You are on page 1of 13

UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS

UD3.- A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS


1.- CONCEPTO E NATUREZA.
As empresas necesitan para poder levar a cabo a súa actividade fundamentalmente tres
cousas:
 Capital. Precísase financiación, que se pode conseguir a través dos Bancos, Entidades
Financeiras ou Cooperativas de Crédito, o ben a través de aportacións doutros socios.
 Recursos. Entendendo como tales tanto ás materias primas ou mercadorías, como a
luz, auga, teléfono e demais servizos necesarios para poder desenvolver a actividade;
así como os bens de inversión que a empresa posúe (maquinaria, elementos de
transporte…)
 Traballo. Aquí referímonos á man de obra que necesitaremos para poder levar a cabo
a nosa actividade.
1.1 Capacidade para celebrar un contrato.
Debes ter moi en conta que as persoas que interveñen no contrato de traballo deben ter
a capacidade de traballar e contratar, para o que existen algunhas condicións, tal e como podes
ver a continuación:
Condicións necesarias para traballar e contratar.
 A partir de los 18 anos pódese traballar libremente.
 Con 16 e 17 anos requírese autorización dos pais ou
Traballador titores legais, ou estar emancipado. Aínda así, teñen
(persoa limitada a realización dalgunhas actividades, como
física) traballar en sitios perigosos ou penosos, ou a
realización de horas extraordinarias.
Idade  Non poden traballar os menores de 16 anos, salvo en
espectáculos públicos e previa autorización da
autoridade laboral.
 Actualmente non hai unha idade máxima por riba da
cal non se poda seguir traballando e a tendencia é
atrasar ao máximo posible a idade de xubilación
ordinaria con carácter voluntario.
Para o exercicio de determinadas profesións debe
Titulación
posuírse a titulación requirida.
Non ter ditaminado por sentencia xudicial a
Capacidade
incapacidade para traballar.
 Estranxeiros non comunitarios. Necesitan un permiso
de traballo.
Nacionalidade
 Estranxeiros comunitarios. Gozan do dereito de libre
circulación na Unión Europea.
 Poden contratar libremente:
Empresario  A partir dos 18 anos.
(persoa  Os maiores de 16 anos emancipados ou que
física ou Idade obtivesen o beneficio da maioría de idade
xurídica) concedido polo xulgado.
 Os menores non emancipados poden contratar
representados polo seu pai, nai ou titor.
Os incapacitados serán asistidos polo seu representante
Incapacidade
legal, segundo determine a sentencia xudicial.
1
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
1.2 Forma do contrato.
Cando se desexa celebrar un contrato de traballo, debes ter en conta que este se pode
celebrar de forma oral ou por escrito (art. 8 do ET). En calquera caso, a Lei entende que existe
contrato de traballo entre quen presta un traballo e quen o recibe a cambio dunha retribución.
Sen embargo, debes ter en conta que aínda que se poden celebrar contratos orais ou de
palabra, tanto a traballadora como a empresaria poden esixir en calquera momento da relación
laboral que o contrato se formalice por escrito.
O ET establece que nalgúns contratos se deben formalizar obrigatoriamente por escrito.
No caso de que o empresario non cumpra con este requisito, enténdese que o contrato celebrouse
a xornada completa e por tempo indefinido, salvo que a empresa poda probar a natureza
temporal do contrato ou o carácter a tempo parcial dos servizos.
1.3 Duración do contrato de traballo.
Esta é unha das cuestións esenciais que deben acordarse ao formalizar un contrato laboral.
O contrato de traballo realizado entre unha persoa traballadora e unha empresa pode ter
unha duración indefinida ou temporal.
A lexislación intenta restrinxir a temporalidade establecendo os límites de duración de estes
contratos e os supostos que deben darse para celebrar un contrato temporal (art. 15 ET):
1. Para realización dunha obra ou servizo determinado.
2. Cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos
o requiran.
3. Pola substitución de traballadores con dereito a reserva do posto de traballo.
Ademais, existen contratos con duración temporal para fomentar a inserción laboral dos
máis mozos sen cualificación profesional e para que o contratado poña en práctica os
coñecementos obtidos tras obter unha titulación: son os coñecidos como contratos formativos.
Todos eles teñen unhas duracións mínimas e/ou máximas previstas pola normativa, que
recolle tamén un límite xeral para evitar o encadeamento sucesivo de contratos temporais e o
abuso dos mesmos.
Para protexer ás persoas traballadoras e obrigar ás empresas a cumprir coas súas
obrigacións o ET establece que se presumirán celebrados por tempo indefinido cando:
 A forma escrita sexa obrigatoria e se celebre de forma verbal.
 Excédase o límite de encadeamentos de contratos temporais.
 Celébrense en fraude de lei (por exemplo: non haxa unha causa ou necesidade
temporal)
 Non se deu de alta ao traballador na Seguridade Social.
1.4 O período de proba.
Aínda que non é obrigatorio pactar un período de proba nun contrato de traballo,
posiblemente parecerache razoable facelo porque é un tempo durante o cal a empresa pode
confirmar se o persoal axústase ao traballo e o persoal comprobar se o que lle ofrece a empresa
é o que buscaba, ou se as condicións son as prometidas.
Isto supón que durante este tempo calquera das partes pode romper o contrato sen
necesidade de xustificalo e sen preaviso, salvo pacto en contrario. Tampouco dará dereito a
indemnización.

2
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
O ET prevé a posibilidade de pactar un período de proba (art. 14) e indica que:
 Debe fixarse por escrito.
 A persoa traballadora terá os dereitos e obrigacións correspondentes ao posto de
traballo que desempeñe como se fora do cadro da empresa.
 Non poderá pactarse un período de proba cando o traballador xa desempeñara as
mesmas funcións con anterioridade na empresa.
E que ocorre unha vez transcorrido e superado este período de proba? Pois que ese tempo
computarase como antigüidade da persoa traballadora na empresa.
Como é lóxico o período de proba debe ter unha duración concreta, que no caso de non
estar regulado no convenio colectivo, non poderá exceder dos seguintes prazos:
 Técnicos titulados: seis meses como máximo.
 Para os demais traballadores: dous meses como máximo, e nas empresas con
menos de 25 traballadores poderá ser de tres meses.
 Nos contratos temporais ata seis meses: un mes como máximo.
 Nos contratos para a formación en alternancia: non poderán ter período de
proba, e o convenio colectivo tampouco poderá establecelo.
As situacións de incapacidade temporal interromperan o cómputo do período de proba
sempre que haxa acordo entre o empresario e o traballador.
1.5 Elementos do contrato.
Os contratos de traballo, como os demais contratos, teñen tres elementos esenciais:
 Consentimento, ou acordo de vontades, o contrato realízase de mutuo acordo
entre o empresario e o traballador, sen violencia nin intimidación.
 Obxecto, ou o que se acorda, que é a prestación do servizo por parte do
traballador.
 Causa, ou polo que se chega a un acordo, onde se ceden os froitos do traballo a
cambio dunha remuneración.
Os contratos tamén constan de elementos accidentais, que aclaran os termos do
mesmo, e que no caso de omitirse, son regulados pola normativa vixente (salario, período de
proba, vacacións...)
No caso de que falte algún dos elementos esenciais, ou non cumpren co establecido na
Lei, entón o contrato é nulo. No caso de nulidade pódense dar dúas situacións diferentes:
 Nulidade parcial, neste caso só unha parte do contrato é nula, permanecendo válido
no restante, e completándose coa Lei ou o Convenio Colectivo a parte que resultou
nula.
 Nulidade total, neste caso o contrato non pode ser emendado de ningunha forma.

3
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
2.- MODALIDADES DE CONTRATACIÓN.
Cando desde unha empresa quérese iniciar unha relación laboral, o primeiro que ten que
facer é decidir cal é o contrato de traballo que máis lle convén asinar.
No seguinte esquema podes ver resumidas as modalidades de contratación máis
importantes na actualidade:

MODALIDADES
DE
CONTRATACIÓN

DE DURACIÓN DURACIÓN
INDEFINIDA DETERMINADA FORMATIVOS

ORDINARIO CIRCUNSTANCIAS DA PARA A FORMACIÓN


FIXO DESCONTINUO PRODUCIÓN EN ALTERNANCIA
 POR SUBSTITUCIÓN DA  OBTENCIÓN DA
PERSOA TRABALLADORA PRÁCTICA PROFESIONAL

2.1 Contratos indefinidos.


Son aqueles que non fixan unha data determinada para a súa finalización, é dicir, teñen
unha duración indefinida.
Poden ser:
 A tempo completo: se traballa a xornada completa.
 A tempo parcial: traballa menos horas (ao día, á semana ou ao ano)
das que son habituais nese posto de traballo. O salario é proporcional ao
número de horas traballadas.
 Fixo descontinuo: alterna períodos de traballo e non traballo na
empresa, e durante os períodos de traballo pode ser a tempo completo
ou parcial.
2.1.1 Contratos indefinido ordinario
Concepto:
É aquel que se concerta sen establecer límites de tempo na prestación dos servizos, canto
á duración do contrato é indefinida.
Non se esixe ningún requisito ao empresario nin ao persoal.
Forma:
O contrato de traballo indefinido poderá ser verbal ou escrito.

4
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
Teñen que realizarse obrigatoriamente de forma escrita:
 Os acollidos a programas de fomento de emprego.
 Os contratos a tempo parcial.
 Os fixos descontinuos.
 Os contratos de substitución.
 Os contratos de traballadores a distancia.
 Os contratados en España ao servizo de empresas españolas no extranxeiro.
 Os contratos dos pescadores.
 Os contratos indefinidos de persoas con discapacidade.
De non observarse a formalización por escrito cando sexa esixible, o contrato presumirase
celebrado por tempo indefinido e a xornada completa, salvo proba en contrario que acredite a
súa natureza temporal ou o carácter a tempo parcial dos servizos.
Calquera das partes poderá esixir que o contrato se formalice por escrito mesmo durante
o transcurso da relación laboral.
Tamén adquirirán a condición de traballadores fixos, calquera que fose a modalidade da
súa contratación, os que non fosen dados de alta na Seguridade Social, unha vez transcorrido un
prazo igual ao que legalmente puidese fixar para o período de proba, salvo que da propia natureza
das actividades ou dos servizos contratados dedúzase claramente a duración temporal dos
mesmos.
Xornada:
O contrato de traballo indefinido poderá celebrarse a xornada completa, parcial ou para a
prestación de servizos fixos descontinuos.
Considérase celebrado a tempo parcial cando se acorde a prestación de servizos durante
un número de horas ao día, á semana, ao mes ou ao ano inferior á xornada estipulada.
2.1.2 Contrato fixo descontinuo
Definición:
Está regulado no artigo 16 do Estatuto dos Traballadores.
1. O contrato por tempo indefinido fixo-descontinuo concertarase para realizar traballos
que teñan o carácter de fixos-descontinuos e non se repitan en datas certas, dentro do volume
normal de actividade da empresa.
Aos supostos de traballos descontinuos que se repitan en datas certas seralles de
aplicación a regulación do contrato a tempo parcial subscrito por tempo indefinido.
2. Os traballadores fixos-descontinuos serán chamados na orde e na forma que se
determine nos respectivos convenios colectivos, e o traballador poderá, en caso de
incumprimento, reclamar en procedemento de despedimento ante a xurisdición social. O prazo
para isto iniciarase desde o momento en que teña coñecemento da falta de convocatoria.
3. Este contrato deberase formalizar necesariamente por escrito no modelo que se
estableza e nel deberá figurar unha indicación sobre a duración estimada da actividade, así como
sobre a forma e a orde de chamamento que estableza o convenio colectivo aplicable. Farase
constar, igualmente, de maneira orientativa, a xornada laboral estimada e a súa distribución
horaria.
4. Os convenios colectivos de ámbito sectorial poderán acordar, cando as peculiaridades
5
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
da actividade do sector así o xustifiquen, a subscrición a tempo parcial dos contratos fixos-
descontinuos, así como os requisitos e especialidades para a conversión de contratos temporais
en contratos fixos-descontinuos.
2.2 Contratos temporais.
Definición:
O contrato temporal, é aquel que ten por obxecto o establecemento dunha relación laboral
entre empresario e traballador por un tempo determinado.
O contrato de traballo temporal poderá celebrarse a xornada completa ou parcial.
O contrato de traballo temporal formalizarase por escrito, poderá ser verbal cando na
situación de eventual por circunstancias da produción a duración do mesmo sexa inferior a catro
semanas e a xornada completa.
Contrato temporal de duración determinada
Entre estes contratos temos:
 Eventual por circunstancias da produción.
 De substitución de persoa traballadora.
2.2.1 Contrato por circunstancias da produción
Obxecto:
Son circunstancias da produción:
A) O incremento ocasional e imprevisible e as oscilacións que, aínda tratándose da
actividade normal da empresa, xeran un desaxuste temporal entre o emprego estable e dispoñible
e o que se require, sempre que non respondan aos suposto incluídos no artigo 16.1 ET (ver
contrato fixo-descontinuo), e tamén está incluído as vacacións.
B) Tamén para atender situacións ocasionais previsibles e que teñan unha duración
reducida e determinada. As empresas só poderán utilizar este contrato un máximo de 90 días no
ano natural.
Duración:
A duración máxima deste contrato será de seis meses.
Xornada:
Poderá concertarse a tempo completo ou a tempo parcial.
Forma:
Formalizarase por escrito.
Extinción:
O contrato eventual por circunstancias da produción extinguirase, previa denuncia de
calquera das partes, pola expiración do tempo convido.
Indemnización:
Á finalización do contrato, chegado a termo, o traballador terá dereito a recibir unha
indemnización de doce días de salario por cada ano de servizo.
2.2.2 Contrato por substitución da persoa traballadora.
Obxecto:
Substituír a traballadores con dereito a reserva do posto de traballo, en virtude de norma,
6
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
convenio colectivo ou acordo individual, ou para cubrir temporalmente un posto de traballo
durante o proceso de selección ou promoción para a súa cobertura definitiva.
Duración:
Cando o contrato se realice para cubrir temporalmente un posto de traballo durante o
proceso de selección ou promoción para a súa cobertura definitiva, a duración será a do tempo
que dure o proceso de selección ou promoción para a cobertura definitiva do posto, sen que
poida ser superior a tres meses nin celebrarse un novo contrato co mesmo obxecto unha vez
superada dita duración máxima.
Cando o contrato se celebre para a substitución dunha persoa con dereito a reserva de
posto de traballo, sempre que se especifique no contrato o nome da persoa substituída e a causa
da substitución. En tal suposto, a prestación de servizos poderá iniciarse antes de que se produza
a ausencia da persoa substituída, coincidindo no desenvolvemento das funcións o tempo
imprescindible para garantir o desempeño adecuado do posto e, como máximo, durante quince
días.
Xornada:
Deberá celebrarse a xornada completa excepto en dous supostos:
a) Cando o traballador substituído estivese contratado a tempo parcial ou se trate de
cubrir temporalmente un posto de traballo cuxa cobertura definitiva se vaia a
realizar a tempo parcial.
b) Cando o contrato se realice para complementar a xornada reducida dos
traballadores que exerciten o dereito recoñecido no artigo 37 , apartados 4 , 5 e 6
do Estatuto dos Traballadores. Ou naqueloutros supostos en que, de conformidade
co establecido legal ou convencionalmente, acordouse unha redución temporal da
xornada do traballador substituído, así como nos supostos en que os traballadores
gocen a tempo parcial do permiso de maternidade, adopción ou acollemento,
preadoptivo ou permanente.
Forma:
O contrato deberá formalizarse sempre por escrito e deberá especificar con precisión e
claridade o carácter da contratación, identificar o traballador substituído e a causa da substitución
e, no seu caso, o posto de traballo cuxa cobertura definitiva se producirá tras o proceso de
selección externa ou promoción interna.
Extinción e denuncia:
O contrato de interinidade extinguirase, previa denuncia de calquera das partes, cando se
produza calquera das seguintes causas:
 A reincorporación do traballador substituído.
 O vencemento do prazo legal ou convencionalmente establecido para a
reincorporación.
 A Extinción da causa que deu lugar á reserva do posto de traballo.
 O transcurso do prazo de tres meses nos procesos de selección ou promoción para
a provisión definitiva de postos de traballo ou do prazo que resulte de aplicación
nos procesos de selección nas administracións públicas.
Os contratos de substitución que teñan establecida legal ou convencionalmente unha
duración máxima e que se concertaron por unha duración inferior á mesma entenderanse
prorrogados tacitamente, ata a correspondente duración máxima, cando non mediase denuncia
7
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
ou prórroga expresa antes do seu vencemento e o traballador continuase prestando servizos.
2.3 Contratos formativos.
Definición:
Está definido no artigo 11.2 do E.T.:
O contrato para a formación e a aprendizaxe terá por obxecto a cualificación profesional
dos traballadores nun réxime de alternancia de actividade laboral retribuída nunha empresa con
actividade formativa recibida no marco do sistema de formación profesional para o emprego ou
do sistema educativo.
Estas modalidades de contratos formativos pretenden lograr a formación en
alternancia do traballador ben no aspecto teórico, no práctico ou en ambos coa finalidade de
conseguir a inserción no mercado de traballo dos colectivos aos que vai destinado, principalmente
mozos.
O ET regula as condicións e límites xerais destes contratos (art. 11) establecendo varias
posibilidades segundo a formación e cualificación da persoa traballadora:
Hai dúas modalidades:
 Contrato para a formación en alternancia.
 Contrato formativo para a obtención da práctica profesional.
2.3.1 Contrato para formación en alternancia.
Obxecto:
Esta modalidade contractual configúrase como un instrumento destinado a favorecer a
inserción laboral e a formación das persoas novas, nun réxime de alternancia de actividade laboral
retribuída nunha empresa con actividade formativa recibida no marco do sistema de formación
profesional, os estudos universitarios ou o Catálogo de especialidades formativas do Sistema
Nacional de Emprego.
Expirada a duración do contrato para a formación e a aprendizaxe, o traballador non
poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa salvo que a
formación inherente ao novo contrato teña por obxecto a obtención de distinta cualificación.
Forma:
A formalización destes contratos deberá constar por escrito.
Requisitos:
Poderase celebrar este contrato con persoas que carezan da cualificación profesional
recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para
a obtención da práctica profesional. Ou que, aínda tendo estudos de formación profesional ou
universitaria posúan outra titulación sempre que no tivese outro contrato formativo previo do
mesmo nivel formativo e do mesmo sector produtivo.
Pódense realizar con maiores de dezaseis anos e menores de trinta anos se teñen
certificados de profesionalidade de nivel 1 ou 2.
Non caso de certificados de profesionalidade de nivel 3 non se aplicará o límite de 3 anos.
Duración:
A duración mínima do contrato será a prevista no correspondente plan ou programa
formativo, cun mínimo de 3 meses e un máximo de 2 anos e poderá ser mediante un só
contrato de forma non continuada ao largo de diversos períodos anuais coincidentes cos estudos,
8
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
de estar previsto no plan ou programa formativo. Se o contrato tiña unha duración inferior á
máxima legal establecida, e non se houbera obtido o título, certificado... poderá prorrogarse
mediante acordo das partes ata a obtención do título, certificado...
Xornada, período de proba:
A xornada dos contratos de formación en alternancia será a suma do tempo de traballo
efectivo na empresa e do tempo de formación teórica. Sen prexuízo de que dita suma poida
resultar inferior á duración máxima da xornada ordinaria, estes contratos entenderanse
asimilados a contratos a tempo completo. En todo caso, o tempo de traballo efectivo non poderá
ser superior ao 65 por cento, durante o primeiro ano, ou ao 85 por cento, durante o segundo, da
xornada máxima prevista no convenio colectivo de aplicación na empresa, ou, na súa falta, da
xornada máxima legal.
Nos supostos en que a xornada diaria de traballo inclúa tanto tempo de traballo efectivo
como actividade formativa, os desprazamentos necesarios para asistir ao centro de formación
computarán como tempo de traballo efectivo non retribuído.
As persoas contratadas con contrato de formación en alternancia non poderán realizar
horas complementarias nin horas extraordinarias, salvo no suposto previsto no artigo 35.3. do
Estatuto dos Traballadores. Tampouco poderán realizar traballos nocturnos nin traballo a
quendas.
Non poderá establecerse período de proba nestes contratos.
Retribución:
A retribución será a establecida para estes contratos no convenio colectivo de aplicación.
En defecto de previsión convencional, a retribución non poderá ser inferior ao sesenta por cento
o primeiro ano nin ao setenta e cinco por cento o segundo, respecto da fixada en convenio para
o grupo profesional e nivel retributivo correspondente ás funcións desempeñadas, en proporción
ao tempo de traballo efectivo. En ningún caso a retribución poderá ser inferior ao salario mínimo
interprofesional en proporción ao tempo de traballo efectivo.
Outras características:
A acción protectora da Seguridade Social para a formación en alternancia, comprenderá
todas as continxencias, situacións protexidas e prestacións, incluído o desemprego. Así mesmo,
terase dereito á cobertura do Fondo de Garantía Salarial.
Considérase prorrogado tacitamente, salvo proba en contrario, como contrato ordinario
por tempo indefinido, se cumprido o termo máximo do contrato continuásese prestando servizo
na empresa.
2.3.2 Contrato para a obtención da práctica profesional.
Concepto:
Ten por obxecto a obtención polo traballador da práctica profesional adecuada ao nivel de
estudos cursados. Non se trata unicamente de adquirir experiencia nun traballo determinado,
senón tamén de que esa experiencia actúe sobre os estudos cursados.
Forma:
A súa formalización deberá constar por escrito.
O contido do contrato comunicarase ao Servizo Público de Emprego Estatal no prazo dos
10 días seguintes á súa concertación, así como as súas prorrogas, deban ou non formalizarse por
escrito.
Se o contrato celébrase a tempo parcial no contrato deberán figurar o número de horas
9
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
ordinarias de traballo ao día, á semana, ao mes ou ao ano contratadas e a súa distribución.
Requisitos:
Que estean en posesión de título universitario ou de formación profesional de grao medio
ou superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo con as leis
reguladoras do sistema educativo vixente, ou de certificado de profesionalidade de acordo con o
previsto na Lei Orgánica 5 /2002 , de 19 xuño, das Cualificacións e da Formación Profesional, que
habiliten para o exercicio profesional.
Que non transcorresen máis de tres anos, ou de cinco cando o contrato se concerte cun
traballador con discapacidade, desde a terminación dos estudos.
Debe haber unha correlación entre o traballo que vai desenvolver e o nivel de estudos
cursados.
Duración:
Non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de un ano; dentro destes límites, os
Convenios Colectivos de ámbito sectorial poderán determinar a duración do contrato.
O período de proba non poderá ser superior a un mes salvo o disposto en convenio
colectivo.
Á finalización do contrato non poderá concertarse un novo período de proba,
computándose a duración das prácticas a efectos de antigüidade na empresa.
Xornada:
Completa ou a tempo parcial.
Os traballadores non poderán realizar horas extraordinarias, salvo no suposto previsto no
artigo 35.3.
Retribución:
A retribución polo tempo de traballo efectivo será a fixada no convenio colectivo aplicable
na empresa para estes contratos ou no seu defecto a do grupo profesional e nivel retributivo
correspondente ás funcións desempeñadas. En ningún caso a retribución poderá ser inferior á
retribución mínima para o contrato para a formación en alternancia nin ao SMI en proporción ao
tempo de traballo efectivo.
Comprende todas as prestacións da Seguridade Social.
Certificación de las prácticas:
Á terminación do contrato, o empresario deberá expedir ao traballador un certificado no
que conste a duración das prácticas, o posto ou postos de traballo ocupados e as principais
tarefas realizadas en cada un deles.
Ningún traballador poderá estar contratado en prácticas na mesma ou distinta empresa
por tempo superior a dous anos en virtude da mesma titulación.
2.4 Traballo a distancia.
Artigo 13 ET. Traballo a distancia.
1. Terá a consideración de traballo a distancia aquel en que a prestación da actividade
laboral se realice de maneira preponderante no domicilio do traballador ou no lugar libremente
elixido por este, de modo alternativo ao seu desenvolvemento presencial no centro de traballo
da empresa.
2. O acordo polo que se estableza o traballo a distancia formalizarase por escrito. Tanto
10
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
se o acordo se establece no contrato inicial como se é posterior, serán de aplicación as regras
contidas no artigo 8.4 para a copia básica do contrato de traballo.
3. Os traballadores a distancia terán os mesmos dereitos que os que prestan os seus
servizos no centro de traballo da empresa, salvo aqueles que sexan inherentes á realización da
prestación laboral nel de maneira presencial. En especial, o traballador a distancia terá dereito a
percibir, como mínimo, a retribución total establecida conforme o seu grupo profesional e
funcións.
O empresario deberá establecer os medios necesarios para asegurar o acceso efectivo
destes traballadores á formación profesional para o emprego, co fin de favorecer a súa promoción
profesional. Así mesmo, co fin de posibilitar a mobilidade e a promoción, deberá informar os
traballadores a distancia da existencia de postos de traballo vacantes para o seu desenvolvemento
presencial nos seus centros de traballo.
4. Os traballadores a distancia teñen dereito a unha adecuada protección en materia de
seguridade e saúde, e resultará de aplicación, en todo caso, o establecido na Lei 31/1995, do 8
de novembro, de prevención de riscos laborais, e na súa normativa de desenvolvemento.
5. Os traballadores a distancia poderán exercer os dereitos de representación colectiva
conforme o previsto nesta lei. Para estes efectos, os ditos traballadores deberán estar adscritos
a un centro de traballo concreto da empresa.

3.- AXUDAS E INCENTIVOS A CONTRATACIÓN


Tal e como se indicou anteriormente, algunhas modalidades de contratación, para
favorecer aos colectivos que presentan dificultades para acceder a un traballo, gozan de
incentivos a través de reducións como as bonificacións nas cotas a pagar á Seguridade Social
que son deducións na cota que resultan da aplicación de determinadas porcentaxes á mesma e
que teñen como finalidade a redución dos custos de Seguridade Social das empresas e a
potenciación do acceso de determinados colectivos ao mercado laboral.
Ademais das bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social, diversas administracións
poñen en marcha políticas de promoción de emprego e convocan axudas e subvencións para
fomentar a contratación.
Para ter dereito a estas axudas os beneficiarios teñen que cumprir os requisitos específicos
indicados en cada convocatoria. Non poderán optar a elas as empresas:
 Que non estean ao corrente co cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa
Seguridade Social.
 Que se declararan insolventes mediante calquera procedemento concursal, estean
suxeitas a intervención xudicial ou empresarios que foran inhabilitados.
4.- O PROCESO DE CONTRATACIÓN.
Os trámites da contratación son:

Trámite Descrición
Elección da Elixirase a modalidade de contratación máis adecuada en función das
modalidade de necesidades da empresa e das vantaxes de cada tipo de contrato.
contratación

11
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
Cando o esixa a Lei o contrato débese redactar por escrito e en
modelo oficial, sendo necesario incluír todos os datos relacionados
Redacción do coa contratación.
contrato Para cumprimentalo pódense utilizar os modelos da páxina do SEPE
ou mediante unha aplicación informática de xestión de recursos
humanos.
A empresa ten un prazo de 10 días hábiles desde a asinatura do
Comunicación da contrato para rexistrar no servizo público de emprego todos os
contratación contratos que se formalicen por escrito. Os contratos celebrados de
forma verbal deben comunicarse no mesmo prazo.
A empresa debe comunicar a contratación aos representantes dos
traballadores mediante unha copia básica que conterá os principais
Entrega da copia datos do contrato e do traballador. Non constarán aqueles que
básica do afecten á intimidade deste (domicilio, estado civil, teléfono…).
contrato Se non houbese representantes dos traballadores na empresa, se
deixará constancia deste feito e a copia básica enviarase á oficina de
emprego.
O empresario deben presentar a solicitude de alta do traballador na
Afiliación e alta Seguridade Social antes de que comece a prestación laboral.
na Seguridade Ademais, se un traballador é contratado por primeira vez, debe ser
Social afiliado.
Nos procesos de contratación xorden documentos, como por exemplo
Arquivar e o contrato ou as súas posibles prórrogas, que deberá arquivar e
custodiar a custodiar a empresa xa que conteñen datos confidenciais protexidos
documentación pola Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPDGDD).

5.- O EXPEDIENTE PERSOAL.


O departamento de recursos humanos debe crear un expediente laboral dos traballadores
da empresa.
E, como é lóxico, deberá ter unha organización para facilitar a consulta e localización do
que se requira nun momento dado.
A documentación que conten o expediente do persoal está relacionada coa súa
candidatura, a súa formación e situación laboral:
 O seu currículo e a carta de presentación.
 Informe dos resultados das probas de selección.
 Copia dos títulos exixidos para á súa contratación.
 Folla de recollida de datos para á ficha de persoal.
 Contrato de traballo.
 Prórrogas do contrato de traballo.
 Documentos relacionados coa Seguridade Social e a Axencia tributaria.
 Participación en actividades formativas.
 Información sobre avaliacións de desempeño.
 Solicitudes realizadas polo traballador e resposta da empresa.
12
UD3 A CONTRATACIÓN LABORAL E AS SÚAS INCIDENCIAS
 Etc…
Ao traballar con datos persoais e información sensible, a empresa debe ser moi coidadosa
coa xestión e conservación da mesma para respectar en todo momento a Lei Orgánica de
Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
Por iso, no momento da contratación, a empresa deberá informar á persoa contratada das
seguintes cuestións:
 Da existencia dun ficheiro de datos de carácter persoal, da finalidade e a recollida de
eses datos e dos destinatarios da información.
 Da posibilidade de exercitar os dereitos. ARCO-POL.
 Da identidade do responsable do tratamento dos datos.

13

You might also like