You are on page 1of 12

te

traballadores/as do ensino

2023
XUBILACIÓNS
DOCENTES ENSINO PÚBLICO
www.ccooensino.gal
te
traballadores/as do ensino

editorial
A suba das pensións garante o
mantemento do poder adquisitivo 3
José Fuentes

Pensións de xubilación do réxime


de clases pasivas 4
Anos de servizo efectivos ao estado 5

Cómputo recíproco
Cambio de corpo 6

Modalidades de xubilación 7

Pensións de xubilación por


incapacidade permanente
Pensións extraordinarias 8

Incompatibilidade das pensións


Período de prácticas para quen xa é
funcionario de carreira 9
Xubilación postergada (anos de
servizo despois dos 65)
Complemento para a redución da
fenda de xénero 10

www.ccooensino.gal
EDITORIAL A inflación interanual, segundo datos do INE,
sitúase no 6,8 %. O incremento de todas as
José Fuentes pensións para 2023 é dun 8,5 %. Así, a suba
Acción Sindical de Ensino Público das pensións sitúase por riba. Coa fórmula
Federación de CCOO de Galicia pactada garántese o mantemento do poder
adquisitivo das pensións, así como a súa
A suba das pensións garante o sostibilidade. Esta suba representa un
incremento de 211,78 euros no corpo de
mantemento do poder adquisitivo
mestres e de 239,63 euros no corpo de
secundaria e nos outros corpos.
A Lei 21/2021 plasmou o acordo previo con
CCOO en materia de pensións, ao concretar
A pensión máxima acadará os 3058,81 euros
que se actualizarán cunha fórmula baseada no
mensuais, o que se corresponde con
IPC medio rexistrado cada ano. No 2022, o
42.823,34 euros anuais.
incremento do IPC disparouse de forma
desorbitada e as pensións van actualizarse
Tal como vimos anunciando desde CCOO, o
garantindo o poder adquisitivo.
traspaso da xestión das pensións de clases
Fronte aos agoireiros de tódolos males, que
pasivas do Ministerio de Facenda ao
predicaron que co acordo de CCOO non se
Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e
garante o poder adquisitivo das pensións,
Migracións non supuxo ningún cambio nas
choca a realidade. Lamentablemente, algúns
modalidades de xubilación nin na fórmula de
seguen a facer un sindicalismo estéril e
cálculo das pensións de réxime de clases
parasitario, con todos os seus esforzos
pasivas (RCP en adiante). Todo o profesorado
dirixidos a criticar os avances acadados por
que pertence ao RCP poderá seguir
outras organizacións sindicais en lugar de
accedendo á xubilación voluntaria cando
empregalos en conseguir melloras laborais
reúna os requisitos (60 anos de idade e, polo
para as traballadoras e traballadores.
menos, 30 de servizo).

As pensións páganse en catorce pagas iguais (doce mensuais máis


dúas extras) ao ano.

Independentemente dos cálculos que poidan resultar, como norma xeral, as


pensións públicas ordinarias non poderán superar os 3058,81 € euros
mensuais. Isto supón, na práctica, que unha funcionaria ou funcionario que
sempre permanecese no grupo A1 acada a pensión máxima con 32 anos de
servizos.

Poden superar este tope:

as pensións derivadas de actos terroristas


ás que se lles aplique o complemento para a redución da fenda de
xénero
as derivadas da xubilación postergada (anos de servizo despois dos 65)

Mantente informada na nosa canle de Telegram!

https://t.me/ccooensino

Xubilacións 2023 | te 3
PENSIÓNS DE XUBILACIÓN DO RÉXIME DE CLASES PASIVAS
Existen tres tipos de colectivos docentes no Estes HR son o resultado de actualizar os do
tocante ás xubilacións: 2022 cun incremento do 8,5 % para 2023. A
pensión pública máxima no 2023 será de
O funcionariado docente que ingresou no 3058,81 € (42 823,34 € anuais).
corpo antes de 2011 está acollido ao
réxime de clases pasivas (RCP), que A estes HR aplícanselles as seguintes
quedará como residual para quen xa estea porcentaxes, en función do número de anos
nel. de servizo:
Porén, só uns poucos —quen ingresou no
País Vasco dende 1994, así como quen
proceda das antigas universidades Anos Anos
% %
Servizo Servizo
laborais, de centros de FP do extinguido
Movemento Nacional e da AISS— están no 1 1,24 19 41,54
réxime xeral da seguridade social (RXSS).
2 2,55 20 45,19
Desde xullo de 2018, o persoal das
universidades laborais e centros de FP da 3 3,88 21 48,84
AISS pode optar por pasar a clases pasivas
4 5,31 22 52,50
e xubilarse acolléndose á normativa,
requisitos e condicións deste réxime. 5 6,83 23 56,15

A normativa de ámbolos réximes é 6 8,43 24 59,81


completamente distinta. 7 10,11 25 63,46

Quen ingresou dende o 2011 está no RXSS 8 11,88 26 67,11


para o efecto da pensión e en MUFACE 9 13,73 27 70,77
para as prestacións sanitarias,
farmacéuticas e sociais. 10 15,67 28 74,42

11 17,71 29 78,08
As pensións do funcionariado acollido ao
RCP calcúlanse aplicando unha porcentaxe 12 19,86 30 81,73
que varía en función do número de anos de
13 22,10 31 85,38
servizos prestados sobre unhas cantidades
chamadas haberes reguladores (HR); estes 14 24,45 32 89,04
últimos fíxanse anualmente nos orzamentos
15 26,92 33 92,69
xerais do Estado e dependen do grupo ao que
pertenza o funcionario/a. 16 30,57 34 96,35

17 34,23 35 e máis 100


O RD 1058/2022 establece para 2023 os
seguintes haberes reguladores (HR): 18 37,88

No caso de ter dereito a percibir varias


Grupo funcionarial HR anual HR mensual pensións públicas, o tope tamén é de 3058,81
A1 48 086,76 € 3434,77 €
€, polo que os funcionarios e funcionarias
que, estando en activo, perciban pensións de
A2 37 845,48 € 2703,25 € viuvez deben ter en conta este feito á hora de
decidir a súa xubilación. Unha vez xubilados, a
B 33 139,86 € 2367,13 €
súa pensión de xubilación verase recortada na
C1 29 065,98 € 2076,14 € cantidade que, sumada á pensión de viuvez,
supere os citados 3058,81 €.
C2 22 996,00 € 1642,57 €

E e AP (*) 19 605,93 € 1400,42 €

(*) AP: Agrupacións Profesionais

4
ANOS DE SERVIZO EFECTIVOS AO ESTADO
A teor do establecido no artigo 32.1.e do RDL
670/87, ademais dos servizos prestados en
calquera Administración, se for o caso, tamén
se terán en conta para o cálculo da pensión
os anos cotizados en calquera réxime da
seguridade social.

Así mesmo, considéranse servizos efectivos


ao Estado o tempo do servizo militar
ordinario que exceda do período obrigatorio
mínimo vixente no momento de realizalo, que
se computa no grupo E (o que corresponde a
soldados e mariñeiros). Este período pode ser
especialmente interesante se serve para
completar un ano máis de servizos; aínda que
coa última modificación (cambiar nove meses
por «período que exceda do período
obrigatorio mínimo vixente no momento de
realizar o servizo militar») non terá incidencia
en case ningún caso.

Os artigos 235 e 236 da LXSS permiten


completar períodos de cotización por parto e
coidado de fillos/as.

Estes artigos establecen a posibilidade de


computar períodos de cotización por parto
e/ou coidado de fillos/as. Polo parto,
recoñécese o período de cotización de 112
días nos casos en que non se gozase, cobrase
e cotizase o período do permiso por parto.
Para acadar o beneficio de 270 días por
coidado de fillos/as, é requisito a interrupción
da cotización derivada da extinción da
relación laboral ou da finalización do
cobramento de prestacións ou subsidios por
desemprego con obriga de cotizar,
producidas entre os nove meses anteriores ao
nacemento (ou tres meses, de se tratar de
adopción ou acollemento permanente) e a
finalización do sexto ano posterior á dita
situación.

MUFACE achega a contía


de media nómina de soldo
base máis trienios no mes
seguinte a facer efectiva a
xubilación forzosa. (Orde HAP /
2786 / 2012, BOE 27/12/2012).

Xubilacións 2023 | te 5
CÓMPUTO RECÍPROCO
Como o cálculo das pensións no RXSS é
radicalmente diferente do cálculo do RCP, o
Real Decreto 691/1991 estableceu un sistema
de equivalencias entre os grupos de
funcionarios e os grupos de cotización á
seguridade social, de xeito que o cotizado en
determinados grupos da seguridade social se
considera equivalente aos servizos prestados
en determinados grupos funcionariais. Esta é
a táboa de equivalencias:

Grupo cotización RXSS Grupo funcionarial

1 A1

2 A2

3, 4, 5 e 8 C1

7e9 C2

6, 10, 11 e 12 E e AP

Para quen se inclúa no réxime especial de


traballadores/as por conta propia ou
autónomos/as, en función da titulación:

Titulación Grupo funcionarial

Enxeñeiros/as
A1
Licenciados/as

Enxeñeiros/as técnicos/as
A2
Peritos/as

Restantes colectivos C1

CAMBIO DE CORPO
Existe unha fórmula para quen, durante a súa
carreira profesional, mudou de corpos a
outros correspondentes a grupos
funcionariais distintos, e que vén recollida no
artigo 31.2 do RDL 670/87. Ademais, nestes
casos, se non son xubilacións voluntarias e se
ingresou como funcionario/a de carreira antes
do 1 de xaneiro de 1985 e se mudou de corpo
antes desa data ou se teñen cotizacións
noutros grupos de nivel inferior, existe unha
bonificación que consiste en considerar ata
un máximo de dez anos dos prestados no
corpo do grupo inferior como prestados no do
grupo superior (DT 1.ª do RDL 670/87).

6
Modalidades de xubilación
Voluntaria
Tipos Requisitos Cálculo de pensión Observacións Normativa

Arts. 28 2b, 30, 31 e 32 do


60 anos de idade e 30 de Ten que solicitarse con, polo RDL 670/87.
servizos efectivos ao Estado. menos, tres meses de Punto 6.º da resolución
Aplicación dunha porcentaxe, en antelación. 29/12/1985 da Secretaría
Cando se usan anos cotizados función dos anos de servizo de Estado para a
Ordinaria
noutros réximes da SS, os acreditados, ao haber regulador do Non hai dereito nin a Administración Pública.
últimos 5 anos computables corpo. complemento para a redución DA 16.ª texto refundido
teñen que ser cubertos en da fenda de xénero nin á axuda Lei clases pasivas
clases pasivas. de MUFACE. segundo DF 1ª PXE 2014.

Forzosa
Tipos Requisitos Cálculo de pensión Observacións Normativa
Aplicación da porcentaxe, en
función dos anos de servizos
acreditados, ao haber Arts. 28, 30, 31 e 32 do
Declárase de oficio ao cumprir regulador. RDL 670/87.
os 65 anos.
Ao cumprir A Admón. xestiona e resolve de
Dende 2021 hai un DA 18.ª Texto refundido
os 65 anos oficio se non se solicitou prórroga.
Ter acreditados un mínimo de complemento para a redución Lei clases pasivas
15 anos de servizos. da fenda de xénero para as segundo o artigo 1 do
mulleres que tiveran ou RDL 3/2021.
adoptaran un fillo/a. No 2023
serán 30,40 €.

A prórroga ha solicitarse cun


mínimo de 3 e un máximo de 4
meses antes da data de
Art. 67 do RDL5/2015 do
xubilación.
TREBEP.
Debe renovarse cada ano
Arts. 30, 31 e 32 do RDL
Igual ca no caso anterior, pero cunha antelación mínima de 3
670/87.
cando conclúa o período de meses á data de finalización.
É voluntaria e ten que solicitarse prórroga e se teñan polo menos 15
Art. 68 da Lei 2/2015 de
Prórroga ata cunha antelación de, polo menos, anos de servizos efectivos ao Poderá ser denegada por
emprego público de
os 70 anos tres meses antes de cumprir os 65 Estado, recoñecerase unha cuestións organizativas…
Galicia.
anos. porcentaxe adicional por cada ano
completo de servizos despois dos A fin da prórroga ten que
DA 17.ª Texto refundido
65 anos. comunicarse polo menos 3
Lei clases pasivas
meses antes da data elixida
segundo DF 1.ª dos PXE
para a xubilación definitiva.
2016.
Non poderá ir máis alá da fin
do curso en que se cumpran os
70 anos.
Igual ca o anterior, pero
considérase servizo prestado o Pode iniciarse de oficio ou a
TOTAL tempo que falte ata cumprir os pedimento da persoa
65 anos. interesada.
Para o desenvolvemento das Instrución do Ministerio
funcións fundamentais do seu Nos casos de IPS total por A pensión por unha IPS total de Facenda do 22-10-
corpo. enfermidade común ou tributa e, polo tanto, 1996.
accidente non laboral con aplícanselle retencións. A da
menos de 19 anos e 1 día de absoluta non tributa, polo Orde do Ministerio de
servizo, redúcese un 5 % por tanto, non ten retención. Dende Presidencia do 22-11-
cada ano completo que lle falte 2009 o informe do EVI é 1996.
ata os 20, cun máximo de vinculante.
Incapacidade ABSOLUTA Arts. 28c, 30, 31 e 32 do
redución do 25 %.
Permanente A IPS total é compatible con RDL 670/87.
para o Servizo Para o desenvolvemento de toda
Dende 2021 hai un traballar nun posto distinto,
(IPS) profesión ou oficio. Arts. 23, 24, 25 e 26 do
complemento para a redución pero redúcese nun 25 % se se
da fenda de xénero para as ten máis de 20 anos de servizos RDL 4/2000.
mulleres que tiveran ou e nun 45 % se se ten menos.
adoptaran un fillo/a. DA 13.ª da Lei 2/2008.

Igual que a pensión por IPS DA 18.ª Texto refundido


absoluta, non tributa e Lei clases pasivas
GRANDE INVALIDEZ
Coma no caso da IPS absoluta, tampouco ten retención. segundo DF 1.ª dos PXE
incrementada nun 50 % que aboa 2016.
Precisa asistencia dunha persoa
MUFACE para a contratación dunha Non se require período de
para vestir, comer, desprazarse,
persoa que a atenda. carencia (é dicir, non se require
etc.
un tempo mínimo de
cotización).

Xubilacións 2023 | te 7
PENSIÓNS DE XUBILACIÓN POR INCAPACIDADE Se con posterioridade ao recoñecemento da
PERMANENTE PARA O SERVIZO pensión por incapacidade se produce un
agravamento da causa que a orixinou, de
Calcúlanse igual que as ordinarias, pero coa modo que a persoa afectada pasa a estar
importante particularidade de que se incapacitada para toda profesión ou oficio (a
consideran servizos efectivos non só os incapacidade pasa de total a absoluta), a
realmente prestados, senón tamén o tempo funcionaria ou funcionario xubilado pode
que lle resta ao funcionario/a para cumprir os solicitar unha revisión da súa cualificación
65 anos de idade. Este período considerarase antes de cumprir os 65 anos. E, se proceder,
prestado no grupo funcionarial ao que tras o paso polo tribunal médico (EVI) será
pertence o funcionario/a no momento da recualificada a súa pensión.
xubilación.
Da mesma forma, os informes dos tribunais
Para as pensións por incapacidade médicos do INSS (EVI) son vinculantes para a
permanente para as tarefas propias do corpo Administración educativa, que pode propoñer
do funcionario (incapacidade total) derivadas a xubilación pero non decidir sobre ela.
de accidentes ou enfermidades comúns e
orixinadas a partir do 1 de xaneiro de 2009, PENSIÓNS EXTRAORDINARIAS
se no momento da xubilación o/a
Son aquelas nas que a incapacidade está
funcionario/a ten acreditados 19 ou menos
orixinada por un accidente ou unha
anos de servizos efectivos ao Estado
enfermidade en acto de servizo ou como
(incluíndo os cotizados a calquera réxime
consecuencia do previsto no artigo 47.2 do
público de seguridade social), ten unha
RDL 670/87 ou por acto terrorista. A contía
redución sobre a contía calculada segundo o
das pensións calcúlase igual que no resto das
expresado no parágrafo anterior, de acordo
IPS pero cos haberes reguladores
co seguinte cadro:
multiplicados por dous.

O funcionario ou funcionaria que considere


ter dereito a estas pensións extraordinarias
Anos de servizos
Porcentaxe de deberá solicitar, logo de xubilarse, a incoación
efectivos no momento
redución da pensión dun «expediente de indagación de causas» ao
da xubilación
organismo correspondente da consellería que
Máis de 19 0% proceda; esta nomeará un instrutor que, logo
Dende 18 e un día ata 19 5% da investigación oportuna e de dar audiencia á
persoa interesada, fará unha proposta de
Dende 17 e un día ata 18 10 % resolución á Administración que, cun informe,
Dende 16 e un día ata 17 15 % remitirá ao Ministerio de Economía e Facenda,
onde se resolverá definitivamente. Así consta
Dende 15 e un día ata 16 20 % no punto oitavo da resolución do 29-12-1995
Menos de 15 25 % da Secretaría de Estado para a Administración
pública.
Esta redución non afecta ás pensións por
incapacidade para toda profesión ou oficio
(incapacidade absoluta) nin a incapacidades
totais producidas ou derivadas de lesións en
actos de servizo nin ás concedidas antes do 1
de xaneiro de 2009.

As pensións por incapacidade permanente


para tarefas propias do seu corpo (as totais)
sempre tributan. Non tributan aquelas en que
a lesión ou a enfermidade incapacita para toda
profesión ou oficio (as absolutas).

8
INCOMPATIBILIDADE DAS PENSIÓNS No RXSS, ademais desta posibilidade de
compatibilizar a pensión cunha actividade
As pensións de xubilación do réxime de laboral, existe outra máis. Desde agosto de
clases pasivas orixinadas a partir do 1 de 2011, tras a entrada en vigor da Lei 27/2011, a
xaneiro de 2009 que se acadaran con 65 ou percepción da pensión é compatible coa
máis anos de idade e con 35 ou máis anos de realización de traballos por conta propia
servizos recoñecidos son compatibles coa (autónomo) se os ingresos totais anuais que
realización de actividades privadas, por conta se perciban non superan o salario mínimo
propia ou allea, que dean lugar á inclusión en interprofesional, en cómputo anual. E quen
calquera réxime público de seguridade social. realice estas actividades non ten obriga de
cotizar á seguridade social nin xera dereito a
Neste caso, e durante o tempo que permaneza novas pensións. Esta última opción non existe
nesa situación, o funcionario ou funcionaria no RCP.
xubilada percibirá o 50% da pensión que ten
asignada, agás nas dúas situacións que xa En calquera dos casos, a DF 1.ª dos PXE para
comentamos no editorial. Cada ano, este 50 % 2017 modificou o réxime de
revalorizarase na porcentaxe que se incompatibilidades coa percepción da
estableza. Unha vez remate a actividade pensión de clases pasivas. Establece que se
privada, a funcionaria ou funcionario xubilado aplicarán as excepcións recollidas no artigo 19
recuperará a pensión na súa integridade coas da Lei 53/1984 (de incompatibilidades do
revalorizacións que se producisen. O novo persoal ao servizo das Administracións
período traballado, unha vez xubilado, non públicas) ao réxime de incompatibilidades co
dará lugar á mellora da pensión. Cando a pagamento dunha pensión de clases pasivas.
pensión teórica for superior á pensión pública
máxima (3058,81 € euros en 2023), percibiría Isto significa que a situación do persoal
o 50 % da pensión pública máxima. xubilado que realiza ou realizou con
anterioridade á xubilación algunha actividade
As xubilacións anticipadas ou con carreiras creativa (literaria, artística, científica…) que
de cotización que non alcancen os 35 anos de puidese reportarlle beneficios económicos é
servizos son incompatibles co exercicio de compatible coa percepción completa da
calquera actividade, por conta propia ou pensión. Evidentemente, sempre que non
allea. sexan consecuencia dunha relación laboral
que supoña a alta en calquera réxime de
Só se exceptúan desta incompatibilidade seguridade social.
os/as pensionistas xubilados por
incapacidade total, que si poden cobrar a súa Do mesmo xeito, considéranse compatibles
pensión e realizar unha actividade distinta á outras actividades que xa o viñan sendo co
que viñan realizando como funcionarios, pero exercicio da súa profesión.
mentres estean traballando o importe da
pensión recoñecida reducirase ao 75 % da
PERÍODO DE PRÁCTICAS PARA QUEN XA É
correspondente contía, se acreditan máis de
20 anos de servizos efectivos ao Estado; ou
FUNCIONARIO DE CARREIRA
ao 55 %, se acreditan menos de 20 anos de Aplícase a quen xa é funcionario/a de
servizos no momento da xubilación. carreira ao ingresar noutro corpo de nivel
superior. Neste caso, durante o tempo do
As pensións de xubilación por incapacidade período de prácticas ou do curso selectivo,
permanente para toda profesión ou oficio son seguirán percibindo os trienios
incompatibles, por definición, con calquera perfeccionados, e o tempo computarase, para
outro traballo privado ou público. os efectos de consolidación de trienios e de
dereitos pasivos, como servido no novo
corpo, se finalmente se supera a fase de
prácticas e se adquire a condición de
funcionario/a de carreira no novo corpo (art.
24.6 da Lei 36/2014 PXE 2015).

Xubilacións 2023 | te 9
XUBILACIÓN POSTERGADA (ANOS DE SERVIZO COMPLEMENTO PARA A REDUCIÓN DA FENDA DE
DESPOIS DOS 65) XÉNERO
O artigo 2.2 da Lei 21/2021 modifica a DA 17.ª O antigo complemento por maternidade
do texto refundido da Lei de clases pasivas do elimínase e no seu lugar introdúcese o
Estado de forma análoga á regulación complemento para a redución da fenda de
modificada no RXSS pola que, quen siga en xénero (DA 18.ª do texto refundido da Lei de
activo despois de cumprir a idade de clases pasivas).
xubilación (65 anos) e teña acreditados polo
menos 15 anos de servizos ao cumprir esa Consiste nunha cantidade fixa de 30,40 euros
idade, terá dereito a un complemento mensuais (14 pagas) por cada fillo/a natural
económico que poderá ser aboado dunha das ou adoptado/a, ata un máximo de catro, para
seguintes formas: as mulleres que se xubilen, polo menos, con
65 anos ou por incapacidade ou teñan dereito
Unha porcentaxe adicional do 4 % por cada a pensión de viuvez xeradas a partir do 4 de
ano completo de servizos entre os 65 e a febreiro de 2021. É dicir, non poden ser
data do feito causante da pensión. Esta beneficiarias aquelas mulleres que se xubilen
porcentaxe sumarase ao que de forma anticipada.
correspondería aplicar ao haber regulador.
Este complemento poderá superar o límite
Unha cantidade a tanto alzado por cada máximo das pensións públicas e actualizarase
ano completo de servizo entre a data en cada ano na mesma porcentaxe que as
que cumpriu os 65 anos e a do feito pensións contributivas. Cando se
causante da pensión. Neste caso non é compatibilizan pensións de máis dun réxime, o
unha cantidade igual para todos os complemento aplicarase unicamente á
solicitantes: varía en función dos anos causada no réxime en que se teñan máis
efectivos de servizo cando cumpriu os 65. períodos de alta. Este complemento
Considéranse dous tramos: menos de 44 recoñeceráselle á muller sempre que non
anos e 6 meses e de 44 anos e 6 meses en medie solicitude a favor do outro proxenitor.
diante (este último supón un 10 % máis ca Se as dúas proxenitoras son mulleres,
o anterior). recoñeceráselle a quen perciba pensión de
menor contía.
Unha combinación das dúas anteriores que
se regulará posteriormente. Non se lles recoñecerá este complemento aos
pais ou nais privados da patria potestade nin
A elección realizarase no momento en que se aos pais condenados por violencia contra a
adquire o dereito e non pode modificarse muller. Para que o complemento poida ser
posteriormente. solicitado polo proxenitor home, debe cumprir
un dos seguintes requisitos e en ámbolos
Como consecuencia da aplicación destas casos corresponderlle unha pensión inferior á
porcentaxes adicionais, poderase superar a da muller:
pensión pública máxima, pero non se poderá Causar pensión de viuvez.
superar o haber regulador máximo (o do Causar pensión e que a súa carreira
subgrupo A1). Ata o ano 2015 só podían profesional se vise afectada polo
superar a pensión máxima as pensións nacemento ou adopción.
derivadas de actos terroristas.
Posteriormente, tamén pode excederse ese Quen, ata a data, estivese percibindo o
tope se un funcionario ou funcionaria dos complemento por maternidade, manterao. Se
grupos A1 e A2 completa novos anos de o dito complemento for menor ca o novo
servizos unha vez alcanzada a idade de complemento para a redución da fenda de
xubilación “forzosa”. xénero, pódese optar por este último.

10
Afíliate! É esencial.
www.ccooensino.gal

Xubilacións 2023 | te 11
Santiago de Compostela A Coruña Lugo
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, 8 - 1.º Avda. Alfonso Molina, km 2, 3.º Rolda da Muralla, 58 - 4.º
981 551 826 981 145 895 982 221 060
ensino.stgo@galicia.ccoo.es scensino.coru@galicia.ccoo.es scensino.lugo@galicia.ccoo.es

Pontevedra Ferrol Ourense


Rúa Pasantería, 1 - 2.º Rúa María, 42-44 Parque San Lázaro, 12 - 3.º
986 866 276 981 369 336 988 392 256
scensino.pont@galicia.ccoo.es scensino.ferrol@galicia.ccoo.es scensino.oure@galicia.ccoo.es

Vigo O Barco Monforte


Rúa das Teixugueiras, 11 Entrechán Praza do Concello, 2 - 1.º Roberto Baamonde s/n
986 246 847 988 322 034 982 401 518
scensino.vigo@galicia.ccoo.es scensino.oure@galicia.ccoo.es scensino.lugo@galicia.ccoo.es

DEFENDER O
DEREITO A
UN TRABALLO
DECENTE
REIVINDICAR EMPREGOS
ESTABLES E MELLORES
CONDICIÓNS LABORAIS
PARA AS TRABALLADORAS
E OS TRABALLADORES QUE
DESENVOLVEN O SEU
LABOR NOS CENTROS
EDUCATIVOS

You might also like