You are on page 1of 2

DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx.

51784

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación para


o Emprego e Orientación, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios
recollidos na Orde do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases
reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego
(persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia
para o período 2023-2025, e se realiza a súa primeira convocatoria para os
exercicios 2023-2024 (código de procedemento TR301K).

Mediante a Orde do 11 de maio de 2023 (DOG núm. 95, do 22 de maio) a Consellería


de Promoción do Emprego e Igualdade estableceu as bases reguladoras para as accións
formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da
Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2023-2025 e realizou a súa primeira con-
vocatoria para os exercicios 2023-2024.

No artigo 41 desta orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás
aplicacións orzamentarias 11.50.323A.460.1, 11.50.323A.471.0 e 11.50.323A.481.0, códi-
go de proxecto 2021 00149, cunha contía de 70.024.608 €, distribuída entre as anualidades
2023 (43.024.608 €) e 2024 (27.000.000 €) procedentes de fondos finalistas do Estado.

No mesmo artigo 41 establécese que eses créditos poderán ser obxecto de modifica-
cións nos supostos e nas condicións previstos nos artigos 30 e 31 do Regulamento da Lei
de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
CVE-DOG: p1j0lr75-ncj5-afn4-tts5-ld3udofe4798

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de accións formativas que van
ser subvencionadas, xa que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras
e resultaron seleccionadas por aplicación dos criterios de avaliación recollidos no artigo 14
das citadas bases, cómpre realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplica-
cións orzamentarias, en función do tipo de entidade que vai impartir a formación (empre-
sas, entidades locais ou entidades sen ánimo de lucro).

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de


subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20,
do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa
entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51785

nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da


publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 11 de maio


de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan
formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Au-
tónoma de Galicia para o período 2023-2025, e se realiza a súa primeira convocatoria
para os exercicios 2023-2024 (código de procedemento TR301K), redistribuíndo o crédito
previsto na dita orde para a anualidade 2023 da seguinte maneira, sen variar o orzamento
total:

Anualidade 2023

Código de Orzamento
Aplicación orzamentaria Orzamento inicial Modificacións
proxecto final

11.50.323A.460.1 2021 00149 3.047.305,00 -487.662,50 2.559.642,50

11.50.323A.471.0 2021 00149 30.476.472,00 1.478.317,90 31.954.789,90

11.50.323A.481.0 2021 00149 9.500.831,00 -990.655,40 8.510.175,60

Total 43.024.608,00 43.024.608,00

A distribución prevista na orde de convocatoria para a anualidade 2024 non sufriu mo-
dificación.

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non im-
plicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.
CVE-DOG: p1j0lr75-ncj5-afn4-tts5-ld3udofe4798

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2023

Zeltia Lado Lago


Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like