You are on page 1of 1

DOG Núm.

168 Martes, 5 de setembro de 2023 Páx. 51482

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao


Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das
axudas concedidas da Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as
bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas
e ás microempresas afectadas pola COVID-19 mediante o Programa I de
persoas traballadoras autónomas (TR500A) e do Programa II de microempresas
(TR500B), susceptible de ser financiada parcialmente polo Fondo Social Europeo
(FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subven-


cións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con car-
go ás aplicacións orzamentarias 11.04.322C.470.8 e 11.04.322C.470.10 da Orde do 17 de
febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das
persoas traballadoras autónomas e ás microempresas afectadas pola COVID-19 mediante
o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A) e do Programa II de microem-
presas (TR500B), susceptible de ser financiada parcialmente polo Fondo Social Europeo
(FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Na web publicaranse as listaxes de concesión das axudas, con indicación da convocato-


ria, da persoa beneficiaria e da cantidade concedida da subvención outorgada. As persoas
CVE-DOG: o8iva6t2-4fm4-7ae7-7dz0-xk82jry1xzk8

interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://empregoeigualdade.xunta.gal/plans-de-rescate/persoas-e-entidades-beneficiarias

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2023

Pablo Fernández López


Secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like