You are on page 1of 2

DOG Núm.

213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58461

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2022, do tribunal encargado de cualificar


o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de
grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade
de enxeñaría técnica agrícola, convocado mediante a Resolución do 16 de
decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro),
pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Mediante a Resolución do 10 de outubro de 2022 (DOG núm. 203, do 25 de outubro), o


tribunal nomeado pola Resolución do 8 de xullo de 2022 (DOG núm. 133, do 13 de xullo)
para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de
grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría téc-
nica agrícola, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241,
do 17 de decembro), acordou publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no
primeiro exercicio, outorgando un prazo para presentar alegacións en relación con estas
puntuacións de dez días hábiles que se contaban desde o seguinte ao da publicación da
devandita resolución.

Recibidas alegacións ao respecto desas puntuacións, detectouse algún erro no proceso


automatizado de lectura e corrección do primeiro exercicio do proceso selectivo, polo que
na sesión do 2 de novembro de 2022 este tribunal acorda solicitar á Dirección Xeral de
CVE-DOG: qp8rkh09-neb2-2yz9-qkx6-42ubwbd6dag9

Función Pública a realización dunha nova corrección.

Como resultado deste proceso, na sesión do 3 de novembro de 2022, o tribunal

ACORDOU:

Primeiro.  Rectificar a Resolución deste tribunal do 10 de outubro de 2022 (DOG


núm. 203, do 25 de outubro) exclusivamente no referente á relación de puntuacións obtidas
polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso se-
lectivo de estabilización para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna,
no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da
Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especiali-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2022 Páx. 58462

dade de enxeñaría técnica agrícola, e as puntuacións das persoas aspirantes presentadas


que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Segundo.  Publicar as puntuacións, rectificadas de acordo coa corrección dos exer-


cicios acordada na sesión do 2 de novembro de 2022, obtidas polas persoas aspirantes
presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de estabilización para
o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao
medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de
Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica
agrícola, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que
non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Terceiro.  De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes po-


derán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no
prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolu-
ción no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.  De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra


este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Ad-
ministración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de
outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2022

Patricia Ulloa Alonso


Presidenta do tribunal
CVE-DOG: qp8rkh09-neb2-2yz9-qkx6-42ubwbd6dag9

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like