You are on page 1of 3

DOG Núm.

169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43637

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2021 pola que se convoca un curso selectivo


de acceso á escala executiva, categoría de inspector dos corpos da Policía local.

Dentro das actividades programadas para o ano 2021, e conforme as funcións atri-
buídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública,
e o establecido nos artigos 38 e 39 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se
desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, anúnciase a
convocatoria dun curso selectivo para o acceso á categoría de inspector da policía local,
conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

Mellorar o compromiso profesional de servizo público aos cidadáns, baixo parámetros


actitudinais de eficacia e de ética policial.

Facilitar aos alumnos unha actualización xurídico-normativa e de operativa profesional


que lles permita un mellor exercicio da súa función.

Dotalos das ferramentas de coñecemento necesarias para a organización e estrutura-


ción adecuada dos recursos humanos e dos medios materiais de que dispoñan.

Destinatarios/as:
CVE-DOG: 40qqfl17-j8q5-fzp4-j1m3-pleesrvbz3i2

Persoal dos corpos de policía local que superaron o proceso selectivo para a categoría
de inspector e que non teñan realizado este curso.

Inscrición:

A inscrición dos/das participantes será totalmente gratuíta.

Prazas:

Sen límite.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43638

Solicitudes:

1. Os concellos deberán remitir un escrito á Academia Galega de Seguridade Pública,


solicitando a participación no curso da/das persoa/s que se atopen nesta situación, para
efectuar a correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 11 de outubro de 2021.

Duración e contido:

O curso terá unha duración de 250 horas lectivas e desenvolverase de xeito semipre-
sencial na Academia Galega de Seguridade Pública.

Este curso contén os seguintes módulos:

– Módulo I: módulo operativo.

– Módulo II: módulo xurídico.

– Módulo III: módulo técnico.

– Módulo IV: módulo administrativo.

– Módulo V: módulo de dirección de equipos.

– Módulo VI: módulo práctico.


CVE-DOG: 40qqfl17-j8q5-fzp4-j1m3-pleesrvbz3i2

Datas:

O curso realizarase do 18 de outubro ao 3 de decembro de 2021.

Desenvolvemento do curso:

Os alumnos da Academia Galega de Seguridade Pública, durante o seu período de per-


manencia nesta, rexeranse polo seu regulamento de réxime interior, publicado por Orde de
4 de febreiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
no DOG número 30 do 12 de febreiro de 2009.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 169 Xoves, 2 de setembro de 2021 Páx. 43639

Certificado:

Unha vez superado este curso, a Agasp emitirá un informe ao concello correspondente
certificando esta circunstancia, de xeito que se poida proceder ao nomeamento como fun-
cionario de carreira e á toma de posesión como oficial do corpo de policía local.

Modificacións:

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal


do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan
xurdir.

A Estrada, 26 de agosto de 2021

Santiago Villanueva Álvarez


Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública
CVE-DOG: 40qqfl17-j8q5-fzp4-j1m3-pleesrvbz3i2

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like