You are on page 1of 13

DOG Núm.

169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43621

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 20 de agosto de 2021 pola que se aproban as táboas de avaliación


documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de
Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia, determina no


seu artigo 19 que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados
para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten
desde o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico e os seus prazos de vixen-
cia, acceso e conservación.

Os documentos de titularidade pública son patrimonio documental de Galicia desde a


súa creación ou a súa acumulación, tal como establecen a citada Lei de arquivos e docu-
mentos de Galicia e a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. A xestión,
a custodia e o acceso aos documentos de titularidade pública réxense polos principios
desta normativa e son responsabilidade directa dos seus titulares.

A Lei de arquivos e documentos establece que non se poderá eliminar ningún documen-
to público se antes non foi avaliado e seleccionado de acordo co procedemento que se es-
tableza para tal fin. Con este obxectivo, o Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, que regula a
composición do Consello de Avaliación Documental de Galicia, establece o procedemento
que se deberá seguir na avaliación para a selección de documentos.
CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

No procedemento de avaliación, regulado no título II do Decreto 15/2016, establécese


que as propostas de avaliación serán sometidas a ditame do Consello de Avaliación Docu-
mental de Galicia, que elaborará as táboas de avaliación documental. Aprobadas, de ser o
caso, as táboas de avaliación polo titular da consellería competente en materia de arquivos
e patrimonio documental, disporá a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, mediante
un extracto, sen prexuízo de facelas públicas na páxina web da consellería.

Así mesmo, mediante a Resolución do 18 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Cultu-


ra, pola que se aproban e se fan públicos os criterios de avaliación para a selección, trans-
ferencia de custodia e acceso aos documentos, así como o formulario normalizado para
a elaboración dos estudos de identificación e avaliación de series documentais propostos
polo Consello de Avaliación Documental de Galicia na sesión do 15 de marzo de 2017

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43622

(DOG núm. 90, do 11 de maio), con carácter xeral, no ámbito da Administración autonómi-
ca, os documentos anteriores ao ano 1990 considéranse de conservación permanente e,
polo tanto, non serán eliminados.

De acordo con esta normativa e procedemento, as series documentais que se mencio-


nan nesta orde foron presentadas ao Consello de Avaliación Documental de Galicia que,
na súa sesión do 13 de xullo de 2021, emitiu o seu ditame a través das táboas de avalia-
ción documental elevadas para a súa aprobación polo titular da consellería competente en
materia de arquivos e patrimonio documental.

Para estes efectos, no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983,
do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada parcialmente pola
Lei 11/1988, do 20 de outubro, e de conformidade co disposto na Lei 7/2014, do 26 de se-
tembro, de arquivos e documentos de Galicia, así como as normas de desenvolvemento,

RESOLVO:

Primeiro.  Aprobar as táboas de avaliación documental cuxos extractos se recollen no


anexo a esta resolución e que corresponden ás seguintes series documentais, proceden-
tes da Administración autonómica, ditaminadas polo Consello de Avaliación Documental de
Galicia na súa sesión do 13 de xullo de 2021:

– Administración autonómica:

AA5110: expedientes sancionadores en materia de transportes por estradas. Revisión


CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

do estudo de avaliación.

AA1302: expedientes de recoñecemento de pensión non contributiva.

AA269: expedientes dos concursos de traslados do persoal docente de educación in-


fantil e primaria.

AA484: expedientes de probas selectivas do persoal docente de ensino infantil e pri-


maria.

AA485: expedientes de formación e xestión das listaxes de substitución ou interinidade


de profesorado de ensino infantil e primaria.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43623

AA279: expedientes de subvención a corporacións locais e entidades sen ánimo de


lucro para a realización de actividades de alfabetización e educación básica de adultos.

AA1879: expedientes de axudas ao alumnado de niveis non universitarios para a adqui-


sición dun ordenador persoal.

AA5516: expedientes de inscrición/modificación/baixa no Rexistro de Contratistas.

AA705: expedientes de adxudicación de prazas nas escolas infantís.

– Universidades galegas.

U011: expedientes de programas de mobilidade internacional de persoal da universidade.

U012: expedientes de enquisas de avaliación da actividade docente por parte do alum-


nado.

Segundo.  Ordenar a publicación das táboas de avaliación documental das menciona-


das series, mediante un extracto, no Diario Oficial de Galicia.

Esta orde terá eficacia desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.

Terceiro.  Contra este acto, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas
poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou,
CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial
de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procede-
mento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnalo ante o
órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous
meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de
xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2021

Román Rodríguez González


Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43624

ANEXO I
Extractos das táboas de avaliación de series documentais

– Táboa: T0046.

Revisión do estudo de avaliación da serie AA5110: expedientes sancionadores en ma-


teria de transportes por estradas: 1992-2020 (aprobado na sesión do 4 de decembro de
2020. Táboa T046 DOG núm. 38, do 25 de febreiro de 2021). A revisión que se somete ao
Consello amplía as datas extremas do período estudado desde 1982: 1982-2020.

– Táboa: T0064.

Código da serie: AA1302.

Denominación: expedientes de recoñecemento de pensión non contributiva (PNC).

Procedencia: Benestar Social. Acción Social.

Datas extremas da serie: 1991 (serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1991-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 13 de xullo de 2021.

Acceso restrinxido: os documentos que conteñen datos persoais que poidan afectar a
CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

seguridade, honra, saúde, intimidade ou imaxe das persoas e, en todo caso, os supostos
de violencia de xénero, poderán ser obxecto de consulta pública se media consentimento
das persoas afectadas, ou logo de que transcorran 25 anos desde a súa morte ou, se non
se coñece a data do pasamento, 50 anos desde a produción do documento.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano seguinte da finalización do expediente.

• Arquivo intermedio aos 5 anos da finalización do expediente.

• Arquivo histórico aos 10 anos da finalización do expediente.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43625

Selección:

• Eliminación parcial de 1991 a 2004. Mostraxe aleatoria do 10% anual.

• Posibilidade de elliminación total a partir de 2005. Mostraxe de 6 expedientes por ano:


3 PNC por xubilación e 3 PNC por discapacidade.

– Táboa: T0065.

Código da serie: AA269.

Denominación: expedientes dos concursos de traslados do persoal docente de educa-


ción infantil e primaria.

Procedencia: Educación. Educación non universitaria.

Datas extremas da serie: 1982 (serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1982-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 13 de xullo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano de finalización do procedemento.


CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

• Arquivo intermedio aos 5 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 10 anos da finalización do procedemento.

Selección:

Eliminación parcial: posibilidade de eliminación, aos cinco anos da finalización do pro-


cedemento, das instancias, documentos probatorios dos méritos alegados, reclamacións e
renuncias, así como as notificacións aos participantes no procedemento e documentos de
mero trámite aos 5 anos da toma de posesión dos destinos adxudicados. Conservarase o
resto da documentación.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43626

Mostraxe: conservarase unha mostra aleatoria de cinco expedientes de solicitude de


participación nos concursos de traslados por cada convocatoria.

– Táboa: T0066.

Código da serie: AA484.

Denominación: expedientes de probas selectivas do persoal docente de ensino infantil


e primaria.

Procedencia: Educación. Educación non universitaria.

Datas extremas da serie: 1983 (serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1983-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 13 de xullo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano de finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 5 anos da finalización do procedemento.


CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

• Arquivo histórico aos 15 anos da finalización do procedemento.

Selección:

Eliminación parcial: posibilidade de eliminación da parte individual dos expedientes das


persoas aspirantes suspensas ou excluídas aos cinco anos de finalización do procedemen-
to. Conservarase o resto da documentación incluíndo os modelos de exames coas súas
respectivas solucións.

Mostraxe: conservarase unha mostra aleatoria de cinco expedientes de solicitude de


participación no proceso selectivo por cada convocatoria.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43627

– Táboa: T0067.

Código da serie: AA485.

Denominación: expedientes de formación e xestión das listaxes de substitución ou inte-


rinidade de profesorado de ensino infantil e primaria.

Procedencia: Educación. Educación non universitaria.

Datas extremas da serie: 1988 (serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1988-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 13 de xullo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano da publicación das listaxes definitivas de puntuacións dos soli-
citantes.

• Arquivo intermedio aos 5 anos da publicación das listaxes definitivas de puntuacións


dos solicitantes.

• Arquivo histórico aos 15 anos da publicación das listaxes definitivas de puntuacións


dos solicitantes.

Selección:
CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

Eliminación parcial: posibilidade de eliminación da parte individual dos expedientes dos


inscritos nas listaxes aos cinco anos a partir da data da publicación da resolución de pun-
tuación definitiva. Conservarase o resto da documentación.

Mostraxe: conservaranse cinco solicitudes por ano de convocatoria.

– Táboa: T0068.

Código da serie: AA279.

Denominación: expedientes de subvención a corporacións locais e entidades sen ánimo


de lucro para a realización de actividades de alfabetización e educación básica de adultos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43628

Procedencia: Educación. Educación non universitaria.

Datas extremas da serie: 1990-2012.

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1990-2012.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 13 de xullo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano da finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 5 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 15 anos da finalización do procedemento.

Selección:

Eliminación parcial: conservación das convocatorias, resolucións de concesión e paga-


mento, así como das memorias xustificativas das actividades realizadas e do alumnado
participante. Posibilidade de eliminación do resto da documentación aos cinco anos da
finalización do procedemento.

Mostraxe: conservaranse aleatoriamente 5 expedientes de solicitudes subvencionadas


por cada convocatoria.
CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

– Táboa: T0069.

Código da serie: AA1879.

Denominación: expedientes de axudas ao alumnado de niveis non universitarios para a


adquisición dun ordenador persoal.

Procedencia: Educación. Educación non universitaria.

Datas extremas da serie: 2006-2008.

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 2006-2008.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43629

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 13 de xullo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos.

Transferencias:

• Arquivo central ao ano da finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 8 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 15 anos da finalización do procedemento.

Selección:

Eliminación parcial: conservación das convocatorias, resolucións de concesión e paga-


mento (coas correspondentes listaxes de persoas beneficiarias). Posibilidade de elimina-
ción do resto da documentación aos oito anos da finalización do procedemento.

Mostraxe: conservaranse aleatoriamente 5 expedientes de solicitude por cada convo-


catoria.

– Táboa: T0070.

Código da serie: AA5516.


CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

Denominación: expedientes de inscrición/modificación/baixa no Rexistro Xeral de Con-


tratistas.

Procedencia: Administración xeral. Servizos comúns.

Datas extremas da serie: 1995 (serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1995-2021.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 13 de xullo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43630

Transferencias:

• Arquivo central ao ano desde a notificación da baixa/denegación da inscrición.

• Arquivo intermedio aos 5 anos desde a notificación da baixa/denegación da inscrición.

• Arquivo histórico aos 10 anos desde a notificación da baixa/denegación da inscrición.

Selección:

Eliminación parcial. Documentos anteriores a 1990: selección para conservación. Expe-


dientes de solicitudes de inscrición denegadas e dadas de baixa: posibilidade de elimina-
ción total aos 5 anos. O resto de documentación con vixencia administrativa será conser-
vada mentres dure a dita vixencia.

Mostraxe: conservaranse aleatoriamente 5 expedientes por ano, incluíndo nesta cifra a


suma das inscricións denegadas e as dadas de baixa.

– Táboa: T0071.

Código da serie: AA705.

Denominación: expedientes de adxudicación de prazas nas escolas infantís.

Procedencia: Benestar social. Acción social.

Datas extremas da serie: 1985 (serie aberta).


CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1985-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 13 de xullo de 2021.

Acceso restrinxido: 50 anos.

Transferencias:

• Arquivo central aos 2 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo intermedio aos 5 anos da finalización do procedemento.

• Arquivo histórico aos 15 anos da finalización do procedemento.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43631

Selección:

Eliminación parcial: documentos anteriores a 1990: conservación permanente. Docu-


mentos desde 1990: posibilidade de eliminación total aos 5 anos de finalización do proce-
demento das solicitudes de adxudicación de prazas e resto de documentos de mero trámi-
te. O resto da documentación (principalmente convocatorias, actas, acordos e resolucións)
será de conservación permanente.

Mostraxe: conservaranse aleatoriamente 5 solicitudes por cada convocatoria.

– Táboa: T0072.

Código da serie: U011.

Denominación: expedientes de programas de mobilidade internacional de persoal da


universidade.

Procedencia: universidades.

Datas extremas da serie: 1997 (serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1997-2020.

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 13 de xullo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos. Os documentos que conteñen datos persoais que poidan
CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

afectar a seguridade, honra, saúde, intimidade ou imaxe das persoas e, en todo caso, os
supostos de violencia de xénero, poderán ser obxecto de consulta pública se media con-
sentimento das persoas afectadas, ou logo de que transcorran vinte e cinco anos desde a
súa morte ou, se non se coñece a data do pasamento, cincuenta anos desde a produción
do documento.

Transferencias:

• Arquivo de xestión ao ano da finalización do procedemento.

• Centro de Documentación e Arquivo da UDC (CEDAR) aos 8 anos da finalización do


procedemento.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43632

Selección:

Eliminación parcial: posibilidade de eliminación aos 8 anos da seguinte documentación:

• Documentación dos cursos de linguas.

• Documentación acreditativa do CV e dos distintos seguros.

• Documentación acreditativa dos gastos.

• Altas de contas bancarias.

Conservación permanente do resto da documentación.

– Táboa: T0073.

Código da serie: U012.

Denominación: expedientes de enquisas de avaliación da actividade docente por parte


do alumnado.

Procedencia: universidades.

Datas extremas da serie: 1992 (serie aberta).

Datas extremas da fracción de serie avaliada: 1992-2020.


CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

Ditame do Consello de Avaliación Documental na sesión do 13 de xullo de 2021.

Acceso restrinxido: 30 anos. Os documentos que conteñen datos persoais que poidan
afectar a seguridade, honra, saúde, intimidade ou imaxe das persoas e, en todo caso, os
supostos de violencia de xénero, poderán ser obxecto de consulta pública se media con-
sentimento das persoas afectadas, ou logo de que transcorran vinte e cinco anos desde a
súa morte ou, se non se coñece a data do pasamento, cincuenta anos desde a produción
do documento.

Transferencias:

• Arquivo intermedio/histórico aos 5 anos da finalización do procedemento.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43633

Selección:

Eliminación parcial: posibilidade de eliminación aos 5 anos da finalización do proce-


so de: cuestionarios cubertos polo alumnado e documentación de trámite. Conservación
permanente de: informes; reclamacións e respostas ás reclamacións; datos existentes na
base de datos de resultados das enquisas e documentos de planificación do proceso.

Mostraxe: conservaranse 5 exemplares de cuestionarios por cuadrimestre de cada cur-


so académico.
CVE-DOG: fwva5bg4-spv4-fqr2-9b75-eypthaw58j38

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like