You are on page 1of 16

Proposta de alcaldía relativa á solicitude de ofertas para a

adxudicación por contrato menor as obras “Mellora e


mantemento do firme en Reboredo (Bande)”
Logo de ver a memoria redactada pola arquitecta dona Carmen
HASH: eb45f8064e4f78c3768d2ac50ec59388

Rodríguez Geada cun presuposto de 23.778,42 euros máis


Darío Antonio Piñeiro López (1 para 1)

4.993,47 euros de IVE, na que se definen as necesidades


administrativas a satisfacer con este contrato, e de conformidade co
Data de Sinatura: 10/07/2018

previsto no artigo 28.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos


do Sector Público -LCSP 2017-, infórmase que a necesidade do
presente contrato vén motivada pola necesidade de mellorar os
O alcalde

servizos básicos como o acceso aos núcleos de poboación, e que o


Concello non conta con medios materiais e persoais suficientes e
necesarios para a execución das actuacións proxectadas.
Trátase dun investimento subvencionado ó abeiro da Orde do 4 de
decembro de 2017 de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases
reguladoras e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora
das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos
vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a
concellos de Galicia para o ano 2018, de forma individual e mediante
o sistema de xestión compartida (DOG núm. 5, do 8 de xaneiro de
2018).
Proponse a súa adxudicación como contrato menor, de conformidade
co disposto na vixente lexislación de contratos do sector público. Non
obstante, á vista do disposto na orde reguladora da convocatoria de
axudas deberán solicitarse e obter, como mínimo, tres ofertas de
diferentes provedores, con carácter previo á contratación.
Segundo o establecido no artigo 16 da orde de convocatoria, as
entidades beneficiarias deberán SOLICITAR e OBTER como mínimo
tres (3) ofertas, o que ademáis é práctica habitual na adxudicación de
Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/
contratos menores do Concello de Láncara. A adxudicación recaerá no
licitador xustificadamente elixido polo órgano de contratación, que Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 1 a 16

recaerá na proposta económica máis vantaxosa, tras efectuar


consultas con empresas en orde á adxudicación das obras.
A figura do contrato menor está definida polas contías (cando se trate
de contratos de obras 40.000 euros) que sinala o art. 118 Lei 9/2017,
de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público que establece que
“Considéranse contratos menores os contratos de valor estimado
inferior a 40.000 euros, cando se trate de contratos de obras, ou a
15.000 euros, cando se trate de contratos de suministro ou de
servizos, sen prexuízo do disposto no artigo 229 en relación coas
obras, servizos e suministros centralizados no ámbito estatal.
Nos contratos menores a tramitación do expediente exixirá o informe
do órgano de contratación motivando a necesidade do contrato.

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
Asemade requirirase a aprobación do gasto e a incorporación ó
mesmo da factura correspondente, que deberá reunir os requisitos
que as normas de desenvolvento desta Lei establezan.
No expediente xustificarase que non se está alterando o obxecto do
contrato para evitar a aplicación das regras xerais de contratación, e
que o contratista non suscribiu máis contratos menores que individual
ou conxuntamente superen a cifra que consta no apartado primeiro
deste artigo. O órgano de contratación comprobará o cumprimento de
dita regra. Quedan excluidos os supostos encadrados no artigo
168.a).2°.
No proxecto das obras, sinálase como como valor estimado do
contrato o importe de 23.778,42 euros ao que hai que engadir
4.993,47 € de IVE, do que resulta un importe total de 28.771,89 €.
As ofertas presentadas valoraranse obxectivamente atendendo ós
seguintes criterios de adxudicación:
- Prezo: Ata 15 puntos. As ofertas presentadas valoraranse
obxectivamente atendendo a criterios de proporcionalidade
matemática, é dicir, outórgaselle a maior puntuación á empresa que
mellor oferta realice, e aos restantes en proporción a ésta, por regra
matemática de tres.
- Melloras: Ata 5 puntos, outorgando 2,5 puntos por cada unha das
melloras ofertadas, e que se detallan no anexo VI.
Na data na que se inicien os traballos, o contratista queda obrigado a
colocar á súa costa un cartel publicitario durante a execución do
proxecto subvencionado e, logo da súa finalización, unha placa
explicativa permanente nos que se aprecie que as actuacións contan
co financiamento da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza da Comunidade Autónoma de
Galicia consonte ó modelo que se xunta como anexo V a esta
proposta.

Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


A dirección e inspección das obras correspóndelle ós servizos técnicos
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 2 a 16
municipais, que ditarán as instrucións necesarias ao contratista para
a normal e eficaz realización daqueles e sinalará o ritmo de execución
conveniente, mediante as anotacións correspondentes. Non obstante,
o Sr. Alcalde, poderá inspeccionar as obras cando o estime oportuno,
ou ben encomendar estas funcións a técnicos designados polo
concello.
Polo exposto, proponse
Primeiro.- Iniciar o expediente de contratación de obra polo
procedemento de contrato menor, ao ser a contía inferior aos
40.000.-€, establecidos como límite no artigo 118 da Lei 9/2017, de 8
de novembro, de Contratos do Sector Público.

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
De conformidade co establecido no artigo 118 da LCSP xustifícase a
necesidade do contrato no arranxo do camiño municipal de Reboredo,
que consistirán na reparación de deformacións e roturas do mesmo e
mellora do drenaxe lonxitudinal mediante a limpeza de cunetas,
considerando que estamos en presenza dun servizo mínimo
obrigatorio a prestar polos concellos, segundo establece o artigo 26
da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e o
artigo 81 da Lei /1997, do 22 de xullo , de Administración Local de
Galicia
Segundo.- Aprobar o gasto de 28.771,89 € (IVE engadido) a que
ascende a execución das obras e imputalo a partida orzamentaria
454.619.18 do vixente presuposto do exercicio 2018.
Terceiro: Designar directora de obra á arquitecta asesora Dona
Carmen Rodríguez Geada, que ademáis será a responsable do
contrato, de conformidade co establecido no artigo 62 da Lei 9/2017,
de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
Cuarto.- Solicitar ofertas económicas a empresas capacitadas con
suxeición ás cláusulas que figuran como anexo I.
A Pobra de San Xiao (Láncara), na data da sinatura electrónica á
marxe,
O alcalde
Darío A. Piñeiro López

Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 3 a 16

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
ANEXO I
Prazo de execución.- o prazo para a execución dos
investimentos estímase en QUINCE DÍAS, desde o inicio das obras,
segundo o proxecto das obras.
O prazo de execución é improrrogable e en todo caso deberán
estar rematados antes do 15 de setembro de 2018.
Capacidade para contratar.- poderán concorrer por si mesmas,
ou por medio de representantes as persoas naturais ou xurídicas,
que tendo plena capacidade de obrar non estean comprendidas
nalgunha das circunstancias que enumera o art. 71 da Lei 9/2017,
de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
Proposicións: lugar e prazo de presentación.- as proposicións
para participar presentaranse no lugar e prazo que se indican,
dentro do prazo dos oito días naturais, contados a partir do día
seguinte ao da recepción da invitación, de nove a catorce horas e
NUN SOBRE pechado, asinado polo licitador ou persoa que o
represente, e coa documentación e requisitos esixidos nos pregos.
As proposicións deberán presentarse no rexistro do Concello de
Láncara. Cando se presenten por correo, por telefax, ou por medios
electrónicos, informáticos ou telemáticos, en calquera dos lugares
establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do
Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Neste caso, deberase acreditar ante o órgano de contratación, co
resgardo correspondente, a data de imposición de envío nas
citadas dependencias e anunciar o mesmo día ao órgano de
contratación por fax ou telegrama a remisión da proposición por
tales medios. A oferta deberá recibirse no concello antes das 14
horas do último día do prazo de presentación.
Proposicións.- A oferta presentarase nun único sobre, ao non
Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/
contemplarse criterios de adxudicación cuxa cuantificación dependa
dun xuízo de valor. Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 4 a 16

As ofertas presentaranse en papel DA15 da LCSP establece que a


presentación de ofertas e solicitudes de participación levará a cabo
utilizando medios electrónicos.
O sobre presentaranse pechado e asinado polo licitador ou persoa
que o represente, debendo figurar no exterior de cada un deles o
número de referencia e a lenda “Mantemento e mellora do firme en
Reboredo (Bande)”, o nome e apelidos do licitador ou razón social da
empresa e o seu correspondente NIF. No seu interior farase constar
unha relación numérica dos documentos que conteñen.
Único sobre de documentación administrativa, proposición

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
económica e documentación relativa a criterios avaliables
mediante fórmulas:
Dentro deste sobre os licitadores deberán incluír:
A) Declaración responsable: (Anexo II)
B) Declaración de empresas vinculadas (Anexo III)
C) Proposición económica e demáis criterios de adxudicación: (Anexo
IV)
Apertura de propostas e adxudicación.- Para a valoración das
ofertas, e a determinación da que sexa economicamente máis
vantaxosa atenderase aos seguintes criterios:
- Prezo: Ata 15 puntos. As ofertas presentadas valoraranse
obxectivamente atendendo a criterios de proporcionalidade
matemática, é dicir, outórgaselle a maior puntuación á empresa que
mellor oferta realice, e aos restantes en proporción a ésta, por regra
matemática de tres.
- Melloras: Ata 5 puntos, outorgando 2,5 puntos por cada unha puntos
por cada unha das melloras ofertadas, e que se detallan no anexo VI.
Acta de comprobación do trazado de planta.- dentro do prazo de
dez días seguintes á recepción da notificación da adxudicación,
efectuarase a comprobación do trazado de planta, na data en que a
administración sinale, quedando obrigado o contratista, a acudir e
subscribir a correspondente acta. Se o contratista non acude, sen
causa xustificada, ao acto de comprobación de trazado de planta, a
súa ausencia considerarase como incumprimento do contrato. O
contratista deberá iniciar as obras dentro dos quince días seguintes
ao da sinatura do acta de comprobación, debendo efectuar a apertura
do centro de traballo e as obrigas que correspondan coa autoridade
laboral.
Cando o resultado da comprobación do trazado de planta demostre a
Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/
posesión e disposición real dos terreos, a súa idoneidade e viabilidade
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 5 a 16
do proxecto, a xuízo do director das obras, e sen reserva por parte do
contratista, darase a autorización para iniciar as obras, facéndose
constar este punto explicitamente no acta redactada; polo feito de
subscribir a acta queda notificado o contratista, empezando a contar
o prazo de execución das obras desde o día seguinte ao da súa
sinatura. O contratista non pode ocupar os terreos afectados pola
obra, ata recibir a orde correspondente da dirección.
Carteis e sinais.-na data na que se inicien os traballos, o contratista
queda obrigado a colocar á súa costa os carteis e sinais relacionados
coa obra, e a instalar á súa costa os carteis indicativos de obras co
contido do anexo V, e tamén os de perigo, precaución, desviación,
etc, de conformidade co disposto no Código da Circulación e na

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
normativa de Prevención de Riscos Laborais, así como á adopción das
precaucións precisas desde o comezo das obras ata a súa total
terminación, sendo persoalmente responsable dos accidentes
motivados por incumprimento desta cláusula.
Igualmente, deberán realizarse e aportarse, xunto coa documentación
necesaria para o aboamento dos traballos:
- fotografías, en soporte dixital ou papel, do lugar ou lugares
onde se efectuasen as actuacións, tomadas antes, durante e
con posterioridade á súa realización. A presentación das
fotografías farase de xeito que permita identificar os lugares e o
momento da execucióna que correspondan.
- fotografías, en soporte dixital ou papel, do cartel ou carteis das
actuacións, consonte o modelo do anexo V.
- fotografías, en soporte dixital ou papel, da placa ou placas
explicativas permanentes, coa publicidade sobre o
financiamento das actuacións, colocada nun lugar visible no
lugar das actuacións, que deberá permanecer durante, cando
menos, cinco anos.
Desenvolvemento dos traballos.- o contratista deberá executar as
obras cos materiais e medios nas condicións esixidas no
proxecto/memoria aprobado, así como de conformidade coas
instrucións ou regulamentacións obrigatoria. Ademais, deberá utilizar
os elementos persoais e auxiliares máis cualificados nas condicións
esixidas pola boa práctica da construción.
Dirección e inspección das obras.- a dirección e inspección das
obras correspóndelle á arquitecta asesora municipal, dona Carmen
Rodríguez Geada, que ditará as instrucións necesarias ao contratista
para a normal e eficaz realización daqueles e sinalará o ritmo de
execución conveniente, mediante as anotacións correspondentes.
Non obstante, o Sr. Alcalde, poderá inspeccionar as obras cando o
estime oportuno, ou ben encomendar estas funcións a técnicos
Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/
designados polo concello.
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 6 a 16
Lexislación laboral, Seguridade Social e prevención de riscos
laborais.- o contratista deberá observar as disposicións vixentes en
materia laboral e de Seguridade Social, así como as disposicións en
materia de seguridade e hixiene no traballo e prevención de riscos
laborais.
Responsabilidade e danos.- será de conta do contratista a
responsabilidade derivada de tódolos danos, prexuízos e accións de
calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas polo
seu persoal, a súa maquinaria ou como consecuencia dos traballos
realizados. Esta responsabilidade non se extinguirá ata que expire o
prazo de garantía da obra.

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
Cando tales danos e perdas sexan ocasionados como consecuencia
inmediata e directa dunha orde da administración, será esta
responsable dentro dos límites establecidos na lei.
Ademais, o contratista responderá civil e, se é o caso, penalmente
dos danos causados á administración contratante ou a terceiros como
consecuencia dos vicios ocultos das obras.
Dereitos do adxudicatario- serán os seguintes:
a) Dereito ao aboamento da obra que execute, de conformidade co
proxecto aprobado. A execución da obra por importe superior ao
previsto, aínda que contase coa autorización da dirección, non dará
dereito ao contratista ao seu aboamento, ata que non se inclúa no
orzamento a dotación necesaria para facer fronte ás mesmas.
No caso de que algunha certificación conteña algún erro ou omisión,
os prazos previstos na lei non se iniciarán ata que se corrixan os
defectos que contivese a certificación, computándose, polo tanto, os
prazos a partir da expedición da certificación emendada.
b) Dereito á suspensión do cumprimento do contrato ou a súa
resolución, no caso de demora do pagamento de conformidade co
disposto na lei.
c) Dereito a transmitir os dereitos de cobro, nos termos previstos na
lei. Os contratistas que teñan dereito de cobro fronte á
administración, poderán ceder este dereito. Para que a cesión do
dereito teña plena efectividade, será requisito imprescindible a
notificación fidedigna do acordo de cesión. A estes efectos,
considerarase que a notificación se produce cando se consigne
mediante dilixencia ou toma de razón no documento xustificativo do
crédito. Unha vez que a administración teña coñecemento do acordo
de cesión, o mandamento de pago expedirase a favor do cesionario.
Antes de que a cesión se poña en coñecemento da administración, os
mandamentos de pago a nome do contratista producirán efectos
Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/
liberatorios.
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 7 a 16
Aboamento da obra executada.- O técnico director realizará a
medición das unidades de obra executadas, podendo o contratista
presenciar a realización das medicións. Para as obras ou partes de
obra das que as súas dimensións e características que queden
posterior e definitivamente ocultas, o contratista está obrigado a
avisar á dirección coa suficiente antelación, a fin de que esta poida
realizar as correspondentes medicións e toma de datos, levantando
os planos que as definan, subscribindo o contratista a súa
conformidade. No caso de que non se proceda ao aviso anticipado, o
que deberá probar o contratista, quedará obrigado a aceptar as
decisións da administración sobre o particular.
As certificacións expediranse polo técnico director, tomando como

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
base a relación valorada, previa audiencia ao contratista para os
efectos da súa conformidade ou reparos. Os pagamentos
verificaranse contra as certificacións de obra, acompañadas das
relacións valoradas, expedidas polo técnico director da obra e
aprobadas pola Alcaldía ou a Xunta de Goberno Local, segundo
corresponda. Ademais o contratista deberá presentar factura polo
mesmo importe que o da certificación. Tamén deberá certificarse, o
importe das obras adicionais ofertadas como melloras para a
administración.
As certificacións terán o carácter de pagamento a conta, suxeitas ás
rectificacións e variacións que se produzan na medición final e sen
supoñer en forma ningunha aprobación e recepción das obras que
comprenden.
A factura deberá cumprir os requisitos esixidos no Real Decreto
1619/2012 de 30 de novembro, polo que se regulan as obrigas de
facturación. Deberá presentarse no Punto Xeral de Entrada de
Facturas Electrónicas FACe da Administración Xeral do Estado, para a
súa posterior remisión ao órgano ou unidade a quen corresponda a
súa tramitación. Todo elo segundo sexan ou non expedidas por
algunha das entidades obrigadas a facturar electronicamente ás que
se refire a Lei 25/2013 de 17 de decembro, de impulso da factura
electrónica, consignando, ademáis dos requisitos esixidos na
normativa reguladora da facturación, os seguintes:
a) Que o destinatario é Concello de Láncara.
b) Que o código DIR3 é AY.
c) Que a oficina contable é L01270266.
d) Que o órgano xestor é L01270266.
e) Que a unidade tramitadora é L01270266.
A administración deberá aboar o importe das facturas dentro dos
Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/
prazos establecidos.
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 8 a 16
Prazo de execución e penalidades administrativas. Recepción
das obras e certificación final.- o contratista está obrigado a
cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a súa realización.
A constitución en mora do contratista non precisará intimidación
previa por parte da administración. O contratista comunicará por
escrito ao director da obra a data prevista para a súa terminación. A
recepción das obras realizarase dentro do mes seguinte ao da
terminación das obras. Todo elo, de conformidade co art. 243 da Lei
9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público. Do
resultado da recepción redactarase acta que subscribirán os
asistentes.
O contratista ten a obriga de asistir á recepción da obra. Se por

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
causas que lle sexan imputables non cumpre esta obriga, o
representante da administración remitiralle un exemplar da acta, para
que no prazo de dez días formule as alegacións que considere
oportunas, sobre as que resolverá o órgano de contratación.
Cando as obras non estean en estado de ser recibidas, farase constar
así na acta e o seu director sinalará os defectos observados e
detallará as instrucións precisas, fixando un prazo para remediar
aqueles. Se transcorrido o devandito prazo o contratista non o
efectúa, poderá concedérselle outro novo prazo improrrogable ou
declarar resolto o contrato.
Prazo de garantía. Liquidación e devolución da garantía.- o
prazo de garantía será de un ano contado desde a recepción das
obras, salvo que se establecera un prazo maior distinto. Durante o
prazo de garantía o contratista estará obrigado á garda e
conservación das obras, seguindo, se é o caso, as instrucións que
reciba do director, sendo responsable dos danos intrínsecos que nela
se produzan. Se as obras se deteriorasen por incumprimento desta
obriga, os traballos necesarios para a súa reparación executaranse
pola administración contratante, a custa do contratista.
Dentro do prazo de 15 días anteriores ao cumprimento do prazo de
garantía, o director da obra, de oficio ou a instancia do contratista,
redactará un informe sobre o estado das obras. Se fose favorable, o
contratista quedará relevado de toda responsabilidade, agás o
disposto no art. 244 LCSP-2017, sobre a responsabilidade por vicios
ocultos.
No caso de que o informe non fose favorable, e os defectos
observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ao
uso do construído, durante o prazo de garantía o director facultativo
procederá a ditar as oportunas instrucións ao contratista para a
debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para elo
durante o que continuará encargado da conservación das obras, sen
Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/
dereito a percibir cantidade ningunha por ampliación do prazo de
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 9 a 16
garantía.
Réxime xurídico e xurisdición competente.- o contrato ten
carácter administrativo e as cuestións que se deriven dilucidaranse
en vía administrativa. Ambas partes quedan sometidas
expresamente á lexislación de contratos do sector público e
normas complementarias, así como as demais disposicións de
desenvolvemento. No que non estea previsto estarase ao disposto
na Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, así
como á Lei 5/1997 de 22 de xullo, de administración local de
Galicia. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas de
dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito
privado. Ademais o adxudicatario quedará obrigado ao

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
cumprimento das disposicións vixentes en materia de lexislación
laboral, seguridade laboral, seguridade e hixiene no traballo e de
toda a normativa do estado ou da comunidade autónoma que sexa
de aplicación, derivada das actuacións obxecto do contrato.
As cuestións litixiosas xurdidas sobre interpretación, modificación,
resolución e efectos do contrato, resolveranse polo órgano de
contratación; os seus acordos poñerán fin á vía administrativa,
contra os que se poderá interpor o recurso
contencioso-administrativo, nos tribunais competentes do
enderezo procesual do Concello, conforme ao disposto pola lei
reguladora da devandita xurisdición. Todo elo, sen prexuízo da
previa interposición, se é o caso, do recurso de reposición
potestativo previsto na Lei 39/15 de 1 de outubro e sen prexuízo
da interposición de calquera outro recurso que os interesados
estimen procedente.
A Pobra de San Xiao (Láncara), na data da sinatura electrónica á
marxe.
O alcalde
Darío A. Piñeiro López

Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 10 a 16

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
ANEXO II. DECLARACIÓN RESPONSABLE DO CUMPRIMENTO
DAS OBRIGACIÓNS LEGALMENTE ESTABLECIDAS PARA PODER
CONTRATAR CO CONCELLO DE LÁNCARA.

D. _______________________________________________, con DNI núm.


_____________, actuando en nome propio ou en representación de
_____________________________________, con domicilio en
______________________________________________ e CIF núm.
____________________, ao obxecto de participar na contratación
denominada “Mantemento e Mellora do firme en Reboredo
(Bande)”, baixo a miña responsabilidade,
DECLARO:
1. Que a sociedade está válidamente constituída e que conforme ao
seu obxecto social pode presentarse á licitación, así como que o
asinante da declaración ostenta a debida representación para a
presentación da proposición e da declaración.
2. Que non está incursa en prohibicións de contratar por si mesma nin
por extensión como consecuencia da aplicación do artigo 71.3 da
LCSP.
3. Que a empresa conta coas autorizacións necesarias para exercer a
actividade.
4. Que me someto ao foro español (no caso de que a empresa sexa
estranxeira).
5. Que asumo o compromiso de adscribir ao contrato os medios
necesarios para a súa execución.
Ademais do anterior, autorizo ao órgano de contratación para solicitar
os datos que obren en poder da Administración que fosen necesarios
para comprobar a veracidade das declaracións realizadas. Así mesmo,

Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


no caso de resultar proposto para a adxudicación do contrato,
comprométome a presentar os documentos que me sexan requiridos Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 11 a 16
previamente á devandita adxudicación.
_____________, de _____________, de 201
Firma do licitador

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
ANEXO III.- DECLARACIÓN DE EMPRESAS VINCULADAS

D. ______________________________________, con DNI núm. ___________en


representación da empresa __________________, con CIF núm.
_____________, co obxecto de participar no procedemento de
contratación para a adxudicación do contrato denominado
“Mantemento e Mellora de firme en Reboredo (Bande)”,
DECLARO:
__ Que a empresa á que represento ten vinculación coas seguintes
empresas:

Denominación social CIF da empresa

__ Que a empresa a que represento non ten vinculación con ningunha


empresa.
____________, _____ de _______ de 201.
Asinado

Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 12 a 16

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
ANEXO IV.- MODELO DE PROPOSICIÓN. OFERTA ECONÓMICA

D./Dª ____, con domicilio a efectos de notificacións na dirección de


correo electrónico ____, con DNI nº ____, en representación de
D./Dª____ (ou en nome propio), con DNI nº ____, interesado en
participar para a execución de obras de Mantemento e Mellora de
firme en Reboredo (Bande), fago constar que coñezo o prego de
cláusulas administrativas que serve de base ao contrato e acéptoo
integramente, tomando parte da licitación e comprometéndome a
levar a cabo o obxecto do contrato
- polo importe de ____ € e ____ €, correspondentes ao Imposto sobre o
Valor Engadido.
Devandito importe inclúe ademais todos os tributos, taxas e canons
de calquera índole que sexan de aplicación, así como todos os gastos
contemplados no Prego de Cláusulas Administrativas Particulares que
rexe o contrato.
- Que ofrezo realizar as seguintes melloras:

En ____, a ____ de ____ de ____.


Firma do licitador.”

Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 13 a 16

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
ANEXO V.- CARTEL DE OBRAS PUBLICITARIO DA FINANCIACIÓN
DA VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIXA DA COMUNIDADE
AUTÓNOMA DE GALICIA

Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 14 a 16

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
ANEXO VI.- MELLORAS

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357
Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/
Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 15 a 16
PROPOSTA DE MELLORAS PARA A OBRA DE MELLORA E
MANTEMENTO DE FIRME EN REBOREDO (BANDE)”

MELLORAS

Coma melloras á obra de “MELLORA E MANTEMENTO DE FIRME EN


REBOREDO (BANDE), por parte da arquitecta asesora municipal,
redactora da memoria propóñense:

- MELLORA 1: 52-m de Cuneta de formigón triangular tipo


V-40 , Cuneta triangular tipo V-40 de 1,00 m de ancho máximo
e 10 cm espesor con formigón HM-20/sp/40 de 40cm de
profundidade, taludes 1/1 e dimensións segundo planos. Incluso
formación da base de cuneta,refino compactación e nivelación.
- MELLORA 2 : 2 ud de Embocadura para cano ø 40 cm,
terreo franco: Embocadura e aletas, para cano de 40cm. de
diámetro en formigón HM-20/P/40/IIa, incluso escavación,
encofrado e desencofrado, así como p.p. de medios auxiliares. E
29 m de Cano PEAD corrugado, ø 315 cm SN8 :Cano de
tubo corrugado de PEAD saneamento de 0,315 m de diámetro
exterior, dobre capa, SN8.Incluido escavación previa zanxa,
colocación, formigón en masa HM-20/sp/40, con p.p. de pezas
especiais e medios auxiliares.

Cod. Validación: 96XXJQ2CD3QZ59AM6DKF9MHT9 | Corrección: http://lancara.sedelectronica.gal/


Documento asinado electronicamente desde a plataforma xestiona esPublico | Páxina 16 a 16

Concello de Láncara
Rúa Rosalía de Castro nº 17, A Pobra de San Xiao, Láncara. 27360 Lugo. Tfno. 982543077. Fax: 982543357

You might also like