You are on page 1of 1

DOG Núm. 191 Venres, 6 de outubro de 2023 Páx.

56062

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o


proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración
especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo
A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de
bibliotecas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial
de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos a data, a hora e o
lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 27 de setembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución
do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo
para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración
xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arqui-
vos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, convocado pola Resolución do 30
de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril), acordou, de conformidade co disposto
na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición, pola quenda de
acceso libre, terá lugar o día 10 de outubro de 2023, en chamamento único que se iniciará
ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa
Madrid 2-4 (As Fontiñas), Santiago de Compostela.

As persoas aspirantes deberán ir provistas do DNI ou de documento fidedigno acredita-


tivo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles,
CVE-DOG: k6bnpqk6-b4y7-gik2-eyk7-pbnvcor22kh1

axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de


que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non
se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2023

Cristina Rubal González


Presidenta do tribunal

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like