You are on page 1of 1

DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx.

54099

VI. ANUNCIOS

C) OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

ANUNCIO do 15 de setembro de 2023 polo que se fai pública a relación de


persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de
estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de
acceso libre e mediante o sistema de concurso (Diario Oficial de Galicia número
248, do 30 de decembro).

O contido da resolución pola que se fai pública a relación das persoas aspirantes que
superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización, convocado pola Fundación
Cidade da Cultura de Galicia e derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, así como da
proposta de nomeamento como persoal laboral fixo da Fundación Cidade da Cultura de
Galicia, pode consultarse na seguinte ligazón:

https://www.cidadedacultura.gal/gl/info/persoal

Contra o acordo de aprobación da relación de persoas aspirantes que superaron o pro-


ceso selectivo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121
e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. O prazo para a interposición do dito recurso come-
zará o día seguinte ao da publicación, no Diario Oficial de Galicia, do anuncio de aproba-
ción da relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, ben por medios
electrónicos, de acordo co sinalado nas bases para a presentación de solicitudes, ou ben
por calquera das formas establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, caso en que deberá noti-
ficar o envío da documentación á Fundación Cidade da Cultura de Galicia mediante correo
CVE-DOG: rfncium5-31p9-0i85-xkc3-hh51903kjn39

electrónico a cidade.cultura@xunta.gal, no mesmo día da presentación.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023

Ana Isabel Vázquez Reboredo


Directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like