You are on page 1of 12

A proposta de resolución:

a. Só está presente nos procedementos nos que a instrución recae sobre un órgano diferente ao
que ha resolver e a súa finalidade é informar a este último dos aspectos fácticos e xurídicos do
procedemento, suxeríndolle o sentido da resolución.
b. Só está presente nos procedementos administrativos sancionadores e a súa finalidade é que dar
a coñecer aos interesados o sentido da resolución que a Administración pretende adoptar para
que estes poidan valorar a posibilidade de chegar a un acordo que poña fin ao procedemento.
c. Está presente en todos os procedementos e a súa finalidade é dar a coñecer aos interesados o
sentido da resolución que a Administración pretende adoptar para que estes poidan presentar as
alegacións que estimen oportunas.
d. Só está presente nos procedementos nos que a instrución recae sobre un órgano diferente ao
que ha resolver e o seu contido é vinculante para este último integramente.

A resolución administrativa que poña fin ao procedemento:


a.Debe pronunciarse sobre todas as cuestións formuladas polas persoas interesadas, pero sobre
ningunha outra que non fose expresamente formulada, a fin de non vulnerar o principio de
congruencia.
b. Pode pronunciarse sobre todas as cuestións formuladas polas persoas interesadas, se o órgano
competente o estima oportuno, e tamén sobre aqueloutras cuestións que deriven daquelas, aínda
que non fosen expresamente formuladas.
c. Debe pronunciarse sobre todas as cuestións formuladas polas persoas interesadas, e tamén
sobre aqueloutras cuestións que deriven daquelas, aínda que non fosen expresamente
formuladas.
d. Debe pronunciarse sobre todas as cuestións formuladas polas persoas interesadas, e pode
pronunciarse sobre aqueloutras cuestións que deriven daquelas, aínda que non fosen
expresamente formuladas, se o órgano competente o estima oportuno.

Cando as normas reguladoras dun procedemento non determinen o prazo para resolver, por
aplicación da normativa xeral, este será de:
a. 6 meses.
b. 8 meses.
c. 10 meses.
d. 3 meses.

Indique a frase correcta entre as seguintes:


a. A caducidade dá lugar á terminación automática do procedemento administrativo, sen que sexa
necesario que a Administración dite unha resolución. Pola contra, nos casos de renuncia e
desistencia é precisa unha resolución administrativa que poña fin ao procedemento.
b. A renuncia e a desistencia dan lugar á terminación automática do procedemento administrativo,
sen que sexa necesario que a Administración dite unha resolución. Pola contra, nos casos de
caducidade é precisa unha resolución administrativa que poña fin ao procedemento.
C .Nos casos de renuncia, desistencia e caducidade é necesario que a Administración dite unha
resolución que poña fin ao procedemento por estas causas.
d. A renuncia, a desistencia e a caducidade dan lugar á terminación automática do procedemento
administrativo, sen que sexa necesario que a Administración dite unha resolución.
Indique a frase correcta entre as seguintes:

a. A terminación do procedemento por silencio administrativo -positivo ou negativo- é a forma


ordinaria de terminación cando o procedemento se inicia por declaración responsable da persoa
interesada.
b.Tanto a estimación da pretensión por silencio administrativo como a súa desestimación teñen
para todos os efectos a consideración de acto administrativo finalizador do procedemento, e polo
tanto exoneran á Administración do seu deber de resolver.
c. A estimación da pretensión por silencio administrativo ten para todos os efectos a consideración
de acto administrativo finalizador do procedemento, aínda que iso non exonere á Administración
do seu deber de resolver.
d. A estimación da pretensión por silencio administrativo ten para todos os efectos a consideración
de acto administrativo finalizador do procedemento, e polo tanto exonera á Administración do seu
deber de resolver.

Indique cal das seguintes afirmacións é a correcta:

a.As actuacións complementarias son aquelas que o órgano competente para resolver o
procedemento pode esixir que practique o órgano instrutor para cando atope defectos ou lagoas
na instrución.
b. As actuacións complementarias poden ser adoptadas de forma motivada e con carácter
extraordinario polo órgano competente para resolver o procedemento, xusto antes de ditar
resolución, se entende que a instrución non achega todos os elementos necesarios para resolver.
c. As actuacións complementarias pódense levar a cabo en calquera momento do procedemento e
a súa finalidade é ampliar a información que os diferentes medios de proba van achegando á
instrución.
d. As actuacións complementarias son un trámite ordinario da instrución dos procedementos
administrativos e teñen lugar xusto despois do trámite de audiencia.

Nos procedementos administrativos sancionadores:

a. O procedemento debe terminar sempre co pago da sanción pecuniaria por parte do


administrado
b. O procedemento debe terminar sempre cunha resolución da Administración.
c. Cando a sanción teña unicamente carácter pecuniario, a Administración non está obrigada a
ditar resolución, pois só o pago implicará a terminación do procedemento.
d. Cando a sanción teña unicamente carácter pecuniario, o pago voluntario do responsable, en
calquera momento anterior á resolución, implicará a terminación do procedemento.

Nos supostos en que o exercicio de determinados dereitos esixa por parte do administrado
a emisión dunha declaración responsable ou dunha comunicación á Administración:

a. O silencio administrativo terá sempre carácter positivo.


b. Non hai procedemento en sentido estrito e polo tanto a Administración non ten o deber de
resolver.
c. O silencio administrativo terá sempre carácter negativo.
d. A Administración ten o deber de resolver o procedemento nun prazo máximo de seis meses.
O incumprimento do deber da Administración de instruír e resolver en prazo os
procedementos administrativos pode dar lugar a:

a. Responsabilidade administrativa, coa imposición de multas e/ou sancións pecuniarias


b. Responsabilidade penal.
c. Responsabilidade civil extracontractual polos danos e prexuízos causados.
d. Responsabilidade disciplinaria do persoal ao servizo das Administracións Públicas que teña ao
seu cargo o despacho entre as súas competencias o cumprimento da obrigación legal de ditar
resolución expresa en prazo.

Se, transcorrido o prazo para concluír o procedemento, non se ditou resolución e a


normativa aplicable determina que o silencio administrativo é positivo:

a. Unha eventual resolución expresa posterior poderá confirmar o sentido da resolución presunta
por silencio ou ben pola contra modificalo total ou parcialmente.
b. Unha eventual resolución expresa posterior só poderá confirmar o sentido da resolución
presunta por silencio.
c. Unha eventual resolución expresa posterior só poderá modificar total ou parcialmente o sentido
da resolución presunta por silencio.
d. Nestes casos xa non é posible ditar resolución expresa, salvo que a resolución presunta fose
obxecto de recurso.

O prazo máximo para ditar resolución nun procedemento de revisión de oficio é:


Seleccione unha:

a. Tres meses
b. Oito meses
c. Seis meses
d. Tres meses se o procedemento se iniciou oficio, seis meses se o procedemento se iniciou a
instancia de parte

A competencia para revisar de oficio un acto ditado pola persoa titular dunha consellería
corresponde:
Seleccione unha:
a. Á Presidencia da Xunta
b. Á persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da consellería en cuestion
c. Á persoa titular da consellería que ditou o acto en cuestión
d. Ao Consello da Xunta

A causa de nulidade referida aos actos de contido imposible alude:


Seleccione unha:
a. A unha imposibilidade material e orixinaria
b. A unha imposibilidade material e sobrevida
c. A unha imposibilidade material ou xurídica
d. Aos supostos de ineficacia

Para que un acto sexa nulo de pleno dereito por incompetencia é preciso:
Seleccione unha:
a. Que se trate dun suposto de incompetencia por razón do territorio
b. Que se trate dun suposto incompetencia xerárquica manifesta
c. Que se trate dun suposto de incompetencia manifesta por razón da materia ou do territorio
d. Que se trate dun suposto de incompetencia manifesta, de calquera orde
Cal dos seguintes requisitos non é propio dos actos susceptibles de ser revisados de oficio:
Seleccione unha:

a. Que o acto estea suxeito ao Dereito Administrativo


b. Que o acto sexa favorable ou desfavorable
c. Que o acto sexa nulo de pleno dereito
d. Que o acto non sexa firme en vía administrativa

No procedemento de revisión de oficio, o ditame do Consejo de Estado ou órgano consultivo


autonómico equivalente:
Seleccione unha:
a. É facultativo para a revisión de oficio dos actos administrativos e para a revisión de oficio das
disposicións administrativas de carácter xeral
b. É preceptivo e vinculante, tanto para a revisión de oficio dos actos administrativos como para a
revisión de oficio das disposicións administrativas de carácter xeral
c. É preceptivo e non vinculante, tanto para a revisión de oficio dos actos administrativos como para
a revisión de oficio das disposicións administrativas de carácter xeral
d. É preceptivo e vinculante para a revisión de oficio dos actos administrativos, non é preceptivo
para a revisión de oficio das disposicións administrativas de carácter xeral

Sinala a afirmación incorrecta:


Seleccione unha:
a. As causas de nulidade de pleno dereito son tasadas
b. A nulidade de pleno dereito é a excepción en Dereito Administrativo
c. O artigo 47.1 LPAC permite que a lei ou o regulamento establezan outras causas de nulidade de
pleno dereito
d. As causas de nulidade de pleno dereito deben ser obxecto dunha interpretación restritiva

Sinala cal dos seguintes non é un límite da revisión de oficio:


Seleccione unha:
a. O dereito dos particulares
b. O tempo trascorrido
c. A cousa xulgada
d. As expectativas lexítimas

A competencia para a revisión dos actos da Alcaldía nun municipio de gran poboación
corresponde:
Seleccione unha:
a. Ao Pleno
b. Á Xunta de Goberno Local
c. Á Alcaldía
d. Ao Pleno, a proposta da Alcaldía

Nas entidades locais a competencia para declarar a lesividade dos actos administrativos
corresponde:
Seleccione unha:
a. Ao Pleno
b. Ao órgano que ditou o acto
c. Á Presidencia da corporación
d. Á Comisión de Goberno
O transcurso do prazo máximo para resolver o procedemento da declaración de lesividade
comporta:
Seleccione unha:

a. A caducidade do procedemento
b. A caducidade do procedemento se se iniciou de oficio, e a desestimación por silencio
administrativo se se iniciou a instancia de parte
c. A renuncia da Administración
d. A desistencia da Administración

Cal dos seguintes requisitos non é propio dos actos susceptibles de ser declarados lesivos:
Seleccione unha:
a. O acto pode ser expreso ou presunto
b. O acto debe ser anulable
c. O acto debe estar suxeito ao Dereito Administrativo
d. O acto pode ser favorable ou desfavorable

Para declarar lesivo un acto administrativo é preciso:


Seleccione unha:
a. Que non transcorreran máis de catro anos desde que o acto foi ditado e notificado
b. Que non transcorreran máis de seis meses desde que o acto foi ditado e notificado
c. Que non transcorreran máis de seis meses desde que o acto foi ditado
d. Que non transcorreran máis de catro anos desde que o acto foi ditado

A resolución do procedemento de declaración de lesividade:


Seleccione unha:
a. Deberá notificarse só aos interesados no procecedementos que así o soliciten
b. Deberá notificarse aos interesados no procedemento
c. Poderá notificarse aos interesados no procedemento aos meros efectos informativos
d. Deberá notificarse aos interesados no procedemento aos meros efectos informativos

Unha vez ditada a declaración de lesividade dun acto administrativo:


Seleccione unha:
a. A Administración debe impugnalo ante a xurisdicción contencioso - administrativa no prazo de
dous meses
b. O interesado pode impugnar o acto administrativo declarado lesivo ante a xurisdicción
contencioso - administrativa no prazo de dous meses
c. A Administración debe impugnalo ante a xurisdicción contencioso . administrativa no prazo dun
mes
d. Tanto a Administración como o interesado deben impugnar o acto declarado lesivo ante a
xurisdicción contencioso - administrativa no prazo dun mes

A resolución do procedemento de declaración de lesividade:


Seleccione unha:
a. Debe ditarse e notificarse no prazo de 3 meses desde a iniciación do procedemento
b. Debe ditarse e notificarse no prazo de 6 meses desde a iniciación do procedemento
c. Debe ditarse no prazo de 3 meses desde a iniciación do procedemento
d. Debe ditarse no prazo de 6 meses desde a iniciación do procedemento
A declaración de lesividade dun acto ditado por delegación doutra Administración pública
corresponde:
Seleccione unha:
a. Á Administración á que se lle conferiu a delegación ou á Administración delegante, de xeito
indistinto
b. Á Administración á que se lle conferiu a delegación
c. Á Administración que execute o acto
d. Á Administración delegante

Cal das seguintes afirmacións é correcta:


Seleccione unha:
a. A anulabilidade é a excepción no Dereito Administrativ, e a nulidade de pleno dereito é a regla
xeral
b. O defecto de forma só determinará a anulabilidade cando o acto careza dos requisitos formais
indispensables para acadar o seu fin ou dea lugar á indefensión dos interesados
c. A realización das actuacións administrativas fóra do tempo establecido para elas nunca implicará
a anulabilidade do acto
d. Son anulables os actos que incorran en calquera infracción do ordenamento xurídico, coa
salvidade da desviación de poder

O procedemento de declaración de lesividade:


Seleccione unha:
a. Esixe a previa audiencia de todos os interesados
b. Pode referirse ás disposicións administrativas de carácter xeral
c. Pode iniciarse de oficio ou a instancia de parte
d. Exclúe a posibilidade da adopción da medida provisional da suspensión da execución do acto

É posible revogar un acto producido por silencio administrativo negativo?


Seleccione unha:

a.Carece de sentido, na medida en que a Administración pode ditar un acto expreso posterior
estimando a solicitude
b. Non, agás que o acto esté prescrito
c. Non, porque a resolución expresa posterior á produción do acto só se poderá ditar se for
confirmatoria deste
d.Si, sempre que non transcorra o prazo de prescrición

¿En qué se diferencia o recurso extraordinario por erros de feito que resulte dos propios
documentos incorporados ao expediente da rectificación de erros?
Seleccione unha:
a.A estimación do segundo dá lugar a anulación do acto e a estimación do primeiro dá lugar a súa
conservación
b.O recurso extraordinario por erros de feito que resulte dos propios documentos incorporados ao
expediente soamente pode instancia de parte, en tanto que a rectificación de erros soamente pode
iniciarse de oficio
c.O recurso extraordinario por erros de feito que resulte dos propios documentos incorporados ao
expediente soamente pode iniciarse de oficio, en tanto que a rectificación de erros soamente pode
producirse a instancia de parte
d. A estimación do primeiro dá lugar a anulación do acto e a estimación do segundo dá lugar a súa
conservación
¿Quén está lexitimado para solicitar a revogación dun acto administrativo?
Seleccione unha:
a.Os mesmos que estén lexitimados para interponer recursos contra o acto de que se trate
b.A administración autora do acto
c.As administración públicas
d.O interesado no procedemento

¿É posible revogar un acto producido por silencio administrativo positivo?


Seleccione unha:
a.Non, agás que o acto esté prescrito
b.Si, sempre que non transcorra o prazo de prescrición
c.Non, porque a resolución expresa posterior á produción do acto só se poderá ditar se for
confirmatoria deste.
d.Si, porque a Administración tem a obriga de responder a todas as solucitudes formuladas polos
interesados

A rectificación de erros diferenciase da revogación en que


Seleccione unha:

a.Todas as respostas son correctas


b.A rectificación supón a conservación da validez e eficacia do acto
c.A rectificación soamente pode afectar a actos desfavorables e a revogación soamente pode
afectar actos favorables
d.A revogación pode afectar a disposicións de carácter xeral e a rectificación soamente pode
afectar a actos

As leis e disposicións de carácter xeral:


Seleccione unha:
a.Poden ser obxeto de derogación por innecesariedade
b.Poden ser obxeto de revogación e rectificación de erros materiais
c.Poder ser obxeto de revogación
d Poder ser obxeto de rectificación de erros materiais

A Administración pode revogar os seus propios actos cando:


Seleccione unha:
a.Se trate de actos favorables aos interesados
b.Non transcorrese o prazo de prescripción
c.O acto administrativo sexa anulable e lesivo para o interese público
d.O acto administrativo esté viciado de nulidade de pleno dereito
Cál destes actos é susceptible de ser obxecto de revogación:
Seleccione unha:

a.Concesión dunha subvención


b.Sanción de tráfico
c.Licenza para o exercicio dunha actividade
d.Concesión da nacionalidade española

¿Cál é o procedemento para a revogación dos actos administrativos?


Seleccione unha:

a.O procedemento de declaración de lesividade dos actos administrativos


b.O procedemento administrativo común previsto na Lei 39/2015
c.O procedemento de revisión de oficio, con audiencia previa e ditame do Consello
Consultivo de Galicia
d.A revogación e rectificación de erros regúlanse nun mesmo precepto e teñen idéntico
procedemento de tramitación

¿Quén está lexitimado para solicitar a rectificación de erros materiais ou aritméticos


producidos nun acto administrativo?
Seleccione unha:
a.Unicamente os destinatarios do acto
b.Unicamente a administración pública que ditou o acto
c.As administración públicas, de oficio ou a instancia de parte, poderán retificar os erros
materiais ou aritméticos producidos nos seus actos
d.As administración públicas pero non os particulares

As causas polas que se pode interpoñer recurso de reposición son:


a.Causas de anulabilidade que afecten o acto impugnado.
b.Causas de nulidade que afecten o acto impugnado.
c.Calquera desacordo sobre o fondo do asunto.
d.Causas de nulidade e de anulabilidade que afecten o acto impugnado.

Cando o acto que se pretende impugnar non esgota a vía administrativa, pero é un acto
presunto (opera o silencio administrativo):

a.Pódese acudir directamente á vía xudicial, pero o proceso sería arquivado no caso de que a
Administración ditase resolución.
b.É preciso expor recurso de alzada antes de ir á vía contencioso-administrativa.
c.Pódese acudir directamente á vía xudicial.
d.É preciso expor recurso de reposición antes de ir á vía contencioso-administrativa.
Indique cal das seguintes afirmacións é a correcta:

a.O recurso de alzada debe interpoñerse ante o órgano que emitiu o acto que se recorre e,
simultaneamente, ante o órgano xerarquicamente superior ao que emitiu o acto que se
recorre.
b.O recurso de alzada debe interpoñerse ante o órgano xerarquicamente superior ao que
emitiu o acto que se recorre.
c.O recurso de alzada pode interpoñerse, de maneira indistinta, ante o órgano que emitiu o
acto que se recorre ou ante o órgano xerarquicamente superior ao que emitiu o acto que se
recorre.
d.O recurso de alzada debe interpoñerse ante o órgano que emitiu o acto que se recorre.

Indique cal é a afirmación correcta entre as seguintes:


a.O recurso de alzada exponse fronte ás resolucións administrativas non firmes que non
poñen fin á vía administrativa.
b.O recurso de reposición exponse fronte ás resolucións administrativas que foron recorridas
en alzada, e con el ponse fin á vía administrativa.
c.O recurso de alzada exponse fronte ás resolucións administrativas que foron recorridas en
reposición, e con el ponse fin á vía administrativa.
d.O recurso de alzada exponse fronte ás resolucións administrativas non firmes que poñen
fin á vía administrativa.

Indique cal é o órgano competente para resolver o recurso de reposición:


a.A Comisión Autonómica de resolución de recursos administrativos.
b.O mesmo órgano que ditou o acto que se recorre.
c.O superior xerárquico ao órgano que ditou o acto que se recorre.
d.O xulgado do contencioso-administrativo competente por razón de territorio.

O órgano competente para resolver o recurso de alzada é:


a.O superior xerárquico a aquel que ditou o acto que é obxecto de recurso.
b.O mesmo que ditou o acto que é obxecto de recurso.
c.O tribunal administrativo autonómico que asumise dita competencia.
d.A persoa que ocupe o cargo de conselleiro/a, ministro/a do ramo correspondente.

O prazo de que dispón o órgano competente para resolver o recurso de reposición é:


a.1 mes.
b.6 meses.
c.3 meses.
d.2 meses.

O prazo para a interposición do recurso de alzada será de:


a.1 mes, se o acto recorrido é expreso.
b.En calquera momento tras a resolución ditada.
c.2 meses.
d.1 mes, en todo caso.

Que o recurso de reposición sexa potestativo significa que:


a.A persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición contra a resolución e,
simultaneamente, impugnala ante a xurisdición contencioso-administrativa.
b.A súa finalidade é repoñer as situacións xurídicas na situación anterior ao procedemento,
polo que só pode ser articulado cando concorran causas de nulidade de pleno dereito.
c.A persoa interesada pode optar entre interpoñer recurso de reposición contra a resolución,
ou ben, alternativamente, impugnala ante a xurisdición contencioso-administrativa.
d.O órgano que resolve o recurso carece de auctoritas, aínda que conta coa “potestas”.

Unha vez interposto recurso de reposición contra un acto administrativo:

a.O interesado poderá acudir á vía xudicial en calquera momento.


b.O interesado só poderá acudir á vía xudicial cando a Administración ditase resolución
expresa, ou ben se produciu a súa desestimación presunta por silencio.
c.O interesado só poderá acudir á vía xudicial se se produce a desestimación presunta por
silencio do recurso interposto.
d.O interesado só poderá acudir á vía xudicial cando a Administración ditase resolución
expresa.

Quen será competente para a resolución do recurso extraordinario de revisión, segundo indica o
artigo 125.1 da LPAC,
Seleccione unha:

a.O órgano administrativo que ditou os actos firmes en vía administrativa


b.O superior jerárquico do órgano que os tiña ditado,
c.Exclusivamente os tribunais do orde xurisdiccional contencioso-administrativo
d.O órgano administrativo que os ditou ou o seu inmediato xerarquico

O recurso extraordinario de revisión poderase interpoñer contra os actos firmes en vía


administrativa cando na resolución influirán esencialmente documentos ou testimonios decrarados
falsos,
Seleccione unha:

a.Por sentenza xudicial firme e só no caso de que sexa posterior á resolución


b.Por sentenza xudicial firme, anterior ou posterior a aquela resolución
c.Por sentenza provisional ou firme e só no caso de que se sexa posterior á resolución
d.Por sentenza xudicial firme e únicamente no caso de que sexa anterior á resolución

En cal dos seguintes casos, o recurso extraordinario de revisión interporase dentro do prazo de catro
anos seguintes á data da notificación da resolución impugnada:
Seleccione unha:

a.Que na resolución influísen esencialmente documentos ou testemuños declarados falsos por


sentenza xudicial firme, anterior ou posterior a aquela resolución
b.Que aparezan documentos de valor esencial para a resolución do asunto que, aínda que sexan
posteriores, evidencien o erro da resolución impugnada
c.Que ao ditalos se incorrese en erro de feito que resulte dos propios documentos incorporados ao
expediente
d.Que a resolución se ditase como consecuencia de prevaricación, suborno, violencia, maquinación
fraudulenta ou outra conduta punible e se declarase así en virtude de sentenza xudicial firme

Conforme ao artigo 126.2, o órgano ao que corresponde coñecer do recurso extraordinario de


revisión:
Seleccione unha:

a.Ten que pronunciarse sobre a procedencia do recurso e sobre o fondo da cuestión resolta polo acto
recurrido
b.Debe pronunciarse non so sobre a procedencia do recurso, senón tamén e en todo caso sobre o
fondo da cuestión resolta polo acto recurrido
c.Debe pronunciarse non so sobre a procedencia do recurso, senón tamén, no seu caso, sobre o
fondo da cuestión resolta polo acto recurrido
d.Deberá pronunciarse so sobre a procedencia do recurso, senón tamén, no seu caso, sobre o fondo
da cuestión resolta polo acto recurrido

O artigo 125.1 dispón que o recurso extraordinario de revisión poderase interponer:


Seleccione unha:
a.Ante o superior órgano administrativo que o ditou
b.Contra os actos firmes ou provisionais en vía administrativa cando concorran determinadas
circunstancias
c.Contra calquera acto firme en vía administrativa
d.Contra os actos firmes en vía administrativa cando concorran determinadas circunstancias

Segundo o artigo 126.3, transcorrido o prazo de tres meses dende a interposición do recurso
extraordinario de revisión sen terse ditado e notificado a resolución, entenderase desestimado,
Seleccione unha:

a.E se abrirá o prazo dun mes para a presentación de alegacións


b.Non cabendo recurso algún en vía administrativa ou xudicial
c.Quedando expedita a vía xurisdiccional contencioso-administrativa
d.Quedando expedita a vía xurisdiccional que considere o interesado

Segundo o artigo 126.1 o órgano competente para a resolución do recurso poderá acordar
motivadamente a inadmisión a trámite cando o mesmo non se funde en alguna das causas previstas
no artigo 125.1 ou no suposto de que se tivesen desestimado en canto al fondo outros recursos
sustancialmente iguales:
Seleccione unha:
a.Con ditame preceptivo do Consejo de Estado ou órgano consultivo da Comunidade Autónoma,
b.Sen necesidade de recabar ditame do do Consejo de Estado ou órgano consultivo da Comunidade
Autónoma,
c.Sen necesidade de recabar ditame do órgano administrativo superior.
d.Con necesidade de recabar autorización do órgano administrativo superior

O recurso extraordinario de revisión interporase, cando se trate da causa a) do artigo 125.1,:


Seleccione unha:
a.Dentro do prazo de catro anos seguintes á data da notificación da resolución impugnada.
b.Dentro dos dous meses seguintes seguintes á data da notificación da resolución impugnada
c.Dentro do mes seguinte á data da notificación da resolución impugnada
d.Dentro dos tres meses seguintes seguintes á data da notificación da resolución impugnada

En cal das seguintes circunstancias poderase interpoñer recurso extraordinario de revisión, segundo
o artigo 125.1 da LPAC:
Seleccione unha:

a.Contra os actos firmes en vía administrativa e que a resolución se ditara como consecuencia de
prevaricación, cohecho, violencia, maquinación fraudulenta, ou outra conduta punible e así se
declarara en virtud de sentenza xudicial firme ou provisional

b.Contra os actos firmes en vía administrativa e que a resolución se ditara como consecuencia de
prevaricación, cohecho, violencia, maquinación fraudulenta, erro material ou outra conduta punible
e así se estime polo órgano que ditou a resolución

c.Contra os actos firmes en vía administrativa e que a resolución se ditara como consecuencia de
prevaricación, cohecho, violencia, maquinación fraudulenta, ou outra conduta punible e así se
estime polo órgano que ditou a resolución

d.Contra os actos firmes en vía administrativa e que a resolución se ditara como consecuencia de
prevaricación, cohecho, violencia, maquinación fraudulenta, ou outra conduta punible e así se
declarara en virtud de sentenza xudicial firme

Segundo o artigo 125.3, o establecido no presente artigo:


Seleccione unha:

a.Perxudica o dereito dos interesados a formular a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos
106 e 109.2 da Lei
b.Non perxudica o dereito dos interesados a formular a solicitude e a instancia a que se refiren os
artigos 106 e 109.2 da presenten Lei nin o seu dereito á que as mesmas se sustancien e resolvan
c.Non inflúe na interposición do recurso contencioso-administrativo
d.Pon fin á vía administrativa

You might also like