You are on page 1of 18

O contrato de traballo

 O contrato de traballo
 Capacidade para contratar
 Elementos esenciais do contrato de traballo
 Forma e contido do contrato
 Período de proba
 Duración do contrato de traballo
 Actividades excluídas do Dereito laboral
 Relacións laborais de carácter especial
 Dereitos e deberes laborais
 ETT
 Empresas privadas de colocación
O contrato de traballo
 DEF: Acordo entre dúas persoas, polo que unha
delas comprométese a prestar determinados
servicios baixo a dirección e organización do
empresario, percibindo a cambio unha retribución.
 Suxeitos relación laboral:
1. Traballador: persoa física que desenvolven o seu
labor voluntariamente baixo a organización e
dirección do empresario, cedendo os froitos do seu
traballo a cambio dunha retribución.
2. Empresario: persoa física, xurídica ou comunidade
de bens que reciben esa prestación de servicios,
pagando por elo un salario.
Capacidade para contratar

 Traballador :
1. Maior de dezaoito anos
2. Menores emancipados, ou que vivan independentes
dos seus pais
3. Menores de dezaoito e maiores de dezaseis, ou
incapacitados que lle autorizen os pais ou titores.
Esta autorización é so para entrar a traballar, despois
para exercer os dereitos derivados da relación
laboral, incluido “ marchar da empresa” non precisa
complemento de capacidade
4. Estranxeiros de acordo o disposto na súa
lexislación.
Capacidade para contratar
 Empresario
 Pode ser empresario unha persoa física ou
xurídica
 Persoas xurídica adquirese coa inscripción no
Rexistro Mercantil da escritura de constitución
da socidede
 Persoa física: se é incapacitado ou menor de
idade, precisa complementar a súa
persoalidade salvo as emancipacións.
Elementos esenciais do contrato
 CONSENTEMENTO: O contrato realízase de
mutuo acordo, prestado LIBREMENTE, entre
as partes que interveñen no contrato
 OBXECTO: é a actividade do traballador
 CAUSA: Cesión dos froitos do traballo a
cambio dunha retribución.
FORMA DO CONTRATO
 Pódese facer por escrito ou de palabra. Se non se realiza de
forma escrita enténdese celebrado por tempo indefinido e a
xornada completa salvo proba en contrario
 Deben facerse por escrito cando así o estableza unha
disposición legal e obrigatoriamente os seguintes:
1. Contratos formativos
2. Fomento da contratación indefinida
3. Contratos a tempo parcial, relevo e fixo discontinuo
4. Traballo a domicilio
5. Tempo determinado duración superior a catro semanas
6. Contratos de inserción
FORMA DO CONTRATO
 CONTIDO MÍNIMO
 Non establecido de xeito riguroso pola lei
 Deberá figurar:
1. Lugar e data
2. Identificación das partes
3. Denominación e categoría do posto
4. Lugar de traballo
5. Tempo de traballo, vacacións
6. Duración, data de comenzo e período de proba de existir
7. Retribución
8. Prazo de preaviso
9. Convenio que regula a relación.
FORMA DO CONTRATO
 Outras cláusulas:
1. Confidencialidade
2. Non concurrencia ou competencia desleal
3. Non competencia ( extinguido o contrato)
4. Permanencia
5. Dedicación plena
PERÍODO DE PROBA
 Def: tempo de duración determinada que
poden pactar empresario e traballador co
obxecto de que ambas partes comproben a
conveniencia da contratación
 Obligatoriamente ten que porse por escrito.
PERÍODO DE PROBA
 Duración máxima:
 Contrato temporal: o periodo de proba non poderá
durar mais dun mes
 A establecida no convenio colectivo
 A falta da anterior
 Técnicos titulados: 6 meses
 Demáis traballadores: Dous meses e en empresas de
menos de vintecinco traballadores o período de proba
no poderá exceder de tres meses
PERÍODO DE PROBA
 DEREITOS:
 Ten os mesmos dereitos e obrigas que o resto
dos traballadores, só que durante este período
calquera das partes pode romper o contrato sen
preaviso e sen indemnización para o traballador
 É nulo calquer pacto que estableza un período
de proba cando o traballador xa desempeñara as
mesmas funcións na empresa con anterioridade
baixo calquera modalidade de contratación.
DURACIÓN DO CONTRATO
 O contrato de traballo poderá celebrarse por tempo indefinido
 So admite a temporalidade (non superior a seis meses) nas
circusntancias previstas no artigo 15 :
-Circunstancias de producción justificadas
-Interinidade
 Os contratos que non se axusten os supostos anteriores e se contraten
con carácter temporal presumiranse indefinidos.
 Consideraranse indefinidos os traballadores que non fosen dados de alta
na SS nun período superior o que se lle podería poñer como período de
proba salvo que da propia actividade non se deduza a natureza temporal
da mesma
ACTIVIDADES EXCLUIDAS DO
DEREITO LABORAL
1. Traballo dos funcionarios públicos
2. Prestacións persoais obrigatorias
3. Traballos amistosos, benevolencia ou boa
vecindade
4. A actividade de conselleiros de sociedades
sempre que non desempeñen outras funcións
5. Traballos familiares
6. Comisionistas que respondan do bo fin da
operación
RELACIÓNS LABORAIS DE
CARÁCTER ESPECIAL
 Actividades laborais con características
especiais e que, polo tanto, teñen unhas
normas especiais
 Exemplos:
1. Persoal alta dirección
2. Penados en institucións penitenciarias
3. Empregadas o servicio do fogar familiar
4. Deportistas profesionais….
DEREITOS E DEBERES
LABORAIS
 A cada dereito do traballador corresponde unha obriga do
empresario e viceversa
 Dereitos básicos: traballo e libre elección de profesión, libre
sindicación, negociación colectiva, reunión, folga….
 Dereitos en relación co traballo: ocupación efectiva, promoción
e fp no traballo, integridade física e moral, intimidade,
percepciòn puntual do salario, non discriminación….
 Obrigas: cumprir as obrigas do posto de traballo con arreglo á
boa fe, observar medidas de seg e hix, cumplir as ordes do
empresrio…
 Obrigas específicas do empresario: afiliar e dar de alta na SS o
traballador, comunicar o INEM os contratos, cotizar a SS
DEREITOS E DEBERES
LABORAIS
 Poder disciplinario: facultad que ten o empresario para
sancionar o traballador polas faltas cometidas
 Tipos de faltas: leves, graves e moi graves
 Prazo para amonestar: as leves 10 días, as graves 20 días e as
moi graves 60 días, desde que o empresario tivo coñecemento.
En todo caso as faltas prescriben os seis meses da súa
comisión
 Non se poden impoñer sancións que consistan na reducción
das vacacións, ou económicas, pero sí se poden impoñer
suspensións de emprego e soldo. Outro tipo se sancións:
amonestación verbais ou escritas, trasalados forzosos,
inhabilitación para o ascenso, ata chegar o despido
ETT
 Empresa cuia actividade consiste en poñer a
disposición doutra empresa (denominada usuaria)
con carácter temporal traballadores. Esta cesión
faise a través do denominado contrato de posta a
disposición. A situación que permiten estes
contratos
1. Acumulación de tarefas
2. Interinidade
3. Obra ou servicio
 Non se poden celebrar contratos de posta a
disposicion en caso de folga, para cedelos a outra
ETT.
AXENCIAS PRIVADAS DE
COLOCACIÓN
 Axencias promovidas por concellos,
sindicatos, fundacións… sen ánimo de lucro
 Actúan como simples intermediarias.

You might also like