You are on page 1of 2

Nesta información conxunta queremos expor o resultado do preacordo acadado o

pasado luns día 18 de xullo, despois de case 7 meses de negociación, 15 reunións


e 6 xornadas de folgas no sector.
O primeiro que queremos por en valor é a unidade sindical que supuxo un preacordo
unánime e que, pese a non acadar todos os obxectivos marcados, supón un claro
avance nas condicións das persoas traballadoras do sector.
A valoración final do preacordo está en mans das persoas delegadas e afiliadas,
que son a cara visible nos centros de traballo e sen as cales a xestión do conflito
non sería posible. Gracias a este colectivo puidemos organizar os piquetes e as
mobilizacións, nas cales tamén participaron miles de traballadores e traballadoras
do sector do metal de Pontevedra.
O preacordo acadouse as portas dunha convocatoria de folga indefinida nun
momento complicado e difícil coma é o verán, cuestión que tenos que facer
reflexionar a todas e todos para corrixir a futuro, tanto polo momento do conflito
coma o contido das reivindicacións.
A continuación expomos o logrado neste convenio comparado co logrado noutras
comarcas, para comprender e por en valor o realmente avanzado, en salarios,
cláusula de revisión sobre o IPC con atrasos dende xaneiro e xornada laboral:

SUBA SALARIAL
VIXENCIA
2023 2024 2025 TOTAL
PONTEVEDRA 2023-2025 3 ANOS 3% 3% 3% 9%
CORUÑA 2020-2025 6 ANOS 3% 2,5% 1,5% 6,50%
OURENSE 2022-2024 3 ANOS 5,50% 4,5% 10%
LUGO 2022-2025 4 ANOS 3,50% 2,65% 2,65% 8,80%
CLAUSULA GARANTIA SOBRE O IPC
2023 2024 2025
PONTEVEDRA Atrasos dende xaneiro con tope 2%
CORUÑA Atrasos dende o mes que o IPC supere a subida
OURENSE Diferenza subida co IPC 2022-24 con tope 3% a taboas 2025 SEN atrasos
LUGO Atrasos dende o mes que o IPC supere a subida
XORNADA LABORAL ANUAL
2022 2023 2024 2025 TOTAL
PONTEVEDRA 1776 1776 1768 1760 -16
CORUÑA 1760 1752 1752 1752 -8
OURENSE 1784 1776 1776 -8
LUGO 1772 1768 1768 1768 -4
Estes son os avances, ademais de mellorar as licenzas, coma o importe do seguro
colectivo e o inicio da regulación das gardas/dispoñibilidade suman un paquete de
Convenio que pode considerarse positivo.
No obstante temos que dicir abertamente que, pese a intentalo ata o último
momento, non conquerimos cuestións que para moitas persoas traballadoras son
importantes, como a subrogación das empresas privadas, pero seguirémolo
intentando nos vindeiros convenios.
Non podemos esquecernos das cousas que a Patronal quixo cambiar ou quitar
do convenio do Metal e non o conseguiron, como a conxelación do oficial
de 2ª e dos enxeñeiros, coma son a utilización sen limites das ETT´s,
meter o contrato fixo descontinuo, implantar unha categoría de entrada,
ou quitar a cláusula de revisión do IPC.
Para finalizar temos que lembrar que dende o ano 2006 non tiñamos un preacordo
conxunto dos 3 sindicatos e que tomamos nota de tódolos comentarios, suxestións
e propostas para mellorar no futuro, porque o convenio do metal non remata con
esta negociación, senón que sigue adiante e os temas que non fomos capaces de
lograr neste convenio, formaran parte das nosas propostas nas próximas
negociacións.
A maiores CIG, UGT e CCOO temos o firme compromiso de iniciar unha campaña
conxunta de actuacións para que o Convenio do Metal de Pontevedra se respecte,
porque non sirve de nada chegar a acordos, si despois as empresas incumpren o
convenio e non pagan o que teñen que pagar, non pagan tóxicos, penosos,
perigosos ou non pagan as horas polo convenio.
Se o Convenio acabase aprobando a primeira medida será garantir que se pagan
os atrasos do 3% deste ano 2023 en tódalas empresa e aquelas que non cumpran
terán unha resposta contundente pola nosa parte.

Grazas a todas e todos por darnos o empuxe necesario para poder pelexar
coa patronal, xa que sen el, nada do conseguido sería posible.

You might also like