun local, presentarán solicitude dirixida á Secretaría Territorial da Delegación da
Xunta de Galicia na Coruña, segundo o modelo que figura como anexo I destas bases
reguladoras. A solicitude deberá ir acompañada da documentación que se establece no
artigo 6 desta orde.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14906

No caso de solicitudes conxuntas, as asociacións e entidades sen ánimo de lucro inte-


grantes nomearán un/unha representante dunha delas como representante único, que ac-
tuará como coordinador/a e interlocutor/a único/a perante a Secretaría Territorial da Dele-
gación da Xunta de Galicia na Coruña. Non obstante, a autorización de uso será conxunta
para todas as entidades solicitantes.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do for-


mulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento ad-


ministrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas pre-
senta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa
presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da
solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de iden-


tificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema
de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte
ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do
prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

4. A entidade que presente unha solicitude conxuntamente con outra ou outras non
poderá presentar unha nova solicitude nin conxunta nin individualmente. Cando o órgano
tramitador observe que unha asociación ou entidade sen ánimo de lucro participa en máis
dunha solicitude, porallo de manifesto para que, no prazo máximo de dez días, poida desis-
tir da solicitude ou solicitudes que sexan necesarias para dar cumprimento ao establecido
neste artigo. De non se ter recibido comunicación da desistencia dentro do prazo estable-
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

cido, inadmitiranse todas as solicitudes en que participe.

Artigo 6.  Documentación complementaria

Para solicitar a ocupación temporal dos locais que se van destinar para tal fin, a entida-
de peticionaria achegará coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Certificación emitida polo/a secretario/a da asociación ou entidade, na cal se faga


constar o acordo do órgano competente da asociación ou entidade para tramitar, ante a
Secretaría Territorial da Delegación da Xunta de Galicia na Coruña, a solicitude de auto-
rización de uso de locais que se pretenden tramitar ao abeiro desta orde (anexo II). No

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14907

referido acordo deberá constar expresamente que se aceptan as condicións establecidas


na orde, e o acordo deberá estar adoptado antes do vencemento do prazo de presentación
de solicitudes. O acordo estará referido a todas as actuacións que se recollen na memoria
xustificativa que se menciona na alínea c). O incumprimento deste requisito constituirá
causa de non admisión da solicitude.

b) Memoria xustificativa da necesidade do local que se solicita, asinada electronica-


mente polo/a representante da asociación ou entidade. Nesta memoria recolleranse os
seguintes datos:

– Adecuación do uso ao que se vai destinar o local e previsión de actividades da aso-


ciación ou entidade, durante todo o tempo de duración da autorización. Deberá definirse
claramente a necesidade do local que se solicita, os obxectivos durante todo o tempo de
duración da autorización, a descrición das actividades que se van realizar e o orzamento
desagregado para o devandito período e un cronograma.

– Relevancia social: deberá indicarse o carácter do/dos proxecto/s que se desenvolverá/n


no local solicitado: de igualdade de mulleres e homes; risco de exclusión ou marxinación e
a súa integración social; saúde; para proxectos dirixidos a persoas con discapacidade ou
dependentes; iniciativas sociais; outros.

– Número de beneficiarios e incidencia na participación: indicarase o número previsto de


persoas ao ano que serán beneficiarias da atención no local asignado. Deberase indicar o
número aproximado de persoas que se prevé atender ao ano, non un dato xeneralista ou
poboacional.

Para determinar o número de beneficiarios deberán achegar a memoria de actividades,


ou plan de actuación ou unha declaración responsable do representante da asociación ou
entidade solicitante.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

– Atención da asociación ou entidade no desenvolvemento das actividades previstas.


Indicarase o horario de atención ás persoas beneficiarias.

– Opcionalmente, compromiso expreso da entidade solicitante para a utilización da lin-


gua galega na documentación presentada e na realización das actividades para as cales
se solicita/n o/os local/ais.

– Opcionalmente, epígrafe na cal se recollan as actuacións previstas pola entidade so-


licitante, que incentiven a igualdade de mulleres e homes no desenvolvemento diario das
súas actividades.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14908

– A asociación ou entidade sen ánimo de lucro deberá xustificar que desenvolve, maiori-
tariamente, a súa actividade no ámbito territorial do concello da Coruña. No caso daquelas
que, tendo a súa sede social fóra do concello da Coruña, dispoñan dunha delegación ou
establecemento neste, deberán desagregar, por anos, a atención prestada nesa delegación.

No caso de solicitudes conxuntas, presentarase esta documentación por cada unha das
entidades participantes.

Todos os documentos anexados serán arquivos de formato PDF.

c) No caso de solicitudes conxuntas, achegarase o acordo asinado polos/as represen-


tantes das asociacións ou entidades sen ánimo de lucro solicitantes que recolla, de xeito
expreso, a súa conformidade coa tramitación da solicitude conxunta, así como o nomea-
mento do/da representante único/a e a porcentaxe prevista de utilización, por parte de cada
unha das asociacións ou entidades sen ánimo de lucro, do espazo solicitado e a acepta-
ción das condicións establecidas nesta orde (anexo III).

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria pre-


sencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada
a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que pre-


senten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa
ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de
maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que po-
derán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude,


deberá indicarse o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro
de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica su-
pere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electró-
nica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación deste de forma presencial dentro
dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada
sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da
Xunta de Galicia.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14909

Artigo 7.  Defectos na solicitude

O defecto nas solicitudes será notificado ás persoas interesadas pola Secretaría Te-
rritorial da Xunta de Galicia na Coruña e daráselles un prazo máximo e improrrogable de
dez días para emendar os erros ou omisións, con indicación de que, de non facelo así,
se terán por desistidas da súa petición logo de resolución que se deberá ditar nos termos
do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas.

Estas notificacións practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na


normativa reguladora do procedemento administrativo común, mediante o Sistema de noti-
ficación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta
de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Artigo 8.  Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos in-


cluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados
polas administracións públicas agás que a entidade interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIF da persoa representante.

c) Certificacións de estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal de Administración


Tributaria, a Seguridade Social e Facenda da Comunidade Autónoma.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

d) Certificado de inscrición emitido polo rexistro correspondente da Comunidade Autó-


noma de Galicia.

e) Certificado do rexistro público correspondente de ter depositadas as últimas contas


que teñan a obriga de presentar.

No caso de solicitudes conxuntas, a consulta realizarase por cada unha das entidades
solicitantes.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no


recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14910

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da per-


soa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos


citados datos poderase solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos
correspondentes.

Artigo 9.  Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a pre-
sentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta ci-
dadá da entidade ou persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10.  Instrución

1. A instrución do procedemento previsto nesta orde correspóndelle á Xefatura Territorial


que designe a Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña.

2. Sendo unha convocatoria en réxime de concorrencia, as adxudicacións resolveranse


como resultado da valoración feita pola comisión a que se refire o parágrafo seguinte a
cada unha das solicitudes presentadas en forma e prazo.

3. Recibidas e tramitadas as solicitudes e a súa documentación, serán analizadas por


unha Comisión de Valoración presidida pola persoa titular da xefatura territorial designada
conforme o punto primeiro e da cal formarán parte tamén outros/as dous/dúas xefes/as
territoriais designados/as pola Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña ou as
persoas nas cales deleguen. Actuará como secretario/a un funcionario/a da Delegación da
Xunta de Galicia na Coruña.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

4. Unha vez realizada a valoración das solicitudes presentadas, de conformidade cos


criterios de avaliación e repartición establecidos no artigo 11, a Comisión de Valoración
emitirá un informe segundo o cal o órgano instrutor formulará proposta de resolución á
persoa titular da Secretaría Territorial da Xunta de Galicia na Coruña para resolver a adxu-
dicación ou denegación da autorización de uso dos locais solicitados.

5. Nas resolucións de autorización de uso dos locais identificaranse os espazos asig-


nados a cada asociación ou entidade sen ánimo de lucro. A asignación destes realizarase,
consonte a puntuación acadada tras a valoración feita pola Comisión, seguindo unha estri-
ta orde numérica dos espazos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14911

Artigo 11.  Criterios de avaliación e repartición

Na valoración das solicitudes presentadas ponderaranse os seguintes aspectos ata un


máximo de 100 puntos, de acordo coas puntuacións parciais que para cada un se indica:

1. Adecuación do uso ao que se vai destinar o local e previsión de actividades da aso-


ciación ou entidade:

a) Definida e concreta: asígnanse 14 puntos.

b) Parcialmente definida e concreta: asígnanse 9 puntos.

c) Concreción insuficiente ou deficiente: asígnanse 4 puntos.

d) Inadecuada: asígnanse 0 puntos.

Para estes efectos, na memoria xustificativa deberá definirse claramente (a) a necesi-
dade do local que se solicita, (b) os obxectivos para período de vixencia da autorización
de ocupación e (c) a descrición das actividades que se van realizar. En función de todo
isto, considerarase que existe unha adecuación definida e concreta cando (a), (b) e (c) (as
tres) se relacionen clara e directamente co orzamento e o cronograma; que a adecuación
é parcialmente definida e concreta cando só se relacionen (a), (b) ou (c) (só dúas delas) co
orzamento e o cronograma; insuficiente ou deficiente, cando só se relacione unha delas; e
inadecuada cando non exista relación entre (a), (b) e (c) co orzamento e cronograma.

2. Relevancia social do proxecto que se vai desenvolver no local solicitado (acumulativo,


ata un máximo de 38 puntos):

a) Para proxectos de igualdade e non discriminación: poderá asignarse ata un máximo


CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

de 20 puntos.

b) Risco de exclusión ou marxinación e a súa integración social: poderá asignarse ata


un máximo de 20 puntos.

c) Saúde: poderá asignarse ata un máximo de 20 puntos.

d) Para proxectos dirixidos a persoas con discapacidade ou dependentes: poderá asig-


narse ata un máximo de 20 puntos.

e) Outros de relevancia social ou sanitario distintos dos anteriores: poderá asignarse ata
un máximo de 20 puntos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14912

f) Proxectos relacionados co fomento do emprego: poderá asignarse ata un máximo de


20 puntos.

3. Número previsto de beneficiarios ao ano:

a) 15-50 persoas: asígnanse 4 puntos.

b) 51-100 persoas: asígnanse 6 puntos.

c) Máis de 100 persoas: asígnanse 9 puntos.

4. Antigüidade na implantación da entidade no concello da Coruña, nos concellos limí-


trofes e na súa bisbarra:

a) De 3 a 5 anos: asígnanse 3 puntos.

b) De 1 a 3 anos: asígnanse 2 puntos.

5. Atención da asociación ou entidade no desenvolvemento das actividades previstas:

a) Horario de atención ás persoas beneficiarias: 8 ou máis horas, asígnanse 9 puntos.

b) Horario de atención ás persoas beneficiarias: máis de 4 horas e menos de 8, asíg-


nanse 6 puntos.

c) Horario de atención ás persoas beneficiarias: igual ou menos de 4 horas, asígnanse


4 puntos.

6. Pola utilización da lingua galega na documentación presentada e na realización das


actividades para as cales se solicita o local, acreditada mediante compromiso expreso da
entidade, recollido na memoria que se xunta coa solicitude: asígnanse 5 puntos.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

7. Para dar cumprimento ao Plan galego para a igualdade entre mulleres e homes, a
aquelas memorias, que conteñan un punto en que se recollan as actuacións previstas pola
entidade solicitante no seu funcionamento interno, que incentiven a igualdade de mulleres
e homes no desenvolvemento diario das súas actividades: asignaránselles 5 puntos.

8. Pola declaración de utilidade pública da entidade solicitante: asignaranse 5 puntos.

9. Pola consecución de premios dentro do eido local: asignaránselles 5 puntos.

10. Co fin de fomentar a realización de proxectos conxuntos, pola presentación dunha


solicitude conxunta: asígnanse 7 puntos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14913

No caso de solicitudes conxuntas, valorarase de xeito individual cada unha das asocia-
cións ou entidades sen ánimo de lucro e, á puntuación final obtida por cada unha, aplica-
ráselle a porcentaxe de utilización do espazo, facilitada na documentación achegada, que
se recolle no artigo 6.

Artigo 12.  Resolución e notificación

1. A competencia para resolver o procedemento de adxudicación de locais establecido


nesta orde corresponde á persoa titular da Secretaría Territorial da Xunta de Galicia na
Coruña.

2. A persoa titular da Secretaría Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, á vista da


proposta formulada polo órgano instrutor, resolverá a adxudicación ou denegación da au-
torización de uso dos locais solicitados.

3. As resolucións de autorización de uso dos locais ditaranse, de xeito individual, para


cada unha das solicitudes que obteñan a valoración suficiente, ata o esgotamento da tota-
lidade da superficie dispoñible, que se cita no artigo 2 desta orde.

4. O prazo para resolver e notificar os procedementos iniciados en virtude desta orde


será dun (1) mes, contados a partir da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Esgotado este prazo sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición
correspondente por silencio administrativo.

5. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios


electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administra-
tivo común.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

6. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixi-


tal de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na
sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de
Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á dispo-
sición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.
Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non
impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

7. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital


de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico ha-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14914

bilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para


todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entida-
des instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e
as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá, de oficio, crear o indicado
enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa
obriga de relacionárense por medios electrónicos.

8. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso


ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a
posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

9. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practi-


carase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento
administrativo común.

10. A resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso con-
tencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o xulgado do contencioso-adminis-
trativo que corresponda ou, potestativamente, recurso de reposición ante a persoa titular da
Secretaría Territorial da Xunta de Galicia na Coruña no prazo dun mes contado a partir do día
seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do
1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 13.  Entrega e utilización dos locais

1. As entidades beneficiarias das autorizacións para o uso de locais obxecto desta orde
recibirán, xunto coa resolución de autorización de uso de local, unha copia do Regulamen-
to de réxime interior do edificio, aprobado pola Secretaría Territorial da Xunta de Galicia na
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

Coruña.

2. Cando sexa necesario, a Secretaría Territorial da Xunta de Galicia na Coruña poderá


modificar os contidos do Regulamento de réxime interior do edificio, para o que oirá previa-
mente as consideracións das entidades autorizadas para o uso dos locais.

3. As entidades beneficiarias poderán empregar os locais autorizados, para o desen-


volvemento da súa actividade. De igual xeito, disporán de acceso ao edificio, así como ás
instalacións comúns coas que conta, compartíndoas co resto de entidades beneficiarias,
de conformidade co establecido no Regulamento de réxime interior do edificio.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14915

4. As entidades beneficiarias teñen dereito a utilizar o enderezo do/dos local/ais


autorizado/s como domicilio social e sede da entidade durante o período de tempo que
dure a autorización.

Artigo 14.  Obrigas dos beneficiarios

1. A actividade que se pretenda levar a cabo nos locais autorizados non terá carácter nin
finalidade lucrativa directa ou indirecta. En todo caso, destinaranse os locais autorizados
para desenvolver as actividades previstas no artigo 1.

2. Por motivos de seguridade, a entidade beneficiaria utilizará o local, unicamente, no


horario establecido no Regulamento de réxime interior do edificio.

3. A entidade beneficiaria subscribirá unha póliza de seguro de responsabilidade civil


por posibles danos a terceiros. A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
será a beneficiaria e a asegurada, respectivamente, desta póliza, que se manterá durante
todo o período da autorización de uso dos locais. Deberá achegarse unha copia da devan-
dita póliza no momento de formalizar a acta de ocupación. A póliza comprenderá o período
da autorización do uso.

4. A entidade beneficiaria non impedirá ou dificultará a utilización dos locais comúns por
outros colectivos ou outras entidades beneficiarias.

5. Cando se extinga a autorización de uso dos locais pola entidade beneficiaria, deberá
entregar o local expedito e nas mesmas condicións que cando se ocupou.

6. A entidade beneficiaria ten a obriga de cumprir cos contidos do Regulamento de réxi-


me interior do edificio e coas demais condicións establecidas na presente orde.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

7. A autorización de uso de locais comprende a posibilidade da realización de instala-


cións de carácter accesorio e non permanente que, de facerse, serán por conta do bene-
ficiario e comunicadas previamente á persoa titular da Secretaría Territorial da Xunta na
Coruña, que deberá outorgarlle a súa conformidade.

8. A entidade beneficiaria deberá facerse cargo das pequenas reparacións e mantemen-


tos que se puidesen ocasionar polo uso dos locais.

9. As superficies que se citan no artigo 2 desta orde contarán con licenza de apertura
como oficinas polo que, se a entidade beneficiaria quixer desenvolver outro tipo de activi-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14916

dade, deberá solicitar as correspondentes licenzas e o pagamento de taxas correrá pola


súa conta. En todo caso, as actividades desenvolvidas deberán ser compatibles co recolli-
do nesta orde.

10. As asociacións e entidades sen ánimo de lucro autorizadas para o uso dos locais
deberán aboar a parte correspondente de cada local da subministración eléctrica, calefac-
ción e IBI.

Artigo 15.  Condicións das autorizacións outorgadas

1. As autorizacións entenderanse outorgadas en precario, e poderán revogarse libre-


mente en calquera momento, consonte o artigo 39.4 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do
patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, por razóns de interese público, sen xerar
dereito a indemnización, cando resulten incompatibles con condicións xerais aprobadas
con posterioridade, produzan danos no dominio público, impidan a utilización do ben para
actividades de maior interese público ou menoscaben o uso xeral. De producirse a revo-
gación, a Administración porase en contacto coa entidade beneficiaria para que, no prazo
máximo dun mes, proceda ao desaloxo e á devolución do local, nas mesmas condicións
en que se entregou.

2. A Secretaría Territorial da Xunta de Galicia na Coruña poderá comprobar, cando o


considere conveniente, o correcto uso dos locais, así como o cumprimento do recollido
nesta orde.

3. Serán causas de extinción da autorización outorgada, ademais da prevista no pun-


to 1, as seguintes:

a) Extinción da personalidade xurídica do titular da autorización.


CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

b) Falta de autorización previa nos supostos de transmisión ou modificación, por fusión,


absorción ou escisión, da personalidade xurídica do usuario.

c) Caducidade por vencemento do prazo.

d) Renuncia do titular.

e) Falta de cumprimento das obrigas do titular, declarado polo órgano que outorgou a
autorización.

f) Desaparición do ben ou esgotamento do aproveitamento.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14917

g) Desafectación do ben, caso en que se procederá á liquidación da autorización con-


sonte o previsto na Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio de Galicia.

h) Mutuo acordo.

i) Calquera outro incumprimento das condicións establecidas na presente orde ou no


regulamento de réxime interior.

Artigo 16.  Información relativa á orde de convocatoria

Sobre este procedemento administrativo poderase obter información adicional na Se-


cretaría Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, a través dos seguintes medios:

a) Nos teléfonos 981 18 59 91 e 981 18 59 77.

b) No enderezo electrónico delegacion.territorial.coruna@xunta.gal

Disposición derradeira primeira

Delégase na persoa titular da Secretaría Territorial da Xunta de Galicia na Coruña a


competencia para resolver os procedementos que se tramiten en virtude desta orde, incluí-
dos os recursos que se presenten.

Disposición derradeira segunda

Facúltase a persoa titular da Secretaría Territorial da Xunta de Galicia na Coruña para


ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento
desta orde.

Disposición derradeira terceira


CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

En todo o non previsto nesta orde rexerá o disposto na Lei 5/2011, do 30 de setembro,
de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira cuarta

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2022

Miguel Corgos López-Prado


Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14918

ANEXO I

PROCEDEMENTO CÓDIGO DE PROCEDEMENTO DOCUMENTO

CONVOCATORIA PÚBLICA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A


OCUPACIÓN TEMPORAL, PARA USOS SOCIAIS E SANITARIOS, DOS LOCAIS FA700A
SOLICITUDE
DESTINADOS PARA TAL FIN NO EDIFICIO DA RÚA GREGORIO HERNÁNDEZ ESQUINA
AVENIDA PERULEIRO DO CONCELLO DA CORUÑA, DENOMINADO ESPAZO AMIZAR

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE


RAZÓN SOCIAL NIF

TIPO NOME DA VÍA NÚM. BLOQ. ANDAR PORTA

PARROQUIA LUGAR

CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO 1 TELÉFONO 2 CORREO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)
NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DATOS PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN


Todas as notificacións ás persoas interesadas se realizarán só por medios electrónicos a través do Sistema de notificación electrónica de
Galicia-Notifica.gal https://notifica.xunta.gal
Só se poderá acceder á notificación co certificado electrónico ou Chave365.
Enviaranse avisos da posta á disposición da notificación no correo electrónico e/ou teléfono móbil facilitados a seguir e que poderán cambiar en
calquera momento a través de Notifica.gal:
TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO

A PERSOA REPRESENTANTE DECLARA:


1. Que a entidade ten o domicilio no concello da Coruña, nos concellos limítrofes ou na súa bisbarra, ou, fóra destes casos, que realiza a
meirande parte da súa actividade no municipio da Coruña, nos seus concellos limítrofes ou na súa bisbarra.
2. Que a entidade a que representa non ten ánimo de lucro e que os seus fins son de interese social ou sanitario.
3. Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
4. Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas públicas.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

5. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.


6. De ser o caso, que ten depositadas no rexistro correspondente as últimas contas que teñen obriga de presentar.
7. Que a entidade solicitante acepta as bases da convocatoria.

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA


Certificación do acordo do órgano competente da asociación ou entidade para tramitar a presente solicitude (anexo II)
Memoria xustificativa da necesidade dos locais que se solicitan
Para as solicitudes conxuntas, acordo de conformidade coa tramitación conxunta (anexo III)

Este formulario só poderá presentarse nas


https://sede.xunta.gal formas previstas na súa norma reguladora

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14919

ANEXO I
(continuación)

COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas
OPÓÑOME Á
interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos
CONSULTA
documentos.
DNI/NIE da persoa representante
Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social
Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Atriga
Certificado de inscrición no correspondente rexistro da Comunidade Autónoma de Galicia
Certificado de ter presentadas as últimas contas no rexistro correspondente
CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS
AUTORIZO A
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta,
CONSULTA
deberá achegar o documento correspondente.
NIF da entidade solicitante SI NON
Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT SI NON

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS


Responsable do tratamento Xunta de Galicia. Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.
Levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da
Finalidades do tratamento
información e contidos da Carpeta cidadá.

Cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa
recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo
Lexitimación para o
e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo,
tratamento
determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose
esta circunstancia no dito formulario.

As administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e
Destinatarias dos datos resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información
relativa a unha materia.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou
Exercicio de dereitos retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou, presencialmente, nos lugares
e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Contacto coa persoa delegada


de protección de datos e máis https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
información

LEXISLACIÓN APLICABLE
Orde do 18 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva,
para a ocupación temporal, para usos sociais e sanitarios, dos locais destinados para tal fin no edificio da rúa Gregorio Hernández esquina
avenida Peruleiro do concello da Coruña, denominado espazo Amizar (código de procedemento FA700A).
Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de

Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña Este formulario só poderá presentarse nas
https://sede.xunta.gal formas previstas na súa norma reguladora

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14920

ANEXO II

CERTIFICACIÓN
FA700A – CONVOCATORIA PÚBLICA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A OCUPACIÓN TEMPORAL, PARA USOS SOCIAIS E
SANITARIOS, DOS LOCAIS DESTINADOS PARA TAL FIN NO EDIFICIO DA RÚA GREGORIO HERNÁNDEZ ESQUINA AVENIDA PERULEIRO DO CONCELLO DA
CORUÑA, DENOMINADO ESPAZO AMIZAR

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE


RAZÓN SOCIAL NIF

DATOS DA PERSOA QUE CERTIFICA


NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

CARGO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN
NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

CERTIFICA, con base na documentación que figura no expediente


Que esta entidade, mediante (acordo, resolución/outro) do/da

(presidente/xunta directiva/outros) de data

Acordou participar na convocatoria pública para a ocupación temporal, para usos sociais e sanitarios, dos locais que se van destinar para tales
fins no edificio da rúa Gregorio Hernández esquina avenida Peruleiro do concello da Coruña, denominado espazo Amizar, e acepta as condicións
establecidas nela.

SINATURA DA PERSOA QUE CERTIFICA

Lugar e data

, de de
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14921

ANEXO III

ACORDO DE CONFORMIDADE COA TRAMITACIÓN CONXUNTA


FA700A – CONVOCATORIA PÚBLICA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A OCUPACIÓN TEMPORAL, PARA USOS SOCIAIS E
SANITARIOS, DOS LOCAIS DESTINADOS PARA TAL FIN NO EDIFICIO DA RÚA GREGORIO HERNÁNDEZ ESQUINA AVENIDA PERULEIRO DO CONCELLO DA
CORUÑA, DENOMINADO ESPAZO AMIZAR

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE 1


RAZÓN SOCIAL NIF

DATOS DA PERSOA REPRESENTANTE


NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE 2


RAZÓN SOCIAL NIF

DATOS DA PERSOA REPRESENTANTE


NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE 3


RAZÓN SOCIAL NIF

DATOS DA PERSOA REPRESENTANTE


NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

AS PERSOAS REPRESENTANTES DECLARAN


1. Que as entidades anteriormente relacionadas manifestan a súa conformidade coa tramitación da solicitude conxunta.
2. Que tales entidades acordaron nomear representante único con poderes suficientes para cumprir con todas as obrigas que como entidade
beneficiaria corresponden a:
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

3. Que a porcentaxe prevista de utilización dos locais por parte de cada unha das entidades solicitantes é a seguinte:

ENTIDADE 1 PORCENTAXE UTILIZACIÓN:


ENTIDADE 2 PORCENTAXE UTILIZACIÓN:
ENTIDADE 3 PORCENTAXE UTILIZACIÓN:
CVE-DOG: 4wrg6iu0-isj0-ys14-iti7-j0jjtrqou783

SINATURA DAS PERSOAS REPRESENTANTES DAS ENTIDADES


ENTIDADE 1 ENTIDADE 2 ENTIDADE 3

Lugar e data

, de de

Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like