You are on page 1of 100

BOPPO

Xoves, 2 de marzo de 2023


Núm. 43

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
AUGAS DE GALICIA
Outros documentos, notificacións e informacións públicas

DH.W36.72114. SOLICITUDE DE Mª BENITA PÉREZ CASTRO DE AUTORIZACIÓN


OBRAS VIVENDA UNIFAMILIAR. OUBIÑA. CAMBADOS

ANUNCIO

Mª Benita Pérez Castro solicita de Augas de Galicia co CIF: Q1500378C, a autorización de obras
no lugar de Bouza de Padrón, parroquia de Oubiña (San Vicenzo), Concello de Cambados
(Pontevedra). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información
pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente:
DH.W36.72114

As obras solicitadas consisten nunha vivenda unifamiliar en planta baixa (146 m²) na parcela
36006A013002620000OW, en Bouza de Padrón, San Vicenzo de Oubiña, Cambados (Pontevedra),
en zona de policía do rego de Lobeira.

O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do
seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan
prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de
Cambados ou nas oficinas deste servizo, situadas na R/ San Salvador, 2-4º, onde estará exposto
o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe.

Vigo, o xefe de negociado – Miguel Ocampo Feijóo (Sinatura dixital)

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

XUNTA DE GALICIA
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
AUGAS DE GALICIA
Outros documentos, notificacións e informacións públicas

DH.A36.72995, CONCESIÓN Ó CONCELLO DE CALDAS DE REIS DUN CAUDAL DE


AUGA NO LUGAR DE PREDREIRA, TERMO MUNICIPAL DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado


polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para xeral coñecemento, que mediante
resolución da dirección de Augas de Galicia de data 23 de setembro de 2022 e como resultado
do expediente incoado para o efecto, outorgouse ó Concello de Caldas de Reis unha concesión
de 15.768 m3 anuais de auga que procede dun manancial situado no lugar de Pedreira, na
parroquia de Caldas de Reis (Santa María), no concello de Caldas de Reis (Pontevedra) con
destino a uso recreativo.

Expte.: DH.A36.72995

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2023


O xefe do Servizo de Tramitación Técnico-Administrativa
do Dominio Público Hidráulico
José Ángel Someso Anguita

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
VIGO
Subvencións e axudas

SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NAS ÁREAS DE


REHABILITACIÓN INTEGRAL DO CONCELLO DE VIGO

SUBVENCIONES A LA REHABIITACIÓN DE EDIFICIOS Y VIVIENDAS EN LAS ÁREAS DE


REHABILITACIÓN INTEGRAL DEL AYUNTAMIENTO DE VIGO (PRÓRROGA PEV 2013-2016)
CASCO VELLO (FASES 14ª E 15ª), BOUZAS (FASES 8ª, 9ª E 10ª), CALLES BUEU Y MOAÑA
DE COIA (FASES 1ª E 2ª) E CASAS DE SANTA CLARA (FASES 1ª E 2ª). 2ª CONVOCATORIA

BDNS(Identif.):678954

De conformidad con lo previsto en los artículos 17.3.b y 20.8.a de la Ley 38/2003, de 17


de noviembre, General de Subvenciones, se publica el extracto de la convocatoria cuyo texto
completo puede consultarse en la Base de Datos Nacional de Subvenciones (https://www.
infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/678954)

De conformidad con lo previsto en los artículos 17.3.b y 20.8.a de la Ley 38/2003, de 17 de

noviembre, General de Subvenciones, se publica el extracto de la convocatoria cuyo texto


completo puede consultarse en la Base de Datos Nacional de Subvenciones.

Primero. Beneficiarios:

Los propietarios únicos de edificios de viviendas, los propietarios de viviendas, las


comunidades de propietarios de edificios de viviendas en régimen de propiedad horizontal,
las agrupaciones de comunidades de propietarios, los consorcios y entes asociativos de gestión
y las personas físicas o jurídicas que posean un derecho real sobre el inmueble que les permita
acometer las actuaciones de rehabilitación, o los inquilinos autorizados por el propietario.

Segundo. Objeto:

Cubrir parte de los gastos de ejecución de las obras o trabajos de mantenimiento e intervención
en edificios y viviendas, instalaciones fijas, equipamiento propio y elementos comunes, a fin de
adecuarlos a la normativa vigente y siempre dentro de los ámbitos de las áreas de rehabilitación
del Ayuntamiento de Vigo.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Tercero. Bases reguladoras:

Las bases reguladoras están publicadas en el BOP de Pontevedra nº 82, de fecha 29 de abril
de 2022 y en la página web y portal de transparencia del Ayuntamiento de Vigo

(https://sede.vigo.org/expedientes/avisos).

Cuarto. Cuantía:

Para obras de rehabilitación encuadradas dentro de los convenios correspondientes a las


Fases 8ª de Bouzas, 14ª de Casco Vello, 9ª de Bouzas, 1ª de Bueu-Moaña y 1ª de Santa Clara,
la cuantía máxima de las ayudas no podrá exceder del 35% del coste subvencionable de cada
vivienda objecto de rehabilitación, hasta un máximo de 11.000 euros a cargo del Ministerio.

Para obras de rehabilitación encuadradas dentro de los convenios correspondientes a las


Fases 15ª de Casco Vello, 10ª de Bouzas, 2ª de Bueu-Moaña y 2ª de Santa Clara podrán recibir
hasta el 35% del Ministerio, hasta un máximo de 11.000 euros y un 10% hasta un máximo de
4.000 euros a cargo de la Xunta de Galicia.

En los casos de nueva vivienda generada en sustitución de otra previamente demolida


(Renovación/Edificación), la cuantía máxima de las ayudas no podrá exceder del 35% del coste
subvencionable de la actuación, hasta un máximo de 30.000 euros a cargo del Ministerio.

Quinto. Plazo de presentación de solicitudes:

Se abre el plazo desde el día siguiente a la publicación del presente extracto en el BOP de

Pontevedra por conducto de la BDNS hasta que se agote la financiación de cada convenio o
hasta el 15.09.23.

Vigo, 27/02/2023
María José Caride Estévez, Vicepresidente

SUBVENCIÓNS Á REHABILITACIÓN DE EDIFICIDOS E VIVENDAS NAS ÁREAS DE


REHABILITACIÓN INTEGRAL DO CONCELLO DE VIGO (PRÓRROGA PEV 2013-2016)
CASCO VELLO (FASES 14ª E 15ª), BOUZAS (FASES 8ª, 9ª E 10ª), RÚAS BUEU E MOAÑA
DE COIA (FASES 1ª E 2ª) E CASAS DE SANTA CLARA (FASES 1ª E 2ª). 2ª CONVOCATORIA

BDNS(Identif.):678954

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral
de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na
Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/
convocatoria/678954)

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral
de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na
Base de Datos Nacional de Subvencións.

Primeiro. Beneficiarios:

Os propietarios únicos de edificios de vivendas, os propietarios de vivendas, as comunidades


de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, as agrupacións de
comunidades de propietarios, os consorcios e entes asociativos de xestión e as persoas físicas ou
xurídicas que posúan un dereito real sobre o inmoble que lles permita acometer as actuacións
de rehabilitación, ou os inquilinos autorizados polo propietario.

Segundo. Obxecto:

Cubrir parte dos gastos da execución das obras ou traballos de mantemento e intervención
en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de
os adecuar á normativa vixente e sempre dentro dos ámbitos das áreas de rehabilitación do
Concello de Vigo.

Terceiro. Bases reguladoras:

As bases reguladoras están publicadas no BOP de Pontevedra nº 82, de data 29 de Abril de


2022 e na páxina web e portal de transparencia do Concello de Vigo

(https://sede.vigo.org/expedientes/avisos).

Cuarto. Contía:

Para obras de rehabilitación encadradas dentro dos convenios correspondentes ás Fases 8ª


de Bouzas, 14ª de Casco Vello, 9ª de Bouzas, 1ª de Bueu-Moaña e 1ª de Santa Clara, a contía
máxima das axudas non poderá exceder do 35% do custo subvencionable de cada vivenda
obxecto de rehabilitación, ata un máximo de 11.000 euros a cargo do Ministerio.

Para obras de rehabilitación encadradas dentro dos convenios correspondentes ás Fases


15ª de Casco Vello, 10ª de Bouzas, 2ª de Bueu-Moaña e 2ª de Santa Clara poderán recibir ata
o 35% do Ministerio, ata un máximo de 11.000 euros e un 10% ata un máximo de 4.000 euros
a cargo da Xunta de Galicia.

Nos casos de nova vivenda xerada en substitución doutra previamente demolida (Renovación/
Edificación), a contía máxima das axudas non poderá exceder do 35% do custo subvencionable
da actuación, ata un máximo de 30.000 euros a cargo do Ministerio.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes:

Ábrese o prazo desde o día seguinte á publicación do presente extracto no BOP de Pontevedra
por conduto da BDNS ata o esgotamento do financiamento de cada convenio ou ata o 15.09.23.

Vigo, 27/02/2023
María José Caride Estévez, Vicepresidente

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO DO CONCELLO DE VIGO
Urbanismo e Patrimonio

APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE NORMALIZACIÓN DE PREDIOS NO ÁMBITO


DO SOLO URBANO CONSOLIDADO BC R02 E BC R01, BARRIO DO CURA (EXPTE.
5292/401)

EXPEDIENTE : 5292/401

ASUNTO: Proxecto de normalización de predios no ámbito do solo urbano consolidado BC


R02 e BC R01, Barrio do Cura

ANUNCIO

Aprobación inicial do Proxecto de normalización de predios no ámbito do solo urbano consolidado


BC R02 e BC R01, Barrio do Cura (expte. 5292/401)

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 2 de febreiro de 2023, adoptou o seguinte


acordo:

«Primeiro.- Prestar aprobación, con carácter inicial, ao documento nomeado “Proxecto de


Normalización de predios do solo urbano consolidado BC R02 e BC R01” da Modificación puntal
do PXOU de 1993, para a ordenación do ámbito do Barrio do Cura”, promovido pola entidade
Barrio do Cura,SL, e que inclúe a documentación técnica inserida no rexistro electrónico da
Xerencia municipal de urbanismo con data do 16 de xaneiro de 2023 (Cod.: Sol. W847122-
9418 e oc. Núm.230012809 ) documento refundido redactado pola Avogada Carmen Abuín
Fernández e o arquitecto Cesar Álvarez Arines, datado en decembro de 2022, e asinado con firma
dixital válida o 13.01.2023, que anula e substitúe a todas as anteriores versións presentadas,
abranguendo dous ámbitos, unha parte do solo afectado pola Ordenanza BC R02 DE EDIFICACIÓN
EN ALIÑACIÓN DE RÚA, cunha superficie de 3855,68m2 e 22 predios, co 90,61% (3168,52m2)
da superficie da ordenanza BC R02, deixando fora o 9,39% (328,48m2) para unha futura
normalización independente; e outra parte a correspondente a totalidade do solo afectado
pola Ordenanza BC R01 DE EDIFICACIÓN SINGULAR EN BLOQUE ABERTO, cunha superficie
de 2281,44m2 e 14 predios.

Segundo.- Someter o presente expediente, inicialmente aprobado, con toda a documentación


integrante do mesmo, a información pública polo prazo de un (1) mes, mediante anuncio que
se publicará no “Boletín Oficial” da Provincia, na páxina web do Concello de Vigo e na sede
electrónica municipal, -computándose o remate do período dende a publicación do anuncio
no Boletín Oficial da Provincia-, a efectos de que durante o amentado prazo poida examinarse
o expediente nunha ligazón web creada aos ditos efectos, e no departamento de información

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

da Xerencia municipal de urbanismo do Concello de Vigo, en horario de oficina, previa cita


telefónica, ou ben a través da sede electrónica.

Terceiro.- Proceder á notificación do presente acordo, a todas as persoas interesadas no


presente procedemento, segundo a relación incorporda ao proxecto»

Aos efectos do disposto no apartado segundo da parte dispositiva deste acordo, a


documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse na seguinte ligazón:
https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/ e no departamento de
Información de Urbanismo, sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo (Praza
do Rei, s/n – Vigo), para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de
alegacións estimen convenientes.

* Poden poñerse en contacto co departamento de Información de Urbanismo, para solicitar


cita previa ou para resolver calquera dúbida ao respecto, no teléfono 986.810.349

* Para presentar documentos ou escritos de alegacións deben solicitar cita previa no Rexistro
de Urbanismo no teléfono 986.810.344

BRY/Er
Vigo, 8 de febreiro 2023
A VICEPRESIDENTA DA XMU
(Resolución do 11.07.2019)
Asdo. María José Caride Estévez

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO DO CONCELLO DE VIGO
Persoal, oposicións

RECTIFICACIÓN DE ERRO NAS BASES SELECCIÓN DE PERSOAL FUNCIONARIO (OEP


2021-2022, PRIMEIRA FASE).

Bases selección de persoal funcionario (OEP 2021-2022, primeira fase).

ANUNCIO

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, con data 24 de xaneiro de 2023 (Núm. 16),
publicou anuncio da aprobación das bases xerais e específicas para a selección do persoal
funcionario incluído na oferta de emprego público para os anos 2021 e 2022 (primeira fase).
Neste anuncio, na parte introdutoria, cometeuse un erro na desagregación das tres prazas de
Administrativo/a: onde dicía “unha de acceso libre e dúas de promoción interna”, debe dicir
“dúas de acceso libre e unha de promoción interna”.

Vigo, 20 de febreiro 2023


María José Caride Estévez, Vicepresidente (Resolución 11.07.2019)

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
CAMBADOS
Recadación

APROBACIÓN DO PADRÓN DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIROS,


COEFICIENTE DE VERTEDURA E CANON DE XESTIÓN DE DEPURADORAS DO 2º
SEMESTRE DO 2022

CONCELLO DE CAMBADOS
SERVIZO MUNICIPAL DA REDE DE SUMIDOIROS
ESPINA & DELFIN, S.L.

ANUNCIO

Asunto: Aprobación Padrón Taxa pola prestación do servizo de sumidoiros , coeficiente de vertedura
e canon xestión depuradoras, 2º semestre 2022.

A o Padrón da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros , coeficiente de vertedura e


canon de xestion de depuradoras por Espina & Delfin, S.L., correspondente o 2º semestre do
ano 2022 e aprobado polo DECRETO 2023-0244.

Exponse ao público o referido Padrón durante un prazo de 15 días hábiles contados a partir
do día seguinte ao da publicación no BOP para que poida ser examinado polos/as contribuíntes
ou interesados na oficina Espina & Delfin, S.L., sita na rúa Ourense, número 8, Cambados, en
horario de 10:00 a 13:30 horas, de luns a venres, ós efectos de que poidan facer as reclamacións
que consideren oportunas, elevándose o mesmo a definitivo con resolución das mesmas se
as houbese.

Asemade, faise saber que, sen prexuízo das reclamacións que se poidan presentar contra o
citado Padrón, o prazo de ingreso en período voluntario das citadas taxas, será de sesenta días
dende a súa aprobación e publicación no B.O.P.

Advertencia: Rematado o período voluntario de ingreso, os recibos non pagados esixiranse


pola vía administrativa de prema, coas recargas e xuros correspondentes, consonte co establecido
nos artigos 161 da Lei xeral tributaria e 69 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación.
(R.D. 939/2005,de 29 de xullo). Ademais, no caso do coeficiente de vertedura advírtese ao
contribuínte de que a falta de pagamento no período voluntario sinalado suporá a esixencia
directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda
da Xunta de Galicia.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Contra a aprobación do Padrón só poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo


dun mes a partir do día seguinte ao do remate do período de exposición pública do referido
Padrón (art. 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba
o Texto refundido da Lei de Facendas Locais). De igual modo, a repercusión do coeficiente
de vertedura, poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano
económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende a
súa publicación no BOP.

Documento asinado electrónicamente.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
CAMBADOS
Recadación

COBRANZA PADRÓN LIXO PRAZA 4 TRIMESTRE 2022

EDICTO

Anuncio de cobranza en Período Voluntario

De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos


artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xullo de 2005 (Real Decreto
939/2005), comunícaselles ós contribuíntes suxeitos a PADRON DE LIXO PRAZA ABASTOS
correspondentes a Remesa: 2022 4 TRIMESTRE LIXO PRAZA o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre 6 de Marzo de 2023 ata o 8 de Maio de 2023, procederase
ó cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento

a) Mediante ingreso nas contas de recadación do concello abertas nas seguintes entidades
bancarias:

ABANCA

CAIXABANK

BANCO SABADELL

b) Domiciliación bancaria: O cargo en conta efectuarase durante a segunda semana do mes


de Abril de 2023.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102 da Lei 58/2003,
17 de decembro, Xeral Tributaria.

Advertencia, o vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda,
determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción dos recargos correspondentes
e demais conceptos esixibles tal e como se fixan nos arts. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral
Tributaria.

Asinado dixitalmente á marxe.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
CAMBADOS
Recadación

COBRANZA PADRÓN PRAZA 4 TRIMESTRE 2022

EDICTO

Anuncio de cobranza en Período Voluntario

De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación


cos artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xullo de 2005 (Real
Decreto 939/2005), comunícaselles ós contribuíntes suxeitos a PADRON PRAZA ABASTOS
correspondentes a Remesa: 2022 4 TRIMESTRE PRAZA o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre 6 de Marzo de 2023 ata o 8 de Maio de 2023, procederase
ó cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento

a) Mediante ingreso nas contas de recadación do concello abertas nas seguintes entidades
bancarias:

ABANCA

CAIXABANK

BANCO SABADELL

b) Domiciliación bancaria: O cargo en conta efectuarase durante a segunda semana do mes


de Abril de 2023.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102 da Lei 58/2003,
17 de decembro, Xeral Tributaria.

Advertencia, o vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda,
determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción dos recargos correspondentes
e demais conceptos esixibles tal e como se fixan nos arts. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral
Tributaria.

Asinado dixitalmente á marxe.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
CAMBADOS
Recadación

COBRANZA PADRÓN MERCADO 4 TRIMESTRE 2022

EDICTO

Anuncio de cobranza en Período Voluntario

De conformidade co previsto no art. 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, en relación cos


artigos 23 e seguintes do Regulamento Xeral de Recadación, de 29 de xullo de 2005 (Real Decreto
939/2005), comunícaselles ós contribuíntes suxeitos a PADRON MERCADO correspondentes a
Remesa: 2022 4 TRIMESTRE MERCADO o seguinte:

Durante o prazo comprendido entre 6 de Marzo de 2023 ata o 8 de Maio de 2023, procederase
ó cobro en período voluntario da cota do Padrón citado.

Forma de Pagamento

a) Mediante ingreso nas contas de recadación do concello abertas nas seguintes entidades
bancarias:

ABANCA

CAIXABANK

BANCO SABADELL

b) Domiciliación bancaria: O cargo en conta efectuarase durante a segunda semana do mes


de Abril de 2023.

O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102 da Lei 58/2003,
17 de decembro, Xeral Tributaria.

Advertencia, o vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda,
determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción dos recargos correspondentes
e demais conceptos esixibles tal e como se fixan nos arts. 26, 28 e 161 da Lei 58/2003 Xeral
Tributaria.

Asinado dixitalmente á marxe.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
CANGAS
Recadación

APROBACIÓN, EXPOSICIÓN AO PÚBLICO E COBRANZA DO PADRÓN DO MERCADO


MES DE MARZO 2023

EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DO PADRÓN DE TAXA POR UTILIZACIÓN


DAS INSTALACIÓNS EXISTENTES NO MERCADO MUNICIPAL DE CANGAS CORRESPONDENTES
AO MES DE MARZO DE 2023.

A ALCALDÍA-PRESIDENCIA, mediante Resolución de data 21 de marzo de 2023,

RESOLVEU

“PRIMEIRO: Aprobar o Padrón da Taxa por utilización das instalacións existentes no Mercado
Municipal de Cangas correspondente a mes de MARZO de 2023, autorizados ó amparo do
Regulamento do Mercado Municipal e de acordo coa Ordenanza Fiscal nº 14.

SEGUNDO: Establécese o período voluntario de cobranza entre os días 01 de marzo de 2023


e 01 de maio de 2023. O ingreso poderá realizarse nas Entidades Colaboradoras que figuran
nos propios recibos. O transcurso do período voluntario de ingreso sen que este se produza,
determinará o inicio do procedemento executivo, co devengo e esixencia dos recargos, intereses
e demais conceptos que correspondan, de acordo co disposto na Lei 58/2003, Xeral Tributaria.

TERCEIRO: Os recibos non domiciliados remitiranse aos suxeitos pasivos . Advírtese que
a non recepción do recibo non exonera da obriga de pagamento. En caso de non recepción,
destrución ou extravío do mesmo, dentro do período voluntario de ingreso, os contribuíntes
poderán dirixirse ás oficinas do Concello para obter un duplicado.

CUARTO: Esta Resolución notificarase colectivamente mediante a publicación de anuncio no


Boletín Oficial da Provincia, así como a través de Edictos. A partir do día seguinte ó da publicación
do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, o Padrón permanecerá exposto ó público durante
15 días hábiles, a efectos de que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as
reclamacións e recursos que estimen pertinentes.

QUINTO: Contra a presente resolución e o Padrón que aproba, cabe interpoñer recurso de
reposición perante a Alcaldía do Concello de Cangas no prazo de un mes a contar desde o día
seguinte ó da finalización da exposición pública, sen prexuízo de que os interesados poidan
presentar calquera outro recurso que estimen pertinente.”

Documento asinado electrónicamente.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
FORNELOS DE MONTES
Ordenanzas e Regulamentos

APROBACIÓN DEFINITIVA DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DAS AXUDAS


DE EMERXENCIA SOCIAL

ANUNCIO

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión ordinaria que tivo lugar o día vinte e nove
de decembro de dous mil vinte e tres, acordou a aprobación inicial da ordenanza municipal
reguladora das axudas de emerxencia social do Concello de Fornelos de Montes.

Publicado o pertinente anuncio de exposición ao público no Boletín Oficial da Provincia nº


6, de data dez de xaneiro de dous mil vinte e tres, durante o prazo de trinta días hábiles, sen
que se presentasen reclamacións ou alegacións ningunha, de acordo co establecido no artigo
70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, publícase o acordo
de aprobación e o texto íntegro do regulamento como anexo ao presente anuncio, ao quedar
elevado a definitivo o acordo provisional.

Contra o acordo de aprobación definitiva, os interesados poderán interpoñer recurso


contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ó da publicación
do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Documento asinado dixitalmente ao marxe.


O alcalde.
Emiliano Lage Rodríguez

ANEXO

ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL


DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

Exposición de motivos.

Os servizos sociais municipais teñen como unha das súas funcións e tarefas a de proporcionar
atención e axuda a persoas que atravesan unha situación vital de dificultade, derivada, a meirande
parte das veces, da imposibilidade de facer fronte a determinados gastos que, ou ben son
necesarios para o mantemento dunha forma de vida compatible coa dignidade, á que toda
persoa ten dereito, ou que incluso son precisos, en determinadas ocasións, para a supervivencia.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

A súa competencia vén determinada de conformidade co previsto na Lei 7/1985, de 2 de


abril, reguladora das Bases de Réxime Local, reformada pola Lei 27/2013 do 27 de decembro,
de racionalización e sostibilidade da Administración Local, que atribúe aos municipios no artigo
25.2.e) a competencia propia, nos termos da lexislación do Estado e das Comunidade Autónomas,
de avaliación e información de situacións de necesidade social e atención inmediata a persoas
en situación ou risco de exclusión social.

A Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, define os servizos sociais


como o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir
a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda
a poboación galega, mediante intervencións que permitan, entre outros obxectivos, facilitar
alternativas, recursos e itinerarios de integración social a aquelas persoas que se atopan en
situación ou en risco de exclusión social.

Ademais, conforme o artigo 84 da lei 10/2013 de 27 de novembro, de inclusión social de


Galicia, os concellos, por si mesmos, ou de acordo con fórmulas de cooperación administrativa,
desenvolverán servizos comunitarios específicos.

Na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, especificamente no artigo


21.1., indica que “son prestacións económicas do sistema galego de servizos sociais as achegas en
diñeiro, de carácter periódico ou de pagamento único, que teñen como finalidade, entre outras,
apoiar o coidado de menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir mínimos de
subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social”, entre elas, conforme
ao artigo 21.2. “b) As axudas de emerxencia e necesidade social”.

Esta ordenanza artéllase respectando o marco normativo vixente en materia de subvencións,


nomeadamente a partir do artigo 2.2.a) da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de
Galicia, conforme ao cal non teñen o carácter de subvención as prestacións previstas no artigo
2.4 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, destinadas a persoas físicas, e
as prestacións autonómicas de natureza similar a estas ou de carácter asistencial.

Tendo en conta toda a fundamentación exposta, é preciso regular as prestacións sociais de


carácter económico para situacións de especial necesidade individual, familiar e/ou da unidade
de convivencia, outorgadas polos Servizos Sociais do Concello de Fornelos de Montes.

A concesión destas prestacións municipais baixo a denominación de emerxencia social


rexeranse polos disposto nesta ordenanza, e mediante unha valoración profesional que teña en
conta os distintos aspectos que se desenvolven nela.

Artigo 1.- Concepto.

Considéranse axudas de emerxencia social, para os efectos da presente ordenanza, aquelas


prestacións económicas de pago único, de carácter extraordinario e finalista, co fin de apoiar a
aquelas persoas e familias cuxos recursos económicos resulten insuficientes para facer fronte

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

a gastos específicos de carácter ordinario ou extraordinario, con fin de prever, evitar ou paliar
a situación de marxinación social.

A finalidade destas axudas é dar resposta rápida e inmediata a situacións puntuais de


necesidade e dispensar unha atención básica e urxente no momento en que estas situacións
se produzan.

Tamén se pode considerar emerxencia calquera situación de catástrofe sobrevida por


accidente, incendio, inundación, afundimento ou calquera outra que sexa imprevisible e que
ocasione na persoa afectada a falta de recursos para a súa solución.

A necesidade de dar resposta económica, pode esixir o pago urxente da axuda, xa que de non
realizarse inmediatamente pode resultar ineficaz a concesión. A apreciación ou non da urxencia
terá que contar na proposta e na resolución do expediente.

A natureza destas axudas económicas obxecto da ordenanza, terán sempre un carácter


temporal para paliar necesidades extraordinarias e urxentes das persoas afectadas por unha
situación de emerxencia. Por iso deberán estar sempre enmarcadas nun proceso de intervención
social, se así o determina o persoal técnico dos servizos sociais, no que se inclúa unha análise
completa da situación individual, familiar ou de convivencia.

As axudas de emerxencia social en casos excepcionais e xustificados poderán ser


complementarias doutras concedidas por outros organismos ou sistemas de protección social:
públicos ou privados, sempre e cando, en ámbolos dous casos, as que outorguen os outros
organismos non teñan a consideración de recursos económicos segundo a definición contida no
artigo17.1. da Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, sendo compatibles,
polo tanto, coas axudas relacionadas no artigo 17.2 da mesma Lei.

O procedemento a seguir non é o xeral de concorrencia competitiva que fixa a Lei 38/2003,
de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, pois resulta implícita nas prestacións a conceder
e nas condicións sociais dos beneficiarios as razóns de interese público, social, humanitarias
e outras que dificultan unha convocatoria pública de conformidade co establecido no artigo
22.2.c) da citada Lei.

Dado o seu carácter de prestación social, as axudas de inclusión social non teñen carácter
de subvención.

Artigo 2.- Obxecto

O obxecto da presente ordenanza é a regulación das axudas municipais de emerxencia


destinadas a persoas ou familias empadroadas e residentes no Concello de Fornelos de Montes,
os requisitos necesarios para acceder ás mesmas e o seu procedemento.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Artigo 3.- Tipoloxía das axudas

Considéranse situacións puntuais de emerxencia susceptibles de ser obxecto dunha axuda


de emerxencia social as seguintes:

1. As derivadas de necesidades básicas de subsistencia, non cubertas por outros sistemas


de protección como é o caso de:

a) Axudas destinadas á vestimenta.

b) Alimentación: Baixo este concepto poden desagregarse dous tipos de axudas:


•  Axudas destinadas á compra de alimentos, con especial atención á adquisición de
perecedoiros e de alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a
restricións alimentarias prescritas por persoal facultativo (persoas celíacas, diabéticas
ou con outras necesidades).
•  Axudas destinadas ao pagamento de servizos de restauración. Este suposto queda
restrinxido aos casos nos que a persoa usuaria, polas súas circunstancias ou as do seu
contorno, non poida preparar os alimentos por si mesma e conte cun informe social
favorable especificando que este se considera un recurso idóneo elaborado pola
traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios municipais.
2. As derivadas de gastos relacionados coa vivenda e aloxamento.

a) Gastos precisos para conservar o uso da vivenda ou aloxamento, sexa cal fose a causa que
os xerase: situación de emerxencia (desafiuzamento) ou de sinistro (incendio, inundación, …)
ou outra causa imprevisible e/ou inevitable que obrigase ao seu abandono.

b) Obras ou arranxos básicos que resulten imprescindibles para que a vivenda teña as
condicións mínimas necesarias para servir ao uso a que se destina. Procede a concesión destas
axudas no suposto de vivendas en propiedade, así como nas cedidas cando se xustifique a
autorización para a permanencia nelas.

c) Mensualidades de alugueiros incluída a fianza para alugamento.

3. Pagamento de recibos

Axudas destinadas a evitar a perda de subministracións básicas da vivenda e a paliar


situacións de empobrecemento enerxético: recibos de electricidade, leña ou equivalentes, gas,
gasóleo, auga …

4. Pagamento de produtos e servizos de hixiene e limpeza.

Axudas destinadas á compra de produtos básicos de uso común para a limpeza da vivenda
(lixivia, deterxente, lavalouza e outros) e de produtos de aseo persoal (xabón, desodorizante,
cueiros, produtos de hixiene feminina etc.).

Así mesmo, poderán financiarse gastos derivados da contratación de empresas de servizos


de baleirado, limpeza e desinfección de vivendas de persoas usuarias afectadas polo Síndrome

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

de Dióxenes ou situacións de similar natureza, nas que exista un informe social favorable
do traballador social de referencia dos servizos sociais comunitarios do Concello de Fornelos
de Montes.

5. Pagamento de produtos farmacéuticos.

Axudas destinadas ao pagamento de produtos farmacéuticos prescritos polo persoal facultativo


especialista ou polo persoal médico de atención primaria, en ambos casos do servizo público
de saúde.

6. Adquisición de electrodomésticos básicos, mobiliario e enxoval da vivenda.

a) Axudas destinadas á compra de electrodomésticos básicos (lavadora, quentador, cociña,


frigorífico, deshumidificador, forno etc.) que o traballador social dos servizos sociais comunitarios
básicos considere que contribúen a facilitar a inclusión social das persoas máis desfavorecidas.

b) Mobiliario e enxoval da vivenda.

7. Pagamento de desprazamentos.

Axudas destinadas ao pagamento de desprazamentos a recursos asistenciais, residenciais ou


sanitarios fóra do propio municipio para recibir tratamentos, facer xestións ou participar en
actividades que non poidan levarse a cabo dentro del.

Así mesmo, pagaranse os desprazamentos dentro do propio municipio para a realización


de xestións ou a asistencia a actividades relacionadas cos programas de educación familiar,
do servizo de axuda no fogar ou de asistencia a recursos sociais, educativos ou sanitarios do
propio municipio.

8. Pagamento de lentes e audiófonos.


•  Axudas destinadas ao pagamento parcial ou total de audiófonos para aquelas persoas
que teñan diagnosticado un déficit auditivo e teñan prescrita esta axuda técnica.
•  Axudas destinadas a compra de lentes a persoas cun déficit visual diagnosticado e que
necesiten o seu uso.
9. Pagamento de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía.

Axudas destinadas ao pagamento de tratamentos odontolóxicos non financiados polo servizo


público de saúde, sempre que estea xustificada a súa necesidade.

10. Pagamento de produtos de apoio.

Axudas destinadas ao pagamento de produtos de apoio para persoas con algunha discapacidade
ou dependencia que non poidan facerlle fronte ao gasto por si mesmas e que non estean
subvencionados pola sanidade pública ou outras administracións.

Enténdese por produto de apoio aquel dispoñible no mercado ou fabricado especialmente


para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias, limitacións na actividade

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

e restricións na participación: camas articuladas, guindastres, colchóns antiéscaras, cadeiras


e barras de ducha ou baño, andadores etc.

11. Axudas de apoio á infancia.

No caso de menores de idade poderase facerlle fronte aos gastos non incluídos nos puntos
anteriormente mencionados neste artigo que posibiliten a continuidade do menor no seu medio
familiar.

Estas axudas refírense a tratamentos de terapeuta ocupacional, logopeda, apoio escolar ou


apoio psicolóxico; adquisición de material escolar ou libros sempre que non estivesen cubertos
por outras axudas publicas.

Estes gastos deberán incidir directamente na calidade de vida dos menores e ir acompañados
do correspondente informe social que xustifique a súa necesidade.

12. Outros Gastos:


—— Destinado a calquera tipo de axuda que non poida ser atendida por ningún dos
conceptos contemplados nos artigos anteriores, ou por calquera outro tipo de
prestación ou axuda, tales como decesos, e que sexa considerado de primeira e
urxente necesidade sempre que así se xustifique suficientemente no informe social
elaborado para o efecto polo traballador social do concello.
So se concederá esta prestación naqueles supostos nos que a persoa solicitante, cumprindo
cos requisitos establecidos nesta ordenanza, non poida asumir o custo da axuda solicitada, ao
atoparse nunca situación de precariedade económica.

Non son susceptibles destas axuda de emerxencia social:


—— Os gastos derivados de obrigacións tributarias e débedas coa Seguridade Social.
—— Os gastos derivados de multas e outras sancións pecuniarias.
—— Os gastos derivados do cumprimento dunha sentenza xudicial condenatoria.

Artigo 4. Incompatibilidade das axudas.

Será incompatible a concesión da axuda económica co desfrute gratuíto de servizos que


cubran as mesmas necesidades. Así mesmo, non poderán outorgarse axudas polo mesmo
concepto que fosen concedidas por outra administración ou organismo público. Poderase facer
unha excepción neste último requisito se a axuda concedida non cubrise a necesidade, podendo
neste caso completarse dende o concello, sen que en ningún caso poida superar o custo total
do obxecto da axuda.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Artigo 5.- Persoas beneficiarias.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as persoas físicas ou unidades de convivencia


empadroadas e residentes no concello de Fornelos de Montes, cun estado de necesidade
recoñecido polos servizos sociais comunitarios no momento da solicitude e sempre que cumpran
cos requisito esixidos para a súa concesión.

Enténdese por unidade de convivencia independente ás persoas que viven soas, e no seu
caso, ó conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico aínda non estando unidas
por lazos de parentesco senón por amizade ou afinidade.

Na unidade familiar ou na unidade de convivencia un dos seus membros terá a condición de


persoa beneficiaria da axuda, aínda que se lle outorgue en beneficio da unidade familiar ou de
convivencia, e coincidirá co membro que faga a solicitude, salvo que o traballador social motive
no seu informe que sexa outro membro.

Por cada unidade de convivencia non se poderán superar os importes máximos das contías
máximas establecidas para cada concepto.

As persoas solicitantes que poidan ser perceptoras dos programas de axudas de emerxencia
social doutras administracións, serán derivadas, segundo criterio do traballador social
correspondente.

Artigo 6.- Requisitos xerais das persoas beneficiarias.

1. Ser maior de idade, menor emancipado ou persoa menor de idade con fillos a cargo.

2. Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Fornelos de Montes, de forma


ininterrompida cunha antelación mínima de 6 meses á data de presentación da solicitude,
sempre que reúnan os requisitos establecidos. E con respecto as unidades de convivencia, a
maiores, deben ser estables e continuadas, e dicir, deben existir e acreditar unha convivencia
mínima de 6 meses.

Excepcionalmente, poderán ser beneficiarias as persoas que non cumpran este requisito,
nos seguintes supostos:

a) As vítimas de violencia de xénero que así o acrediten.

b) Os solicitantes que acrediten unha condición de emigrante retornado, que sexan orixinarias
do concello e fixen a súa residencia nel.

c) Aquelas persoas que dada a gravidade ou urxencia da situación , e tras o informe previo
do traballador social do concello de Fornelos de Montes, precisen dunha axuda para satisfacer
as súas necesidades básicas, sempre como un apoio á intervención social.

3. Non ter ningún membro da unidade de convivencia beneficiario dunha axuda municipal
de emerxencia social para a mesma finalidade, dentro do mesmo exercicio económico (agás

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

o disposto para as necesidades básicas de subsistencia) ou en casos excepcionais nos que a


necesidade sobrevida requira atención urxente e inmediata.

4. Non ter ningún membro da unidade de convivencia beneficiaria de axudas concedidas


por outra Administración pública, organismo ou entidade, para a mesma finalidade, dentro do
mesmo exercicio económico que cubran o 100% da necesidade pola que se solicita a prestación.

5. Carecer de medios económicos para facer fronte á necesidade de urxencia de acordo cos
baremos establecidos no artigo 7.

6. Atoparse en situación de necesidade segundo a valoración técnica do traballador social


dos servizos sociais comunitarios do Concello de Fornelos de Montes.

7. Todos os membros da unidade de convivencia que se atopen en idade legal de traballar,


deben estar inscritos como demandantes de emprego nas oficinas do SEPE, excepto aqueles
que acrediten estar matriculados nun centro educativo regulamentado.

8. Achegar a documentación que sexa pertinente en cada caso.

9. Non dispor de ingresos suficientes para afrontar os gastos derivados da situación de


emerxencia social, segundo o establecido nesta ordenanza.

Artigo 7.- Requisitos económicos dos beneficiarios.

Considérase carencia de medios económicos para os efectos desta ordenanza, cando os


recursos económicos netos mensuais (unha vez descontados no seu caso, os gastos derivados
dos préstamos hipotecarios ou de alugueiro da vivenda, ata un máximo de 300 €/mes) non
superen os límites establecidos na seguinte táboa:

MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA PORCENTAXE DO IPREM* (IGUAL OU


INFERIOR)
1 90%
2 110%
3 120%
4 130%
5 140%
*IPREM mensual

A partir de unidades familiares de 6 membros, incrementarase o límite económico no 5% do IPREM* por


A partir
cadade unidades
membro, familiares
así como deexistan
no caso de que 6 membros,
menores. incrementarase o límite económico no 5%
do IPREM* por cada membro, así como no caso de que existan menores.
Para os efectos do cómputo de ingresos, poderase solicitar calquera documentación que se considere
necesaria para a acreditación dos recursos económicos familiares no momento de realizar a solicitude.
Para os efectos do cómputo de ingresos, poderase solicitar calquera documentación que se
considereTomaranse
necesaria como referencia para facer o cálculo os tres meses anteriores á data de presentación da
para a acreditación dos recursos económicos familiares no momento de
solicitude no que non poderán superar estes límites.
realizar a solicitude.
Entenderase que dispoñen de medios económicos suficientes aquelas persoas que dispoñan dun saldo en
contas bancarias ou produtos financeiros cun saldo positivo superior a 5 veces o IPREM.
Tomaranse como referencia para facer o cálculo os tres meses anteriores á data de presentación
da solicitude nodeque
No caso non poderán
ter expediente superar
aberto nos servizosestes
sociais,límites.
con proxecto de intervención, a unidade familiar
deberá cumprir co plan de traballo e/ou seguimento establecido polos servizos sociais comunitarios.

No caso de vítimas de violencia de xénero, poderán excluírse os anteditos requisitos logo da xustificación
previa da urxencia do caso.

Excepcionalmente os servizos socias do Concello de Fornelos de Montes, poderán valorar as solicitudes


que cumprindo con todos os demais requisitos previstos nesta ordenanza excedan o baremo económico
nunha porcentaxe superior o 10 % do establecido neste artigo, como consecuencia dunha situación familiar
de extrema urxencia, tendo en conta o previsto no artigo 48.3 da lei 10/2013 de 27 de novembro de
Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
Inclusión Social de Galicia.
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Entenderase que dispoñen de medios económicos suficientes aquelas persoas que dispoñan
dun saldo en contas bancarias ou produtos financeiros cun saldo positivo superior a 5 veces
o IPREM.

No caso de ter expediente aberto nos servizos sociais, con proxecto de intervención, a unidade
familiar deberá cumprir co plan de traballo e/ou seguimento establecido polos servizos sociais
comunitarios.

No caso de vítimas de violencia de xénero, poderán excluírse os anteditos requisitos logo da


xustificación previa da urxencia do caso.

Excepcionalmente os servizos socias do Concello de Fornelos de Montes, poderán valorar as


solicitudes que cumprindo con todos os demais requisitos previstos nesta ordenanza excedan
o baremo económico nunha porcentaxe superior o 10 % do establecido neste artigo, como
consecuencia dunha situación familiar de extrema urxencia, tendo en conta o previsto no artigo
48.3 da lei 10/2013 de 27 de novembro de Inclusión Social de Galicia.

Artigo 8.-Obrigas das persoas beneficiarias.

Os beneficiarios das axudas ou, no seu caso, os seus representantes legais estarán obrigados a:

1. Aplicar o importe da axuda á finalidade para a que foi concedida.

2. Comunicarlle ao departamento municipal de servizos sociais todas aquelas variacións da


situación socio-familiar e/ou económica que poidan modificar as circunstancias que motivaron
a solicitude, así como cambio de domicilio, datos de contacto ou número de teléfono.

3. Cumprimento do proxecto de intervención, naqueles casos nos que as axudas teñan uns
obxectivos concretos, tras o informe previo do traballador social.

4. Permitir e facilitar o labor dos servizos sociais comunitarios con canta información sexa
precisa para a elaboración dos informes sociais que resulten procedentes, mantendo en todo
momento unha actitude colaboradora.

5. Reintegrar o importe das prestacións indebidamente percibidas ou que coincidan no tempo


con outra prestación concedida para a mesma finalidade.

6. Ao cumprimento das condicións que poidan establecerse ou acordarse na concesión


das prestacións ao titular para que, polos seus propios medios, poida superar a situación de
necesidade da unidade familiar.

7. Escolarizar os menores ao seu cargo, que se atopen en idade escolar obrigatoria (de 6 a
16 años).

Ditas obrigas serán comunicadas ao posible beneficiario no momento de comunicarlle a


resolución.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Artigo 9.- Importe e límite das axudas.

O importe dos distintos tipos de axudas de emerxencia social determinarase, en cada caso
concreto, Odeimporte
acordo dos coa situación
distintos económica
tipos de axudas e familiar
de emerxencia social da persoa solicitante
determinarase, en cada caso e da súadeunidade
concreto,
acordo coa situación económica e familiar da persoa solicitante e da súa unidade de convivencia, cos
de convivencia, cos seguintes
seguintes límites:
límites:

TIPOLOXÍA DE AXUDAS CONTÍA MÁXIMA PERIOCIDADE


Alimentación e produtos de hixiene, limpeza e 50% IPREM* Trimestral
vestimenta
Uso da Vivenda - Obras 200% IPREM* Anual
Alugueiros e Gastos Hipotecarios 100% IPREM*
Pagamento de Recibos 60% IPREM* Anual
Pagamento de Produtos Farmaceúticos 55% IPREM* Anual
Adquisición de electrodomésticos básicos 75% IPREM* Anual
Pagamento de desprazamentos 25% IPREM* Anual
Pagamento de lentes, audífonos e produtos de apoio 55% IPREM* Anual
Axudas para o pago de aloxamento alternativo 50% IPREM* Estancia Anual
máxima 10 días
Pagamento de Servizos de Limpeza 55% IPREM* Anual
Outros gastos excepcionais e/ou do proxecto de 25% IPREM* Anual
intervención 300% IPREM* (caso de
enterramentos)
*IPREM mensual

En todo caso o importe do conxunto de axudas durante o ano natural, da unidade de convivencia
En todo caso onon
beneficiaria importe doigual
poderá ser conxunto
ou superiorde
ao axudas durante
100% do IPREM o ano
mensual, agás natural,
no caso de da unidade
gastos de de
acondicionamento (obras) na vivenda onde o límite da axudas é do 200% do IPREM mensual.
convivencia beneficiaria non poderá ser igual ou superior ao 100% do IPREM mensual, agás
no caso deArtigo
gastos de acondicionamento (obras) na vivenda onde o límite da axudas é do 200%
10.-Solicitude.

do IPREM mensual.
1. Esta irá dirixida ó Alcalde, segundo o modelo establecido (Anexo I), asinada polo interesado ou
polo seu representante legal, acompañada da documentación pertinente en cada caso, e
presentaranse nos servizos sociais do Concello de Fornelos de Montes ou a través da súa sede
Artigo 10.-Solicitude.
electrónica.

2. O prazo de presentación estará aberto todo o ano.


1. Esta irá dirixida ó Alcalde, segundo o modelo establecido (Anexo I), asinada polo interesado
ou polo seu 3.representante
A concesión das legal, acompañada
axudas estará da caso
suxeita en todo documentación pertinenteconsignación
á existencia da correspondente en cada caso, e
orzamentaria.
presentaranse nos servizos sociais do Concello de Fornelos de Montes ou a través da súa sede
electrónica. 4. En calquera fase do procedemento, o solicitante, pode desistir a seguir co trámite de solicitude
iniciado ou renunciar a recibir as axudas concedidas.
2. O prazo de presentación estará aberto todo o ano.
Artigo 11.- Documentación.
3. A concesión das axudas estará suxeita en todo caso á existencia da correspondente
Xunto coa solicitude deberá presentarse:
consignación orzamentaria.
- Fotocopia de DNI, NIE ou pasaporte dos membros da unidade familiar de convivencia que o
posúan. No suposto de estranxeiros, tarxeta de residencia, de asilo ou refuxio ou calquera outro
4. En calquera fase do procedemento, o solicitante, pode desistir a seguir co trámite de
documento que permita a súa estancia legal no país.
solicitude iniciado ou renunciar a recibir as axudas concedidas.
- Documento dos compromisos adquiridos polo solicitante (Anexo II).

Libro de familia/ certificación de nacemento ou documentos acreditativos de acollemento ou


Artigo 11.- -Documentación.
tutela.

Xunto coa- solicitude


No caso de deberá
separaciónpresentarse:
ou divorcio, deberán presentar documentación acreditativa desta situación
e acreditar as pensións alimenticias ou compensatorias no seu caso. No seu defecto deberá
—— Fotocopia
presentarde DNI, NIE
documento queou pasaporte
acredite dos membros da unidade familiar de convivencia
habelo reclamado.

que
- o posúan.
No No suposto
caso de manifestar de estranxeiros,
maltrato tarxetadeberá
ou violencia doméstica, de residencia,
presentar a de asilo ou
denuncia ou refuxio
documento acreditativo
ou calquera da súa tramitación.
outro documento que permita a súa estancia legal no país.
- No caso de persoas que aleguen diversidade funcional deberán achegar o certificado do grao de
discapacidade.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

—— Documento dos compromisos adquiridos polo solicitante (Anexo II).


—— Libro de familia/ certificación de nacemento ou documentos acreditativos de
acollemento ou tutela.
—— No caso de separación ou divorcio, deberán presentar documentación acreditativa
desta situación e acreditar as pensións alimenticias ou compensatorias no seu caso.
No seu defecto deberá presentar documento que acredite habelo reclamado.
—— No caso de manifestar maltrato ou violencia doméstica, deberá presentar a denuncia
ou documento acreditativo da súa tramitación.
—— No caso de persoas que aleguen diversidade funcional deberán achegar o certificado
do grao de discapacidade.
—— Certificado do padrón municipal de habitantes, conforme a residencia e convivencia,
no que se acredite un empadroamento mínimo de 6 meses ininterrompidamente á
formulación da solicitude.
—— Declaración do IRPF do ano corrente ou do anterior dependendo da data da solicitude.
No caso de non estar obrigado a presentala, certificación negativa da Axencia
Estatal de Administración Tributaria relativa aos membros da unidade familiar
maiores de 16 anos. Esta obriga poderase substituír pola autorización ao Concello
para consultar esta información vía telemática a administración de facenda.
—— Xustificante de ingresos económicos de todos os membros da unidade de convivencia
a través de copia da última nómina, certificado de pensión, certificado do INEM ou
no caso de persoas desempregadas, copia da tarxeta de demandante de emprego e
extracto e movementos de todas as contas bancarias de que sexa titular calquera
das persoas que integran a unidade familiar que inclúan os seis meses anteriores á
presentación da solicitude.
—— Declaración responsable das axudas e importes recibidos para as mesmas
finalidades (ou de non ter recibido ningún).
—— Orzamento correspondente á solicitude da axuda (obra, servizo, subministración ou
actividade para solicitar).
—— No caso de solicitar axuda para tratamento farmacolóxico, deberá achegar receita
médica do Sergas e documentación acreditativa da farmacia indicando a achega que
ten que asumir o interesado.
—— No caso de solicitar a axuda para facer fronte á situación de emerxencia derivadas
de gastos relacionados coa vivenda ou aloxamento: contrato de alugueiro xunto coa
declaración responsable do propietario da vivenda na que se acredite a existencia
dunha débeda e o seu importe, último recibo de pago de ser o caso; xustificantes de
préstamos hipotecarios, recibo do último pago da hipoteca, xustificante acreditativo
dos gastos de mantemento da vivenda pendente de pago; orzamento do material e/
ou de calquera outro equipamento obxecto da axuda que se constate preciso.
—— Documento de cesión de pago, pago delegado (Anexo III).
—— Certificado de conta bancaria do provedor/acredor.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

—— Os servizos sociais comunitarios poderán solicitar do interesado calquera outro


documento que consideren preciso para a axeitada valoración e/ou resolución do
expediente.
Todos os documentos deberán achegarse orixinais para proceder a realización das copias,
e cotexo dos mesmos.

Artigo 12.-Emenda de documentación.

Se por calquera motivo a solicitude non reunise todos os datos e documentos, requirirase á
persoa solicitante para que nun prazo de 10 días emende a falta ou acompañe os documentos
preceptivos con indicación de que se lle terá por desestimada a súa petición, se así non o fixese,
arquivándose esta sen máis trámites, nos termos establecidos no artigo 68 en relación co 95
da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións
Públicas.

Artigo 13.-Procedemento.

A instrución do procedemento realizarase polos servizos sociais do Concello de Fornelos de


Montes, e axustaranse aos seguintes procedementos:

1. Procedemento ordinario:

a) Unha vez rexistrada no Rexistro Xeral, a solicitude e documentación presentada segundo


esta ordenanza, será obxecto do estudo da situación socio-familiar, realizado por parte do
traballador social do Concello de Fornelos de Montes para a valoración da petición formulada.

b) O traballador social dos servizos sociais comunitarios de Fornelos de Montes, emitirá


o correspondente informe social coa proposta, no que se poña de manifesto se o interesado
cumpre ou non cos requisitos sinalados para percibir unha axuda municipal de emerxencia
social, de conformidade co disposto nesta ordenanza valorando debidamente a situación que o
interesado acreditou documentalmente e cuantificará o importe da axuda.

c) Unha vez que estea completo o expediente, o departamento de servizos sociais, remitirao
nun prazo máximo de 15 días naturais dende a súa recepción no rexistro á secretaría-intervención
municipal para a súa fiscalización previa, a cal deberá emitir un informe da existencia de crédito
necesario para a aprobación da axuda, que tamén se achegará ó expediente de solicitude.

d) Unha vez que a secretaría-intervención municipal realice a fiscalización previa, remitiráselle


o expediente ao órgano competente para que dite a correspondente resolución administrativa.

2. Procedemento de Urxencia:

A tramitación con carácter de urxente darase con carácter excepcional a aqueles casos
especiais nos que segundo a valoración do traballador social a situación do beneficiario sexa
de extrema urxencia e gravidade e requira unha resolución inmediata.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

O expediente resolverase e efectuarase o pago nun prazo máximo de 72 horas, contado


desde a presentación da solicitude con todos os documentos preceptivos, considerando
vinculante o informe do traballador social, que terá que conter a mesma información que no
procedemento ordinario, e onde porá de manifesto o carácter prioritario e urxente da concesión
da axuda e contía, gozando estes expedientes de preferencia para a súa tramitación en todos os
departamentos municipais. Posteriormente, o expediente continuará o trámite habitual.

O alcalde atendendo a gravidade da situación, resolverá o expediente mediante Decreto se


for necesario.

Artigo 14 .-Órgano municipal competente, Resolución, notificación ós interesados.

1. As resolucións relativas as axudas económicas municipais, adoptaranse por acordo do


Alcalde ou órgano en quen delegue, no prazo máximo de 30 días naturais, contados dende a
presentación da solicitude.

2. As resolucións notificaranse por escrito ós interesados na forma e por calquera dos medios
que permita ter constancia da recepción polos interesados.

Artigo 15.- Aboamento da axuda e xustificación do gasto.

Adoptada a resolución polo órgano competente pola que se concede a axuda económica, esta
aboarase, previa presentación da factura, de forma preferente por pago delegado á entidade e/
ou empresa autorizada.

Só de xeito excepcional e co informe favorable do traballador social o pago efectuarase


mediante transferencia bancaria do concello a conta do beneficiario. Neste caso, con carácter
xeral, a xustificación das cantidades subvencionadas farase de xeito previo ao pago da mesma.

A xustificación do gasto acreditarase mediante as facturas dos pagos e gastos realizados que
deberán cumprir os requisitos regulamentarios establecidos ao efecto na normativa vixente en
cada momento, ou mediante outros documentos de valor probatorio equivalente con validez
no tráfico xurídico mercantil.

Con carácter excepcional e debidamente xustificado no expediente por parte do traballador


social dos servizos sociais comunitarios, ante determinadas situacións extremas, ó perceptor
da axuda non se lle requirirá previamente a xustificación do gasto polos medios determinados
con carácter xeral sinalados neste artigo.

Artigo 17.- Causas de denegación.

Poderán ser denegadas aquelas solicitudes que poidan concorrer nalgunha das seguintes
circunstancias:

1. Que non cumpran os requisitos esixidos na presente ordenanza.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

2. A ocultación ou falsidade dos datos que figuren na solicitude ou nos documentos aportados.

3. Que a axuda solicitada non sexa adecuada para a resolución da necesidade presentada.

4. Que non exista crédito suficiente para a atención da solicitude.

5. Que poida satisfacer axeitadamente as necesidades por si mesmo e/ou co apoio do resto
dos membros da unidade de convivencia.

6. Por constar no seu expediente persoal non ter cumprido coas obrigas esixidas noutras
ocasións en que se concedesen axudas.

7. Que a axuda solicitada sexa para cubrir gastos de asistencia médica ou farmacéutica
susceptible de ser prestada na súa totalidade polo Servizo Galego de Saúde.

8. Por calquera outra causa debidamente motivada.

Artigo 18.- Revogación das axudas.

As causas de revogacións das axudas municipais de emerxencia social serán as seguintes:

1. Renuncia expresa.

2. Falsidade e ocultamento de calquera dos datos declarados pola persoa solicitante.

3. Darse de baixa no padrón municipal ou non residir efectivamente no municipio.

4. Non presentación das facturas ou documentación que deron lugar á axuda concedida.

5. Incumprimento reiterado dos obxectivos que se marcasen no proxecto de intervención


de ser o caso.

6. Falecemento do beneficiario.

7. Non aceptación por parte do solicitante a quedar incluído na base de datos de servizos
sociais.

8. Non cumprimento das obrigas das persoas beneficiarias establecidas da presenta ordenanza.

Artigo 19.- Confidencialidade.

Garántese a confidencialidade dos datos obtidos na tramitación dos expedientes. Estarase


ao disposto na lexislación de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 20.- Límite orzamentario.

Estas axudas estarán supeditadas ás limitacións orzamentarias que anualmente se establezan.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Disposición final única.

Esta ordenanza entrará en vigor unha vez se publique o seu texto integramente no Boletín
Oficial da Provincia de Pontevedra e transcorra o prazo de quince días hábiles, previstos no
artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local.

ANEXO I: SOLICITUDE DE AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

SOLITANTE:

D./Dª.__________________________________________________________________ DNI /NIE nº


__________________, con domicilio en__________________________
______________________________________________________________________
Teléfono____________________

EXPON que:
______________________________________________________________________________________________
______________________________________________________________________________________________
____________________________________________________________________________________________

Polo exposto SOLICITA:

Unha AXUDA ECONÓMICA, pola contía de ______________ € para _____________________


_____________________________________________________________________________

DECLARA:

Que forman parte da unidade de convivencia _________ persoas, e que os ingresos da unidade familiar
ascende a _____________________€ mensuais.

Que tódolos datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son verdadeiros, non
existindo omisión de datos, así como que non percibe axuda doutro organismo polo mesmo concepto.

Quedo informado da obriga de comunicar ó traballador social do Concello de Fornelos de Montes,


calquera variación que poida producirse.

O solicitante autoriza ós servizos sociais municipais a recadar os documentos que obren noutros servizos
municipais, así coma a información adicional que se considere necesaria para completar o expediente
dirixíndose aos órganos públicos ou privados competentes.

En Fornelos de Montes a ______ de ____________________ de 20____

(sinatura do solicitante)

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ANEXO II. COMPROMISOS ADQUIRIDOS POLO SOLICITANTE.

D./Dª: _______________________________________________________ con DNI/NIE nº:


____________________________________

COMPROMÉTESE NO CASO DE CONCESIÓN DA AXUDA DE EMERXENXIA SOCIAL A:

1. Comunicar por escrito ao servizo social comunitario todas aquelas variacións ocorridas na súa
situación socio familiar, que poidan modificar as circunstancias que motivaron a solicitude, nun
prazo máximo de 10 días.

2. Destinar a cantidade percibida aos fins para os que foi concedida.

3. Permitir e facilitar a actuación dos servizos sociais comunitarios para avaliar a súa situación socio
familiar e comprobar a aplicación da axuda á finalidade para a que foi concedida.

4. Reintegrar os importes concedidos cando non se apliquen para os fins que se concederon.

5. Aceptar e cumprir os compromisos que, no seu caso, se establecerán no proxecto de intervención


social elaborado polo traballador social. Este proxecto poderá subscribirse mentres estea a axuda
vixente.

En Fornelos de Montes a ______ de ____________________ de 20____

(sinatura do solicitante)

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ANEXO III DOCUMENTO DE PAGO DELEGADO

Eu D/Dª. _____________________________________________________________________
con DNI/NIE nº __________________ , perceptor da axuda de emerxencia social concedida, autoriza a
______________________________________________________________________
________________________________________________________ a percibir a cantidade de________________ , en
concepto de _____________________________________________
_______________________________________________________________________________

Sinatura da persoa beneficiaria da axuda

Datos da Empresa ou particular:

Nome: __________________________________________________________________
1º Apelido: _______________________________________________________________
2º Apelido: _______________________________________________________________
DNI ou NIF: ______________________________________________________________
Enderezo: _______________________________________________________________
Localidade: ______________________________________________________________
Provincia: ____________________________________________________________________

En Fornelos de Montes, a ___ de _________________ de 20__

Sinatura e selo da empresa/particular

Nº de cta. Bancaria:
IBAN Entidade Oficina Díxitos de control Nº de Conta

Deberá achegar unha certificación bancaria do código IBAN da empresa ou particular onde se teña que
facer o ingreso

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
FORNELOS DE MONTES
Convocatorias Xuíz de Paz

ELECCIÓN DE XUÍZ DE PAZ TITULAR DO CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES

De acordo co establecido no artigo 101 da Lei Orgánica 6/1985, de 1 de xullo, do Poder


Xudicial, e coa finalidade de proceder á elección de xuíz de paz titular deste municipio, ábrese
un prazo de quince días hábiles, contados dende a inserción do presente anuncio no Boletín
Oficial da Provincia, para que as persoas que estean interesadas e reúnan as condicións legais
para o desempeño de dito cargo, realicen as oportunas solicitudes, que irán dirixidas ao
Sr. Alcalde-Presidente, debendo acompañar ás mesmas a seguinte documentación:

•  Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.


•  Certificado de carecer de antecedentes penais expedida polo Rexistro Central de
Penados e Rebeldes.
•  Declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2.1 a) da Lei 68/80, de 1
de decembro, sobre expedición de certificacións e informes sobre conduta cidadá,
referente a “se se atopa inculpado ou procesado”.
•  Declaración xurada de reunir os requisitos legais para acceder ao nomeamento e de
non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade prevista nos artigos
303 e 389 da Lei Orgánica do Poder Xudicial e artigo 14 do Regulamento 3/1995, do 7
de xuño, de Xuíz de Paz.
•  Xustificantes dos méritos que no seu caso alegue o solicitante.

O que se publica para xeral coñecemento.

Documento asinado dixitalmente ao marxe.


O alcalde — Emiliano Lage Rodríguez.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
FORNELOS DE MONTES
Subvencións e axudas

VI EDICIÓN DO PREMIO DE XORNALISMO MANUEL LUEIRO REY

VI EDICIÓN DEL PREMIO DE JORNALISMO MANUEL LUEIRO REY

BDNS(Identif.):678844

De conformidad con lo previsto en los artículos 17.3.b y 20.8.a de la Ley 38/2003, de 17


de noviembre, General de Subvenciones, se publica el extracto de la convocatoria cuyo texto
completo puede consultarse en la Base de Datos Nacional de Subvenciones (https://www.
infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/678844)

Extracto de las bases aprobadas por acuerdo de 23 de febrero de 2023 de la Junta de Gobierno
Local del Ayuntamiento de Fornelos de Montes por la que se convoca la VI Edición del Premio
de Jornalismo Manuel Lueiro Rey

Primero.- Participantes.

Podrán concurrir a este certamen todas las personas mayores de edad que lo deseen y cada
participante deberá hacerlo con un único artículo.

No podrán obtener la condición de beneficiarios de los premios las personas en quien


concurra alguna de las circunstancias previstas en el artículo 13 de la Ley 38/2003, de 17 de
noviembre, General de Subvenciones (LGS).

Quedan expresamente excluidas de esta convocatoria aquellas personas que no se encuentren


al corriente en sus deberes tributarios con el Ayuntamiento de Fornelos de Montes, la Tesorería
General de la Seguridad Social, la Agencia Estatal de la Administración Tributaria y la Agencia
Tributaria de Galicia.

Los beneficiarios están sujetos al cumplimiento de las obligaciones establecidas en el art.


14 de la LGS.

Segundo.- Objeto.

Los artículos serán inéditos, deberán estar escritos en gallego y estar redactados en un estilo
periodístico de carácter divulgativo y/o de opinión en el ámbito de la denuncia social.

Los artículos presentados deberán tener entre 2.500 y 3.500 caracteres con espacios incluidos
(entre 450 y 600 palabras, aproximadamente).

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Tercero.- Bases reguladoras.

Se publicarán en la web del Ayuntamiento y en el tablón de anuncios.

Cuarto.- Cuantía.

La dotación del premio, único e indivisible, que será de 1.000 euros, con cargo a la partida
334.48 del presupuesto del Ayuntamiento de Fornelos de Montes, estará sujeta al tratamiento
fiscal en vigor en el momento de la concesión.

Si el jurado lo considera oportuno, el premio podrá ser declarado desierto. Asimismo, el


jurado podrá designar uno o más accésits al premio que en ningún caso comportarán dotación
económica.

Quinto.- Plazo de presentación.

El plazo de recepción se iniciará desde el día siguiente de la publicación de estas bases en


el BOP hasta el día 30 de abril de 2023.

Fornelos de Montes, 28/02/2023


Emiliano Lage Rodríguez
Alcalde-Presidente del Ayuntamiento de Fornelos de Montes

VI EDICIÓN DO PREMIO DE XORNALISMO MANUEL LUEIRO REY

BDNS(Identif.):678844

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral
de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na
Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/
convocatoria/678844)

Extracto das bases aprobadas por acordo de 23 de febrero de 2023 da Xunta de Goberno Local
do Concello de Fornelos de Montes pola que se convoca a VI Edición do Premio de Xornalismo
Manuel Lueiro Rey

Primeiro.- Participantes.

Poderán concorrer a este certame todas as persoas maiores de idade que o desexen e cada
participante deberá facelo cun único artigo.

Non poderán obter a condición de beneficiarios dos premios as persoas en quen concorra
algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral
de Subvencións (LXS).

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Quedan expresamente excluídas desta convocatoria aquelas persoas que non se atopen ao
corrente nas súas obrigas tributarias co Concello de Fornelos de Montes, a Tesourería Xeral
da Seguridade Social, a Axencia Estatal da Administración Tributaria e a Axencia Tributaria de
Galicia.

Os beneficiarios están suxeitos ao cumprimento das obrigacións establecidas no art. 14 da LXS.

Segundo.- Obxecto.

Os artigos serán inéditos, deberán estar escritos en galego e estar redactados nun estilo
xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social.

Terceiro.- Bases reguladoras.

Publicaranse na web do Concello e no taboleiro de anuncios.

Cuarto.- Contía.

A dotación do premio, único e indivisible, que será de 1.000 euros, con cargo á partida 334.48
do orzamento do Concello de Fornelos de Montes, estará suxeita ao tratamento fiscal en vigor
no momento da concesión.

Se o xurado o considera oportuno, o premio poderá ser declarado deserto. Así mesmo,
o xurado poderá designar un ou máis accésits ao premio que en ningún caso comportarán
dotación económica.

Quinto.- Prazo de presentación.

O prazo de recepción iniciarase dende o día seguinte da publicación destas bases no BOP
ata o día 30 de abril de 2023.

Fornelos de Montes, 28/02/2023


Emiliano Lage Rodríguez
Alcalde-Presidente do Concello de Fornelos de Montes

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
GUARDA, A
Ordenanzas e Regulamentos

APROBACIÓN DEFINITIVA DO REGULAMENTO DO MERCADO DE ABASTOS

EXPEDIENTE 2714/2022

ANUNCIO DE APROBACIÓN DEFINITIVA DO REGULAMENTO DO MERCADO DE ABASTOS DO


CONCELLO DA GUARDA

O Pleno do Concello da Guarda acordou en sesión de 22 de decembro de 2022 a aprobación


inicial do REGULAMENTO DO MERCADO DE ABASTOS DO CONCELLO DA GUARDA, sen que se
presentaran alegacións no trámite de exposición pública, polo que se entende definitivamente
aprobado, publicándose o texto íntegro que se transcribe:

REGULAMENTO DO SERVIZO DO MERCADO DE ABASTOS DA GUARDA.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

De conformidade co previsto no art. 4.1.a) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases
do Réxime Local e art. 128 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo
Común das Administracións Públicas, o Concello da Guarda elabora o presente Regulamento
do Servizo do Mercado Municipal de Abastos, fundamentado nos principios de necesidade e
eficacia, resultando unha competencia propia dos Concellos a relativa ao servizo de Mercado de
Abastos, como se determina no art. 25.2.i) da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do
Réxime Local do que deriva o interese xeral da súa debida regulación, tratando de acomodarse
as previsións do Regulamento ata agora vixente á normativa en vigor, sendo o instrumento
máis adecuado para a súa consecución. Partindo do establecido no art.95 do Real Decreto
Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das Disposicións
Legais vixentes en material de réxime local, art. 30 e seguintes do Decreto do 17 de xuño de
1995, de Servizos das Corporacións Locais e art. 284.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de
Contratos do Sector Público, o Concello da Guarda establece o seguinte Regulamento do servizo
do Mercado de Abastos, co fin de determinar o seu réxime xurídico básico.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

TÍTULO I. DO SERVIZO DO MERCADO DE ABASTOS


CAPÍTULO I. OBXECTO

Art. 1. Servizo obxecto de regulación.

Considéranse Mercados de Abastos os edificios e instalacións utilizados para a venda ao por


menor dos produtos destinados ao abastecemento público, especialmente en canto se refire á
alimentación, sendo a súa creación, apertura e explotación de exclusiva competencia municipal.
Referirase o presente Regulamento á prestación do servizo do Mercado de Abastos sito na
localidade da Guarda e que posúe dúas entradas, unha na rúa Concepción Arenal nº 43 e outra
na rúa Julián López s/n. O servizo público sinalado asúmese expresamente como propio desta
Administración, á luz da atribución de competencias prevista no apartado 2.i) do art. 25 da
Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. A prestación deste servizo
desenvolverase de acordo co establecido neste Regulamento e resolucións que en aplicación do
mesmo se diten, sen poder vulnerar a liberdade de competencia comercial.

Art.2.Ámbito subxectivo

O presente Regulamento resultará de aplicación:

- Ás persoas concesionarias dos postos, que son aquelas que, pola prestación do servizo
a través da oportuna concesión, asuman unha relación especial co Concello, adquirindo o
dereito ao uso das instalacións de conformidade e co cumprimento dos deberes establecidos
no Regulamento e cos pregos que, no seu momento, rexan ditas concesións.

- Ás persoas particulares usuarias do Mercado de Abastos, que disporán da posibilidade


de uso do servizo que nas instalacións se leven a cabo segundo o réxime establecido neste
Regulamento, nas normas que rexen a actividade comercial e demais aplicables segundo o tipo
de actividade a desenvolver.

- Á administración titular do servizo e das instalacións do Mercado de Abastos, que será o


Concello da Guarda.

CAPÍTULO II. MODALIDADE DE PRESTACIÓN E RÉXIME XURÍDICO


APLICABLE AOS POSTOS.

Art. 3. Xestión do servizo

O servizo prestarase polo Concello mediante xestión directa (art.85.2.A) da Lei 7/1985, do 2
de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e art.41 e seguintes do Decreto do 17 de xuño
de 1955, de Servizos das Corporacións Locais, ou normas que as substitúan).

Art.4. Réxime xurídico aplicable aos postos.

Os postos poden ser fixos ou móbiles.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Entenderase por postos fixos os que formen parte da propia estrutura do Mercado e se
destinen á venda de artigos alimenticios de primeira necesidade ou, excepcionalmente, a outras
actividades que, sen ser do ramo da alimentación, se consideren complementarias ou de utilidade,
sen poder exceder do 30% do seu número total.

A ocupación en concreto de cada posto fixo revestirá os caracteres propios dunha concesión
administrativa demanial, que se outorgará segundo o establecido no art.78 e seguintes do Real
Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades
Locais, art.93 da Lei 33/2003, do 3 de novembro do Patrimonio das Administracións Públicas
e, no relativo ao procedemento de outorgamento, Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos
do Sector Público ou normas que as substitúan, na medida en que resulten de aplicación.

Enténdese por postos móbiles as bancadas con posibilidade de desprazamento situadas nos
corredores do Mercado. Nestas bancadas poderanse ofertar produtos agrícolas ou artesáns,
sempre que sexan de produción ou creación propias durante un máximo de dous días á semana
consecutivos (preferentemente venres e sábados), excepto nos meses de xullo a setembro, nos
que dita venda poderá realizarse con carácter diario. As mercadorías deberán estar expostas
nas bancadas, non permitindo o contacto directo co chan.

Para poder realizar o uso das bancadas deberá obterse a oportuna autorización municipal,
previo cumprimento dos seguintes requisitos:

1.- Pago da taxa establecida na ordenanza fiscal correspondente.

2.- Estar dado de alta no réxime da Seguridade Social que corresponda coa súa actividade.

A persoas interesadas deberán presentar solicitude de acordo co modelo que se facilitará


polo Concello da Guarda. No caso das ocupacións de duración ata tres meses, deberán axuntar
xunto coa solicitude a correspondente autoliquidación no modelo facilitado polo concello e o
xustificante do ingreso correspondente a todo o período solicitado. No caso de que a ocupación
teña unha duración de mais de tres meses, o concello procederá a efectuar a liquidación polo
período inicial, a cal será notificada xunto coa autorización, é a partir do trimestre posterior
procederá a incorporarse ao padrón da taxa pola prestación do servizo de mercado.

Art. 5 Produtos que poderán ofrecerse nos postos do Mercado.

Os postos do Mercado haberán de destinarse á venda dos seguintes artigos:

a. Carnes frescas

b. Despoxos de reses

c. Aves, caza e ovos

d. Peixes frescos e mariscos

e. Artigos de alimentación conxelados

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

f. Froitas e verduras

g. Comestibles, chacinas e ultramarinos

h. Aliños, especias, aderezos e outros produtos similares

i. Produtos en salgadura

k. Flores e plantas

l. Droguería e artigos de limpeza

m. Bar ou cantina .

n. Comidas preparadas

ñ. Pan, pastelaría, bolería e derivados

o. Produtos de artesanía ou de creación/produción propia

p. Calquera outra actividade susceptible de ser prestada no Mercado Municipal de Abastos


que poda ser autorizada polo órgano competente.

CAPÍTULO III. RÉXIME BÁSICO DE EXPLOTACIÓN


DO MERCADO MUNICIPAL DE ABASTOS

Art. 6. Normativa reguladora.

As diferentes instalacións e a prestación do servizo adaptarase, en todo momento ao


establecido neste Regulamento, á normativa reguladora da material que sexa de obrigatoria
observancia e, en concreto, á Lei 13/2010, do 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia,
con respecto das actividades ás que resulta de aplicación e á Lei 7/1996 do 15 de xaneiro,
de Ordenación do Comercio Minorista, ou aquelas que as substitúan. Especialmente deberían
de terse en conta as disposicións específicas en materia sanitaria e de control de alimentos
e bebidas. As relacións comerciais entre as persoas concesionarias e as usuarias do servizo
rexeranse exclusivamente polo dereito privado.

Art. 7 Condicións dos postos.

Cada un dos postos onde se preste o servizo disporá das instalacións e condicións mínimas
esixidas pola normativa reguladora segundo o tipo de venda que se realice, incluíndo, de así
ser necesario, cámaras frigoríficas. Serán por conta as persoas concesionarias as instalacións
necesarias desde a toma xeral para o subministro de auga, gas, electricidade ou teléfono, así
como os gastos de conservación dos mesmos. Correrán a cargo dos/as titulares, as obras de
construción e adaptación dos postos do mercado, así como cantas instalacións houberen de
realizarse naqueles e os gastos de conservación de ditos postos e instalacións.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Art.8 Xestión de reclamacións e suxestións.

No Mercado existirá, a disposición dos/as usuarios/as, un Libro de Reclamacións, debidamente


foliado, numerado e selado co selo do Concello, así como un cartel colgado nun lugar ben visible
no que se exprese que “Neste Mercado existe un Libro de Reclamacións a disposición do público;
para a súa utilización, dirixirse ao/á encargado/a do Mercado ou ao Concello”. Así mesmo, os/as
comerciantes do mercado, deberá dispor da preceptiva folla de reclamacións, e exhibirán nun
lugar visible o cartel que anuncie a súa existencia e posta á disposición, de acordo co establecido
a tal efecto pola normativa vixente. Tamén existirá a disposición do público un caixa de correo
no que as persoas que así o desexen podan depositar as súas suxestións de mellora.

Art. 9 Prohibición de publicidade.

No Mercado Municipal de Abastos non se admitirá ningún uso de publicidade comercial que
non sexa o propio nome do titular de cada posto, quedando prohibido en calquera caso o voceo,
o uso de altofalantes ou de calquera outro medio sonoro para ofrecemento das mercadorías
ou produtos.

Art.10 Inspección sanitaria e control de alimentos e bebidas.

O servizo de inspección sanitaria do mercado corresponde aos organismos competentes


da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Exercerase a través do Servizo de Inspección
Veterinaria asignado a este Concello. Corresponderalle á Inspección Veterinaria o exercicio de
cantas comprobacións, exames e demais actuacións sexan necesarias para comprobar o axeitado
estado hixiénico – sanitario dos produtos que se venderán no Mercado Municipal de Abastos,
de conformidade coa súa propia normativa reguladora e a que sexa aplicable neste eido.

CAPÍTULO IV. XESTIÓN DO SERVIZO.

Art.11 Obrigas do xestor do servizo.

O Concello da Guarda, como xestor directo do servizo de mercado de abastos, terá as seguintes
obrigas:

- Velar polo coidado, limpeza, conservación, mantemento e vixilancia das instalacións do


mercado municipal, non permitindo a venda por persoas non autorizadas.

- Ocuparase da apertura e funcionamento das instalacións de conformidade co precisado


neste Regulamento.

- Levará un rexistro adecuado das concesións administrativas outorgadas a cada un dos


postos, no que constarán a data da concesión, o/a seu/súa titular, o prazo de outorgamento,
o canon satisfeito, transmisións e demais datos de interese que consten no acto de concesión.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

- Levará a cabo, en definitiva, tódalas actuacións necesarias para garantir o acomodo das
instalacións aos requisitos precisados na devandita normativa aplicable, así como desenvolver
o servizo de estrita suxeición á mesma.

- O concello non asumirá responsabilidade por danos, subtraccións ou deterioro das


mercadorías ou do posto obxecto da concesión.

TÍTULO II RÉXIME DOS POSTOS.


CAPÍTULO I. DEFINICIÓN.

Art.12 Natureza xurídica.

A ocupación en concreto de cada posto conceptúase como unha utilización privativa dun
ben demanial, que precisa do oportuno titulo habilitante. Este titulo, terá consideración dunha
concesión administrativa, que se rexerá polas disposicións contidas no art. 78 e seguintes do Real
Decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades
Locais, art.93 e seguintes da Lei 33/2003, do 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións
Públicas e, no relativo ao procedemento de outorgamento, Lei 9/2017, do 8 de novembro, de
Contratos do Sector Público ou normas que as substitúan.

Art.13 Destino dos postos.

En principio, a persoa que resulte concesionaria dun posto poderá dedicalo a calquera das
actividades que se precisan neste Regulamento, non obstante, e para supostos excepcionais nos
que exista demanda de determinados produtos de primeira necesidade, que non sexan ofertados
en grado suficiente nin polo servizo municipal do mercado de abastos nin pola iniciativa privada
sempre que elo resulte permitido polas normas en materia de libre competencia, o Concello
poderá reservar a concesión de determinados postos ao servizo da venda destes produtos. En
todo caso, o Concello poderá autorizar o cambio de especie de venda dos postos dos mercados,
previa solicitude pola persoa interesada que deberá obter a correspondente autorización polo
órgano competente.

Art. 14 Titulares dos postos.

Poderán ser titulares de postos as persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade xurídica
e de obrar e que non teñan ningún tipo de débeda nin coa Seguridade Social nin con ningunha
Administración tributaria. Os postos non poderán ser atribuídos a dúas ou máis persoas en
común e non poderán estar suxeitos a condicións ou gravames de ningunha clase, agás o
establecido no art.16 . Non poderán ser titulares de postos os comprendidos nalgún dos casos
de prohibición para contratar sinalados na normativa sobre contratación administrativa.

Unha mesma persoa poderá ser titular de, como máximo, dous postos fixos que deberán
dedicarse á venda de produtos ou servizos complementarios.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

CAPÍTULO II. ADXUDICACIÓN, TRANSMISIÓN E GRAVAME.

Art. 15 Adxudicación.

O outorgamento da concesión realizarase en réxime de concorrencia seguindo a tramitación


establecida na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público ou normal que a
substitúa, de conformidade aos pregos previamente aprobados polo órgano competente.

Se celebrada a licitación quedasen sen adxudicar postos, estes poderán ser asignados a a
través de adxudicación directa nos termos fixados na lexislación vixente, sempre que non houbera
transcorrido mais dun ano da celebración da licitación, e tendo en conta que as condicións non
poderán ser inferiores ás anunciadas previamente, debendo as persoas interesadas cumprir as
mesmas esixencias que as fixadas nos pregos, e requirindo previa petición do interesado ou
interesada.

Art. 16. Dereitos reais sobre os postos, transmisión e gravame.

A persoa titular da concesión conta cun dereito real sobre as obras, construcións e instalacións
fixas que teña construído para o exercicio da actividade autorizada polo título da concesión.
Tal dereito só pode ser cedido ou transmitido mediante negocios xurídicos entre vivos ou
por causa de morte ou mediante a fusión, absorción ou escisión de sociedades, polo prazo de
duración da concesión, a persoas que conten coa previa conformidade do órgano competente
para outorgar a concesión. As concesións de postos do Mercado serán transferibles a terceiras
persoas con autorización do Concello, que deberá solicitarse con dous meses de antelación
propondo na instancia a persoa á que se pretende transferir. No caso de falecemento ou
incapacitación (por enfermidade ou accidente) da persoa titular da concesión poderán sucederlle
os/as seus/súas descendentes ou ascendentes en primeiro grao. Estas sucesións deberán de
ser tamén autorizadas polo Concello sen cuxo requisito consideraranse fraudulentas e darán
lugar á anulación da concesión, estas persoas deberán reunir os mesmos requisitos de solvencia
económica e e financeira esixidas para outorgar inicialmente a concesión. Tanto as transferencias
a terceiros como as sucesións de descendentes ou ascendentes entenderanse polo tempo que
reste ata a caducidade da concesión outorgada á primeira persoa titular. No caso de falecemento
do/a titular sen herdeiros/as legais, recoñécense os mesmos dereitos ás persoas asalariadas
que conten con máis de 2 anos de antigüidade no mesmo posto.

Art. 17 Autorización municipal.

Calquera alteración no contido das concesións outorgadas, deberá de ser autorizada polo
Concello, dando lugar á extinción da concesión calquera alteración producida sen esta.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

CAPÍTULO III. RÉXIME DA ACTIVIDADE

Art. 18. Dereitos das persoas concesionarias dos postos.

As persoas concesionarias dun posto do Mercado de Abastos, designados como tales a través
do procedemento licitatorio ao efecto, disporán dos seguintes dereitos:

- A utilizar os bens do Mercado de Abastos necesarios para poder desenvolver as súas


actividades.

- Explotar os postos na forma establecida neste regulamento durante o tempo da concesión.

- Contratar persoal asalariado que o axude nas operacións a realizar no posto, sendo as
relacións xurídicas que se deriven do contrato de traballo responsabilidade única da persoa
concesionaria.

- Pechar o posto ao público por vacacións ou asuntos propios, por norma xeral, coa duración
seguinte:

a.- Máximo de 30 días seguidos por vacacións.

b.- Máximo de 3 días ó ano por asuntos propios.

En calquera caso deberá poñerse en coñecemento do Concello o uso destes dereitos. A


comunicación ao Concello deberá ser cunha antelación mínima de 15 días.

c.- Por enfermidade xustificada, e previa comunicación ao Concello.

Art. 19 Obrigas das persoas concesionarias dos postos.

Os/as concesionarios/as de cada un dos postos terán as seguintes obrigas:

- Todas as persoas concesionarias deberán estar dadas de alta na Seguridade Social e na


Axencia Tributaria.

- Deberán desenvolver a súa actividade persoalmente, sen prexuízo da colaboración directa


de cónxuxe, ascendentes ou descendentes ou outro persoal contratado nos termos previstos na
lexislación laboral. No último caso o/a titular está obrigado/a a amosar o contrato de traballo
da persoa que preste servizos baixo a súa dependencia e as cotizacións á Seguridade Social,
en caso de requirirllo. Os postos autorizados a persoas xurídicas serán atendidos por quen as
represente ou os seus dependentes laborais.

- Satisfacer a contía do canon da concesión e taxas correspondentes, na forma e prazos de


ingreso que se determine no título da concesión ou Ordenanza Fiscal.

- Abonar o seu propio consumo de auga, electricidade e taxa de recollida de lixo.

- Manter en bo estado a porción de dominio utilizado e, no seu caso, as obras que se executen.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

- Formalizar unha póliza de responsabilidade civil que cubra os danos que poidan ocasionarse
no propio posto, nos outros postos ou en calquera dos elementos comúns do mercado, por
accións ou omisións da propia persoa concesionaria ou das persoas que traballen pola súa conta.

- Exercer a súa actividade comercial durante as horas sinaladas.

- Os/as vendedores/as veñen obrigados/as a ter debidamente marcados os prezos dos xéneros
expostos á venda, especificando o do quilogramo, a ducia ou peza, segundo o caso sen prexuízo
do cumprimento da normativa vixente na materia.

- Vestir correcta e aseadamente a indumentaria apropiada, esixindo esta obriga a todas as


persoas que presten servizo no seu posto.

- Estar en posesión do título de manipulador de alimentos tanto a persoa titular como as


demais persoas que traballen no posto, sempre e cando se venda produtos de alimentación.

- Coidar de que os seus respectivos postos e espazos lindantes se atopen en todo momento
en bo estado, limpos e libres de obstáculos e residuos.

- Realizar o depósito ou vertido de residuos nas horas e nos contedores ou recipientes


destinados a tal fin nas dependencias do Mercado de Abastos trasladándoos en bolsas que
impidan perder ou derramar o seu contido, que baixo ningún concepto poderán ser arroxados
aos corredores e outros lugares comúns.

- Facilitar os datos e comprobacións que lles sexan solicitados pola Administración ou Servizos
Veterinarios e sanitarios.

- Dispor dos instrumentos de pesar e medir necesarios, que deberán axustarse aos modelos
homologados oficialmente, procurando o uso de balanzas automáticas, que se colocarán de
forma que o peso poida ser visto e comprobado polos/as compradores/as.

- Exhibir ao encargado do Mercado de Abastos, funcionarios/as municipais, á Inspección


Veterinaria, así como á Policía Local, cantos artigos teñan á venda, incluso os depositados en
armarios e envases, sen que poidan oporse ao recoñecemento dos mesmos nin á súa inutilización
caso de que sexan declarados, logo do ditame da Inspección Veterinaria, non aptos para o
consumo. Elo sen prexuízo das reclamacións, queixas ou recursos que poidan interpor contra
a actuación e declaración referida.

- Gardar en todo momento absoluta corrección co público e persoal municipal do servizo.

- Utilizar bolsas e envases respectuosos co medio ambiente, fomentando o uso de envases


reutilizables que a propia persoa compradora poida traer da súa casa.

- Velar polo cumprimento das normas medioambientais.

- Apostar pola venda de produtos de proximidade, ecolóxicos, fabricados segundo normas


de sostibilidade, etc.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

- Permitir que sexan realizadas aquelas obras de acondicionamento que o Concello decida
levar a cabo para a mellora das instalacións tanto a nivel estético como funcional, e que
poden comprender tanto a fachada do posto como o seu interior. Neste caso, se procederá
á compensación ás persoas interesadas afectadas, cos efectos económicos que estableza a
normativa vixente.

- Cumprir cantas outras obrigas resulten deste Regulamento e demais disposicións legais que
sexan de aplicación en materia de sanidade, abastos, policía, alimentación e comercio.

Art. 20 Prohibicións.

Con carácter xeral, establécense as seguintes prohibicións:

- Expender as mercadorías fóra dos postos ou en postos distintos dos que lle correspondan
segundo o proceso de licitación ou a autorización correspondente.

- Tocar sen o emprego de elementos de protección a mercadoría exposta, singularmente


aqueles produtos susceptibles de fácil contaminación.

- Limpar despoxos no Mercado de Abastos durante o horario sinalado para a venda ó público.

- Lavar nos postos o peixe destinado á venda, salvo a solicitude do comprador/a para a súa
preparación para o consumo.

- Dispor de recipientes e outros utensilios que faciliten manipulacións nocivas ou almacenar


calquera clase de produtos insalubres.

- Utilizar recipientes ou medios de transporte que poidan ocasionar deterioro do pavimento


do recinto.

- Arroxar lixo e residuos nas dependencias ou zonas de afluencia do público.

- Expor os produtos que precisan regulamentariamente conservación por frío fóra dos mobles
frigoríficos adecuados en casa caso.

- Volver a conxelar aqueles alimentos que sufriran cambios de temperaturas que lles puideran
facer perder as súas condicións específicas.

- Deixar ao peche do posto sustancias que poidan producir malos olores ou que poidan
prexudicar as condicións hixiénicas dos mesmos.

- Vender a granel ou en fraccións cando estea prohibida dita forma de venda nas
Regulamentacións Técnico- Sanitarias ou Normas específicas correspondentes.

- Queda expresamente prohibida a venda de produtos da pesca que non cumpran as tallas
mínimas establecidas, procedéndose pola inspección sanitaria á inmediata intervención das
mercancías afectadas e postas á disposición da autoridade competente.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

- Utilizar papeis periódicos, impresos, etc., para envolver os produtos. Non terán a consideración
de papel impreso o papel novo que leve consignado o nome, enderezo do vendedor/a ou outras
indicacións sobre a cara que non vaia estar en contacto co alimento.

CAPÍTULO IV. OBRAS, INSTALACIÓNS E SERVIZOS

Art. 21 Execución de obras.

Toda obra de modificación, adaptación ou reforma dos postos que desexen levar a cabo
as persoas concesionarias, deberá facerse de conformidade cos modelos e normas estéticas
establecidas ou que poida establecer a normativa municipal. Sen a previa autorización do
Concello non poderán realizarse obras nin instalacións de ningunha clase nos mesmos. Os/as
concesionarios/as dos postos demolerán a súa costa as obras non autorizadas, vindo obrigados
a reparar e indemnizar os danos ocasionados a persoas ou cousas.

Art. 22 Destino das obras.

Cantas obras e instalacións se realicen nos postos e queden unidas de modo permanente ao
piso, paredes e demais elementos integrantes do inmoble do Mercado de Abastos reverterán
ao concello libres de cargas e gravames á finalización do prazo da concesión. Entenderase que
tales obras están unidas de modo permanente cando non se poidan separar dos pisos, paredes
ou elementos sen quebranto, dano ou deterioro destes.

Art. 23 Conservación e mantemento.

Serán de conta e cargo das persoas concesionarias dos postos as obras de conservación e/
ou mantemento dos mesmos. O Concello, despois dun informe técnico en que se determine a
súa necesidade e características, poderá impor a realización de ditas obras ou executalas por
si, sen prexuízo, neste caso, de reclamar o seu importe ao titular correspondente.

Art. 24 Subministro de enerxía.

Serán por conta dos/as concesionarios/as dos postos os abonos dos consumos de electricidade.
O Concello procurará que a pé de posto exista un cadro eléctrico para a instalación interior do
mesmo.

Art. 25 Colectores de desperdicios

O Concello, a través dos seus servizos ou da empresa concesionaria, situará colectores xerais
para o depósito de mercadorías no mercado, en zonas especialmente habilitadas para esta
finalidade. A xestión de retirada de residuos especiais, voluminosos, restos de maquinaria etc.,
deberán ser xestionados polas persoas concesionarias, segundo indique a lexislación vixente.
Ademais, as persoas concesionarias deberán favorecer os labores de separación, reciclaxe e
orde que en cada momento determine o Concello. Os/as concesionarios/as deberán verter os

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

desperdicios procedentes dos seus postos de venda nos colectores xerais, utilizando colectores
particulares cos que contarán en cada posto.

Art. 26 Taboleiro de anuncios

No mercado haberá, á vista do público, un taboleiro de anuncios no que se exporán cantas


disposicións sexan de interese, tanto para os/as vendedores/as coma para o público en xeral.
Non se permitirá ningún tipo de publicidade colocada fóra destes taboleiros, agás os rótulos
de cada establecemento, nos que se anunciará o nome do titular deste.

CAPÍTULO V. DURACIÓN E EXTINCIÓN

Art. 27 Duración máxima das concesións.

A duración das novas concesións para a utilización privativa dos postos no mercado de abastos
fíxase en 25 anos. O Concello da Guarda poderá outorgar prórrogas sucesivas de 5 anos, por
solicitude da persoa concesionaria, ata un máximo de 50 anos. As concesións actuais de postos
renovaranse automaticamente por un período máximo de 25 anos, contados a partir da entrada
en vigor deste regulamento, coas posibilidades de prórrogas previstas nos parágrafos anteriores.
Finalizada a concesión, os postos reverterán automaticamente ao Concello, coas súas melloras
e obras accesorias, sen dereito a indemnización ningunha por parte dos/as adxudicatarios/
as, quen, en todo caso, poderán retirar o mobiliario e a maquinaria que tivesen instalada, coa
obriga de deixar o posto en perfectas condicións de uso. O mobiliario, maquinaria, instalacións
e útiles para usar nos postos correrán a cargo das persoas concesionarias, axustándose aos
modelos-tipos establecidos e adaptados á lexislación vixente en cada momento e as condicións
impostas polo Concello.

Art. 28 Resolución anticipada por renuncia xustificada do/da concesionario/a.

Os/as concesionarios/as dos postos, por causas debidamente xustificadas que impidan o
desenvolvemento da actividade de por si, ou que a fagan extraordinariamente gravosa, poderán
instar do Concello a resolución anticipada da concesión.

Art. 29 Causas de extinción.

Sen prexuízo do disposto noutros preceptos deste Regulamento, as concesións extínguense


por:

a) Falecemento ou incapacidade sobrevida do/da concesionario/a individual ou extinción


da personalidade xurídica.

b) Falta de pagamento do canon, falta de pagamento durante tres mensualidades consecutivas


ou 6 alternas das taxas ou calquera outro incumprimento das obrigas do/a titular da concesión,
que conleve extinción da concesión.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

c) Cesión antirregulamentaria da concesión.

d) Vender artigos distintos daqueles aos que o posto ou local está dedicado.

e) Venda de artigos prohibidos ou mercadorías en malas condicións ou de carne ou peixe


procedente de especies que estean en época de veda.

f) Fraude comprobado no peso ou calidade das mercadorías

g) Renuncia expresa do/a titular da concesión.

h) Polo vencemento do prazo da concesión

i) Desaparición do ben.

j) O Concello da Guarda ten a facultade de deixar sen efecto a concesión antes do seu
vencemento se así o xustificaran circunstancias sobrevidas de interese público, mediante o
resarcimento dos danos que se causaren ou sen o mesmo cando así proceda.

k) Non ocuparse ou permanecer pechado o posto durante máis de noventa días nun mesmo
período anual, salvo que exista autorización municipal para elo.

l) Ter sido sancionado/a por infracción moi grave das previstas no presente Regulamento
na que se impoña como sanción a extinción da concesión.

Art. 30 Paralización da venda.

Para os casos de imposibilidade transitoria de exercicio da actividade, principalmente por


causa de enfermidade ou similares debidamente xustificativas e acreditadas, o Concello, a
solicitude da persoa concesionaria, e sempre que non exista persoa dependente deste/a que
poida facerse cargo da explotación do posto, poderá permitir o peche do mesmo.

Art. 31 Efectos da extinción.

Á extinción da concesión, calquera que fora a causa, os/as titulares deberán de abandonar
e deixar libres e baleiros, a disposición do Concello, os bens obxecto da utilización. O Concello,
en caso contrario, poderá acordar e executar por si o desafiuzamento en vía administrativa.

TÍTULO III DOS/AS USUARIOS/AS.

Art. 32 Dereitos dos/das usuarios/as do servizo.

Son dereitos dos/das usuarios/as dos servizos que se presten no Mercado de Abastos:

- Ter acceso aos servizos de conformidade dos principios constitucionais de igualdade e non
discriminación. A preferencia para a prestación do servizo corresponderá a quen, con estrita
suxeición á orde temporal, primeiro o solicite.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

- A estar claramente informado/a das normas de funcionamento do Mercado, dos seus


dereitos e obrigas.

- Ter a garantía de que os servizos se prestan con continuidade.

- A utilización das instalacións referidas de conformidade co presente Regulamento e a


normativa xeral reguladora das mesmas.

- A solicitar das autoridades municipais o correcto funcionamento e estado das instalacións,


denunciando cantas irregularidades poidan observar nas mesmas.

- A presentar os recursos, queixas e reclamacións procedentes contra os actos de xestión do


servizo, ante o órgano competente.

- Os demais dereitos recoñecidos pola normativa de aplicación.

Art. 33 Deberes das persoas usuarias do servizo.

Son deberes das persoas usuarias dos servizos que se presten no Mercado Municipal de
Abastos:

- A utilización en xeral das instalacións incluídas no eido deste Regulamento de conformidade


co seu destino e natureza, sen dano ou menoscabo ningún nas mesmas e con pleno respecto
aos dereitos dos/as demais usuarios/as destas.

- O acatamento das instrucións que, en cumprimento deste Regulamento ou da normativa


xeral reguladora, lle sexan dadas polo Concello ou xestor responsable.

- O pagamento dos danos ocasionados ás instalacións mediando dolo ou culpa.

- Non tocar nin sobar as mercadorías expostas ao público, cando se trate de produtos
alimenticios facilmente deteriorables.

TÍTULO IV. DO GOBERNO E ADMINISTRACIÓN DO MERCADO

Art. 34 Órgano municipal competente.

Corresponde á autoridade do/da Alcalde/sa ou Concelleiro/a delegado/a a dirección,


inspección e impulsión do servizo do Mercado de Abastos.

Art. 35 Encargado/a do Mercado de Abastos.

Baixo a dependencia orgánica e funcional da Concellería delegada competente haberá un/unha


Encargado/a de Mercados, que asumirá as funcións que ostente o posto ao que tal competencia
así se lle asigne. Entre outras, corresponderanlle as seguintes funcións:

- Asumir a apertura, peche e control de acceso as dependencias do Mercado.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

- Velar pola boa orde e limpeza do Mercado de Abastos e o adecuado uso das instalacións
de común utilización.

- Encargarse do mantemento e vixilancia do edificio para garantir o bo estado do inmoble e


o correcto funcionamento das instalacións.

- Vixiar a actividade mercantil que se rexistre no Mercado, a fin de que discorra por canles
legais, dando conta á autoridade competente de cantas anomalías observe.

- Realizar labores de atención e información á cidadanía, así como atender as queixas e


reclamacións do público e titulares dos postos e resolvelas ou transmitilas en cada caso a quen
corresponda.

- Practicar as inspeccións dos postos e todas aquelas instalacións que se relacionen co Mercado
de Abastos, estando facultado para esixir aos/ás concesionarios/as canta documentación sexa
de interese concernente á explotación do posto en cuestión.

- Practicar as notificacións aos/ás titulares de concesións dos postos e manter á Administración


Municipal continuamente ao corrente, mediante a remisión dos oportunos partes de cantos
asuntos relevantes afecten ao Mercado de Abastos.

- Formular propostas para a mellora do servizo.

- Denunciar as infraccións do Regulamento que puideran cometer os/as concesionarios/as,


e emitir os informes que lles foran solicitados.

- Especialmente, colaborará coa Inspección veterinaria e prestaralle o apoio que reclame,


dándolle cumprida conta daqueles produtos, xéneros ou mercadorías que non teñan as debidas
autorizacións ou que presenten aspecto insalubre ou deteriorado.

- Cantas outras funcións se deriven da aplicación deste Regulamento ou lle foran encomendadas
polo órgano competente.

Art. 36 Potestades do Concello.

A fin de garantir o correcto funcionamento do servizo, o Concello poderá:

- Esixir a observancia das normas relativas ao desenvolvemento do servizo por parte da persoa
encargada do Mercado, concesionarios/as dos postos e usuarios/as, podendo, logo do oportuno
expediente no que se dea audiencia ao interesado/a, adoptar cantas medidas ou impoñer as
sancións que ao respecto veñan establecidas neste Regulamento ou na normativa aplicable.

- Esixir o pagamento do canon e/ou taxa correspondente por parte dos/das concesionarios/
as dos postos.

- Ordenar e executar o desaloxo dos postos que, en aplicación do disposto neste Regulamento,
deban de quedar libres e vacantes. Estas medidas poderán facerse efectivas por mediación do/
da encargado/a da vixilancia ou Administrador do Mercado de Abastos, ou a través dos

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común


das Administracións Públicas, ou norma que a substitúa, para a executoriedade dos actos
administrativos e no Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento
de Bens das Entidades Locais, incluíndo a vía de constrinximento e o desafiuzamento
administrativo.

TÍTULO V. RÉXIME SANCIONADOR.


CAPÍTULO I. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS.

Art. 37 Faltas das persoas concesionarias dos postos.

As faltas clasificaranse en leves, graves e moi graves.

Considéranse faltas leves:

- A omisión da necesaria limpeza nos postos e locais do Mercado.

- O descoido no aseo persoal de calquera persoa que preste servizo nos postos do Mercado
de Abastos.

- Arroxar residuos e lixo nos pasos comúns, dependencias e zonas de confluencia do Mercado
Municipal de Abastos.

- O abandono de envases e mercadorías en recintos comúns, incumprindo normas ou


directrices establecidas ao respecto.

- O transporte de mercadorías en horario de venda.

- A inobservancia das instrucións dimanantes do Concello ou da Inspección Sanitaria.

- As incorreccións, a violencia verbal e a promoción de escándalos co público e persoal


municipal do servizo.

- Causar, mediando dolo ou neglixencia grave, danos ao edificio, postos ou instalacións por
valor inferior a 1.500 euros.

- A colocación do peso de forma que este non resulte claramente visible para os/as
compradores/as.

- Manter o posto pechado durante máis de trinta días consecutivos e menos de sesenta en
período anual, salvo causa xustificada apreciada motivadamente polo Concello.

- O incumprimento do horario establecido en canto á venda e entrada e saída do Mercado.

Constitúen faltas graves:

- A comisión de tres faltas leves no transcurso dun ano.

- Incumprir a normativa en vigor en materia de sanidade alimentaria.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

- A venda de artigos de especie distinta á autorizada polo Concello.

- A negativa a exhibir os albaráns da mercadoría ou calquera outra documentación relacionada


co negocio cando sexan requiridos para elo por persoal autorizado.

- Os altercados ou pendencias que produzan escándalo dentro do Mercado de Abastos ou


nas súas inmediacións, con resultado de lesións ou danos.

- As ofensas leves de palabra, ou de obra, ás Autoridades Municipais, empregados/as do


Mercado Municipal de Abastos, da Inspección Sanitaria, Axentes da Autoridade ou ao público
ou usuarios/as do Mercado de Abastos.

- Causar, mediando dolo ou neglixencia grave, danos ao edificio do Mercado Municipal de


Abastos, postos ou instalacións por valor de 1.500 euros ou superior, e inferior a 3.000 euros.

- O uso indebido ou sen autorización de bens ou servizos xerais.

- As defraudacións da cantidade ou calidade dos xéneros vendidos.

- O peche do posto durante sesenta ou máis días consecutivos e menos de noventa días en
período anual, salvo causa xustificada apreciada motivadamente polo Concello.

Terán a consideración de faltas moi graves:

- A comisión de tres faltas graves no transcurso dun ano.

- Provocar disturbios no funcionamento normal dos servizos, impedindo a realización de


vendas ou enfrontando gravemente aos/ás usuarios/as entre si ou co persoal do servizo.

- Ocasionar danos por valor de 3.000 euros ou superior nas instalacións por dolo ou neglixencia
grave.

- As ofensas graves, de palabra ou de obra, ás Autoridades Municipais, empregados/as do


Mercado Municipal de Abastos, da Inspección Sanitaria, Axentes da Autoridade ou ao público
usuario do Mercado.

- A modificación da estrutura ou instalacións dos postos sen autorización municipal.

- A cesión do posto ou o seu alugueiro.

- O peche do posto durante máis de noventa días nun mesmo período anual, salvo causa
xustificada apreciada motivadamente polo Concello.

- O incumprimento da normativa relativa ás condicións hixiénico – sanitarias dos alimentos.

- Incumprir de xeito reiterado a normativa en vigor en materia de sanidade alimentaria.

- A comisión reiterada de defraudacións na cantidade e calidade dos xéneros vendidos.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Art. 38 Sancións por faltas cometidas polas persoas concesionarias dos postos.

As faltas cometidas polas persoas concesionarias dos postos sancionaranse da seguinte forma:

a) Sanción por faltas leves: apercibimento ou multa de 30,00 a 90,00 euros.

b) Sanción por faltas graves: multa de 90,01 euros a 300,00 euros e/ou suspensión das
actividades de venda no posto ata quince días.

c) Sanción por faltas moi graves: multa de 300,01 euros ata 1.000,00 euros e suspensión das
actividades de venda no posto ata trinta días, ou extinción da concesión do posto.

Art. 39 Determinación da contía das sancións.

Co límite autorizado para cada tipo de infracción, a contía das sancións fixarase tendo en
conta as circunstancias do caso e os antecedentes da persoa infractora, e en especial:

a) A existencia de intencionalidade ou reiteración

b) A natureza dos prexuízos causados

c) A reincidencia por comisión no termo dun ano de máis de unha infracción da mesma
natureza.

Art. 40 Imposición de sancións.

A imposición das sancións previstas no presente Regulamento esixirá a tramitación de


previo expediente, que deberá de acomodarse ao regulado na Lei 39/2015, do 1 de outubro,
do Procedemento Administrativo Común ou norma que a substitúa. En todo caso, teranse en
conta os principios contemplados no Capítulo III do Título Preliminar da Lei 40/2015, do 1
de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público ou norma que a substitúa. Os expedientes
instruiranse pola Concellería delegada competente resolvéndose pola Alcaldía do Concello.

TÍTULO VI ASOCIACIÓNS DE CONCESIONARIOS/AS.

Art. 41. Constitución de asociación/s

Se os/as titulares dos postos o consideran conveniente, poderán constituírse en asociación.


En ningún caso as decisións dos/as comerciantes terán carácter disuasorio nin vinculante para
o Concello. O Concello poderá adoptar acordos ou convenios coa asociación de comerciantes do
mercado, en cantas funcións se estimen convenientes en pro do mercado, vixilancia, limpeza,
conservación do edificio, etc. A asociación de comerciantes do mercado poderá levar a cabo,
sempre de conformidade co presente regulamento, e previa autorización municipal, cantas
actuacións se consideren oportunas realizar que teñan como finalidade a promoción do mercado
municipal ou dos produtos que nel se comercializan. A asociación será considerada a interlocutora
co Concello, en todo o relacionado e que, dunha ou doutra forma, afecte aos intereses dos/as

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

adxudicatarios/as. Procurarán que os/as adxudicatarios/as cumpran o presente regulamento,


así como canta lexislación afecte á actividade en materia de sanidade e hixiene alimentaria,
como implantación de sistemas de autocontrol de establecementos e industrias alimentarias e
demais lexislación aplicable.

TÍTULO VII. ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN

Art. 42 Recuncho gastronómico

O Concello poderá promover a creación dun recuncho gastronómico no que se leven a cabo
distintas actividades de dinamización como degustacións, charlas, obradoiros, etc, e que teñan
como obxectivo a posta en valor e promoción dos produtos que se oferten no mercado. Estes
espazos poderán poñerse a disposición, mediante petición previa, dos/as comerciantes ou
asociación dos/as mesmos/as (en caso de existir algunha), sempre e cando se encarguen de
coidar o material e da limpeza posterior ás actividades que se realicen.

Art. 43 Outras actividades de promoción.

O Concello poderá promover outro tipo de actividades que teñan como obxectivo converter
o mercado nun espazo de intercambio cultural e social promovendo a montaxe de exposicións,
mostras de produtos, etc. que poderán ser visitados dentro do horario comercial establecido.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

PRIMEIRA- O horario de apertura e peche do mercado municipal será o seguinte:

• O horario habitual de venda ó público será de 6 días á semana (de luns a sábado) de 8.00
a 14.00 horas como mínimo, permanecendo as instalacións abertas, podendo amplialo á tarde,
previa consulta aos/ás profesionais da Praza de Abastos, podendo ser de 17 a 20 horas. Quedan
excluídos/as da obriga de abrir os luns aos/ás titulares de concesións que estean dedicadas á
venda de peixe.

• En períodos e datas de especial afluencia comercial, poderase establecer horarios máis


amplos, debendo fixarse os mesmos mediante acordo entre a Alcaldía e os/as profesionais da
Praza, e tendo en conta o calendario laboral do ano natural.

• A Administración municipal, oídos os/as concesionarios/as, poderá autorizar a entrada


dos/as titulares no mercado fóra das horas de venda, para a preparación e/ou a retirada de
xénero e acondicionamento do posto.

SEGUNDA.- A carga e descarga de mercadorías con destino aos postos interiores do mercado
realizaranse no horario que estableza o Concello, e establecerá as normas de acceso das
mercadorías. Os/as concesionarios/as dos postos colocarán as mercadorías para a venda ao
público antes da apertura do mercado. Se excepcionalmente (por horarios de poxa etc.) non

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

é posible, farase de maneira ordenada e sen deixar carros e mercadorías nos corredores de
tránsito, evitándolle molestias á clientela e ás demais persoas concesionarias.

TERCEIRA.- No caso de que se producira conflito entre as disposicións deste Regulamento


e os preceptos da Ordenanza Fiscal aprobada para rexer as cuestións económicas do Mercado
de Abastos prevalecerán:

a) Se se trata de cuestións xurídico-administrativas, organizativas, de funcionamento ou


vixencia e transferencia de concesións e similares, os preceptos deste Regulamento.

b) Se se trata de exacción ou cobro de taxas ou prezos públicos, liquidacións e débedas ou


sancións económicas, as normas establecidas pola Ordenanza Fiscal.

DISPOSICIÓN FINAL

O presente Regulamento entrará en vigor unha vez sexa aprobado polo Pleno da Corporación,
publicado o seu texto íntegro no Boletín Oficial da Provincia, e houbera transcorrido o prazo
previsto no artigo 65 da Lei 7/1985, e estará vixente ata que polo Concello sexa derogado ou
modificado.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

O presente regulamento derroga o anterior Regulamento do Mercado de Abastos aprobado


en sesión plenaria de 2 de abril de 2018, e publicado no BOPPO do Luns, 13 de agosto de 2018.

Documento asinado electronicamente

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
GUARDA, A
Outros documentos, notificacións e informacións públicas

APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN DE EMERXENCIAS ANTE SITUACIÓNS DE SECA


NO CONCELLO DE A GUARDA

EXPEDIENTE 2515/2022
ANUNCIO

O Pleno do Concello da Guarda en sesión de 25 de novembro de 2022 acordou aprobar


inicialmente o Plan Emerxencia ante a Situación de Seca do Concello da Guarda, que foi sometido
a información pública e audiencia dos interesados sen que se presentasen alegacións, polo que
se entende definitivamente aprobado. O texto do Plan de Emerxencia ante a situación de Seca
do concello de A Guarda é accesible a través do seguinte enlace:

h t t p s : / / a g u a r d a . s e d e l e c t r o n i c a . g a l / t r a n s p a r e n c y ? x = k g Z P y q m s y P s X P I v o w a R X-
GS3qrhUcvFh*baV5*Q-QwAOXjg3mHuaMIXtk0UJfLVTO5y0JqPMROXDCitCf-K2Z*CJxWQer-
nPIsvSI2bpqIK*upFxXdd7og

O Alcalde
Antonio Lomba Baz
Documento asinado electronicamente

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
ILLA DE AROUSA, A
Recadación
COBRO PADRÓN IVTM VEHÍCULOS 2023

ANUNCIO DE COBRANZA

Mediante Resolución da Alcaldía 2023-0073 , aprobouse o padrón do imposto sobre vehículos


de tracción mecánica IVTM correspondente ao exercicio 2023

Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria


aplicable á facenda das entidades locais e aplicando o disposto no artigo 12 do Real decreto
lexislativo 2/2004 de 5 do marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das
facendas locais, quedan expostos ao público durante o prazo de 15 días para o seu exame e para
a reclamación por parte das persoas interesadas. O presente anuncio ten carácter de notificación
colectiva ó abeiro do artigo 102 da Lei 58/2003 xeral tributaria.

Contra as débedas consignadas nos padróns contributivos e notificadas colectivamente


mediante o presente anuncio, as persoas interesadas poderán interpor os seguintes recursos:

•  Reposición, perante a Alcaldía deste concello, no prazo de un mes, contado dende o día
seguinte ó da finalización da exposición pública do padrón, que se entenderá rexeitado
se ó transcorrer un mes dende a súa presentación non se resolve de maneira expresa.
•  Contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no
prazo de dous meses se a resolución do recurso de reposición é expresa, e no prazo de
seis meses dende a súa interposición, se non o fose.
•  Calquera outro recurso que as persoas interesadas consideraren oportuno.

Prazo de ingreso: o período voluntario de cobranza do tributo indicado será do día


20/03/2023 ao 19/05/2023, ámbolos dous inclusive.

a) Modalidade de cobro:

1. Oficina de Recadación Municipal (Casa do Concello)

2. Entidades bancarias colaboradoras.

3. Oficina virtual tributaria (https://ailla.ovt.gal)

b) Lugar, días e horas de ingreso:

•  Oficina de Recadación Municipal, de luns a venres de 09:00 a 13:30 horas.


•  Entidades bancarias: nos horarios dispostos para o seu pago.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

A non recepción ou calquera outro erro nos datos consignados no documento de cobramento
non exime da obriga de pagamento (artigo 102 da Lei xeral tributaria). As persoas contribuíntes
que non recibisen ou extraviasen o xogo de impresos correspondente, disporán ata o último día
do prazo citado para solicitar un duplicado nas dependencias municipais.

As persoas contribuíntes poden domiciliar este pagamento segundo o disposto no artigo 38


do Regulamento xeral de recadación.

O vencemento do prazo en período voluntario, sen que se satisfixese a débeda, determinará


o comezo do procedemento executivo, a esixibilidade da recarga correspondente e os demais
conceptos legalmente previstos, tal e como se fixan nos artigos 26, 28 e 161 da Lei 58/2003
xeral tributaria.

O alcalde-presidente,
(Documento asinado dixitalmente).

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
LALÍN
Persoal, oposicións

CORRECCIÓN DE ERROS NAS BASES XERAIS POLAS QUE SE CONVOCA O PROCESO


SELECTIVO, POLA QUENDA DE ACCESO LIBRE, PARA 2 PRAZAS NO CORPO
ADMINISTRATIVO, ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA ADMINISTRATIVA, GRUPO
C, SUBGRUPO C1, DO CONCELLO DE LALÍN.

ADMINISTRATIVO

Número de expediente (2078/2022)

CORRECCIÓN DE ERROS NAS BASES XERAIS POLAS QUE SE CONVOCA O PROCESO SELECTIVO, POLA
QUENDA DE ACCESO LIBRE, PARA 2 PRAZAS NO CORPO ADMINISTRATIVO, ADMINISTRACIÓN
XERAL, SUBESCALA ADMINISTRATIVA, GRUPO C, SUBGRUPO C1, DO CONCELLO DE LALÍN.

No BOPPO de data 30 de decembro de 2022, núm 249 publicouse o anuncio das bases
xerais pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para 2 prazas no
corpo Administrativo, Administración Xeral, Subescala Administrativa, Grupo C, Subgrupo C1,
do Concello de Lalín.

A súa vez, mediante Resolución de Alcaldía de data 16 de febreiro de 2023 procedeuse á


corrección de erros das devanditas, no seguinte senso:

A) Na Base Décimo primeira e décimo segunda das referidas :

ONDE DI:

“...funcionario interino...”

Debe dicir:

“... funcionario de carreira...”

B) Na Declaración Responsable

ONDE DI:

“...auxiliar administrativo...”

Debe dicir:

“... administrativo...”

Procedemos á publicación do presente acordo no Boletín Oficial da Provincia.

Lalín, na data da sinatura electrónica. Xosé Crespo Iglesias, Alcalde do Concello de Lalín

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
LALÍN
Subvencións e axudas

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN


ÁNIMO DE LUCRO PARA REALIZAR ACTUACIÓNS NO ÁMBITO DE SERVIZOS SOCIAIS.
EXERCICIO 2023

BASES REGULADORAS Y CONVOCATORIA DE SUBVENCIONES A ENTIDADES SIN ÁNIMO


DE LUCRO PARA REALIZAR ACTUACIONES EN EL ÁMBITO DE SERVICIOS SOCIALES.
EJERCICIO 2023

BDNS(Identif.):678706

De conformidad con lo previsto en los artículos 17.3.b y 20.8.a de la Ley 38/2003, de 17


de noviembre, General de Subvenciones, se publica el extracto de la convocatoria cuyo texto
completo puede consultarse en la Base de Datos Nacional de Subvenciones (https://www.
infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/678706)

Primero. Beneficiarios:

Entidades sin ánimo de lucro legalmente constituidas que realicen actividades en el ámbito
de los servicios sociales.

Segundo. Objeto:

Desarrollo de actividades y/o programas en los siguientes ámbitos de actuación: familia e


infancia, personas con discapacidad y/o dependencia, personas mayores, drogadicciones y otros
trastornos aditivos y personas en riesgo de exclusión social.

Tercero. Bases Reguladoras:

Bases de subvenciones aprobadas por acuerdo de la Junta de Gobierno Local de 14 de febrero


de 2023 publicadas en el Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra de 28 de febrero de 2023.

Cuarto. Cuantía:

Para la concesión de las subvenciones convocadas se destinará un crédito total de 30.000€.

La cuantía máxima de subvención la cada entidad será de 4.000€.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Quinto. Otros datos de interés:

- Procedimiento de concesión: concurrencia competitiva.

- Criterios de valoración: los establecidos en la base décima de la convocatoria.

- Gastos Subvencionables: los relacionados en la base cuarta de la convocatoria.

- Forma de pago: transferencia bancaria.

- Plazo máximo de justificación: hasta el 31 de octubre de 2023.

LALÍN, 28/02/2023
Mª Paz Pérez Asorey
Concejala de Política Social

BASES REGULADORAS E CCONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES SEN ÁNIMO


DE LUCRO PARA REALIZAR ACTUACIÓNS NO ÁMBITO DE SERVIZOS SOCIAIS. EXERCICIO
2023

BDNS(Identif.):678706

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral
de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na
Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/
convocatoria/678706)

Primeiro. Beneficiarios:

Entidades sen ánimo de lucro legalmente constituídas que realicen actividades no ámbito
dos servizos sociais.

Segundo. Obxecto:

Desenvolvemento de actividades e/ou programas nos seguintes ámbitos de actuación: familia


e infancia, persoas con discapacidade e/ou dependencia, persoas maiores, drogadiccións e outros
trastornos aditivos e persoas en risco de exclusión social.

Terceiro. Bases Reguladoras:

Bases de subvencións aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local de 14 de febreiro


de 2023 publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de 28 de febreiro de 2023.

Cuarto. Contía:

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 30.000€.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

A contía máxima de subvención a cada entidade será de 4.000€.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes:

10 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación deste extracto no Boletín
Oficial da Provincia de Pontevedra.

Sexto. Outros datos de interese:

- Procedemento de concesión: concorrencia competitiva.

- Criterios de valoración: os establecidos na base décima da convocatoria.

- Gastos Subvencionables: os relacionados na base cuarta da convocatoria.

- Forma de pago: transferencia bancaria.

- Prazo máximo de xustificación: ata o 31 de outubro de 2023.

LALÍN, 28/02/2023
Mª Paz Pérez Asorey
A Concelleira de Política Social

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
MEAÑO
Persoal, oposicións

CONVOCATORIA COMISIÓN DE SERVIZOS DE UN POSTO DE POLICÍA LOCAL.

ANUNCIO
PERSOAL-OPOSICIONS

CONVOCATORIA COMISION DE SERVIZOS.

Aprobadas por Resolución da Alcaldía, de data 21-02-2023, Nº 2023-0086, a convocatoria


e as “Bases que regularán a seleccion de un/ha funcionario/a para a provisión temporal, en
comisión de servizos, de 1 posto de policia local do Concello de Meaño”, segundo:

Criterios de selección: valoración de méritos, segundo se establece nas bases reguladoras


da convocatoria.

Prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da


publicación deste anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases e modelos de solicitude estarán a disposición dos interesados na páxina Web do


Concello de Meaño e nas oficinas municipais do Concello de Meaño, das que se facilitará copia
a quen a solicite.

En Meaño, O Alcalde Carlos Vieitez Fernández


Documento asinado e datado dixitalmente .

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
POIO
Subvencións e axudas
EXTRACTO DA 3ª CONVOCATORIA DAS AXUDAS Á CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN
DE VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE COMBARRO (7ª FASE)

EXTRACTO DE LA 3ª CONVOCATORIA DE LAS AYUDAS A LA CONSERVACIÓN Y REHABILITACIÓN


DE VIVIENDAS EN EL ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE COMBARRO (7ª FASE).

BDNS (IDENTIF.):678617

De conformidad con lo previsto en los artículos 17.3.b y 20.8.a de la Ley 38/2003, de


17 de noviembre, General de Subvenciones, se publica el extracto de la convocatoria
cuyo texto completo puede consultarse en la Base de Datos Nacional de Subvenciones
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/678617)

EXTRACTO DE LA 3ª CONVOCATORIA DE LAS AYUDAS A LA CONSERVACIÓN Y REHABILITACIÓN


DE VIVIENDAS EN EL ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE COMBARRO (7ª FASE).

BDNS (IDENTIF.):

(FASE 7ª DA ARI DE COMBARRO 3ª CONVOCATORIA).

De conformidad con lo previsto en los artículos 17.3.b y 20.8.a de la Ley 38/2003, de


17 de noviembre, General de Subvenciones, se publica el extracto de la convocatoria
cuyo texto completo puede consultarse en la Base de Datos Nacional de Subvenciones
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index):

PRIMERO. OBJETO:

El objeto es la aprobación de una tercera convocatoria para solicitar ayudas para la


rehabilitación de edificios y viviendas en el Área de Rehabilitación Integral de Combarro (7ª
Fase), de forma que se complete el número de actuaciones previstas en el Convenio firmado
entre el Ministerio de Fomento, la Xunta de Galicia y el Ayuntamiento de Poio.

SEGUNDO. PLAZOS:

Se establece para la rendición de la cuenta justificativa, el plazo de un mes desde la finalización


de las obras y como fecha límite el 31 de octubre de 2023, que es el plazo máximo que permite
la justificación de las actuaciones ante el IGVS y de este ante el Ministerio según establece la
prórroga de un año del plan estatal 2013-2016 y su prórroga, para su ejecución antes del 31
de diciembre de 2023.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

TERCERO. BASES REGULADORAS:

Esta 3ª convocatoria de ayudas a la conservación y rehabilitación de viviendas en el Área


de Rehabilitación Integral de Combarro (7ª fase) se regirá, en general, por las bases de la
1ª convocatoria de ayudas a la conservación y rehabilitación de viviendas en el Área de
Rehabilitación Integral de Combarro (7ª fase), publicadas en el BOPPO número 212 del 3 de
noviembre de 2015.

En particular, en esta 3ª convocatoria, igual que en la 2ª convocatoria, no se subvencionan


obras en edificaciones auxiliares protegidas. Por otro lado, el procedimiento de concesión será
no competitivo y por riguroso orden de entrada de las solicitudes.

CUARTO. BENEFICIARIOS

Podrán ser beneficiarios/as de las ayudas, de acuerdo con el art. 8º de la primera convocatoria,
los usuarios legales de viviendas, como propietarios/as, arrendatarios/as o titulares de algún
derecho de uso sobre ellas, cuando la vivienda constituya su domicilio habitual y permanente
por constar así en el Padrón Municipal.

También podrán solicitar las ayudas las personas titulares de viviendas desocupadas siempre
que la solicitud vaya acompañada del compromiso de ocuparlas ellas mismas o transmitirlas o
cederlas a terceras personas en alquiler o por cualquiera otra forma legal admisible, siempre
que sea como residencia habitual.

QUINTO. PRESUPUESTO, IMPORTE MÁXIMO DE LA AYUDA INDIVIDUAL Y PORCENTAJE


MÁXIMO DE GASTO FINANCIABLE:

Para la concesión de las ayudas que se convocan, se destinará la cantidad de 5.541,66€.

El importe máximo de la ayuda será el 35% del coste subvencionable de las actuaciones que
se realicen en las viviendas.

Serán financiables como costes vinculados a las actuaciones protegidas, o importe total de la
actuación, incluyendo gastos de ejecución material, honorarios profesionales, beneficio industrial,
costes notariales y de registro, gastos generales y de gestión, excluidos los impuestos, tasas y
demás tributos.

SEXTO. PLAZO DE PRESENTACIÓN DE LAS SOLICITUDES:

El plazo de presentación de solicitudes será de treinta días naturales contados a partir del
siguiente al de la fecha de la publicación de la convocatoria en el Boletín Oficial da Provincia
después de su tramitación desde la BDNS.

Poio, 15/02/2023
Alcalde — Luciano Sobral Fernández,

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

EXTRACTO DA 3ª CONVOCATORIA DAS AXUDAS Á CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN DE


VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE COMBARRO (7ª FASE).

BDNS (IDENTIF.): 678617

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral
de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na
Base de Datos Nacional de Subvencións:

(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/678617)

EXTRACTO DA 3ª CONVOCATORIA DAS AXUDAS Á CONSERVACIÓN E REHABILITACIÓN DE


VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE COMBARRO (7ª FASE).

BDNS (IDENTIF.):

(FASE 7ª DA ARI DE COMBARRO 3ª CONVOCATORIA).

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, de 17 de novembro,


Xeral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuio texto completo pode consultarse
na Base de Datos Nacional de Subvenciones:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/es/index):

PRIMEIRO. OBXECTO:

O obxecto é a aprobación dunha terceira convocatoria para solicitar axudas para a


rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación Integral de Combarro (7ª
Fase), de forma que se complete o número de actuacións previstas no Convenio asinado entre
o Ministerio de Fomento, a Xunta de Galicia e o Concello de Poio.

SEGUNDO. PRAZOS:

Establécese para a rendición da conta xustificativa, o prazo dun mes dende a finalización
das obras e como data límite o 31 de outubro de 2023, que é o prazo máximo que permite
a xustificación das actuacións ante o IGVS e de este ante o Ministerio segundo establece a
prórroga dun ano do plan estatal 2013-2016 e a súa prórroga, para a súa execución antes do
31 de decembro de 2023.

TERCEIRO. BASES REGULADORAS:

Esta 3ª convocatoria de axudas á conservación e rehabilitación de vivendas na Área de


Rehabilitación Integral de Combarro (7ª fase) rexerase, en xeral, polas bases da 1ª convocatoria
de axudas á conservación e rehabilitación de vivendas na Área de Rehabilitación Integral de
Combarro (7ª fase), publicadas no BOPPO número 212 do 3 de novembro de 2015.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

En particular, nesta 3ª convocatoria, igual que na 2ª convocatoria, non se subvencionan obras


en edificacións auxiliares protexidas. Por outra banda, o procedemento de concesión será non
competitivo e por rigoroso orde de entrada das solicitudes.

CUARTO. BENEFICIARIOS:

Poderán ser beneficiarios/as das axudas, de acordo co art. 8º da primeira convocatoria, os


usuarios legais de vivendas, como propietarios/as, arrendatarios/as ou titulares dalgún dereito
de uso sobre elas, cando a vivenda constitúa o seu domicilio habitual e permanente por constar
así no Padrón Municipal.

Tamén poderán solicitar as axudas as persoas titulares de vivendas desocupadas sempre


que a solicitude sexa acompañada do compromiso de ocupalas elas mesmas ou transmitilas ou
cedelas a terceiras persoas en arrendamento ou por calquera outra maneira legal admisible,
sempre que sexa como residencia habitual.

QUINTO. ORZAMENTO, IMPORTE MÁXIMO DA AXUDA INDIVIDUAL E PORCENTAXE


MÁXIMO DE GASTO FINANCIABLE:

Para a concesión das axudas que se convocan, se destinará a cantidade de 5.541,66€.

O importe máximo da axuda será o 35% do custe subvencionable das actuacións que se
realicen nas vivendas.

Serán financiables como custes vinculados ás actuacións protexidas, o importe total da


actuación, incluíndo gastos de execución material, honorarios profesionais, beneficio industrial,
custes notariais e de rexistro, gastos xerais e de xestión, excluídos os impostos, taxas e
demáis tributos.

SEXTO. PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais contados a partir do


seguinte ao da data da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia logo da súa
tramitación desde a BDNS.”

Poio, 15/02/2023
Alcalde — Luciano Sobral Fernández,

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
PONTEAREAS
Persoal, oposicións

MODIFICACIÓN BASES ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DE TÉCNICO/A NORMALIZACIÓN


LINGÜISTICA APROBADAS POR DECRETO DA ALCALDÍA 2022-2468, DE 16 DE
DECEMBRO, OPE ESTABILIZACIÓN 2022

ANUNCIO 3ª RECTIFICACIÓN POR ESTIMACIÓN RECURSO


CONCELLO DE PONTEAREAS
Persoal, oposicións

Por Resolución da Alcaldía 2023-0287, de data 07/02/2023, mediante o cal se estima o


recurso de reposición presentado contra ás Bases Específicas e convocatoria de Técnico/a
de Normalización Lingüística que regularán o proceso de Estabilización e Consolidación do
Emprego Temporal e Creación de Bolsas de Traballo, segundo a Disposición Adicional Sexta da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a Redución da Temporalidade no
Emprego Público, aprobadas por Resolución da Alcaldía nº 2022-2468, do 16 de decembro de
2022, se modifica o punto 4 e 5.A das mesmas e consecuentemente, onde dicía:

“4. Requisitos específicos

a) Titulación.-

Estar en posesión da titulación de GRAO UNIVERSITARIO OU EQUIVALENTE; Grao nunha


titulación da rama de humanidades ou ciencias sociais e xurídicas que habilite para o exercicio
das funcións do posto.

b) Lingua galega.- Estar en posesión do CELGA 4 ou equivalente. Non obstante, aqueles


aspirantes que non posúan este requisito poderán acreditar o seu coñecemento da lingua galega
mediante a superación dunha proba nos termos establecidos nas bases xerais da convocatoria.

C) Taxa a satisfacer para participar no proceso selectivo : Grupo A1 ou Laboral Fixo ao Nivel
equivalente: 45,00€ ou certificado de discapacidade ou inscrición no servizo público de emprego
que dé dereito á exención ou de ser o caso, recoñecemento da condición de familia numerosa
para gozar da bonificación do 50% na taxa por dereitos de exame.

5. Tipo de provisión: Concurso.

.../...

A. Formación (Máximo 40 puntos)

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Valorarase a realización de cursos homologados polas diferentes AAPP, ou outras entidades


do Sector Público ou os realizados no ámbito da formación para o emprego ou os acordos da
formación continúa cuxo contido estea directamente relacionado coas funcións propias do posto
obxecto da convocatoria, e os considerados transversais por o seu interese, como por exemplo
coñecemento da lingua galega (nivel superior ao exixido na Convocatoria), os relacionados coa
prevención de riscos laborais, regulación das empregadas e empregados públicos, transparencia,
protección de datos, igualdade, protección de colectivos vulnerables, protección do medio
ambiente, ofimática e atención ás cidadás e cidadáns, ou equivalentes.

0,40 puntos por hora (no computándose as fraccións inferiores á hora) ata un máximo de
40 puntos.”

Deberá dicir:

““4. Requisitos específicos

a) Titulación.-

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: Grao en Lingua e Literaturas galegas,
grao en estudos de galego e español, grado en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e
Literarios, as licenciaturas equivalentes aos ditos graos, ou licenciatura en Filoloxía Hispánica
ou outras titulacións superiores (grao ou licenciatura) pertencentes á Área de Humanidades
ou de Ciencias Xurídicas e Sociáis, sempre que se estea en posesión do certificado de lingua
galega do nivel 5 (Celga 5)”.

b) Taxa a satisfacer para participar no proceso selectivo : Grupo A1 ou Laboral Fixo ao Nivel
equivalente: 45,00€ ou certificado de discapacidade ou inscrición no servizo público de emprego
que dé dereito á exención ou de ser o caso, recoñecemento da condición de familia numerosa
para gozar da bonificación do 50% na taxa por dereitos de exame.

5. Tipo de provisión: Concurso.

.../...

A. Formación (Máximo 40 puntos)

Valorarase a realización de cursos homologados polas diferentes AAPP, ou outras entidades


do Sector Público ou os realizados no ámbito da formación para o emprego ou os acordos da
formación continúa cuxo contido estea directamente relacionado coas funcións propias do posto
obxecto da convocatoria, e os considerados transversais por o seu interese, como por exemplo,
os relacionados coa prevención de riscos laborais, regulación das empregadas e empregados
públicos, transparencia, protección de datos, igualdade, protección de colectivos vulnerables,
protección do medio ambiente, ofimática e atención ás cidadás e cidadáns, ou equivalentes.

0,40 puntos por hora (no computándose as fraccións inferiores á hora) ata un máximo de
40 puntos.”

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Contra a devandita Resolución que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente
recurso de reposición potestativo ante este órgano, no prazo dun mes a contar desde o día
seguinte ao de publicación deste anuncio no BOPPO, de conformidade cos artigos 123 e 124
da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións
Públicas; ou ben interpor directamente recurso contencioso–administrativo, ante o Xulgado
do Contencioso -Administrativo desta Provincia, no prazo de dous meses, a contar dende o
día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO, de conformidade co artigo 46 da Lei
29/1998, de 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso–Administrativa. Si optásese por interpor
o recurso de reposición potestativo non poderá interpor recurso contencioso -administrativo
ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo
iso sen prexuízo de que poida interpor Vd. calquera outro recurso que puidese estimar máis
conveniente ao seu dereito.

Ponteareas, documento asinado electronicamente


A Alcaldesa-presidenta
Cristina Fernández Davila

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
PORRIÑO, O
Recadación

EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DA LISTA COBRATORIA


DA TAXA POLO SERVIZO DE CASAS DE BAÑO, DUCHAS, PISCINAS, INSTALACIÓNS
DEPORTIVAS E OUTROS SERVIZOS ANÁLOGOS CORRESPONDENTES AO MES DE
FEBREIRO DE 2023

ANUNCIO
EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DA LISTA COBRATORIA DA TAXA
POLO SERVIZO DE CASAS DE BAÑO, DUCHAS, PISCINAS, INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E OUTROS
SERVIZOS ANÁLOGOS CORRESPONDENTES AO MES DE FEBREIRO-2023
EXPTE: 926/2023
Pola Alcaldía do Concello do Porriño aprobáronse, en data 3 de febreiro de 2023 o decreto número
2023-0343 e en data 21 de febreiro de 2023 o decreto número 2023-0558, RESOLUCIÓNS DE
ALCALDÍA cuxa parte resolutiva di:
“PRIMEIRO.- Aprobar a lista cobratoria relativa ás taxas pola prestación polo servizo de
casas de baños, duchas, piscinas, instalación deportivas e outros servizos análogos do concello
do Porriño correspondente ao mes de FEBREIRO de acordo coa citada ordenanza fiscal e a
información aportada pola empresa adxudicataria do servizo.
SEGUNDO.- Notificar esta resolución colectivamente mediante a publicación de anuncio no
Boletín Oficial da Provincia, así como a través de edicto no taboleiro municipal polo prazo dun
mes. Este anuncio terá carácter de notificación colectiva ao abeiro do previsto no artigo 102.3 da
Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e de anuncio de cobranza segundo o disposto
no artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o regulamento xeral de
recadación. Durante o prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio
no boletín oficial da provincia, os interesados poderán examinar o padrón e interpor recurso
de reposición no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da finalización do período
de exposición pública, previo ao recurso contencioso-administrativo, de acordo co estipulado
no artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto
Refundido da Lei reguladora das facendas locais.
TERCEIRO.- Establécese como período voluntario de cobranza o período comprendido entre
a data de aprobación do citado padrón de taxas e a data en que transcorran dous meses desde o
día seguinte ao da publicación do presente anuncio no boletín oficial da provincia. O transcurso
do período voluntario de ingreso sen que este se produza, determinará o inicio do procedemento
executivo, co devengo e esixencia dos recargos, xuros e demais conceptos que correspondan,
de acordo co disposto na Lei 58/2003 Xeral Tributaria.”

Así o manda e asina dixitalmente no Porriño na data indicada á marxe.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
VILANOVA DE AROUSA
Urbanismo e Patrimonio

MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚM. 24 DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DE PLANEAMENTO


MUNICIPAL

MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚM. 24 DAS NORMAS SUBSIDIARIAS


DE PLANEAMENTO MUNICIPAL

REDELIMITACIÓN DE SOLO DE NÚCLEO RURAL EN A TORRE, BAIÓN.

Por Resolución da Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de


Medio ambiente, Territorio e Vivenda (DOGa nº 232, de 07/12/2022) se aprobou definitivamente
a Modificación Puntual núm. 24 das Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal do Concello
de Vilanova de Arousa, relativa á redelimitación de solo de núcleo rural de A Torre (Baión),
redactada polo Arquitecto Alejandro Arias Novas.

De acordo co establecido nos artigos 82.3 e 4, e artigo 84.2 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro,
do Solo de Galicia, para a súa eficacia e executividade o documento que conteña a normativa e
as ordenanzas deberá inscribirse no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia e publicarse
no Boletín Oficial da Provincia.

A inscrición no Rexistro de Planeamento realizouse en data 03/02/2023, con número de


rexistro ROTPG/P/7/2023, da Sección II, do Libro I, Tomo II, folla rexistral nº 81.

O instrumento será inmediatamente executivo dende a súa entrada en vigor, o que terá lugar
aos quince (15) días hábiles da completa publicación da normativa do plan urbanístico no BOP,
de acordo co artigo 84.2 LSG, en relación cos artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril,
Reguladora das Bases do Réxime Local.

Corresponde ao Alcalde a competencia para ordenar a publicación, execución e facer cumprir


os acordos ( artigo 121.1 letra r) da dita LBRL).

A continuación insírese a normativa completa da ordenanza urbanística aprobada.

A aprobación definitiva, por ser unha disposición de carácter xeral, será susceptible de
recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses a contar dende o seguinte a súa
publicación, ante a Salas da orde Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia, consonte o establecido nos artigos 8.1, 10 e 25 da Lei 29/98 de 13 de xullo, reguladora
da Xurisdición Contencioso Administrativa.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

“MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 24 DAS NORMAS SUBSIDIARIAS DE PLANEAMENTO


MUNICIPAL DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA.

REDELIMITACIÓN DO NÚCLEO RURAL DE A TORRE, BAIÓN.

NORMATIVA

1 RÉXIME NORMATIVO DO SOLO DE NÚCLEO RURAL DE A TORRE.

No que non se atope especificado neste réxime, será de aplicación a lexislación do solo ou
a normativa xeral das Normas subsidiarias, sempre que non entre en contradición con esta
norma particular ou coa Lei 2/2016, que prevalecerán sobre calquera outra disposición das
Normas Subsidiarias.

1.1 ÁMBITO DE APLICACIÓN E RÉXIME DE USO EN SOLO DE NÚCLEO RURAL. DISPOSICIÓNS


XERAIS.

1.1.1 Ámbito de aplicación.

Núcleo Rural tradicional ou común existentes e grafitados como tal no Plano de ordenación
da Modificación Puntual.

1.1.2 Condicións de uso.

1. O uso maioritario ou principal das edificacións nos núcleos rurais será o residencial.
Consideraranse como compatibles os usos terciarios ou produtivos, as actividades turísticas
e artesanais, pequenos talleres, invernadoiros e equipamentos, así como aqueles que garden
relación directa cos tradicionalmente ligados ao asentamento rural de que se trate ou que dean
resposta ás necesidades da poboación residente neles de conformidade co que determina o
artigo 25.2 da LSG.

2. Nos núcleos rurais delimitados queda prohibida a demolición das construcións existentes,
salvo nos supostos previstos no art. 26 da Lei 2/2016.

3. O instalación nunha parcela de núcleo dun uso compatible, poderá desenvolverse como
uso principal en cada parcela individual, o subsidiario do residencial, sempre que se acredite
que non se modifica o uso maioritario o principal residencial do asentamento de A Torre.

4. Para os efectos do previsto nesta normativa, non terán a consideración de naves industriais
as pequenas construcións ou talleres con superficie construída non superior a 400 m²,
relacionadas coas actividades complementarias de primeira transformación, almacenamento e
envasamento de produtos do sector primario, ou as vinculadas coas necesidades. A instalacións
existentes se consideran compatibles.

As instalacións existentes que teñan tipoloxías alleas ao núcleo rural, poderán adaptarse
ambientalmente ao asentamento onde se emprazan para acadar as condicións suficientes de

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

adaptación ao entorno. Poderán realizarse proxectos de adecuación tipolóxica por medio


de reforma das condicións construtivas, dos materiais ou da xeometría, xa sexa en cantidade,
intensidade ou forma ou por medio de medidas compensatorias ou de encaixe paisaxístico.

1.1.3 Regulación de usos. (as categorías se recollen das Normas subsidiarias)

1. Uso maioritario ou principal:


•  Residencial en vivenda unifamiliar Categoría 1
2. Usos Compatibles co maioritario:
•  Hoteleiro e turismo rural: Categoría 2. As instalacións existentes se autorizan en
calquera categoría en edificio exclusivo.
•  Comercial: Categoría 1 e 2.
•  Oficinas: Categoría 1, 2 e 3.
•  Industrial e almacéns: Categoría 1 e 2. Os vinculados coas instalacións xa existentes e
para usos agrarios autorizados.
- Garaxe e servizo automóbil: Categoría 1, 2, 4 e 5.
•  Sanitario: Categoría 4, 5, 6. No grado 7, solo se autorizan as instalacións que xa existentes.
•  Asistencial: Categoría 1 e 3.
•  Educativo: Categoría 1, 2 e 3.
•  Sociocultural: Categoría 1, 2 e 3.
•  Relixioso: Categoría 1, 2 e 3.
•  Hoteleiro: Categoría 1
•  Deportivo: Categoría 2, 3 e 4.
•  Agropecuario: Solo os Compatibles coas áreas residenciais rurais.
- Edificacións ou instalacións de utilidade pública ou interese social.

3. Usos prohibidos:

Considéranse actuacións prohibidas no núcleo as seguintes:

- Edificacións e usos característicos das zonas urbanas e aquelas cuxa tipoloxía resulte
impropia en relación coas determinacións do planeamento.

- Os parcelamentos que determinen a desfiguración da tipoloxía do núcleo.

- As naves industriais.

- Aqueles movementos de terras que supoñan unha agresión ao medio natural ou que varíen
a morfoloxía da paisaxe do lugar.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

- A apertura de pistas, rúas ou camiños que non estean previstos no planeamento, así como
a ampliación dos existentes e o derrubamento de muros tradicionais dos rueiros ou corredoiras,
agás disposición do planeamento que o autorice.

- As novas instalacións destinadas á produción gandeira, agás as pequenas construcións


artesanais ou para o autoconsumo.
•  A demolición das construcións existentes, agás nos seguintes supostos:
1. Construcións que non presenten un especial valor arquitectónico, histórico ou
etnográfico.
2. Todos os engadidos e edificacións auxiliares que desvirtúen a tipoloxía, a forma e
o volume de calquera edificación primitiva ou que polos seus materiais supoñan un
efecto distorsionador para a harmonía e estética do conxunto edificatorio ou non
sexan propios do asentamento rural tradicional.
- A vivenda colectiva.

- A plantación de especies Forestais de carácter extensivo (piñeiros ou eucaliptos), así como


aqueloutros non compatibles co uso residencial.

- Os relacionados no apartado 2 cando alteren a estrutura morfolóxica do asentamento,


deprecien ou non contribúan a revitalizar a vida rural e o nivel de vida dos moradores.

1.2 EDIFICACIÓNS E CONSTRUCIÓNS TRADICIONAIS EN SOLO DE NÚCLEO RURAL.

1. Sen prexuízo do establecido nas ordenanzas particulares, aquelas edificacións ou peches


sinalados nos planos de ordenación como construcións tradicionais ao carón de estradas
municipais poderán:

a) Manter as aliñacións existentes, sen necesidade de cumprir os recuamentos xerais da


edificación á rede viaria ou a lindeiros.

b) Darase prioridade á rehabilitación das edificacións tradicionais fronte á nova construción,


procurando manter nelas aqueles elementos característicos da tipoloxía do lugar que aínda se
conserven. No caso de edificacións tradicionais en ruínas, procurarse a mantemento destas
preexistencias, recolléndose súa ubicación e a aliñación cara a camiño, no caso de atoparse
preto del, de forma que sexa viable a integración mais fiel a preexistencia na intervención de
reconstrución ou rehabilitación.

c) Será posible aumentar a súa edificabilidade cun máximo dun 20% sobre a edificabilidade
existente do uso principal, ou número de plantas, cun máximo de dúas plantas, sempre que
se manteña a identidade orixinaria da edificación, e que ditas ampliacións se realicen fora da
liña de edificación obrigatoria. (3 metros a aliñación). No caso das ampliacións, sinálase así
mesmo que procurarase manter os volumes orixinais e facer uso de métodos de composición
por adicción, similares aos comunmente empregados na arquitectura popular, mantendo a
harmonía e escala coa tipoloxía tradicional.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

d) Cumprirán as condicións estéticas e ambientais sinaladas na Lei 2/2016 do Solo. As


ampliacións proxectadas, deberán ser plenamente respectuosas coa tipoloxía e as características
tradicionais da edificación existente. As edificacións tradicionais, de acordo coa tipoloxía de
cuberta tradicional da zona e os materiais empregados, poderán superar as pendentes máximas
establecidas nas ordenanzas particulares sen superar en ningún caso as que teñan na actualidade.

2. Queda prohibido o derrubamento ou a demolición e das construcións existentes e peches,


agás nos seguintes supostos:

a) Os daquelas construcións que non presenten un especial valor arquitectónico.

b) Os das edificacións sen valor histórico ou etnográfico. As demolicións nos casos,


anteriormente sinalados, se limitarán ás dos elementos estritamente necesarios para asegurar
a súa estabilidade, coa prioridade dos apeos e os reforzos ante a desmontaxe, e garantindo
o acopio e posible recuperación do material orixinal e dos elementos singulares que deben
identificarse de forma previa.

c) Todos os engadidos que desvirtúen a tipoloxía, a forma e o volume de calquera edificación


primitiva, ou que polos materiais neles empregados supoñan un efecto distorsionador para
a harmonía e estética do conxunto edificatorio. Igualmente, todos os alpendres, almacéns e
edificacións auxiliares que estean nas mesmas condicións.

d) O das derivadas dun expediente de reposición da legalidade urbanística. Nos supostos


previstos no número anterior, solicitarase licenza de demolición achegándolle ao proxecto
técnico un estudo xustificado e motivado do cumprimento e da veracidade das circunstancias
que concorren de acordo co especificado anteriormente.

3. Nos núcleos rurais tradicionais conforme determina a Lei do solo de Galicia no artigo
26.2b, e no regulamento da mesma lei no artigo 40.2.b, estarán prohibidos:

a) As vivendas acaroadas, proxectadas en serie, de características similares e colocadas en


continuidade en máis de tres unidades.

b) Os novos tendidos aéreos, sen prexuízo do disposto na normativa sectorial e do sinalado


no apartado 4.5.2.7. desta normativa.

c) A execución de actuacións integrais que determinen a desfiguración da tipoloxía do núcleo


e a destrución dos valores que xustificaron a súa clasificación como tal.

4. No plano, se representan as edificacións tradicionais que non precisan ser catalogadas pero
que, polo seu valor ambiental, deberán manterse e conservarse no seu lugar conforme o que
determina a lexislación do solo, coas características tipolóxicas e os materiais que as constitúen
actualmente. Poden rehabilitarse para garantir súa estabilidade, coa prioridade dos apeos e os
reforzos ante a desmontaxe, e garantindo o acopio e posible recuperación do material orixinal
e dos elementos singulares que deben identificarse de forma previa.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

5. No plano de ordenación represéntanse grafitados e identificadas as construcións tradicionais


e os peches de especial valor polo seu carácter tradicional (coincidentes nese caso coa aliñación
oficial).

6. Con respecto as aliñacións existentes con peches tradicionais a manter, no caso de


discordancia entre os planos e a realidade, prevalecerá en todo caso a realidade existente,
circunstancia que acreditarán caso a caso os servizos técnicos municipais.

1.3 OUTRAS CONDICIÓNS ESPECIAIS A CUMPRIR.

a) O arboredo existente en solo de núcleo rural con porte, deberá manterse e conservarse
no seu lugar, sexa cal sexa a especie, excluíndo os de repoboación. Se considera arboredo de
porte aquel que a 1 metro do chan teña un tronco ou fuste principal con diámetro superior a
50 centímetros.

b) De conformidade co artigo 26.1.b da Lei do Solo de Galicia, son incompatibles neste tipo
de solo as divisións parcelarias que determinen a desconfiguración da tipoloxía do núcleo. Non
se contempla neste núcleo a posibilidade da execución de actuacións integrais.

c) No que atinxe ao réxime e condicións das edificacións, as condicións de uso, e as actuacións


incompatibles neste tipo de solo, sen prexuízo das especificacións particulares desta normativa,
se estará ao que se determine na Lei do Solo de Galicia, nos artigos 24, 25 e 26.

d) As edificacións protexidas por estar catalogadas e as áreas de protección delimitadas,


estarán sometidas ao réxime que establece a lexislación do patrimonio cultural e os criterios
de protección que se establecen nesta normativa.

1.4 EDIFICACIÓNS FÓRA DE ORDENACIÓN.

1. Os edificios, construcións e instalacións erixidos con anterioridade á aprobación definitiva


do planeamento urbanístico que resulten incompatibles coas súas determinacións por estaren
afectados polas aliñacións pública proxectadas, por zonas verdes, espazos libres, dotacións e
equipamentos públicos, quedarán incursos no réxime de fóra de ordenación.

Nestas construcións só poderán realizarse obras de conservación e as necesarias para


o mantemento do uso preexistente, debendo renunciar expresamente os propietarios ao
incremento do valor expropiatorio.

2. O planeamento urbanístico determinará o réxime ao que deban someterse as edificacións,


construcións e instalacións preexistentes á súa aprobación definitiva que non sexan plenamente
compatibles coas súas determinacións, pero que non estean incursas na situación de fóra de
ordenación, conforme o sinalado no punto anterior, e poderanse realizar, como mínimo, as obras
sinaladas no punto anterior.

3. Conforme o anterior, en todas as edificacións preexistentes que incumpran os recuados


de edificación que se determinan como obrigatorios para as novas edificacións cara as vías

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

públicas, na zona da edificación que se atope afectada pola liña de recuado poderán realizarse
obras de mantemento e de acabado ou remate da edificación tanto no seu interior como no
exterior, se aquela aínda non estivese rematada. Ditas obras non poderán constituír nova
superficie edificada nesa zona.

Tamén será posible realizar nesas zonas, obras de mantemento e conservación, de


rehabilitación, así como de acondicionamento.

Anexas a ditas edificacións se autorizan ademais as obras de ampliación do volume edificado,


sempre que dita ampliación se desenvolva fora da aliñación de edificación establecida e se
cumpran o resto dos requisitos normativos que se establecen na ordenanza correspondente.

En calquera caso, previo procedemento administrativo regulado, poderán desenvolverse


nesas edificacións todos os usos e actividades que están contemplados como compatibles na
ordenanza correspondente.

Os bens incluídos no Catálogo, con independencia da ordenación que lles afecte, non quedarán
en ningún caso suxeitos ao réxime de fóra de ordenación, sen prexuízo de que os engadidos
que presenten e que os desvirtúen queden fóra de ordenación.

1.5 ORDENANZA TIPO SOLO DE NÚCLEO RURAL TRADICIONAL (NRT).

1.5.1 Ámbito de aplicación e condicións particulares.

O ámbito aparece grafitado nos planos de ordenación e correspóndese co asentamento


orixinario ou área interior do núcleo rural, que engloba as edificacións tradicionais máis antigas
do asentamento, delimitado de conformidade coa sistemática sinalada no artigo 23.3.a da Lei
2/2016 do Solo.

1.5.2 Condicións xerais.

1. Para completar a estrutura do asentamento permítese a edificación exenta ou acaroada,


manténdose o tipo de ocupación do asentamento e o carácter tipolóxico do conxunto. Para iso
requírese que na parcela estremeira exista unha edificación acaroada ao linde. Non se permite
crear novas medianeiras á vista salvo cando se acredite por medio dun proxecto conxunto que
se edificarán e terminarán as obras en ambas parcelas de forma simultánea. Debe subscribirse
á súa vez un documento público de acordo entre estremeiras para realizar arrime.

2. As novas edificacións e as ampliacións das existentes se fosen autorizables, manterán as


condicións ambientais do asentamento e da tipoloxía das edificacións do lugar e consolidarán
a trama existente tendo en conta os parámetros definidos na presente sección.

3. A disposición das edificacións realizarase de tal forma que se eviten as alteracións da


topografía natural do terreo máis aló da entorna da edificación, polo que se manterán as
condicións do relevo existente xa sexa natural ou o transformado polos sistemas tradicionais
de contención de terras.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

4. Nas intervencións sobre os espazos públicos, os materiais utilizados harmonizarán co


contorno e co ambiente rural e o mobiliario empregado deberá responder ás súas condicións
de implantación.

5. Nestas edificacións, con carácter xeral se prohibe a execución de sotos agás naqueles
ámbitos nos que se xustifique a súa presenza nas edificacións tradicionais existentes. En todo
caso, a materialización dun soto implicará que o seu acceso se resolva mantendo as condicións
da topografía orixinal.

6. No relativo aos semisotos, unicamente se permitirán cando as condicións topográficas do


terreo impidan a construción da edificación doutro xeito.

7. En solo de núcleo rural tradicional, onde existan edificacións o espazos o elementos


singulares con catalogación ou con condición de B.I.C., se procurará, en coordinación coas
empresas subministradoras de servizos, que as novas liñas de distribución de baixa, media e
alta tensión e as novas redes de telefonía e telecomunicacións, vaian soterradas en gabias baixo
as beirarrúas das vías públicas, sempre que sexa tecnicamente viable e todo elo, sen prexuízo
do disposto na normativa sectorial de aplicación, entre outras, a lei 9/2014 de 9 de maio de
telecomunicacións, que determina o seguinte:

“Los operadores de redes públicas de comunicaciones electrónicas deberán hacer uso de las
canalizaciones subterráneas o en el interior de las edificaciones que permitan el despliegue y
explotación de redes públicas de comunicaciones electrónicas.

En los casos en los que no existan dichas canalizaciones o no sea posible su uso por razones
técnicas o económicas, los operadores podrán efectuar despliegues aéreos siguiendo los
previamente existentes.

Igualmente, en los mismos casos, los operadores podrán efectuar por fachadas despliegue
de cables y equipos que constituyan redes públicas de comunicaciones electrónicas y sus
recursos asociados, si bien para ello deberán utilizar en la medida de lo posible los despliegues,
canalizaciones, instalaciones y equipos previamente instalados.

Los despliegues aéreos y por fachadas no podrán realizarse en casos justificados de


edificaciones del patrimonio histórico-artístico o que puedan afectar a la seguridad pública”.

8. Para a execución de novas edificacións en solo de Núcleo Rural Tradicional é obrigado


garantir a disposición de conexión aos sistemas de abastecemento e saneamento municipal, se
exístese viabilidade.

9. Para a execución de novas edificacións en solo de Núcleo Rural Tradicional, é obrigado


dispor de un sistema de depuración para os novos caudais de augas residuais xerados e, así
mesmo, estes sistemas de depuración e outros que se executen nos núcleos existentes deberán
conectarse a rede de saneamento municipal, como condición previa á obtención de licenza
municipal de obra en ditas áreas.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

10. Terase en conta a necesidade de que as intervencións sexan formuladas baixo criterios
de integración e de axeitado diálogo coas preexistencias, atendendo ao estudo da tipoloxía
tradicional do núcleo.

1.5.3 Condicións particulares.

Tipoloxía: A tradicional do núcleo (edificación illada ou acaroada).

Aliñacións: As definidas nos planos de ordenación. No que atinxe a excepcionalidade do


recuados onde se atopen peches de carácter tradicional, será de cumprimento o sinalado no
apartado correspondente desta normativa.

Parcela mínima edificable: 600 m2. Poderán autorizarse edificacións en parcelas menores,
se xa existisen de feito con superficie superior a 300 m2., ou cando estean localizadas entre
dous ou máis parcelas xa edificadas con anterioridade á aprobación das Normas Subsidiarias,
que imposibiliten alcanzar a parcela mínima ou cando sexa preciso realizar cesións para rede
viaria en parcelas existentes de superficie bruta superior a 600 m². Solo autorízase a división
de parcelas con un número máximo de 3 parcelas resultantes por parcela orixinaria, (incluíndo
esta). Para instalacións urbanas como Centro de transformación de MB/BT ou outras instalacións
equivalentes de pequena ocupación, non superior a 50 m² edificados, a parcela mínima será
de 300 m².

Alturas: Baixo ó Baixo + 1 (7,00 metros medidos en todo a contorna da edificación sobre a
rasante natural do terreo ata a cara inferior do último forxado.)

Fronte mínima de parcela: Non se esixe. Para parcela segregada (e para a matriz resultante
da segregación) o fronte mínimo deberá ser de 15 metros.

Ocupación máxima de parcela: 50%.

Para garantir que o volume das novas edificacións sexa similar ás edificacións tradicionais
existentes, a superficie máxima ocupada en planta non poderá superar, en ningún caso, os 200
m². No caso de programas máis complexos que por razón do uso de edificación, superen esa
superficie, deberanse fragmentar as edificacións en unidades independentes con superficie
non superior á establecida e ordenarse de conformidade coas características tipolóxicas das
edificacións tradicionais.

Edificabilidade máxima: 0,50 m²/m².

Recuamentos de edificación: Para vía de titularidade municipal, o recuado da edificación será


de 3,00 metros medidos perpendicularmente cara a aliñación pública da estrada así como cara
os estremeiros ou traseiros, salvo na excepción de arrimo para cubrir medianeira existente cando
haxa documento público de acordo entre estremeiros. Nese caso poderase apoiar a edificación
na liña de recuamento da edificación estremeira cunha lonxitude máxima de 10 metros.

Cara a vía provincial, a distancia das novas edificacións respecto da aliñación do viario da
EP-9701 será de 2,50 metros ou 11 ao eixo da estrada.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Fondo máximo: Non se establece. No caso de novas edificacións acaroadas as existentes,


12,00 metros.

Pendente máxima de cuberta: 30º.

Non se autorizará o crebo nos faldróns da cuberta. O material de cubrición deberá ser tella
cerámica. A condición de que se garanta a integración na contorna, o Concello poderá autorizar
a utilización doutros materiais ou outra tipoloxía de cuberta, sempre que quede garantida a
integración na contorna.

Altura máxima de cumio: 3,50 metros con respecto á cara superior do forxado de cuberta.

Aproveitamento baixo cuberta: Autorizado computando edificabilidade. Os locais baixo cuberta


estarán inscritos no sólido capaz definido polos planos de pendente máxima de 30º trazados
dende a cara superior do último forxado de cuberta.

Voos: 0,60 metros como máximo. Quedan prohibidos os voos en fachadas con fronte a vial
de sección menor a 6,00 metros. Os voos non poderán ocupar unha lonxitude maior do 40 %
da lonxitude da fachada. Os únicos corpos pechados que poderán voar sobre a liña de fachada
son as galerías acristaladas. Ademais das condicións anteriores, os voos sobre a parcela privada
deberán gardar os recuamentos exixibles. En calquera caso conservaranse a dimensións dos
voos dos elementos construtivos existentes nas edificacións tradicionais.

Beirados: O voo máximo dos beirados será equivalente ao 15 centímetros, sobre a liña de
fachada ou sobre os corpos voados. A cuberta do elemento voado poderá ser independente da
do conxunto do edificio.

Peches: Os peches terán unha altura máxima de 2,00 metros dende a rasante interior da
parcela. Admítese que teñan unha parte cega que non poderá superar 1,50 metros. O resto da
peche poderá alcanzar os 2,00 metros con elementos de tipo vexetal, rexerías caladas ou, mallas
permeables. Os peches existentes de carácter tradicional manteranse, e nese caso, o peche do
resto da finca poderá alcanzar as mesmas condicións xeométricas do existente coas mesmas
condicións estéticas, tipolóxicas e de materiais. Na contorna de protección dos elementos do
Catálogo do patrimonio cultural deberán conservarse e reconstruírse os peches existentes, se
existisen.

Accesibilidade: Para as obras de urbanización e para toda clase de edificios serán de obrigado
cumprimento as prescricións da Lei 10/2014, de 3 de decembro de accesibilidade na comunidade
autónoma de Galicia, así como as disposicións contidas en aquela en referencia ao Regulamento
de desenvolvemento, aprobado por Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro coas especificacións de
transitoriedade contidas na anterior Lei. Á súa vez, será de cumprimento a Orde VIV/561/2010, de
1 de febreiro, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade
e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados, e a Lei
51/2013, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade
universal das persoas con discapacidade.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Edificacións auxiliares: Autorízase a construción de edificacións auxiliares destinadas a usos


agrícolas, almacéns, garaxes, etc., computando edificabilidade. A súa altura de cornixa non será
superior a 3,50 metros.

Materiais e adaptación ao ambiente: Canles e baixantes: Non presentarán molduras e serán


de chapa metálica (cinc, cobre,...) con acabado mate e sección preferentemente circular.

Acabados: Para o acabado das edificacións empregarase a pedra ou os materiais tradicionais


e propios da zona, prohibindo con carácter xeral os chapados.

O material da cuberta: será de tella curva cerámica por ser o tradicional da zona, aínda que
en casos excepcionais poderán empregarse solucións e materiais respectuosos e que harmonicen
cos tradicionais (zinc, cobre,...).

Os ocos e as carpinterías: Manterán as características dos materiais, cores e configuracións


existentes no contorno. Os elementos de escurecemento serán preferentemente mediante contras
interiores de madeira, non permitíndose as persianas exteriores.

Os aleiros: Súas condicións construtivas serán acordes coa tipoloxía tradicional existente, en
base aos existentes no núcleo, de xeito que non poderán exceder do plano de fachada elementos
estruturais de formigón, nin cornixas, molduras ou elementos decorativos que non resulten
xustificados na base do estudo das características tradicionais do núcleo.

Os voos e recuamentos de fachada: Permitiranse no caso de que sexan identificados e definidos


como propios das edificacións tradicionais do núcleo no que se localizan e serán acordes con
estas tipoloxías.

Remates de chemineas. Ditos elementos e outros de carácter funcional ou ornamental,


harmonizarán cos tipos tradicionais existentes.

1.6 ORDENANZA TIPO SOLO DE NÚCLEO RURAL COMÚN (NR-C).

1.6.1 Ámbito de aplicación e condicións particulares.

O seu ámbito correspóndese coas áreas do núcleo rural común delimitado de conformidade co
disposto no artigo 23.3.b da lei 2/2016 que aparecen grafitados como tal no plano de ordenación.

1.6.2 Condicións xerais.

1. Autorízase a edificación exenta ou acaroada, para completar as parcelas vacantes ou


insuficientemente edificadas.

2. Non se autoriza a creación de novas medianeiras salvo cando responda a un proxecto


conxunto.

3. Non se autorizan vivendas acaroadas en serie de nova planta.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

4. Autorízase a edificación acaroada ou medianeira a un dos lindeiros laterais, sempre que


exista na parcela estremeira unha edificación medianeira ou acaroada ao lindeiro, que cumpra
as determinacións desta normativa ou que teña licenza municipal e se adapte á ordenanza
correspondente.

5. Para a execución de novas edificacións en solo de Núcleo Rural Común é obrigado garantir
a disposición de conexión aos sistemas de abastecemento e saneamento municipal.

6. Para a execución de novas edificacións en solo de Núcleo Rural Común, é obrigado dispor
de un sistema de depuración para os novos caudais de augas residuais xerados e, así mesmo,
estes sistemas de depuración e outros que se executen nos núcleos existentes deberán conectarse
a rede de saneamento municipal, como condición previa á obtención de licenza municipal de
obra en ditas áreas.

1.6.3 Condicións particulares.

Tipoloxía: Illada e acaroada. A edificación acaroada autorízase para solucionar medianeiras


á vista.

Aliñacións: As reflectidas nos planos de ordenación.

Parcela mínima edificable: 600 m².

Poderán autorizarse edificacións en parcelas menores, cando sexa preciso realizar cesións
para rede viaria en parcelas existentes con superficie bruta superior a 600 m².

Alturas: Baixo + unha planta. (7,00 metros medidos en todo o contorno da edificación sobre
a rasante natural do terreo, ata a cara inferior do último forxado. Exceptúase desa limitación a
zona onde se emprace o acceso rodado ao soto, cun ancho non superior a 4 metros.

Fronte mínima de parcela: 20,00 metros. Poderán autorizarse edificacións con frontes de
parcelas menores, cando estean construídas as parcelas estremeiras ou cando teñan unha
fronte non menor de 10 metros e neste caso sexa posible inscribir un círculo de 25 metros no
interior da parcela.

Ocupación máxima de parcela: 40%.

Para garantir que o volume das novas edificacións sexa similar ás edificacións tradicionais
existentes, a superficie máxima ocupada en planta non poderá superar, en ningún caso, os
200 metros para uso residencial e os 400 m² para outros usos. No caso de programas máis
complexos que por razón do uso da edificación, superen esa superficie, deberanse fragmentar as
edificacións en unidades independentes con superficie non superior á establecida e ordenarse
de conformidade coas características tipolóxicas das edificacións tradicionais.

Edificabilidade máxima: 0,40 m²/m².

Recuado a estremeiros: 3,00 metros.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Poderán autorizarse edificacións acaroadas a paramentos cegos de edificacións existentes


con documento de arrimo.

Recuamentos de edificación cara a rede viaria: Cara a vía de titularidade municipal, o recuado
da edificación será de 3,00 metros medidos perpendicularmente a aliñación pública da estrada
recollida nos planos de ordenación, así como a estremeiros ou traseiros, salvo na excepción
de arrimo para cubrir medianeira existente cando haxa documento público de acordo entre
estremeiros. Nese caso poderase apoiar a edificación na liña de recuamento das edificación
colindante cunha lonxitude máxima de 10 metros.

Cara a vía provincial, a distancia das novas edificacións respecto da aliñación do viario da
EP-9701, será de 5,50 metros ou de 14 metros ao eixe do viario.

Pendente máxima de cuberta: 30º.

Non se autorizarán quebras nos faldróns da cuberta. A condición de que se garanta a


integración na contorna, o Concello poderá autorizar a utilización doutros materiais ou outra
tipoloxía de cuberta, sempre que quede garantida a integración ambiental no núcleo.

Altura máxima de cumio: 3,50 metros con respecto á cara superior do forxado de cuberta.

Aproveitamento baixo cuberta: Autorizado computando edificabilidade. Os locais baixo cuberta


estarán inscritos no sólido capaz definido polos planos de pendente máxima de 30º trazados
dende a cara superior do último forxado de cuberta.

Voos: 0,80 metros, como máximo. Non se autorizan os voos en fachadas con fronte a vial
de sección menor a 8,00 metros. Os voos non poderán ocupar unha lonxitude maior do 40 %
da lonxitude da fachada. Os únicos corpos pechados que poderán voar sobre a liña de fachada
son as galerías acristaladas. Ademais das condicións anteriores, os voos sobre a parcela privada
deberán gardar os recuamentos exixibles.

Beirados: O voo máximo dos beirados será de 40 centímetros, sobre a liña de fachada ou
sobre os corpos voados. A cuberta do elemento voado poderá ser independente da do conxunto
do edificio.

Peches: Os peches de parcela terán unha altura máxima de 2,00 metros dende a rasante
interior da parcela. Admítese que teñan unha parte cega, que non poderá superar 1,50 metros.
O resto do peche poderá alcanzar os 2,00 metros con elementos de tipo vexetal, rexerías caladas,
mallas permeables, etc. Os peches existentes de carácter tradicional nesta zona deberán manterse
o se é o caso, reubicarse na aliñación proxectada. Nese caso a peche do resto da finca poderá
alcanzar as mesmas condicións xeométricas, tipolóxicas e de materiais do existente.

Accesibilidade: Para as obras de urbanización e para toda clase de edificios serán de obrigado
cumprimento as prescricións da Lei 10/2014, de 3 de decembro de accesibilidade na comunidade
autónoma de Galicia, así como as disposicións contidas en aquela en referencia ao Regulamento
de desenvolvemento, aprobado por Decreto 35/2000, de 28 de xaneiro coas especificacións de

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

1 de febreiro, pola que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de


accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados,
e a Lei 51/2013, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e
accesibilidade universal das persoas con discapacidade.

Edificacións auxiliares: En parcelas de uso residencial , autorízase a construción de edificacións


auxiliares destinadas a usos agrícolas, almacéns, garaxes, etc., computando edificabilidade. A
súa altura de cornixa non será superior a 3,50 metros.

Permítense as edificacións residenciais ou de calquera outro tipo construídas en madeira ou


prefabricadas, coa condición de que se adapten á tipoloxía propia do núcleo.

1.7 NORMAS DE ORDENACIÓN DOS BENS DE DO PATRIMONIO CULTURAL.

1.7.1 Ámbito e obxecto: Protección de Bens do Patrimonio Cultural.

1. Esta Modificación Puntual establece unha relación de construcións, recintos, xardíns,


monumentos, inmobles ou outros elementos que polas súas singulares características ou valores
culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos, se considera necesario, manter,
mellorar ou recuperar no ámbito do núcleo rural de A Torre . Sobre ditos elementos se aplica unha
regulación específica, aplicable en ao solo de núcleo rural tradicional ou común delimitados. As
determinacións das proteccións realizadas se complementarán coas determinacións urbanísticas
da clasificación, de conformidade coa lexislación urbanística.

O Catálogo do patrimonio cultural da Modificación Puntual está constituído polos Bens de


Interese Cultural, E os bens catalogados segundo o artigo 8.1 da lei do Patrimonio cultural de
Galicia.

Teñen a condición de BIC, aqueles que segundo o establecido no Decreto 449/1973, de 22


de febreiro, polo que se colocan baixo a protección do Estado os “hórreos” ou “cabazos” antigos
existentes en Galicia e Asturias, no Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección dos
escudos, emblemas, pedras heráldicas. rolos de xustiza, cruces de termo e pezas similares de
interese histórico-artístico e no Decreto do 22 de abril de 1949 sobre os castelos españois.

Ao igual que os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas que cumpran as condicións do


artigo 92 da LPCG que estean incluídos neste catálogo, ou os aínda non detectados, por non
terse constancia da súa existencia, terán así mesmo a consideración de bens de interese cultural
(BIC) ou catalogados. Terán condición de BICs polo ministerio da Lei, aqueles dos que existan
evidencias que poidan confirmar súa construción con anterioridade a 1901. O resto poderán
clasificarse como BICs ou catalogados, e se someterán ao réxime correspondente.

2. De conformidade coas disposicións contidas na lei de Patrimonio Cultural de Galicia, será


necesario obter informe nos casos establecidos nos artigos 34 e 52 da LPCG e autorización nos
casos establecidos no artigos 39,45, 47, 67 e 96 da LPCG.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

1.7.2 Ordenanza de Protección dos Bens do Patrimonio Cultural.

1. A protección destes bens, edificios ou conxuntos vai encamiñada á súa conservación. No


caso dos elementos protexidos edificados, se propón seu mantemento evitando a súa demolición,
aceptando a realización de determinadas obras en función da características do obxecto protexido,
para o que se establecen diferentes niveis de protección en función da relevancia do seu valor
cultural e do seu estado de conservación.

2. Os contornos de protección para os elementos puntuais están delimitadas nos planos de


ordenación.

3. No caso de non estar indicado o contorno de protección, por incorporarse o elemento con
posterioridade a aprobación desta Modificación das NNSS, os contornos de protección aplicables
serán os establecidos no artigo 38 da LPCG.

4. En ditos contornos de protección, a regulación normativa é a da ordenanza zonal


onde se emprazan, coas especificacións particulares que se podan recoller nesta ordenanza
ou coas limitacións que, en orde a protección do ben protexido, se recollan na autorización
correspondente da Consellería competente na protección do patrimonio cultural de Galicia.

5. En todo caso, en calquera tipo de elemento que sexa habitable, será obrigatoria a aplicación
das condicións que con carácter xeral impón a lexislación sectorial en materia de habitabilidade,
accesibilidade, e supresión de barreiras arquitectónicas, coas excepcionalidades as que en cada
caso sexa posible acollerse establecidas naquela norma.

6. O Concello, de oficio ou a instancia de parte poderá, ampliar os elementos do patrimonio


cultural obxecto de protección. Será obrigatorio proceder á inclusión de novos elementos ou da
súa exclusión, no seu caso, no Catálogo cando a solicitude prodúzase a instancia da Consellería
competente na protección do patrimonio cultural de Galicia. O Catálogo do Plan Xeral ten carácter
de provisionalidade permanente o que permite a inclusión inmediata de calquera novo ben ao
mesmo, así como a especificación do seu ámbito de protección correspondente.

7. Calquera ben do patrimonio cultural histórico ou etnográfico, con vestixios que poidan
requirir unha análise arqueolóxico, estará suxeito ás determinacións que sobre eles e as súas
contornas sinálanse nesta normativa. A Consellería competente na protección do patrimonio
cultural de Galicia, poderá solicitar a realización dalgunha actuación arqueolóxica previa ou
simultánea a calquera tipo de obra, de forma que se garanta a protección de posibles restos
arqueolóxicos que puidesen aparecer.

8. Os hórreos están sometidos a protección establecida na disposición adicional segunda


da Lei do patrimonio histórico español a adicional primeira da Lei do Patrimonio cultural de
Galicia, segundo a que teñen a consideracións de bens de interese cultural os elementos aos
que se refire o Decreto 449/1973 de 22 de febreiro que pon baixo a protección do estado os
hórreos e cabazos de Galicia e Asturias que teñan unha antigüidade non menor de 100 anos.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

9. Na Modificación puntual, se recollen no Catálogo, os hórreos existentes no núcleo rural que


polo seu especial valor ou antigüidade, requiren súa valoración por medio de ficha específica.

10. Todos os elementos de esas características que teñen ficha específica, se identifican na
cartografía, e requiren informe ou autorización da Consellería competente na protección do
Patrimonio Cultural de Galicia para calquera obra sobre elas, segundo se estableza no réxime
da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.

11. As condicións xerais a ter en conta para a conservación e protección destes elementos
serán:

a) A prioridade polas actuacións de conservación dos elementos orixinais da tipoloxía.

b) A necesidade de eliminar engadidos ou materiais que non resulten acordes coas súas
características e usos tradicionais

c) A preferencia pola conservación das condicións agrícolas do seu contorno.

Mediante o procedemento establecido na Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, poderanse


retirar do listaxe, aqueles hórreos que pola súa idade (posteriores aos anos do desenvolvemento
poboación e industrial da década dos 60) e polos seus materiais, se acredite que carecen xa de
elementos de interese cultural que deban ser protexidos, en concreto aqueles realizados con
técnicas mixtas ou materiais actuais que non responden ao mantemento da tipoloxía ou non
complementan ningún elemento preexistente de valor.

1.7.3 Normas particulares do Catálogo Protección de Bens do Patrimonio Cultural.

Cada un dos elementos do patrimonio cultural desta modificación Puntual, integrados neste
artigo, estará asignado a un nivel de interese segundo a relevancia do seu valor cultural e o seu
estado de conservación. Estes niveis son os seguintes:

1. INTEGRAL

2. ESTRUTURAL

3. AMBIENTAL

1. Protección integral: conservación íntegra dos bens e de todos os seus elementos e


compoñentes nun estado o máis próximo posible ao orixinal desde a perspectiva de todos os
valores culturais que conforman o interese do ben, respectando a súa evolución, trans¬formacións
e contribucións ao longo do tempo.

2. Protección estrutural: conservación dos elementos máis significativos e relevantes dos


bens, así como daqueles que resulten máis característicos tipoloxicamente ou que sexan obxecto
dunha concreta apreciación cultural.

3. Protección ambiental: conservación dos aspectos máis visibles e evidentes dos bens que,
malia non presentaren un interese individual destacable, conforman o ambiente dun lugar de
forma homoxénea e harmoniosa.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

4. En cada nivel de protección poderá ser autorizado excepcionalmente pola consellaría


competente en materia de patrimonio cultural outro tipo de intervencións distinto ao establecido
de forma xeral, nos casos en que se analicen de forma pormenorizada as características e
condicións de conservación do ben e seu contorno de protección, os valores culturais protexidos
e as melloras funcionais, sempre que o proxecto de intervención xustifique a súa conveniencia
en prol dun maior beneficio para o conxunto do patrimonio cultural de Galicia.

1.7.4 Tipos de obras permitidas nos elementos protexidos, por niveis de protección.

De seguido se especifican o tipo de obras que se poden realizar nas edificacións catalogadas
segundo o tipo de interese, de acordo coas especificacións sobre tipo de actuacións que se
especifican na Lexislación do patrimonio cultural de Galicia:

1. Nivel de interese integral:

a) As de investigación, valorización, mantemento, conservación, consolidación e restau¬ración.

b) As de rehabilitación poderán autorizarse sempre que o proxecto de intervención ga¬ranta


a conservación dos valores culturais protexidos e que se trate de adaptacións nece¬sarias para
adecuar o uso orixinal aos condicionantes actuais de conservación, segurida¬de, accesibilidade,
confortabilidade ou salubridade ou para adecuar o ben a un novo uso compatible cos seus
valores culturais que garanta a súa conservación e o acceso público a el.

c) As ampliacións dun ben inmoble, exclusivamente en planta, no marco dunha actua¬ción


de rehabilitación, con carácter complementario a esta, sempre que resulten imprescin¬dibles
para desenvolver o uso proposto e se resolvan como volumes diferenciados.

d) As de reconstrución, de xeito excepcional, cando se utilicen partes, elementos e ma-teriais


orixinais dos que se poida probar a súa autenticidade e posición orixinal.

2. Actuacións autorizables en bens con protección estrutural:

a) As de investigación, valorización, mantemento, conservación, restauración, consoli-dación


e rehabilitación.

b) As de reestruturación puntual ou parcial poderán autorizarse se a través do proxecto de


intervención se xustifica a súa necesidade de forma específica e documentada e se se reducen
a un alcance limitado sobre os elementos irrecuperables, que deberán ser substi¬tuídos por
elementos análogos ou coherentes cos orixinais.

c) As ampliacións, en planta e en altura, dun ben inmoble no marco dunha actuación de


rehabilitación, con carácter complementario a esta, sempre que resulten imprescindibles para
desenvolver o uso proposto e que no seu deseño se conserven a súa concepción e o seu
significado espacial.

d) As de reconstrución, de forma excepcional, cando se utilicen partes, elementos e materiais


orixinais cuxa autenticidade e posición orixinal se poidan probar.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

3. Actuacións autorizables en bens con protección ambiental:

a) As de investigación, mantemento, conservación, consolidación, restauración, rehabi¬litación


e reestruturación parcial ou total.

b) As de ampliación, sempre que non supoñan unha deterioración ou destrución dos valores
culturais que aconsellaron a súa protección.

1.7.5 Condicións xerais de protección dos elementos recollidos no Catálogo.

1. As parcelas con elementos protexidos poderán considerarse consolidadas pola edificación,


o que se especificará na ficha correspondente. Nese caso, poderá limitarse a posibilidade de
segregación da parcela,

2. Todos os elementos integrantes das instalacións, como poden ser contadores, empalmes,
caixas de derivación e demais elementos de calquera instalación do edificio, situaranse no
interior daqueles. As conducións do cabreado, mentres non se proceda ao seu soterramento,
discorrerán horizontalmente pola liña da cornixa, e verticalmente pola liña medianeira ou polo
bordo da edificación.

3. Nos casos nos que partes do ben desaparezan ou sexa necesario introducir cambios
menores na súa configuración interna ou externa con obxecto de mellorar as súas condicións
de habitabilidade ou de funcionalidade, será necesario detallalas en base a un estudo integral
do inmoble, valorando en calquera caso as características protexidas do ben. Os materiais serán
similares aos da contorna e en todo caso, harmónicos co ambiente, e deberán ser recoñecibles.

4. Simultaneamente ás obras de conservación, restauración, rehabilitación, acondicionamento


e reestruturación procederase á eliminación dos elementos desconformes cos valores protexidos
do ben, de conformidade coas determinacións establecidas na correspondente ficha do Catálogo.

5. Cando por calquera circunstancia resulte destruída unha construción ou edificio catalogado,
o terreo subxacente permanecerá suxeito ao réxime propio da catalogación. O aproveitamento
subxectivo do seu propietario non excederá do preciso para a fiel restitución, que poderá ser
ordenada nos termos que regulamentariamente se determinen. Para as edificacións ou parcelas
que se atopan nesta situación en relación coa destrución do patrimonio cultural destruído
recollido no planeamento antecedente, se realiza ficha onde se determina a restitución fiel do
en existente.

6. As condicións de uso dos elementos recollidos no Catálogo serán os da ordenanza da


área zonal onde se atopen dende a perspectiva da súa clasificación urbanística, sempre que
dita actividade non sexa contraditoria ou atente coa preservación do ben protexido ou non se
atope expresamente prohibida na ficha do elemento.

7. En caso de contradición entre os niveis de protección do catálogo, prevalecerá sempre o


maior dos niveis que supoña unha meirande protección...”

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

8. Os bens inmobles declarados de interese cultural son inseparables do seu contorno. Non
poderá procederse ao seu desprazamento salvo que resulte imprescindible por causa de caso
fortuíto, forza maior, utilidade pública ou interese social, despois do informe favo¬rable da
consellaría competente en materia de patrimonio cultural, nos termos previstos na lexislación
reguladora do patrimonio histórico español e no artigo 52 da Lei de patrimonio cultural de
Galicia.

9. Todas as actuacións de calquera natureza nas construcións e peches tradicionais da zona


delimitada como solo de núcleo rural tradicional están sometidas a autorización do órgano
competente na consellería de Cultura.

1.7.6 Carácter aberto do Catálogo.

O Catálogo está concibido con carácter aberto, sendo susceptible de ampliacións ou baixas
xustificadas a instancia do Concello, da Consellería competente na protección do patrimonio
cultural de Galicia ou de particulares. As condicións e a regulación xeral para a inclusión dun
novo ben no Catálogo seguirá as indicacións definidas para o dita situación na Lei do patrimonio
cultural de Galicia.

1.7.7 Normas para a presentación de proxectos e trámite para as solicitudes de licenza no ámbito
do Catálogo ou das áreas sometidas a protección ou respecto.

1. Será de cumprimento o réxime de autorizacións da Consellería competente en materia de


patrimonio cultural nos ámbitos protexidos tendo en conta que será necesario o informe nos
casos establecidos nos artigos 34 e 52 da LPCG e que será necesaria autorización nos casos
establecidos nos artigos 39, 45, 47, 65 e 96 da LPCG.

2. Con anterioridade ao outorgamento da licenza, calquera obra total ou parcial que afecte aos
elementos do Catálogo ou aos seus ámbitos de protección e nos espazos libres perimetrais que
afecten aos usos e ás condicións físicas do elemento non que se actúa (estéticas, construtivas e
volumétricas), deberán achegar o correspondente informe ou autorización previa da consellería
competente na protección do patrimonio cultural de Galicia, segundo estableza o réxime da Lei
de Patrimonio Cultural de Galicia.

3. Para elo, previo, ou coa solicitude de licenza, se achegará documentación que, aos efectos
da autorización da Consellería competente na protección do patrimonio cultural de Galicia,
conterá como mínimo, a seguinte documentación:

- Análise da Contorna.

- Memoria Histórica.

- Breve Memoria Descritiva.

- Plano de Situación.

- Planos de levantamento dos edificios estremeiros se existisen.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

- Planos de estado actual (plantas, alzados e seccións) do elemento protexido.

- Fotografías de cor, interiores e exteriores descritivas dos planos de estado actual.

- Catálogo de elementos significativos estruturais, espaciais, construtivos ou de acabados e


decoración propostos para a súa conservación, grafitados e fotografados, razoando debidamente
o porqué das súas propostas.
•  Alzados existentes en relación coa súa contorna, na escala adecuada
•  Alzados propostos en relación coa súa contorna, na escala adecuada.
•  As propostas a realizar en planta, alzados e seccións, que poderán ser requiridas en cor,
e relación de materiais a empregar no proxecto.
4. Os técnicos municipais ou os da Consellería competente na protección do patrimonio cultural
de Galicia, poderán solicitar información sobre o propio edificio, para o que os propietarios
facilitarán a entrada á finca e inmoble e achegarán todos os medios necesarios para facer cantas
comprobacións estímense pertinentes para rectificar ou ampliar devandito Catálogo.

1.7.8 Criterios de intervención sobre os ben de catálogo.

1.7.8.1.Consideraciones xerais.

1. As actuacións que se leven a cabo sobre os bens declarados de interese cultural e catalogados
seguirán os criterios seguintes:

a. Salvagarda dos seus valores culturais e conservación, mellora e, de ser o caso, utili-zación
adecuada e sustentable.

b. Respecto polas súas características esenciais e polos aspectos construtivos, formais,


volumétricos, espaciais e funcionais que os definen. Procurarase sempre a aplicación do criterio
de mínima intervención nos bens artísticos.

c. Conservación das contribucións de todas as épocas existentes no ben. Excepcional¬mente


poderá ser autorizada a eliminación dalgunha contribución de épocas pasadas no caso de que
supoña unha degradación comprobada do ben e de que a dita eliminación sexa necesaria para
permitir a súa adecuada conservación e a súa mellor interpretación histórica e cultural. As
partes eliminadas quedarán debidamente documentadas.

d. Preferencia pola utilización de técnicas e materiais tradicionais.

e. Compatibilidade dos materiais, produtos e técnicas empregados na intervención cos propios


do ben e os seus valores culturais e pátinas históricas.

f. Discernimento da adición de materiais e técnicas empregados, evitando as adicións


miméticas que falseen a súa autenticidade histórica.

g. Reversibilidade das accións de forma que poida recuperarse o estado previo á inter¬vención.
Este criterio será prioritario ao deseñar actuacións de conservación e restaura¬ción.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

h. Compatibilidade do seu uso coa conservación dos valores que motivaron a súa pro¬tección.

i. Non se utilizarán ou aplicarán técnicas e materiais agresivos coas pátinas de valor cultural
e cos materiais orixinais ou incompatibles coa debida conservación dos bens.

2. A reconstrución dun ben destruído por conflitos, catástrofes naturais ou causas inten-
cionadas ou fortuítas poderá autorizarse excepcionalmente por razóns de interese social, cultural
ou educativo.

1.7.8.2. Criterios específicos de intervención no contorno de protección

Segundo determina o artigo 46 da LPCG, o contorno de protección debe manterse cos seus
valores ambientais, polo que as in¬tervencións que se realicen deben resultar harmoniosas coas
condicións características do ámbito. Deberán procurar a súa integración en materiais, sistemas
construtivos, volume, tipoloxía e cromatismo, así como garantir a contemplación adecuada do
ben.

1. En concreto, teranse en conta os seguintes criterios específicos, sen prexuízo da apli-cación


de criterios de viabilidade para a implantación e desenvolvemento de intervencións e actividades:

a. Procurarase evitar os movementos de terras que supoñan unha variación significativa da


topografía orixinal do contorno.

b. Procurarase a súa compatibilidade cos elementos configuradores da estrutura terri-torial


tradicional, como son a rede de camiños, os muros de peche, as sebes, as tapias, os noiros e
outros semellantes.

c. Empregaranse materiais, solucións construtivas e características dimensionais e tipo-lóxicas


en coherencia co ámbito en calquera tipo de intervencións.

d. Manteranse preferentemente a estrutura e a organización espacial do contorno, coa


conservación xeral das aliñacións e rasantes.

e. Procurarase e valorarase a integración e compatibilidade dos usos e costumes tradi¬cionais


e característicos configuradores do ambiente cos de nova implantación.

f. Facilitarase a implantación de actividades complementarias compatibles cos valores culturais


dos bens que garantan a continuidade do seu mantemento co establecemento de novos usos.

1.7.8.3. Criterios específicos de intervención en bens inmobles declarados bens de interese cultural.

1. Os bens inmobles declarados de interese cultural poderán ser sinalizados mediante paneis
de deseño e tamaño apropiados á súa natureza nos que se describan as carac¬terísticas máis
relevantes do ben protexido e nos termos que se determinen regulamen¬tariamente. A tipoloxía
empregada e a localización dos sinais deberán ser especialmente coidadosas coa súa integración
no contorno.

2. Nos monumentos, sitios históricos, zonas arqueolóxicas e xardíns históricos declara¬dos


de interese cultural:

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

a. Queda prohibida a instalación de publicidade comercial e do que impida ou deturpe a


apreciación do ben dentro do seu contorno.

b. Non poderán instalarse cables e antenas que prexudiquen a apreciación dos bens, agás
que non existan solucións técnicas que resulten máis compatibles coas súas carac¬terísticas.

1.7.8.4. Metodoloxía e criterios que se deben seguir nas actuacións sobre o patri¬monio
arquitectónico.

1. Calquera intervención sobre un ben integrante do patrimonio arquitectónico declara-do


de interese cultural ou catalogado basearase nunha rigorosa análise crítica dos seus valores
culturais, que incluirá unha avaliación do ben e dos seus elementos característicos e que se
dirixirá a asegurar o mantemento das características e valores que configuran a súa significación,
realizando para iso unha investigación apropiada e recompilando a docu¬mentación necesaria. A
análise terá como obxectivo básico a salvagarda da autenticidade e integridade do ben e avaliará
desde as distintas perspectivas de estudo a actuación que se propón.

2. A dita análise será realizada por un equipo interdisciplinar composto por persoal téc-nico
e profesional competente en cada unha das materias obxecto de estudo, no caso dos bens máis
relevantes.

3. En bens integrantes do patrimonio arquitectónico nos que se proxecten actuacións


susceptibles de afectar o patrimonio arqueolóxico, realizarase un estudo previo para ava¬liar
a compatibilidade das actuacións coa salvagarda dos restos arqueolóxicos que poidan aparecer.
Nos casos en que a afección ao subsolo sexa pequena, a intervención arqueoló¬xica poderá
executarse en paralelo á obra.

4. A conservación do patrimonio arquitectónico debe considerar os criterios de sus-tentabilidade


medioambiental, procurando que as intervencións se realicen con métodos compatibles co seu
valor cultural e deseñando un mantemento, uso e xestión futura sus¬tentables. É recomendable
a utilización de materiais, técnicas construtivas e solucións ar¬quitectónicas tradicionais que,
pola súa probada experiencia, efectividade e adaptación sensible ao medio, adoiten contribuír á
sustentabilidade. Porén, o significado cultural dos bens integrantes do patrimonio arquitectónico
non debe verse danado polas medidas de mellora da eficiencia enerxética.

5. A consellaría competente en materia de patrimonio cultural establecerá, mediante


instrucións, o contido, o formato e o soporte dos proxectos de conservación e dos infor¬mes
interdisciplinares ou especializados necesarios, as disciplinas e o persoal profesional que debe
participar na avaliación, deseño e execución das actuacións e os criterios que se seguirán no
deseño e a prescrición das técnicas e procedementos de conservación que se aplicarán sobre
o patrimonio arquitectónico.

1.7.8.5. Metodoloxía e criterios que se deben seguir nas actuacións sobre hórreos.

1. As actuacións de conservación ou restauración de hórreos declarados de interese cultural


ou catalogados realizaranse preferentemente utilizando os materiais e técnicas construtivas

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

tradicionais que correspondan a cada tipoloxía. Nestas intervencións o tra¬tamento e a


utilización de material non tradicional deberá ser autorizado pola consellaría competente en
materia de patrimonio cultural.

2. No caso de bens etnolóxicos desta natureza, e tendo en conta a súa tipoloxía e sis-tema
construtivo, o movemento dentro do seu contorno de protección non se considerará un traslado
para os efectos desta lei nin implicará unha necesaria modificación da súa delimitación, sempre
que se garantan no proceso e no lugar definitivo a significación e a interpretación dos seus
valores culturais e que se conte coa autorización previa da conse¬llaría competente en materia
de patrimonio cultural.”

En Vilanova de Arousa, a 20 de febreiro de 2023.


O alcalde–Presidente,
Gonzalo Durán Hermida.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

ADMINISTRACIÓN LOCAL
MUNICIPAL
ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS
Recadación

PADRÓN AUGA 4T2022

ANUNCIO

EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DO PADRÓN RELATIVO Á TAXA POLA


SUBMINISTRACIÓN DA AUGA POTABLE CORRESPONDENTE Ó 4º TRIMESTRE DO EXERCICIO
TRIBUTARIO 2022

A Presidenta desta Entidade Local Menor, mediante Resolución do 15 de febreiro de 2023,


aprobou o padrón da taxa pola subministración de auga potable correspondente ó 4º trimestre
do exercicio tributario 2022 da Entidade Local Menor de Camposancos.

O padrón fiscal exporase ó público nas oficinas desta Entidade Local no prazo dun mes
contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra,
anuncio que ten o carácter de notificación colectiva ó amparo do previsto no artigo 102.3 da
Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Durante o devandito prazo os interesados
poderán examinalo e formular contra os actos que se notifican ante a Presidencia desta Entidade,
recurso de reposición previo ao contencioso administrativo, no prazo dun mes a contar dende
o día seguinte ó da finalización do período de exposición pública.

De conformidade co previsto no artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo


que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, comunícase ós contribuíntes afectados que
o período voluntario de cobranza da taxa pola subministración de auga correspondente ao 4º
trimestre do exercicio tributario 2022 da Entidade Local Menor de Camposancos será do día
27 de febreiro de 2023 ó 27 de abril de 2023 , ámbalas dúas datas inclusive.

A taxa deberá satisfacerse a través das contas que esta entidade mantén nas entidades
bancarias “La Caixa” e “Abanca”.

O vencemento do prazo en período voluntario sen ter sido satisfeita a débeda, determinará
o inicio do procedemento de prema, coa percepción do recargo de mora e demais conceptos
esixibles, tal e como se fixa no artigo 160 e 161 da Lei 58/2003, de 17 de Decembro, Xeral
Tributaria e nos artigos 69 e seguintes do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se
aproba o Regulamento Xeral de Recadación. Ademais, no caso do canon da auga advírtese ao
contribuínte de que a falta de pagamento no período voluntario sinalado suporá a esixencia
directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

Xunta de Galicia. Indícase así mesmo que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de
reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade
Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación.

Camposancos,

A Alcaldesa Pedánea,
Asdo.: María Mercedes Martínez Vázquez.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

SECCIÓN NON OFICIAL


COMUNIDAD DE USUARIOS DE SAN ANDRÉS
Outros documentos, notificacións e informacións públicas

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

COMUNIDADE DE USUARIOS DE AUGA DE SAN ANDRÉS DE UMA

CIF G-36.180.825

CONVOCA

O presidente da Comunidade de Usuarios de auga de Uma (Salvaterra de Miño) convoca a


tódolos usuarios á Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro 26 de marzo de 2023 ás 11:00 AM
en primeira convocatoria e ás 11:30 AM en segunda, na Casa Municipal de Uma, co seguinte

ORDE DO DIA

a) Estado e aprobación, se procede, das contas da comunidade (2019, 2020, 2021 e 2022).

b) Información do estado da comunidade.

c) Elección de nova xunta rectora.

d) Rogos e preguntas.

En Uma, a 13 de febreiro de 2023


Agapito Castro Pérez
Presidente Xunta rectora

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

SECCIÓN NON OFICIAL


COMUNIDADE DE AUGAS SAN ANDRÉS DE FIGUEIRIDO
Outros documentos, notificacións e informacións públicas

CONVOCATORIA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

ANUNCIO CONVOCATORIA

O que subscribe, Don Andrés María Rey Fraile con DNI 3*******X, e actuando como Presidente
da Comunidade de Usuarios de Aguas de San Andrés de Figueirido, pola presente convoco
o vindeiro día 25 de marzo de 2023 na Casa Cultural de Figueirido, ás 18:00h en primeira
convocatoria e ás 18:30h en segunda, a asamblea ordinaria conforme á seguinte orden do día
e aprobación, no seu caso, do que proceda:

1. Lectura da acta anterior e aprobación, se procede.

2. Estado de contas.

3. Traballos realizados.

4. Renovación da concesión de augas.

5. Renovación da Xunta Directiva.

6. Rogos e preguntas.

O presidente da Comunidade — D. Andrés María Rey Fraile, a 22 de febreiro de 2023.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es
BOPPO
Xoves, 2 de marzo de 2023
Núm. 43

SECCIÓN NON OFICIAL


COMUNIDADE DE USUARIOS DE SAMUELLE
Outros documentos, notificacións e informacións públicas

CONVOCATORIA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

O que subscribe, Don Roberto Franco Domínguez con DNI 3*******V, e actuando como
Presidente da Comunidade de Usuarios de Aguas de Samuelle, pola presente convoco o vindeiro
día 26 de marzo de 2023 na Casa Cultural de Santa María de Tebra (en Iglesia nº2) ás 09:30h
en primeira convocatoria e ás 10:00h en segunda, a asamblea ordinaria conforme á seguinte
orden do día e aprobación, no seu caso, do que proceda:

1.  Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2.  Informe do presidente.

3.  Futuras obras a realizar.

4.  Aprobación, se procede, de altas, baixas e cambios de titularidade.

5.  Estado de contas.

6.  Aprobación, se procede, para autorizar á Xunta Directiva a solicitar subvencións.

7.  Aprobación, se procede, de domiciliación das cotas.

8.  Aprobación, se procede, de actualización de prezos.

9.  Ratificación dos límites de consumo.


10.  Rogos e preguntas.

O presidente da Comunidade — D. Roberto Franco Domínguez, a 22 de febreiro de 2023.

Edita: Deputación de Pontevedra • Depósito legal: PO 1-1958 • Tel 986 804 100 • www.boppo.depo.es • boppo@depo.es

You might also like