You are on page 1of 3

Mónica Vázquez Fandiño, secretaria interventora do Concello de

Láncara
Certifico que:
A Xunta de Goberno Local en sesión extraordinaria realizada o día 5
HASH: 2a2ff69fa056108ebb99aa8fd6ef5174

de setembro de 2018 adoptou, entre outros, o acordo que se


Mónica Vázquez Fandiño (1 para 2)

transcribe:
Data de Sinatura: 06/09/2018

“8.- Expediente de contratación das obras “Mellora,


Secretaria interventora

conservación, e mantemento de camiños no concello de


Láncara”, por procedemento aberto simplificado.
En cumprimento do preceptuado no artigo 28 da LCSP 2017, os
servizos técnicos informaron da necesidade do presente contrato. A
natureza e extensión das necesidades a satisfacer que pretenden
cubrirse co contrato proxectado son as definidas pola enxeñeira de
Camiños, canles e portos autora do proxecto técnico, Laura Santalla
Castro, de acordo co artigo 13 LCSP 2017, xa que recolle os factores
de todo orde a ter en conta na execución do contrato. A devandita
memoria consta de cuantos documentos son esixidos no artigo 233
LCSP 2017, contemplándose na súa elaboración o disposto nos
artigos 124 a 134 RGLCAP.
HASH: f91f90672a41c16f8da89b126c8aa817

De conformidade co proxecto de obras, segundo consta na memoria


Darío Antonio Piñeiro López (2 para 2)

do proxecto técnico redactado pola enxeñeira de Camiños, canles e


portos, Laura Santalla Castro, o obxecto da actuación consiste en
Data de Sinatura: 06/09/2018

melloras a capa de rodadura dalgúns viais do concello en deficiente


estado de conservación polo paso de vehículos e inclemencias
metereolóxicas, materias esta, “acceso ós núcleos de poboación” na
que o municipio pode exercer competencias nos termos da lexislación
O alcalde

do Estado e das Comunidades Autónomas, según o disposto no artigo


25.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime
Local, mellorando a capacidade portante dos camiños, aumentar a

Cod. Validación: 7CRDHWDGK5EHPKHQ5GGWACTJF | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


súa vida útil, e mellorar a seguridade vial dos usuarios. As ditas
actuacións e dada a súa dispersión e ó obxecto de facilitar o labor das
empresas que acometan as obras referidas, a efectos de centralizar Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 3

replanteos e zonas de acopio de materiais subdivídese todo o


municipio en 3 zonas que se licitarán en 3 lotes.
No informe dos Servizos municipais, infórmase que as obras
propostas son obras de mellora, mantemento e conservación dos
camiños actuais, na maioría dos casos non se modifica o tipo de firme
composto na actualidade por rega asfáltica, proxectase o barrido,
limpeza de cunetas, bacheo e triple rega asfáltica ou selado, nun
tramo dentro de núcleo proxéctase pavimento de formigón e noutros
tramos de camiño proxectan a execución dunha rega asfáltica,
dotando así dun pavimento con máis capacidade para soportar o tipo
de tráfico que soportan. A intervención proxectada pódese entender

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 (Lugo). Tfno. 982543077. Fax: 982543357
que non modifica as características básicas dos camiños, non se
modifican trazados nin rasantes, tampouco supoñen un aumento de
volume.
Considerando que, mediante acordo de xunta de goberno local de 5
de setembro de 2018, aprobouse o proxecto de obras, de
conformidade co prevido no artigo 236.1 da Lei 9/2017, de 8 de
novembro, de Contratos do Sector Público -LCSP 2017-.
Consta no expediente a acta de replanteo do proxecto de obra, ós
efectos previstos no artigo 236 da LCSP 2017.
Visto o informe xurídico emitido pola secretaría deste Concello, os
pregos de cláusulas administrativas particulares e o informe de
intervención.
Examinada a documentación que consta no expediente, en virtude
das competencias conferidas pola lexislación vigente e, en concreto,
en virtude do disposto na Disposición Adicional Segunda da Lei
9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público -LCSP
2017-, a Xunta de Goberno Local, no exercicio das competencias
delegadas polo Pleno con data 30 de xuño de 2015 (BOP Lugo de 15
de xullo de 2015) por unanimidade e en votación ordinaria, acorda::
Primeiro.- Aprobar o expediente de contratación, mediante
procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, do contrato
de execución das obras de “Mellora, conservación, e mantemento
de camiños no concello de Láncara, por lotes, por importe de
239.614,41 euros, IVE incluído, correspondentes ó valor estimado do
contrato, e un prazo de execución de 6 meses.
Segundo.- Aprobar o gasto por importe de 239.614,41 euros, con
cargo á aplicación presupostaria 453.619 do presuposto de gastos do
Concello de Láncara para o exercicio 2018 en vigor.
Terceiro.- Aprobar o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares

Cod. Validación: 7CRDHWDGK5EHPKHQ5GGWACTJF | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


que rexen a contratación mediante procedemento aberto simplificado
do presente contrato de obras.
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 2 a 3

Cuarto.- Proceder á apertura do procedemento de adxudicación do


presente contrato por procedemento aberto simplificado, con
publicación do anuncio de licitación no perfil do contratante deste
órgano de contratación, para que no prazo de mínimo de vinte días se
presenten as proposicións que se estimen pertinentes (art. 159.3
LCSP 2017), en formato papel de conformidade coa Disposición
Adicional Décimo quinta apartado 3. c) non se admite a presentación
de ofertas por medios electrónicos toda vez o Concello de Láncara
non dispón na actualidade de ferramentas e dispositivos dispoñibles
para os licitadores”.
E para que así conste e unir ó expediente da súa razón asino a

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 (Lugo). Tfno. 982543077. Fax: 982543357
presente certificación de orde e co visto e prace da segunda tenente
de alcalde, coas reservas e salvedades do artigo 206 do ROF, no lugar
e data da sinatura electrónica á marxe.
Vº e prace.
O alcalde,
Darío A. Piñeiro López

Cod. Validación: 7CRDHWDGK5EHPKHQ5GGWACTJF | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 3 a 3

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 (Lugo). Tfno. 982543077. Fax: 982543357

You might also like