You are on page 1of 2

DOG Núm.

10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4716

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E


UNIVERSIDADES

ORDE do 3 de xaneiro de 2023 pola que se autoriza o cambio de denominación


específica do CEIP Plurilingüe Eugenio López, do concello de Cee.

De conformidade co previsto no artigo 8.1 do Regulamento das escolas de educación


infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado polo Decreto 374/1996, do 17 de
outubro (DOG do 21 de outubro), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos
Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único.  Cambio de denominación

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Cee.

Código: 15003248.

Denominación actual: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Plurilingüe Eu-


genio López.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Plurilingüe Vila de


Cee.
CVE-DOG: 54jeki22-ssv9-89h8-6tz1-pm5f3rmbyoj8

Disposición derradeira primeira.  Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán
formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, con-
tado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo
o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso con-
tencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do
Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade
co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-admi-
nistrativa.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4717

Disposición derradeira segunda.  Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2023

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades
CVE-DOG: 54jeki22-ssv9-89h8-6tz1-pm5f3rmbyoj8

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like