You are on page 1of 24

CONVENIO COLECTIVO PARA O

PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DO GROVE

PREÁMBULO. Mesa Xeral de Negociación

No Concello do Grove constituirase unha Mesa Xeral de Negociación formada pola


representación da entidade local e os sindicatos máis representativos nos termos
que sinala a lexislación vixente, do Comités de Empresa e da Xunta de Persoal.

CAPITULO 1.- DISPOSICIÓNS XERAIS.

Artigo 1.- Ámbito persoal e funcional.


O presente Convenio regula as relacións socio-laborais do persoal funcionario que
presta os seus servizos para o Concello do Grove

Artigo 2.-Ámbito temporal, vixencia e denuncia


A vixencia do presente Convenio Colectivo estipúlase por un prazo de 3 anos, desde
o 1 de xaneiro de 2006 ata o 31 de decembro de 2009, período que, non obstante,
se entenderá prorrogado por anualidades de non existir denuncia dalgunha das
partes ata a entrada en vigor dun novo convenio que substitúa o anterior tras a
oportuna negociación.
Ambas partes conveñen que o Convenio se considerará denunciado cando así se
faga con meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera
prórroga, a fin de iniciar as negociación s e deliberacións do novo convenio en data
non posterior a un mes contado a partir. da data de denuncia.

Artigo 3.- Obxecto


O presente Convenio regula e facilita o normal desenvolvemento das relacións de
traballo do persoal do Concello do Grove, rectifica os anteriores convenios naqueles
extremos que modifica e substitúe e renova aquelas materias nas que se produzan
alteracións

Artigo 4.- Carácter


O Convenio ten un carácter necesario e indivisible para todos os efectos no sentido
de que as condición s pactadas nel constitúen un todo orgánico e unitario, e para os
efectos da súa aplicación práctica serán consideradas global mente.

Artigo 5.- Compensación e absorción.


As condicións económicas e salariais pactadas son compensables na súa totalidade
coas que anteriormente rexesen por imperativo legal,. xurisprudencia, contencioso-
administrativo, convenio ou pacto, contrato individual, usos e costumes locais, ou
por calquera outra causa

Tendo en conta, polo tanto, a natureza do acordo, as disposicións legais futuras,


incluídas as relativas a salarios interprofesionais que impliquen variacións
económicas en todos ou nalgún dos conceptos retributivos pactados, só terán
eficacia se, globalmente consideradas e sumadas aos conceptos retributivos
vixentes con anterioridade a este acordo, superan o seu nivel total.
En caso contrario, considéranse absorbidas polas melloras pactadas. A comparación
será anual e global.

1
Artigo 6.- Garantía ad personam.
Respectaranse as situacións persoais que con carácter global excedan do pactado,
manténdose estritamente ad personam.

Artigo 7.- Publicidade do Convenio Colectivo


Con independencia da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín
Oficial da Provincia, a súa publicidade efectuarase por conta do Concello,
enviándolle polo menos un exemplar a cada traballador/a.

Artigo 8.- Comisión Paritaria de Control e Seguimento do Convenio


Colectivo.
Para examinar e resolver cantas cuestións se deriven da interpretación, vixilancia,
control e aplicación do Convenio, a Mesa Negociadora deste designará, de entre os
seus compoñentes signatarios, unha Comisión Mixta Paritaria de Control e
Seguimento do Convenio, a cal estará formada por un representante por cada
Sindicato representado no Comité e igual numero de representantes da Corporación
A Comisión Paritaria de Control e Seguimento terá as seguintes funcións:

a)Interpretación auténtica do texto do Convenio, na súa aplicación práctica.


b)Resolución postos de traballo antes da súa aprobación polos órganos
competentes.
c)h) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do Convenio ou
veñan establecidas no seu texto.
d)Calquera outra que, se é o seu caso, poidan serlle atribuídas ao amparo de
disposicións que no futuro se promulguen.definitiva para as partes solicitantes ou
implicadas de cantos asuntos e reclamacións se sometan á súa decisión respecto
a calquera das condicións establecidas no Convenio.
e)Arbitraxe,mediación e conciliación no tratamento e solución das cuestións e
conflitos de carácter colectivo que se sometan á súa consideración, se as partes
discordantes o solicitan expresamente e a Comisión acepta a función arbitral,
mediadora ou conciliadora.
f)Vixilancia do cumprimento colectivo e total do pactado no Convenio segundo as
oportunas recomendacións e interpretacións
e)Denuncia do incumprimento do Convenio
g)Estudo da evolución das relacións entre as partes signatarias do Convenio.
h)Emitir informes, cando así lle sexa solicitado, en relación coas propostas de
clasificación e valoración de postos de traballo antes da súa aprobación polos
órganos competentes.
i)Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do Convenio ou
veñan establecidas no seu texto.
j)Calquera outra que, se é o seu caso, poidan serlle atribuídas ao amparo de
disposicións que no futuro se promulguen.

Deberase redactar unha orde do día con carácter previo ás súas reunións.

A Comisión reunirase .
a)Con carácter ordinario, trimestralmente o día que oportunamente se sinale.
b)Con carácter extraordinario, cando o soliciten polo menos o 50% dos seus
compoñentes.
c)As sesións da Comisión Paritaria celebraranse no enderezo desta, aínda que
poderán efectuarse tamén en calquera outro lugar, tras o acordo dos voceiros,
estando a asistencia a elas reservada aos membros e asesores correspondentes.

As convocatorias das diversas sesións da Comisión Paritaria realizaraas o/a


secretario/a, co visto e prace dos voceiros, mediante citación por escrito na que
conste o lugar, a data e a hora, así como a orde do día, notificándoselles ás partes

2
cunha antelación mínima de sete días hábiles respecto da data prevista de
celebración, no caso de que convoque a sesión ordinaria, e dous días naturais para
o caso en que se cite á sesión extraordinaria.

A orde do día das diversas sesións da Comisión Paritaria será fixada polo/a
secretario/a, co visto e prace dos voceiros, conforme ao disposto en acordo previo
entre os respectivos voceiros.

Para que as sesión s da Comisión Paritaria poidan celebrarse validamente será


precisa a asistencia de, polo menos, o 50% dos compoñentes da Comisión, así
como a do/a secretario/a, ou das persoas que os substitúan nos seu s cargos.
De cada xuntanza e ao seu remate o/a secretario/a da Comisión redactará a
correspondente acta na que haberá de constar o lugar, a data e a hora de comezo e
de remate da reunión, os nomes e apelidos dos presentes, os asuntos tratados, os
acordos adoptados con opinión sintética das opinións emitidas e a expresión dos
votos; a correspondente acta así redactada pasarase inmediatamente á aprobación
e sinatura de todos os asistentes.

As actas das sesións da Comisión Paritaria arquivaranse nun Rexistro que


custodiará o/a secretario/a, baixo a súa responsabilidade, no domicilio da devandita
Comisión, tendo que expedir as certificacións oportunas dos acordos que as
referidas actas conteñan, cando así se reclame por parte lexitimamente interesada.
No caso de non haber acordo entre as partes da Comisión Paritaria nun prazo
máximo de tres meses, estas someterán as súas diferenzas a unha conciliación ou
mediación e/o u arbitraxe ante o SMAC ou outro Organismo, co fin de que as partes
remitan os informes que consideren pertinentes. A decisión deste será entón
determinante e de carácter vinculante para a Comisión Paritaria, que emitirá ditame
no sentido deste, excepto no caso de que ambas as partes chegasen a un acordo
posterior ou simultáneo, caso no que prevalecerá este sobre aquel, que quedará
nulo sen efecto.

O ditame da Comisión Paritaria notificaráselles ás partes implicadas

CAPíTULO III.- ORGANIZACiÓN DO TRABALLO.

Artigo 9.- Organización.


De acordo coa s disposicións vixentes, a facultade e a responsabilidade de
organización do traballo correspóndelle ao Goberno da Corporación, sen prexuízo
dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidas ao persoal na lei
7/90 e 9/87.

Artigo 10.- Dirección e control da actividade laboral.


O persoal do Concello do Grove estará obrigado a realizar a prestación laboral baixo
a dirección das persoas que a Corporación local designe. Estes deberán ser
traballadores do Concello ou membros da Corporación.

CAPíTULO II.- PRODUTIVIDADE. CALlDADE DE SERVIZOS. ABSENTISMO


LABORAL.

Artigo 11.- Produtividade. Calidade de Servizos. Absentismo laboral.


O Concello do Grove e os sindicatos asinantes deste Convenio potenciarán os
instrumentos de control e redución do absentismo laboral a través da proposta,
entre outras, de medidas de mellora dos sistemas e procedementos da calidade na
prestación do servizo público á cidadanía, da medición do absentismo laboral e
seguimento deste, realizando os estudos necesarios sobre as causas e adoptando,

3
se é o caso, as medidas que sexan procedentes para a súa redución, procedendo ao
desconto automático, calculado conforme o establecido para o persoal funcionario
das retribucións correspondentes ao tempo de traballo nos casos de falta
inxustificada de asistencia, produtividade e puntualidade, que se IIe comunicará
ao/á traballador/a. Todo isto efectuarase sen prexuízo das medidas disciplinarias
que, de ser o caso, puidesen corresponder.

Das medidas que se tomen para reducir o absentismo no Concello, este procederá a
informar puntualmente á Comisión Paritaria de Negociación e aos representantes
legais dos traballadores.

CAPíTULO IV.- SOLUCiÓN EXTRAXUDlCIAL DE CONFLlTOS COLECTIVOS

Artigo 12.- Solución extraxudicial de conflitos colectivos.


Unha vez recoñecido o dereito á negociación colectiva no marco das
Administracións Públicas pola lexislación víxente aplicable (Lei 9/1987, modificada
polas Leis 7/1990 e 18/1994), establécese como mecanismo de resolución e
mediación nos posibles conflitos colectivos ou discrepancias significativas e
insolubles, o diálogo e a negociación, a mediación e a arbitraxe. Recóllese neste
Acordo/Convenio a recomendación da súa aplicación conforme aos seguintes
presupostos:

Os conflitos a que se refire o apartado anterior poderán ser os derivados da


negociación dos pactos e acordos, os derivados da aplicación e interpretación
destes e, en xeral, os derivados da negociación, aplicación e,interpretación dos
acordos sobre as materias sinaladas nos artigos 30 e 31.2 da Lei 9/87, excepto
para aquelas materias para as que exista reserva formal de lei

Os sistemas poderán estar integrados por procedementos de mediación e arbitraxe.


A mediación será obrigatoria cando o solicite unha das partes e as propostas de
solución que ofreza o mediador ou mediadores poderán ser libremente aceptadas
ou rexeitadas polas devanditas partes.

Mediante o procedemento de arbitraxe as partes poderán acordar voluntariamente


encomendar a un terceiro a resolución do conflito exposto, comprometéndose de
antemán a aceptar o contido desta.

O acordo logrado a través da mediación ou da resolución de arbitraxe terá a mesma


eficacia xurídica e tramitación dos pactos e acordos regulados por lei, sempre que
quen adoptara o acordo ou subscribira o compromiso arbitral tivese a lexitimación
que IIes permita acordar, no -ámbito do conflito, un pacto ou acordo conforme ao
previsto pola lei

Estes acordos serán susceptibles de impugnación. Especificamente caberá recurso


contra a resolución arbitral no caso de que non observaran no desenvolvemento da
actuación arbitral os requisitos e formalidades establecidos para o efecto ou cando
a resolución versara sobre puntos non sometidos á súa decisión, ou que esta
contradiga a legalidade vixente.

A utilización destes sistemas efectuarase segundo os procedementos que


regulamentariamente sexan determinados tras o acordo coas organización s
sindicais representativas conforme ao regulado actualmente a este respecto.

4
CAPíTULO V.- XORNADA DE TRABALLO. VACACIÓNS. PERMISOS E
LlCENZAS

Artigo 13.- Xornada laboral.


A xornada ordinaria de traballo establécese como máximo en 37,5 horas semanais.
Non obstante, os asinantes do presente Acordo/Convenio comprométense a instar
as oportunas modificacións regulamentarias co obxecto de que a devandita xornada
ordinaria poida quedar establecida en 35 horas semanais. A xornada realizarase,
con carácter xeral, de luns a venres en xornada continua.
Os sábados pola mañá permanecerá aberto o servizo de Rexistro xeral, en horario
de 9:30 a 12:30 h.
Aqueles/as traballadores/as que realicen cursos de formación poderán adaptar o
seu horario de traballo para a asistencia a estes, sempre que sexa compatible co
horario de traballo dos compañeiros.
Nos meses de xullo, agosto e setembro a xornada reducirase a 35 horas semanais.
Todo o persoal en réxime de xornada continuada gozará dunha pausa de vinte
minutos na xornada, computándose como de traballo efectivo. .
O persoal en réxime de xornada partida gozará de dúas pausas de 15 minutos,
distribuídas nas dúas partes da xornada laboral, no medio de cada unha delas,
respectivamente, computándose como de traballo efectivo.
O tempo de traballo computarase de modo que tanto ao comezo como ao remate
da xornada diaria o traballador se atope no seu posto de traballo, considerándose
como tráballo efectivo aquel que sexa imprescindible para recoller , ordenar e
gardar roupa, materiais e útiles de traballo. A mesma consideración terá o tempo
utilizado para cumprir coa s normas de seguridade e hixiene.
Para o persoal que desenvolva a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou
itinerantes, o cómputo da xornada normal de traballo comezará a partir do lugar de
recollida ou reunión establecido ou Centro de control, tanto na entrada como na
saída do traballo.
O/A traballador/a poderá partir a redución da xornada en dúas partes entre o
principio e o final da xornada diaria.
Para o servizo de recollida de lixo, limpeza viaria e vías e obras, fíxanse dous
grupos para o traballo en sábados (exceptuando os meses de xullo, agosto e
setembro), e cadencia natural, sen menoscabo da percepción das contías
correspondentes por horas extras. Cando un/ha traballador/a teña que suplir nos
seus sábados libres a outro/a traballador/a, terá un día libre. O traballo dos
sábados será prioritariamente para limpeza viaria e recollida de lixo.
Respectaranse, en todo caso, outras xornadas máis beneficiosas que existan no
Concello
Entre un ha xornada e outra deberán transcorrer un mínimo de 9 horas

Artigo 14.- Vacacións anuais


As vacacións anuais terán unha duración de 30 días, dos cales como mínimo 22
serán laborables, exceptuando como non laborables os sábados, domingos e
festivos. Por antigüidade mellorarase este cómputo do seguinte xeito: por .15 anos
de antigüidade23 días hábiles; con 20 anos, 24 días hábiles; con 25 anos 25 días
hábiles e con 30 ou máis anos, 26 días hábiles. Este dereito farase efectivo a partir
do ano natural seguinte ao de cumprimento da antigüidade referenciada. No caso
de comezar as vacacións nun sábado, estas comezarán a contar a partir do luns
seguinte.
O persoal de vías e obras que realice quendas de garda para as emerxencias
gozará de 30 días laborables de vacacións.
O persoal da Policía Local gozará de 15 días laborables de descanso anual, en
relación ao traballo efectivamente realizado os días festivos. Nos meses de xullo e
agosto poderán gozar das vacación s 4 axentes da Policía Local, rotándose de forma
quincenal, sempre que isto non implique problemas no servizo.
Nos servizos onde se poida producir colisión de intereses a respecto do gozo das

5
vacacións, organizaranse as quendas de forma prioritaria, de xeito rotativo,
comezando polo traballador con maior antigüidade
As vacacións non poderán ser compensadas en metálico nin en todo nin en parte,
agás cando no transcurso do ano se produza a extinción da relación de emprego
do/a traballador/a ou sexa declarado estela en situación de excedencia ou de
suspensión de funcións e aínda non gozase ou completase na súa totalidade o seu
período de vacacións.
As vacación s interromperanse en caso de accidente ou enfermidade. Igualmente e
para o suposto de que o dito accidente ou enfermidade sobreveña con
anterioridade ao inicio das vacacións e subsista na data sen alada para o comezo
delas, estas non comezarán a correr para a persoa interesada, logo do informe e
baixo. o control dos servizos médicos correspondentes. O período de
aproveitamento das vacacións poderase alongar ata o 15 de xaneiro do ano
seguinte
O calendario anual de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado,
tras a solicitude das persoas interesadas, sempre que non exista oposición
fundamentada en razóns obxectivas do servizo e non se afecte a intereses de
terceiros no ámbito das quendas establecidas.
A traballadora embarazada terá prioridade á hora de escoller a data das súas
vacacións regulamentarias
En xaneiro de cada ano farase o cadro de vacacións para os distintos servizos.

Artigo 15.- Permisos.


O/A traballador/a terá dereito a unha licenza retribuída polos tempos e causas
seguintes:

-3 días hábiles polo nacemento, acollida ou adopción dun/ha fillo/a na mesma


localidade e 5 días hábiles cando sexa en localidade distinta.
-20 días por matrimonio propio.
-1 día por matrimonio de parentes ata o terceiro grao de consanguinidade ou
afinidade (irmáns, cuñados, fillos, netos, avós).
-2 días por traslado de domicilio.
-5 días por morte dun parente ata o segundo grao de consanguinidade ou
afinidade e dentro do termino. municipal de residencia do falecidÓ e do/a
traballador/a, ou 7 días se o suceso se produce fóra do municipio (1° grao de
consanguinidade: país e fillos; 2° grao: avós, netos, irmáns; 1° grao de
afinidade: cónxuxe, sogros e xenros e 2° grao: avós do cónxuxe, cónxuxes dos
netos e cuñados). Ten o mesmo dereito a parella de feito, convivente
(acreditando tal situación).
-5 días laborables por enfermidade grave dun parente ata o segundo grao de
-consanguinidade ou afinidade se o suceso se produce dentro do termo
municipal, e 7 días cando o suceso se produce fóra del ou permanecese
hospitalizado fóra do termo municipal. Ten o mesmo dereito a parella de feito,
convivente (acreditando tal situación). Se a enfermidade é de longa duración, os
días poderanse coller todos xuntos ou a medida que se necesiten.
-1 día por falecemento de parentes de terceiro grao.

En casos excepcionais de enfermidade de familiares ou persoas que convivan no


domicilio do solicitante e afecten gravemente o normal desenvolvemento da vida
familiar, o alcalde poderá autorizar permisos, redución de xornadas ou xornadas
especiais en tanto se soluciona a situación.

Permiso para acompañamento á consulta médica de cónxuxe, fillos e maiores de 65


anos, ou familiares ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade e parellas
de feito, así como irmáns ou conviventes (acreditando tal situación) e que teñan
unha discapacidade superior ao 33%, polo tempo necesario e debendo xustificarse
cun parte de asistencia á consulta.

6
Permiso por acudir a consultas, tratamentos e exploracións de tipo médico durante
a xornada de traballo. Os/as traballadores/as terán dereito a este permiso, sempre
que estea debidamente xustificado, e sempre que non se poida acudir fóra do
horario de traballo.

Quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de 6 anos,
un ancián ou un diminuído psíquico ou físico que non desempeñe ningunha
actividade retribuída ou no perciban ingresos superiores ao salario mínimo
interprofesional, terá dereito a unha redución da xornada total ordinaria entre polo
menos un terzo e un máximo da metade da súa duración, sufrindo a conseguinte
diminución proporcional das retribucións.

-9 días ao ano, por asuntos particulares, non incluídos no presente artigo, sen
necesidade de xustificación.
-Para asistencia a exames finais ou parciais liberatorios, así coma probas
definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais de formación, durante os
días da súa celebración.
-Polo tempo preciso para o cumprimento dun deber inescusable de carácter
público ou persoal.
-Todos/as os/as traballadores/as que estivesen gozando do seu día de descanso
ou libre de servizo e sexan convocados para asistir a declarar a un xulgado por
motivos relacionados coa s súas funcións, e logo da xustificación do tempo
investido, gozarán doutro día de descanso.

Artigo 16.- Licenzas.

Licenza por maternidade. adopción e paternidade.


O período de licenza por maternidade será de dezaseis semanas que se poderán
utilizar con carácter pre ou post-parto, segundo a conveniencia da interesada. Se se
produce parto múltiple a licenza alongarase ata dezaoito semanas.
No caso de que a nai e o pai traballen, aquela poderá optar porque o pai goce de
ata catre das últimas semanas da licenza, sempre que sexan ininterrompidas e ao
final do citado período, salvo que no momento da súa efectividade a incorporación
ao traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

A traballadora xestante terá dereito a ocupar durante o embarazo un posto de


traballo ou xornada distinto ao seu, sempre que, segundo prescrición médica, o
posto de traballo habitual resulte nocivo para a súa saúde ou para a do feto. Este
cambio de posto de traballo non suporá modificación da súa categoría nin
diminución dos seus dereitos económicos

Rematada a causa que motivou o cambio do posto de traballo, procederase á


reincorporación no seu destino orixinal .

-Os/As traballadores/as, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán
dereito a dúas horas de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas
fraccións. Este permiso poderá ser exercido indistintamente pola nai e polo pai
no caso de que ambos os dous traballasen.
-Nos casos de adopción e acollemento, se o fillo adoptado ou acollido é menor de
5 anos, a licenza terá unha duración máxima de 16 semanas contadas a elección
do/a traballador/a, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de
acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se vén a constituír a
adopción. No caso de que o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercitar o
dereito.

7
Licenza pola realización de estudos.
O persoal terá o dereito e o deber de realizar cursos de perfeccionamento e
promoción profesional sobre materias relativas ao posto de traballo que ocupa, ou
para poder acceder a outro distinto e/ou de superior categoría. ,
Poderá concederse licenza para realizar estudos ou cursos sobre unha materia
directamente relacionada coa Función Pública, despois de solicitalo no Rexistro xeral
e con fundamento na xustificación da súa asistencia e da necesidade ou non para o
servizo que preste o/a traballador/a. No caso de concederse con carácter de
Comisión de Servizos o/a traballador/ aterá dereito apercibir toda a súa
remuneración e as indemnizacións previstas.

Artigo 17.- Excedencia por coidado de fillos


O persoal cunha antigüidade dun ano terá dereito a un período de excedencia, non
superior a tres anos, para atender o coidado de cada fiIIo/a, tanto cando o sexa por
natureza como por adopción, a contar desde a data de nacemento deste/a ou da
adopción. Os sucesivos fillos/as darán dereito a un novo período de excedencia que
porá fin ao que se viñese gozando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles
poderá exercer este dereito.

Artigo 18.- Común a permisos e licenzas


As referencias feitas no presente capítulo a días de permiso ou licenzas
entenderanse feitas a días naturais, sexan laborables ou non, agás no relativo a
permisos por asuntos propios, que se entenderán sempre como días laborables.

En todo caso os días de permiso por: traslado de domicilio, asistencia a exames,


matrimonio de parentes, enfermidades, accidentes ou falecemento de familiares
deberán de coincidir necesariamente co día no que se produza o evento.

O tempo de aproveitamento da excedencia contemplada no presente artigo


computará para os efectos de antigüidade. Para os efectos de cotización na
Seguridade Social estarase ao disposto no Real decreto 2064/1995, de 22 de
decembro, e normativa concordante.

As solicitudes de días por asuntos propios deberán realizarse cunha antelación


mínima de 72 horas (3 días laborables) e presentándoas no Rexistro xeral do
Concello e unha copia ao/á encargado/a correspondente. No suposto de que a
solicitude non se resolva nas seguintes 48 horas, entenderase concedida a licenza.
Por razóns de urxencia non previstas, comunicaráselle ao/á xefe/a de servizo (1
día).

Artigo 19.- Licenzas sen soldo


O persoal que cumprise polo menos un ano de servizo, poderá solicitar ata 3 meses
de licenza sen soldo cada dous anos. Esta será concedida con carácter xeral,
debendo solicitala cunha antelación mínima de 15 días. O/A traballador/a terá
dereito absoluto de reserva da praza

Artigo 20.- Excedencia voluntaria.


Regularase de acordo coa lei da Función Pública de Galicia.

Artigo 21.- Excedencia por servizos especiais


Dará dereito á conservación do posto e ao computo da antigüidade da súa vixencia,
e concederase a causa de designación ou elección para un cargo público ou función
sindical electiva, de acordo cos estatutos do sindicato, de ámbito comarcal ou
superior, que imposibilite a asistencia ao traballo.
O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ao de cesamento no cargo
público ou función sindical, producíndose a reincorporación inmediata.

8
CAPíTULO VI.- CONDICIÓNS PROFESIONAIS.

Artigo 22.- Principio xeral de acceso á Administración local e .sistemas de


selección.
En todo caso estarase ao disposto no Regulamento xeral de ingreso do persoal ao
servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e
promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, e
no Real decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e
os programas mínimos a que se debe axustar o procedemento da selección dos
funcionarios da Administración Local.

En concordancia coa normativa mencionada, tamén se estará nesta materia ao


disposto no Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento
de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Á Policía local aplicaráselle a lexislación especifica vixente

Artigo 23.- Acceso


O ingreso do persoal ao servizo da Administración local realizarase a través da
Oferta de Emprego Público, con total respecto aos principios básicos de acceso á
Función Pública, de conformidade cos postulados constitucionais de igualdade,
mérito e capacidade, establecendo como mecanismos de garantía os seguintes:

Publicidade da convocatoria nos diarios oficiais (BOP, DOG, BOE) e, polo menos,
nun xornal de tirada provincial, no caso de prazas de persoal fixo, e no BOP e nun
xornal de tirada provincial, no caso de prazas de persoal temporal; en todo caso
para este último tipo de persoal, e como mínimo, as convocatorias serán expostas e
publicadas nos taboleiros de anuncios dos concellos.

Nas probas eliminatorias garantirase o anonimato dos aspirantes naquelas probas


que sexa posible

As bases xerais de cada convocatoria, tanto de persoal fixo como temporal, así
como para a promoción e previsión de postos de traballo serán negociadas coa
Representación sindical

Os Tribunais e/ou Comisións de Selección estarán integrados, de conformidade co


Decreto 364/95, de 10 de marzo, de ingreso do persoal ao servizo da
Administración do Estado, por un número impar de membros, non inferior a cinco,
cos seus respectivos suplentes, debendo posuír a totalidade destes un nivel de
titulación igual ou superior ao esixido para o ingreso no corpo, escala ou grupo
profesional de que se trate, e dos que formarán parte, con voz e voto un
representante designado pola Xunta de Persoal, Comité de Empresa, ou sindicatos
máis representativos

Para poder participar nos procesos selectivos convocados na Administración local


será necesario reunir os seguintes requisitos

a) Posuír a nacionalidade española, ou a dun Estado membro da Unión Europea


nos termos previstos na lexislación vixente.
b) Estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela no prazo de
presentación de solicitudes.
c) Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas
habituais do corpo, escala ou praza correspondentes

9
d) Ter cumpridos dezaoito anos e non exceder da idade de xubilación forzosa,
salvo naqueles corpos ou escalas que teñan determinada por Lei outra idade de
ingreso ou xubilación
e) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera
das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado con carácter firme para o
exercicio de funcións públicas

Na avaliación, realización e cualificación das probas, tomará parte a representación


sindical, conforme o previsto no presente acordo-convenio
A Corporación haberá de reservar na Oferta Pública de Emprego o número
porcentual que a lexislación prevé para minusválidos, cumprindo dese xeito o
preceptuado na Lei 13/82, de 7 de abril, de integración social de minusválidos, e o
artigo 5 apartados 1 e 2 do RD 152/85, de 6 de febreiro. Con tal fin farase constar
na Oferta o número, denominación e características das prazas das que se trata
A selección de persoal da Policía Local, tanto funcionarios interinos como promoción
interna, eventual e definitiva e auxiliares de verán, farase de acordo co baremo de
méritos da Xunta de Galicia de data en vigor.

Artigo 24.- Selección do persoal funcionario interino


A selección dos funcionarios interinos farase de acordo co sistema selectivo que a
Corporación determine de acordo coa Xunta de Persoal e respectando os principios
de igualdade, mérito e capacidade. O referido sistema deberá permitir a máxima
axilidade na selección, en razón da urxencia requirida para o desempeño transitorio
dós postos de traballo ou das funcións correspondentes.

Artigo 25.- Selección do persoal laboral.


A participación nos procesos selectivos de persoal laboral esixirá a concorrencia dos
requisitos enunciados anteriormente para o persoal funcionario

A contratación de persoal laboral temporal efectuarase conforme os principios de


igualdade, mérito e capacidade, axustándose ás normas de xeral aplicación a este
tipo de persoal

Artigo 26.- Oferta de Emprego Público


Os postos de traballo dotados orzamentariamente que non sexan susceptibles de
ser cubertos por persoal da Corporación da que se trate constituirán a Oferta de
Emprego Público, unha vez consensuada na Mesa de Negociación e, no seu caso, no
Comité de Empresa, axustándose ao que dispoña a Lei de orzamentos xerais do
Estado cada ano. Nas ofertas de emprego público deberá figurar o número
porcentual que a lexislación vixente reserva para persoas con minusvalía,
especificando a denominación e as características das prazas.

En ningún caso poderá constituír como mérito para acceder á Función Pública ter
desempeñado un posto de traballo con carácter eventual.

Cando, en cómputo anual e por grupos ou categorías profesionais, se exceda de


800 horas extraordinarias, deberá crearse unha nova praza no cadro de persoal.

Artigo 27.- Promoción interna.


A promoción interna consiste no acceso desde corpos ou escalas dun grupo de
titulación a outro do inmediato superior ou no acceso a corpos ou escalas do
mesmo grupo de titulación
A promoción profesional haberá de constituír un instrumento indispensable nun
modelo avanzado de carreira profesional na Función Pública.

Como criterios xerais en materia de promoción teranse en conta os seguintes:


a) A promoción deberá ser o instrumento para incrementar a capacidade de

10
traballo
dos empregados públicos e, en definitiva, os niveis de motivación e integración.
b) A promoción deberá basearse no esforzo profesional, o historial profesional e
a carreira, a formación e a cualificación adquiridas, debendo ser tamén obxecto
de consideración a antigüidade.
c) De acordo con estes criterios, no ámbito do Concello do Grove, deberán
efectuarse procesos de promoción, separados dos de ingreso, que se
desenvolverán en convocatorias independentes
d) Efectuarase mediante o sistema de concurso-oposición con suxeición aos
principios de igualdade, mérito e capacidade.

Requisitos:
Para participar en probas de promoción interna os funcionarios deberán posuír unha
antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala á que pertenzan o día da
finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación e posuír a
titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ao
corpo ou escala ao que aspire a ingresar.

No suposto de promoción do grupo D ao C poderase eximir do requisito de


titulación cando se trate de funcionarios cunha antigüidade de dez anos nun corpo
ou escala do grupo D, ou de cinco anos e a superación dun curso específico de
formación, de conformidade coa disposición adicional novena do Real decreto
364/95, de 10 de marzo

Artigo 28.- Provisión de postos de traballo


A provisión de postos de traballo realizarase a través dos sistemas de libre
designación, concurso específico ou concurso de méritos, que será o sistema xeral.

Os empregados públicos unicamente poderán ser removidos por causas sobrevidas,


derivadas dunha alteración no contido do posto realizada a través das relacións de
postos de traballo ou prevista nestas que modifiquen os supostos que serviron de
base á convocatoria, ou dunha falta de capacidade para o seu desempeño
manifestada por rendemento insuficientemente que impida realizar con eficacia as
funcións atribuídas ao posto. A remoción levarase a cabo logo de expediente
instruído para o efecto e informe do órgano de representación do persoal mediante
resolución motivada do órgano que efectuou o nomeamento.

As bases e convocatorias serán públicas no Boletín Oficial da Provincia ou da


Comunidade Autónoma, e conterán necesariamente:

a)Denominación, localización, nivel de complemento de destino e complemento


específico.
b)Requisitos esixidos para o seu desempeño, entre os que unicamente poderán
figurar os contidos nas relacións de postos de traballo.
c)Prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso poderá ser inferior a
15 días hábiles, contando a partir da publicación

Baremo .- Méritos: avaliaranse como tales

a) Antigüidade
b) Cursos de formación e perfeccionamento (relacionados sempre coas funcións
do posto a que se aspira
c) Titulacións académicas superiores, excluíndo as que serviron para obter outra
superior, ou complementarias das que se esixen para o acceso ao grupo
relacionadas coas funcións propias do posto de traballo e outras homologadas

11
por organismos oficiais, relacionadas coa s funcións propias do posto.
d) Coñecemento do idioma galego
e) Carreira administrativa.
f) Poderase incluír así mesmo unha entrevista cos candidatos e/ou un test
psicotécnico para valorar a idoneidade para o desempeño do posto de traballo
que se convoca a provisión. .
g) No caso de empate terá preferencia para que lIe sexa adxudicado o posto a
persoa que obtivese maior puntuación polo apartado primeiro; de persistir o
empate terá preferencia a de maior idade

Artigo 29.- Traslados


O traslado consiste no cambio de posto de traballo dentro do mesmo grupo
(A,B,C,D,E) e categoría da praza cando así se estableza legalmente
O réxime de traslados será o seguinte:

a)Se non supón cambio de nivel de complemento de destino ou específico


efectuarase directamente pola Alcaldía, tras o informe dos representantes
sindicais e audiencia do interesado.
b)Procurarase o traslado de persoal con discapacidades sobrevidas á realización
de tarefas propias de postos adecuados ás súas capacidades. A Unidade de
Persoal, tras o informe médico e da representación sindical e a audiencia do
interesado, propoñerá semestralmente a relación do dito persoal en reunións
específicas convocadas para estes efectos nos meses de xuño e decembro de
cada ano
c)Se os traslados supoñen cambio de nivel de complemento de destino ou
específico, efectuaranse a través de concurso, sen prexuízo de que a Alcaldía
poida cubrilos directamente e de forma provisional, por motivos de urxencia,
debidamente apreciados, tras o informe da representación sindical. Neste caso o
posto incluirase obrigatoriamente no concurso anual de traslados. O traballador
trasladado por este sistema percibirá as retribucións complementarias
correspondentes ao novo posto, se fosen superiores ás que percibía.
d)Os concursos de traslados realizaranse como mínimo unha vez ao ano, e neles
incluiranse todos os postos vacantes non cubertos definitivamente.
e)As solicitudes para tomar parte no concurso dirixiranse ao alcalde e conterán,
no caso de ser varios os postos solicitados, a orde de preferencia para a súa
adxudicación
f)O prazo para a presentación de instancias será de 15 días hábiles, contados a
partir da publicación do correspondente anuncio de convocatoria no BOP
publicarase así mesmo no taboleiro de edictos da Casa do Concello e nos de
anuncios de todos os servizos municipais.
g)A lista de persoas admitidas e excluídas, cos motivos de exclusión, e a
proposta da Comisión de Valoración, exporase ao público a través da súa
publicación no taboleiro de edictos da Casa do Concello e nos de anuncios dos
s~rvizos por un período de catro días hábiles, a fin de que os aspirantes poidan
efectuar as reclamacións que estimen oportunas e que serán resoltas pola
Comisión no mesmo prazo. O prazo máximo para a resolución dos concursos
será de 1 mes e o seu resultado publicarase da mesma forma que a
convocatoria.
h)Os destinos así obtidos serán desempeñados durante o tempo que como
mínimo estableza a lexislación vixente (na actualidade 2 anos).
i)En ningún caso poderán consolidarse traslados polo mero transcurso do tempo,
nin derivarse destes ningún tipo de vantaxes no concurso de traslados ou
promoción interna.

Unha vez rematada a quenda de promoción profesional e con cargo ás prazas que
vaian ser obxecto de convocatoria libre, poderanse atender peticións de traslado
formuladas por traballadores doutras administracións públicas. En todo caso, será

12
requisito imprescindible para a concesión deste tipo de traslado que a
Administración de orixe teña regulado un sistema de reciprocidade que tamén o
permita.
Artigo 30.- Causas de despedimento.
En consonancia coas necesidades de rendibilidade e control do gasto e efectivos,
transparencia nas determinacións e decisións dentro das administracións públicas e
aceptación-aplicación para o/a traballador/a, do principio de condicións máis
beneficiosas, ante unha resolución xudicial firme, que estableza a improcedencia
dun despedimento, o Concello do Grove permitiralle á persoa despedida escoller
entre a indemnización e a readmisión, salvo informe desfavorable da representación
sindical.
O Concello do Grove renuncia á regulación de cadros de persoal e á excedencia
forzosa como formas de redución de cadros de persoal.

Artigo 31.- Asistencia xurídica.


O Concello do Grove, garantirá a prestación de asistencia xurídica especializada a
todos/as os/as traballadores/as que a precisen por razón de conflitos con terceiros
derivados da prestación do servizo.
Así mesmo as entidades locais asumirán as posibles responsabilidades civís que
puidesen derivar da prestación do servizo dos/as traballadores/as propios/as,
excepto no caso de neglixencia debidamente probada
Para estes efectos, o Concello do Grove subscribirá unha póliza que garanta unha
cobertura adecuada por este concepto
Do mesmo xeito, o Concello do Grove concertará unha póliza de seguro colectivo de
accidentes para os/as seus/súas traballadores/as, que cubra os riscos de morte e
incapacidade laboral permanente, nunha cantidade non inferior a 30.000 € en caso
de morte ou de incapacidade laboral permanente; o dito seguro cubrirá as 24 horas
do día.

Artigo 32.- Segunda actividade


Todo o persoal adscrito ao Concello do Grove estará obrigado a desempeñar todas
as funcións inherentes ao seu cargo e posto de traballo, (1ª actividade), mentres
non existan causas razoables que imposibiliten o desempeño normal destas, (2ª
actividade). Con este punto de partida, na definición de 2ª actividade faise
necesario determinar cales son as causas razoables que posibilitarán o paso á
escala de 2ª actividade, o que se poderá facer:
Unha vez encadrado na escala de 2ª actividade conservaranse a totalidade das
retribucións que se viñan percibindo

-voluntariamente: (para policías locais), cando se cumprisen os 55 anos de


idade ou 25 anos de servizos efectivos nas situacións de servizo activo, servizos
especiais ou excedencia forzosa
-de oficio: cando estea adscrito en servizos de urxencia, (policía local), e fosen
cumpridos os 55 anos de idade, (o traballador afectado poderá neste caso tamén
renunciar ao dereito de pase a segunda actividade, e continuar no seu posto,
excepto por razóns xustificadas, oída a representación sindical).
-Excepto cando sexa de oficio, o persoal interesado no pase a 2ª actividade
deberá formular a correspondente solicitude antes do mes de setembro do ano
anterior, dirixida ao órgano competente ou á Alcaldía-Presidencia que
corresponda
-por insuficiencia das aptitudes psico-físicas: cando estea incapacitado para o
exercicio da súa función habitual, sempre que non sexa causa de xubilación
anticipada por incapacidade permanente. Neste caso o pase a 28 actividade
requirirá o exame dun tribunal médico.
-A Corporación Local determinará anualmente os postos de 2ª actividade que
formen parte dunha escala auxiliar, dentro da relación de postos de traballo, os
cales serán negociados coa representación legal dos traballadores, dentro do

13
último -trimestre de cada ano, creándose vacantes cando o requiran as
necesidades do servizo

Artigo 33.- Incompatibilidades.


A todo o persoal incluído no ámbito de aplicación deste Convenio aplicaráselle o
réxime de incompatibilidades de conformidade coas normas estatais e autonómicas
vixentes na materia

Artigo 34.- Uso da lingua galega.


Os/As traballadores/as do Concello do Grove, teñen o dereito e o deber de
desenvolver la súa actividade laboral e profesional no idioma galego, como lingua
da Comunidade Autónoma, e en particular da Administración local, e polo tanto
acceder a vías de formación lingüística en relación co seu posto de traballo.
O Concello do Grove proporcionará os instrumentos axeitados para propiciar un
coñecemento adecuado da lingua galega. Os/as traballadores/as do Concello do
Grove teñen dereito a asistir a cursos de aprendizaxe, perfeccionamento e
especialización do idioma galego dentro do horario de traballo.

No caso de que os cursos de galego non se realicen dentro dun plan de formación
lingüística do persoal a cargo do Concello do Grove ou non sexan organizados por
este, o Concello aboará, se é o caso, e logo da xustificación documental, as axudas
de custo e os gastos de desprazamento pertinentes

CAPíTULO VII.- SISTEMA RETRIBUTIVO.

Artigo 35.- Salario.


Os salarios mensuais do persoal acollido ao presente Convenio serán para o ano
2006 o recollido nos Orzamentos para o 2005 coa subida legalmente establecida.

Artigo 36.-Trienios.
A base liquidadora dos trienios será a establecida para o persoal funcionario na
lexislación vixente, para cada categoría.
Recoñécense a efectos de antigüidade os servizos prestados noutras
administracións públicas.

Artigo 37.- Horas extraordinarias


Ante a grave situación de desemprego existente e co obxecto de fomentar unha
política solidaria que favoreza a creación de emprego, acordase o seguinte:
recoñecida neste Acordo/Convenio.

1.- As horas extraordinarias de realización obrigada serán as que veñan esixidas


pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e/ou urxentes.
2.- As horas extraordinarias de realización voluntaria serán aquelas esixidas por
períodos punta, ausencias imprevistas, cambios de quendas ou outra circunstancia
derivada da natureza da actividade do Concello, e aquelas efectuadas fóra da
xornada

O servizo de recollida de lixo en domingos e festivos será aboado como xornada


completa, in dependen temen te das horas efectivas de traballo e sempre que estas
sexan inferiores á xornada normal
As horas extras realizadas en cada sección procuraras e que sexan repartidas de
forma proporcional entre todos os traballadores desa sección, sendo estas de
carácter voluntario
As horas extras non poderán exceder de 7 ao mes ou 70 ao ano. Cando nalgún
servizo se exceda de 800 horas extras ao ano crearase un novo posto de traballo e,

14
conseguintemente, unha no va praza no cadro de persoal. Non serán computadas
para estes efectos aquelas horas realizadas por circunstancias de forza maior.
Tanto as horas de realización obrigada como voluntaria aboaranse a razón de 12
euros/hora ou fracción ou, de ser o caso, se o/a traballador/a o prefire, nun
descanso adicional a razón de 2 horas por hora traballada nesta circunstancia.
Serán aboadas na nómina do mes seguinte ao da súa realización. No caso de que
o/a traballador/a prefira gozar do descanso adicional, será el/a o/a que elixa as
datas, tendo en conta o servizo, sempre que non interfira na boa marcha do servizo
O prezo da hora extra será incrementada anualmente en igual porcentaxe que o
salario.
Daráselles conta trimestralmente por escrito das horas realizadas polo persoal
aos/ás representantes sindicais.

Artigo 38.- Pagas extraordinarias


Todo o persoal local percibirá nos meses de xuño e decembro dúas pagas
extraordinarias nas mesmas condicións nas que as percibe actualmente, revisadas
as cantidades económicas.

Artigo 39.- Complemento de nocturnidade.


Todo o persoal que preste o seu servizo para o Concello entre as 22 e as 6 horas,
agás que o salario fose establecido para o traballo especifica mente nocturno pola
súa propia natureza, percibirá un complemento de nocturnidade.
Este complemento de nocturnidade consistirá no 30 % do seu salario real mensual.
Se o tempo traba liado en nocturno fose superior a 2,30 horas, percibirase a
totalidade do complemento correspondente á xornada completa,
independentemente das horas efectivas traballadas e, se é menor, percibirá o
complemento correspondente a media xornada.

O persoal con xornada mensual nocturna gozará de 1 día libre ao mes

Artigo 40.- Substitución e traballo de categoría superior.


Sempre que haxa que substituír a un/ha traballador/a de categoría superior por
enfermidade, vacacións ou ausencia deste/a, o/a substituto/a percibirá as
retribucións complementarias que lle corresponden á categoría do/a substituído/a
desde que comece e calquera que sexa a duración desta, debendo percibir
igualmente a parte correspondente proporcional ás pagas extras.
O persoal ao que lle sexa ordenada a realización de traballos de superior categoría
á que teña atribuída, percibirá durante o tempo de prestación destes servizos as
retribucións complementarias de aquela á que provisionalmente quedase adscrito.
A realización de traballos de categoría superior responderá a necesidades
excepcionais e perentorias.

Artigo 41.- Anticipos


Todo/a traballador/a local poderá percibir un anticipo de ata tres mensualidades do
seu salario íntegro, non podendo exceder, en todo caso, dos 3005,06 €, debéndose
reintegrar o devandito anticipo en doce, dezaoito ou vinte e catro mensualidades;
estes anticipos serán concedidos sen xuro ningún.
Desde o mes seguinte á percepción do anticipo detraerase da nómina do/a
traballador/a en cuestión, a cantidade correspondente a dividir a contía global do
anticipo entre o número de mensualidades escollido polo/a traballador/a para a súa
devolución.
O/A traballador/a poderá solicitar tanto o anticipo de tres, dúas ou unha soa
mensualidade
O/A traballador/a non poderá solicitar un novo anticipo ata que non remate a
amortización do anteriormente solicitado

Artigo 42.- Gratificación especial.

15
Para todo o persoal que por necesidades do servizo se vexa obrigado a traballar as
noites dos días 24 e 31 de decembro establécese unha gratificaciÓn especial de 100
€ por xornada traballada.

CAPíTULO VIII.- CONSOLIDACiÓN DE EMPREGO TEMPORAL E DE


FUNCIONARIOS/AS INTERINOS/AS E PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN
NO CONCELLO DO GROVE.

Artigo 43.- consolidación de emprego temporal.

- Procesos selectivos de consolidación de emprego temporal.- modificación do


réxime dos funcionarios públicos (sección primeira) da lei 50/1998, de 30 de
decembro de medidas fiscais, administrativas e de orde social, que textualmente di:
ola convocatoria dos procesos selectivos para a substitución do emprego interino ou
consolidacion do emprego temporal, estrutural e permanente efectuarase de acordo
cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade; e mediante os
sistemas selectivos de oposición, concurso ou concurso-oposición. Neste último
caso de concurso poderían valorarse, entre outros méritos, a experiencia nos postos
de traballo obxecto da convocatoria.

Artigo 44.- Consolidación de emprego temporal e de funcionarios interinos


Co obxectivo de axilizar os procesos de consolidación de emprego temporal de
natureza estrutural e permanente a Mesa Xeral que se constitúa no Concello do
Grove, con carácter previo á aprobación dos cadros de persoal e relacións de postos
de traballo para 2006 e con suxeición á normativa vixente:

a) Avaliará as situacións que con este carácter se produzan no Concello do Grove e


proporá a creación das correspondentes prazas e postos que respondan ás
situacións e tarefas de carácter permanente ou estrutural.
b) Proporá a inclusión na Oferta de Emprego das prazas e postos antes sinalados,
así como os que estean desempeñados por persoal interino funcionario ou laboral
ata o límite máximo que permita a normativa vixente.

- As prazas e postos sinalados incluiranse con carácter xeral nas RPT.

- A consolidación de emprego deberá realizarse de acordo coas necesidades


de planificación estratéxica de recursos humanos. En consecuencia, poderá
comportar a recolocación de prazas e postos de acordo coas necesidades dos
servizos e tras a negociación coas organizacións sindicais, sen que a citada
recolocación determine unha diminución do valor dos méritos que poida
adoptar o persoal temporal

- Os procesos de consolidación non poderán determinar en ningún caso


aumento ou diminución de efectivos.

Artigo 45.- Procesos de funcionarización.


Os procesos de funcionarización responden á necesidade de adaptar á normativa
vixente o réxime xurídico (funcionario, laboral) dos postos de traballo das entidades
locais. Esta adaptación reviste un maior interese despois da publicación da Lei 5/97
da Administración local de Galicia, que determina os postos que poden ser
desempeñados en réxime laboral precisando a regulación contida no artigo 15 da
Lei 30/84. De acordo co sinalado:

-O Concello do Grove, tras a negociación coa representación sindical, definirá


aqueles postos de traballo que, de acordo coa normativa vixente, deban ser
desempeñados por persoal funcionario.
-De acordo coa normativa vixente, e tras a negociación sindical, estudaranse os

16
correspondentes procesos de funcionarización que lIe serán aplicables ao persoal
que ocupe postos de traballo que deban desempeñarse en réxime funcionaria!.
Finalizada a negociación sindical e/ou convocada a correspondente Mesa Xeral de
Negociación, o Pleno do Concello do Grove determinará os postos de traballo
funcionariables realizando as correspondentes modificacións nos catálogos ou nas
relacións de postos de traballo e adscribindo os postos, se fose posible conforme á
normativa vixente, á escala correspondente ou grupo de clasificación inicial e ao
inmediatamente inferior, salvo os correspondentes ao grupo D.

- Aos procesos de funcionarización seranlles aplicados como mínimo os seguintes


criterios:
a)Seralles de aplicación o proceso de funcionarización e, en consecuencia,
poderán participar neste, aqueles traballadores contratados en réxime laboral á
entrada en vigor da Lei 23/1988, que modifica o artigo 15 da Lei 30/1984, que
ocupen un posto que deba ser desempeñado en réxime funcionarial, así como ao
persoal laboral fixo que adquiriu esa condición e ingresou en postos
funcionariables con posterioridade a esa data (30.06.88) mediante probas
selectivas convocadas con anterioridade a esta.
b)Ademais do sinalado, para o acceso ás correspondentes prazas de persoal
funcionario os aspirantes deberán reunir os requisitos xerais de acceso á Función
Pública Local, de acordo coa normativa vixente.
c)As probas selectivas serán adecuadas ao nivel profesional do corpo ou escala
correspondente.
d)As convocatorias poderán ser sectorizadas e esixiranse coñecementos
relacionados coas tarefas que se desenvolvan na área de actividade
correspondente
e)Procurarase facilitarlle ao persoal afectado formación axeitada ás esixencias
dos correspondentes procesos selectivos.
f)Os plans de emprego poderán establecer criterios específicos, en particular
sobre as oportunidades dos candidatos para concorrer ás probas selectivas
g)Os procesos de funcionarización non lIes poderán afectar ás expectativas dos
funcionarios en materia de mobilidade e promoción

CAPíTULO IX.- FORMACiÓN NO CONCELLO DO GROVE.

Artigo 46.- Obxectivos


En prol de que o servizo á cidadanía por parte do Concello sexa cada día máis áxil,
eficaz e produtivo, establécese que todo o persoal que estea cursando estudos e
que o horario destes coincida en todo ou en parte co da súa xornada laboral, terá
dereito a que o Concello adecúe o seu horario de traballo para facer estes
compatibles.
O Concello promoverá a capacitación profesional do persoal ao seu servizo,
promovendo cursos de formación profesional. Estes cursos, conforme a lexislación
vixente, serán considerados dentro da xornada de traballo.
Nun período de tres anos, todo o persoal que o desexe poderá realizar polo menos
un curso de formación profesional.
De todas as comunicacións de cursos na CA e doutros de interese recibidos no
Concello haberá de darse conta aos representantes sindicais.
as/As traballadores/as que desexen asistir a algún destes cursos deberán solicitarllo
á Alcaldía, a través do Rexistro xeral do Concello.
A asistencia aos cursos deberá ser coa autorización previa do Concello, que aboará
a matricula e os desprazamentos, de ser o caso, así como, nos casos en que fose
necesario xantar fóra da casa ou estivese estipulado legalmente, aboará as axudas
de custo correspondentes

Artigo 47.- Os plans de formación. Contido.

17
O Concello do Grove. elaborará de acordo cos representantes sindicais plans de
formación continua que terán, como mínimo, o seguinte contido:
. Obxectivos e descrición das accións que se vaian desenvolver.
. Ámbito de aplicación do plan: unidades administrativas
. Colectivo afectado e número de participantes.
. Calendario previsto de execución.
. Custo estimativo das distintas actividades formativas.
. Criterios de selección, que garantirán o principio de igualdade.
. Modalidade de xestión das actividades formativas. . Criterios de avaliación do plan
de formación.

Artigo 48.- Detección de necesidades, análise e avaliación dos plans.


O Concello do Grove e os representantes sindicais realizarán a detección de
necesidades e a súa análise de formación no Concello, co obxectivo de que os plan
s de formación, unha vez avaliados, se elaboren en congruencia cos obxectivos e as
prioridades da organización e se integren na planificación estratéxica do Concello.

CAPíTULO X.- SAÚDE E SEGURIDADE: APLICACiÓN DA LEI DE


PREVENCiÓN DE RISCOS LABORAIS NO CONCELLO DO GROVE.

Artigo 49.- Introdución.


A Lei de prevención de riscos laborais supón unha novidade importante para a
protección dos riscos profesionais dos/as traballadores/as, tanto no ámbito privado
como no público. Neste último, constitúe un avance cualitativo de primeira
magnitude ao ter contemplado dentro do ámbito da Administración Pública a
protección dos riscos laborais como unha actuación única, indiferenciada e
coordinada, que debe chegar a todos os empregados públicos sen distinción do
réxime xurídico que rexa a súa relación profesional coa Administración Pública.
Non obstante, existen e mantéñense algunhas peculiaridades referidas ao ámbito
das administracións públicas locais en canto á determinación e composición de
certos órganos de participación e representación que demandan unha adecuación
do contido da Leí de prevención de riscos laborais á realidade orgánica e funcional
das administracións locais.
Nese sentido, a coexistencia dos órganos de representación fixados pola Lei 9/87,
como son as xuntas de persoal e os comités de empresa, cómpre elaborar o
seguinte acordo de carácter xeral para a adecuación dos capítulos IV e V da Lei
31/95, de 8 de novembro, ás administracións locais.

Artigo 50.- Ámbito de aplicación.


O disposto no presente convenio será de aplicación xeral ao persoal funcionario do
Concello do Grove.

Artigo 51.- Servizos de prevención.

- En cumprimento do deber de prevención de riscos profesionais, os órganos


competentes en materia de persoal determinarán, tras negociación cos delegados
de prevención, o tipo de riscos presentes no sector e a incidencia destes nos
empregados públicos, o tipo de servizo de prevención máis axustado ás súas
características, potenciando a utilización dos recursos propios existentes nas
administracións públicas locais.
- Os órganos competentes en materia de persoal poderán designar un ou varios
empregados públicos para se ocuparen da actividade de prevención de riscos
profesionais, constituír un servizo de prevención ou concertar o dito servizo cunha
entidade especializada, tras negociación cos/coas delegados/as de prevención.
Cando se opte pola designación de empregados públicos para a realización de
actividades de prevención, esta deberá ser negociada cos órganos de

18
representación do persoal.
- As funcións dos servizos de prevención axustaranse ao disposto no artigo 31 da
Lei 31/95, de prevención de riscos laborais.

Os/As empregados/as públicos/as designados/as como delegados/as de


prevención/as que non gozaran de ningún tipo de crédito horario, a partir da súa
designación contarán co mesmo crédito horario ca os membros dos órganos
unitarios de representación da cada ámbito. En defecto do dito órgano,
corresponderalle o crédito horario en proporción ao número de empregados
públicos cara ao que dirixe a súa actividade preventiva

Artigo 52.- Consulta e participación.

- No Concello do Grove, o ámbito específico para a función de participación en


materia preventiva será o da Xunta de Persoal e o Comité de Empresa, onde poderá
agruparse a función de participación destes nun só órgano, tras acordo da
representación sindical.

Artigo 53.- Comité de Seguridade e Saúde.

-O Comité de Seguridade e Saúde é o órgano paritario e colexiado de participación,


destinado á proposta e consulta regular e periódica dos plans, programas e
avaliación de prevención de riscos nas administracións locais.
-Constituirase un único Comité de Seguridade e Saúde no ámbito ~os órganos de
representación do persoal funcionario e laboral ao servizo do Concello do Grove,
que estará integrado polos Delegados de Prevención designados no dito ámbito,
tanto para o persoal con relación de carácter administrativo como para o persoal
laboral, e por representantes da Administración en número non superior ao de
Delegados.
-A constitución do Comité de Seguridade e Saúde farase proporcionalmente ao
número de efectivos do persoal funcionario e laboral
-Nas reunións do Comité de Seguridade e Saúde participarán, con voz pero sen
voto, os Delegados Sindicais e os responsables técnicos.
-a Comité de Seguridade e Saúde reunirase trimestralmente e sempre que o solicite
algunha das representacións deste. a Comité de Seguridade e Saúde adoptará as
súas propias normas de funcionamento

Artigo 54.- Delegados/as de prevención.

-Os/As delegados/as de prevención, de acordo co disposto no artigo 35.4 da Lei


31/95, de 8 de novembro, serán designados/as polas organizacións sindicais con
representación nos ámbitos dos órganos de representación do persoal.
-A designación dos/as delegados/as de prevención deberá realizarse de entre
aqueles/as funcionarios/as que sexan membros da Xunta de Persoal
correspondente ao ámbito de representación e entre os representantes do persoal
laboral membros do Comité de Empresa -e, no seu defecto, de entre os
empregados públicos do ámbito correspondente.
-O número de delegados/as de prevención que poderán ser designados axustarase
á escala establecida no artigo 35.2 da Lei 31/95 de 8 de correspondendo no
Concello do Grove 3 delegados/as, 1 dos/as funcionarios/as e 2 dos/as laborais
-O tempo utilizado polos/as delegados/as de prevención para o desempeño das
funcións previstas no artigo 36 da Lei de prevención de riscos laborais será
considerado como de exercicio de funcións de representación, para efectos de
utilización de crédito de horas mensuais retribuídas previsto na letra e) do artigo 68
do Estatuto dos traballadores e a letra d) do artigo 11 da Lei 9/87 de órganos de
representación, e artigo 10.3 da LOLS
Os/as empregados/as públicos/as designados/as como delegados/as de prevención

19
que non gozaran de ningún tipo de crédito horario ca os membros dos órganos
unitarios de representación de cada ámbito. En defecto do dito órgano,
corresponderalle o crédito horario en proporción ao número de empregados
públicos cara ao que dirixe a súa actividade preventiva.
-Os órganos competentes proporcionaranlles aos/as delegados/as de prevención os
medios e a formación en materia preventiva que resulten necesarios para o
exercicio das súas funcións
-A formación deberá ser facilitada polo concello polos seus propios medios ou
mediante concerto con organismos ou entidades especializadas na materia.
-O tempo dedicado á formación será considerado como tempo de traballo para
todos os efectos

Artigo 55.- Saúde e seguridade.

En todo caso

- Será de aplicación para o Concello do Grove a actual normativa vixente en


materia de saúde laboral, Lei de prevención de riscos laborais (Lei 31/1995, de 8 de
novembro)
-Como premisa xenérica entendemos que a acción sindical en saúde laboral debe
estar dirixida ao control dos riscos nos lugares de traballo. É, en esencia, facer
prevención
-O concello do Grove e os sindicatos asinantes deste Acordo/Convenio, velarán
puntualmente polo estrito cumprimento da normativa aplicable á recollida na Lei de
prevención de riscos laborais.
-A elección da mutua de Accidentes Laborais faraa a Xunta de Persoal e o Comité de
Empresa, logo de Asemblea dos/as traballadores/as
-En todas as dependencias de traballo e, independentemente dos servizos que
poidan prestar as institucións sanitarias, existirán caixas de urxencias con todo o
preciso para o urxente tratamento de accidentes.
-

CAPíTULO XI.- DEREITOS SINDICAIS.

Artigo 56.- Garantías e facultades dos/as representantes dos/as


traballadores/as:
-Os membros dos órganos de representación electos terán as seguintes garantías e
facultades:

a) Audiencia do órgano competentes nos supostos de seguirse


procedemento disciplinario a un deles, sen prexuízo do/a
interesado/a que se regule no dito procedemento
b) Expresar individual e colexiadamente, con liberdade, as súas opinións
nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo
confeccionar, publicar e distribuír as informacións de interese
profesional, laboral e social, comunicándollo ao alcalde.
Para estes efectos, o Concello disporá a colocación ás súas
expensas de taboleiros de anuncios para a exposición con carácter
exclusivo para os órganos de representación, de calquera información
do tipo da anteriormente citada, en todos os centros de traballo
pertencentes ao Concello, en lugares adecuados e visibles do centro,
de forma que se garanta a publicidade máis ampla do que se expoña.
Así mesmo, a autoridade ou órgano competente do Concello deberá
facilitarlles aos órganos de representación a utilización de medios e
materiais de traballo para a confección das informacións antes
citadas, sempre que se efectúe de forma racional e moderada e non
prexudique o normal funcionamento dos servizos.

20
c) Non poder ser sancionados disciplinariamente nin discriminados no
seu traballo, promoción económica ou profesional, nin trasladados
con carácter forzoso en razón precisamente do desempeño da súa
representación, durante o seu mandato, nin dentro dos dous anos
seguintes á expiración deste.
d) Dispoñer dun número de horas mensuais das correspondentes á súa
xornada de traballo, sen diminución das súas retribucións, para o
exercicio das súas funcións de representación, de acordo coa escala
que establece a normativa legal. Este crédito horario poderá ser
acumulado entre dous ou máis delegados da mesma organización
sindical. En todo caso o cómputo de horas farase anualmente.
No cómputo das asignacións horarias excluirase o tempo investido na
asistencia a sesións de Comisións informativas ou órganos do
Concello ou a reunións por esta promovidas e a negociacións
colectivas de ámbito funcional do Concello
e) Utilizar para a súa actividade un local facilitado para o efecto polo
Concello que posúa unhas características e equipamento que
satisfagan as diversas necesidades que en canto a capacidade,
dotación, material e localización física puidesen presentarse
f) Serlles admitida a súa abstención ou recusación no suposto de ser
designados como instrutor/a ou secretario/a nun expediente
disciplinario

Artigo 57.- Capacidade.


Os órganos de representación terán capacidade xurídica para exercer accións
administrativas ou xurídicas en todo o relativo ao ámbito das súas competencias
por decisión maioritaria dos seus membros.

Artigo 58.- Competencias.

Os órganos de representación sindical terán as seguintes competencias:

a) Recibir a máis completa información dos asuntos que lle afecten ao persoal do
Concello, isto por conduto dos representantes de persoal

b) Investigar e informarse, por iniciativa propia, de todas as cuestións que lle


afecten ao persoal;agás os que afecten á intimidade persoal, dispoñenendo para tal
fin de acceso, consulta e reprodución gratuíta de toda a documentación relativa ás
ditas cuestións, por simple solicitude ou obter autorización por escrito para o efecto

Neste sentido, os xefes das dependencias ou servizos nos que obre documentación
relativa aos ditos asuntos, veranse obrigados a facilitala permitindo a súa consulta
e reprodución, sen prexuízo das garantías que se estime oportuno adoptar para
evitar o extravío dos documentos, así como das responsabilidades nas que os
solicitantes puidesen incorrer por incumprimento do deber de reserva profesional.

c) Formar parte ou designar os seus representantes en cantos tribunais de


selección de persoal teñan lugar no Concello, sexa a selección para persoal laboral
ou funcionario ou sexa para promoción interna, exercendo de pleno dereito con voz
e voto. Para tal fin os representantes dos traballadores, sexa a través do Comité de
Empresa, a Xunta de Persoal ou como representación unitaria, nomearán un/ha
traballador/a de igual ou superior categoría á praza ou prazas ofertadas, podendo
ser ou non un dos delegados, para que integren o tribunal

d) Participar e colaborar así como informar xunto cos delegados de prevención, en


materia de prevención de riscos laborais e determinación das condicións de traballo.

21

.
e) Convocar reunións de persoal ou asembleas de traballadores durante a xornada
de traballo. Neste sentido, están lexitimados para convocar reunións ou asembleas
de persoal no Concello do Grove, de sector ou no seu conxunto:

1°. Organizacións sindicais, ou a través dos delegados sindicais.


2°. Órganos de representación electos.
3°. Calquera colectivo público, sempre que o seu número non sexa inferior ao
40% do colectivo afectado.

Artigo 59.- Seccións e delegados/as sindicais


Todas as organizacións sindicais que conten con afiliación dentro do Concello,
poderán constituír, ao abeiro da LOLS, seccións sindicais. Poderán nomear un/ha
delegado/a sindical entre os/as traballadores/as afiliados/as, o/a cal terá os
mesmos dereitos que os/as delegados/as de persoal, agás o voto

Artigo 60.- Exercicio do dereito de reunión ou asemblea tanto de


afiliados/as a unha sección sindical como de persoal en xeral. Requisitos:

-Formularse cunha antelación mínima de corenta e oito horas, salvo en casos


excepcionais.
-Sinalar a hora, lugar e data da celebración.
-Remitir datos dos asinantes que acrediten estar lexitimados para convocar a
reunión ou asemblea. ,
-Se no prazo das 24 horas seguintes á data na que se rexistrou a solicitude de
autorización o presidente, o alcalde ou o concelleiro de persoal do Concello non
formulara obxeccións por escrito ao respecto, poderá celebrarse sen outro requisito
posterior.
-As reunións e asembleas poderán ter carácter xeral ou realizarse por servizos,
dependencias ou centros de traballo
-Non existirá ningún tipo de limitación para celebrar reunións fóra da xornada de
traballo, salvo a seguridade de instalacións e dependencias e que a súa realización
teña lugar cando se atopen abertos os lugares de reunión ou a súa apertura non
supoña dificultades importantes
-Tamén poderán realizarse reunións e asembleas de traballadores dentro da
xornada laboral, tendo en conta como límite 15 horas anuais

CAPITULO XII.- OUTRAS DISPOSICIÓNS.

Artigo 61.- Indemnización complementaria en situación de ILT.

Ao/Á traballador/a que estivese en situación de IL T por enfermidade común ou


accidente non laboral, o Concello aboaralle, desde o 1° día e durante o tempo no
que perciba a prestación da Seguridade Social, o resto do seu salario real, a fin de
que os seus ingresos non sufran diminucións por estas causas.

Artigo 62.- Vestiario.

Dotarase ao persoal que así o precise de dúas prendas de traballo ao ano.


Igualmente proveran de botas de auga, calzado de seguridade, guantes e traxes
especiais a aquel persoal que o precise, e de todos os elementos que o Comité de
Seguridade e Prevención estableza. A entrega do vestiario realizarase no primeiro
trimestre de cada ano.

22
Artigo 63.- Festivos.

Considéranse festivos a todos os efectos, e como de traballo efectivo, os días 24 e


31 de decembro, se ben funcionará o Rexistro xeral público.
O martes de Entroido traballarase media xornada, excepto a Policía Local, que fará
a xornada completa, recuperando esa 1/2 xornada no momento en que o solicite o
persoal, e o servizo o permita.

Artigo 64.- complementos especiais

O/A traballador/a que exerza a dirección da escola infantil do Concello do Grove,


percibirá un complemento polo dito concepto de 200 € mensuais, pagadoiros en 12
pagas.
O persoal do servizo de augas-electricidade-depuradoras, percibirá en concepto de
gardas e de traballos das súas funcións fóra da xornada normal de traballo e polos
cales non percibirán horas extras, a cantidade de 200 € mensuais, pagadoiros en
12 mensualidades (reparacións de avarías de iluminación pública e auga e
mantemento das depuradoras). Ao persoal que non estea de garda e sexa chamado
para traballar, aboaránselle as horas extras. A asistencia aos plenos da Corporación
mantense na mesma situación actual.
O persoal de Vías e Obras realizará unha quenda de gardas de carácter voluntario
para emerxencias que non poidan esperar ao día seguinte, exceptuando das
emerxencias o relacionado co servizo de augas e electricidade. Esta quenda será
semanal, tendo que estar o traballador localizable. No caso de ser chamado, o
traballador percibirá o salario de 1 hora normal por cada hora de traballo, máis 1
hora libre, podendo acumular estas.
A Policía Local percibirá por cada domingo e festivo traballado unha cantidade igual
ao seu salario diario total, a cal será aboada na nómina do mes seguinte.
O/A traballador/a que exerza a coordinación do SPAD percibirá o complemento que
recolla a subvención da Xunta de Galicia; de ser menor, percibiren todo caso 200 €
mensuais, pagadoiros en 12 pagas.

Artigo 65.- Persoal interino e eventual.

Todo o persoal interino ou eventual percibirá o 100 % do salario da súa categorí


profesional.

Artigo 66.- Réxime disciplinario para o persoal laboral.

Ao persoal laboral seralle de aplicación o mesmo réxime disciplinario que aos


funcionarios.

Disposición adicional 1ª

Os xefes de servizo (secretario, interventor, xefe da Policía Local, encargado de Vías


e Obras), así como o aparellador municipal, teñen recollido no complemento
especifico a especial dedicación por: asistencia a plenos, comisións de goberno,
comisións informativas, emerxencias, así como cando a súa presenza sexa
inescusable pola responsabilidade dos seus postos de traballo, polo que non
percibirán horas extras, en calquera caso esta dispoñibilidade non superará a
xornada máxima legal vixente.

Disposición adicional 2ª.

Todas as cantidades recollidas no presente Convenio sufrirán o mesmo incremento

23
anual que os salarios.

Disposición adicional 3ª

No primeiro semestre do ano 2006 elaboraranse a valoración dos postos de


traballo, a cal se incorporará os orzamentos do 2006

Disposición adicional4ª. Plan de Pensións.

O Concello subscribirá un Plan de Pensións de Emprego para todo o persoal cunha


antigüidade de 1 ano do 0,5% da masa salarial.

24

You might also like