You are on page 1of 2

DOG Núm.

42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14924

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 18 de febreiro de 2022 pola que se deixa sen efecto a Orde do 26 de


outubro de 2021 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade,
do centro privado plurilingüe Liceo La Paz da Coruña.

A Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 26 de outubro de 2021,


publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 214, do 8 de novembro, modificou a autori-
zación, por cambio de titularidade, do centro privado plurilingüe Liceo La Paz da Coruña
(código de centro 15004265).

A Resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do 3 de febreiro de


2022 estima o recurso de reposición interposto fronte á devandita orde.

En consecuencia, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, en exercicio das


súas competencias de elaboración das propostas de creación, supresión, transformación,
clasificación, autorización e organización dos centros escolares, tanto de titularidade pú-
blica como privada, de acordo co previsto no artigo 17.1.b) do Decreto 198/2020, do 20 de
novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educa-
ción e Universidade, tramitou o procedemento de elaboración da orde de cumprimento da
indicada resolución estimatoria.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
CVE-DOG: 5s5uhg33-yxk0-pir4-lj85-zewodqpm7dm8

DISPOÑO:

Artigo único

Deixar se efecto a Orde do 26 de outubro de 2021, publicada no Diario Oficial de Gali-


cia núm. 214, do 8 de novembro, de modificación da autorización, por cambio de titulari-
dade, do centro privado plurilingüe Liceo La Paz da Coruña (código do centro 15004265),
en cumprimento da Resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade do
3 de febreiro de 2022, estimatoria do recurso de reposición interposto fronte á devandita
orde.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 42 Mércores, 2 de marzo de 2022 Páx. 14925

Disposición derradeira primeira

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-
administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza
de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da
presente orde, conforme os artigos 10, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora
da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2022

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
CVE-DOG: 5s5uhg33-yxk0-pir4-lj85-zewodqpm7dm8

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like