You are on page 1of 6

DOG Núm.

8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3633

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación


do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva da
modificación puntual das Normas subsidiarias de planeamento do Concello de
Cangas para a reclasificación dun ámbito como solo urbano.

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de


Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se
aproba o seu regulamento, faise pública a aprobación da modificación puntual das normas
subsidiarias de planeamento do Concello de Cangas, para a reclasificación dun ámbito
como solo urbano, mediante Orde da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
do 1 de decembro de 2022, que figura como anexo. Unha vez inscrita a devandita delimita-
ción no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, a docu-
mentación íntegra, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia

Así mesmo, o informe ambiental estratéxico e a demais documentación do procede-


mento de avaliación ambiental do referido plan poderá ser consultada na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/plans-e-programas-por-tipoloxia?p_p_id=aaeTipology_WAR_
aae&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_
col_count=1&_aaeTipology_WAR_aae__spage=%2Fportlet_action%2Faae%2FdetallePro
xecto%3Fid%3D2139&_aaeTipology_WAR_aae_id=2139
CVE-DOG: fhnhnzf7-feo2-kyg3-8162-6qoopx5xtic8

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2022

Mª Encarnación Rivas Díaz


Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3634

Orde de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de


planeamento do Concello de Cangas para a reclasificación dun ámbito como solo
urbano (PTU-PO-18/119)

O Concello de Cangas remite a documentación relativa a esta modificación puntual


de cara á súa aprobación definitiva, conforme o previsto nos artigos 60.13 e 60.16 da
Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG) e nos artigos 144.13 e 144.16
do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento
(RLSG).

Analizada a documentación achegada, asinada polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva e


con dilixencia de ter sido aprobada provisionalmente e vista a proposta literal que eleva a
Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes:

1. O Concello de Cangas conta cunhas Normas subsidiarias de planeamento municipal


(NSP) aprobadas definitivamente o 20.12.1993 (Normativa BOP do 12.12.1994).

2. Mediante Resolución do 15.1.2019 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cam-


bio Climático formula o informe ambiental estratéxico desta modificación puntual e deci-
de non sometela ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria (DOG
do 4.2.2019, expediente 2018AAE2258).

2. Constan informes municipais: técnico, do 22.8.2019, e informe xurídico e de secreta-


ría, do 17.10.2019.
CVE-DOG: fhnhnzf7-feo2-kyg3-8162-6qoopx5xtic8

4. A modificación puntual apróbase inicialmente por Acordo plenario do 25.10.2019, e


sométese a información pública polo prazo de dous meses, mediante publicación no DOG
do 12.12.2019 e no xornal Faro de Vigo do 26.11.2019.

5. O concello solicitou os informes non autonómicos preceptivos. Constan informes


da Axencia Estatal de Seguridade Aérea, do 3.4.2019; da Dirección Xeral de Aviación
Civil, do 11.10.2019 e 16.10.2019; da Subdelegación do Goberno, do 24.1.2020; da
Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, do 5.2.2020. Constan tamén informes
da Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas, do 25.11.2019 e 19.12.2019; da Di-
rección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información, do 28.11.2019; da
Subdirección Xeral de Patrimonio do Ministerio de Defensa, do 7.1.2020, e de Portos
do Estado, do 16.12.2019.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3635

6. Segundo o establecido no artigo 60.7 da LSG foron solicitados informes sectoriais á


Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (previsto no artigo 102 do Decre-
to 20/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o Plan de ordenación do
litoral de Galicia, emitido o 13.5.2020); Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio
Climático, do 13.1.2020; Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, do 19.12.2019; Instituto
de Estudos do Territorio, do 27.2.2020; Axencia Galega de Infraestruturas, do 9.3.2020,
15.6.2021 e 15 e 16.3.2022; Augas de Galicia, do 24 e 28.4.2020, e 9.4.2021; e Dirección
Xeral de Patrimonio Cultural, do 25.5.2020.

Deuse audiencia aos concellos limítrofes de Bueu e Moaña, sen que conste a res-
posta.

7. Constan informes municipais: técnico, do 1.6.2022, e xurídico e do secretario,


do 17.6.2022.

8. O Pleno da Corporación aprobou provisionalmente a MP en sesión do 29.7.2022.

II. Obxecto e descrición da modificación puntual:

A modificación puntual ten por obxecto:

1. A reclasificación duns terreos clasificados actualmente como solo de núcleo rural urbano,
e que pasan a clasificarse como solo urbano consolidado, en cumprimento do artigo 17.a) da
LSG.

Unha parte do ámbito ordenarase mediante a ordenanza 6 de solo urbano residencial e


CVE-DOG: fhnhnzf7-feo2-kyg3-8162-6qoopx5xtic8

terciario en edificación aberta (URTA); e outra parte coa ordenanza 7 de solo urbano resi-
dencial de vivenda familiar en edificación intensiva (URFI).

A modificación proposta afecta o cuarteirón definido pola avenida da Coruña, rúa da


Torre, ramal Paraíso, rúa paraíso e rúa da Ensinanza, cunha superficie de 17.634,00 m2.

2. A modificación normativa da regulación de Usos das NSP, coa finalidade de adaptar


a definición do uso comercial á lexislación de comercio de Galicia e ás novas formas e
tipoloxías de establecementos comerciais; e da ordenanza 7 de solo urbano residencial
de vivenda familiar en edificación intensiva (URFI). Preténdese facilitar a implantación de
establecementos comerciais de mediano tamaño.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3636

Tras a emisión do informe sectorial da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural óptase por
modificar tanto a definición de uso comercial como a da ordenanza 7 (URFI) unicamente
no ámbito delimitado pola presente modificación puntual.

III. Análise e consideracións:

1. A razón de interese público en que se xustifica a modificación puntual, segundo o


establecido no artigo 83.1 da LSG e o 200.1 do RLSG, acredítase pola necesidade de
adaptar a regulación do uso comercial e habilitar solo capaz de acoller usos residenciais e
comerciais que compensen o déficit de solo ordenado axeitado.

2. Analizada a documentación achegada en relación coas cuestións recollidas no in-


forme emitido pola Dirección Xeral de Urbanismo no trámite de consultas previsto no
artigo 60.4 da LSG, cómpre sinalar:

– Deberase completar a urbanización da vía proposta na zona Norte do ámbito detallan-


do a conexión da rúa da Torre co ramal Paraíso e prevendo as instalacións de iluminación.

– Na nova redacción do uso comercial e da Ordenanza 7 de solo urbano residencial de


vivenda familiar en edificación intensiva (URFI) terase en conta que:

* O mantemento da mesma denominación nestas novas ordenanzas que a empregada


para o resto do concello pode inducir a erros, debendo darlle un nome específico e dife-
renciado.

* Non se harmoniza a definición do uso comercial e dos usos compatibles co establecido


CVE-DOG: fhnhnzf7-feo2-kyg3-8162-6qoopx5xtic8

na definición de usos de RLSG.

* Dado que a regulación do uso comercial e da ordenanza de solo urbano son específi-
cas para este ámbito, non se xustifica a definición das categorías 3ª e 4ª do uso comercial,
cando no ámbito unicamente se permiten as categorías 1ª e 2ª deste uso comercial.

* A autorización de construción de sotos, semisotos e edificacións adxectivas sen com-


putar edificabilidade contradí o regulado no artigo 41.4 da LSG, polo que deben computarse
todas as superficies edificables de carácter lucrativo, coa única excepción das superficies
construídas no subsolo con destino a rochos de superficie inferior a 10 m2 vinculados ás
vivendas do edificio, a aparcadoiros ou a instalacións de servizo como as de calefacción,
electricidade, gas ou análogas.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3637

– Entre a documentación dilixenciada achegada xúntanse planos de información sen


tratar e que non se inclúen no índice de planos da memoria. Esta documentación deberá
integrarse na documentación da modificación puntual de xeito ordenado e figurar no índi-
ce, ou eliminarse do documento. En todo caso, os documentos da modificación puntual
debidamente asinados e dilixenciados deben estruturarse segundo as carpetas previstas
no índice que se achegue.

3. En relación cos informes sectoriais emitidos, son favorables ou déuselles cum-


primento, salvo no establecido no informe da Axencia Galega de Infraestruturas do
15.3.2022 e 16.3.2022, que é favorable condicionado aos condicionantes que sinala, que
non constan cumprimentados no documento aprobado provisionalmente, nin achega o
plano ID-04 requirido.

4. Integrarase no documento Memoria e normativa o informe de contestación ao informe


de abril de 2020 de Augas de Galicia.

A competencia para resolver a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde


á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de conformidade co disposto nos
artigos 60.16, 61.1, 83.5 da LSG e no artigo 146.1 e 200.5 do RLSG, en relación co De-
creto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería.

IV. Resolución:

En consecuencia, e ao abeiro do disposto nos artigos 83 e 60.16 da LSG,

RESOLVO:
CVE-DOG: fhnhnzf7-feo2-kyg3-8162-6qoopx5xtic8

1. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual das Normas subsidiarias de


planeamento municipal do Concello de Cangas para a reclasificación dun ámbito como
solo urbano, condicionada ao cumprimento do establecido nos puntos III.2, III.3 e III.4 an-
teriores.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e


artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento
da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo
inscribirá de oficio a MP no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro,


do solo de Galicia, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3638

o concello deberá publicar no BOP a Normativa e ordenanzas da modificación aprobada


definitivamente, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Notifíquese esta orde ao concello.

5. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala co-
rrespondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se
contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46
da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
CVE-DOG: fhnhnzf7-feo2-kyg3-8162-6qoopx5xtic8

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like