You are on page 1of 2

UT.6. A REPRESENTACIÓN DOS TRABALLADORES. CONFLITO E TRABALLO EN EQUIPO.

CUESTIONARIO 6

1. Indica o tipo de representación unitaria que deberían ter as seguintes empresas:


 Unha papelería con 8 traballadores.
 Unha tenda de moda con 22 traballadores.
 Uns grandes almacenes con 100 traballadores.
 Un supermercado con 2400 traballadores.
 Empresa con 120 traballadores.
2. Nun centro de traballo de 300 traballadores, a empresa decide trasladar a outro centro situado en
Melilla a un delegado de persoal, especialmente reivindicativo, a pesar de que hai outros
traballadores da súa mesma categoría profesional aos que podería trasladar. É correcta a actuación
do empresario?
3. Que diferenza hai entre un delegado sindical e un delegado de persoal?
4. Doce traballadores dunha empresa integrada por 420 traballadores deciden afiliarse a un mesmo
sindicato. Poden celebrar elección sindicais? Pódese despedir a un delegado sindical? Por que?
5. Cesáreo é perruqueiro, traballa como autónomo e, no seu establecemento, ten ao seu servizo a dous
traballadores. Pode Cesáreo afiliarse a un sindicato? E os autónomos ao seu servizo?
6. Unha empresa ten que trasladar a 10 traballadores do seu centro de Cádiz (con 15 traballadores) ao
seu centro de A Coruña por motivos económicos. Entre os traballadores deciden incluír ao seu
delegado de persoal. É correcto?
7. Poden afiliarse a un sindicato un traballador autónomo, un estranxeiro, un funcionario, un parado e
un policía?
8. Nunha empresa integrada por 100 traballadores, 20 dos seus membros organizan unha reunión para
votar si convocan ou non unha folga, co obxectivo de pedir un aumento de soldo. Consideran que o
salario acordado polo convenio colectivo aínda vixente, é moi baixo na actualidade, (a pesar de que
foi aumentando conforme ao IPC, tal e como se pactou no propio convenio). Poden estes
traballadores convocar unha folga si así se decide na reunión convocada? É válido o motivo polo cal
queren ir a folga?
9. Das seguintes situacións, indica cales son propias dos equipos de traballo que funcionan
eficientemente:
 Teñen unha estrutura xerárquica moi ríxida, onde os xefes ordenan e os empregados
limítanse a obedecer.
 Os integrantes participan de forma real e traballan de forma coordinada.
 Os traballadores realizan o seu traballo para cumprir uns obxectivos persoais, sen ter en
conta o obxectivo común.
 Os membros do grupo teñen un rol determinado para alcanzar uns fins concretos e
coñecidos por todos.
10. Que é un comportamento asertivo? Pon un par de exemplos.
11. Clasifica como agresivos, asertivos ou pasivos os seguintes comportamentos:
 Ton de voz arrogante, sarcástico, condescendente.
 Man nerviosas, ombros caídos e movementos crispados.
 Cabeza alta e contacto visual.
 Ombros encollidos.
 Ton de voz modulado.
 Mans relaxadas.
 Utilizar o dedo acusador.
 Mirar cara abaixo.
 Falar moi alto.
 A moi curto prazo, consegue o que quere, pero a longo prazo pode sentir soidade.
 Utilizar expresións como “por culpa….”, “mais vale ….”, “sempre igual….”.
 Preguntar: “Que pensas?”, “Que opinas?”, “Que che parece?”.
12. Indica que é a estratexia e que elementos interveñen nela.

CM OPERACIÓNS DE LABORATORIO Formación e orientación laboral 1


UT.6. A REPRESENTACIÓN DOS TRABALLADORES. CONFLITO E TRABALLO EN EQUIPO.

13. Indica as consecuencias dun conflito mal manexado.


14. Que ocorre cando o límite se saída e o límite de ruptura dos negociadores non coinciden?
15. Cuestións:
1. A representación colectiva unitaria dos 5. O esforzo coordinado dos seus
traballadores…. compoñentes coñécese como:
a. Efectúase a través dos delegados sindicais a. Asertividade.
e o comité de empresa. b. Sinerxia.
b. Realízase a través das seccións sindicais e c. Agresividade.
dos delegados de persoal. d. Amiguismo.
c. Concrétase en delegados de persoal e e. Ningunha é correcta.
comité de empresa, en función do 6. Como se chama o procedemento de
número de centros de traballo na resolución se conflitos onde un terceiro
empresa. neutral, que fai de testemuña, nin resolve
d. Efectúase a través dos delegados de nin propón solución, senón que invita as
persoal e o comité de empresa. partes a facelo.
e. Ningunha é correcta. a. Mediación.
2. Sinala a resposta correcta. b. Conciliación.
a. Os funcionarios están excluídos do ámbito c. Arbitraxe.
da Lei Orgánica de Liberdade Sindical. d. Negociación.
b. Un xuíz pode afiliarse a un sindicato. e. Ningunha é correcta.
c. Os xubilados non poden afiliarse a un 7. A etapa da negociación onde se tentea á
sindicato. outra parte coñécese como…
d. A Garda civil ten o mesmo sindicato que a. Planificación.
os fiscais. b. Discusión.
e. Ningunha é correcta. c. Toma de contacto.
3. En caso de folga: d. Acercamento de posturas e peche.
a. Os traballadores cobran o soldo. e. Ningunha é correcta.
b. Os contratos quedan en suspenso. 8. O límite de ruptura na negociación é…
c. Comunícase con tres días naturais de a. Zona onde se poden alcanzar os acordos.
antelación as empresas afectadas e a b. Obxectivo real.
autoridade laboral. c. Obxectivo máximo a alcanzar.
d. Calquera traballador pode declarar unha d. Obxectivo mínimo a conseguir.
folga. e. Ningunha é correcta.
e. Ningunha é correcta.
4. Sinala a resposta correcta:
a. En caso de folga non é preciso o
abandono do posto de traballo.
b. Durante o peche da patronal os
traballadores non cobran o seu salario.
c. O dereito á folga recoñécese de forma
colectiva, o que significa que cada
traballador decide libremente si se suma
ou non a unha folga que lle afecte, e
implica que ningún traballador pode
renunciar a este dereito por acordo
contractual.
d. Cando se convoca unha folga é obriga dos
delegados facela.
e. Ningunha é correctas.

CM OPERACIÓNS DE LABORATORIO Formación e orientación laboral 2

You might also like