You are on page 1of 2

DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2023 Páx.

51032

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2023 pola que se corrixen erros na Resolución


do 18 de xullo de 2023 pola que se notifican as resolucións do Fondo Español
de Garantía Agraria (FEGA) relativas á asignación complementaria de dereitos
de pagamento básico da reserva nacional da campaña de 2022, dos casos
pendentes das campañas de 2018, 2019, 2020 e 2021 e a denegación das
solicitudes de dereitos de pagamento básico da campaña de 2022 e dos casos
pendentes das campañas de 2016 e 2019.

Con data do 28 de xullo de 2023 publicouse no DOG número 143 a Resolución do 18 de


xullo de 2023 pola que se notifican as resolucións do Fondo Español de Garantía Agraria
(FEGA) relativas á asignación complementaria de dereitos de pagamento básico da re-
serva nacional da campaña de 2022, dos casos pendentes das campañas de 2018, 2019,
2020 e 2021 e a denegación das solicitudes de dereitos de pagamento básico da campaña
de 2022 e dos casos pendentes das campañas de 2016 e 2019.

Advertidos erros nos motivos de denegación das solicitudes de dereitos da reserva na-
cional, procédese a notificar as resolucións do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA)
relativas á asignación complementaria de dereitos de pagamento básico da reserva nacio-
nal da campaña de 2022, dos casos pendentes das campañas de 2018, 2019, 2020 e 2021
e a denegación das solicitudes de dereitos de pagamento básico da campaña de 2022 e
dos casos pendentes das campañas de 2016 e 2019.

Conforme co anterior, esta dirección


CVE-DOG: hjxx5zz5-klq1-dx57-v6o7-psd9hz8nspv0

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública e notificar na páxina web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/


gl/pac/consultas_pac/dereitos_de_pagamento_basico) as resolucións correxidas da presi-
denta do FEGA relativas á asignación complementaria de dereitos de pagamento básico da
reserva nacional da campaña 2022, e os casos pendentes das campañas de 2018, 2019,
2020 e 2021 e a denegación das solicitudes de dereitos de pagamento básico da campaña
de 2022 e dos casos pendentes das campañas de 2016 e 2019.

Segundo. Contra a resolución da persoa titular da Presidencia do FEGA, as persoas


interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 164 Mércores, 30 de agosto de 2023 Páx. 51033

Agricultura, Pesca e Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da
publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte


Director do Fondo Galego de Garantía Agraria
CVE-DOG: hjxx5zz5-klq1-dx57-v6o7-psd9hz8nspv0

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like