You are on page 1of 2

DOG Núm.

166 Xoves, 1 de setembro de 2022 Páx. 46755

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ORDE do 22 de agosto de 2022 pola que se modifica a Orde do 21 de marzo


de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de
subvencións públicas destinadas ao financiamento do Programa de apoio
a mulleres nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de recuperación,
transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU,
e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento
TR332E).

O día 31 de marzo de 2022 publicouse no número 63 do Diario Oficial de Galicia a Orde


do 21 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión
de subvencións públicas destinadas ao financiamento do Programa de apoio a mulleres
nos ámbitos rural e urbano, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia
financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para
o exercicio 2022 (código de procedemento TR332E).

Unha vez publicada a orde da convocatoria e durante o seu proceso de instrución, de-
tectouse a necesidade de engadir un punto 5 ao artigo 4 (actuacións subvencionables), re-
lativo á posibilidade de que as entidades beneficiarias da subvención poidan subcontratar
as actividades de formación incluídas no artigo 4.1.c) e 4.1.d) ata o límite do 40 % do custo
final da actividade subvencionada, dada a importancia da formación nestes programas.

Por todo o exposto, modifícase a orde sen que implique modificación do prazo de pre-
CVE-DOG: ca4y3v20-hmn4-tv62-noh6-0c02xz1vj5q6

sentación de solicitudes, que permanece aberto ata o día 14 de outubro de 2022.

En consecuencia co exposto, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da


Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.  Modificación do artigo 4. Actuacións subvencionables

Engádese un punto 5 ao artigo 4 da Orde do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a


convocatoria e pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subven-
cións públicas, destinadas ao financiamento do Programa de apoio a mulleres nos ámbitos

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 166 Xoves, 1 de setembro de 2022 Páx. 46756

rural e urbano, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado


pola Unión Europea-NextGenerationEU, que queda redactado do seguinte xeito:

«5. Poderán ser obxecto de subcontratación unicamente as accións previstas nas le-
tras c) e d) do punto 1 deste artigo.

a) Entenderase por subcontratación os gastos derivados da contratación con terceiros


da execución da formación dirixida ás persoas desempregadas participantes no programa
nos termos establecidos nesta orde. Cando as entidades beneficiarias teñan que recorrer á
subcontratación, deberán cumprir co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño,
de subvencións de Galicia.

b) Non se considera subcontratación a contratación directa por parte da entidade benefi-


ciaria do persoal docente para a impartición da formación subvencionada. Por contratación
de persoal docente enténdese exclusivamente a contratación de persoas físicas (por conta
propia ou allea).

c) Poderán ser obxecto de subcontratación unicamente as actividades de formación


incluídas no artigo 4.1.c) e 4.1.d) e ata o límite do 40 % do custo final da actividade sub-
vencionada.

d) A/as entidade/s subcontratada/s deberán presentar unha declaración responsable de


adecuación ao principio de «non causar prexuízo significativo» (principio Do Not Signifi-
cant Harm-DNSH) no sentido establecido no número 6) do artigo 2 do Regulamento (UE)
núm. 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, segundo
o anexo V da orde de convocatoria.
CVE-DOG: ca4y3v20-hmn4-tv62-noh6-0c02xz1vj5q6

En todo caso, a entidade beneficiaria asume a responsabilidade da execución da activi-


dade subvencionada frente á Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade».

Disposición derradeira.  Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza


Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like