You are on page 1of 14

TEMA 3

O CONSORCIO GALEGO DE SERVICIOS DE IGUALDADE Y BENESTAR. OS SEUS


ESTATUTOS

CONSTITUCIÓN E COMPOSICIÓN INICIAL


Constitución: mediante a resolución da Secretaria Xeral de Relacións Institucionais da
Xunta de Galicia do 4 de xullo de 2006 créase o Consorcio Galego de Servizos de
Igualdade e Benestar que estará conformado por:
- Consellería de Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia
- Concellos de Portas, Taboadela, Vila-Marín, Boimorto, Carnota, As Neves,
Outes, Xove, Cercedo, Allaríz, Illa de Arousa, Laza, Ribadeo e Carballeda de
Avia.
COMPOSICIÓN ACTUAL
280 concellos galegos e 5 mancomunidades (unión de concellos limítrofes).
Vantaxes:
- Prestación de servizos de calidade con niveis suficientes de cobertura.
- A flexibilización do acceso e do uso dos recursos sociais.
- A mellora dos dispositivos de coordinación.
Eficiencia e eficacia no desenvolvemento das competencias propias da Xunta en
materia de benestar, tanto na planificación coma na programación.
REDE GALEGA DE ESCOLAS INFANTIS. (FUNCIÓN CONSORCIO)
O consorcio é un organismo xestor da Rede de Escolas Infantís, un proxecto educativo
de calidade para nenos entre 3meses a 3 anos que ten por obxecto adaptarse ao
concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral da cidadanía
galega.
As escolas infantís son os centros educativos da Rede de Escolas Infantís de Galicia
de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e
Benestar.
A Rede de Escolas Infantís de Galicia é un proxecto de calidade que potencia a
educación en valores como a tolerancia e o respecto, superando o concepto de garda
e custodia, consciente da necesidade de transmitir valores e habilidades sociais que
tradicionalmente se inculcaban no ámbito familiar, onde case sempre as mulleres eran
as encargadas da tarefa.
ESTATUTOS
Foron aprobados o mesmo acto da constitución do Consorcio o pasado 4 de xullo de
2006 e entraron en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia o 7 de xullo de 2006, de acordo co disposto na disposición derradeira.
Estrutura
- Cap 1: disposicións xerais (art 1-5)
- Cap 2: fins e competencias do Consorcio (art 6-8)
- Cap 3: órganos reitores do Consorcio (art 9-15)
- Cap 4: competencia funcional (art 16-19)
- Cap 5: funcionamento dos órganos de goberno (art 21-30)
- Cap 6: réxime patrimonial e económico (art 31-32)
- Cap 7: incorporación e separación de municipios (art 33-35)
- Cap 8: modificación dos estatutos (art 36)
- Cap 9: disolución do consorcio (art 37-38)
Disposición derradeira.
CAPITULO 1: DISPOSICIÓNS XERAIS (ART 1-5)
Personalidade Consorcio
O consorcio terá a condición de entidade de dereito público, de carácter
interadministrativo (xunta + entidades locais), con personalidade xurídica propia (que
existe individualmente) e diferente da dos entes consorciados, e plena capacidade de
obrar para o cumprimento dos seus fins, e disporá dun patrimonio propio.
Terá Xurisdición contencioso-administrativa (cidadanía e administración).
Lexislación aplicable
- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
Administracións públicas.
- Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local.
- Real Decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto
refundido da Lei reguladora das facendas locais.
- Protocolo de colaboración asinado o 24 de abril de 2006 entre Vicepresidencia
de Igualdade e do Benestar e a Federación Galega de Municipio e Provincias
(FEGAMP).
- Estatutos do Consorcio.
- Regulamento Interno do Consorcio.
- Disposicións de carácter xeral que lle sexan aplicables e teñan carácter
imperativo.
Sometemento ao réxime administrativo: a actuación de todos os Órganos do
Consorcio someterase aos procedementos, recursos e prescricións contidas nas Leis
39/2015 e 40/2015 de 1 de outubro, de procedemento administrativo e réxime xurídico
das Administracións Públicas.
Xurisdición contencioso administrativa: atenderase ao procedemento administrativo
común recollido e desenvolto na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso administrativa (art 25).
Vixencia, denominación e Sede do Consorcio
- A vixencia será indefinida pero pode disolverse en calquera momento.
- A denominación é o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
(art 2.1)
- A sede ten lugar en Santiago de Compostela.
Potestades administrativas
1. Potestade de autoorganización.
2. Potestade financiera e de fixación de prezos públicos.
3. Potestade de programación ou planificación.
4. Potestade de revisión de oficio dos seus actos e acordos.
5. Facultade de ser beneficiarios da expropiación forzosa en relación coas obras
e actuacións necesarias para o cumprimento dos seus fins.
6. Potestade de execución forzosa.
7. Potestade disciplinaria.
CAPITULO 2: FINS E COMPETENCIAS CONSORCIO (art 6-8)
Fin principal
Participación na dirección, avaliación e control da xestación dos servizos sociais de
ámbito local (centros de prestación de servizos sociais de atención especializada e de
atención primaria cando así o solicite o concello interesado), con especial atención na
xestión integral das escolas infantís e na atención educativa e asistencial aos nenos
menores de 3 anos na forma de recursos, equipamentos, proxectos, programas e
prestacións.
Fins xerais
- Garantir o acceso de todos os galegos a uns servizos públicos de calidade, a
través dunha oferta de recursos suficiente e equilibrada territorialmente, que
contribúa a reforzar a igualdade de oportunidades na utilización da rede social
de atención.
- Incrementar de xeito notable a cobertura, intensidade e horario de atención dos
distintos servizos e prestacións.
- Contribuír á mellora das condicións de vida e sociais das persoas que
presentan especiais necesidades de protección social, nos concellos galegos,
ao respecto da súa autonomía persoal, familiar e grupo. Prestarase especial
atención ás familias que asumen tarefas de atención e coidado.
Competencias do Consorcio
- O estudo das necesidades básicas en materia de servizos sociais de atención
en todos os municipios consorciados e a elaboración de proxectos oportunos
para satisfacer ditas necesidades, así como a investigación e formación do
persoal na dita materia.
- O establecemento das directrices xerais de cara á prestación dos servizos
sociais de ámbito local por parte dos concellos integrantes do consorcio, en
especial na atención educativa e asistencial aos nenos menores de 3 anos, en
todos aqueles extremos que sexan necesarios para asegurar a calidade e
eficiencia na prestación dos servizos sociais asumidos.
- Participación na definición dos criterios xerais que orienten as políticas de
benestar social, especialmente aquelas obxecto do plan concertado, ou
calquera outro mecanismo de planificación pública.
- A determinación e/ou execución, en colaboración cos concellos se é o caso,
das obras de construción, mellora, reforma ou adaptación de instalacións que
poidan ser necesarias para a prestación dos servizos.
- O seguimento, avaliación e control do cumprimento das directrices que
respecto da prestación dos servizos, estableza o consorcio.
- A coordinación e colaboración con outras administracións en todo o relativo á
finalidade principal do Consorcio.
- Todas aquelas competencias que se lle confiran legalmente.
- As competencias delegadas `por outras administracións.
- A prestación daqueles servizos necesarios para acadar os fins do consorcio,
sempre que os entes consorciados o acorden así.

CAPITULO 3: ÓRGANOS DE GOBERNO (art 9) CAP 4 Y 5 (art16 al 30)


a) Asemblea xeral/pleno
b) Comité directivo
c) Presidente
d) Vicepresidente
e) Xerente

ASEMBLEA XERAL/PLENO
Composición: Art. 10 di que na asemblea estarán representadas todas as entidades
consorciadas.
Representación dos Concellos
Cada municipio terá o seu propio representante na Asemblea Xeral, e contará:
- Municipios ata 10.000 hab: 1 voto
- Municipios de 10.001 a 25.000 hab: 2 votos
- Municipios de 25.001 a 50.000 hab: 3 votos
- Municipios de +50.000 habitantes: 4 votos
Forma de elección
Os concellos consorciados designarán e cesarán os seus representantes de entre os
seus membros corporativos. O período de duración de tales cargos farase coincidir co
do seu mandato nas corporacións locais.
Representación Xunta (mandato 4 anos)
6 representantes designados por Vicepresidencia da Xunta (dentro do seu 51%):
- 50% presidente do Consorcio.
- 10% representante da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
- 10% representante da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
- 10% representante da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
- 10% representante da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
- 10% representante da Consellería de Economía e Facenda.
Renovación e cese
Renovación: certificado aos 15 días.
Cese:
- Por nova designación para substitución.
- O novo representante será polo prazo que reste.
Representación porcentual na Asemblea Xeral:
- Xunta de Galicia: 51%.
- Concellos: 49% (entidades locais).
Certificado do Xerente :
- De os votos totais dos Concellos e consecuentemente o da Xunta.
- De os votos de cada Concello.
- Emisión: 1 mes antes da celebración da Asemblea.
Competencias
- A aprobación do orzamento e das súas bases de execución, así como da súa
conta xeral.
- O control e fiscalización dos órganos de goberno.
- A modificación dos estatutos.
- A disolución do consorcio.
- A modificación ou revisión dos plans e programas de investimento do
consorcio.
- A delegación das súas atribucións no comité directivo, presidente ou xerente.
- Calquera outra función que se atribúa de xeito expreso á asemblea xeral nos
estatutos.
- Modificación da sede principal do Consorcio.
Reunións da Asemblea
Lugar: sede do Consorcio ou no lugar que o seu presidente designe.
Periodicidade:
- Ordinarias: cada 6 meses.
- Extraordinarias:
*Por decisión do Comité Director.
*Máis de 1/3 dos membros da Asemblea.
*Maioría absoluta da representación dos Concellos.
Convocatoria das sesións (art.23)
Iniciativa:
- Presidente que fixará a orde do día.
- Terá en conta as propostas do resto de membros.
Plazo de convocatoria: 15 días naturais. Poderá reducirse en caso de urxencia
xustificada polo Presidente.
Contido da convocatoria: deberá indicar:
- Data, lugar e hora.
- Asuntos que se vaian tratar.
Deliberacións: Non poderá ser obxecto de deliberación ningún asunto que non figurase
incluído na orde do día, agás que tratándose dun suposto de urxencia e estando
presentes todos os membros do órgano colexiado, a maioría decida a súa inclusión.
Documentación: a convocatoria terá que achegar, así mesmo, a documentación dos
asuntos incluídos na orde do día, que deba de servir de base ao debate e, se é o caso,
votación.
Constitución do órgano
Para a válida constitución da Asemblea Xeral:
- Primeira convocatoria: dos membros que representen 1/3 do nº certificado de
votos.
- Presencia obrigatoria do presidente ou xerente ou de quen os substitúa.
Adopción de acordos
Os acordos dos órganos colexiados do consorcio adoptaranse, salvo disposición en
contrario, por maioría simple dos votos presentes.
No suposto de producirse empate, repetirase a votación e se persiste decidirá o
Presidente.
Requirirase o voto favorable das 2/3 partes (66%) do nº certificado de votos da
asemblea xeral para a disolución do consorcio e para a adopción do acordo de
modificación dos estatutos.
Das actas
Das sesións levantarase a acta oportuna na que deben constar os pormenores da
convocatoria, representantes presentes, votos emitidos, un extracto das deliberacións
e os acordos adoptados.
Serán autorizadas polo Xerente do Consorcio, co visto do Presidente ou no caso o
Vice.

COMITÉ DIRECTIVO
Composición
Estará integrado polo:
- Presidente consorcio
- Vicepresidente consorcio
- 7 membros elixidos entre representantes dos entes consorciados na Asemblea
Xeral:
 4 representantes da Xunta de Galicia nomeados polo Presidente do
Consorcio de entre os representantes da Xunta de Galicia na Asemblea.
 3 restantes son membros da Asemblea Xeral en representación dos
municipios consorciados.
Competencias
- A elaboración e aprobación das directrices, plans e programas de actuación
que constitúen a finalidade do consorcio, e a súa presentación na Asemblea
Xeral.
- O desenvolvemento e execución destas directrices, plans e programas.
- O establecemento das condicións de incorporación de novos municipios, que
en ningún caso, poderán resultar discriminatorias respecto dos demais entes
integrantes do consorcio.
- Aprobar a integración de novos municipios no consorcio e nos casos de
separación dos xa incorporados, aprobar a liquidación e condicións dela.
- A elaboración de instrucións xerais de réxime interno.
- A elevación á asemblea Xeral de calquera proposta de modificación de
estatutos.
- O desenvolvemento da xestión económica de acordo aos orzamentos
aprobados e as súas bases de execución.
- A aprobación da organización xeral dos servizos e da estrutura de persoal,
previo informe do Xerente.
- A representación á Asemblea Xeral dos plans e programas de investimento do
consorcio e a súa posterior execución.
- A aprobación de cantas competencias sexan atribuídas ou delegadas ao
consorcio por outras administracións.
- A adopción de cantos acordos estime oportunos para o exercicio das accións
xudiciais e administrativas ante órganos, xulgados e tribunais de calquera clase
e xurisdición e para dispoñer a defensa do Consorcio nos que se promovesen
contra el ( outorgando os poderes necesarios e designando avogados e
procuradores) sen prexuízo do Presidente en caso de urxencia.
- A contratación e concesión de obras, servizos e subministración.
- Adquisición de bens e dereitos de execución do orzamento.
- O exercicio de cantas atribucións lle deleguen a asemblea xeral e o presidente.
- O exercicio das competencias do consorcio que non estean expresamente
reservadas nestes estatutos á Asemblea xeral ou ao Presidente.
- O establecemento das bases para a selección do persoal, aprobación do cadro
de persoal, modificacións, relación de postos de traballo e fixación da contía
das retribucións.
- A contratación do persoal, así como a incoación e resolución dos expedientes
disciplinarios naqueles supostos en que fose procedente, incluído o
despedimento.
- Designar o Xerente do consorcio, por proposta do Presidente.
- A delegación das súas atribucións no Xerente ou Presidente.
Reunións do Comité Directivo
Lugar: Sede do Consorcio ou no lugar que o Presi designe.
Periodicidade:
- Ordinarias: cada mes
- Extraordinarias:
*Por decisión do Presidente.
*Solicitud de 4 ou + membros con voz e voto.
Convocatoria das sesións
Plazo de convocatoria: 5 días naturais. Poderá reducirse en caso de urxencia
xustificada polo Presidente.
Contido da convocatoria: deberá indicar:
- Data, lugar e hora.
- Asuntos que se vaian tratar.
Deliberacións: Non poderá ser obxecto de deliberación ningún asunto que non figurase
incluído na orde do día, agás que tratándose dun suposto de urxencia e estando
presentes todos os membros do órgano colexiado, a maioría decida a súa inclusión.
Documentación: a convocatoria terá que achegar, así mesmo, a documentación dos
asuntos incluídos na orde do día, que deba de servir de base ao debate e, se é o caso,
votación.
Constitución do órgano (comité directivo)
Para a válida constitución do Comité Directivo:
- Primeira convocatoria: ca maioría absoluta dos membros con dereito a voto.
- Presencia obrigatoria do presidente ou xerente ou de quen os substitúa.
Adopción de acordos
Os acordos dos órganos colexiados do Consorcio adoptaranse, por maioría simple dos
votos presentes.
Das votacións
- Para as votacións no seo do comité directivo, o presidente, vicepresidente e os
demais membros disporán cada un deles, de voz e voto.
- En caso de empate, decidirá o voto do Presidente.
O Xerente tomará parte nas xuntanzas do comité directivo pero SIN voz SIN voto.
Das actas
Das sesións levantarase a acta oportuna na que deben constar os pormenores da
convocatoria, representantes presentes, votos emitidos, un extracto das deliberacións
e os acordos adoptados.
Serán autorizadas polo Xerente do Consorcio, co visto do Presidente ou no caso o
Vice.

PRESIDENCIA
Funcións
O cargo do Presidente do consorcio, que é tamén o da Asemblea Xeral e Comité
Directivo será exercido polo Vicepresidente/a do departamento da Igualdade e do
Benestar, ou se é o caso polo responsable do Departamento da Xunta de Galicia que
asuma as súas competencias.
Competencias Presidente Consorcio (art 18)
- Representar o consorcio en toda clase de negocios xurídicos e ante
organismos públicos ou privados, con facultade para conferir mandatos,
delegar e outorgar poderes.
- Convocar, presidir, suspender e levantar as sesións de todos os órganos
colexiados, con capacidade para decidir empates.
- Exercer accións xurídicas e administrativas asi como as actuacións precisas
para a defensa nos procedementos incoados contra o consorcio en caso de
urxencia, outorgando para o efecto os poderes que fosen necesarios e
designando avogados e procuradores.
- Adoptar persoalmente e baixo a súa responsabilidade, en caso de urxencia
inadiable, as medidas que xulgue necesarias, dando conta ao órgano
competente.
- Exercer a superior dirección do persoal ao servizo do consorcio.
- Nomear e cesar o persoal eventual que desempeñe postos de traballo
considerados de confianza ou asesoramento especial de conformidade co
previsto na normativa aplicable ao persoal ó servizo da Comunidade Autónoma
de Galicia.
- O Presidente poderá delegar noutros órganos do consorcio o exercicio das
súas funcións.

VICEPRESIDENTE
Elección e funcións
Nomeado por:
- O presidente
- Por proposta dos entes locais consorciados.
Con voz e voto na Asemblea Xeral e no Comité Directivo, substituirá ao Presidente en
caso de vacante, ausencia ou enfermidade.
competencias
É membro de pleno dereito do Comité Directivo e da Asemblea Xeral do Consorcio.
Substitúe ao Presi en caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

XERENTE
Elección do Xerente
Órgano unipersoal designado de entre profesionais de acreditada cualificación:
- polo comité directivo
- por proposta do Presidente do Consorcio
Funcións
Correspóndelle ao Xerente a dirección das unidades do Consorcio, baixo a supervisión
e superior autoridade do Comité Directivo e do Presidente.
As súas retribucións serán as establecidas polo Comité Directivo ao aprobar o
correspondente contrato de traballo.
Competencias do Xerente
- dirixir as unidades do Consorcio, levando a súa xefatura, de acordo coas
directrices emitidas polo Presidente do consorcio e polo comité directivo.
- Propoñer ao Comité Directivo e ao Presidente cantas medidas considere
convenientes en orde ao funcionamento do consorcio e ao axeitado
cumprimento dos seus fins.
- Executar os acordos e resolucións dos distintos órganos do consorcio e asumir
as funcións que estes lle deleguen expresamente.
- Ordenar os pagamentos correspondentes con suxeición ás bases de execución
do orzamento.
- Preparar os asuntos e documentos que deban ser sometidos a estudo,
coñecemento, despacho e aprobación dos órganos do consorcio.
- Asistir as sesións e reunións dos órganos do consorcio.
- Expedir a documentación e coidar de que se leven os rexistros e estadísticas
das operacións e servizos realizados.
- Elevar ao comité directivo, ai termo de cada exercicio, a memoria comprensiva
do desenvolvemento da xestión do consorcio.
- Publicar, executar e facer cumprir os acordos do consorcio, así como velar pola
adecuada execución das obras e servizos propios deste.
- Dispoñer gastos dentro dos límites que se establezan nas bases de execución
do orzamento, ordenar pagamentos e render contas.
- Redactar, en exercicio das funcións de secretaría do consorcio:
a) As actas das sesións dos órganos colexiados.
b) Expedir as certificacións ás que se refire o art 10 destes estatutos
(relación de representantes e os votos que na Asemblea disporá cada
membro da Asemblea)
c) Demais funcións establecidas no art 16 da Lei 40/2015, de 1 de
outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público (antes Lei 30/1992
actualmente derogada:
o Velar pola legalidade formal e material das actuacións do
Órgano colexiado.
o Certificar as actuacións do Órgano.
o Garantir que os procedementos de constitución e adopción
sexan respectadas.
- Aquelas outras atribucións que se lle encomenden.

CAPITULO 6: RÉXIME PATRIMONIAL E ECONÓMICO (art 31-32)


Patrimonio do Consorcio
O constitúen os bens e os dereitos que acheguen as entidades consorciadas e os
bens, de carácter patrimonial, e dereitos que adquira ou reciba por calquera título.
Exclusión: en calquera caso, quedarán excluídas do Consorcio as cantidades que para
a asistencia social básica aos colectivos afectados, reciban os entes locais
procedentes do plan concertado (art 1).
Para estes efectos, serán de aplicación as previsións contidas na Lei 5/2011, de 30 de
setembro, do Patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia (antes Lei 3/1985,
actualmente derogada) e o Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o
regulamento para a execución da Lei 3/1985 (art 26).
Recursos económicos
- As achegas dos entes consorciados.
- As rendas e produtos do patrimonio do consorcio.
- As subvencións, auxilios legados e doazóns que recibise de calquera entidade
de ámbito supranacional, do Estado, da comunidade autónoma dos municipios,
ou de calquera outra entidade pública ou privada.
- Os rendementos de calquera clase derivados da prestación de servizos e, en
particular, os prezos públicos que se poidan establecer.
- Os rendementos de servizos e explotacións.
Achegas ao Consorcio
- As achegas económicas sinaladas no art precedente realizarase na forma e
prazos que determine a Asemblea xeral. Terán consideración de pagamentos
obrigatorios e de carácter preferente.
- Si incumprimento obrigas financeiras co consorcio por parte dos entes, o
comité directivo procederá a requirir o seu cumprimento.
- Se pasado 1 mes desde o requirimento non se efectuasen as achegas, o
comité directivo poderá suspender a súa participación no consorcio.
Aprobación do orzamento e rendemento de contas (art 29)
Tanto o orzamento como as súas bases de execución e as contas, serán aprobadas
anualmente pola Asemblea xeral.
Ó réxime económico-financeiro do Consorcio é o que establece a lexislación do réxime
financeiro e orzamentario de Galicia, coas particularidades previstas nestes estatutos.
O control económico do Consorcio realizarase de acordo co que establece a
lexislación do réxime financeiro e orzamentario de Galiza.
O comité directivo establecerá o stma de control interno de todos os actos e
documentos dos cales se poidan derivar dereitos e obrigas de contido económico.
Instalacións
Os convenios de incorporación do municipio ao consorcio, establecerán as condicións
de entrada, entre elas:
- as referidas aos requisitos que deberán cumprir as instalacións e condicións en
que se vaian prestar os diferentes servizos.
- Previsión da necesidade de levar a cabo obras de construción, reforma,
adaptación ou mellora das existentes.
Xestión dos centros
A administración directa dos centros será exercida polos concellos integrantes do
consorcio que así o soliciten e sempre de acordo coas directrices xerais emanadas do
Consorcio.
Réxime xurídico do PERSOAL DO CONSORCIO
O consorcio seleccionará o seu persoal propio mediante convocatoria pública na cal se
garantirán os principios de publicidade, igualdade, mérito e capacidade.
O persoal así seleccionado vincularase ao Consorcio con suxeición ás modalidades
vixentes da lexislación laboral.
Corresponde ao Comité directivo aprobar o cadro de persoal.
As tarefas do consorcio poderán ser realizadas polo persoal das administracións
públicas consorciadas.
O persoal, funcionario ou laboral, que se icorpore ao cadro de persoal do consorcio,
procedente das administracións públicas consorciadas, coservará todos os dereitos
adquiridos de que se desfrute no momento da súa incorporación, incluíndo as
expectativas de promoción e mobilidade e os demais inherentes a súa situación
funcionarial ou laboral.
Rexime de contratación (de servizos)
- Rexirase polo disposto na Lei 30/2007, de 30 de outubro, dos contratos do
sector público.
- Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro polo que se aproba o Regulamento
xeral da devandita Lei, e demais normativa de aplicación neste ámbito.

CAPITULO 7: INCORPORACIÓN E SEPARACIÓN DE MUNICIPIOS (art 33-35)


Incorporación ao Consorcio
Poderán incorporarse ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
aqueles novos municipios que:
- O soliciten, sometendo ao procedemento e requisitos establecidos nestes
estatutos e nos regulamentos de réxime interior que puidesen ditarse no seu
desenvolvemento.
- Sen prexuízo das condicións particulares que en cada caso, a entidade
entrante e os órganos de goberno puidesen acordar, garantíndose que non
existirá discriminación respecto das condicións de acceso co resto dos entes.
- A entrada no consorcio non suporá para os Concellos incremento de gasto en
relación a súa situación inmediatamente anterior aos servizos xa en
funcionamento.
Requisitos e procedemento de incorporación (art 33)
A solicitude da entidade interesada
- A decisión de incorporación do municipio será adoptada no Pleno corporativo
polas maiorías legalmente establecidas.
- No dito acordo, aprobaranse e aceptaranse os estatutos do consorcio e as
condicións fixadas por este para a súa incorporación.
Aprobación do Comité Directivo
- No convenio de incorporación deberán quedar reflectidas as condicións que se
fixen para a integración.
- A incorporación de novos membros no Consorcio publicarase no Diario Oficial
de Galicia e no Boletín oficial da provincia respectiva.
Separación voluntaria
- A separación so poderá realizarse cando estea ao día no cumprimento das
obrigas anteriores e garanta o cumprimento das pendentes.
- Deberá manifestarse polo menos 1 ano de antelación.
- O Comité directivo procederá a designar unha comisión liquidadora que,
atendendo as posibles perturbacións nas actividades do consorcio que dita
separación pode producir, proporá ao comité directivo as condicións e efectos
da separación.
- Oída a proposta, o Comité directivo aprobará a separación do ente nas
condición e efectos que no dito acordo se determinen, notificándoselle á
entidade interesada para efectos da súa aprobación por ela.
- Ao separase, os seus representantes quedarán automaticamente excluídos da
Asemblea xeral e demais órganos del.
Expulsión do Consorcio
Cando a xuízo do Comité directivo ou da Asemblea xeral, algún ente consorciado
incumprise grave as obrigas establecidas poderase acordar logo da incoación do
oportuno expediente e posterior liquidación, e oído do interesado, a separación do dito
ente do Consorcio, mediante acordo favorable da maioría absoluta da Asemblea Xeral.

CAPITULO 8: MODIFICACION DOS ESTATUTOS


Iniciativa: poderán ser modificados por iniciativa do:
- Presidente
- Comité directivo
- Membros da asemblea xeral que representen + 1/3 dos votos da dita
asemblea.
Maioría necesaria para a modificación
Constituída a Asemblea Xeral en sesión extraordinaria, procederase a aprobación por
maioría das 2/3 partes do nº certificado de votos, logo da achega de cantos informes
se considere oportuno solicitar.
A modificación dos estatutos así aprobada notificaráselles a todas as entidades
integradas no Consorcio para a súa aprobación en sesión plenaria, e se publicará no
Diario Oficial de Galicia e no Boletín oficial das provincias respectivas.
CAPITULO 9: CAUSAS DE DISOLUCION DO CONSORCIO
Causas disolución
1. Cando por calquera circunstancia non se puidesen cumprir os fins para os que
se constituíu.
2. Por disposición legal.
3. Cando así o acorde a Asemblea Xeral por maioría das 2/3 partes.
4. Por fusión, absorción ou integración noutro ente público, cuxas competencias
sexan concorrentes coas do consorcio, acordada pola asemblea xeral.
Procedemento de disolución
No prazo de 30 días desde a recepción do acordo ou proposta de disolución:
- o comité directivo constituirase en comisión liquidadora, na cal se integrará o
Xerente e 3 técnicos designados polo Presidente mediante consenso das
partes, para cumprir funcións de asesoría.
O presidente poderá convocar ás reunións a técnicos ou peritos na materia para
escoitar a súa opinión e preparar informes en temas concretos da súa especialidade.
A comisión liquidadora, nun prazo NON superior a 4 meses:
- Efectuará un inventario dos bens e dereitos do Consorcio.
- Sinalará os recursos, cargas e débitos.
- Relacionará o seu persoal.
A vista do inventario, a comisión liquidadora proporá á Asemblea Xeral a distribución e
integración dos bens, dereitos e débitos entre as entidades, na mesma proporción que
a establecida para a fixación das achegas ao Consorcio. Sinalará un calendario de
actuacións liquidadoras.
A proposta de liquidación deberá ser aprobada pola Asemblea Xeral e será vinculante
para todas as entidades consorciadas, publicándose no diario oficial correspondente.
A disolución do Consorcio comporta a extinción a relación laboral do persoal ao seu
servizo, de conformidade coa normativa vixente que resulte de aplicación.

You might also like