You are on page 1of 3

Test -Contrato de trabajo

1.) Indica cal dos seguintes traballadores non cumpre o requisito de idade:

a- Julia, de 17 anos, emancipada por matrimonio desde hai 1 ano.

b- Raúl, de 16 anos, que ten autorización dos seus país.

c- Laura, de 16 anos, que quere traballar nunha discoteca polas noites de camareira.

2.) Cal dos seguintes datos non é contido minico obrigatorio nun contrato de traballo?

a- A data de comezo do contrato.

b- A duración anual das vacacións.

c- As horas extaraordinarias a realizar.

d- O prazo de preaviso para rescindir o contrato.

3.) No período de proba:

a- A empresa pode decidir sen motivo algún rescindir o contrato, slvo que se trate dunha

traballadora embarazada.

b- O traballador pode decidir sen motivo algún rescindir o contrato.

c- Se o traballador está de baixa un mes, non se interrompe o período de proba e ese

tempo non conta, se se pactou no contrato.

d- Todas son correctas.

4.) No contrato para a formación e a aprendizaxe:

a- A idade debe estar entre 16 e 30 anos, xa que a taxa do paro é superior ao 15%.

b- Non se poderá realizar este contrato se o traballador xa traballou antes na empresa

máis de 12 meses.

c- A duración mínima é 1 ano e máxima 2 anos.

d- Non pode gañar menos do S.M.I.

5.) No contrato de prácticas é certo que:

a- É o contrato que se realiza durante as prácticas do ciclo formativo de FP de grao medio

ou superior.

b- A duración mínima é de 1 ano e máxima de 2 anos.


c- Non importa a idade que teña o traballador, sempre que non pasasen máis de 5 anos

desde o título.

d- O traballador en prácticas gañará o primeiro ano o 60% do SMI e o segundo ano o 75%

do SMI.

6.) No contrato para a formación cúmprese que:

a- A formación será ao primeiro ano como mínimo o 50% da xornada.

b- O segundo e terceiro ano a formación será como mínimo do 10%

c- A formación realizarase no momento en que pacten empresa e traballador.

d- Os traballadores cobraán un 90% do SMI.

7.) No contrato de obra e servizo:

a- A duración é indefinida, pois nunca se sabe cando vai terminar a obra.

b- Utilizase para obras e servizos que tenñen autonomía respecto á actividade normal da

empresa.

c- Ao finalizar o contrato de obra e servizo, os traballadores recibirán como

indemnización 15 días por ano traballado.

d- A empresa deberá preavisar 15 días antes da súa finalización.

8.) No contrato eventual é falso que:

a- Utilizase para facer fronte a máis pedidos en tempada alta.

b- Os convenios poden ampliar a súa duración ata 12 meses nun período de 18 meses.

d- Pódense facer un máximo de 2 prorrogas ata a súa duración máxima.

e- Recibirá indemnización por finalización do contrato na mesma contía que o contrato

por obra.

9.) No contrato de interinidade:

a- A súa duración será ata que se reincorpore o traballador subsituido que ten reservado

o posto.

b- Ten indemnización por finalización do contrato na mesma contía que o contrato de

obra.
c- Por selección de vacante, mentres dura o proceso de selección pode chegar a ta os 4

meses de duración.

10.)Indica quen dos segjuintes traballadores poderán reclamar a súa condición de fixo.

a- Un traballador que ten un contrato de obra de 12 meses e a continuación outro

eventual de 6 meses.

b- b- Un traballador con dous contratos de obra de 10 meses e outro de interinidade de

4 meses nun período de 30 meses.

c- Un traballador con dous contratos de obra de 6 meses e outro eventual de 12 meses,

nun período de 30 meses.

d- Ningún pode reclamar a súa condición de fixo na empresa

RESPOSTAS :

1. C

2. C

3. D

4. B

5. C

6. C

7. B

8. C

9. A

10. D

You might also like