You are on page 1of 36

DOG Núm.

90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27745

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras


das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en
materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se
procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio
de 2022 (código de procedemento TR807J).

O artigo 4 do Decreto 106/1994, do 21 de abril, polo que se establece o réxime xeral das
axudas e subvencións en materia de ámbito laboral e mellora das condicións de traballo,
determina o marco xeral en que se encadran as subvencións que a consellería compe-
tente, na actualidade, a Consellería de Emprego e Igualdade, concederá ás asociacións
empresariais e ás organizacións sindicais con representación na Comunidade Autónoma
de Galicia.

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade


sindical, e co fin de facilitar ás asociacións empresariais e ás organizacións sindicais in-
tersectoriais o exercicio das funcións e facultades a que se refire a dita lei, en concreto,
a promoción do funcionamento dos seus gabinetes técnicos, establécense axudas para o
ano 2022 referentes á creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de
igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial.

O Decreto 215/2020, do 3 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Conse-


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

llería de Emprego e Igualdade, reserva á Dirección Xeral de Relacións Laborais o impulso


e desenvolvemento das políticas de igualdade laboral e de medidas de conciliación corres-
ponsable da vida persoal, familiar e laboral nas empresas.

No exercicio destas funcións, á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería


de Emprego e Igualdade correspóndelle a dirección e coordinación das competencias da
Comunidade Autónoma en materia laboral, así como a promoción, coordinación, desen-
volvemento, control e execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia
laboral, responsabilidade social empresarial, igualdade laboral e de medidas de concilia-
ción da vida persoal, familiar e laboral nas empresas, así como a modulación das relacións
laborais cos axentes económicos e sociais.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27746

Consecuentemente con todo o anterior e no exercicio das facultades que me confire o


artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Pre-
sidencia,

DISPOÑO:

TÍTULO I
Obxecto, actividades subvencionables, entidades beneficiarias e importe

Artigo 1.  Obxecto

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria
para o ano 2022 da concesión de subvencións, pola Dirección Xeral de Relacións Laborais
da Consellería de Emprego e Igualdade, mediante o réxime de concorrencia competitiva,
co fin de subvencionar a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia
de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial (código de procedemen-
to TR807J).

Artigo 2.  Actividades subvencionables

A actividade subvencionable será a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos


en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial que desenvol-
van accións directas de apoio a empresas e persoas traballadoras na procura da igualdade
laboral e de oportunidades, e da redución da fenda salarial de xénero.

As entidades que resulten beneficiarias poderán adscribir a estes gabinetes, persoal


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

propio ou ben contratar persoas expertas en igualdade laboral, que deberán contar con
formación e/ou experiencia acreditada en materia de igualdade de xénero e de oportuni-
dades.

Concretamente, o persoal destes gabinetes encargarase de desenvolver as actividades


derivadas do seu funcionamento ordinario, entre as que cómpre salientar as seguintes:

1. Apoiar tecnicamente e asesorar as empresas e as representacións sindicais no fo-


mento da igualdade laboral en ámbitos como contidos da negociación colectiva e introdu-
ción da perspectiva de xénero, proceso de selección e contratación, clasificación profe-
sional, formación, promoción profesional, condicións de traballo, exercicio corresponsable

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27747

dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral, infrarrepresentación feminina, retribucións,


prevención do acoso moral, sexual e por razón de sexo, etc.

2. Apoiar as empresas e persoas traballadoras na definición e desenvolvemento dos


plans de igualdade, así como a súa avaliación e seguimento.

3. Desenvolver un traballo de diagnose permanente, desde o punto de vista da igualda-


de e da fenda salarial, a través de diferentes actuacións, que poderán ser:

a) Análise sectorial dos plans de igualdade que formen parte dun convenio colectivo e
elaboración de informes sectoriais sobre situacións relativas a sectores feminizados, mas-
culinizados, e sobre sectores con mellores condicións de traballo e salario.

Non se terán en conta aqueles análises e informes que non sexan innovadores e que
consistan exclusivamente en traducións, adaptacións ou adecuacións de publicacións en
calquera formato, así como os subvencionados en anos anteriores ou os que xa estean
realizados por outras entidades cuxos resultados estean publicados e accesibles ao públi-
co por calquera medio.

b) Identificación de boas prácticas en plans de igualdade laboral de empresas galegas.

c) Actividades informativas e divulgativas dirixidas ás empresas e persoas traballadoras


en procura da igualdade laboral e de oportunidades e da redución da fenda salarial de
xénero.

d) E aqueloutras consideracións que contribúan a mellora e á redución da fenda salarial


e a igualdade laboral e de oportunidades.
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Artigo 3.  Entidades solicitantes beneficiarias da subvención e o seu financiamento

As entidades beneficiarias da subvención serán:

1. As asociacións empresariais intersectoriais no ámbito da Comunidade Autónoma de


Galicia constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 2 de agosto, sobre regulación do dereito
de asociación sindical.

2. As organizacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de


Galicia, constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sin-
dical.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27748

Contase cun orzamento de 400.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria


2022.11.03.324A.480.6, código de proxecto 2019 00016 que se distribuirá do seguinte xei-
to: o 50 % para as asociacións empresariais e o 50 % restante para as organizacións sin-
dicais intersectoriais.

O importe subvencionable non superará a porcentaxe de representatividade das entida-


des solicitantes, non obstante estas poderán solicitar, e poderáselles conceder, un importe
superior ao que corresponda a súa representatividade sempre e cando existan remanen-
tes. No caso de existir remanentes, estes serán redistribuídos, ata esgotar o orzamento
existente, tendo en conta a representatividade relativa, resultado de dividir a representati-
vidade de cada entidade entre a suma das representatividade das entidades beneficiarias.

Artigo 4.  Entidades non beneficiarias

a) Aquelas entidades en que concorra nalgunha das circunstancias a que se refire o


artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou


dependentes de calquera delas.

c) As asociacións que se atopen integradas nunha entidade de ámbito federal ou con-


federal, cando a federación ou confederación de que formen parte sexa tamén beneficiaria
desta subvención.

d) No caso de que a entidade solicitante sexa unha fundación ou outra entidade consti-
tuída por unha organización sindical ou asociación empresarial, substituirá esta última para
todos os efectos recollidos nesta orde.

Artigo 5.  Ampliación do crédito dispoñible


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Poderán ditarse resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de re-


nuncias de subvencións, inicialmente concedidas, ou doutros remanentes. Neste caso non
poderán terse en conta outras solicitudes distintas das presentadas inicialmente.

TÍTULO II
Requisitos e gastos subvencionables

Artigo 6.  Requisitos dos gabinetes técnicos en materia igualdade laboral

Para poderen ser obxecto de subvención, os gabinetes técnicos en materia de igual-


dade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial deberán estar integrados, como

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27749

mínimo, por 1 persoa experta en igualdade laboral, cunha titulación de grao ou equivalente
e contratada nos grupos de cotización 1 ou 2 a tempo completo, que acredite unha expe-
riencia nesta materia de, polo menos, 2 anos, e/ou unha formación mínima de 200 horas
en materia de igualdade de xénero e de oportunidades entre mulleres e homes. Ou unha
persoa con titulación de «Técnico superior en Promoción da Igualdade de Xénero», contra-
tado a tempo completo no grupo de cotización que lle corresponda como técnico superior.

Artigo 7.  Gastos subvencionables e período de imputación

1. Terán a condición de actividades subvencionables as actuacións de carácter concreto


e específico derivadas do funcionamento ordinario dos gabinetes técnicos en materia de
igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial que impliquen o normal des-
envolvemento das súas funcións e, en concreto, as especificadas no artigo 2 da presente
orde.

2. Os gastos derivados de persoal adscrito aos gabinetes técnicos en materia de igual-


dade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial incluído o persoal de xestión
administrativa, coordinación e dirección técnica poderán imputarse desde o 1 de novembro
de 2021 ata o 31 de outubro de 2022.

3. Os gastos das actividades levadas a cabo serán imputables de acordo co seguinte:

a) Gastos xerais de execución que teñan relación directa coa actividade subvenciona-
ble e poderán comprender: compra de material funxible, gastos de deseño, maquetación,
impresión, distribución e publicidade.

b) Gastos derivados da subcontratación.


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

c) Gastos de persoal propio: a súa porcentaxe poderá ser do 100 %. Deberá terse en
conta que o referido límite se calculará en función das nóminas do período que correspon-
da á actividade que se vai realizar, non en función do custo total anual, e debe especifi-
carse as horas destinadas así como a correlativa porcentaxe de gasto e a natureza dos
traballos realizados.

d) Gastos de persoal técnico contratado expresamente para o desenvolvemento da ac-


tividade subvencionable, poderá imputarse o 100 % do custo laboral.

e) Gastos de axudas de custos do persoal técnico: poderán ser por desprazamento,


coas contías máximas de 0,19 euros por quilómetro.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27750

f) Gastos indirectos: gastos tales como consumo eléctrico, teléfono, mensaxaría, entre
outros; poderá imputarse ata un máximo do 10 % do seu importe e sempre que correspon-
dan cos locais en que se realizan as accións, tendo en conta que:

I. Non se poderán imputar estes gastos no caso de que as accións sexan subcontrata-
das en máis dun 50 %.

II. O período máximo para imputar estes gastos estará en función das datas efectivas
en que teñan lugar as accións.

4. O cobramento destas subvencións será compatible coa percepción de calquera outra


axuda pública ou privada da mesma natureza para a mesma actuación.

O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou
en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da
actividade subvencionada.

Artigo 8.  Gastos non subvencionables

1. Non se poderán imputar os gastos do persoal directivo ou dos cargos electos execu-
tivos das entidades solicitantes.

2. Non se admitirán gastos referidos á manutención nin ningún outro de carácter proto-
colario.

3. Non serán subvencionables os gastos financeiros, os derivados de actividades de


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

asesoría financeira ou xurídica e os gastos notariais e rexistrais, nin os gastos derivados


da compra de equipamentos informáticos nin de calquera outro tipo de investimento que
supoña un incremento patrimonial.

TÍTULO III
Disposicións comúns

Artigo 9.  Agrupacións das entidades beneficiarias

De conformidade co establecido no artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subven-


cións de Galicia, terán tamén a condición de entidades beneficiarias os membros aso-
ciados da entidade beneficiaria que se comprometan a executar a totalidade ou parte da

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27751

actividade que fundamenta a concesión da subvención en nome e por conta desta. O pa-
gamento da subvención efectuarase á entidade beneficiaria principal.

Artigo 10.  Prazo para a presentación de solicitudes e o seu contido

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día
seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos,
entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publi-
cación no DOG. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo,
entenderase que o prazo remata o último día do mes e, se o último día do prazo for inhábil,
entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. Cada entidade solicitante presentará unha única solicitude de axudas. No caso de


que se presente máis dunha solicitude, só será tida en conta aquela que se presentou en
primeiro lugar.

Artigo 11.  Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do


formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.
xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento ad-


ministrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas presenta a súa
solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación
electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de


identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o
sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 12.  Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

1) Documentación acreditativa da representación legal suficiente para actuar en nome


da entidade solicitante.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27752

2) Acordo do órgano reitor competente, debidamente acreditado, polo que se decida


solicitar a subvención.

3) Unha memoria explicativa das funcións que vai desenvolver o gabinete que inclúa
unha desagregación orzamentaria segundo a tipoloxía do gasto.

4) Unha relación do número de persoas que van conformar o gabinete e as funcións que
vai desenvolver cada unha delas.

5) Compromiso asinado pola persoa responsable da entidade solicitante de dispor, ou


estar se situación de dispor, do equipo mínimo exixido, no artigo 6 da presente orde.

6) No caso das entidades previstas no artigo 9 desta orde deberá achegarse:

a) Nomeamento dunha persoa representante ou apoderada única da asociación ou


agrupación, con poderes suficientes para cumprir coas obrigas das entidades beneficiarias.

b) Copia do instrumento de formalización da asociación ou agrupación.

c) Certificado expedido por quen teña estas facultades na organización, de acordo cos
seus estatutos, no cal se acredite a condición de membro asociado integrante da asocia-
ción.

d) Copia do compromiso de execución formalizado polas entidades asociadas ou agru-


padas, subscrito pola representación legal destas, no cal se concrete que partes do proxec-
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

to realizará cada entidade.

e) Compromiso de responsabilidade solidaria dos seus membros e de non disolución


mentres non transcorran os prazos de prescrición legalmente previstos.

No caso das entidades do artigo 9 exixirase achegar só os documentos sinalados nas


letras c), d) e e) do presente parágrafo.

7) Acción solicitada segundo o anexo II.

8) Orzamento total do solicitado por tipoloxía de gasto (anexo III).

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27753

9) Vida laboral das entidades beneficiarias, ou das que están integradas nelas e van
xestionar os fondos adxudicados, dos 30 últimos días inmediatamente anteriores á data
da solicitude.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento


administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os do-
cumentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera
Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante
que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados elec-
tronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de in-
termediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que
conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse


novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria pre-


sencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica.
Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada
a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que pre-


senten.
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou exis-


tan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira
motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán
requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude,


deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro
de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica su-
pere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electró-
nica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27754

prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o


tamaño e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Todos os requisitos exixidos ás entidades solicitantes entenderanse cumpridos na


data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 13.  Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a pre-
sentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta
cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 14.  Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos in-


cluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados
polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa que en nome e representación da entidade solicita a concesión


da subvención.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administra-
ción Tributaria.

d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo


no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da per-


soa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos


citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos
correspondentes.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27755

Artigo 15.  Instrución

1. A instrución do procedemento corresponderalle ao Servizo de Relacións Laborais e


de seguridade e saúde laboral da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

2. O procedemento que se seguirá na instrución dos expedientes será o establecido no


artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, coas concrecións que se establecen nos parágrafos
seguintes:

a) Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na orde, o órgano competente,


de conformidade co disposto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións
de Galicia, requirirá a entidade interesada para que, repare no prazo máximo e improrroga-
ble de 10 días, e indicarlle que, se así non o fixer, se considerará desistido da súa petición,
logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015,
do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) O órgano instrutor poderá solicitar a outros organismos os informes técnicos que


considere necesarios para a adecuada valoración das solicitudes.

Artigo 16.  Avaliación e Comisión de Valoración

1. O órgano instrutor, á vista das solicitudes e da documentación que se presente, ve-


rificará o cumprimento das condicións exixidas nesta orde e, no caso de non cumprir coas
condicións para ser entidade beneficiaria, ditará resolución de exclusión a persoa titular da
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Dirección Xeral de Relacións Laborais, por delegación da persoa titular da Consellería de


Emprego e Igualdade.

2. A Comisión de Valoración estará composta pola persoa titular da Subdirección Xeral


de Relacións Laborais, que a presidirá, e dúas persoas vogais, unha das cales será elixida
de entre as persoas adscritas á Dirección Xeral de Relacións Laborais, que exercerá as
funcións de titular da secretaría, con voz pero sen voto, e outra vogal que será unha persoa
experta do Servizo de Igualdade da Dirección Xeral de Relacións Laborais. Se, por calque-
ra causa, no momento en que a Comisión de Valoración teña que examinar as solicitudes,
algunha das persoas que a compoñen non puidese asistir, será substituída pola persoa
que, para o efecto, designe a persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27756

Poderá asistir ás reunións da Comisión de Valoración, con voz e sen voto, calquera
outra persoa que se considere necesaria, elixida de entre as persoas adscritas á Dirección
Xeral de Relacións Laborais.

Na composición da Comisión de Valoración procurarase acadar unha presenza equili-


brada de homes e mulleres.

3. Para unha mellor avaliación dos expedientes, a Comisión de Valoración, de maneira


motivada, poderá requirir das entidades solicitantes información ou documentación adi-
cional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha
relación directa coa solicitude.

4. A Comisión de Valoración, unha vez avaliadas as solicitudes presentadas, realizará


un informe para determinar a contía máxima das subvencións tendo en conta a orde de
prelación conseguida polas entidades solicitantes e con base nos criterios de valoración
que se establecen nesta orde.

5. A Presidencia da Comisión, tendo en conta o informe da Comisión de Valoración,


elevará a proposta de resolución ante o órgano competente para resolver.

Artigo 17.  Criterios de valoración para as solicitudes

A Comisión de Valoración examinará as solicitudes debidamente presentadas de acordo


cos criterios e a ponderación que a seguir se relacionan:

1. Representatividade da entidade solicitante (de 0 a 5 puntos):


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

A puntuación da representatividade valorarase da seguinte maneira (de 0 a 5 puntos):

a) Menos do 3 %: 0 puntos.

b) Do 3 % ata o 10 %: 1 punto.

c) Do 10 % ata o 15 %: 2 puntos.

d) Do 15 % ata o 20 %: 3 puntos.

e) Do 20 % ata o 24 %: 4 puntos.

f) Maior do 24 %: 5 puntos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27757

Terase en conta a representatividade con que conte cada organización no ámbito da


Comunidade Autónoma de Galicia de acordo cos seguintes criterios:

1º. Para as organizacións sindicais: a representatividade sindical en 31 de decembro


de 2021 concluído o proceso de eleccións sindicais previsto no título III da Lei do Estatuto
dos traballadores, e en virtude do sistema de medición da representatividade das organi-
zacións sindicais para os efectos das axudas previstas nesta orde.

2º. Para as asociacións empresariais: a porcentaxe de participacións na negociación co-


lectiva nos últimos seis anos, sempre que afecten máis de dez persoas traballadoras, cal-
culado respecto ao número total de participacións que acrediten as entidades solicitantes,
ou segundo o criterio da participación institucional que cada organización teña recoñecida
no ámbito da Comunidade Autónoma, de acordo coa Lei 17/2008, do 29 de decembro.

2. Taxa de estabilidade do persoal da entidade (de 0 a 4 puntos):

Entenderase por tal a porcentaxe de persoas traballadoras fixas sobre o total do cadro
de persoal da entidade:

a) Menos do 15 %: 0 puntos.

b) Do 15 % ata o 30 %: 1 punto.

c) Do 30 % ata o 50 %: 2 puntos.
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

d) Do 50 % ata o 80 %: 3 puntos.

e) 80 % ou máis: 4 puntos.

3. Paridade entre a porcentaxe de homes e mulleres no cadro de persoal da entidade


solicitante (de 0 a 2 puntos):

a) Menos dun 50 % de mulleres: 0 puntos.

b) Igual ou máis dun 50 % de mulleres: 2 puntos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27758

4. Polo compromiso do emprego efectivo da lingua galega, e de conformidade co esta-


blecido no artigo 20.2.l) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia (0-1 puntos):

a) Polo emprego efectivo da lingua galega: 1 punto.

b) Non empregar a lingua galega: 0 puntos.

5. Pola contribución á integración laboral de mulleres con discapacidade cun grao reco-
ñecido igual ou superior ao 33 %; mulleres vítimas de violencia de xénero; desempregadas
menores de 30 ou maiores de 45 anos na data de inicio da actividade laboral; desemprega-
das de longa duración (para estes efectos, entenderase que están na devandita situación
as que leven máis de doce meses sen ocupación na data de inicio da actividade laboral).
Ata un máximo de 6 puntos, 2 puntos por cada traballadora indefinida a tempo completo
nalgunha destas situacións adscrita ao gabinete.

6. Aquelas entidades que teñan recollido nos seus estatutos ou fins sociais a promoción
da igualdade ou a responsabilidade social, ou que teñan un plan de igualdade, puntuarase
con 5 puntos.

7. Unha vez instruídas todas as solicitudes, no caso de que o importe das axudas que
se concedan sexa inferior ou igual ao orzamento previsto nesta orde, non se procederá a
aplicar os criterios de valoración.

Artigo 18.  Criterios de desempate


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

No caso de empate na puntuación obtida, determinarase como criterio de desempate a


puntuación establecida en cada un dos criterios de valoración segundo a orde de prelación
establecida no artigo anterior desta orde. No caso de persistir o empate, terase en conta a
data e a hora de presentación da solicitude.

Artigo 19.  Resolución e recursos

1. A resolución dos expedientes corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de


Relacións Laborais por delegación da persoa titular da Consellería de Emprego e Igual-
dade, que será notificada ás entidades interesadas no prazo de 10 días desde que se
dite. Unha vez notificadas as resolucións, as entidades interesadas dispoñerán dun prazo

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27759

de 10 días para a súa aceptación, transcorrido o cal, sen que se produza manifestación
expresa, entenderase tacitamente aceptada, segundo o artigo 21.5 da Lei 9/2007, de sub-
vencións de Galicia.

2. No momento en que se teña constancia da aceptación da subvención concedida, po-


deranse realizar pagamentos anticipados, logo de solicitude en concepto de anticipo e de
acordo coas seguintes condicións establecidas no artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de
xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións
de Galicia:

a) Cando o importe da subvención non supere os 18.000 euros, ata o 80 % da subven-


ción concedida.

b) Cando o importe da subvención concedida supere os 18.000 euros, poderanse con-


ceder pagamentos dun 10 % adicional sobre o importe que exceda os 18.000 euros.

Neste caso, as entidades solicitantes dese pagamento anticipado quedan exoneradas


da constitución de garantía, segundo o disposto no artigo 65.4.f) do Decreto 11/2009, do 8
de xaneiro.

3. De acordo co sinalado no artigo 23.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de


Galicia, e tendo en conta que se trata dun procedemento baixo o réxime de concorrencia
competitiva, o prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento non
poderá exceder os 3 meses. Transcorrido ese prazo sen que se dite resolución expresa,
entenderase rexeitada a solicitude.

4. As resolucións ditadas poñen fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñer-
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

se, potestativamente, recurso de reposición ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais,


no prazo dun mes desde a súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional
competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notifica-
ción, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regula-
dora da xurisdición contencioso-administrativa.

5. De conformidade co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de


Galicia, e o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a
Consellería de Emprego e Igualdade publicará na súa páxina web e no DOG a relación das

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27760

entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da so-
licitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das entidades
beneficiarias e a súa publicación na citada páxina web.

Artigo 20.  Práctica das notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios


electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administra-
tivo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración


dixital de Galicia, as notificación electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na
sede electrónica de Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de
Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á dispo-
sición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.
Estes avisos non terán, en ningún caso, efecto de notificación practicada e a súa falta non
impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital


de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico ha-
bilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para
todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entida-
des instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e
as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá, de oficio, crear o indicado
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa


obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso


ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorresen 10 días naturais desde a
posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practi-


carase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento
administrativo común.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27761

Artigo 21.  Prazo de finalización e de xustificación das accións

1. Todas as accións deberán estar finalizadas con data límite do 31 de outubro de 2022,
agás que na resolución de concesión se estableza unha data posterior.

2. No relativo á presentación da documentación xustificativa, será ata o 15 de novembro


de 2022.

Artigo 22.  Documentación requirida para a xustificación do pagamento

1. A acreditación da aplicación da subvención para os fins para os cales foi concedida


realizarase mediante a presentación da xustificación económica e da xustificación técnica
ou do informe final dirixida á Dirección Xeral de Relacións Laborais da forma prevista no
artigo 13 para o cal se poderán empregar calquera dos mecanismos de identificación e
sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario
e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Deberán achegar os seguintes documentos:

a) Certificación da persoa representante legal da entidade solicitante que acredite as


persoas adscritas ao gabinete técnico.

b) Certificado da entidade en que figure a mención das accións realizadas, o importe


xustificado e a relación de facturas e os gastos de persoal (anexo IV).

c) Declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para a mesma acti-


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

vidade ás distintas administracións públicas competentes ou ás súas entidades vinculadas


ou dependentes, tanto as aprobadas como as pendentes de resolución, incluídas as re-
solucións correspondentes, e da cantidade que achega a entidade para o financiamento
da acción, se é o caso, así como o xustificante de pagamento do financiamento propio
(anexo V).

d) Facturas nas cales figure o destino concreto do gasto, que deberá axustarse á fina-
lidade da subvención. Ademais, deberanse presentar os xustificantes de pagamento das
ditas facturas, de acordo co disposto nos artigos 28 e 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia, e no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se
aproba o Regulamento da dita lei.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27762

e) Admítese a presentación de facturas electrónicas sempre que se poida garantir a


autenticidade da orixe e a integridade do contido da factura, de acordo co artigo 10 do Real
decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se
regulan as obrigas de facturación. Tamén se admiten os xustificantes de pagamento por
vía electrónica.

f) Non se admitirán as xustificacións de gastos realizadas mediante pagamentos en


efectivo nin xustificantes de data posterior ao vencemento do prazo de xustificación.

g) Declaración de que as facturas e demais documentación que se presenten para o


efecto de xustificar o gasto subvencionado non foron nin serán presentadas como xustifi-
cación para a concesión doutras axudas por calquera outra Administración pública compe-
tente ou por outros entes públicos ou privados.

h) A xustificación técnica ou informe final do proxecto será conforme o modelo que se


inclúe como anexo VI ao final deste texto articulado e especificará co máximo detalle as
accións realizadas e a súa relación directa cos xustificantes do gasto.

i) Segundo a tipoloxía do gasto a documentación a presentar será a seguinte:

I. Gastos xerais de execución: achegarase copia e o seu xustificante de pagamento. Se


é o caso, achegarase coa solicitude de xustificación unha unidade física dos respectivos
materiais elaborados. No caso dos gastos de publicidade e difusión, presentarase, ade-
mais, documento gráfico ou material que acredite a súa realización: prensa, difusión en
páxina web, díptico, cartel; os devanditos materiais, unha vez feita a comprobación pola
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Dirección Xeral de Relacións Laborais, deberán ser retirados pola propia entidade nun pra-
zo de dous meses desde o pagamento; no caso de non retirarse, pasarán a ser propiedade
da Administración.

II. Gastos derivados da subcontratación:

1º. No suposto recollido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de


Galicia, e sempre que o importe do gasto subvencionable supere a contía establecida na
lexislación vixente de contratos do sector público para os contratos menores, deberán pre-
sentarse, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores que a entidade beneficiaria
deberá solicitar con carácter previo á contratación.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27763

2º. Para xustificar este gasto presentarase: copia do contrato subscrito con terceiros
para a execución total ou parcial das ditas actividades segundo o establecido no artigo 27
da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; copia da factura, coa explicación
detallada do gasto e o prezo unitario de cada actividade relacionada coa acción, e o docu-
mento acreditativo do seu pagamento.

III. Gastos de persoal:

Para xustificar os gastos de persoal deberá presentarse a seguinte documentación:

1º. Documentación que acredite que, como mínimo, unha das persoas adscritas ao ga-
binete dispoñen dunha titulación de grao ou equivalente (titulo universitario ou equivalente).

2º. Acreditación de que, como mínimo, unha das persoas adscritas ao gabinete perten-
cen ao grupo de cotización 1 ou 2 (relación nominal de persoas traballadoras ou equiva-
lente).

3º. Certificado que acredite que, como mínimo, unha das persoas adscritas ao gabine-
te dispoñen de experiencia acreditada en igualdade laboral de, como mínimo, dous anos
(certificado expedido pola entidade beneficiaria).

4º. Acreditación de que as persoas adscritas ao gabinete dispoñen de formación en


igualdade laboral, de como mínimo de 200 horas (títulos, diplomas, certificados das enti-
dades que impartiron o curso).

5º. No caso de persoal propio deberán presentar certificado da persoa representante le-
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

gal da entidade no cal conste o número de horas da xornada de traballo ordinaria dedicada
á actividade subvencionada e o seu custo.

6º. Terá que presentarse o contrato de traballo do persoal adscrito á actividade do gabi-
nete. Neste, indicarase a data de inicio e fin da contratación, acreditando, así mesmo, que
dispoñen de experiencia en materia de igualdade de xénero e de oportunidades, acreditan-
do ademais, como mínimo que unha das persoas adscritas ao gabinete dispón de titulación
de grao ou equivalente.

7º. Copia das nóminas de cada un dos meses que se imputan á actividade subvencio-
nada, xunto co comprobante do pagamento expedido pola entidade bancaria.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27764

8º. Cadro en que figuren os cálculos realizados para obter o importe da imputación da
subvención: horas, conceptos, importes, porcentaxes aplicadas, totais. Nun formato (tipo
Calc ou Excel) que permita extraer datos para a súa posterior consulta.

9º. Xustificantes correspondentes ás cotizacións da Seguridade Social (RLC e RNT,


sistema de liquidación directa Proxecto Creta) e ás respectivas transferencias bancarias
do seu pagamento.

10º. Modelo 190 relativo ás retencións en concepto de IRPF polos períodos e persoas
correspondentes e ás respectivas transferencias bancarias do seu pagamento.

IV. Axudas de custo: deberán presentar o documento xustificativo do servizo que se rea-
lizou vinculado á acción, a súa efectiva liquidación e o xustificante de pagamento.

V. Gastos indirectos: certificado emitido pola persoa representante legal da entidade be-
neficiaria, sen prexuízo de que a Dirección Xeral de Relacións Laborais solicite, en calquera
momento, as correspondentes facturas e os documentos acreditativos do seu pagamento.

VI. Gastos específicos das accións: copia da factura e o seu xustificante de pagamento.

a) Os documentos e demais accións que se realicen deberán levar a lenda «co financia-
mento de», o anagrama da Xunta de Galicia (https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/
composición-con-presidencia-vicepresidencias-e-consellerías) e o depósito legal, de ser o
caso. Por outra banda, ao estar financiada esta orde con fondos finalistas do estado, debe-
rá incorporarse a esta documentación o anagrama correspondente do Ministerio de Traba-
llo e Economía Social recollido na Orde TES 527/2021.
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

b) O incumprimento da obrigación de presentar a xustificación técnica, así como a de


incluír os aspectos sinalados no presente artigo, dará lugar ao non pagamento e/ou á re-
vogación da axuda.

Artigo 23.  Corrección de defectos da xustificación e pagamento

1. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que a entidade beneficiaria da


subvención presente a documentación exixida, requirirase para que a presente no prazo
improrrogable de 10 días. Así mesmo, cando a Dirección Xeral de Relacións Laborais,
na comprobación da subvención, aprecie a existencia de defectos emendables na xustifi-
cación presentada pola/s beneficiaria/s, poñerao no seu coñecemento e concederalle un
prazo de 10 días para a súa corrección. A falta de presentación da xustificación ou a non

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27765

corrección no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobra-


mento da subvención (artigos 45 e 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se
aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).

2. Tras a recepción da documentación requirida procederase á revisión e valoración dos


documentos xustificativos da execución. Unha vez feita a revisión, realizarase a proposta
de pagamento ou a revogación da subvención.

3. Revisada a xustificación e sempre que esta se axuste ao disposto nesta orde, a Di-
rección Xeral de Relacións Laborais emitirá as certificacións para poder facer efectiva a
correspondente liquidación da axuda concedida.

4. Poderán acordarse pagamentos parciais á medida que as entidades beneficiarias


xustifiquen as actividades xa realizadas. Estes pagamentos, conxuntamente cos pagamen-
tos anticipados, nunca serán superiores ao 80 % da subvención concedida.

5. De acordo co establecido no artigo 65.4.f) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo


que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en
relación cos artigos 62.3 e 67 do mesmo corpo legal, quedan exonerados da constitución
de garantías as entidades beneficiarias de subvencións con cargo aos créditos orzamen-
tarios correspondentes ao capítulo IV, transferencias correntes, destinados a familias e
institucións sen fins de lucro.

Artigo 24.  Obrigas das entidades beneficiarias

1. Executar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

subvención.

2. Comunicar ao órgano instrutor calquera modificación das condicións tidas en conta


para a concesión da subvención, así como dos compromisos e das obrigas asumidos.

3. Comunicar a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finali-


dade procedentes de calquera Administración ou ente público estatal ou internacional.

4. O sometemento ás actuacións de control, comprobación e inspección que efectuará


a Consellería de Emprego e Igualdade, ás de control financeiro que correspondan, se é
o caso, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do
Tribunal de Contas e ao Consello de Contas, ou a outros órganos que proceda, así como

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27766

a obriga de facilitar información, tal como establece o artigo 11.c) da Lei 9/2007, do 13 de
xuño, de subvencións de Galicia.

5. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debi-


damente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable á
entidade beneficiaria en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros especí-
ficos sexan necesarios, coa finalidade de garantir o exercicio adecuado das facultades de
comprobación e control.

6. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos


os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación
e control.

7. Dar a adecuada publicidade de carácter público do financiamento das actuacións que


sexan obxecto de subvención nos termos regulamentariamente establecidos, en concreto,
deberá consignarse a lenda «co financiamento de» e o anagrama da Xunta de Galicia (https://
www.xunta.gal/identidade-corporativa/composición-con-presidencia-vicepresidencias-e-con-
sellerías) en todas as actividades de difusión, así como no material que se realice con motivo
das actuacións realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria, e tamén deberá observarse
o disposto na Lei 23/2011, do 29 de xullo, de depósito legal, así como calquera outra das
obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Calquera outra das obrigas establecidas nos artigos 11 e 45 da Lei 9/2007, do 13 de


xuño, de subvencións de Galicia.
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

9. Estarán obrigadas a ceder ao uso público, sen ánimo de lucro, todos aqueles mate-
riais que resulten da execución da actividade, dípticos, enquisas, conferencias e relatorios
que poidan ser de interese.

10. Deberán estar, con independencia da súa contía, tanto antes de ditarse a resolución
de concesión como de proceder ao cobramento das subvencións, ao día nas súas obrigas
tributarias e sociais e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún con-
cepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

11. Compromiso da entidade solicitante no cal se indique que os locais que vai ocupar
estarán debidamente identificados.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27767

12. As actividades subvencionables e os seus entregables elaborados pola entidade


beneficiaria, así como a súa difusión, poderán ser realizados en idioma galego e castelán
pero, en todo caso, deberán realizarse en galego.

Artigo 25.  Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da


Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 8 de xaneiro, de transparencia e


bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a
subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da
Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria
para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei. O incumpri-
mento desta obriga determinará, de ser o caso, a imposición das multas coercitivas previs-
tas no número 4 do citado artigo.

Artigo 26.  Publicación na BDNS

De conformidade co previsto no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, xeral de subvencións,


tramitarase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta,
o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario
Oficial de Galicia.

Artigo 27.  Gradación dos incumprimentos


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

De acordo co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,


os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se
minorará ou reintegrará serán os seguintes:

1. Procederá non realizar o pagamento ou o posterior reintegro da totalidade da axuda


concedida nos seguintes casos:

a) Incumprimento das obrigas ou compromisos regulados por esta orde e os aceptados


pola entidade beneficiaria.

b) Incumprimento das obrigas exixidas á entidade beneficiaria para a concesión da sub-


vención recollidas no artigo 24 da presente orde.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27768

c) No caso de que non se presente ningunha da documentación exixida.

d) Incumprimento das obrigas en materia de publicidade establecidas nesta orde.

e) A obtención da axuda falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que


impidan a concesión.

f) Cando as actividades subvencionables e os seus entregables elaborados pola entida-


de beneficiaria, así como a súa difusión non estivesen en galego.

2. Procederá o pagamento parcial ou, a posteriori, o reintegro parcial, en proporción


ao gasto non xustificado ou aos datos coñecidos despois do pagamento, nos seguintes
supostos:

a) A presentación só de parte da documentación exixida ou que esa documentación


sexa incorrecta.

b) Calquera outro incumprimento considerarase incumprimento parcial dos fins para os


cales se concedeu a axuda e dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, de ser o
caso, ao reintegro, en ambos os casos, na porcentaxe correspondente ao investimento non
efectuado ou non xustificado.

Artigo 28.  Modificación de resolución de concesión

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión destas axudas ou sub-
vencións, así como a obtención concorrente de subvencións e axudas outorgadas por
outras administracións ou outros entes públicos ou privados, estatais ou internacionais,
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

fóra dos casos permitidos nesta orde, ou que o importe supere o custo total da actividade
subvencionada que desenvolverá a entidade beneficiaria, poderá dar lugar á modificación
da resolución de concesión ou, se é o caso, á súa revogación.

Artigo 29.  Revogación

1. Procederá a revogación da axuda, así como o reintegro total ou parcial das canti-
dades percibidas e a exixencia do xuro de demora, nos casos e nos termos previstos no
artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A obriga de reintegro establecida no parágrafo anterior enténdese sen prexuízo das


competencias que ten a Inspección de Traballo e Seguridade Social en virtude do estable-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27769

cido no Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refun-
dido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Artigo 30.  Seguimento e control

1. A Dirección Xeral de Relacións Laborais poderá comprobar, en todo momento, a apli-


cación das subvencións concedidas para os fins programados.

2. Co fin de garantir o seguimento adecuado e control destas subvencións, unha vez no-
tificadas as resolucións de concesión, as entidades beneficiarias deberán achegar a plani-
ficación definitiva e só se comunicarán os cambios que afecten esa planificación definitiva.
Estes cambios dirixiranse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Disposición adicional primeira.  Delegación de atribucións

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Emprego e


Igualdade na persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais para resolver a con-
cesión ou denegación das axudas e subvencións previstas nesta orde, para autorizar, dis-
poñer, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, así como para
resolver os procedementos de reintegro das subvencións indebidamente percibidas polas
entidades beneficiarias, respecto das resolucións de concesión, das que derivan, ditadas
por delegación da persoa titular da consellería.

Disposición adicional segunda.  Outra documentación

A Consellería de Emprego e Igualdade poderá requirir, en todo momento, a documen-


tación que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das con-
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

dicións exixidas da subvención concedida agás aquela que, de acordo co artigo 28.3 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas, xa se encontre en poder da administración actuante.

Disposición derradeira primeira.  Remisión normativa

En todo o non disposto nesta orde será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de
subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regu-
lamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; a Lei 38/2003, do 17
de novembro, xeral de subvencións; a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade
sindical, o Estatuto dos traballadores e, con carácter supletorio, a Lei 39/2015, do 1 de ou-
tubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27770

Disposición derradeira segunda.  Facultade de desenvolvemento

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais para ditar, no ámbi-
to das súas competencias, as resolucións e instrucións necesarias para o desenvolvemen-
to e a execución desta disposición.

Disposición derradeira terceira.  Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza


Conselleira de Emprego e Igualdade
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27771

ANEXO I

PROCEDEMENTO CÓDIGO DE PROCEDEMENTO DOCUMENTO


AXUDAS DESTINADAS Á CREACIÓN E/OU FUNCIONAMENTO DE GABINETES
TÉCNICOS EN MATERIA DE IGUALDADE LABORAL E DE OPORTUNIDADES E CONTRA TR807J SOLICITUDE
A FENDA SALARIAL

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE


RAZÓN SOCIAL NIF

TIPO NOME DA VÍA NÚM. BLOQ. ANDAR PORTA

PARROQUIA LUGAR

CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO LOCALIDADE

TELÉFONO 1 TELÉFONO 2 CORREO ELECTRÓNICO

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN (deberá acreditarse a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito)
NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

DATOS PARA OS EFECTOS DE NOTIFICACIÓN


Todas as notificacións ás persoas interesadas realizaranse só por medios electrónicos a través do Sistema de notificación electrónica de
Galicia-Notifica.gal https://notifica.xunta.gal
Só se poderá acceder á notificación co certificado electrónico ou Chave365.
Enviaranse avisos da posta á disposición da notificación no correo electrónico e/ou teléfono móbil facilitados a seguir e que poderán cambiar en
calquera momento a través de Notifica.gal:
TELÉFONO MÓBIL CORREO ELECTRÓNICO

DATOS BANCARIOS
Declaro baixo a miña responsabilidade que son certos os datos consignados relativos á conta bancaria indicada.
TITULAR DA CONTA NÚMERO DA CONTA BANCARIA (24 DÍXITOS)
IBAN

DENOMINACIÓN DA PERSOA RESPONSABLE/COORDINADORA ÚNICA PARA O SEGUIMENTO E CONTROL DOS ASPECTOS


TÉCNICOS DE TODOS OS PROXECTOS INCLUÍDOS NA SOLICITUDE
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

TELÉFONO 1 TELÉFONO 2 CORREO ELECTRÓNICO

A PERSOA REPRESENTANTE DECLARA:


1. Que, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas, non se lle concedeu ningunha outra axuda para este mesmo proxecto ou
conceptos para os cales se solicita esta subvención, e que se compromete a comunicar inmediatamente cantas axudas obteña doutras
administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
2. Que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
3. Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
4. Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007,
do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións
de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o
Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. Que acepta as actuacións de comprobación da Consellería de Emprego e Igualdade.
7. Que acepta a introdución no proxecto das modificacións que sexan necesarias para adaptalo aos obxectivos fixados pola Consellería de
Emprego e Igualdade e que se compromete a realizar as accións nos mesmos termos en que fosen aprobadas.

Este formulario só poderá presentarse nas


https://sede.xunta.gal formas previstas na súa norma reguladora

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27772

ANEXO I
(continuación)

DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA OU XA PRESENTADA CON ANTERIORIDADE


NO CASO DAS AGRUPACIÓNS A QUE SE REFIRE O ARTIGO 9
Nomeamento dunha persoa representante ou apoderada única, con poderes bastantes para cumprir coas obrigas das entidades beneficiarias

Copia do instrumento de formalización da asociación ou agrupación


Certificado en que se acredite a condición de membro asociado
Copia do compromiso de execución formalizado polas entidades asociadas ou agrupadas, subscrito pola representación legal destas
Compromiso de responsabilidade solidaria dos seus membros e de non disolución mentres non transcorran os prazos de prescrición
legalmente previstos

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE DAS ACTIVIDADES


Actuación para a cal se solicita a subvención (anexo II)
Acordo do órgano rector competente, debidamente acreditado, polo que se decida solicitar a subvención
Memoria explicativa das funcións que vai desenvolver o gabinete que inclúa unha desagregación orzamentaria segundo a tipoloxía do gasto
Relación do número de persoas que van conformar o gabinete e as funcións que vai desenvolver cada unha delas
Compromiso de dispoñibilidade do equipo mínimo exixido no artigo 6
Orzamento total solicitado por tipoloxía do gasto (anexo III)
Vida laboral da entidade ou, de ser o caso, das que estean integradas nestas e van xestionar os fondos adxudicados, dos últimos 30 días

ÓRGANO CÓD. PROC. ANO


Documentación acreditativa da representación legal suficiente para actuar no nome
da entidade

COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas
OPÓÑOME Á
interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos
CONSULTA
documentos.
DNI ou NIE da persoa representante
Certificado de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social
Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia
CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS
AUTORIZO A
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta,
CONSULTA
deberá achegar o documento correspondente.
NIF da entidade solicitante SI NON
Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria SI NON

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE A PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS


Responsable do tratamento Xunta de Galicia. Consellería de Emprego e Igualdade.
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Tramitar este procedemento, verificar os datos e documentos que a persoa interesada achegue na súa
solicitude para comprobar a exactitude destes, levar a cabo as actuacións administrativas que deriven e
Finalidades do tratamento
informar sobre o estado de tramitación. Así mesmo, os datos persoais incluiranse na Carpeta cidadá de cada
persoa interesada para facilitar o acceso á información, tanto persoal como de carácter administrativo.
O cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos derivada dunha
competencia legalmente atribuída ao responsable do tratamento, así como o cumprimiento de obrigas legais
impostas ao dito responsable (artigo 6.1, letras c) e e), do RXPD, e 8 da Lei orgánica 3/2018,
do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitales). En concreto, a
Lexitimación para o
competencia e obrigas previstas nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de
tratamento
subvencións, e da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo
goberno, así como na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na Lei 39/2015, do 1 de outubro,
do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno, e na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
Destinatarias dos datos As administracións públicas no exercicio das súas competencias.
As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión
dos seus datos ou retirar, de ser o caso, o consentimento outorgado a través da sede electrónica da Xunta de
Exercicio de dereitos
Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común,
segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos.
Contacto coa persoa delegada
de protección de datos e máis https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
información

Este formulario só poderá presentarse nas


https://sede.xunta.gal formas previstas na súa norma reguladora

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27773

ANEXO I
(continuación)

LEXISLACIÓN APLICABLE
Orde do 22 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou funcionamento de gabinetes
técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa convocatoria na Comunidade
Autónoma de Galicia no exercicio de 2022 (código de procedemento TR807J).

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Dirección Xeral de Relacións Laborais Este formulario só poderá presentarse nas


https://sede.xunta.gal formas previstas na súa norma reguladora

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27774

ANEXO II

ACTUACIÓN SOLICITADA

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE


RAZÓN SOCIAL NIF

TIPO DE ENTIDADE
Organización empresarial intersectorial Organización sindical intersectorial

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN
NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

EN CALIDADE DE (CARGO/POSTO QUE DESEMPEÑA)

CRITERIOS DE VALORACIÓN
1. PORCENTAXE DE REPRESENTATIVIDADE DA ENTIDADE
%

2. TAXA DE ESTABILIDADE NO CADRO DE PERSOAL DA ENTIDADE


Nº DE PERSOAS TRABALLADORAS PERSOAL FIXO PERSOAL TEMPORAL PORCENTAXE
%

3. PROPORCIÓN ENTRE HOMES E MULLERES NO CADRO DE PERSOAL DA ENTIDADE


Homes % Mulleres %

4. POLO EMPREGO EFECTIVO DA LINGUA GALEGA


Emprego efectivo SI NON

5. INTEGRACIÓN LABORAL
Número de mulleres cun grao recoñecido de discapacidade do 33 %, vítimas de violencia de xénero, desempregadas menores de 30 anos ou
maiores de 45 e desempregadas de longa duración, adscritas ao gabinete

6. PROMOCIÓN DA IGUALDADE NA ENTIDADE


Prevé nos seus estatutos ou fins sociais a promoción da igualdade ou RSE

Ten un plan de igualdade

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Lugar e data

, de de

Dirección Xeral de Relacións Laborais Este formulario só poderá presentarse nas


https://sede.xunta.gal formas previstas na súa norma reguladora

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27775

ANEXO III

ORZAMENTO TOTAL DO PROXECTO

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE


RAZÓN SOCIAL NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN
NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

EN CALIDADE DE (CARGO/POSTO QUE DESEMPEÑA)

IMPORTE SOLICITADO IMPORTE TOTAL


ACTUACIÓN SOLICITADA
(€) ACCIÓN (€)

TOTAL SOLICITUDE

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE


CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Lugar e data

, de de

Dirección Xeral de Relacións Laborais Este formulario só poderá presentarse nas


https://sede.xunta.gal formas previstas na súa norma reguladora

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27776

ANEXO IV

CERTIFICADO DA ENTIDADE DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS, O IMPORTE QUE SE XUSTIFICA


E A RELACIÓN DE FACTURAS E GASTOS DE PERSOAL
TR807J-AXUDAS DESTINADAS Á CREACIÓN E/OU FUNCIONAMENTO DE GABINETES TÉCNICOS EN MATERIA DE IGUALDADE LABORAL E DE
OPORTUNIDADES E CONTRA A FENDA SALARIAL

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE


RAZÓN SOCIAL NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN
NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

EN CALIDADE DE (CARGO/POSTO QUE DESEMPEÑA)

SOLICITA:
A subvención ao abeiro da convocatoria de subvencións pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á creación e/ou
funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda salarial, e se procede á súa
convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio 2022 para o proxecto denominado:

Núm. de expediente

A persoa representante declara en relación co referido proxecto, declara responsablemente que:


A entidade á cal representa realizou integramente o proxecto que contén as seguintes actuacións:
ACTUACIÓNS (1)
DATA DE INICIO (2)
DATA DE FIN (2)
IMPORTE (€)
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Así mesmo, declara que a relación de facturas e gastos de persoal é a seguinte:


PERSOA TRABALLADORA PERÍODO DE IMPUTACIÓN % IMPUTACIÓN NÚMERO DE HORAS IMPORTE

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27777

ANEXO IV
(continuación)

SOLICITA (continuación)
No caso de subcontratación
EMPRESA SUBMINISTRADORA DOS BENS E DATA DE
CONCEPTO DA FACTURA IMPORTE TIPO DE GASTO (3)
SERVIZOS PAGAMENTO

IMPORTE TOTAL XUSTIFICADO TOTAL PARA SUBVENCIONAR

(1) ACTUACIÓNS: indíquese a denominación da actuación que se realizou.


(2) DATAS: indíquese a data de inicio e fin de cada actuación.
(3) TIPO DE GASTO: relacionarase en función da clasificación de gastos da guía de xustificación económica.

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Dirección Xeral de Relacións Laborais

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27778

ANEXO V

DECLARACIÓN DOUTRAS AXUDAS


TR807J-AXUDAS DESTINADAS Á CREACIÓN E/OU FUNCIONAMENTO DE GABINETES TÉCNICOS EN MATERIA DE IGUALDADE LABORAL E DE
OPORTUNIDADES E CONTRA A FENDA SALARIAL

DATOS DA ENTIDADE SOLICITANTE


RAZÓN SOCIAL NIF

E, NA SÚA REPRESENTACIÓN
NOME/RAZÓN SOCIAL PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NIF

EN CALIDADE DE (CARGO/POSTO QUE DESEMPEÑA)

A PERSOA REPRESENTANTE DECLARA:


1. Que as facturas e demais documentación que se presenta para os efectos de xustificar o gasto subvencionado non foron nin serán
presentadas como xustificación para a concesión doutras axudas por calquera outra Administración pública competente ou por outros entes
públicos ou privados.
2. Que esta entidade non incorre nas circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia.
3. Que esta entidade non solicitou nin percibiu outras axudas das distintas administracións públicas competentes ou doutros entes públicos ou
privados, para a creación e/ou funcionamento de gabinetes técnicos en materia de igualdade laboral e de oportunidades e contra a fenda
salarial.

SINATURA DA PERSOA REPRESENTANTE

Lugar e data

, de de
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Dirección Xeral de Relacións Laborais

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27779

ANEXO VI
Modelo de xustificación técnica ou informe final da actividade subvencionada

O obxectivo de presentar un informe final da actividade subvencionada é para facilitar a


difusión, se é o caso, dos seus resultados.

Este documento debe seguir o esquema seguinte:

A. Datos de identificación da actividade subvencionada:

1. Título: indicar o título completo.

2. Persoa autora: en primeiro lugar, indicar o nome das persoas autoras principais e, a
seguir, o das persoas colaboradoras.

3. Entidade subvencionada: nome completo da entidade e NIF.

4. Datas de realización: indicar a data de inicio e fin do proxecto global.

5. Cronograma: presentar un cronograma co desenvolvemento das distintas fases da


actividade.

6. Ámbito territorial: sinalar a dimensión territorial.

7. Persoas destinatarias: sinalar a quen vai dirixido e se pertencen a un mesmo sector


ou a diferentes.
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

B. Sinopse:

Explicaranse os obxectivos e os aspectos máis relevantes da actividade. Así mesmo,


explicaranse, brevemente, os antecedentes, o desenvolvemento da actividade obxecto de
subvención e os obxectivos conseguidos, cunha pequena síntese dos resultados ou con-
clusións.

C. Metodoloxía:

Trátase de proporcionar a información o máis precisa e concreta posible sobre a forma


de levar a cabo a actividade subvencionada. Se é o caso, debe explicarse o método de re-
collida da información, obxectivos principais e específicos, variables ou temática principal.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27780

D. Resultados:

Farase referencia aos resultados concretos e puntuais máis importantes.

E. Utilidade práctica dos resultados en relación coa igualdade laboral e de oportunida-


des e contra a fenda salarial:

Describirase a achega que a actividade supón no eido da igualdade laboral e de oportu-


nidades e contra a fenda salarial, e se vai ter continuidade.

F. Conclusións finais e posibles recomendacións:

Expoñeranse as conclusións deducidas dos resultados e sinalaranse, cando sexa per-


tinente, as oportunas recomendacións para a solución dos problemas detectados e a súa
posible aplicación nas empresas.

G. Recursos humanos e técnicos:

Sinalaranse as persoas participantes na actividade subvencionada e os medios técnicos


que se precisaron. Entre os recursos deberán figurar, se é o caso, as subcontratacións rea-
lizadas, indicando as tarefas encomendadas e a xustificación da necesidade de recorrer a
estas subcontratacións.

H. Ficha de seguimento de actuacións dos gabinetes técnicos:

Nome do persoal técnico:.................................................................................................


Persoa traballadora: Home � Muller �
CVE-DOG: x5ddweg1-7iv2-fyj7-k2o1-1qls80e85jp2

Empresa asesorada: � Sector de actividade.....................................................................


Actividade divulgativa ou informativa:....................................................................................

Data:.................... Hora de inicio:................................... Hora de finalización:.....................


Resumo da actuación realizada:

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like