You are on page 1of 1

DOG Núm. 224 Venres, 24 de novembro de 2023 Páx.

65042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

EXTRACTO da Orde do 16 de novembro de 2023 pola que se amplía a dotación


orzamentaria da Orde do 21 de decembro de 2022, pola que se establecen
as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración
e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo
Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de
2023 (código de procedemento MR361A).

BDNS (Identif.): 665743.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de


novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto com-
pleto pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.min-
hap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación da dotación orzamentaria

Amplíase a dotación orzamentaria que se establece na Orde do 21 de decembro de 2022


pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a
elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo
Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2023, nos
seguintes importes:

Concepto orzamentario Código de proxecto Anualidade 2023 (€) Anualidade 2024 (€)
14.04.713D.770.0 201400658 2.336.452 1.000.000

Conforme iso, a dotación orzamentaria total para o financiamento desta orde é a se-
CVE-DOG: 0wvfv9j3-jx26-r4q5-zmx9-hyu1ja7ptyv2

guinte:

Concepto orzamentario Código de proxecto Anualidade 2023 (€) Anualidade 2024 (€)
14.04.713D.770.0 201400658 4.318.571 3.450.000

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación orzamentaria non afecta o prazo que se establece para a presenta-
ción de solicitudes de axuda na devandita Orde do 21 de decembro de 2022.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2023

José González Vázquez


Conselleiro do Medio Rural

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like