You are on page 1of 2

DOG Núm.

42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14922

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 18 de febreiro de 2022 pola que se revoga de oficio a autorización do


centro privado San Eloy de Vigo, por falta de inicio da actividade docente.

A Orde do 25 de xuño de 2019 (DOG do 15 de xullo) autorizou a apertura e o funciona-


mento do centro privado San Eloy de Vigo para impartir o ciclo formativo de grao medio de
xoiaría.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos tramitou o procedemento de re-


vogación da autorización, de conformidade co establecido nos artigos 1 e 8 do Decre-
to 133/1995, do 10 de maio, sobre autorización de centros docentes privados para impartir
ensinanzas de réxime xeral non universitarias (DOG núm. 96, do 22 de maio), e o 19.2 do
Real decreto 332/1992, do 3 de abril, sobre autorización de centros docentes privados para
impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias (BOE núm. 86, do 9 de abril), e a
normativa concordante.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1.  Revogación da autorización

Revogar de oficio, por falta de inicio da actividade docente, a autorización do centro


privado San Eloy de Vigo (Pontevedra), código 36025049, con efectos do día seguinte ao
CVE-DOG: 0ux52jv5-oyk1-ukt1-a466-qpdnururixs9

da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 2.  Inscrición no Rexistro de Centros

A revogación da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Cen-


tros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira.  Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán for-
mular recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Uni-
versidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14923

Diario Oficial de Galicia (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procede-
mento administrativo común das administracións públicas), ou ben directamente recurso
contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do
Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (cos artigos 10, 14
e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Disposición derradeira segunda.  Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2022

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
CVE-DOG: 0ux52jv5-oyk1-ukt1-a466-qpdnururixs9

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like